20120401

Rematou o ciclo de cine forum de O Tesón

Nota de prensa de O Tesón:
AVV O Tesón
Nota de prensa

Ribadeo, 20120331

O venres 30 de marzo tivo lugar a última proxección do ciclo de cine forum 'Indignados', promovido pola AVV O Tesón durante os venres do mes de marzo no salón de actos do edificio da antiga cárcere de Ribadeo. Un total de abondo máis de cen persoas participaron nos debates despois das catro películas visionadas e comentadas como telón de fondo ás crises medioambiental, social e económica que configuran a actualidade.

A secuencia das películas (Taking Root, Una verdad incómoda, Inside Job e La doctrina del shock, todas co son en castelán) permitiu o desenvolvemento da participación nos debates posteriores. Participación que foi avanzando na problemática do mundo actual, permitindo unha contemplación conxunta de múltiples facetas diferentes e con elo unha mellor comprensión do funcionamento do mundo actual. Algo que se manifestou de xeito claro polas sucesivas intervencións, que aumentaron en claridade e en profundidade de semana en semana.

As discusións, limitadas en tempo, deixaron un bo sabor de boca e o ánimo tanto de participantes como da asociación de realizar máis adiante novos ciclos que complementen o que acaba de rematar.

20120330

Será bo título?: Pasou a tontería necesaria

Non creo que onte moitos dos que secundamos a folga non a consideráramos algo así como unha tontería necesaria, sabendo que é necesaria unha resposta para amosar que non soportaremos que nos rouben indefinidamente, e respostando así nunha escolla de posibilidades coa que non se está satisfeito por ver as súas limitacións.
En Ribadeo, había unha convocatoria de concentración diante do concello ás 12 do mediodía, realizada polo movemento 15M. A concentración tomou un rumbo, e convertiuse en manifestación: Concello-cine-mercado-catro calles e volta. O que comezou cunhas cento cincoenta persoas, rematou cunhas duascentas, acompañadas a parte das parellas da Policía Local e Guardia Civil polas miradas ás veces de simpatía, outras curiosas, e algunhas burlonas ou mesmo desafiantes da xente que se atopaba. Como a convocatoria era diferente, sen participación sindical -e coido que isto é importante- e incidindo e cousas como o consumo ou a integración de participantes non asalariados, continuou despois da lectura do comunicado compartindo comida e charla no parque 25 persoas, e rematando ó tempo coa recollida de restos e o recheo de post-it alusivos á xornada con frases de todo tipo, de consignas a reflexións, que logo foron distribuídos por Ribadeo. Sen incidentes, en Ribadeo, unha xornada completa. Éxito? Coido que non se pode contemplar Ribadeo por separado do resto do estado, pero se se poidera, a manifestación tívoo.
Cousas? Pois ... por exemplo, que xente que se uniu dixo que non se enterara da convocatoria, ou que ter a maioría de carteis en castelán dera lugar a pequenas anécdotas.
Por certo, a noite anterior houbo un pleno non reseñado de aprobación do plan de axuste do concello. Voltaremos nalgún momento sobre o tema.
O cartel que presidiu o acto
A xente comezaba a concentrarse

