Amosando publicacións coa etiqueta semana santa b>. Amosar todas as publicacións

20220402
20200409
Semana Santa Ribadeo... 2017
Esta Semana Santa en Ribadeo será atípica. Non sei se se chegaron a imprimir díptico e libros ilustrativos das actividades relixiosas que ían corresponder coas datas. Hoxe é Xoves Santo, e, como alternativa e lembranza, deixo o tríptico do ano 2017.
(Para ver o tríptico da Semana Santa 2017 en maior tamaño)

Etiquetas:
historia,
issuu,
semana santa,
sociedade
20170420
Publicado en Ribadeo: Semana Santa 2017
Subo, xunto con outros moitos traballos de publicado en Ribadeo, o libro da Semana Santa 2017 (polo momento, en B&N)
Semana Santa Ribadeo 2017 by Antonio Gregorio on Scribd
Para ir directamente ós repositorios, https://www.scribd.com/document/345714623/Semana-Santa-Ribadeo-2017 ou https://issuu.com/agremon/docs/semana_santa_ribadeo_2017.
Etiquetas:
publicado en Ribadeo,
semana santa
20150331
Comezou o festival anual de teatro relixioso clásico
Comezou o festival anual internacional de teatro relixioso clásico. Pode verse en toda España.
En lugares, con moita riqueza representativa e impacto económico. Noutros, con sinxeleza e adicación persoal de veciñanza. En todos, con control organizativo ó detalle, a cargo dunha estrutura menos monolítica do que parece, e máis do que sería desexable para moitos.
En calquera caso, ó modo das persoaxes de Luigi Pirandello en procura de autor, os actores confúndense co público, o esceario difumínase e a representación cobra rasgos de vida real, confundindo a un público que vive na irealidade de ser, ó tempo, actor, sen diferenciar os roles.
Mentres, un ano máis, o espectáculo vai adiante. Cada ano, signo dos tempos, máis comercial, máis turístico, adaptándose ó que non era, se algunha vez foi. Cada ano, máis teatro e menos sentimento. Ou era sentido?

filosofía,
semana santa,
sociedade
20150327
Actos de Semana Santa en Ribadeo
Deixo o tríptico informativo da Semana Santa de Ribadeo ó comprobar que, nestes momentos, aínda non está espallado na rede. E outras actividades, por esta volta todas sen comentar máis aló do que pon onde obtiven a nova.
Algunha cousiña máis programada para estes días:
De Ribadeo.org:
O martes, 31 de marzo, será unha xornada lúdica. De 11 a 13:30 horas nova cita cos deportes no Cantón e pola tarde de 16 a 19 horas no parque de San Francisco haberá tirolina, inchables e animación musical e xogos populares. Desde a organización sinalan que "se o tempo non acompaña estas actividades realizaranse outro día".
E o mércores, 1 de abril, de 11 a 13:30 horas volverán os deportes ao Cantón. E pola tarde de 16 a 17:30 horas na Casa da Xuventude os mozos e mozas de 9 a 14 anos poderán gozar dunha actividade de musicoterapia. As prazas son limitadas. As inscricións poden realizarse no teléfono da OMIX: 982 129 889.
Da Banda de Ribadeo:
A BANDA DE
MÚSICA MUNICIPAL DE RIBADEO OFRECE UN CONCERTO DE SEMANA SANTA O 1 DE
ABRIL NO CINE TEATRO. CONTARÁ COA REINCORPORACIÓN DE DOUS EX COMPOÑENTES
DA FORMACIÓN E DEBUTARÁN 4 NOVOS MEMBROS.
Ribadeo, 25 de marzo de 2015. A Banda de Música Municipal de Ribadeo ofrece un concerto de Semana Santa o día 1 de abril, mércores, ás 20.30 horas no Cine Teatro. Nesta actuación a banda ribadense contará coa reincorporación de dous ex compoñentes da formación e ademais debutarán catro novos membros, que son alumnos da escola municipal de música.
O director da Banda de Música Municipal de Ribadeo, David Ballester, anunciou hoxe que “no concerto de Semana Santa vamos tocar obras procesionais e solemnes e tamén outras de igrexa. Pero vai ser un repertorio variado, non vai ser todo obras sacras senón que tamén vai haber outro tipo de pezas, pero si relacionadas coa Semana Santa. Neste concerto temos a sorte de que vamos contar coa participación dalgún músico máis dos habituais, xa que algúns que formaron parte da banda únense outra vez e xente que está recibindo clases na escola tamén se inician na banda e para eles vai ser o seu primeiro concerto”.
David Ballester invita “á xente de Ribadeo e á que vai estar neses días por aquí a que pase polo Cine Teatro o mércores, día 1 de abril, ás oito e media da tarde para gozar o máximo posible dese concerto. Esperamos que todas as obras que vamos interpretar sexan do seu agrado e poder ter o Cine Teatro como no último concerto, Aquí como en Viena, cando estivo cheo ata arriba”.
