Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta terremoto. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta terremoto. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20110315

A voltas cos Terremotos

A conta do terremoto no Xapón (9 na Escala Ritcher), déuselle importancia un pequeno terremoto en Santigo (3,2 na mesma escala).
Sendo a escala usada logarítmica, iso significa que o terremoto xaponés liberou preto duns 1000 millóns de veces máis enerxía que o de Santiago.
Aínda así, do desastre que aló hai, o terremoto só ten culpa directa dunha parte pequena. A producción dun maremoto a conta de que o epicentro estaba no mar foi a causa da grande maioría de desperfectos. E de mortes.

O número de terremotos que se producen é maior canto menor é a intensidade. Collo datos do IGN (Instituto Xeográfico Nacional) para amosar os terremotos maiores de 1,5 na escala Ritcher nos últimos 10 días na zona da península e Canarias. Da a casualidade de que en Canarias só se produxo un, e pequena magnitude, pero máis recente, polo que aparece pulsante e na imaxe parece como se fora de máis magnitude. Observando os do mapa da península, vese que son dunha enerxía liberada abondo menor que os que ocorreron nese tempo no Atlántico ou en Arxelia. O listado dos terremotos nese día abonda nuns cantos en toda a península.
Voltando ó de Santiago, o número de evento que lle asigna o IGN, 1 050187, da unha idea do número de terremotos producido. A profundidade, 6 km, É unha referencia de que a pesares da pouca potencia relativa, calquera terremoto libera unha enerxía considerable.
De calquera xeito, agora no Xapón, despois da destrucción do tsunami, o que se teme é o perigo nuclear. E se o terremoto e o maremoto non poden evitarse, aínda que poden variarse as súas consecuencias cunha preparación adecuada (abonda comparar os danos por terremoto no Xapón e en Haití o pasado ano, cun terremoto abondo máis débil), no terreo nuclear a cousa xa é máis humana. A enerxía nulcear vese na controversia dende os seus inicios e o emprego como bomba en troques de como fonte enerxética. O certo é que as centrais nucleares xaponesas están moi preparadas para eventos límites (coido que en xeral máis que as españolas, aínda que non se digapor parte dos expertos), pero, naturalmente, non para calquera evento, e os efectos neste caso foron graves. Aínda está pro solucionar o tema, e polo tanto nn se sabe se a gravidade pode aumentar, aínda que deberái tender a solucionarse en non demasiado tempo. As fugas foron relativamente pequenas, pero non por iso pouco menos preocupantes: a mostra está na poboación desprazada. Sobre o nuclear voltaremos falar. Máis que un anuncio para o blog, un lema ou ou pronóstico que deixa patente a necesidade de diálogo, prevención e supervisión arredor dunha enerxía que polo momento se nos prantexa como necesaria de non diminuír abondo o consumo - o que vai contra 'o mercado'.
Entradas relacionadas:
Terremoto en China
Terremoto en Triacastela
Terremoto en Haití
Terremoto en Ribadeo

20170417

Terremot'illo'

Esta madrugada produciuse un terremoto de magnitude 3,5 en Triacastela. Non é nova de impacto na prensa de hoxe pero si aparece nalgún resume dixital.
A verba terremoto lévanos a algo serio, pero depende. depende da intensidade e duración do terremoto. Neste caso, 3,5 na escala de Richter, indícanos que é un máis dos case 50 000 anuais que se producen cada ano a nivel mundial con magnitudes entre 3 e 3,9. Ben máis de 100 diarios (ou de 4 á hora). E un máis dos que se ten producido en Triacastela desa magnitude.
Claro que os xornais teñen mesmo dado referencia de terremotos de escala menor que 2, unhas duascentas veces máis débiles aínda...
 Unha mostra cos terremotos producidos nos últimos trinta días na zona, segundo o ign amosa que se teñen producido terremotos abondo máis potentes tanto nas illas como no norte de África, ou mesmo na costa mediterránea da península. É máis, nas últimas horas aparecen tamén listados un par deles que superan en potencia ó de Triacastela, un en Azores e outro no norte de África. Neste mapa, o de Triacastela aparece cunha estrela por ser o último collido.
--
Entradas relacionadas cos terremotos:
A voltas cos Terremotos
Terremoto en Triacastela
Terremoto en Haití
Terremoto en China
Terremoto en Ribadeo

20130422

Existe China? (ou a realidade alternativa)

Onte, unha semana despois do atentado de Boston, con tres mortos, un diario nacional adicáballe dúas páxinas enteiras ó seguemento do tema. O mesmo día, no mesmo xornal, aparecía nunha páxina de internacional a metade dunha columna á beira dunha páxina dando conta dun terremoto en china de escala 7 no que terían morto abondo máis de 100 persoas. Hoxe, en edicións dixitais, o terremoto desapareceu da miña vista, de xeito que me pregunto se será real ou unha sinxela metedura de pata dos medios. Procuro por curiosidade ata na sección de novas da wikipedia inglesa (a galega non ten desenvolta esa sección de xeito abondo, cousas de ser pequena), e si atopo o terremoto de Lusan das 8 da mañá (hora local) do 20 de abril de 2013 cunha ampla información que sitúa xa en 186 os mortos consecuencia da traxedia.
Supoño que nalgún momento do día a información pasará polo terremoto, deixando os últimos escándalos nacionais, a acaparación de carbón (e máis cousas relacionadas) ou o afundimento da empresa galega como consecuencia da desparición das finanzas galegas. Pero polo momento, costa chegar á información.
Hai xa anos un periodista que considero, dicíame: 'non é nova que un can morda un pícaro, a nova é que o pícaro morda ó can'. Nesta historia non hai cans nin pícaros á vista, e sí leva matados EEUU máis xente que o resto do mundo norteamericanos, pero a desproporción de máis de 50 veces de mortos, cun terremoto nunha zona próxima ó que deixou deceas de miles de mortos hai uns anos,  coido que sería para adicarlle máis consideración. Quizáis sexa por que o atentado de Boston deuse nos EEUU e o terremoto na China, que soa moito máis lonxe e enigmática, ou quizáis sexa polo hermetismo informativo chino, ou quizáis polo dominio mediático estadounidense ... pero o caso é que fai pensar, a partir de novas externas e sen ter unha apariencia de ser soportadas por grandes interereses no noso país ou estado, no tratamento da información, en onde se poñen os focos informativos e como se trata a información que nos chega...

