20091027
Os funcionarios diferentes
Nada raro. Unha sentenza máis, neste caso desfavorable ó concello. Aclaremos: desfavorable ó equipo de goberno, que concello tamén son os reclamantes. Non obstante, resulta curiosa a comparación de situacións entre os casos de Ribadeo e da Veiga; en Ribadeo deuse por válida a subida e negociación tanto de contratados como de funcionarios, mentras que na Veiga non se negociaba a validez do 'vello convenio', senón a reclamación dun novo; en Ribadeo coido que hai unha nube sobre quen reclamou, pois con protestas de persoal, a reclamación foi levada por políticos, mentras na Veiga foi direitamente parte do persoal do concello. E non coñezo os termos nin dun convenio nin os doutro, salvo o que di a prensa, que se soe decantar a falar de cartos máis que doutras cousas, pero considerando iso, mentras que en Ribadeo parece que só se falaba de subidas, abondantes e discriminatorias (o fallo xudicial di que non é así), na Veiga parece que, con subas tamén abondantes, o que se botaba de falta no convenio era o falar de condicións laborais. Convenio o da Veiga que, por outra banda, non se rexeita, senón que se di que os funcionarios teñen dereito a revisalo a só un ano de funcionamento.
Diferenzas que non son doadas de aprezar pola opinión pública (léase 'por quen non esteña metido no allo') deben ser as que marcan os aparentemente diferentes finais que tiveron os xuízos, quizáis finais máis parellos do que parece a primeira vista. E tamén finais (máis ben, todo o proceso) que fan preguntarse o por que dous concellos limítrofes e de características non tan diferentes, fan convenios de xeito independente, multiplicando por todo o estado as negociacións e as diferencias minúsculas nalgúns casos, pero noutros tamén maiúsculas entre funcionarios semellantes. Non o entendo.
20150327
Actos de Semana Santa en Ribadeo
Algunha cousiña máis programada para estes días:
De Ribadeo.org:
Actividades na Semana Santa
26/03/2015O martes, 31 de marzo, será unha xornada lúdica. De 11 a 13:30 horas nova cita cos deportes no Cantón e pola tarde de 16 a 19 horas no parque de San Francisco haberá tirolina, inchables e animación musical e xogos populares. Desde a organización sinalan que "se o tempo non acompaña estas actividades realizaranse outro día".
E o mércores, 1 de abril, de 11 a 13:30 horas volverán os deportes ao Cantón. E pola tarde de 16 a 17:30 horas na Casa da Xuventude os mozos e mozas de 9 a 14 anos poderán gozar dunha actividade de musicoterapia. As prazas son limitadas. As inscricións poden realizarse no teléfono da OMIX: 982 129 889.
CONCERTO DE SEMANA SANTA
Ribadeo, 25 de marzo de 2015. A Banda de Música Municipal de Ribadeo ofrece un concerto de Semana Santa o día 1 de abril, mércores, ás 20.30 horas no Cine Teatro. Nesta actuación a banda ribadense contará coa reincorporación de dous ex compoñentes da formación e ademais debutarán catro novos membros, que son alumnos da escola municipal de música.
O director da Banda de Música Municipal de Ribadeo, David Ballester, anunciou hoxe que “no concerto de Semana Santa vamos tocar obras procesionais e solemnes e tamén outras de igrexa. Pero vai ser un repertorio variado, non vai ser todo obras sacras senón que tamén vai haber outro tipo de pezas, pero si relacionadas coa Semana Santa. Neste concerto temos a sorte de que vamos contar coa participación dalgún músico máis dos habituais, xa que algúns que formaron parte da banda únense outra vez e xente que está recibindo clases na escola tamén se inician na banda e para eles vai ser o seu primeiro concerto”.
David Ballester invita “á xente de Ribadeo e á que vai estar neses días por aquí a que pase polo Cine Teatro o mércores, día 1 de abril, ás oito e media da tarde para gozar o máximo posible dese concerto. Esperamos que todas as obras que vamos interpretar sexan do seu agrado e poder ter o Cine Teatro como no último concerto, Aquí como en Viena, cando estivo cheo ata arriba”.
Tamén de Ribadeo.org:
II Copa Deputación de Baloncesto de Base
24/03/2015Polo tanto, un total de 45 equipos, pertencentes ás categorías inferiores de 22 clubs de toda a provincia, participan nesta nova edición da Copa Deputación de Baloncesto de Base, que comezou a celebrarse o ano pasado por iniciativa da área de Deporte da institución provincial. "Cremos que é un xeito estupendo de potenciar e fomentar o deporte base", sinalou Antonio Veiga.
O concelleiro de Deportes, de Ribadeo, Vicente Castro, subliñou que "unha vez máis poñemos as nosas instalacións a disposición da Deputación e de todos os organismos que queiran organizar aquí eventos deportivos, como foi recentemente, en concreto a semana pasada, o campionato galego individual de ximnasia rítmica. A liña que seguimos dende a inauguración do pavillón é poñer as instalacións deportivas para xerar movemento tanto deportivo como económico en torno a estes eventos. Contamos que nesta fin de semana Ribadeo se encha o sábado de rapaces, pais e nais de cativos de toda a provincia".
600 nenos e nenas de catro categorías
A marxe do meramente deportivo, Veiga lembrou que "esta Copa se puxo en marcha coa intención de potenciar outros factores entre os máis novos, coma os valores deportivos e especialmente a convivencia entre todos os nenos e nenas e as súas familias", apuntou. Asemade, o vicepresidente provincial destacou que "nesta cita participarán preto de 600 nenos e nenas, repartidos en catro categorías tanto masculinas coma femininas, sendo para moitos nenos e nenas a primeira experiencia nunha competición".
A Deputación cubre todos os gastos do torneo
Antonio Veiga salientou que "a práctica totalidade dos clubs de baloncesto da provincia participan nesta Copa, achegando equipos dende todos os puntos da provincia. Deste xeito, estarán representados os seguintes clubs: Burela, Viveiro, Ribadeo, Estudiantes, Maristas, Hierros Ferreiro, Galén, Martínez Otero de Foz, Franciscanos, Divina Pastora, Sarria, Sagrado Corazón e Lourenzá-Mondoñedo", remarcou. Veiga destacou que "a Área de Deporte da Deputación corre cos gastos de manutención e transporte para todos os equipos e todos os participantes. Ademais, cada equipo, é dicir, os 45 inscritos recibirán un regalo de material deportivo e cada xogador terá un detalle de participación, así como os trofeos para os equipos finalistas", avanzou.
Pavillón funcional e adaptado ás necesidades do evento e dinamización hostaleira
O responsable da Área de Benestar e Deporte lembrou que "Ribadeo ten un espazo para acoller este tipo de competicións grazas ao esforzo económico realizado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación neste mandato, onde investimos 2’5 millóns de euros para a construción deste novo pavillón totalmente funcional e adaptado", afirmou. Finalmente, Antonio Veiga tamén sinalou a "dinamización económica que supón para a hostalería de Ribadeo, xa que o sábado serán moitos os pais e nais que se achegarán a ver os partidos e, polo tanto, consumirán nos bares e restaurantes da vila", rematou.
E máis:
20080607
De rías e xentes


Pódese comparar a ría de Bilbao coa ría de Ribadeo? Quita de aí!.
Por desgraza e ata o presente, unha semellanza comparativa se podería dar tamén coas xentes que poboamos a ría de Ribadeo e algúns outros conxuntos poboacionais. Sen querer dicir por eso que sexamos peores (ou mellores), pois todos somos primeiramente persoas, e na multiplicide de aspectos nos que se poden comparar as persoas, nuns sairemos ganando, pero noutros, perdendo. O caso é que as xentes da ría sempre tiveron rivalidade. Non só entre beiras, senón mesmo dentro dunha beira entre poboacións. Lémbrome con certa frecuencia de aquelo de 'Castropol, corral de vacas, As Figueiras, de Cabritos, A Veiga, de lacazáns, e Ribadeo, de señoritos'. Supoño que nos outros pobos terán ditos parellos a o mentado de Ribadeo (que por certo, non deixa ben parados a ningń dos pobos, nin a Ribadeo, se comparamos polo miúdo o que é un lacazán e o que é un señorito). Por suposto non deixo de lembrarme da polémica sobre o nome da ría de Ribadeo, enxendrada polo Eo o mesmo que lle pasa ó extremo sur, onde leva o nome de ría de Abres, homónimo daquela poboación. Esas controversias e rivalidades van seguir existindo (a última fase ata o momento pode verse hoxe mesmo no blog Vida político-social de Ribadeo). Por sorte, parece que se ven cada vez máis compensadas por colaboracións e sinerxias. Así sucede co caso da nave no peirao de Mirasol, onde pode que a postura máis efectiva non sexan as declaracións do concello de Ribadeo, nin a cacerolada ou a forte oposición dos veciños, senón a clara oposición do goberno asturiano (aínda que esteña trufada de entendementos coa Xunta e tintes políticos diversos).
Así, na última xuntanza mantida para tentar que a xente non se desmobilice crendo que xa está resolto que a nave non se vai construír (cando na realidade o que está claro é que non se avanzou na resolución do tema polo momento, á espera de prazos administrativos), apareceu un tema tamén relacionado co medio ambiente, pero esta volta na parte asturiana. Menos impactante, pero tema ó fin que xa deixei dito que podería servir ata de moeda de cambio entre os gobernos autonómicos. Respecto a isto, o primeiro é aclarar algo do que puxen nas entradas que remato de ligar: trátase dunha nave no porto da Veiga. Porto que está encadrado dentro dos límites territoriais do concello de Castropol, que chega ata pola parte sur da vía do ferrocarril ó atravesar a ría. Por iso as cartas están dirixidas ó Concello de Castropol e non ó da Veiga.
Tampouco se aclara moi ben a súa posición. Coido que a imaxe, capturada dende o Sigpac, é abondo ilustrativa do tema. Aparece a súa posición de xeito aproximado, e tamén a súa extensión, redondeando, uns 2000m2. Cunha altura duns 10-12m, que a fan equiparable a unha nave algo maior que a maior das actuais no porto de Ribadeo (ver a outra captura, onde se ve que a superficie da maior nave do porto ribadense é algo menor en extensión. Por certo, a falta de actualización do Sigpac permete o ver o porto como hai uns anos, sen o último recheo ata a actualidade). Todo o que se ve na imaxe, á parte dereita da ría, é concello de Castropol, aínda que case quede na núcleo urbán da Veiga. Na toma tamén se pode observar a filigrana que forma a outra beira da ría, xa en Galicia, e que foi tentada fixar con empalizadas hai xa moito tempo. O caso é que agora a protección medioambiental abrangue da estrada á auga, e o porto estaría dentro desa zona de protección. Ata que punto por ser porto? Non mete piares na auga, pero o certo é que esa zona na actualidade de industrial ten pouco, e menos de zona de vivendas. Engádase ó anterior que se lle atribúe o alcalde castropolense 'se hai que dragar, drágase' (o que si entraría en zona protexida, e que sería normal, dado que se pretende a construcción de barcos de ata 35m de eslora), e xa temos o problema que están a combatir Adega e Jesús Estébanez: ó fin, para iso están a facer unha draga para a ría en Navia (igual que por aquí xa houbo unha 'Nalona', chamaranlle a ista nova 'Ribadense' ou 'Eoña'?). Vexo un problema engadido: a defensa de Adega pode ser usada políticamente no principado como unha inxerencia galega/dos poderes galegos (lémbrome como, na manifestación dontra a mina de ouro en serantes, o alcalde de Tapia, referíndose a min dixo algo así como 'non fai falla que nos veñan salvar os galegos')
O caso é que uns e outros estamos a facer unha enchente da ría. Nas novas, si, pero por desgraza sobre todo no seu volume físico. Aínda que de diferente tamaño, dous galpóns, peiraos, embarcadoiros, recheos (só para lembranza, o último recheo de Ribadeo foron 8000m2, e o anterior, 20000m2 sobre unha extensión total da ría de Ribadeo duns 8,5km2, ou sexa, 8500000m2), ... cando dende hai anos está en programas políticos o de 'nin unha pedra máis na ría'.
Que podemos engadir? Que se fala asemade ('corren rumores') de que Castropol-concello-alcalde vería ben un fondeadeiro na enseada de Vilavedelle (Seares)?. Coido que é preferible insistir en que na actualidade a sensibilización social sobre as agresións á ría é moi forte (algo que se nota cando te preguntan pola rúa sobre o tema), e que iso é un factor de unión, por exemplo, para pedir xa un Plan de Ordenación de Recursos Naturais para a ría. Hoxe hai xuntanza de alcaldes da Reserva da Biosfera con motivo da Silvallana, na Veiga. Ocorreráselle a algún deles o poñer en marcha a burocracia para levar adiante o plan?
20150204
A Residencia de maiores de Ribadeo, a día de hoxe
Un resume das verbas ditas polo alcalde e polo vicepresidente da Deputación Provincial pode verse na web do concello, (ou embaixo transcritas dende esa web). Tamén falou o Presidente da Comisión Veciñal, José Mª Rodríguez, verbas que quedan resumidas no que el mesmo aporta:
Visita as obras da Residencia
Nesta tarde do día 4 de xaneiro a Comisión pola Residencia xirou unha visita ás obras da Residencia. Guiados polo arquitecto municipal fomos comprobando a marcha das obras, a ubicación dos locais que compoñen a Residencia e tódolos avances que se fixeron desde que as obras comezaron.
Todos quedamos moi satisfeitos do bo ritmo das obras e dos traballo da empresa construtora. Marcha a moi bo ritmo e con gañas de acabala neste mesmo ano, cousa que non vai a ser posible porque hai que cumprir os prazos acordados pasa a entrega dos pagos que están suxeitos a uns determinados períodos.
Vamos ter unha boa residencia en Ribadeo. E todo gracias ós veciños, o alcalde e a colaboración dos portavoces dos partidos políticos. Non se pode dicir o mesmo da colaboración do goberno da Xunta porque foi nulo.
A pesares de ter a Xunta a obriga e as competencias da atención a terceira idade, nunca deron resposta as moitas peticións que os veciños lle fixeron en demanda de axuda. Como si non fosemos galegos. Sempre que chamamos as súas portas, oídos xordos. Dentro de poucos meses ben seguro que os gobernantes da Xunta virán a chamar as nosas portas pedindo axuda para poder seguir a gobernar. ¿Estarán dispostos os veciños a abrirlles as portas? Ben seguro que se han de acordar daquel refrán que di: “Mans que non dades, que esperades”?
Mentres, algún dato máis? 590 000 € invertidos no 2014, 700 m2... A residencia levará unha altura de teitos de 2,40 m nos pisos e 3 m na planta baixa, contará con 3 ascensores (2 de uso xeral +1 como montacargas). As habitacións (dobres) contarán cun gran ventanal ó exterior, encadradas no espazo entre columnas que se pode ver na foto, cun corredor de distribución entre elas de 2,50 m de ancho... embaixo tamén están os planos para lembrar.
Residencia de maiores
04/02/2015O convenio asinado entre o Concello de Ribadeo e a Vicepresidencia da Deputación prevé achegas da institución provincial por un importe de 1.828.000 euros que se concretarán en catro anualidades até 2016 (no orzamento de 2013 consignouse para a residencia da terceira idade de Ribadeo unha subvención excepcional de 528.000 euros, no orzamento de 2014 reserváronse 500.000 euros para o mesmo fin, e estableceuse unha previsión de crédito de 600.000 euros para 2015 e de 200.000 para 2016). O vicepresidente da Deputación destacou que esta residencia non só dará servizo a Ribadeo, senón tamén a concellos limítrofes. Esta infraestrutura, que se está a construír na parcela onde se atopaban as antigas vivendas de profesores e un dos inmóbeis colindantes, entre as rúas Paco Lanza e Alfredo Deaño, supón un investimento aproximado de 2,3 millóns de euros e está deseñada para atender a entre 44 e 46 usuarios e usuarias
Antonio Veiga criticou que "ten que ser a Deputación quen asuma a construción desta infraestrutura cando é a Xunta quen ten as competencias na materia". O vicepresidente nacionalista na Deputación denunciou que "a Xunta de Galiza desatende as súas obrigas en materia de benestar social" pero dixo que "co apoio da Xunta ou sen el, Ribadeo terá residencia da terceira idade".
O alcalde, Fernando Suárez, indicou que "a obra está indo razoablemente ben a pesar da meteoroloxía e a pesar de que hai un tempo tivemos que pedirlle á Deputación que nos trasladase unha parte da anualidade do 2014 que non éramos quen de chegar a executar e xustificar naquel momento, pero a previsión inicial de remate da obra segue intacta, dende o primeiro momento. É previsible que a principios de 2016 estean rematadas no que ten que ver co continente. E xa a Corporación que entrará a mediados deste ano 2015 terá que resolver sobre o contido para 2016: as camas, os aparellos, etcétera".
O rexedor lembrou que "por parte do Concello de Ribadeo, de todos os grupos da Corporación e das asociacións de veciños quixemos que Antón Veiga, como representante da Deputación Provincial de Lugo, que é a única institución que nos está axudando a día de hoxe sen prexuízo de que outras podan colaborar tamén, aínda que tamén é certo que o tempo vai pasando, viñese ver como o diñeiro público que xestiona a Deputación de Lugo se está empregando ben aquí para tantos e tantas veciños e veciñas. Un deles agora mesmo me estaba preguntando cando podía anotarse para entrar na residencia, ao que lle contestamos que primeiro vamos acabar a obra e despois xa veremos". E engadiu: "pero o certo é que está indo todo razoablemente ben e simplemente hai que lamentar ausencias, porque nos gustaría convidar a personalidades doutras institucións para que estiveran aquí connosco, pero o dito manos que no dais, que esperáis segue vivo lamentablemente".
E pola súa banda, o voceiro da comisión pro residencia de maiores, José Mª Rodríguez, dixo:"atopámonos moi contentos pola marcha que están levando as obras, pois non están sufrindo atranco ningún, colaborando tanto os portavoces dos partidos políticos como a Deputación nesta como unidade de destino que é a residencia como obxectivo para os vellos de Ribadeo. Unicamente a pena que estamos tendo, e así percibo os comentarios pola rúa, da ausencia da Xunta como se Ribadeo fose un cantón chino, sendo que teoricamente debía ser o goberno de todos os galegos, pero ten marxinado a Ribadeo completamente e non se lle albisca que poña a mirada en nosoutros para nada".
Rodríguez insistiu en que "evidentemente confirmo o que dicía o alcalde de que hai moita necesidade, porque xa é moita a xente que me para pola rúa para preguntarme cando se pode apuntar un para vir para a residencia. Polo tanto eu felicítome e felicítoos a todos por como vai indo e espero que todo acabe ben, se pode ser coa colaboración da Xunta e senón faremos o posible para que sexa".
Á visita cursada ás obras de construción da residencia de maiores de Ribadeo acudiron os portavoces dos grupos municipais no Concello; a edil de Servizos Sociais, Teresa González; o alcalde, Fernando Suárez; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; varios membros da comisión veciñal; o arquitecto municipal e o director da obra.'
51 entradas no blogue sobre a residencia, ordeadas de máis próxima (esta) a máis vellas, fotos anteriores incluídas.
20230902
Na Veiga medran as inundacións
1 de setembro de 2023. Coeficiente de marea: 111. Coincide antes da pleamar das sete da tarde unha pequena (podía ser abondo peor) tromba de auga na Veiga. E unha presión que se mantivo boa parte do día, incluído a marea baixa, por baixo dos 1009 hPa. Resultado: inundación.
Non é novidade que chegue a auga ás rúas da Veiga. Non é novidade que o cambio climático, co aumento de temperatura, a máis de derreter glaciares que van parar ó mar aumentando o nivel mariño, tamén dilata a auga co aumento da temperatura media, o que sube o nivel, segundo estudos, a razón duns 3 mm por ano (e acelerando). Así, de non tomar medidas, as inundacións por mareas vivas vólvense máis frecuentes e agresivas.
Unhas fotos que chegaron a min a través de Suso Fernández, Pancho Campos e Mati González. Primeiro, en Ribadeo, o peirao de Mirasol sitiado pola auga, que chega a sobrepasar a beira nalgúns lugares:
E, o segundo, as inundacións da Veiga. Non moi grandes, pero un aviso máis de algo que pode suceder sen ir máis lonxe, o día 30, coa próxima marea viva cun coeficiente de 113, a falta de saber presión, chuvia e intensidade e dirección do vento para esas datas:
Así que, na espera de que o 30 de setembro haxa un coeficiente de 113...
20070929
Tentando aprender dos demáis: mareas vivas na Veiga
Onte coincidín na Veiga (enténdase, Veiga de Ribadeo, segundo consta no seu palco da música de hai un século) pouco despois do máximo de marea alí (que é despois do máximo de marea en Porcillán, ó igual que este éo un pouquiño despois do máximo na illa Pancha) e puiden observar como aínda estaba algo ainundada a zona baxa do aparcamento coa auga que saía das alcantarillas. Hai que lembrar que a Veiga se fixo en grande parte sobre zonas que de non estar construídas, hoxe serían marismas e xuncais, e que os ríos foron desviados e canalizados. A auga, un líquido, estúdase no colexio que non ten forma fixa, que se adapta ós recipientes, e esquécese dicir que polo tanto, cando hai moita, pode rebosar tamén con facilidade. Se onte fora un día chuvioso, xa estaba cantada a inundación. Aínda así, o día anterior manifestáranse 500 persoas en contra do deslinde de costas, pois queren aproveitar máis xuncais para dar unha expansión ó pobo, expansión que tildan de 'mantible'. As fotos dan idea da mantenibilidade en marea alta.
Despois de ver o que amosan as fotos, vin os carteis para a manifestación e os planos (en post a parte), e aínda agora estou pensando se enentedería ben e a manifestación non sería para pedir a costas que o deslinde incluíra pra o futuro tirar edificios xa construídos. Pero parece que non.
20110605
Asamblea cidadá da Mariña e Occidente na Caridade (20110604)
![]() |
| 'primeira lectura' |
Alusións á diversidade dos presentes pero cunha maioría de cousas que unen e o obxectivo claro de variar o sistema; á acción más que á cita de palabras, que hai moitas, todas interpretables para o caso; á existencia de bo rollo como clave para unha transformación; a que non chega co bo rollo, senón a honradez; honrados si, pero burros non; lembranza de que existe unha crise; alusións a que en comezo había menos xente que na asamblea anterior, en Navia, e discusión sobre a itineracia da asamblea e horario, determinando que o próximo día de asamblea fóra o sábado ás 20:00 na praza do concello na Veiga; alusións a que o seguinte máis podía ser en Ribadeo, e, para favorecer a asistencia, algunha mesmo se podería desenvolver nunha praia. O nome en relación ás idas e á definición do que é o movemento... rama de discusión que naceu morta, típica discusión que se sabe que vai sair e morrer, pero que é necesario pasar nun proceso dentro da heteroxeneidade de xente. Impostos ós ricos do 1% (hai mecanismos que permiten algo diso, fronte a taxas altas noutros lugares), un límite de interese máximo imposto ás entidades financieiras esta mesma semana (que favorece ós grandes bancos, encabezados por Botín), índice de Gini de 36 en España en 2010 (+2 de desigualdade só no último ano) ...
![]() |
| a media tarde |
Tamén quedou clao que se necesita organización: xurdiu a típica discusión sobre cargos e funcións: funcións si, rotatorias, cargos non, pero non quedaron etablecidas máis que posibles funcións, non o reparto das mesmas, algo que quedou para a asamblea da Veiga.
Houbo unha pequena discusió sobre a falte de medios de difusión na asamblea, pero segundo parece avisáronse aínda que non estiveran. Quedous een difundir asemade o tratado na asamblea, no blog creado a tal efecto e no grupo en facebook.
O establecemento dunha serie de normas de funcionamento para a asamblea quedou para o próximo sábado, xunto coa difusión de por que se está alí entre a xente que acuda á feira de mostras da Veiga. Para isto último, acordouse que a xente participante levara impreso algún documento en folios e/ou algún cartel, paa favorecer a difusión, tendo ademáis en contra que o barullo nunha festa (e a veiga stá coa feira de msotras) fará inaudibles moitas das verbas que alí se digan (espérase ter megafonía; se non pode ser un desastre)
Léronse algúns puntos traídos da asamblea de Sol e quedou craro que a paciencia é algo fundamental nun movemento que, a nivel Mariña-Occidente, está en pañais, e que se debería ater ó principio de democracia real, pero tendo en conta que dentro do movemento xeral existen tendencias particulares e non se está por divisións entre os poucos que acudimos.
En resume, avance pouco a pouco, pero avance...
20110813
De nomes, historia e futuro
Sabido é que a ría de Ribadeo ten ese nome, outorgado de antigo e respaldado pola entidade xurídica encargaa hai tempo.
