20170202
Concentrados á beira da ría de Ribadeo
Si, concentrados. De 'campo de concentración'. En Arnao.
Cheguei polas redes sociais hai uns días a unha vella publicación de 'La Nueva España', "Arnao, el campo de concentración donde se conocieron los padres de Javier Fernández", accesible de xeito doado en internet. Coido que salvo polo consciente e reiterado cambio de nome á ría, marchamo de lne, a idea das circunstancias que impregnaban o día a día no campo de concentración de Arnao está ben ilustrado para memoria de quenes non chegamos a coñecelo.
A un clic da procura en internet temos unha historia que hoxe por hoxe a maioría da xente de Ribadeo (ou doutro lugar do entorno da ría) descoñece. Algo que tamén é memoria histórica, e sobre oque, o pouco que se fixo para lembralo, unha pedra chantada no lugar, foi reitaradamente saboteada, de tal xeito que agora só é iso, unha pedra chantada á beira. En pouco tempo cumpriranse 80 anos da súa creación. Farase algo? A única lembranza anterior, a da pedra, foi a cargo dos socialistas de Castropol. E agora, tomará alguén a iniciativa?
Publicado por
agremon
ás
2/02/2017 08:24:00 a.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
historia
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario