Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta os castros de Ribadeo. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta os castros de Ribadeo. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20230515

PREHISTORIA NA RIA DE RIBADEO. Pancho Campos Dorado

 


PREHISTORIA NA RIA DE RIBADEO

Pancho Campos Dorado

O termo Prehistoria expresa aquela parte da Historia que abarca estudos do período da vida humana anteriores a aparición de fontes escritas. Cronoloxicamente a Prehistoria supón o 99% do transcurso da Historia do Home sobre a Terra. (1) Dun total preto de catro millóns de anos que levan os homínidos sobre a terra, solo hai documentos escritos de fai 5000 anos, en escritura cuneiforme sobre arxila, anteriores aos xeroglíficos exipcios, polo que o home viviu en culturas ágrafas e a escritura aparece cando xa existe un home moderno cunha avanzada civilización establecida.

Practicamente todo o que se coñece da forma de vida do home prehistórico está relacionado coa Arqueoloxía. Polas súas ferramentas de pedra e de óso intúese a súa forma primitiva de vivir, a súa evolución, o seu coñecemento cognitivo; en que época chegou a dominar o lume e os materiais dos que se valeu para o desenrolo do seu vivir diario.

A poboación máis antiga que se coñece de Ribadeo, aparece nitidamente no xacemento arqueolóxico de Louselas do Paleolítico Inferior, onde se fixeron achados, entre os anos 1980-2000 de raspadeiras, raedeiras, bifaces e fendedores, datados en 480 000 anos de antigüidade, algo totalmente esquecido para o pobo de Ribadeo, pois a administración patrimonial da Xunta mandou as pezas atopadas para o Museo Arqueolóxico de Vilalba e nós, ribadenses, quedamos co terreo baleirado de restos e cunha Memoria Louselas (Ribadeo) do que foi aquilo, que publicou o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV Nº6). Por non ter non temos nin sequera unha sinalización do lugar, nin por parte autonómica nin municipal do que é a súa contorna para poder mostralo aos miles de visitantes que temos o ano.

Por outra banda, tamén hai importantes xacementos arqueolóxicos da Cultura Castrexa dos celtas da Idade do Ferro, e da romanización, repartidos en nove castros, catro de litoral: As Grobas (Vilaselán); Fornelos (Piñeira); Meirengos e os Castros (A Devesa); e cinco castros de interior: A Coroa ou a Aira da Croa (Arante); A Pumarega (Covelas); Porto de Arriba e A Torre (Vilaosende) e As Cárcobas (Ove), cuxa situación e toponimia nos explicou nun pequeno libriño, “Sobre os Castros de Ribadeo” o noso inesquecible veciño José María Rodríguez Díaz. Pero é posible que haxa máis xacementos e todos eles esquecidos pola administración da Xunta da Galiza, e polos presupostos municipais, en onde nunca aparece unha pequena partida para descubrir ou, ao menos, sinalizar algúns deles, sequera para facer unha Ruta dos Castros, unha gran ruta turística para os nosos visitantes e veraneantes, incluso para nós veciños de Ribadeo ou para facilitar o camiño a aqueles academicamente preparados que fan investigacións castrexas.

Porén, os materiais arqueolóxicos máis importantes que transcenden incluso a nosa propia Historia particular, están no fondo da Ría de Ribadeo. Son pezas que proveñen das civilizacións avanzadas do Mediterráneo, as máis delas, pezas de cerámica, armas brancas e de fogo, adornos con todo tipo de filigrana, e de distintos materiais, ouro, ferro, madeira... pezas imprescindibles para reconstruír e datar acontecementos non solo da nosa propia Historia, senón da evolución do Comercio Marítimo de Europa.

Pero en Ribadeo, vamos ter que empezar a enumerar as riquezas patrimoniais por “As Desfeitas”. Vemos na prensa, case tódalas semanas, que se destrúen mámoas, antigos elementos estruturais de poboación en espazos patrimoniais dentro do ámbito forestal, sen que se tome ningunha medida administrativa, xudicial ou penal, contra dos depredadores, moitas veces ignorantes do que hai, pois Patrimonio nin por parte da Xunta, nin de Costas, nin do Concello, fixeron unha delimitación visible das zonas de excepción catalogadas como patrimonio da Galiza, e tampouco puxeron a ninguén a vixiar estas prezadas zonas cando se vai a traballar preto delas, para parar tal ou cal desfeita. Moitas veces ó contrario, a administración pechou os ollos e deixaron facer a desfeita impunemente.

A Ría de Ribadeo estase destruíndo día a día coa colmatación de area que a está deixando completamente cegada, e noutros vinte anos poderase ir andando por toda ela en marea chea. Efectivamente. Pero NON SE PODE DRAGAR a Ría sen ter antes mirado o que se está dragando, pois sería un atentado manifesto o patrimonio subacuático cara aos restos arqueolóxicos que son testemuñas únicas e moi importantes para saber de como evolucionou o comercio marítimo na Galiza e en Europa.

Xa no ano 2011 desde a Asociación de Veciños “O Tesón” facíamos fincapé deste despropósito de dragar a ría sen ter rescatado primeiro os bens que por aquel entonces xa estaban inventariados. A contestación de “Cultura da Xunta de Galiza” foi que “un arqueólogo supervisaba os traballos” (A Mariña, El Progreso, mércores 16 novembro 2011). Punto, así nos vai doce anos despois sen solucións efectivas de ningún tipo.

No fondo da Ría de Ribadeo hai tanta riqueza en pecios que unha vez ao descuberto, estudalos será cuestión de dedicarlles unha vida enteira, pero ¿e mellor deixalos onde están, e que vaian desaparecendo pouco a pouco en dragados incontrolados?. Aínda non se convenceu a Xunta, Portos de Galiza ou mesmo o Principado, que a Ponte dos Santos e as escolleras e diques que se foron facendo en “obras inciviles” son unha ruína ambiental totalmente en contra do noso ecosistema, totalmente en contra do Porto Comercial de Ribadeo? Estarán facendoo adrede para revalorizar os portos limítrofes e deixar a Ribadeo ao marxe do comercio marítimo? Non é de extrañar, pois xa acabaron con tódolos barcos de pesca de altura e de baixura, que nada menos chegou a ter 350 homes apuntados no Pósito de Pescadores. Estará pasando o que mesmo que pasa co Xulgado de Primeira Instancia, que non ven por estar mellor en Mondoñedo, Viveiro ou en Lugo?

Como se vai poder manter a profundidade do canal ao Porto de Ribadeo, sen destruír a riqueza da ría? Primeiramente, tería que irse cambiando a estrutura en viga da Ponte dos Santos, por unha ponte en arco ou unha ponte colgante ou atirantada que evite a construción de pilastras centrais, para ampliar a súa luz e a súa altura, creando un gálibo de navegación apropiado e adaptado aos tipos de barcos mercantes modernos, de máis calado e de máis guinda ou altura de topes (air gap); un gálibo que non debera de ser menor de 45 m ou 50 metros de altura que incluso permita entrar a barcos de vela arbolados que navegan ao largo de todo o ano, e principalmente nas regatas máis importantes do Atlántico.

A Ría de Ribadeo e o Porto de Porcillán foron desde sempre o gran refuxio seguro, durante toda a roda do ano, para os barcos mercantes e de guerra nas fortes galernas do Cantábrico, tanto para aqueles grandes veleiros desde a alta Idade Media, como para os pequenos e medianos barcos de cabotaxe de todos os tempos. Teñamos en conta que o tráfico marítimo, foi o gran motor da economía de Ribadeo, e a Ponte dos Santos é un atranco, un estorbo artificial que parece posto a propósito para destruír a Ría, para destruír a hexemonía marítima milenaria de Ribadeo. Aqueles vellos mariñeiros dos anos 1960 e 70 cando se estaba proxectando a ponte e o primeiro “paseo marítimo” que destruíu a dársena e praia de Cabanela, xa o dicían: “A Ría de Ribadeo non é o Duero, aquí hai marea cada seis horas”. Non fixeron caso, e a colmatación de area é incontrolable hoxe en día, pois aínda que se chegara a dragar cada catro ou cinco anos, sería como querer quitar cunha culleriña do café o arrastre de area que pode meter a forza do mar nunha marea.

A día de hoxe, xa non cabe ningunha dúbida de que en Porcillán, fondeadoiro e Porto de Ribadeo por excelencia, xa comerciaban os gregos e fenicios desde antes que chegaran os romanos as nosas costas. Simplemente vendo as pezas que se están atopando nas pouquiñas mostras arqueolóxicas que se fan na Ría, serven para demostrar que este comercio internacional a gran distancia xa existía un milenio antes da nosa era. E faltan de supervisar centos de metros cadrados de superficie do pracer da Ría, para detectar pezas metálicas que se atopan a pouca e media profundidade e decenas de metros cúbicos de area para cribar as decenas de pezas de cerámica, bronce, cristal, vidro e moi posiblemente xoias de ouro fino repuxado ou con engarces variados, que tamén haberá nos preciosos e prezados fondos da Ría de Ribadeo.

De momento o equipo de buceo do arqueólogo comisario Miguel San Claudio, desvelábanos que atoparon unha ánfora grega de 2600 anos de antigüidade (século VII a.C.) peza de cerámica massaliota (da colonia grega de Massalia, a actual Marsella) e que relaciona o comercio a larga distancia máis antigo que se localizou na Costa Cantábrica, o que converte en única a Ría de Ribadeo (Ribadeo, La Atapuerca de Galicia para la Arqueología submarina, La Voz de Galicia, 29-Nov-2011).

A diferenza de criterio entre “Cultura” da Xunta de Galiza e Castela, é que cando se estaba facendo a trincheira daquela liña de ferrocarril no corredor da Bureba tan necesaria entre a conca do Ebro e o río Douro, atopouse o xacemento arqueolóxico de Atapuerca, e inmediatamente se pararon as obras de escavación e se desviou o trazado do ferrocarril pois aquel tesouro humano representaba un achádego importantísimo, unha historia e vida para o seu entorno e o de toda a humanidade. Levan estudando o xacemento desde fai máis dun século, e ao seu redor se fixeron salas de exposicións, museos, escolas de capacitación e estudo, e tódolos anos reciben miles de visitantes.

Aquí temos algo parecido, salvando as distancias, para saber do comercio marítimo da antigüidade de Galiza e de Europa, dos tipos de barcos e dos seus secretos de construción, fábrica e armamento que Cesáreo Fernández Duro xa expoñía en 1880 en “A la Mar Madera”, pero as mentes académicas que pararon a trincheira ferroviaria de Atapuerca, na Ría de Ribadeo brillan pola súa ausencia, e queren dragar a toda costa e destruír toda unha riqueza patrimonial que se sabe de certo que existe. Unha vergoña institucionalizada nas disposicións da Xunta e de Portos da Galiza, e que non debe de tolerarse.

Nós non podemos facer nada inmediato para evitalo, solo patalexar ou escribir algún artigo como este para seguir alertando da pasividade e indiferenza con que se trata desde as administracións este delicado tema que unha vez destruído non ten volta de folla.

Pero, aínda que son ateo convencido, grazas a Deus, como recoñecía Oriana Fallaci, voulle pedir a Divindade do Cosmos por medio da Virxe do Carme Patroa de todos nós, os mariñeiros, que faga algo, que non permita tamañas falcatruadas sen que teñan consecuencias para quen as permita. Amén.

--

1 La Prehistoria y su Metodología, Ana Fernández Vega, Sergio Ripoll López, Amparo Hernando Grande, Francisco Javier Muñoz Ibañez, José Manuel Quesada López, José Manuel Maíllo Fernández y Jesús Jordá Pardo. Segunda Edición 2014, Editorial Universitaria Ramón Areces, UNED. Páx. 11.↩

20151117

O XACEMENTO DE LOUSELAS DE RIBADEO, Artigo de Pancho Campos

Fai meses que levo pensando en escribir algo sobre o xacemento de Louselas, localizado na parroquia de Sta. María de Vilaselán, pero aínda que é un tema para min apaixoante, éme difícil desenrolar estas liñas posto que carezo dos coñecementos académicos indispensables para resumir paso a paso de forma sinxela os feitos que somentes pretendo espallar entre os meus veciños “daquela maneira” para que sexan mellor entendidos e se lles empece a dar a gran relevancia patrimonial que teñen, e descúlpenme os profesionais do asunto se meto a pata en algunha disquisición. Os datos que refiro son adquiridos da lectura da monografía e da charla que nos deu na Casa das Letras o arqueólogo Eduardo Ramil Rego do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV), este pasado mes de Agosto donde presentou a Monografía Nº6, LOUSELAS (Ribadeo, Lugo) da que el é coautor xunto con José Ramil Soneira (q.e.p.d)
 Louselas é un xacemento arqueolóxico o aire libre que se identifica no Paleolítico inferior nos inicios do poboamento humano da rexión cantábrica. Ten, nada menos, que unha antigüedade de 480 000 anos, e o seu estudo presta especial atención as ferramentas de pedra tallada que se atoparon, e a súa clasificación morfotipolóxica dos útiles bifaciales.
 Aqueles homes que habitaron Louselas, eran casi como “animais carroñeiros” pois comían as sobras que quedaban da caza doutros animais máis veloces e poderosos ca eles, e comezaron a construir e utilizar ferramentas de pedra lascada para poder sobrevivir comendo a carne dos animais. Así, atópanse útiles chamados “choppers” que son coitelas discoideas ou talladeiras; fendedores, usados para fender os ósos e chuparlles o tuétano. Outras eran para raer e raspar a carne pegada as pieles e ós ósos, chamadas: raedeiras e raspadores.
Biface. Didier Descouens, CCby-sa 3.0
 Os artesáns de Louselas utilizaban para confeccionar aquelas ferramentas, cuarzo filoniano leitoso e maiormente as cuarcitas de grao fino que atopaban na zona. Dentro da Ría de Ribadeo os xeólogos e arqueólogos tamén atoparon espallados algúns montóns de nódulos de silex, pero pronto souberon que eran materiais exógenos “recentes”, non propios dos xacementos prehistóricos da Galiza, e a este material amontoado coñecese como “lastreiras” debido a que son as pedras que os barcos procedentes de Inglaterra traían como lastre, e as tiraban preto dos fondeadeiros, cando ían a cargar madeira ou outros produtos de exportación peninsular (Isidoro Asensio Amor e J.C Iglesias Vidal, 1989)
 A cuestión de maior interés para a comprensión do xacemento de Louselas, foi o diacronismo ou relación entre o feito da ocupación humana e a orixe e depósitos da Rasa cantábrica. Estudos do noso veciño Isidoro Asensio Amor, xunto con Hernandez Pacheco en 1963 e con H. Nonn en 1964, así como, estudos de G. Mary en 1970 e 1975, demostran que hai dous niveles de cantos marinos na zona de Ribadeo, un a 100 metros e outro a 55-60 m que corresponden a cambios do nivel do mar durante o Pleistoceno que é o período glacial cuaternario que sigue xeolóxicamente o Plioceno, un período de gran actividade volcánica, e precede o Holoceno ou período recente da era cuaternaria.
 Estes estudos do nivel do mar son moi importantes para a datación do xacemento, debido a que fai 480 000 anos Louselas era un asentamento de homínidos, e fai 200 000 anos, Louselas estaba completamente sumerxido a 38 metros por debaixo do nivel do mar. ¿Como se sabe que o xacemento de Louselas é anterior a aquela desglaciación que inundaba o lugar de asentamento?. Polas cuarcitas talladas atopadas no xacemento, pois presentan lustre exterior, e as aristas e nervaduras sufriron desgaste desigual, coloracións ocres e violáceas de acusada ferruxe, características que se producen en contextos de grandes cantidades de choiva combinados con períodos prolongados de inmersión marina.
 Do xacemento de Louselas hai medio millar de evidencias líticas ou pedras talladas polo home, que deron lugar a un estudo pormenorizado das distintas fases do seu desenrolo operativo, esto é, adquisición e transformación inicial das pedras, ata a fase da producción das ferramentas.
 Pois ben, con toda esta magnífica historia da prehistoria, fixose a monografía Nº6 do MUPAV, que se basa na tesis doctoral de Eduardo Ramil Rego, defendida na Universidade de Santiago de Compostela en outubre de 2014 baixo o título “Prehistoria Antigua del Occidente Cantábrico. Las primeras Poblaciones”.
Quixera rematar cunhas reflexións. Todos estes estudos líticos tan minuciosos e difíciles os fixeron persoas preparadísimas intelectualmente e na maioría dos casos non percibiron nin un triste céntimo de subención nin para gastos, somentes os moveu o coñecemento académico e a pasión de descubrir verdadeiros tesouros da historia, dos que nós temos a obriga de poñer en valor.
 En Ribadeo tivemos e temos a gran sorte de poder contar con grandes estudiosos da nosa xeografía, orografía, xeoloxía, historia, toponimia, etc. etc. Entre aqueles, e entre outros o Inxeñeiro Schultz e Isidoro Asensio Amor, e hoxe en día Laureano Busto, “La Dote en el siglo XIX”; Chemi Lombardero sobre a “Sociedade de Ribadeo (1900-1936)” e “O Porto Comercial de Ribadeo”, e por antonomasia José María Rodriguez Díaz, historiador e latinista que publicou libros e monografías como: “Sobre Os Castros de Ribadeo, “O Mosteiro de Esperautano”, a “Colexiata de Ribadeo”, “Vilaselán Aproximación a Historia”, “Toponímia de Ribadeo” entre outras decenas de artigos de prensa, nos que nos deu e da a coñecer decenas de anecdotas e momentos relevantes da nosa historia.
 Ademáis do asentamento do mosteiro de Esperautano, por investigar na Graña, e dos castros de Vilaselán, de Piñeira, de Arante, das Anzas, de Vilaosende e da Devesa, que están por terras do Concello de Ribadeo, cuxos restos o descuberto farían un percorrido turístico espectacular xunto coa croa de Reinante, a fraga da Cova da Veneira e o castro de San Miguel de Reinante, a fraga de fentos e fervenza de Augas Santas do Santo Estebo do Ermo en San Cosme de Barreiros, as mámoas do Mondigo, de Comado, das Pallaregas, da Cadeira, etc. Hoxe en día tamén temos de actualidade, o pecio dun galeón do século XVI sepultado no fondo da Ría de Ribadeo que foi descuberto en 2011 durante o dragado do canal de acceso a Figueirúa ou muelle de Mirasol. Pois ben, os castros siguen abandoados a súa sorte como fai máis de dous mil anos, e o pecio do Galeón de Ribadeo está a punto de desaparecer debido a que está desenterrandose e enterrándose sucesivamente cos movimentos das augas das mareas e o rebufo das hélices dos barcos, e dicen os buzos que: “desenterrar o pecio levaría poucos meses e a esa profundidade non necesitaría un gran presuposto”. ¡E hai un montón de pecios na ría con cuxos restos faríase un Museo Marítimo de valor académico e cultural incríble!
 E eu me pergunto ¿Como é posible que tendo un territorio tan sumamente plagado de historia terrestre e marítima, non teñamos un triste recurso para poñelo en valor? Sabendo que en Madrid o que se considera Ministerio de Cultura é un simple cartel guindado dunha parede, ¿tamén é o mesmo a Consellería de Cultura da Xunta de Galiza?, ¿un simple cartel guindado dunha porta sin máis utilidade que o adorno? e ¿que pasa coas nosas institucións provinciais, comarcais e das do propio concello? ¿Non hai maneira de elevar ningún recurso en prol do porvir da nosa sociedade? ¿temos que seguir emigrando para buscar traballo e despois ir de vacacións a Stonehenge para ver pedras megalíticas de data máis recente cas nosas?
 Francisco José Campos Dorado

20150926

Descubrindo algún libro de Ribadeo en internet: Sobre os castros de Ribadeo e Turismo y ordenación del territorio en el municipio de Ribadeo

Retomando a carga de documentos do vello 'publicado en Ribadeo' a internet, hoxe tocoulle a quenda a 'Sobre os castros de Ribadeo', de José Mª Rodríguez Díaz, editado polo Tesón e colgado en dúas partes: Sobre os castros de Ribadeo 1 e Sobre os castros de Ribadeo 2. Un libro que sempre está de actualidade: os castros seguen aí, aínda que se vaian pouco a pouco, ben destruíndo, ben investigando.

A súa relectura parcial e algo máis que está a tratar o Tesón levoume a mirar máis na rede, e atopei "Turismo y ordenación del territorio en el municipio de Ribadeo"
 

Un libriño que se pode ler parcialmente na rede, e que, sendo de hai 17 anos, ten algunhas curiosidades, a parte de gráficos ó estilo do que ilustra a portada, que non deixan de ser tamén curiosos, a máis de poder calibrar algunhas diferencias nestes 17 anos transcorridos dende a súa edición.

 Obras de José Mª Rodríguez

 

20220104

O RIBADEO QUE NON COÑECEMOS. Pancho Campos Dorado

 O RIBADEO QUE NON COÑECEMOS

Pancho Campos Dorado

“Un punto de partida que testemuña o comezo da Prehistoria humana é a aparición no rexistro arqueolóxico de utensilios ou instrumentos feitos (polo home) conforme a modelos normalizados” (La Prehistoria y su Metodología, UNED, 2ª Ed. 2014, p.15). 