20140212

Terremoto (din)

Anteonte, dez de febreiro, houbo un terremoto. Así quedou rexistrado. Alguén o sentiu? Os datos poden recabarse na páxina http://www.ign.es/ign/layoutIn/sismoDetalleTerremotos.do?evid=1257566&zona=1 segundo a seguinte captura de pantalla:
Collendo os datos, sitúase a preto de 60 km ó NNO da vila de Ribadeo. A súa magnitude e distancia, así como a súa profundidade, (9 km) fan que en Ribadeo non se sentira na práctica. Instálase, como se ve no mapa, na plataforma continental, xusto antes de caer a profundidade mariña ás chairas abisais, nunha zona onde non hai grande cantidade de movementos de terra. Con esa magnitude, tampouco hai perigo algún de maremoto/tsunami ou cousa polo estilo.
O lugar onde se produxo, máis en detalle, sinalado pola frecha:

20080513

Terremoto


Un terremoto en China matou tanta xente como todo Ribadeo. Sucedeu onte, e fai pensar na oposición que podemos facer a xente ante as forzas da natureza.
A nave na ría non é unha forza da natureza. Detrás hai xente cos seus intereses. E fronte a ela, tamén estamos xente. Máis. Pero... menos organizados, con menos poder.
Mentras, telefónica anuncia que duplicará a velocidade na rede internet, máis lenta e cara que en xeral en Europa. É chocante. Pode facelo así, de repente, e mentras sufrimos unhas velocidades moito máis baixas do nominal. Así actúan as empresas: cunha lóxica que non é a da xente de a pé. Porque os intereses son outros. Servicios contra ganancias. E o tema lévanos ós cortes de luz. Mantemento da liña? Resulta caro, cando sexa o problema, repárase e listo: mentras, máis ganancia. E cando o problema chega, quedamos sen servicio.
Deixo o arco da vella do outro día en Ribadeo como sinal de esperanza, e paso a rectificar/aclarar unha nova que trae hoxe a prensa: Di que Jacinto Parga, o Presidente de Portos de Galicia, espera reunirse con representantes das asociacións, en particular Plataforma e Tesón. A dicir que o Tesón foi invitado pola Plataforma a unha xuntanza que, ó parecer, lles foi anunciada a eles por Balbino. Se hai algún membro de O Tesón, será a título personal. A asociación mantén a tese de que non se trata de facer un apaño para que se constrúa a nave, senón que non se debe construír. E en caso de necesidade perentoria dalgunha construcción, este dende logo non é o proceso, por falta de transparencia dende o inicio, premeditación e alevosía.

20100102

Terremotos



Para comprobar e achegar máis información á da prensa (Voz de hoxe) entro na páxina do Instituto Xeográfico Nacional e atópome as dúas tomas de pantalla que achego. Unha, máis xeral, cos terremotos na península, e outra coa zona do terremoto de Triacastela.
a hora, as 10 menos curato da noite. O lugar, xusto no centro do triángulo Triacastela-Becerreá-Sarria, a magnitude, 2, baixiña. A ter en conta que é unha escala non lineal, pero que aproximadamente pode tomarse como logarítmica (parella á dos decibelios), de xeito que un terremoto de magnitude 3 ten perto de 30 veces máis potencia que outro de magnitude 2. Por outra banda, unha magnitude de 6 ML é equivalente a unha explosión de 30.000 t de TNT ou a unha explosión nuclear de 30 kilotóns, de xeito que o de onte correspondería á explosión de menos de 1 t de TNT

20100204

Nota de prensa sobre o concerto solidadio pro Haití

O concerto solidario celebrado en Ribadeo o pasado 22 de xaneiro consigue recadar 2000 euros para axudar ás vítimas do terremoto en Haití

Ribadeo, 3 de febreiro de 2010. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, a Asociación Amadores da Música, a Asociación Cultural Musiqueando e máis a Delegación de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo, entidades organizadoras do concerto solidario que se celebrou en Ribadeo co fin de recadar fondos para axudar ás vítimas do terremoto de Haití, entregaron onte mércores os 2000 euros (dous mil euros) que conseguiron tanto coa venda de entradas como coa Fila 0 que estivo aberta no Banco Pastor. Os cartos conseguidos ingresáronse na conta da Cruz Vermella en Lugo, que mostrou dende o primeiro momento o seu apoio a esta actividade, para que sexan destinados ás tarefas de reconstrución do país latinoamericano
As entidades organizadoras queren facer público o seu agradecemento a todas aquelas persoas ou entidades que fixeron posíbel o desenvolvemento dun concerto que contou co apoio e o traballo desinteresado do persoal do Auditorio Municipal Hernán Naval, de Gráficas Ribadeo e máis do claustro de profesoras e profesores da EMMeD de Ribadeo. Así mesmo destacan a boa predisposición mostrada en todo momento polas alumnas e alumnos da Escola Municipal de Música e Danza á hora de planificar ensaios co fin de preparar o concerto. Pero, sen dúbida, o maior agradecemento queren transmitilo ás persoas que se achegaron ao Auditorio Municipal Hernán Naval para presenciar o concerto e a todas e todos aqueles que depositaron os seus donativos na Fila Cero ao longo destes quince días.

20110422

Prognóstico e máis verbas



Hoxe sae na prensa un prognóstico que me pediron para as eleccións municipais en Ribadeo 2011. Foi 5 para BNG, 4-5 para PP, 3-2 PSOE e 1 UPRi, pero coido que o máis importante do tema non foi iso, o dar un prognóstico segundo unha visión persoal, senón enterarme de que polo visto, o dar a opinión sobre este tema, o emitir un prognóstico, sexa algo que á xente lle custe traballo facer. Polo que parece, dicir o que un pensa non só non é político, senón que xera medo. E medo da a situación que isto provoca.
Hoxe haberá unha confrontación entre os catro candidatos. Despois de catro anos, e de catro anos de asistir a moitos plenos, será curioso velos noutro ambiente, pero sobre todo, corroborar o dito actual co dito pasado e co feito. E os temas? Supoño que como en edicións anteriores de confrontacións deste tipo, serán divididos os tempos e asignados temas a cada un, pero aínda así poderemos ver se se tratan dentro dos apartados xerais un ou outro, se se fai máis énfase ou menos, etc. De calquera xeito, será unha actuación fronte ó 'traballo' do pleno (moitas veces tamén actuación).
A ilustración, a barca de Calvo-Sotelo, a 'Juanín', na nova rotonda da travesía, no xardín, polo momento sen asegurar no sitio e sen mastro, e fronte a unha fonte que segue a dar as costas ó 'parque de indianos'.
- Actualización ó mediodía: O debate da tarde foi suspendido polo terremoto de Lorca (Murcia) -

20070816

Queren que continúe o circo

A visita de circos estes días a Ribadeo xa deu os primeiros froitos: a captura da linguaxe circense por un grupo político, como amosa unha nova de hoxe: El PSdeG-PSOE de Ribadeo califica como «propio dun pobo de circo» la masificación de letreros en las calles.
Hoxe, día de San Roque, actuacións diversas e novas curiosas fóra de Ribadeo. Non me refiro ó terremoto en Perú ou o atentado de onte en Iraq, que causaron ambos centenas de mortos e non son curiosas senón luctuosas. Refírome a novas como a da intervención interesada de poderes como CIA, Vaticano ou empresas nas entradas da Wikipedia. Hai que lembrar que aquí tamén hai wikipedia, tanto en castelán como a 'Galipedia' galega (ver á marxe dereita), e que se produce desinformación de contínuo. Eso tamén é un circo, e maior que o que denuncia o PSOE (algo que tamén se producía na época de mandato dese partido en Ribadeo, en coalición co BNG)

20100126

Haití, de novo

Unha iniciativa do alcalde pretende acoller nenos haitianos en Ribadeo de xeito transitorio. Os poucos detalles que da a nova de prensa do concello sitúan a iniciativa en algo factible, se ben non de xeito inmediato. Un grao de area máis no tema da catástrofe haitiana, que non pode facer esquecer a cuestión de fondo: se Haití non fora maltratado a nivel internacional durante tanto tempo, a súa poboación non tería sufrido tanto tamén no terremoto. Xapón, abondo máis superpoboado que Haití, ten terremotos de índice semellante que pasan prácticamente desapercibidos, sen danos entre a poboación, no medio dunha estrutura capaz de sortear crises maiores. Si, a diferencia agora está no grao de desenvolvemento, pero as causas desa diferencia levan arrastrándose moito moito tempo.

20071007

Recortes da comarca de hoxe

Ás veces, salto a Comarca enteira sen case ter lidos os títulos, pero o certo é que a desta semana paréceme abondo interesante, polo que collo a continuación tres recortes da mesma. Un, respecto ós ruídos, sinxelamente por darlle máis amplificación, a pesares de que non se lle coñece o autor e é algo co que non estou de acordo. Outro, sobre o Castro das Grobas, ofrecendo nha visión algo diferente, pero con moitos puntos de conexión coa que eu manteño. O terceiro, con datos sobre a ría de Ribadeo e o seu nome. Dous deles están en castelán na Comarca, e así os deixo.
-
Carta abierta al presidente de la asociación de vecinos de Ribadeo