A conta dunha visita á Veiga, rescato un cambio de nome próximo no que Ribadeo perdeu a referenza correspondente: o caso da Veiga, antes Vega de Ribadeo a na actualidade Vegadeo. Hoxe mesmo se pode ver na vega unha exposición sobre a historia da educación no viciño concello, e entre outras moitas referenzas:
![]() |
| 'Al ayuntamiento de Vega de Ribadeo, Vega de Ribadeo, 1915' |
![]() |
| En documento do concello de 'Vega de Ribadeo', en setembro de 1915 |
![]() |
| En 1919 xa se usaba 'Vegadeo' |
![]() |
| Pero en 1924 aínda había selos en uso, en organismos oficiais, indicando 'Vega de Ribadeo', e na actualidade, o quiosco da música veigueño segue tendo un cartel con 'Vega de Ribadeo'. |
... algo parello ó que está a pasar coa ría de Ribadeo: Hai un nome, é histórico, está certificado pola comisión de nomes xeográficos, pero determinados poderes, na procura de rentabilidade (por exemplo política vía enfrontamento), que instigan o seu cambio. Que pode supor ese cambio para a ría? Para Ribadeo supón unha menor visibilidade do seu nome, pero para a ría supón unha falta de querencia da principal poboación do seu entorno, sen un aumento correspondente do resto, e previsiblemente, se agora hai problemas de xestión, de acordo, sobre a xestión, no futuro non tenderán a diminuír cun cambio así, precisamente por ese desapego.
A historia está, o nome está, o futuro ... o futuro? É algo máis que un capricho.
Algunha cousa complementaria:
![]() |
| Ditame da Comisión de Nomes Xeográficos (2008) |
Programa de traballo da 'Comisión Geográfica Nacional' do 'Consejo Superior Geográfico', incluíndo o estudo do nome da ría.
Ría de Ribadeo, nas indicacións e exemplos para a cartografía MTN 25. Máis sobre a ría de Ribadeo.
20100504
Extensión á Veiga
Non é que non haxa lexislación, é que non se cumpre. E, ó igual que no caso de 'salvamento' dos bancos quen pon os cartos e se fastidia non son os bancos, neste caso tamén dubido que sexa o local quen aporte os cartos e moito menos, sufra as consecuencias do ruído.
Supoño que pronto se saberá máis do tema.
Por certo, a conto do tema, descubrín que mañá botan na Veiga 'Los muertos van deprisa', no auditorio, ás 20:00.
20150218
Lembrando dous libriños (e II). Artigo de Evaristo Lombardero
Nas páxinas 18 a 22 e na 58 e seguintes trátase sobre sedimentación. Descríbense unha serie de procesos físicos, correntes, tipos de sedimentos, orixe das partículas, etc. Sen embargo, agás algunha referencia colateral, o impacto das obras, recheos, escollera, ponte da Veiga, ferrocarril, Ponte dos Santos, autovía, etc. semella que non existe nin existiu nunca. A perda de calado en moitos puntos, a práctica desaparición do canal das Figueiras e a constante degradación causada pola intervención humana non aparecen por ningures. Lembraremos que no ano 1 933 subiu ata A Veiga o Castro Alén, un barco de 1 300 Tm a cargar madeira. Aínda nas décadas do 50-60 do século pasado chegaban A Veiga o Pitas, o Porfirio Díaz e outros barcos que andaban polas 300-600 Tm.
Na páxina 13 (introdución) aparece un relatorio das normas de protección da ría de ámeto estatal, internacional e do principado de Asturias, algunhas con erros nas datas de calificación, pero omite a declaración de Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral da Xunta de Galiza (Decreto 157/1995 da Xunta de Galiza). Mesmo tampouco se cita o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais ou Plan de Uso de Xestión, preceptivo dende 1989 e sen comezar ate hoxe.
Páxina 32: 24 liñas para describir polo miudo o muíño de mareas de Berbesa. De seguido lese a seguinte frase: Existen ruinas doutro muiño na enseada da Vilavella, na beira lucense. Sen comentarios.
Páxina 108: onde se comentan as características da ría por fóra da Ponte dos Santos. No parágrafo segundo pode lerse a seguinte aberración: As augas adoitan estar tan axitadas coma no mar aberto, polo que os procesos sedimentarios son aquí de escasa entidade, so paga a pena destacar o depósito de areas na Praia de Arnao. A comparación das cartas mariñas oficiais do Instituto Oceanográfico de 1986 e 1996 revela que a realidade é exactamente a contraria, a sedimentación foi intensísima nos últimos 25 anos, posiblemente trala construcción da escollera e da Ponte dos Santos. A perda de calado na boca da ría, no Boi, en Arnao e en todo o tramo exterior da ría é tan evidente que non merece mais comentarios.
En resumen unha ría de papel couché, como os libros, editados sen aforrar gastos, fotografías a centos, montaxe perfecta, pero os contidos están moi lonxe da realidade.
Evaristo Lombardero Rico
20060201
A voltas coa ría de Ribadeo

A polémica sirveuse na cumpre interautonómica: ría de Ribadeo? non, ría do Eo, Touriño dixit. E en Ribadeo xa están co tema de en troques de traballar pola ría, traballar polo nome. Na sociedade actual, o que se representa ten unha importancia maior do que se fai. Pero é triste comprobalo unha e outra vez.
Eu defendo o nome de Ribadeo para a ría, por moitas razóns, pero coido que o mellor que podo facer por ela non é chamala, senón facer cousas por ela e repetir o nmoe que eu coido que debe ter en cada unha delas. Paréceme o xeito de progresar e ademáis, de que o que un pensa vaia adiante.
estes días ademáis estou sensibilizado polo tema dos nomes: nunha lista sobre aprendizaxe-e defendín precisamente ese nome (o correspondente castelán) para referírmonos ó que en inglés se chama e-learning, e vaia a que se armou. Tanto que cunha especie de nota de despedida deixei a discusión, pero usando, eso si, 'aprendizaxe-e' no título da mensaxe...
Así que, voltando co tema da ría de Ribadeo, non se chegou a moito, se deixamos a unha beira o emprego dun nome que non lle corresponde e a futura creación dunha comisión (... xa dixen outro día o que pensaba das comisións 'con mandato xeral'). Non se dixo nada de limpala, de non facer recheos, de protexer os tesóns, ...
--
* Un artigo escrito por min en xaneiro do 2005 a conta das I xornadas sobre a ría celebradas na Veiga (si, en A Veiga de Ribadeo, que de aí lle ven o nome ó actual Vegadeo como se pode comprobar aínda no su templete da música no parque) e que nestes momentos non sei se foi publicado ou non.
Sábado 22 de xaneiro. Camiño á Veiga, vexo a ría a medio encher con patos agrupados aló, no extremo da marisma descuberta. Nun día despexado, unha paisaxe idílica viaxando para unha das charlas das xornadas sobre a ría (Jornadas sobre la Ría del Eo, Vegadeo) despois de pasar preto da praia que forma o novo recheo no peirao ribadense.
Ó entrar no local, foi unha sorpresa a ausencia de xente de Ribadeo. A causa non a sei, pero non deixa de ser chamativo que a principal localidade da ría esté prácticamente ausente do patio de butacas (polo demáis cunhas corenta ou cincoenta persoas).
Antes de comezar a charla, dame tempo de recoller o material, vexo o patrocinio do 'Oscos-Eo' e algúns folletos, entre os que están un adicado ó Convenio Ramsar e outro titulado 'observando aves en la ría del Eo' a máis do díptico das xornadas e outras informacións. Dende que no IES Porta da Auga, hai xa dez anos, se fixera un vídeo sobre a ría, atopo nesas oito páxinas sinxelas en tamaño A5 do 'observando' a información de máis entidade sobre o tema á que tiven acceso. Na portada, un esbozo pictórico da ría na que se notan as instalacións portuarias de Ribadeo, aparecendo aínda a dársena norte de Mirasol. Penso: é posible que sexa a última publicación na que vexo ese detalle.
Nos papeis aparece a visita en barca á ría, indo ata Castropol en autobús, o que me lembra as fotos de barcos atracados ó peirao veigueño. Indago e atopo o dato: a visita non se asomou á darsena que se está a rechear.
Deixando polo momento o Convenio Ramsar, comeza a charla 'Los espacios protegidos. La Ría del Eo'. O conferenciante, da Consellería de Medioambiente asturiana, comeza aclarando que fará unha revisión histórica dos espacios naturais a nivel nacional e asturiano para centrar o tema da ría. Polo medio, sae que non se creou unha figura de protección para a ría por desacordo entre os gobernos galego e asturiano; en consecuencia, o fín tampouco se fala sobre a ría. Preguntado ó final polo 'desacordo', hai unha resposta entre acusadora e evasiva: é absurdo crear unha figura para a parte asturiana e non para a parte galega. Parece que a perspectiva política ou económica das institucións das dúas beiras non coincide. Tema pechado. Outras preguntas que inciden de xeito máis lateral sobre o tema non aportan máis datos.
Volto coa sensación de que a nivel político nos organismos autonómicos non se teñen as ideas moi craras (é dicir, nas que se crea e defendibles por eso mesmo), nin aquí nin aló, sobre a ría. E que non coinciden as perspectivas nos diversos estratos, institucións e empresas por unha beira e pobo pola outra.
Mentras, veremos nuns meses como ata uns 70.000 m3 de area do tesón son pasados a solo para camións mentras a lonxitude de peirao se reduce en 100 m. Animo a ver o progreso das obras (non de Ribadeo) ... para poder lembrar e tentar de non repetir o mesmo erro outra vez máis.
20230925
Na Veiga, pola paz

Foto de Suso Fernández
Este sábado, a concentración pola paz desprazouse ata a Veiga. Itinerante, o próximo último domingo de mes (día 29 de outubro), a concentración terá lugar ás 12:30 diante do concello de Ribadeo.
Ben, na Veiga unha trintena de persoas do occidente asturaiano e a Mariña lucense reunímonos para pedir activamente a paz. Para tentar axudar a construíla. Lin e fixen un pequeno comentario do resume que realizou Suso Fernández, logo dixo unhas verbas Evaristo Lombardero sobre o movemento da paz na zona e as actividades cara ó futuro e log unha persoa de Navia falou da posibilidade de rachar coa financiación armamentista polo uso de institucións como a 'Banca Ética' Fiare.
O que lin e o comentario:
LA PLAZA
Gil-Manuel Hernàndez i Martı́
En el sistema capitalista, los Estados están controlados por las élites económicas, los Estados capitalistas más poderosos tienden a ejercer su dominio colonial sobre los paı́ses más débiles, imponiendo su influencia económica a la fuerza
Por otro lado, la “guerra contra la vida” se convierte en una metáfora para describir cómo el capitalismo, impulsado por la competencia, el deseo de crecimiento y la búsqueda incesante de beneficios y sobre todo el mito del progreso, para sostener la vida en la Tierra.
Esto nos lleva a fenómenos como la explotación y privatización de recursos naturales, la contaminación y degradación ambiental,o el desplazamiento de comunidades indı́genas.
El capital genera guerra y la guerra genera capital. Ambos factores son inseparables.
A qué denominamos La guerra mundial crónica
A partir de la segunda guerra mundial la llamada Guerra Frı́a se desarrolló como una serie de conflictos armados periféricos entre el capitalismo de mercado liberal y el capitalismo de estado “comunista”
Tras la caı́a del Muro de Berlı́n parecı́a que la idea del “fin de la historia” habı́a prevalecido. Pero surjieron crisis economicas y sociales al tiempo que se agravaba la crisis energética. A partir de 2014 estallaron nuevos conflictos bélicos o se intensificaron otros previos y se fueron internacionalizando. Tal fue el caso de la Guerra en Siria e Irak, las guerras del Sahel en África occidental, la Guerra en Yemen, la Guerra de Libia,las tensiones entre China y Taiwán,Israel y Palestinos, Marruecos y el Sahara y la guerra que estalló en el este de Ucrania con la anexión de Crimea por parte de Rusia y los combates entre fuerzas ucranianas y separatistas prorrusos en las regiones de Donetsk y Lugansk.
Estos conflictos podrı́an haber constituido el prólogo de lo que algunos analistas consideran como el inicio de la Tercera Guerra Mundial, desencadenada por la invasión rusa de Ucrania el 24 de febrero de 2022.
No obstante, es crucial subrayar que gran parte del mundo aún no es plenamente consciente de esta situación, tal como ocurrió en las guerras mundiales anteriores.
La guerra mundial en curso es tanto una consecuencia como una causa de una feroz competencia por los recursos esenciales para el mantenimiento del sistema.
Los impactos de esta situación pueden ser demoledores para las poblaciones civiles, con un aumento de las hambrunas, el abandono, la mortalidad y un sufrimiento generalizado. Además, se corre el riesgo de que se intensifiquen los conflictos étnicos y sectarios, y de que se acelere la degradación social de vastas regiones del planeta con el uso de armas de destrucción masiva.
Este contexto bélico también agrava el daño a la biosfera y acelera el cambio climático, contribuyendo a una catástrofe ecológica de dimensiones alarmantes.