A historia non comeza a ser Historia ata que non aparece algún tipo de testemuña escrita ou documento escrito sobre algún acontecemento. Este criterio ten un grave inconveniente de interpretación para saber da antigüidade dun pobo, pois un pobo pode ser moi antigo e non ter evidencias escritas da súa existencia. Este tipo de culturas son as chamadas culturas ágrafas, sen escritura. Polo tanto, hai un desfase inminente entre a antigüidade dun pobo e o seu coñecemento da escritura. Así, podemos ter coñecemento Protohistórico, do final da prehistoria e principios da historia antiga, dun pobo ágrafo polos seus veciños que si sabían escribir e estaban xa no período histórico, ou ter coñecemento Parahistórico cando eses veciños son contemporáneos do pobo ágrafo, aínda que non teñan contacto con el (ibidem, p.16)

Sirva este preámbulo para entender as discrepancias que puideran xurdir no seguinte relato. Sabemos que Ribadeo e a súa contorna é un asentamento poboacional moi, pero que moi antigo do Norte da Península Ibérica, pois os seus rexistros arqueolóxicos do xacemento de Louselas datan de ao menos 300 ou 250 mil anos, do Paleolítico Inferior, que como xa dixemos noutras ocasións, foi estudado polos insignes arqueólogos Eduardo Ramil Rego e José Ramil Soneira (Louselas, Monografía Nº6, Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, 2014).

Tamén, e sen dúbida, chegaron ao Porto e Ría de Ribadeo tanto mariñeiros fenicios, século XX a XVI a.C (F. Lanza, Ribadeo Antiguo, p.17 a 19), como gregos, dos que carecemos de probas evidentes pero si circunstanciais. Na Ría de Ribadeo aparecen pezas de cerámica do século VI a.C. (El País, xullo-2021, Galeón Santiago) polo que xa había un tráfico marítimo importante na Idade do Bronce final da Galiza (1000-500 a.C.) e na Idade do Ferro inicial (500-300 a.C.).

No ano 290 a.C. os galo-celtas xunto cos gregos, poboaban Galiza. Por suposto, os pobos celtas chegaron a estas terras séculos antes cós romanos, pero de ambos hai evidencias claras nos nove castros do concello de Ribadeo e nas efémeras catas que se fixeron no ano 2009 no Castro das Grobas que foi datado entre o século II a.C. e o século I d.C. corroborando tanto o antigo asentamento celta como a súa posterior romanización. Polo tanto, todos estes pobos antigos tiveron algo que ver na Prehistoria de Ribadeo. Á vista dos achados nos fondos da Ría de Ribadeo, tanto en tempos pretéritos como hoxe, resultaría ata ridículo pensar que isto non fora así, cando entre os restos de cerámica hai pezas do século VI ao II a.C.

Portada de 'Sobre os Casstros de Ribadeo', de José Mª Rodríguez

Por outra banda, a primeira evidencia histórica, que nós coñecemos do topónimo Ribadeo e da súa a poboación, aparece nun documento do ano 969 (era 1007) cando se nomea co seu propio nome “Riba Euve” (sic): “In Villa plana alio maream, quae discurrir, Ecclesiam Sancti Jacobi. In Assanza, Ecclesiam Sancti Vicenti cum suis adjunctions In Riba Euve in Villa Assendi integro Teyxeiro. Omnes...” (España Sagrada, fragmento da páxina 336) da escritura de fundación do Mosteiro de San Salvador de Lorenzana (Sancti Comitis Ossorii Gutierrez Testamentum, quo S. Salvatoris de Laurenzana Monasterium erexit. Era 1007 (an.969) [ex Tabulario ejusdem Monasterii] transcrita integramente en latín no Apéndice XVII da España Sagrada do R.P. Henrique Florez, ano 1764, Tomo XVIII, p. 332 a 342. Polo tanto Riba Euve (sic) xa aparece nun documento histórico do século X, dous séculos antes do que menciona Francisco Lanza no seu imprescindible e inestimable Ribadeo Antiguo (páx.2).

Por outra banda, no querido semanario La Comarca del Eo do 10-xullo-2021 e no mesmo artigo en Ribadeando, o 29 de xuño, dicía eu que parecía raro que Porcillán (Porto Iulanus ou Julianus) non aparecera nas narracións das Guerras Cántabras, sendo como era un dos portos de mar máis importantes de todo o Norte da Península Ibérica, resaltado e distinguido co propio nome de Xulio Cesar (61-60 a.C) que foi quen ordenou a cartografía das costas cantábricas, cuxos mapas servirían para a súa invasión e sometemento ao imperio romano que levou a cabo Octavio Augusto (27-26 a.C.). A día de hoxe, xa non cabe ningunha dúbida de que en Porcillán, Porto de Ribadeo por excelencia, xa comerciaban os gregos e fenicios desde antes que chegaran os romanos as nosas costas. Simplemente vendo as poucas mostras arqueolóxicas que se están atopando na Ría de Ribadeo, serven para demostrar que este comercio existía. E faltan centos de metros cadrados de superficie do pracer da Ría, para detectar pezas metálicas que se atopan a pouca profundidade e decenas de metros cúbicos de area para cribar os centos de pezas de cerámica, bronce, cristal, vidro e moi posiblemente xoias de ouro fino repuxado ou con engarces variados, que tamén haberá nos preciosos e prezados fondos da Ría de Ribadeo.

De momento o equipo de buceo do arqueólogo comisario Miguel San Claudio, desvélanos que atoparon unha ánfora grega de 2600 anos de antigüidade (século VII a.C.) peza de cerámica massaliota (da colonia grega de Massalia, a actual Marsella) e que relaciona o comercio a larga distancia máis antigo que se localizou na Costa Cantábrica, o que converte en única a Ría de Ribadeo (Ribadeo, La Atapuerca de Galicia para la Arqueología submarina, La Voz de Galicia, 29-Nov-2011).

Estamos necesitando en Ribadeo un gran edificio, un Palacio da Música, que conste dunha ampla platea al menos de 1000 butacas con amplo escenario, digno de ser chamado Auditorio ou Teatro, con salas para congresos, exposicións, espectáculos, cine e salas para un Museo permanente, con ampla capacidade de almacenaxe, biblioteca e oficina de recepción; salas dotadas para o estudo e investigación dos achádegos. É imprescindible construír algo así canto antes, pois Ribadeo ten o suficiente patrimonio e poboación como para ter un servizo permanente de exposicións. Isto parecerá unha quimera, pero en realidade é unha necesidade urxente, pois están levándose para outras cidades o patrimonio cultural ribadense desde fai moitos anos, e non hai inventarios do que saíu de Ribadeo, polo que non será unha labor doada o facer retornar todo canto hai dispersado por aí e que pertence por natureza a Ribadeo.

Esperemos que non ocorra coas pezas que se vaian atopando no fondo da Ría de Ribadeo como ocorreu coa ilustre Diadema de Ribadeo, un vergoñento espectáculo de “trileros”. Estivo repartida entre o museo do Louvre e o de Madrid, pois descuberta no Castro das Grobas, como sinala Francisco Lanza no Ribadeo Antiguo, estaba catalogada como galega de Ribadeo pola eminente autoridade de D. Pedro Bosch Gimpera (que estudou a fondo todo o val do Eo) e de estudosos arqueólogos como eran López Cuevillas e Bouza Brei (Seminario de Estudos Galegos, Tomo II). Esta Diadema de Ribadeo mostra unha escena ritual repetida secuencialmente, na que aparecen uns guerreiros ecuestres (a cabalo) con espada curta e broquel, mentres outros homes a pé transportan caldeiros sagrados. Ao fondo aparece unha paisaxe acuática con aves comendo peixe, e arroaces ou golfiños de fociño de botella, tamén chamados toniñas. Esta toniñas solen entrar nas rías debido o seu comportamento social na época da sardiña de maio a outubro, e principalmente en xullo e agosto. Son populares os refráns mariñeiros, “arroaces na ría, moita sardiña” ou, “Os arroaces brincan no mar? forte Norte vai dar”.

Pois ben, todas estas escenas mariñeiras da ourivería celta da Diadema de Ribadeo, non importaron, hoxe está catalogada como a Diadema de Moñes (Piloña-Infiesto, polo arte de birlibirloque de dous coleccionistas asturianos, un, maxistrado, Remigio Salomón, que dixo en 1865 que a comprara en Oviedo, a quén? si estaba no Museo do Louvre de París, e outro coleccionista de Cangas de Onis, Sebastián de Soto Cortés, á vista das fotos que o maxistrado deixara á Comisión Provincial de Monumentos de Oviedo montaron a pebida de que el atopara unha peza coa mesma estampación no “Concejo de Piloña”, polo que a Diadema de Ribadeo, foi catalogada como de Moñes. Si señor, con un par. Como se lle chama a este tipo de actos de “xente ilustrada”? Non lle vou poñer apelativos pois só me saen maldicións e xuramentos.

Por outro lado, onde vai o “Carneiro alado de Ribadeo”? Sigue estando custodiada no Museo de Lugo, esa preciosa xoia da ourivería grega, persa, etrusca....de ouro puro, aparecida na Ría de Ribadeo. Tamén lle cambiaron a afiliación?

En resumidas contas, non podemos seguir perdendo o patrimonio de Ribadeo, porque haxa xente “listiña” que se aproveita da incompetencia, inoperatividá ou inexistencia da Comisión Cultural do Patrimonio de Galicia. Estanse descubrindo demasiadas pezas valiosísimas para a nosa Historia, e demasiado valiosas comercialmente como para facerlles desaparecer por un tempo e volvelas aflorar con nomes espurios saídos da imaxinación e desvergoña duns aproveitados. Ribadeo ten a obriga de preservar o seu propio patrimonio, pois é un valor inigualable de riqueza histórica e, por suposto, de gran valor turístico si se poñen en valor nun lugar apropiado.

Qué circunstancias ocorren en Ribadeo nos dez primeiros séculos da nosa historia local, para que non se nomee por ningures algo dos aconteceres que forzosamente tiveron que pasar por estes lares?. Que pode aparecer nos nove castros que se atopan no noso concello de Ribadeo, sabendo do seu gran desenrolo antigo que tivo a poboación mariñeira?. Non haberá nunca presuposto para pagar a un arqueólogo para dirixir e descubrir os mil e un tesouros que agocha esta terra contemporánea do rei Midas, e que poden ser descubertos coa axuda de voluntariado de estudantes de Historia, de Arte ou de veciños, como está a pasar xa en outros concellos da Galiza?

Temos que recordar que Galiza era unha terra rica en metais, ouro e estaño. Galiza é rica de por sí, pero arrastra desde fai séculos unha grande eiva, a educación. Xa nos tempos de Prisciliano (340-385 d.C.) dise que naceu nunha familia rica pero que tivo unha educación descoidada. Di Victoria Armesto, “en Galicia a la educación le damos poca importancia, a mayor riqueza menor cultura” (Galicia Feudal I, ano 1969, p.71). Non me cabe dúbida de que os Indianos déronse conta desta incultura popular, e trataron de evitar en todo o posible, esa triste realidade, construíndo escolas en tódolos pobos do seu berce.

Pode comprobarse en toda a Galiza feudal que había decenas de fidalgos galegos, e cando se revisan os seus testamentos, poucos, moi poucos saben firmar, e moitas veces teñen que recorrer a unha testemuña que firma por eles. Era moi normal que naquela Galiza poboada de centos de mosteiros, na Galiza dos gobernos teocráticos na súa raíz, lles dixeran aos galegos nobres, “para que vai vostede a preocuparse de saber ler, escribir ou de contas, si ten bastantes rendas; mande facelo e non se preocupe de máis”. Esa mentalidade inducida pola teocracia aínda se da nos nosos días cando se lee unha Biblia Católica, pois os Evanxeos hai que entendelos como os explica a Igrexa Católica, non se poden interpretar tal e como a nosa propia cultura cidadán nos ditamina. Esa é a gran diferenza de civilización que nos separa dos países protestantes, cuxos cidadáns poden ler e interpretar por si mesmos a Biblia desde o século XV e XVI, porque as súas curias relixiosas lles din de ler a Biblia na casa, e discutila en familia, polo que todos os seus membros saben ler e escribir, ao menos desde catro séculos antes que o 95% da poboación española. Era abraiante ver que no ano 1976, cando eu fixen a mili, aínda había “naquela España nuestra”, no Cuartel de Instrución de Ferrol unha “brigada de analfabetos”, e supoño que en todos os cuarteis militares ocorría o mesmo.

Aínda quedan reminiscencias sociais daquel analfabetismo, e aínda temos a menos defender o noso propio patrimonio. Podemos ler con indignación, por exemplo, que defender o topónimo da Ría de Ribadeo é defender un localismo. Non sei como este tipo de persoeiros non avogan por lle cambiar o topónimo á Bóvia, o alto de Penouta, ou o nome dalgunha Virxe do Pilar, de Covadonga, das Dores, do Carme ou calquera outra barbaridade que se lles poida ocorrer. Nós, os galegos fomos asumindo todo este tipo de inxustizas, pola forza do desprezo inmediato administrativo que nos foi imposto primeiro por administradores alleos a Nosa Terra e hoxe por propios galegos de estómago agradecido que non teñen nin idea do transcendente e prexudicial que pode ser o que fan.

Quedámonos coa Esperanza de ver algo feito en positivo algún día. Amén.

20160822

ESCUDO DE RIBADEO (II). Francisco José Campos Dorado

-Este artigo é continuación de Escudo de Ribadeo (I)-
Reconstruír o pasado dende o presente, utilizando materiais conservados e ditos da tradición popular é unha empresa ousada, pois non temos a seguridade de que as costumes permanecesen inmutables o longo do tempo. Pero tamén é certo que non podemos negar que existen crenzas que perduran no tempo, conservando trazas verídicas do pasado, que ben contextualizadas poden ser un elemento útil de investigación. En todo caso a análise meticulosa das nosas tradicións, achegará gran coñecemento sobre a nosa cultura. Para seguir coa análise do significado do Escudo de Ribadeo (I), temos outro indicio, tan antigo como o escudo da fachada do Levante da capela da Virxe do Camín, de que quen exercía a Xurisdición Marítima do porto de Ribadeo era unha dignidade eclesiástica, e está na tradición, por tódolos ribadenses coñecida, de chamar “Pazo ou Casa do Obispo” a unhas ruínas situadas en Cabanela (foto 1)

Examinemos a cuestión. ¿Onde está situada a “Casa do Obispo”?. Nada menos que está na “primeira liña da praia” de Cabanela, que era o lugar onde se embarcaba e desembarcaba a maior parte das mercancías de importación e exportación do Porto de Ribadeo, mesmo coas calas de Porcillán e Guimarán, medio protexidas do embate e das vagas de mar pola Illa de Guimarán, hoxe desaparecida (Carta de navegación da Ría de Ribadeo de 1776, cota 43). E preguntámonos ¿alguén imaxina o bispo vivindo no peirao de carga/descarga do porto, pois para iso servía a praia de Cabanela? ou ¿alguén viu en algún sitio un pazo bispal fora do recinto da catedral ou nun paraxe moi alongado dela? Non, non é normal que isto ocorra e por aqueles tempos a igrexa principal de Ribadeo era a Real Colexiata do bispo Pelayo Cebeyra e estaba no campo (Santa María do Campo) e anteriormente a Igrexa de Santiago de Vigo, na Vilavella.
Restos en Cabanela, co actual auditorio ó aire libre ao pé.

¿Entón por qué, en Ribadeo, chamamos Casa do Bispo a un edificio, en ruína total desde tempo inmemorial, situado preto da praia de Cabanela? Mesmo Francisco Lanza di que puidera ser onde estaba a Torre das Cabanas (Ribadeo Antiguo, páx.145). Pois ben, nós cremos que era a Casa da Alfándega cuxa administración rexentaba un prelado, ou outro encargado, ás ordes do bispo que era quen tiña a Xurisdición Marítima do Porto de Ribadeo e os beneficios que iso reportaba. Nótese que esta Casa da Alfándega deberá datar de antes de 1369 (data en que se fai cargo o Conde de Ribadeo de cobrar os impostos) polo que as ruínas de Cabanela, son ruínas posiblemente do século XII-XIII, as máis antigas dun edificio de Ribadeo, e que deberan estar máis protexidas por Patrimonio, pois están desfacéndose, como case todo o patrimonio antigo de Galiza, e non falemos da barbarie que se está cometendo cos castros abandonados no medio das plantacións de eucaliptos...!!!
A capela da Virxe do Camín é de arquitectura románica con arcos nalgunhas das fiestras de medio punto abucinados, propios do século XI, XII e XIII, e con posibles reformas do século XVI. Na Casa do Bispo, os arcos da porta e da fiestra que quedan en pé, son arcos escarzanos, os cales tamén eran usados no estilo románico. Se esta casa era naquel tempo o edificio da “alfándega” do Bispo, tamén datará esta parede dun daqueles séculos sinalados, e moi posiblemente sexa, a máis antiga alfándega do Norte da Península Ibérica.
O nome de Casa do Bispo, é fácil de entender que sexa unha forma popular de chamar as cousas por quen as fixo, ou por quen lles saca algún proveito, o mesmo que ocorre, por exemplo, coa Torre dos Moreno, que é unha casa onde non viviron nunca os irmáns Moreno, senón un edificio feito e explotado por eles en apartamentos e pisos en renda.
¿Cómo esta distinción da administrativa marítima chega a ser o Escudo de Armas de Ribadeo? Pois ben. Cando o rei Henrique II de Trastamara, lle concede o Condado de Ribadeo a Pierre de Villaines en 1369, concédelle tódalas rendas do Condado: “almojarifadgos, yantares, alfándegas, escribanías, diezmos e alfolís” (Ribadeo Antiguo, páx.44). Isto quer dicir que aquela prebenda da Xurisdición Marítima da alfándega que antes tiña o bispado, pasou a ser privilexio do Conde de Ribadeo.
Algún dos condes, non sabemos cal, mandou gravar na fortaleza estas armas da Xurisdición Marítima, a chave en pau sobre ondas do mar, e quizais fora, Rui Davalos o Bo Condestable, que comprou o condado seguramente para sacarlle proveito, e a alfándega marítima era unha das proveitosas rendas que lle correspondían ó cargo. Sabemos de certo que estas armas estaban ciceladas na fortaleza en 1722, polo preito que houbo entre o Concello, a Cofradía da Santísima Trinidade e o Bispado, cando se renovou a pedra do escudo da capela da Atalaia, que o “brasón dunha chave sobre ondas do mar”, estaba “non solo no escudo da Atalaia, senón tamén sobre unha porta falsa da fortaleza e torre da vila, e no frontis e sobre a porta principal de esta dita vila e torre do campanario” (ibidem, páx.6). Aquel brasón gravado na Virxe do Camín, xa pasara en 1699 (ibidem, páx.5) a ser asumido polas autoridades locais como as armas do Concello. Pero obsérvese, que na fortaleza estaba gravado sobre a “porta falsa”, isto tamén quer dicir que o escudo estaba sobre unha porta accesoria que daba seguramente a un recinto interior da fortaleza, e estaba gravada como un dos privilexios dos condes, non como escudo de armas deles, que como todos sabemos os Davalos, os Villandrando, os Hijar ou os Alba teñen outras armas de liñaxe.
Pero o Concello de Ribadeo, aínda que xa condado en 1369, non por isto perdeu o apego á xurisdición eclesiástica posto que dende o século XIII Ribadeo ía adquirindo elementos de ámbito relixioso monástico que o seguirán caracterizando ata o día de hoxe: os conventos de Santa Clara e o de San Francisco dan crédito disto, pero sobre todo, coa construción da Colexiata Real en 1270 coa que mantivo altos honores e privilexios, aínda despois de mudar a sede episcopal, en 1233, para Vilamaior de Vallibria, o actual Mondoñedo. Foi unha gran perda para Ribadeo o ver arruinar o edificio da Colexiata de Santa María do Campo e non habela restaurado en 1852 cando o Concello se dirixiu a reina Sabela II, cuxa petición foi ignorada absolutamente, e volvéuselle a pedir a Afonso XIII, e en 1903 o proxecto foi esquecido definitivamente (La Colegiata de Ribadeo, José Mª Rdguez. Díaz, pax. 53). Como di o dito, “temos que acordarnos da nosa historia, senón estaremos condenados a repetila”. Tamén queremos facer mención a outro dos máis antigos escudos de Ribadeo que aparece nos Nobiliarios (figura 2),
pero do que non se sabe dun gravado de pedra armeira semellante en Ribadeo: en campo de gules seis caldeiros de ouro. Non se coñece data deste escudo.
Segundo relata D. Modesto Costa y Turell na Ciencia do Brasón de 1858: “a palabra “gules” en heráldica e a cor vermella, parece ser que foi traída polos cruzados de Terra Santa. “Ghiul” en turco, significa “rosa”, xenérico de todo o que é encarnado, e os que traen esta cor no campo do brasón, están obrigados a socorrer os que están "oprimidos por inxustiza”. ¡Non che digo... hospitalidade, socorro e cultura reborda Ribadeo: Santa Clara, San Francisco, San Lázaro, San Roque, San Miguel, San Clemente, San Luís...! Por outra banda, os caldeiros eran antigamente marca dos rico-homes, que daban os reis por insignias ós cabaleiros os que facían Grandes do reino. Posiblemente este escudo fora concedido por Fernando II, en 1183, cando eleva o rango de Ribadeo a Vila Real. Pero quizais os caldeiros tamén poden interpretarse co significado a inversa: “a entrada de rendas polo porto de Ribadeo que facían grande o reino”, polo que, Afonso IX (1188-1230) ou Fernando III “O Santo" (1217-1230) lle concede tal distinción a Ribadeo. O cal, tampouco sería de estrañar, dado que o transporte terrestre era moi penoso e lento e a chegada dun barco a porto con mercadoría diversa, debía de ser como a chegada dos “reis magos”, pois daba traballo de varios días, a veces de semanas, a todo o pobo. Logo distribuír a mercadoría daba traballo a moitos veciños do contorno e ós negocios da comarca. Actualmente, Ribadeo ten un movemento portuario de un millón de tonelada ano, cuxa mercancía é toda de exportación, non hai ningunha importación, polo que o porto ten unha economía “terceiromundista”: só exporta, nada recibe. E algúns xerifaltes da administración portuaria de Galiza están encantados e dando as grazas, pola boa xestión que están facendo ¡manda truco ver a que chegamos! ¿Non haberá cursiños de Administración Marítima en Róterdam para que vaian estes señores aprender algo do que significa Tráfico Marítimo e Rendemento Portuario con Beneficio?. ¡Qué cruz temos...! ¿Non? ¿Hai máis escudos de armas de Ribadeo que asemellen dignidade eclesiástica?. Si por certo.
--
Continúa en ESCUDO de Ribadeo (III)

20201229

RIBADEO NA NOITE DOS TEMPOS. Pancho Campos Dorado

 RIBADEO NA NOITE DOS TEMPOS

   Que imaxe podemos facernos dun período tan importante pero tan escuro e tan dilatado no tempo que está cheo de tantas incertezas? É un exercicio arriscado facer un relato verosímil sobre a poboación prehistórica de Ribadeo, ou sexa, facer un relato sobre os indicios probables dunha poboación da que non hai nada escrito, da que non hai historia local algunha. Pero merece a pena intentalo.
   De principio podemos dicir e aseverar sen dúbida de equivocarnos que a Ría de Ribadeo é un punto estratéxico e primordial na rede comercial marítima europea de tódolos tempos antigos e dos alto e baixo medievais, debido a súa condición xeo-estratéxica no litoral Atlántico por ser porto seguro unha vez alcanzado, onde a vida dos navegantes e dos barcos está sempre a salvo da ameaza das condicións adversas do mar e onde se pode reparar o casco, aprontar os aparellos, facer augada e meter provisión de alimentos.
   A ausencia dunha específica documentación escrita non fai fácil identificar que clase de estrutura social, política ou económica tería aquela sociedade; que técnicas agrícolas e gandeiras, ou que medios de pesca e marisqueo terían para a súa subsistencia. Mais esta condición de sociedade ágrafa non nos arreda das nosas intencións de escribir sobre o noso pasado antiguísimo, pois hai factores relevantes innegables como son os achádegos 'antediluvianos' de Louselas, a toponimia do entorno e a documentación parahistórica doutros poboamentos veciños que sí escribiron a súa historia sobre condicións iguais que as dos nosos antepasados. Isto anímanos a facer un relato intuitivo que nos permite albiscar unha cronoloxía aceptable para encanar o noso estudo que non por ser impreciso será menos certo. E canto máis atrás tratemos de remontarnos no tempo, maior diverxencia haberá nas datas que poidamos propoñer hoxe, pero que se poderán axustar a medida que se vaian facendo descubrimentos que se teñen que facer máis tarde ou máis cedo.
   Desde cando hai unha poboación galaico-atlántica permanente nestas terras? Hai restos arqueolóxicos líticos moi abundantes de fabricación de útiles con diversos tipos de retoque en choppers, fendedores, raedeiras, raspadores, cuitelos de dorso natural, perforadores, bifaces, etc. que pertencen a unha poboación antiguísima nas beiras do actual Ribadeo, o xacemento de Louselas do Paleolítico Inferior datado en catrocentos oitenta mil anos de antigüidade o acredita. Pero sábese de certo que o nivel do mar fai cento vinte mil anos (período interglacial Eemiense) subiu por encima do nivel actual e cubriu por completo o xacemento de Louselas polo que aquela primitiva xente tivo que trasladarse ás ladeiras e cimas das montañas, a lugares máis altos. O nivel do mar volveu a ir baixando en períodos graduais de miles de anos e chegou ao seu nivel máis baixo, 120 metros por debaixo do nivel actual, fai vinte mil anos, cuxo nivel se mantivo case oito mil anos, ou sexa até fai doce mil anos, último período glacial, en que volveu a subir até alcanzar o nivel actual en pouco menos de dez mil anos. 
    Nestes períodos de tan baixo nivel do mar as covas no acantilado das ribeiras da Ría de Ribadeo que son en abrigo rochoso o aire libre con forma de viseira, actualmente practicamente enterradas, poden ser vestixio das covas onde vivían aquelas poboacións do epipaleolítico e do neolítico até fai uns case catro mil anos. Non temos probas de canta poboación puidese haber nin de canto tempo estiveron vivindo en ditas covas, pero sí de que por alí estiveron e que para algo as usaron de modo permanente ou estacional por largas tempadas, polos restos líticos que quedaron de lascas de cuarcita. Pero como dixo o arqueólogo británico Mortimer Wheeler, “pode que o arqueólogo atope o tonel, pero de Dióxenes non queda nin rastro”.
   Por tanto, segundo nós o entendemos, houbo poboación sedentaria nas Terras de Ribadeo moi anteriormente ao que puidésemos pensar cando a Idade do Bronce Final (séculos VII-VI a.C.) lle deixa paso a “cultura castrexa” tan evidente nos asentamentos castrexos da Idade do Ferro, que no concello do Ribadeo actual, coñecemos o emprazamento de nove: As Grobas (Vilaselán); Fornelos (Piñeira); Meirengos e os Castros (A Devesa); A Coroa (Arante); A Pumarega (Covelas); Porto de Arriba e A Torre (Vilaosende) e As Cárcobas (Ove), pero incluso é posible que haxa máis xacementos e todos eles esquecidos pola Administración da Xunta de Galiza.
   Aquí polo que nos atinxe, atopámonos na obriga de facer un inciso. No ano 2003 o Ministerio de Medio Ambiente de España a través do Servizo de Costas e en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio de Galiza, ía facer un investimento de tres millóns de euros, para recuperar o Castro de As Grobas, e así o anunciaba aquel alcalde de Ribadeo en La Voz de Galicia 18/02/2003. Todo quedou en nada. Logo no ano 2009 (La Voz de Galicia 22/04/2009) fíxose, por fin, unha intervención arqueolóxica pola “incrible cifra” de trinta mil euros (durou un mes) quedando evidencia de que era un castro anterior a romanización con ocupación dilatada no tempo. Vamos, fíxose un “incrible estudo” sobre o castro, miráronse apenas 50 metros cadrados dun poboado de 35000 metros cadrados, ou sexa, quedou o asunto coma sempre na total indiferenza e desidia a que nos teñen acostumados desde a Xunta de Galicia, e todo canto dixeron e fixeron non serviu absolutamente para nada. O prestixioso arqueólogo Emilio Ramil que dirixiu a escavación, con moi bo criterio facía fincapé en que o poboado tiña importancia e aconsellaba seguir adiante na escavación para poñelo en valor. Alí se presentou o delegado provincial de Cultura “en funcións” e o Xefe de Costas, José Manuel Esteban quen foi “avalar a actuación na sede do Ministerio de Medio Ambiente de Madrid”. Ou sexa, non se fixo absolutamente nada.
   En fin, sigamos coa nosa pseudohistoria, pois pola súa natureza especulativa do momento presente, permanecerá no terreo da hipóteses. Pero por que se producen neste recuncho da Galiza tales xacementos tan temperáns?. Posiblemente porque os cambios climáticos da última glaciación non afectaron moito a esta zona e as condicións de subsistencia non foron destruídas. O clima permitía o crecemento de froitos silvestres e facilitou a agricultura de secan, na magnifica terra que pisamos, e mantiña unha poboación estable, non sabemos de cantos individuos pero posiblemente algúns centos diseminados en pequenas comunidades próximas, como evidencian os xacementos castrexos, que se alimentaban grazas á recolección de froitos e a domesticación de animais como ovellas, cabras, vacas e porcos, algúns cabalos e burros, e de plantas como o trigo, cebada e algunhas leguminosas, ademais pescaban e mariscaban como evidencian os concheiros existentes en varios castros.
   Facer un panorama de como era e como vivía aquela sociedade anterior a castrexa con tan poucos restos arqueolóxicos que se atoparon nas escasísimas catas non é posible sen entrar de cheo no terreo do hipotético. Os restos das escavacións procuran evidencias, pero aínda así, o estudo da prehistoria ademais dun estudo sistemático dos vestixios atopados polo arqueólogo e unha labor de pescudas e criterios imaxinativos, polo que explicaba Sir Mortimer.
   As poboacións dos castros datan dos séculos IV-III a.C. mais temos evidencia dunha poboación estable e xa moi civilizada, que nos revela o xacemento do henge de A Roda de Santiago de Reinante, datado en 1700 anos a.C. que pode chegar a 2000 anos a.C. (II milenio a.C.) segundo datación con 14C. Ou sexa o xacemento data da transición final do Neolítico-Calcolítico (metalurxia do cobre) e da idade de bronce Proto-Atlántico da Galiza (1800-1700/1200-1100 a.C.) que corresponde coa cultura Argárica, varios séculos antes das invasións celtas. A Roda é un magnífico templo-calendario de un valor prehistórico e turístico incalculable. Un recinto cerimonial que nos marca efemérides astronómicas como son os solsticios. Estes templos eran lugares de poder político e relixioso que non existirían senón houbese unha poboación estable próxima. Polo que moitos castros cremos foron feitos en poboados xa existentes pero que estarían feitos con materiais perecedoiros e non de pedra como se ven actualmente os seus restos. 
   Por outra banda, despois ou durante a época final dos castros, aparece na toponimia de Ribadeo un nome que albisca ser histórico, Porcillán. Un barrio de pescadores na alta Idade Media, mais o seu étimo latino Porto Iulanus ou Julianus provén da época romana. Segundo Dion Casio, no ano 62 a.C. unha escuadra romana dirixida por Xulio César, chega ao lugar de Brigantium ou Brigantum (A Coruña). Con cargo de Pretor ven a Gallaecia no ano 59 a.C. época en que as vías marítimas eran moi importantes, tal que así, que no século II d.C. os romanos levantan a Torre de Hércules, o que demostra a importancia comercial daquel tráfico marítimo. Roma tiña portos estratéxicos ao longo das costas polas que navegaba tanto para abastecer as súas forzas militares, como para procurarse minerais de ouro, estaño e ferro que había por esta bisbarra. Tamén desta zona seguirían importando os romanos, como fixeron anteriormente os fenicios de Tiro, os caracoliños de mar chamados murex (purpura haemastoma) dos que se extraía a cor púrpura coa que tinguían as capas os emperadores e persoeiros da máis alta nobreza romana. 
   Despois do século I d.C. non volvemos a ter noticias destas poboacións até atoparnos co Diploma do rei don Silo do 23 de agosto de 775 de onde o noso inesquecible veciño, experto lingüista e latinista José María Rodríguez Díaz, deduce e fixa con certeza que o Mosteiro de Esperautano está na planicie de A Graña, concretamente entre os ríos Mera, hoxe desaparecido e o Alesancia (hoxe o río Grande) do que se deriva o actual topónimo de As Anzas. E si había un mosteiro de tal renome no século VIII tiña que haber un poder político e relixioso na zona con bastante anterioridade.
   A partir daqueles séculos VIII e IX podemos extrapolar que a poboación das Terras de Ribadeo xa tiñan certa relevancia dentro do territorio do Reino de Galiza. E nos séculos X, XI, XII e XIII está consolidada a poboación do propio Ribadeo sen ningunha dúbida, tal que así, que a primeiros dos século XIII comeza a construción da Igrexa-Catedral de Ribadeo que terminou sendo Colexiata, polo que si Ribadeo a primeiros do século XIII tiña entidade como para ser sé episcopal, quer dicir que xa viña de vello o seu renome e categoría. Perder aquela sé episcopal Ribadeo, foi perder o ser unha gran cidade pero... 
   Aquí rematamos o noso relato de Ribadeo na Noite dos Tempos, pois xa chegamos a súa Historia con maiúscula, á historia da anarquía feudal até o século XI, dos cabaleiros dotados de aptitudes físicas e de medios financeiros para selo e a súa relación cos señores, cimentada na fidelidade persoal e no reparto de prebendas que acabou por crear clientelas excluíntes pois cada guerreiro obedecía a un señor o que provocaba inseguridade civil e os campesiños cada vez máis empobrecidos quedaron atados ás terras propiedade dos señores. A autoridade real pasou a ser autoridade das decenas de señores (clérigos e nobres) que tiñan en propiedade as terras, aqueles señores que se enredaron en conflitos e guerras privadas entre uns e outros, os bárbaros non viñan do exterior, xurdían no seno da cristiandade esixindo a sangre dos “campesiños servos”. Estaba cristalizando o feudalismo, o nacemento das Ordes Militares de Cabalería, dalgunha das cales se fixo mención nos Escudos de Armas do Concello de Ribadeo. Pero iso é xa Historia escrita.
Zona de cata no Castro de As Grobas do ano 2009


20200506

Artigos en Crónica3, ata o momento

   -Inclúense todas as publicación relacionadas comigo, como aparece na procura en Crónica3; algunhas son notas de prensa que só fixen enviar, outras son redactadas en nome dun colectivo.-

“Aplausos e primeiro de maio”, por Antonio Gregorio Montes

05-05-20
Chegamos ó primeiro día de maio, e seguimos aplaudindo. Parece evidente que a situación dos aplausos cambiará xa a partir de mañá, pois ás oito da tarde poderase saír a pasear. Mañá, 2 de maio, día asociado na historiografía española a un levantamento popular. Mentres, hoxe, 1 de maio, é o día do traballo. Segundo […]


“Signos. Signos de querer o poder e non o traballo que leva consigo”, por Antonio Gregorio Montes

29-04-20
Tentar informarse de xeito diversificado nestos tempos é unha carreira de fondo na que se remata extenuado. A procura de información -da que hai inflación- vese torpedeada pola necesidade de testar a súa validez -da que hai dúbidas crecentes-. A realidade sempre foi unha fábrica de información para as persoas. A fábrica. Con máis ou […]


“Carlos Álvarez Fernández-Cid, músico”, por Antonio Gregorio Montes

21-04-20
Por fin cheguei no meu tempo a unha lectura ribadense que me estaba a esperar. Aproveitando uns poucos raios de Sol pola fiestra remato o libro e non podo menos que deixar constancia: “Carlos Álvarez Fernández-Cid, músico” é polifónico e temperado. Monotemático e variado: corenta colaboradores en harmonía dan unha visión variada e conxunta ó […]


“O mercado de Ribadeo”, por Antonio Gregorio Montes

14-04-20
Leva moito tempo desenvolver a confianza, a máis de construír a estrutura que se monta (fixa ou periódica), afianzar a costume… dun mercado como o de Ribadeo. Sexa ‘a praza’, no seu edificio, de apertura diaria, etc, ou sexa o mercado dos mércores ou dos domingos. En moitos sentidos, o anterior é extensible a todo […]


“Canto mide Ribadeo?”, por Antonio Gregorio Montes

07-04-20
Tárdame volver a recorrer as túas rúas, Ribadeo. Recorrelas con tranquilidade, entre xente, parando a saudar e vendo ós demais mover a boca tamén con tranquilidade ó falar. Sen medir os pasos, pero sentindo no corpo que están dados. Coñecendo que hai quilómetros e quilómetros para recorrer. Que os catro quilómetros de rodeo ó pobo […]


“Sobrepasamos a China”, por Antonio Gregorio Montes

30-03-20
Remato de velo. Hoxe, 30 de marzo, sobrepasamos a China en número total de infectados despois de tela duplicado xa onte en número de mortos. A este paso, é posible que cheguemos a adiantar a Italia en contaxiados en cousa dunha semana, pero a cousa non está clara, pois tamén aquí está comezando a diminuír […]


“No medio doutra crise”, por Antonio Gregorio Montes

25-03-20
O Covid 19 colleunos en medio doutra crise. Cabería mellor dicir doutras, pero imos simplificar, podemos escoller crise, centrándonos nunha soa. Así pois, no medio doutra crise. Collo a crise climática, pode que a que se vai percibindo como máis acuciante no tempo, a máis vívida, aumentando pouco a pouco. Cólloa tamén porque remata de […]


“Anticípate á recuperación”, por Antonio Gregorio Montes

16-03-20
A última persoa que vin na rúa o sábado pola mañá cedo, antes de non volver saír pola corentena, foi un mendigo. A confusión de sentementos que experimentei é difícil de transmitir. Comezo a escribir isto no día en que se ten proclamado o “estado ‘de alarma’” en España, despois de tres días de pandemia […]


“Loita contra a España baleirada”, por Antonio Gregorio Montes

11-03-20
Literalmente, ese era o título dunha nova do 28 de febreiro nun xornal. Como soe ocorrer outras moitas veces, o texto en letra máis pequena detallaba abondo mellor a nova. O título só pretende ser máis impactante, nin explicación concentrada nin a nova encapsulada nunha pílula. O caso é que estimo que é o título […]


“Unha necesidade cotiá”, por Antonio Gregorio Montes

14-02-20
Hai máis de dous anos que os pensionistas veñen organizando actividades mensuais para lembrar que existen e que deben ser tratados con dignidade. Actividades de lembranza de feitos e situacións, así como lúdicas, de xuntanza e entrelazamento de amizade, entremistúrnse con outras reivindicativas duns dereitos que son seus. Que son nosos, de todos, como sociedade. […]

“Fitur comeza en Ribadeo”, por Antonio Gregorio Montes

30-01-20
Si, si, xa sei: FITUR celébrase en Madrid, non en Ribadeo. Oficialmente. Pero o que en Madrid vai amosarse na feira internacional do turismo é cociñado antes nos respectivos lugares de orixe, sexan empresas ou localidades. E non só iso, senón que ten un impacto posterior noutros lugares diferentes da orixe -para iso se fai- […]


“Fágase a luz”, por Antonio Gregorio Montes

23-01-20
O pasado sábado Luz Pozo Garza foi declarada filla predilecta de Ribadeo. Non puiden asistir; como compensación engadín algunha cousa á súa xa longa entrada na Galipedia. En casos semellantes soe haber propaganda de diverso tipo, maiormente institucional, que anima a outra xente máis ou menos próxima a unirse á corrente, resaltando a bondade do […]


“Sostibilidade, unha palabra”, por Antonio Gregorio Montes

16-01-20
Hai palabras de moda. Na actualidade unha desas é ‘sostible’ (e as súas derivadas, como Sostibilidade). Moitas veces, o malo destas modas é que facendo ver e resaltando o que indica a palabra, banalízase o significado. As verbas trivialízanse, asumindo unha precisión imprecisa. Precisión de significado fixado; imprecisión de interpretación e cumprimento. Sostible. “Que se […]


“Viaxar ás capitais… dende Ribadeo?”, por Antonio Gregorio Montes

10-01-20
Hai unhas semanas aparecía na primeira dun xornal: ‘Viaxar a capitais galegas en transporte público dende Lugo é unha odisea’. Coido que quen puxo o título non atoparía outro para poñer sobre o mesmo tema dende Ribadeo… a non ser que usara a palabra ‘imposible’. No interior do xornal, o título era ‘Unha vila (case) […]


“Que non nos enganen: dúas novas económicas que afectan a Galicia”, por Antonio Gregorio Montes

23-12-19
Temporal. Unha cancelación dunha actividade que me afecta polo Fabien. O tempo está tolo. E coa economía quérennos tolear. Pode parecer que non teñen relación, pero as dúas novas de onte (20/12) que remato de ler e que afectan a Galicia coido que si teñen relación co clima. Unha ía de que as contas do […]


“Aquí como en Viena 2019”, por Antonio Gregorio Montes

22-12-19
Ribadeo, 28 de decembro de 2019. Non é unha inocentada. É o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo, da banda de moitos ribadenses. En diversos graos, de naturais, afincados ou visitantes. Músicos, exmúsicos, público, todos en familia. Concerto con algunha inocentada polo medio, si, como cando a presentadora iniciou a súa efémera función […]


“Polas pensións”, por Antonio Gregorio Montes

19-12-19
O autobús vai enchéndose: Ribadeo, Barreiros, Vilanova, Mondoñedo… aínda non son as sete e media e as prazas están todas ocupadas. Esta xente madruga. Ó traballo? En certo xeito si: ó traballo de defender os seus dereitos despois dunha vida laboral que xa ten rematado. Vellos coñecidos a través dos anos, de toda unha vida, […]


“A ilusión da arte”, por Antonio Gregorio Montes

14-12-19
Constrúe. Vive. Interpreta. Sinte: unha arte, arte. Hai xa medio século que un libro, ‘Against interpretation’ (Contra a interpretación, de Susan Sontag) rematou de dar un novo sentido á arte, precisamente destilándoa como esencia de sentementos vividos polos sentidos (que nos tempos e significados actuais non é unha reiteración) despois de atoparse estes cunha obra. […]


“A Constitución como nai adoptada”, por Antonio Gregorio Montes

10-12-19
Soe ser normal que quen teña o control nunha relación nai-fillos sexa a nai sobre os fillos e non viceversa. De aí parto cando comezo a escoitar aquelo de ‘os pais da Constitucion’, como se alguén poidera ser orfo de nai ou houbera unha especie de ‘Espírito Santa’ feminina para a Constitución. Ou, en versión […]


“Botando unha ollada ó veciño: participación”, por Antonio Gregorio Montes

21-11-19
Un amigo fíxomo notar: o regulamento orgánico municipal xa pasou o período de alegacións. O de Barreiros. Como nos papeis non saiu nada de que tivera alegacións, se é así, debera entrar en vigor de xeito automático. Coido que é bó comparalo con outros, como co que se pretendía aprobar en Ribadeo hai case unha […]