Tamén de Ribadeo.org:
Polo tanto, un total de 45 equipos, pertencentes ás categorías inferiores de 22 clubs de toda a provincia, participan nesta nova edición da Copa Deputación de Baloncesto de Base, que comezou a celebrarse o ano pasado por iniciativa da área de Deporte da institución provincial. "Cremos que é un xeito estupendo de potenciar e fomentar o deporte base", sinalou Antonio Veiga.
O concelleiro de Deportes, de Ribadeo, Vicente Castro, subliñou que "unha vez máis poñemos as nosas instalacións a disposición da Deputación e de todos os organismos que queiran organizar aquí eventos deportivos, como foi recentemente, en concreto a semana pasada, o campionato galego individual de ximnasia rítmica. A liña que seguimos dende a inauguración do pavillón é poñer as instalacións deportivas para xerar movemento tanto deportivo como económico en torno a estes eventos. Contamos que nesta fin de semana Ribadeo se encha o sábado de rapaces, pais e nais de cativos de toda a provincia".
600 nenos e nenas de catro categorías
A marxe do meramente deportivo, Veiga lembrou que "esta Copa se puxo en marcha coa intención de potenciar outros factores entre os máis novos, coma os valores deportivos e especialmente a convivencia entre todos os nenos e nenas e as súas familias", apuntou. Asemade, o vicepresidente provincial destacou que "nesta cita participarán preto de 600 nenos e nenas, repartidos en catro categorías tanto masculinas coma femininas, sendo para moitos nenos e nenas a primeira experiencia nunha competición".
A Deputación cubre todos os gastos do torneo
Antonio Veiga salientou que "a práctica totalidade dos clubs de baloncesto da provincia participan nesta Copa, achegando equipos dende todos os puntos da provincia. Deste xeito, estarán representados os seguintes clubs: Burela, Viveiro, Ribadeo, Estudiantes, Maristas, Hierros Ferreiro, Galén, Martínez Otero de Foz, Franciscanos, Divina Pastora, Sarria, Sagrado Corazón e Lourenzá-Mondoñedo", remarcou. Veiga destacou que "a Área de Deporte da Deputación corre cos gastos de manutención e transporte para todos os equipos e todos os participantes. Ademais, cada equipo, é dicir, os 45 inscritos recibirán un regalo de material deportivo e cada xogador terá un detalle de participación, así como os trofeos para os equipos finalistas", avanzou.
Pavillón funcional e adaptado ás necesidades do evento e dinamización hostaleira
O responsable da Área de Benestar e Deporte lembrou que "Ribadeo ten un espazo para acoller este tipo de competicións grazas ao esforzo económico realizado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación neste mandato, onde investimos 2’5 millóns de euros para a construción deste novo pavillón totalmente funcional e adaptado", afirmou. Finalmente, Antonio Veiga tamén sinalou a "dinamización económica que supón para a hostalería de Ribadeo, xa que o sábado serán moitos os pais e nais que se achegarán a ver os partidos e, polo tanto, consumirán nos bares e restaurantes da vila", rematou.
E máis:
Open de Semana Santa de Tenis, do 1 ó 5 de abril (inscricións xa cerradas), actuacións en locais...
Algunha cousiña máis programada para estes días:
De Ribadeo.org:
DE LUNS A MÉRCORES HABERÁ DEPORTE NO CANTÓN
Actividades na Semana Santa
26/03/2015
O Concello, a través da OMIX, organiza diversas
actividades para os nenos e as nenas de Ribadeo durante a vindeira
Semana Santa.
O luns, 30 de marzo, de 11 a 13:30 horas no Cantón haberá deportes:
3x3 fútbol, baloncesto e tenis de mesa. E pola tarde no Teatro ás 17:30
horas terá lugar un concerto musical infantil de Pablo Díaz, titulado
Xente miuda, moita fartura. O martes, 31 de marzo, será unha xornada lúdica. De 11 a 13:30 horas nova cita cos deportes no Cantón e pola tarde de 16 a 19 horas no parque de San Francisco haberá tirolina, inchables e animación musical e xogos populares. Desde a organización sinalan que "se o tempo non acompaña estas actividades realizaranse outro día".
E o mércores, 1 de abril, de 11 a 13:30 horas volverán os deportes ao Cantón. E pola tarde de 16 a 17:30 horas na Casa da Xuventude os mozos e mozas de 9 a 14 anos poderán gozar dunha actividade de musicoterapia. As prazas son limitadas. As inscricións poden realizarse no teléfono da OMIX: 982 129 889.
CONCERTO DE SEMANA SANTA
Ribadeo, 25 de marzo de 2015. A Banda de Música Municipal de Ribadeo ofrece un concerto de Semana Santa o día 1 de abril, mércores, ás 20.30 horas no Cine Teatro. Nesta actuación a banda ribadense contará coa reincorporación de dous ex compoñentes da formación e ademais debutarán catro novos membros, que son alumnos da escola municipal de música.
O director da Banda de Música Municipal de Ribadeo, David Ballester, anunciou hoxe que “no concerto de Semana Santa vamos tocar obras procesionais e solemnes e tamén outras de igrexa. Pero vai ser un repertorio variado, non vai ser todo obras sacras senón que tamén vai haber outro tipo de pezas, pero si relacionadas coa Semana Santa. Neste concerto temos a sorte de que vamos contar coa participación dalgún músico máis dos habituais, xa que algúns que formaron parte da banda únense outra vez e xente que está recibindo clases na escola tamén se inician na banda e para eles vai ser o seu primeiro concerto”.
David Ballester invita “á xente de Ribadeo e á que vai estar neses días por aquí a que pase polo Cine Teatro o mércores, día 1 de abril, ás oito e media da tarde para gozar o máximo posible dese concerto. Esperamos que todas as obras que vamos interpretar sexan do seu agrado e poder ter o Cine Teatro como no último concerto, Aquí como en Viena, cando estivo cheo ata arriba”.
Tamén de Ribadeo.org:
CASTRO SUBLIÑA O MOVEMENTO ECONÓMICO DO TORNEO
II Copa Deputación de Baloncesto de Base
24/03/2015
Ribadeo e Lugo acollerán esta fin de semana a II
Copa Deputación de Baloncesto de Base. O evento presentóuse esta tarde
no novo pavillón ribadense. Son 45 equipos de 22 clubes, asociacións ou
escolas deportivas da provincia os que participan nesta cita. 25
conxuntos competirán o sábado, 28 de marzo, en Ribadeo nas categorías
premini e minibasket, mentras que 20 de infantil e cadete farano o
domingo en Lugo.
O vicepresidente e responsábel de Benestar e Deporte, o nacionalista
Antonio Veiga, presentou esta tarde no novo pavillón polideportivo de
Ribadeo, xunto ao concelleiro de Deportes da localidade, o tamén
nacionalista Vicente Castro, e a representantes e xogadores do club
anfitrión, o Hotel Bouza Ría de Ribadeo, a segunda edición da Copa de
Baloncesto de Base, que se disputará a próxima fin de semana na vila
ribadense e na capital da provincia. O sábado 28 de marzo será a quenda
para as categorías de premini e minibasket en Ribadeo, onde se darán
cita 25 equipos, mentres que o domingo, día 29, no Pazo Provincial dos
Deportes e no seu Anexo reuniranse 20 equipos, que loitarán polo título
nas categorías de infantil e cadete.Polo tanto, un total de 45 equipos, pertencentes ás categorías inferiores de 22 clubs de toda a provincia, participan nesta nova edición da Copa Deputación de Baloncesto de Base, que comezou a celebrarse o ano pasado por iniciativa da área de Deporte da institución provincial. "Cremos que é un xeito estupendo de potenciar e fomentar o deporte base", sinalou Antonio Veiga.
O concelleiro de Deportes, de Ribadeo, Vicente Castro, subliñou que "unha vez máis poñemos as nosas instalacións a disposición da Deputación e de todos os organismos que queiran organizar aquí eventos deportivos, como foi recentemente, en concreto a semana pasada, o campionato galego individual de ximnasia rítmica. A liña que seguimos dende a inauguración do pavillón é poñer as instalacións deportivas para xerar movemento tanto deportivo como económico en torno a estes eventos. Contamos que nesta fin de semana Ribadeo se encha o sábado de rapaces, pais e nais de cativos de toda a provincia".
600 nenos e nenas de catro categorías
A marxe do meramente deportivo, Veiga lembrou que "esta Copa se puxo en marcha coa intención de potenciar outros factores entre os máis novos, coma os valores deportivos e especialmente a convivencia entre todos os nenos e nenas e as súas familias", apuntou. Asemade, o vicepresidente provincial destacou que "nesta cita participarán preto de 600 nenos e nenas, repartidos en catro categorías tanto masculinas coma femininas, sendo para moitos nenos e nenas a primeira experiencia nunha competición".
A Deputación cubre todos os gastos do torneo
Antonio Veiga salientou que "a práctica totalidade dos clubs de baloncesto da provincia participan nesta Copa, achegando equipos dende todos os puntos da provincia. Deste xeito, estarán representados os seguintes clubs: Burela, Viveiro, Ribadeo, Estudiantes, Maristas, Hierros Ferreiro, Galén, Martínez Otero de Foz, Franciscanos, Divina Pastora, Sarria, Sagrado Corazón e Lourenzá-Mondoñedo", remarcou. Veiga destacou que "a Área de Deporte da Deputación corre cos gastos de manutención e transporte para todos os equipos e todos os participantes. Ademais, cada equipo, é dicir, os 45 inscritos recibirán un regalo de material deportivo e cada xogador terá un detalle de participación, así como os trofeos para os equipos finalistas", avanzou.
Pavillón funcional e adaptado ás necesidades do evento e dinamización hostaleira
O responsable da Área de Benestar e Deporte lembrou que "Ribadeo ten un espazo para acoller este tipo de competicións grazas ao esforzo económico realizado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación neste mandato, onde investimos 2’5 millóns de euros para a construción deste novo pavillón totalmente funcional e adaptado", afirmou. Finalmente, Antonio Veiga tamén sinalou a "dinamización económica que supón para a hostalería de Ribadeo, xa que o sábado serán moitos os pais e nais que se achegarán a ver os partidos e, polo tanto, consumirán nos bares e restaurantes da vila", rematou.
E máis:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)