20170209

Tres momentos dunha porta que cerca un ben común

1.Ata novembro 2016. Xa estaba a illa cercada, mais aínda quecaba a ilusión de que era de todos:
2.Co comezo da privatización... Rompendo a porta, rompendo a illa (novembro 2016):
... é que non podía pasar o camión para facer a obra no faro, e nas pequenas cousas (ou nas grandes) debe primar o 'progreso' sobre a historia, a natureza ou a sociedade.
3.Martes, 7 de febreiro de 2017. Reconstrución? Non, 'adaptación':
Pequenas cousas que se van acumulando, consolidando o cercamento e a privatización dun ben común. O territorio forma parte fundamental da identidade  das persoas. Estamos a perder territorio, o noso territorio, e con el tamén estamos sendo cercados nós, perdendo un pouco da nosa identidade.
--
Outros artigos sobre a privatización de Ribadeo.

Asemblea de O Tesón 20170204


Corto e pego o borrador da acta da última asemblea de O Tesón:
Asemblea Xeral ordinaria da Asociación de Veciños O Tesón

Salón de Actos Casa do Mar, 20170204, 20:00, con asistencia de 6 socios.



Ó estar a asociación nunha situación previa á súa disolución, a orde do día consta de un único punto:

1.Futuro da Asociación.

Para información dos asistentes, lése a convocatoria, que se reproduce a continuación (e que non foi enviada ós domicilios, senón por correo electrónico e subministrada ós medios):





Pola presente, convócase a tódolos socios de O Tesón á asemblea xeral ordinaria que terá lugar no salón de actos da Casa do Mar o día 4 de febreiro de 2017, sábado, ás 20:00 horas en segunda convocatoria (ás 19:30 en primeira convocatoria, que previsiblemente non se fará por falta de quorum)



Está previsto un punto único na orde do día:



1.Futuro da Asociación.



Como comentario ó único punto, despois de ter pasado un ano de prazo como foi previsto na última asamblea, e ante o feito de que non hai candidaturas á directiva, pero si nos teñen manifestado moitos socios (e mesmo non socios) un apoio para a continuidade, estanse estudando diversas posibilidades, como continuar a situación actual de xeito indefinido, editar un novo libro de tema ribadense, etc, algo que queremos consultar a quen teña a ben asistir.



En Ribadeo, a 15 de xaneiro de 2017

O Presidente,

Francisco J. Campos











Desenvólvese a sesión estando todos as asistentes de acordo en procurar unha fórmula para evitar a disloución.

Arturo Linares reitera que el non quere seguir en ningún posto de responsabilidade, autoexclíndose de calquera directiva que se poda formar.

Rocío Botana indica que se é posible, ela tamén prefire non formar parte dunha nova directiva.

Incorporaríase á directiva José Ángel Salvatierra Rico.

Acórdase non pasar cotas polo momento, ao menos ata ir normalizando a situación.

Acórdase reconstituír a directiva para seguir funcionando, se ben con actividade reducida, empregando a estrutura da asociación cos mesmos obxectivos que ata o momento constan nos estatutos, para o que é necesario unha redistribución de cargos e revisar as sinaturas da conta bancaria.

Asemade tamén se acorda a publicación en canto esteña preparada a edición, dunha obra de José Mª Rodríguez, a repartir entre os socios.

Ás 20:40 dase por concluída a Asemblea.