“300 € por 8,70. Historia dunha viaxe en FEVE”, por Antonio Gregorio Montes

19-11-19
Xoves 14 de novembro de 2019. Mal tempo, unha viaxe de Ribadeo a Viveiro e unha decisión: vou en tren. Na estación, pido billete e comunícanme que o conseguirei no tren. Quedo pensando por que se desaproveita a oficina da estación e o persoal destinado alí, pero tamén que non entendo do tema e pode […]


“Se non sodes iguais, amosade que sodes diferentes”, por Antonio Gregorio Montes

11-11-19
Noraboa, lográchedelo. Porque iso era o que íades procurando, o medre das posturas máis extremas, as diferentes ás nominais ata o de agora, non? Tentando igualar a corrupción por arriba, tomando unhas decisións mentres que se manifestan outras, con loitas internas solucionadas cun liderazgo non forte, senón baseado na eliminación do contrario, con esquecemento das […]


“Elección non rima con bon”, por Antonio Gregorio Montes

01-11-19
‘Eran os mellores tempos, eran os peores tempos’. Así comeza a ‘Historia de dúas cidades’ de Dickens. E así podería comezar a nosa historia actual camiño dunhas novas (e)leccións o 10 de novembro. E é que hai xente para quen ‘as cousas’ marchan ben. E para a que non, nin moito menos e diríase que […]


“En época preelectoral, coidado co xornal!”, por Antonio Gregorio Montes

23-10-19
Soa ben como tema, pero o certo é que se queda moi curto: hoxe por hoxe, calquera día e non só en período electoral o ler entre liñas o xornal (ou ver entre imaxes no caso da tele) é tanta necesidade como o non despistarse coas novas (reais ou supostas) nas redes sociais. Un tema […]


“Os deslumbrados non poden ver o ceo”, por Antonio Gregorio Montes

23-10-19
25 de outubro, nota de prensa. Resultado: Ribadeo terá máis luces de Nadal por persoa que Vigo. Os xornais destacaron a competición con Vigo, pero aínda así, non chegaron a ese dato: en Vigo, ao parecer, instalaranse unhas 10 000 000 de luces, ou sexa, sobre 25 por persoa. En Ribadeo, 800 000, iso é, […]


“Fake news, fake economía, fake política… “, por Antonio Gregorio Montes

16-10-19
A propagación da mentira como moda. Coido que esa frase pode ser o resume dun dos fenómenos máis perigosos que está a vivir a sociedade nos tempos que corren. A invasión das fake news, as falsas novas, é un feito. Sempre as houbo, pero a a posibilidade que ofrece a tecnoloxía actual permite a súa […]


“Clientelismo, caciquismo ou outra cousa?”, por Antonio Gregorio Montes

06-10-19
Definicións do dicionario da Real Academia Galega: Clientelismo: Práctica social e política en que se establecen relacións de dependencia entre persoas ou organizacións poderosas e os seus partidarios ou colaboradores, os cales esperan obter a cambio determinados favores ou beneficios persoais. Caciquismo: Fenómeno social e político que se caracteriza polo poder excesivo dos caciques e […]


“O clima? Que clima? Nós!”, por Antonio Gregorio Montes

02-10-19
O pasado 27 de setembro tivo lugar fronte ó concello de Ribadeo, ás 20 horas, unha concentración polo clima. Tempo ten pasado dende que a unha relixión se lle ocorreu meter nun libro, o da Xénese, aquelo de ‘esparcídevos e dominade a Terra’. Aínda faltaba para que Darwin explicara a supervivencia das especies ou para […]


“Atacando á Terra. Unha chamada (máis) de atención”, por Antonio Gregorio Montes

18-09-19
Remato de ver unha gráfica por enésima vez. Por primeira vez decateime dun detalle dun dato que representa. A gráfica, as partes por millón de dióxido de carbono na atmosfera, recollidas nun observatorio limpo de alta montaña nunha illa no medio do Pacífico: Mauna Loa, nas illas Hawaii. A recollida dese dato faise dende o […]


“Das oito da mañá á democracia”, por Antonio Gregorio Montes

04-09-19
Informe positivo do concello de Ribadeo. Enterámonos que foi dado cando a propaganda de ACISA Ribadeo nolo comunica pola prensa para lamentar que non se amplíe o horario de apertura de establecementos nouturnos durante todas as festas ata as 8 da mañá. Coido que unha pregunta que cabe facerse é: a quen ou que consultou […]


“Salvados pola xeografía (e a gravitación universal)”, por Antonio Gregorio Montes

27-08-19
Polo que parece, varias centeas de miles de litros de zorra foron liberados ó río Ouria en Guiar, parroquia dA Veiga, Asturias. Resulta que o río Ouria desemboca no Eo, casualmente, un pouco máis abaixo da captación de augas de Ribadeo, co que en principio libramos dunha contaminación que tería deixado a Ribadeo e Trabada […]


“Despois da loita pola construción da residencia de maiores de Ribadeo”, por Antonio Gregorio Montes

13-08-19
Residencia de maiores en Ribadeo: unha vez rematada e presentada á sociedade ribadense, tras pasar as eleccións fíxose un acto de acollida ós primeiros residentes. E comezou o postparto. Coido que é unha imaxe adecuada: lograr un embarazo pode ser doado ou non, pode ser festivo, pero en calquera caso, necesita dun querer, dunha vontade […]


“Sobre a contaminación no mar”, por Antonio Gregorio Montes

29-07-19
-A conta da mesa redonda sobre “A contaminación no mar” que terá lugar en San Cibrao o 2 de agosto, no marco da primeira feira do libro sobre o mar e a súa cultura, deixo algunhas reflexións sobre o tema.- Nun lugar con seres vivos, que están interaccionando co seu arredor, o medio adecuado para […]


“O libro como ferramenta: asociacionismo e cultura”, por Antonio Gregorio Montes

08-07-19
Co fondo da mesa redonda mantida dentro das actividades da feira do libro de Ribadeo, ‘Letras no Campo’, edición de 2019, deixo algunha reflexión propia misturada con a experiencia de edición da AVV O Tesón (Ribadeo no tempo, a través das imaxes -outro Ribadeo foi posible-, Sobre os castros de Ribadeo, Ría de Ribadeo -cartas-, […]


“Resistente galego”, por Antonio Gregorio Montes

19-06-19
Despois de ver as novas destes días sobre o presunto terrorismo galego, venme á cabeza a pregunta de se se me podería considerar de Resistencia Galega, máis aló de se existe, que parece que non. O que si coido que se me pode considerar, como a moita outra xente, é un resistente galego. Resistente por […]


“Eu si votei”, por Antonio Gregorio Montes

05-06-19
Un sinxelo movemento, dar o sobre á urna, marca unha diferencia de sentir: exercín ou non o poder. Efémero a máis de diminuto entre unha poboación como a Ribadeo ou moito máis aínda, entre unha poboación como a de España, pero aínda así, nalgunha circunstancia, decisivo. En calquera caso, manifestación do desexo de participación activa […]


“Eu non votei”, por Antonio Gregorio Montes

27-05-19
En España, votar ou noné liberdade persoal. Non hai obriga, senón vontade. Iso permite a abstención. Abstención que chega a sobrepasar moito a maioría da poboación nalgunhas mesas electorais, e que fóra de España, nas Eleccións Europeas, tense achegado ó 80% no conxunto dalgún país. Por que non votar? Está amosado que as zonas de […]


“Comparación entre o galego e o vasco en relación a unha celebración”, por Antonio Gregorio Montes

08-05-19
Ribadeo, 7 de maio. Preparando o día das letras galegas, atopamos a unha rapazada marchando pola lingua galega. É o Correlingua, que este ano, na zona de A Mariña, celébrase na vila de Ribadeo. O seu obxecto, a dignificación da cultura galega. A súa organización está baseada nunha distribución zonal, na que intervén a Mesa […]


“Pensando no traballo no seu día: balsa de lodos de Alcoa”, por Antonio Gregorio Montes

24-04-19
Hai un par de días, un amigo guioume polas beiras de Alcoa S. Cibrao a descubrir algúns lugares senlleiros. O máis significativo para min foi a balsa de lodos. Por varias razóns. A primeira, por tomar conciencia presencial de que, ‘iso’ son residuos industriais tóxicos, en cantidades case inimaxinables. A segunda, por confrontar que se […]


“As Catedrais, de xeito periódico: esquizofrenia catedralicia” por Antonio Gregorio Montes

19-04-19
Co valor ambiental e económico, e o movemento ligado ó ciclo anual, xa temos de novo nos medios a ración asegurada de Catedrais. A máis, nesta primavera, hai novidades. Despois da morte dunha visitante por impacto ó desprenderse unha rocha do teito dunha cova, a prohibición de recorrer o alto do cantil, o alucinante dos […]


“Ribadeo: explosión de ciencia”, por Antonio Gregorio Montes

06-04-19
Ben. A conto do título, un apunte: non se trata dunha explosión destrutiva, nin moito menos, senón unha explosión no mesmo sentido que a explosión de flores nos campos na primavera. Da vida que medra, se organiza e aprende a vivir. Chegan estas datas, e un evento esperado ano tras ano polos estudantes de medias […]


“Grande América, pequena Terra”, por Antonio Gregorio Montes

03-04-19
Non, aínda non nos enteramos: o que fai alguén neste pequeno planeta, repercute no resto. Algo lóxico, pero, por estar o efecto de cada acto difuminado entre todo o resto de actos e persoas, algo ó que non se lle presta moita atención. E algo que inclúe dende cousas moi pequenas, individuais, a outras moi […]


“Sexamos supersticiosos”, por Antonio Gregorio Montes

18-03-19
21 de marzo, equinoccio. A partir de agora, ata finais de setembro, os días teñen máis tempo de luz que de noite. Vese máis vida. Tempo de esperanza, a primavera. Este ano, eleccións. Por partida dobre. En plena primavera, tempo no que medra a esperanza do futuro, está programado o acto de elixir o futuro […]


“Que parte de ‘caciquismo’ non entendiches?”, por Antonio Gregorio Montes

18-03-19
Vénseme á cabeza o Ron Cacique, coa etiqueta caracterizada cun indio con plumaxe. O nome de cacique ven do que se lle daba ós xefes locais das comunidades taínas de América, e foi importado na idea de que eses xefeciños facían o que lles petaba nas súas comunidades, pola inexistencia de leis escritas e por […]


“A World Wide Web e nós”, por Antonio Gregorio Montes

06-03-19
Lembroume onte o meu amigo Antonio Andina que hoxe, 13 de marzo, a web cumpre anos. E rescatei un vello artigo meu publicado na rede, ‘O comezo da historia de Ribadeo en internet’, onde queda dito que ámbolos dous puxemos o noso gran de area nesa historia dixital de Ribadeo. O que se celebra hoxe, […]


“Mazás”, por Antonio Gregorio Montes

06-03-19
Lembro coller mazás das árbores. Lembro ver como as mulleres viñan en coche de liña ó mercado a traer os seus produtos, entre eles, mazás. E logo, velas nas tendas… ata hoxe. Hoxe fixeime nun posto tradicional dun mercado tradicional nas mazás. Cinco variedades, todas lozanas, brilantes, todas iguais. Todas, cunha etiquetiña pegada, cun número, […]


Artigo do grupo “Por nuestro faro”

06-02-17
Por boca do alcalde Grazas, sr. alcalde, por facilitarnos o traballo. A alcaldía fixo pública o pasado día 23 unha nota de prensa que asumimos plenamente e lle pedimos que lea como se fora dirixida por nós para vde. Para facilitarlle o traballo, fixemos algúns comentarios: “Eu quero falar das inxustizas e do desamparo ao […]


Na procura de información

25-11-15
Hai xa máis de tres semanas que deixei, en nome de O Tesón como entidade pero en función do acordado no grupo de defensa da illa Pancha, o seguinte escrito no concello: “(…) Expón Que en contestación do escrito enviado o 13 de xullo ó sr. Alcalde (entrada 2015-E-RC-8223) recibiu a pasada semana un escrito […]


Refuxiados? Non! Volkswagen!