Quiero poner en su conocimiento la situación que nos vemos abocados a sufrir los residentes de la calle Villalba con el fin de que, si lo considera oportuno, lo traslade a quien corresponda, aunque le adelanto que tanto el alcalde actual, como el anterior y el anterior a éste están de vuelta de todo lo que ocurre y les importa un higo.
Pues bien, la mencionada calle todos los fines de semana, cuando menos, se transforma, a partir de las once de la noche y durante doce horas, en una Cañada Real, en la que la trashumancia es variopinta, con ejemplares del más diverso pelaje y edad. Estos elementos/as rebuznan, mugen, relinchan y bajan a dúo, trío o coral, algunas veces animados por un cafre con un megáfono en ristre, produciendo un rugido de fondo que no hay sonómetro capaz de medirlo. Sobre este retumbo, y con el mismo horario suena permanentemente música tecno a un volumen comparable al de un terremoto de intensidad 7,5 en la Escala Ritcher procedente de uno, dos, tres... locales de definición difícil ubicados en la acera de la izquierda, dirección San Roque-Avenida de Galicia.
A las cinco de la mañana y sólo los fines de semana aparece el camión que abastece al establecimiento situado frente de los mentados locales, ocupando media calle a lo ancho y a lo largo, impidiendo el paso de otros vehículos, lo que hace que entre los conductores intercambien hermosas frases referidas a las familias (especialmente a las madres) en un tono que para sí quisiera don Plácido Domingo. Cuando se abren las puertas traseras y desciende la plataforma es igual que el frenazo del AVE. Ignoro la razón por la que las jaulas que transportan la mercancía tienen unas ruedas metálicas que sobre la acera van sonando como un martillo en el yunque. La salida del vehículo es como el despegue del Concorde.
Durante toda la noche, los señores Alonso, Hamilton y Raikkonen (estoy segura de que son ellos de riguroso incógnito) entrenan para su próxima carrera en Japón con el aparato de radio sonando a una potencia tal, que se puede oír por encima del rugido de sus motores.
A las seis la recogida de los contenedores de basura (¡para qué les voy a hablar de esto!), a continuación la manga riega que aquí no llega... Le aseguro señor presidente que ni con todo el algodón de Alabama metido en sus oídos y sellados por una cantidad de cera equivalente a los ex votos de la Virgen de Vilaselán (por cierto ¿donde están?) es usted capaz de pegar ojo durante los fines de semana en mi calle.
¿Qué podemos hacer? Lo del bazoca ya lo había pensado, pero me asusta el retroceso.
A.S.
-
O castro das Grobas - Pancho Campos
Moitos pobos de Galicia que poderían ter un boa fonte de ingresos poñendo en marcha o seu potencial cultural provinte do Patrimonio Histórico, viven gracias a emigración dos seus veciños. Esta situación de atraso cultural de Galicia, vívese a cotío, en prácticamente todos os concellos, sempre debido o escaso presuposto que se inviste para consolidar, difundir e dar impulso de valor social ó apartado de Patrimonio Histórico, que a propia Constitución establece para ser gozado pola sociedade.
Mentres que noutras zonas da península teñen información comprobada dos pobos celtas enterrados nas necrópoles ou "campos de urnas", de Cataluña e no baixo Aragón, na praia dos Castras de Ribadeo, enterrouse baixo o formigón das zapatas de cimentación dun "chalet" as tumbas celtas, sen coñecer procedencia, establecemento, nin nada. Pouco importou por aquel entón, que na revista "Teima" se denunciase o caso, incluso mostrando a barbarie da desfeita con fotos realizadas polo noso ben recordado e entrañable veciño Suso Peña.
Mentres as esculturas zoomorfas ou de animais, tales como os verracos de Palencia, Burgos, Asturias ou Santander, están perfectamente estudadas, no museo de Lugo consérvase a figura de un castrón de ouro, atopado no Castro das Grobas de Villaselán, que non hai quen saiba, nin si é etrusco, tarteso, celta ou de que procedencia. O campo de estudios académicos está prácticamente virxe no referente os nosos xacementos arqueolóxicos, unha vella débeda pendente en toda Galicia, que por arte de birlibirloque está perdendo a procedencia da Diadema de Ribadeo, os canóns dos pecios das fragatas da Ría de Ribadeo desaparecen ó igual que as pezas de azul cobalto de cacharros de cerámica e ánforas que se atopaban no fondo.
No caso do Castro das Grobas, os seus catro fosos que lle dan o nome, teñen a concavidade cara o Norte, dando sensación de haber sido fortaleza, comunicada con un ponte co a illa Insua. Pero para deixarse de elucubrar datos
alleos a un estudio teórico-científico, deberíase empezar polo menos, creemos nos, facendo unha foto con infrarroxos, ultravioleta, radiografía ultrasónica ou calquera outra técnica adecuada, para saber sen tocarlle. Do asentamento e distribución das súas vivendas, e con un posterior estudio de catas de muestreo, saber do seu valor arqueolóxico, como se fixo no xacemento de Louselas, que como xa se sabe polos seus restos líticos de lascas e utensilios, data de máis de 300.000 anos, si, así como sona, de trescentos mil anos, ou sexa, o asentamento humano mais antigo de toda Galicia.
Non cabe dúbida de que sería moi interesante sacar a luz estes xacementos arqueolóxicos para o progreso e asentamento das xentes da nosa bisbarra. Debemos de ter en conta, que mentres outros lugares da península progresan máis fácilmente por ser transitados a cotío por miles de persoas ó ser sitios de tránsito hacia Europa, tales como o País Vasco ou Cataluña, aquí, a Galicia hai que vir adrede, para disfrutar da nosa beleza natural, da cultura, da gastronomía, da tranquilidade, etc. Debemos estar sempre esforzándonos por ser un pobo atraente, por eso é máis difícil o noso progreso económico, e por eso tamén é un dos motivos da nosa masiva emigración nos malos tempos.
Sen máis, esperemos que se poida acceder a fondos de abondo para empezar o estudio e pagar dita foto aérea que debido o costo do avión e equipo que se precisa, temos noticia de que resulta bastante cara.
-
La Ría de Ribadeo, Reserva de la Biosfera
Víctor Moro
El próximo 20 del actual, los gobiernos asturiano y gallego celebrarán un "gran acto institucional" para presentar la "Reserva de la Biosfera Oscos-Eo-Terras de Burón", de reciente declaración. El objetivo de este acto, presidido por los presidentes de las dos comunidades autónomas, es presentar en sociedad el significado de esta declaración que servirá para "impulsar la actividad económica de los 14 concejos incluidos en la reserva, así como su dinamización y proyección internacional".