20170204

Borrow en A Mariña. Artigo de Pablo Mosquera lembrando unha vella viaxe

Cuenta George Borrow que tras estar en Corcubión, pasando por Compostela, emprende el camino desde Galicia hacia Asturias. A pesar de marearse, descubre la magia de cruzar rías con embarcaciones a remo, mientras la tripulación canta en gallego; y así hasta llegar a Ferrol. Le duele la ruina de aquella ciudad- tras el desastre de Trafalgar- que supo de carpinteros de ribera constructores de las fragatas para la Marina de España. "Soy la viuda de un valeroso oficial que llegó a ser Almirante". Toda una foto del momento...Mientras, queda asombrado por la grandiosidad de los astilleros, que señala como muy superiores a los de Rusia e Inglaterra, dando fe de un glorioso pasado naval.
Entre las lluvias del otoño norteño y propio de nuestro Cantábrico, acompañado por su fiel Antonio da Traba, Llegan a la ciudad de Viveiro, con la luna mostrando sus murallas. Siguen su viaje, bordeando la costa, y se detienen en Foz, camino de Ribadeo. Ensalza la categoría portuaria comercial de la ciudad en la desembocadura del Eo. Cruza en barcaza la ría, acompañado de Martín, un gallego alegre, al que avergüenza la actitud de pillabanes a la caza del viajero. Llega hasta Castropol, entre canciones marineras. Y, como no puede ser de otra manera, surge la leyenda-conto: Los duendes de dos frailes franciscanos mendigantes, que llegaron a matarse en una discusión sobre cuál de los dos había logrado mejor limosna. Sus almas, vagan en pena por los caminos del antiguo reino de Galicia, que llega hasta el Navia.
Cualquier disculpa, incluso la de vender Biblias en lugares recónditos, es una buena iniciativa para quien tiene alma inquieta y espíritu de aventurero, que prefiere al pueblo llano, antes que a decadentes patricios. Y así emerge una imagen. La que nosotros mismos, los de aquí, no vemos, o no nos dejan ver, mientras los de fuera, son capaces de apreciarlo- la estricta realidad y el valor de los hechos- Don Jorgito el Inglés, con una juventud bohemia, casi vagabunda, admira al pueblo gitano, sabe idiomas, trabaja para la Sociedad Bíblica Británica que le hace viajar a Rusia, Portugal, España, dónde llega a ponerse al frente de una librería en la calle del Príncipe en Madrid, mientras vive por los alrededores de la Puerta del Sol.
Hace unos días, en un mesón-cantina del puerto del Vicedo: Carlos Nuevo Cal, Vicente Miguez, Andrés Díaz, David, Tino y yo mismo, dedicamos la tertulia a su viaje en 1842.

Por boca do alcalde. Por nuestro faro

Grazas, sr. alcalde, por facilitarnos o traballo. A alcaldía fixo pública o pasado día 23 unha nota de prensa que asumimos plenamente e lle pedimos que lea como se fora dirixida por nós para vde. Para facilitarlle o traballo, fixemos algúns comentarios:
Eu quero falar das inxustizas e do desamparo ao que moitas veces os cidadáns (...) nos vemos abocados pola incomprensión ou polo inxusto desleixo que outras administración ou outras institucións fan sobre nós”. Verbas dun representante do grupo ‘Por Nuestro Faro’ sobre como se está a levar todo o relacionado coa Illa Pancha desde as institucións (concello incluído)? Si, claro. Mais a súa orixe é outra. Son verbas postas en boca do alcalde na nota de prensa do día 23 de xaneiro sobre como é tratado o tema do alumeado na Ponte dos Santos. Inxusto desleixo. Si, totalmente de acordo.
"Pero que non se confundan todas elas porque nós somos pequenos, pero cando a razón nos asiste non nos cala a boca ninguén, nin o Rei nin o Defensor del Pueblo, que é a quen me estou referindo". Non, co Rei non tratamos, pero xa se sabe, unha licenza poética… De novo, subscribimos o pé da letra e podemos intercambiar as nosas palabras coas súas, que retratan moi ben o que está a suceder coa Illa Pancha, pero esta vez o alcalde de Ribadeo está á outra beira.
"Hai un tempo lle enviamos un escrito da inxustiza que tíñamos (...) por quen ten que ser o titular desa infraestrutura, que é o Ministerio de Fomento". Si, o Ministerio de Fomento, a traverso de Puertos del Estado, exerce a titularidade sobre o faro da Illa Pancha, poder que agora quere delegar nunha empresa privada. Tamén este parágrafo retrata a situación da illa Pancha. E tamén son verbas do alcalde por un tratamento inxusto, queixas ó Defensor del Pueblo para denunciar ese tratamento. E tamén, neste parágrafo, poderiamos meter ó concello de Ribadeo da beira escura.
"O Defensor del Pueblo, con sede en Madrid, contestounos literalmente por boca do que lle dixo o Ministerio de Fomento, sendo neste caso unha mera correa de transmisión e non un órgano autónomo, independente e sobre todo xusto, que é para o que foi creado". Aquí non podemos facer totalmente nosas as palabras: o Defensor pediu datos, pero aínda non nos deu unha contestación definitiva, e non sabemos se o fará por boca do Ministerio de Fomento ou por boca da alcaldía. Levamos desavantaxe.
"Me queda unha reflexión, ¿quen nos defende do Defensor?. En todo caso que saiban todos, as administracións que están involucradas nesta infamia, que faremos o posible e que, antes que despois, obrigarémolos a que cumpran as súas obrigas”. Aplausos.
Salvo por algún detalle, cando fala de cousas concretas da Ponte dos Santos, a nota de prensa podería estar redactada polo grupo ‘Por Nuestro Faro’ e contra Fomento e o Concello, en troques de estar feita polo alcalde de Ribadeo contra Fomento e o Defensor del Pueblo. Tal parece como se o subsconciente tivera fallado neste caso

As citas están tomadas da nova do concello de 23/1/2017 sobre o alumeado da Ponte dos Santos.

20170202

Concentrados á beira da ría de Ribadeo


Si, concentrados. De 'campo de concentración'. En Arnao.
Cheguei polas redes sociais hai uns días a unha vella publicación de 'La Nueva España', "Arnao, el campo de concentración donde se conocieron los padres de Javier Fernández", accesible de xeito doado en internet.  Coido que salvo polo consciente e reiterado cambio de nome á ría, marchamo de lne, a idea das circunstancias que impregnaban o día a día no campo de concentración de Arnao está ben ilustrado para memoria de quenes non chegamos a coñecelo.
A un clic da procura en internet temos unha historia que hoxe por hoxe a maioría da xente de Ribadeo (ou doutro lugar do entorno da ría) descoñece. Algo que tamén é memoria histórica, e sobre oque, o pouco que se fixo para lembralo, unha pedra chantada no lugar, foi reitaradamente saboteada, de tal xeito que agora só é iso, unha pedra chantada á beira. En pouco tempo cumpriranse 80 anos da súa creación. Farase algo? A única lembranza anterior, a da pedra, foi a cargo dos socialistas de Castropol. E agora, tomará alguén a iniciativa?

20170201

Unha nova nota de prensa. Esta vez, sobre os cortes de luz

Aínda non amenceu. Agora hai luz na casa. Un milagre da tecnoloxía do século XIX que ás veces se interrompe no Ribadeo do século XXI. A rede eléctrica necesita un mantemento. Entre outras cousas, e postos en plan capitalista, non de servicio público, por el nos cargan cun termo fixo na factura da luz.
Tres cortes de luz (que non se poden chamar microcortes como tantas outras veces) tiveron lugar en Ribadeo luns. A resposta dende a alcaldía fo esta:
" VARIOS VECIÑOS DIRIXÍRONSE AO CONCELLO PARA QUEIXARSE
Cortes de luz
30/01/2017
O alcalde, Fernando Suárez, critica os cortes rexistrados esta mañá no subministro eléctrico. E sinala que "o prezo da luz segue a subir neste país, pero o servizo que se presta é moi deficitario".
O rexedor conta que "foron varios os veciños que se puxeron en contacto con este Concello para advertirnos desta situación. Houbo unha parte de Ribadeo na que se produciron dous ou tres cortes no subministro eléctrico esta mañá".
Para Fernando Suárez "é inadmisible que se produzan estas anomalías cando temos un pouco de vento ou incluso cando non se move unha folla. A diario recibimos queixas de veciños, de comerciantes, de hosteleiros… de micro cortes de luz e das consecuencias que iso leva aparelladas, como aparatos eléctricos que se estragan continuamente".
O alcalde ribadense agarda que "estas incidencias deixen de producirse e que poidamos contar cun servizo acorde co século no que nos atopamos. O prezo da luz segue a subir neste país, pero o servizo que se ofrece é moi deficitario". "
Os veciños quéixanse e o alcalde... tamén se queixa.
O agardar que estas incidencias deixen de producirse lembra ó tan visto de Rajoy a semana pasada: a luz vai baixar de prezo porque vai chover.
Mentras, #cortesdeluzRibadeo segue funcionando e paseniñamente imos tendo unha pequena base de datos para usar.  Si, para usar para que as queixas estean documentadas, para que teñan un efecto contra as grandes compañías ás que do servizo non lles importa máis que facer efectivo o cobro.
Aínda que coido que no seu momento debeu estar enterado da iniciativa, volvereilla lembrar.