27-09-15
As cousas, no seu sitio. Unha crise humanitaria (e polo tanto, tamén social e económica) a nivel continental (ou mesmo intercontinental, segundo como se conten os continentes) non pode facer fronte a unha fraude do fabricante de automóbiles maior (hoxe xa se fala de segundo, ou menos) de automóbiles do mundo. A fraude non é […]


A AVV O Tesón organiza actividades para a observación da eclipse de Sol en Ribadeo

14-03-15
O próximo mércores 18 de marzo a AVV O Tesón ten previsto usar o salón de presentacións da Casa das Letras para realizar unha charla sobre a observación da Eclipse de Sol do 20 de marzo. A charla será a partir das 20.00 horas. Falarase do que é unha eclipse, as características da eclipse en […]


Manifesto da plataforma Ribadeo en Común

03-10-14
Un grupo de veciños e veciñas de Ribadeo plantexámonos -como fan tamén noutros lugares de Galicia e de España- a necesidade de que a cidadanía participe e controle de xeito real a xestión dos asuntos públicos. A nosa iniciativa non vai dirixida contra ninguén, non responde ao interese de ningún partido ou grupo político político […]


Beben y beben y vuelven a beber

07-01-14
Beben y beben y vuelven a beber, los peces en el río … a razón dunhas cantas veces ó día durante un par de semanas (alomenos) os últimos -moitos xa- anos, iso é o que dicía unha e outra volta a panxoliña. Os peixes deben estar xa afogados. Ó comezo deste último conxunto de sesións […]


Santo e mártir

24-12-12
Santo e mártir Parece que en Ribadeo, dende a semana pasada, temos un santo e mártir, ó estilo do santoral clásico. Para compensar, tamén habería un fanático actuando de mala fe en contra do probe do santo. A cousa é que Balbino Pérez foi absolto pola Audiencia Provincial despois de non ter feito caso de […]


Que pasa coa herdanza dos Moreno?

05-01-12
Que pasa coa herdanza dos Moreno? Cen anos despois de que os Moreno comezaran a contribuír a Ribadeo con diversas obras, parece como se foran xa cousa do pasado e Ribadeo non tivera moito interese polo seu futuro. O futuro da herdanza viva dos Moreno e o futuro de Ribadeo. O último episodio, ata o […]


Alumnos do IES Porta da Auga interviron no congreso da Asocación de Ensinantes de Ciencias de Galiza

19-11-11
Nota de prensa: No día de hoxe, sábado 19 de novembro, unha representación de tres alumnos e un profesor do IES Porta da Auga tivo unha intervención no congreso da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia que tivo lugar estes tres días na Fonsagrada. Os tres alumnos, Andrea Vilar Álvarez, Pablo Ramos Muras e […]


16 000 €? Máis ben 160 000 €! (e pico)

11-10-11
16 000 €? Máis ben 160 000 €! (e pico) A AVV O Tesón xa dispuxo as participacións da lotería do Nadal. Cada participación do nº 70 566 vese ilustrada por tres fotos correspondentes a detalles de como quedaron as vidrieiras do cemiterio despois da agresión sufrida hai xa case un ano: a vidrieira mellor […]


A Casa da Ría de Ribadeo acollerá dúas observacións astronómicas os días 10 e 11 de agosto

08-08-11
Nota de prensa A CASA DA RÍA ACOLLERÁ DÚAS OBSERVACIÓNS ASTRONÓMICAS OS DÍAS 10 E 11 DE AGOSTO, SEGUNDO ANUNCIABA ESTA MAÑÁ O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE. Ribadeo, 8 de agosto de 2011. A Casa da Ría acollerá dúas observacións astronómicas os días 10 e 11 de agosto, segundo anunciaba esta mañá o concelleiro de […]


Participando (e IV)

09-03-11
Participando (e IV) ‘Todas as enfermidades da democracia poden curarse con máis democracia’ (Alfred E. Smith, foi Gobernador de Nova York) Despois dunha introducción ‘histórica’ e unha pequena análise ó Regulamento Orgánico de Participación Cidadá de Ribadeo aprobado no pleno de xaneiro de xeito inicial, queda o remate da serie: as disposicións ó final do […]


Participando (III)

28-02-11
Participando (III) Se estás a ler isto despois das entregas anteriores (Participa, coño! 1 e 2), é que tes interese no tema. E un mínimo de información. Polo tanto, xa non se trata de chamar a atención cun titular malsoante, nin de facer ver que a pretendida participación pode ser unha imposición ou comenencia. Trátase […]


Participa, coño! (II)

22-02-11
Participa, coño! (II) Coido que antes de comezar a expoñer algúns cambios desexables no regulamento de participación cidadá aprobado inicialmente no pleno de xaneiro (non todos, senón isto sería demasiado longo), é cousa de ter unha visión xeral do documento. Saltemos cuestións menores, como os diversos formatos do texto, indicativos dun ‘corta e pega’ sen […]


Participa, coño!

14-02-11
Participa, coño! Coido que pode verse claro que o título leva en si unha contradicción. Dende a historia do regulamento de participación cidadá en Ribadeo ata as alegacións que deberan terse en conta, tentarei esbozar en varias entregas algo do que significa unha normativa que é, para a cidadanía, mesmo máis fundamental que o estado […]


Os 10 anos da Wikipedia e O Tesón

06-01-11
O próximo 15 de xaneiro a Wikipedia, proxecto distribuído de coñecemento libre, que se plasma nun conxunto de enciclopedias en internet, cumprirá 10 anos. Entre as enciclopedias ás que deu lugar está a Galipedia, (http://gl.wikipedia.org), consituída xa en referente para asuntos galegos, con máis de 66 000 artigos para consulta e medrando coa colaboración dunha […]


E esta noite os reis traerán …

05-01-11
E esta noite os reis traerán … (Escrito na mañá do 5 de xaneiro) Que che fai falla? Unha residencia da terceira idade? Un pxom? A aclaración do caso das vidrieiras da capela do cemiterio? A ver, … ti que pediches? – xa sabes que para que traian cousas os reis, hai que pedilas con […]


…Non había/haberá unhas vidrieiras…? Ideas para a recuperación

14-12-10
Despois da saír á palestra a denuncia de O Tesón da desfeita das vidrieiras do cemiterio, tal parece que o tema quixérase que pasara desapercibido: un único artigo na Comarca, de Pancho Campos (1), tras o da fin de semana no que saía nos medios a nota de O Tesón (2) e o artigo en […]


Ribadeo ten necesidades adultas

06-09-10
1992: Ribadeo perde a rama sanitaria de FP… un feito, como outros moitos de perdas que leva Ribadeo. Eficiencia na xestión, alégase unhas veces. Aforro de cartos, outras. Non hai xente abonda (conxunto das dúas anteriores, dando un rodeo), aínda outras. Mentres, segue a derrama. Agora tocoulle o turno ó ‘Bacepa’, nome abondo malsoante que […]


Os Cocos, pasado e proxección de futuro

30-08-10
O 16 de agosto de 2010 non foi un día calquera en Ribadeo. Houbo festa e saíron os Cocos, pero a festa sentiuse tamén doutro xeito máis profundo, nun lugar menos festeiro que San Roque, na oficina de turismo. Foi o día de presentación do libro ‘Os Cocos de Ribadeo’, festa esperada con motivo da […]


Ir de xira

16-08-10
Pasou a Xira 2010 en Ribadeo. Xira en portugués aplícaselles ás rapazas bonitas, pero aquí o significado é moi outro: a Xira de Santa Cruz ten o seu nacemento nunha romaría ad-hoc, na que a música de gaita galega, impulsada pola sociedade Amigos da Gaita, tiña a súa pedra angular. É dicir, a diferenza doutras […]


Medio Ambiente de Ribadeo oferta actividades astronómicas e unha ruta de sendeirismo

05-08-10
RIBADEO (FNC) .- A Concellaría de Medio Ambiente preparou diversas actividades astronómicas para a vindeira semana e tamén unha ruta de sendeirismo. Horacio Cupeiro anunciou que “o día 10 de agosto ás dez da noite na Casa da Ría haberá unha xuntanza para contemplar o ceo de estrelas de agosto. A actividade estará dirixida por […]


Os cativos resisten

28-07-10
Ribadeo segue puxante no turismo. A praia de Augas Santas, a célebre ‘as catedrais’, é unha referencia e parece que a costa de tempo e de visitantes, ata se comenten menos erros nas diversas informacións sobre a súa pertenza a Ribadeo. A oficina de turismo está chea día tras día, e nun momento calquera pode […]


Puro teatro

14-06-10
“Os españois teñen perdido a súa confianza nos políticos, o gran problema é a ausencia de ideas”. As verbas, que corresponden a Luis de Guindos, ex Secretario de Estado de Economía, puidéronse ver este fin de semana en varios xornais. Non estou de acordo. Mellor dito, si o estou na primeira parte, en que temos […]


Cabodano sen pena nin groria dalgo que tamén ten afectado a Ribadeo

02-06-10
Ribadeo dista algo máis de 150 km do de A Coruña. Dentro de Galicia, quitado zonas de Ourense, é dos puntos máis alonxados desa cidade. No que vai de século, cada curso académico, polo menos tres dos catro centros de educación xeral de Ribadeo teñen feito unha viaxe didáctica á Casa das Ciencias. Difícil será […]


Preto de 10.000 rapaces de 96 colexios de Lugo conmemorarán os Días da Árbore e da Auga coas actividades da Deputación

13-03-13
A Deputación de Lugo conmemora un ano máis os Días Internacionais da Árbore e da Auga, tras o éxito acadado coa convocatoria do pasado ano. Case 10.000 rapaces de 96 centros escolares lucenses participarán en diversas actividades que se desenvolverán de xeito simultáneo en toda a provincia os días 21 e 22 de marzo. A […]