Tan loables objetivos contrastan con la definición de estas reservas por la UNESCO como zonas de ecosistemas terrestres o costeros/marinos, dignos de proteger para equilibrar su conservación natural con el progreso económico y alcanzar así un desarrollo sostenible. Es de advertir que el pretendido impulso de la actividad económica y su dinamización se circunscribe a preservar aspectos medioambientales, dignos de contemplar, pero no al desarrollo económico en sentido estricto, tales como nuevas infraestructuras, localizaciones industriales y comerciales o impulsos sectoriales de los recursos propios, tanto de producción como paisajísticos, etc. etc. No nos engañemos, de progreso económico, de inversiones dinamizadoras, nada de nada. Por este camino van a convertirnos en una verdadera "reserva" humana crepuscular, al modo comanche, en un parque temático donde la montera picona asturiana o la gallega de doble pico, que tanto pintó el asturiano Fierros, sean símbolo decadente de nuestra sociedad, enfrentada, engañada y enardecida por políticos irresponsables, al grito estentóreo, desde ambas margenes de la ría, del "¡Ei carballeira!" o ¡Puxa Asturias!, según la posición del vociferante.
El señor director general para la "Conservación da Natureza" que participó por la Xunta de Galicia en la negociación, aceptó para este nuevo espacio la denominación de "Río Eo, Oscos y Tierras de Burón", doblegándose nuevamente a la contumacia del gobierno del Principado de eliminar en la denominación genérica de la reserva cualquier referencia a la "RÍA DE RIBADEO", que siguen propugnando "ría del Eo" sin ningún fundamento legal ni histórico, hoy ya convertida en una cloaca por los vertidos urbanos de Ribadeo, Vegadeo, Castropol y Figueras, pues sin depuradora alguna es el espacio más degradado de la nueva reserva, amén de los arrastres de arena que la están cegando. El tráfico de cabotaje ya no llega a Vegadeo, los astilleros de Figueras padecen cada día mas dificultades en las botaduras y Mirasol, en Ribadeo, el único espacio hasta ahora accesible para buques de mediano porte, se encuentra amenazado por un tesón que avanza peligrosamente y reduce el campo de giro, hasta el punto de obligar a los buques en algunos casos a entrar de popa para así atracar en disposición de zarpar ante cualquier emergencia.
Las autoridades asturianas se han encastillado sobre el río Eo con el único objetivo de eliminar cualquier referencia a Ribadeo que siempre despreció estas minucias localistas. Así, entre la ineficacia municipal ribadense y la condescendencia de la Xunta ante sus correligionarios asturianos, estos hicieron bandera de la asturianía del río, olvidando que de los 819 kilómetros cuadrados de cuenca hidrográfica solamente 287 corresponden a Asturias y que además de nacer en Fonteo (Galicia) muere también en Porto (Galicia) y discurre en un 65 % por territorio gallego. Ya Madoz en su Diccionario de 1.849 dice refiriéndose al Eo: "al llegar al lugar y barca de Porto desemboca en la ría de Ribadeo". Y mucho antes el Licenciado Molina en su "Descripción del Reyno de Galicia (1.550)" versificaba ante el río: "Este que digo llamamos el Eo/Que toma en Galicia muy poco lugar/Porque muy pronto lo toma la mar/Allí en una RÍA QUE ESTÁ EN RIBADEO".
También los Institutos Geográ­fico Nacional e Hidrográfico de la Marina refieren la ría en sus planos y cartas como de Ribadeo, desde Porto al Cantábrico.
La introducción del río Eo como espacio genérico de esta reserva no es más que una argucia pueril, aldeana y localista, para eludir la referencia a la "RÍA DE RIBADEO" que es con quien en realidad limitan Vegadeo, Castropol, Figueras y Ribadeo y no con el río que muere en Porto, situación que el representante gallego de la Xunta, en débil condescendencia política, parece desconocer. Porque mantener la elucubración de que la ría la formó el río, o de que el río desemboca en el Cantábrico, carece del más mínimo fundamento geográfico o geológico. Se trata de delirios eoarios en la nostalgia madrileña, que sólo la contumacia irreflexiva y el oportunismo político mantienen.
El otro espacio de la reserva como 'Térras de Burón" corresponde al municipio de Fonsagrada que así recupera su antigua jurisdicción de Burón. Según Murguía este topónimo proviene de la voz celta "byren" (montaña), haciendo honor a esta tierra que en su rudeza noble e indómita describió elogiosamente Prudencio Canitrot. Por último los Oscos corresponden a un espacio perfectamente definido que, por analogía de referencia histórica, bien pudieran agruparse como "Terras de Ribadeo" pues como tales se conocían las que integraban el honor del castillo de Suarón antes del cambalache episcopal entre Mondoñedo y Oviedo. Así pues, si de recobrar la historia se tratara, esta reserva debiera denominarse de las "Terras de Ribadeo, Terras de Burón, Río Eo y RÍA DE RIBADEO", este último por ser el espacio natural de más urgente regeneración y sobre el cual gallegos y asturianos debieran aunar atención y esfuerzos pues, para vergüenza común, no existe ni una sola depuradora que trate los vertidos urbanos o industriales a la ría que además se va cegando por los arenales ante la indiferencia general.
La denominación de esta nueva reserva, obviando la referencia a la RÍA DE RIBADEO, pretende avanzar un paso más, dar una nueva vuelta de tuerca a la política expansionista del gobierno del Principado, fomentando diferencias que nunca existieron. Achacan a las fuerzas nacionalistas gallegas su afán de penetración en Asturias. Ven fantasmas por todas partes. Si en los territorios entre Ribadeo y Navia se habla popularmente un gallego dialectal es porque formaron un mismo territorio durante siglos y " A Fala" permanece. Pero si esta contaminación lingüística preocupa, inicien una campaña de exterminio a la que Ribadeo no se opondría ni tampoco la Xunta, en su compadreo habitual.