20170131

Mirando fóra: hoxe, corrupción

De súpeto remato de atoparme un correo da Open Knowledge Foundation España ó partir do que chego a unha nova web interesante  neste mundo da apertura de datos en España: o 'repositorio de datos sobre procesos de corrupción' do Consello Xeral do Poder Xudicial.
Despois dunha primeira ollada, coido que os datos son máis ben escasos, mais pode resultar un exercicio de curiosidade facer un par de procuras.
Anímate, experimenta e sinte o ter un mínimo se non de control, si polo menos de coñecemento sobre este aspecto, a corrupción, no que España é punteira e segue a facer esforzos.
Por se te animas, a ligazón á introdución ofcial do repositorio.

20170130

Se segue sendo normal: cortes de luz

Lembro un pouco a cousa, que podedes seguir nas entradas anteriores:
Co hashtag #‎cortesdeluzRibadeo, levo unha tempada tomando nota de 'novas' de cortes de luz en Ribadeo. Segue sen ser moita a xente que vai apuntado, pero é abonda para ter unha pequena ristra que vou actualizando cada pouco e que nos útlimos tempos inclúe:
20161005 16:00 aprox. 2 cortes abondo seguidos, máis longos que os microcortes normais, pero curtos. Zona catro calles.
20161106 sobre as 17:00, un cuarto de hora de corte, zona centro de Ribadeo
20161220 14:50 microcorte zona Catro Calles + Avda. Galicia
20161223 14:30 microcorte zona catro calles, Ramón Gonzalez - Deputación - S. Roque + Vilaframil + Reinante
20170130 10:45 sobre medio minuto + 10:49 varios segundos, zonas San Roque, institutos, Vilaselán, Vilaframil. Polo menos na Avda. Galicia e en Mercadona está sinalado aínda outro terceiro corte semellante máis.
20170203 23:42 2 minutos, zona catro calles + avda. Galicia + Rdguez Murias
20170322 12:01 Microcorte O Valín 
20170327 12:00 segundos zona Avda. América
+ 13:20 Rodríguez Murias, varios segundo
20170328 4 cortes de luz de segundos entre 16:00 e 18:00 en O Valín (Ove)
20170419 a partir das 13:56 diversos microcortes, cortes de segundos e varios minutos (a partir das 14:04) na zona dos institutos. Corte de luz en Reinante as 14:04, corte longo, seguido de idas e vidas. O mesmo en S. Miguel. Parello en outras zonas de Ribadeo.Un microcorte e varios cortes de luz consecutivos, das 14:00 ás 14:21 h, zona Cuatro Calles. Tamén en S. Roque, Calvo Sotelo, Avda de Galicia (media hora como mínimo, cortes moito máis longos que os intervalos, que só duraban segundos), Ramón González (case 1/4 de hora a vez máis longa)
20170421 2:00 Rosalía de Castro, microcorte