La guerra que está en marcha se asemeja, en realidad, a una Tercera Guerra Mundial crónica, que podrı́a describirse como un conflicto global continuo, a modo de guerra civil global permanente.
Aunque nunca se debe descartar la posibilidad de una autoaniquilación a gran escala mediante el uso de armas nucleares. Algo que las élites mundiales han evitado históricamente para mantener su estructura de poder.
En una guerra mundial crónica, la lucha se puede prolongar por un perı́odo de tiempo significativamente más largo e indefinido que las dos guerras mundiales anteriores. Puede extenderse durante décadas. Involucrarı́a múltiples paı́ses, alianzas y frentes de batalla cambiantes en diferentes regiones del mundo.
Es muy probable que una guerra mundial crónica provoque una crisis humanitaria permanente, con millones de personas desplazadas, falta de recursos básicos y sufrimiento generalizado. El conflicto tendrı́a un impacto desastroso en la economı́a global y el agotamiento de los recursos materiales y financieros de todos los agentes implicados. Y propiciarı́a todo tipo de radicalismos y extremismos, con miles de millones de personas traumatizadas por la violencia permanente y la inseguridad constante.
En resume, as guerras non poden collerse illadas, non nacen sen unha semente, sexa a ambición dun grupo ou país, a desigualdade, a falta de liberdade ou o que sexa, e os seus efectos non quedan reducidos ó seu tempo e espazo, senón que impregna a sociedade e están entretecidos coas outras crises, sexa a climática, a medioambioental, a de recursos ou a social.
En fin, un paso pequeno na tentativa de construción da paz.
20091203
A banda ancha ven pola vía estreita
Ata aquí, vale.
Que vai supor? Que puntos atrasados na implantación de acceso a internet se poñan ó día. Pero non que se poñan por diante. Non a gratuidade da que falaba hai pouco aquí en relación coa Guarda (Pontevedra). Si a subvención dunha empresa privada por un organismo público. Das condicións parece que se falará máis adiante.
Si se da un paso adiante: vese a necesidade da infrastrutura de comunicacións electrónicas.
Un dato máis: a idea parte, parece ser, da chegada do cable á Veiga. Estaba previsto para Ribadeo, por R, pero do que se fala é da chegada antes á Veiga. Será un erro? De calquera xeito, a empresa galega é unha das dúas consideradas (amplo espectro para elixir), sinal de que a chegada dela a Ribadeo non está lonxana a pesar de todo, e que a poboación terá pois unha posibilidade efectiva de elección no tema de subministro de telefonía fixa e internet, fora da rede de telefónica.
Pouco a pouco, vaise achegando a modernidade.
20230403
Chío dende Ribadeo
Remata de saír o número de abril de Chío, revista dixital da capital provincial na que Ribadeo ten un oco. Neste caso, este:
Chío dende Ribadeo
O seu límite con Inglaterra, mar por medio, fai de Ribadeo non só un lugar de fronteira (múltiple) senón tamén de encontro e cosmopolitismo. O mar leva sećulos comunicando esta terra co resto do planeta. E hai que dicir que, se ben por toneladas de mercadoría as contas estén en máximos nestes século, por importancia comercial hai máis de dous séculos que se manexaba o liño ou o Kummel báltico, embarcado alí en embarcadoiros co nome de Ribadeo. Un porto ao abrigo da ría de Ribadeo que é unha xoia no Cantábrico, cunha historia que inclúe o asentamento do bispado, que veu e volveu, a Mondoñedo, un entorno ó que se lle chamou Terras de Ribadeo e unha ría que a máis de levar o nome de Ribadeo polo mundo, contribuíu a sacar ferro de Vilaoudriz ou a acubillar naves da vencida invincible.
E si, tamén fronteira. Unha fronteira en retroceso dende hai tempo, hai xa moitos séculos, do que a lenda conta que se cambiou o territorio eonaviego por unha muller, despois dunha disputa entre bispos por ambas cousas, quedando as terras do lado de aló. De xeito abondo máis recente, pouco máis dun século, a Veiga de Ribadeo cambiou o seu nome polo de Vegadeo, conservando aínda detalles como o nome no seu palco da música. E a día de hoxe, unha decisión dun organismo asentado en Madrid quere que Ribadeo comparta o nome da ría co río que comeza en terras de Baleira. Polo momento, espérase o xuízo para anular esa decisión, que de xeito xuizoso non debera ser tomada contra un nome que leva séculos asentado nas cartas mariñas de todo o mundo. Diso, igual que da illa Pancha, volveremos a tratar: Ribadeo dá de si para que unha introdución nunca se quede curta ó tempo que sempre sexa convinte.
A ría, que pode estar en disputa, en troques, na realidade, une. Hai tempo que se evitaba o dar a volta pola Veiga simplesmente collendo a barca de pasaxe, e a xente das Figueiras ou da súa capital de concello, Castropol, ó mercar en Ribadeo tiña moitas veces un desconto para contribuír ó pago da pasaxe. Hoxe as lanchas non son de pasaxe, senón turísticas. O que fixo posible ese cambio foi unha ponte, a Ponte dos Santos, chamada así por estar trazada entre a beira de dúas capelas, a de San Miguel en Ribadeo e a de San Román nas Figueiras. Unha ponte que comezou sendo de estrada nacional (N-634) e logo pasou, ampliación mediante, de autovía (A-8). Visitáchela por baixo? Non? Faino, é outra visión diferente.
Antonio Gregorio Montes
20150512
Presentación curiosa: Apuntes sobre Ribadeo
Cortopego e comento embaixo unha nota da sección de novas da web do concello [Para quen non queira esperar, as primeiras páxinas de Apuntes sobre Ribadeo de Méndez San Julián (e as segundas) en versión fotocopiada de man en man, e polo tanto, baixa calidade]:
"A PRIMEIRA EDICIÓN DATA DE 1884
Apuntes sobre Ribadeo
11/05/2015
O salón de plenos acolleu esta tarde a presentación da edición facsimilar do libro "Apuntes sobre Ribadeo", unha compilación de actas do Concello dos séculos XVI ao XIX, que realizou o que fora alcalde, Fernando Méndez San Julián. O servizo de publicacións da Deputación de Lugo foi o encargado de reeditar este libro, do que se porán á venda 500 exemplares, que recollen un anaco da historia de Ribadeo. Ao acto asistiron o alcalde, Fernando Suárez; a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; e os voceiros municipais.