Las autoridades asturianas mantienen el error de negar el topónimo de ría de Ribadeo, que en ningún caso entraña propiedad, sustituyéndolo por ría del Eo, para lo que carecen de competencias, salvo las de adaptación a la lengua vernácula, que no es el caso. La modificación do un topónimo exige el cumplimiento de requisitos legales para su introducción en el Nomenclátor Geográfico Nacional, requisitos que no se han cumplido y que de plantearse contarán con la oposición de las organizaciones ciudadanas que se personarán ante la previsible inhibición del ineficaz Ayuntamiento ribadense y de la propia Xunta, a pesar de quo su Comisión de Toponimia emitió dictamen proponiendo 1) que la denominación histórica es "Ría de Ribadeo" y 2) que el Gobierno de la Xunta de Galicia inste en todos los estamentos estatales e internacionales competentes el mantenimiento exclusivo del topónimo histórico. Recientemente la Xunta Asesora de Toponimia del Principado de Asturias ha presentado un descabellado informe propugnando "ría del Eo", con tan débil arquitectura argumental y documental que eludo comentar. Urge recurrir al Registro Central de Cartografía y que ambas comisiones toponímicas contrasten sus respectivas y antagónicas opiniones para resolver definitivamente la cuestión.
Yo no sigo el día a día de la política asturiana y me ha sorprendido la sabatina intempestiva do Gregorio Morán en La Vanguardia de Barcelona, presentando un panorama social y político muy alojado de mi natural predisposición de simpatía hacia Asturias. No hago mías sus consideraciones sobro los partidos políticos asturianos ni sobre las "familias" que señorean el Principado, Tini Areces incluido, porque no me constan. Pero me sorprendió su advertencia de que "tienen unos políticos que se desviven de asturianía y unos ciudadanos atigrados a los que alimentan con mentiras, como a los animales esclavos". Bien está que desborden as-turianía, pero no advierto en los asturianos que frecuento actitud felina alguna. Ahora bien, por lo menos en lo que a Ribadeo y su ría se refiere, es preocupante la sarta de mentiras con las que los políticos alimentan la opinión del occidente astur, creando un clima de enfrentamiento que nunca hasta ahora existió.
El Consejo Económico y Social de Asturias acaba de presentar un informe del que recojo las siguientes perlas: "Es necesario que el Occidente asturiano neutralice la influencia de Ribadeo en esta comarca". "Debe potenciarse una localidad en Occidente -sugiero Tinilandia en honor del Presidente astur- que neutralice la desventaja existente con Galicia". "La situación al este del Eo -debieran decir de la ría de Ribadeo porque el Eo concluye en Porto- es de debilidad frente a la Mariña y en ello tiene que ver, en buena medida, la presencia de Ribadeo". "Son evidentes las pretensiones anexionistas del nacionalismo gallego a través de la influencia cultural en la comarca Eo-Navia, TVG incluida". "La Academia Galega intenta extender su actividad sobre el mismo espacio en el que la Academia de la Llengua Asturiana protege el uso del habla del Occidente astur como variante del asturiano"...
¡Pobre Ribadeo¡ Abandonado por los gobiernos gallegos, desde Fraga a Touriño, en manos de corporaciones municipales que han aceptado inanes como se perdía el rango marítimo con su Comandancia; el Juzgado de Instrucción y el Partido Judicial; la Comandancia de Carabineros y recientemente el Destacamento de Tráfico de la Guardia Civil; no reconocido su nivel sanitario antes con dos centros privados de primer nivel, hoy sustituidos por un Centro oficial de rango inferior, con frecuencia carente de especialidades y servicios fundamentales; perdida su actividad marítimo-pesquera; sin idealizaciones industriales creadoras de empleo; abandonado el ferrocarril minero a Villaodrid que en su recorrido a orillas del Eo pudiera ser un atractivo turístico tan importante como la playa de Las Catedrales; asfixiado por un urbanismo especulador que ha destruido la villa en manos de corporaciones cómplices que no han sabido ordenar adecuadamente el territorio; yugulada su Mariña por la autovía cantábrica que además conlleva la ampliación del puente sobre la ría, nuevamente sacrificada; y también perdida su identidad cultural otrora de reconocida importancia, solo le queda su condición de enclave comercial y de servicios, con centros lúdicos que atraen a toda la zona. Pero esto se debe a la iniciativa privada y nunca a la oficial o política, que reiteradamente viene dando la espalda a las aspiraciones de progreso de la comarca.
Después de tantas amputaciones, lo único que ahora nos faltaba era culparnos del atraso del Occidente astur. A Veiga ha perdido su importancia ferial y mercantil por culpa de Ribadeo; Castropol se mantiene absorto contemplando la ría desde su bello promontorio, sin progreso aparente, por la presión de Ribadeo. As Figueiras cabalgan sobre la ladera en caserío escalonado que reverbera al sol del atardecer, mientras los arenales cada día dificultan más su milagroso astillero, también por culpa de Ribadeo...
En la primera ocasión que escribí sobre la ría pedía sensatez entre las partes y sobre todo a los políticos que tratan de eludir sus responsabilidades traspasándolas impersonalmente a las colectividades que las sufren. Las consideraciones anteriores del Consejo Económico y Social de Asturias debieran conducir a reflexión común por su falacia e insensatez. El Gobierno del Principado sigue tercamente empeñado en acuñar el topónimo de "ría del Eo" y no me sorprendería que en ocasión del acto de presentación formal de la nueva reserva en Vegadeo traten de introducir en la documentación el término "ría del Eo" que la Xunta no puede ni debe aceptar por improcedente, siguiendo así el dictamen de su propia Comisión Asesora de Toponimia. Tampoco referencias como "ría del Eo" a la Xunqueira de Reme y Fondón de la ría, que son gallegos, donde invernan las aves dignas de protección. ¡Hasta las aves, no sólo las personas, vienen a Ribadeo a vivir y descansar! Nuestra Consellería de Medio Ambiente debe tener en cuenta lo incorrecto de aquella referencia al Eo en el Convenio de Ramsar, en la Red Natura del Ministerio de Medio Ambiente y también en la declaración de Zona Especial Protegida (ZEPA) y proceder a su rectificación, tomando la iniciativa que hasta ahora los diligentes asturianos desarrollaron vía Internet, que sigue soportando lo que le echen.
La representación de la Xunta en la gran cumbre veigueña, no puede aceptar la más mínima referencia a la "ría del Eo" en los textos y documentación que se circulen, porque tal ría no existe, pues de hacerlo atentarían contra el patrimonio inmaterial de Ribadeo, cual es su toponimia, que precisamente la UNESCO también propugna mantener y defender. Deben acudir a la cumbre para considerar políticas comunes en todos los ámbitos y en especial de regeneración medioambiental, para contemplar con visión global y única el deterioro de este territorio, para estudiar medidas conjuntas de progresó económico, pero no para actuar de teloneros a las aspiraciones incorrectas de sus correligionarios asturianos. Para eso es mejor que se queden en Santiago.