Na súa intervención Suárez Barcia sinalou que "desde hai un tempo levabamos pedíndolle á Deputación de Lugo, para que a través do seu servizo de publicacións, puidera axudarnos a non perder esta historia, porque Ribadeo é un concello con moita historia, non se creou como outros de cerca no século XVIII ou no XIX. E este era un cachiño da historia que estaba en moi poucas mans e queríamos socializalo”. E lembrou que “nos últimos tempos estivemos a colocar novas placas das rúas con pequenos datos históricos, para que a xente que nos visita e os que somos de aquí saibamos exactamente o que agochan eses nomes e a historia dos anos. O vicepresidente da Deputación prestouse e traballou activamente para que puideramos ter esta edición facsimilar de Apuntes sobre Ribadeo".
O rexedor engadiu que "como é algo institucional e histórico quixemos que estivesen aquí os voceiros da Corporación Municipal actual para que asistan á presentación deste anaquiño da historia local".
Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, dixo que "este libro permite ter un compendio de datos interesantes para os estudosos e investigadores que queiran coñecer a historia de Ribadeo ou que queiran trasladar isto ás xeracións vindeiras". E tivo palabras de agradecemento para o xefe de publicacións da institución, Xan Ramiro Cuba, "porque se volcou moito para que a día de hoxe este libro estivese listo. Sobre Ribadeo non é o primeiro libro que publicamos, porque fixemos moitos máis nestes catro anos". E manifestou que vai ler este libro "porque me gusta furgar na historia".
Por último, Eduardo Gutiérrez, voceiro do PSOE, como coñecedor da historia de Ribadeo e da figura do alcalde Fernando Méndez San Julián, indicou que "é unha persoa curiosa. Naceu en 1835, foi profesor da Escola de Náutica de Ribadeo en 1872 con 37 anos. Nesa época xa estaba aquí, estudou leis en Oviedo, etc. En 1873 foi presidente do Círculo de Recreo, o famoso Casino, situado no que foi logo o colexio das monxas, na rúa Trinidade. Era unha das sociedades máis poderosas da época en toda a provincia. En 1877 con 42 anos foi alcalde, non foi o rexedor máis novo, a el gañeille eu e a min Fernando Suárez Barcia. No ano 1878 dimite porque foi nomeado promotor fiscal, unha especie de axudante do fiscal. É un termo que hoxe non se emprega".
Gutiérrez subliñou que "era unha persoa moi preparada, moi culta e moi ilustrada. En 1879 hai unha serie de artigos publicados na Ilustración Gallega y Asturiana, dirixida por Murguía. No 1880 asina o seu testamento con 45 anos, no 83 asina o prólogo dos Apuntes sobre Ribadeo e no 84 edítase o libro. E falece en 1902 aos 67 anos. Está enterrado no cemiterio municipal de Ribadeo".
Hai que lembrar que en xaneiro de 2014 o alcalde ribadense, Fernando Suárez, recolleu no Arquivo do Reino de Galicia uns 40 libros que o Concello lles enviara había trinta anos para a súa restauración. Neses libros había actas municipais, exemplares relacionados co porto comercial e diversas documentación histórica de Ribadeo. "
Saúdo a edición dun libro histórico para Ribadeo, que marca un resumo de actas equivalente a tres séculos longos da vida do pobo. Chama a atención a presentación en petit comité, moi democrático a nivel pleno municipal actual, que se podería considerar de perfil baixo cara ás próximas eleccións. A cousa cambia cando se ve que o único dos presentes non pertencentes ó BNG e que se volve presentar ás eleccións non é mencionado na nova, o que acompaña a que o alcalde actual é citado máis veces que Fernando Méndez San Julián, ou que, para querer ser mantido de perfil baixo, é das novas máis longas da web.
Como apuntei ó comezo, o libro levaba xa tempo sendo fotocopiado dunhas a outras mans por Ribadeo adiante, chegando a estar en parte incluído no xa inexistente 'Publicado en Ribadeo' mercede a unha copia que conseguín, dunha calidade que me aconsellou non seguir escaneándoo a partires dunha determinada páxina. Ese é o motivo de que o teña colgado xa.
20231007
Catro bibliotecas en torno á ría de Ribadeo
Calquera das catro está ben situada na súa contorna, e no seu interior dá acubillo a bos ambientes. Así, en plural, pois calquera delas dispón de espazos diferenciados nos que sentirse a gusto segundo idade, carácter ou tarefa que se pretende no momento.
En canto ós fondos de que dispoñen, varían moito dunha a outra. Non na procura de diversidade separadora, que non pretenden, como pola variedade derivada da cantidade. Todas dispoñen de fondos locais ou referidos ó entorno da ría, e aí estímase a riqueza non só das propias bibliotecas, senón tamén da sociedade da contorna na que están inmersas.
Nas Figueiras, o sinxelo andar do edificio ilumina o seu exterior ó paso de quen vai pola vía, establecendo unha continuidade e entendemento entre ambos mundos.
En Castropol, a subida polas vellas escaleiras de acceso prepara para un mundo máxico e ben relacionado coa xente que alí asoma e as árbores do parque máis aló das fiestras. Un mundo que comezou circulante hai 101 anos e que pode lembrar o paso de La Barraca polo pobo a carón dos 26 000 volumes de que dispón ou das múltiples actividades que a fan salientar a máis de achegala, de facela máis humana.
A Veiga pode presumir de instalacións de luxo. Luxo que se pon de manifesto con só usar seu andar superior ou o chan vidrado da sala de lectura informal, mesmo no breve intre da espera do comezo dunha actuación no auditorio contiguo. Luxo que se contaxia dende e para os libros e a súa lectura.
E Ribadeo? Fondos extensos (57 000 volumes), placidez, espazo, acompañan a libros ben anteriores ás súas actuais instalacións, mesmo ás xa hai longo abandonadas da Torre dos Moreno. Os fondos cedidos por (e ó espírito de) Daniel Cortezón (6000 vol.) ou Dionisio Gamallo (12 000), ou o protexido prego co poema Pensando en ti, Lola, de José María Alonso de Trelles e Jarén, van da man do Viejo Pancho que dá nome á biblioteca. O mesmo que os textos editados hai uns anos con motivo do seu cincuenta aniversario, unha gabanza necesaria e unha proxección cara ó futuro.























.jpeg)