20110729

Terremoto na Veiga ...

En realidade nos Oscos, como pode verse na imaxe tomada do IGN, o máis próximo dos que houbo hoxe, con varios en Triacastela, o máis potente, lixeiramente máis potente ca iste:
Datos do IGN. Info recollible en  
http://www.ign.es/ign/head/sismoDetalleTerremotos30Spain.do?evid=1077328

20070503

Movemento sísmico en Ribadeo


A nova foi de onte: 'leve movemento sísmico en Rinlo'. Leve si que foi, pois 1,8 na escala de richter é superado moitas veces ó ano na península, como pode comprobarse por internet. Pero queda a dúbida de se foi en Rinlo, senón en 43º57'N, 7º11'W, é dicir, a uns 40km ó norte de Rinlo (polo mapa dos sismos dos últimos 10 días, parece que non esteña mal, pero obsérvase que de espectacular non ten nada). Unha nota: o vermello que aparece era pulsante, indicando non un grande tremor senón o último.
O terremoto foi pequeno, como outros que se observaron por aquí que non foron sismos telúricos. F. Suárez foi readmitido como traballador na Veiga, como non podía ser de outro xeito, e JCarlos sigue pedindo a Balbino que aclare a súa participación no actual despropósito do edificio da Lodeira. É dicir, un pequeno sismo o do pleno do outro día.
Mentras, curiosamente, á beira da nova anterior, outra: os animais causan unha media de tres accidentes ó día nos viais da provincia en épocas como esta. Non queda claro na nova cal é a causa máis extendida, pero contando con que son vacacións con desprazamentos numerosos, poidera ser o abandono dos animais polos donos... sabido é que os animais son abondo fieis, con ou sen movementos sísmicos.

20101206

Nun día especial

Achegándonos ó que proclaban os 'carteis do Caudillo', contando os anos de paz, a Constitución polo momento segue adiante. Non considero a nosa consitución nin moito mellor nin moito peor que moitas outras. Hai quen a alaba e quen pide o seu cambio nalgún artigo xa, e quen ambas cosas ó tempo. Hoxe estamos de celebración, e por mal que despois se teña desenvolto o articulado legal, a amplitude de interpretacións que permite fai que sexa a nós, ós electores, co noso voto e a nosa vixiancia posterior (ou a falta dela), a quen se teña que achacar en primeiro lugar unha ou outra política, no sentido do dito moitas veces repetido de que cada pobo ten o goberno que merece. Quizáis o de merecer non sexa a palabra máis adecuada, pero ó cabo, é máis resultón que dicir que cada pobo ten o goberno que fai posible e permite.
Neste día, non obstante, lembrar a Haití, con unhas recentes eleccións de pacotilla despois do terremoto, a cólera, o ciclón, ... pode dar un alicerce máis para tentar arrimar todos o ombreiro en troques de tirarnos o trastos uns ós outros. Arrimar non significa esquecer a orixe dos males, ou non tratar de procurala. Non, signifca simplesmente tentar colaborar.
Ou lembrar Costa de Marfil, onde a semana pasada se proclamaron dous presidentes, e claro, dado que non pode haber dous ...
Agora ben, que nos podamos situar en posición netamente ventaxosa respecto dalgúns estados non significa que isto sexa jauja: por se non abondara o día a día para amosalo, aí están os 250 000 papeis de Wikileaks, onde se da boa conta de que a independencia xudicial pasa de ser sospeitosa a ter que demostrar que é realmente independencia, ou a actitude desleal respecto dos cidadáns dalgúns políticos, ou o sucursalismo en relación a nortamérica, rampante por riba do mandato do pobo, ou...
Por certo, deixo a continuación algo sobre Wikileaks, collido de twitter, para distribuír unha información que se quere escamotear:
"We will not be censored: WikiLeaks now running in over 208 locations
http://wikileaks.ch/mirrors.html"
Coido que non nin a primeira nin a segunda vez que cito no blog a transparencia como algo bo. Parece que a cousa non vai así 'so' por Ribadeo...

20060927

A Mariña dos mercaderes separase de Asturias

Ó crear o que oxe coñecemos como Unión Europea, o primeiro que comezou a funcionar foi o que se chamou a 'Europa dos Mercaderes', de xeito que, aínda despois de chamarese Unión, índa o distintivo dos productos segue a ser EC, deirvado anos despois do chamado 'Mercado común Europeo'. Tamén, era unha das cousas pola que algúns votamos contra a constitución europea: consideraba ás empresas máis que ós cidadáns e á sociedade. Ben, podería falarse e discutirse moito do tema, pois é unha visión demasiado rápida. O caso é que parece que a Mariña vai polo camiño adecuado para facer o mesmo: primeiro, tres Mariñas, logo, aparecen cousas como as diferencias de financiación nos parques de bombeiros e que os 'promotores' inmobiliarios pidan orzamento para levar eles a electricidade ás novas urbanizacións, facilitadas polo que en Barreiros se chama o pelotazo urbanístico, mentres en Ribadeo, despois botarlle abaixo non unha, senón vinte urbanizacións, a resposta é 'modificaremos e veremos', sen ter estruturado o plan polo momento, ... o que nos espera aínda non o sabemos, porque a falta de información e transparencia tamén son parellas ó que ocorre coa transparencia da Unión Europea nas xestións internas e externas, ou preparación de normas e leis. Claro que, visto como actúa os concellos de xeito individual, ...
Como consecuencia do xeito no que se fan as cousas (e da mentalidade que subxace), a Mariña xa está un pouco máis separada de Asturias. En concreto Ribadeo, separouse varios quilómetros, e non como consecuencia dun terremoto, senón como consecuencia dunha obra que serve para unir: a autovía. Parece que o alcalde non sae a prensa polas xestións que esteña a facer neste caso... a cousa é que leva xa sen saír (digo na prensa, non fóra de Ribadeo)

20060619

Falar e escribir en Ribadeo

Os luns soen ser parcos en novas novas, por eso de que os fins de semana non as hai. Nembargantes, este pasado co estatut xa foi abondo. A victoria do si por preto de catro a un coloca diante dunha nova situación o tema de que é España. Eso din uns. Outros din que pouco cambia no fondo, aínda que nas formas se avance.
Reicardo Varela, conselleiro, pediu en sargadelos e para a costa un urbanismo axustado á realidade... ogallá non sexan outras palabras que caen en saco roto.
Polo momento, ningún terremoto político, parece, e aquí quedamos con cousas máis de preto, como a discrepancia de opinión entre as asociacións de Guardias civís sobre a posibilidade de prestar servicios que lles incumben en principio ós concellos e á policía local. Conviñan que aclararan o tema, non as asociacións de GC, seón entre os concellos e os mandos do corpo. Se non, ó fin, quen sae perdendo son os veciños.
E temas máis da casa son os escritos do alcalde nos medios. Esta fin de semana, unha carta e un artigo embiten respectivamente cunha radio e contra un opositor. Coido que o primeiro, a conta do rexistro de poboadores e os seus datos, ten máis razón que o segundo, sobre o que voltaremos noutro momento e ó que se lle pode aplicar aquelo de 'un é dono do que cala e escravo do que fala', que lembrei ó escoitalo anoite. Lembrei tamén o apoio á manifestación contra o recheo e a propia traizón a si mesmo.
E lembreino tamén, con gosto, para non deixar de aplicarmo a min a conto do queescribo día a día no blog. Foi por eso de que como sucedáneo da fala, a escritura tamén entra no dito, e máis nun blog, no que se fan as cousas en xeral con certa presa e xa tiven que corrixir algunha volta, ou profundizar máis noutras. E foi tamén porque procuro seguilo e falar e calar de xeito equilibrado, ó meu modo de ver (naturalmente, haberá xente que opine de xeito diferente, como xa mo fixeron saber): poderíase dicir de todo moito máis, pero prefiro que completedes vos o blog.