A punto de saír do parque

De retorno ó concello, a parte central da xente
Unha das curiosas pancartas

Compartindo a comida

20120328

Pleno truncado (III) - 20120323

Continuación de Pleno Truncado (II) e Pleno truncado
O punto 7º versou sobre as facturas pendentes do 2011. Foi aclarado que se permite pagar ós concellos ata fin de abril, e que hai algún erro no listado, así como que o Real Decreto non inclúe débedas a entidades públicas e outras (concesións, subvencións, ...) -Ocórreseme que parece deseñado para ver o monto total de débeda pública mercantil, é dicir, para ver o déficit total cara a Bruxelas, no que non contarían a débeda interna das administracións nin aquelas outras que son de tipo voluntario das administracións-
O PP matizou que había débedas anteriores a 2007, uns 50 000 €, e 113 000 € de facturas non recoñecidas, mentras o concelleiro de Facenda apuntou que a débeda foise reducindo ano tras ano.
A citar que o punto anterior, que no pleno non destacou especialmente, ten xerado despois unha discusión en prensa, incluíndo algunha nota na web do concello.
O oitavo punto foi con diferenza o máis longo, durando ata a finalización do pleno: o control dos órganos de goberno, incluíndo Decretos da alcaldía, mocións e deixando fóra rogos e preguntas, como xa foi dito.
Na primeira parte, pouco que reseñar, a non ser os 410 €/mes de mantemento de parquímetro.
O apartado das mocións foi a parte do león do punto.
Comezou coa teima do PSOE da rebaixa de multas de aparcamento (a lembrar un pleno anterior) en carga e descarga, para as que o PP pediu aplicación retroactiva ás multas en período recaudatorio, mentras que UPRi voltou con outra teima ó conto, en tono irónico, sobre as multas na zona azul, que pediu rebaixar a 6 €, permitir prazos e desconto por pago inmediato. A resposta do alcalde incluíu que o pasado ano recaudouse máis que nunca poñendo menos multas: de 1 551 multas por 82 870 € pasouse en 2011 a 920 multas por un total de 90 956 €, 13% de leves, 86% de graves e 3% de moi graves. Na votación, 5 si, 0 abstencións e 8 non.
A segunda moción, asemade do PSOE, dirixida a unha axuda xusta da Xunta para subvención en materia de emprego, non diferenciada pola cor política dos concellos, tivo unha votación 8 - 1 - 4 despois de citar o PP outros desequilibrios provintes da Deputación.
A terceira moción, do PSOE, discutiuse con outra semellante (que iría no nº 9) do BNG, ambas sobre a celebración de Rosalía de Castro o 24 de febreiro en Ribadeo, e foron aprobadas ambas por unanimidade: 13 - 0 - 0
A cuarta moción, do PP, retirouse por estar en parte prevista noutro lugar e non estar pensada para moción, segundo o propio PP.
A quinta, do PSOE, sobre o día internacional das mulleres, a pesares dun pequeno debate tamén foi unánime: 13 - 0 - 0
O BNG presentou a sexta sobre dereitos das mulleres na interrupción do embarazo, presentando como un retroceso a nova lexislación, sendo apoiado polo PSOE. UPRi calificou o tema de demagoxia, e puxo de exemplo unha rapaza de 16 anos que pode interromper o embarazo mentras que hai responsabilidade subsidiaria dos pais por causar algún destrozo. En defensa, o BNG citou que a lei anterior non aumentou o número de abortos. Aprobada: 8 - 0 - 5
A sétima moción, do BNG, era unha iniciativa lexislativa popular sobre a sanidade pública. O PSOE fixo incidencia no mantemento da xestión pública, mentras que UPRi destacou que había diferenza entre privatización e xestión externa, e que a lei que o permite ten a súa orixe no bipartito. Aprobada: 8 - 0 - 5
A oitava, sobre a suba 'escandalosa' e privatización das escolas infantís, foi proposta polo BNG, apoiada polo PSOE e discutida polos outros dous grupos, aclarando UPRi que segundo parece dende o ano 2002 non se actualizou o prezo e polo PP que non é unha privatización e ás rendas baixas non se lles incrementou. Aprobada: 8 - 0 - 5
A estas alturas de pleno podíase observar xa claramente unha viraxe clara respecto a outros anteriores, pasando de posturas máis de concepción local a outras de máis aliñamento ideolóxico, como corresponde ás mocións de prantexamento xeral.
A última moción tivo unha longfa discusión. Foi proposta polo PP sobre promoción e consolidación de empresas e plan de emprego. O PSOE recolle da proposta a constitución dunha entidde de debate sobre o tema. UPRi resalta que calquera está de acordo, dando o seu apoio e dicindo que ó polígono (o que segundo o representante se lle está a chamar 'polígono de Geyper', por ser pequeno) ten parcelas grandes e caras, ata catro veces máis que n Palas de Rei.
O alcalde tivo unha longa resposta, apreciando algún dos puntos, desetimando outros por diversos motivos (como o non ser da súa competencia o prezo das parcelas, ou que a creación dun banco de tempo -un dos puntos incluídos- non é emprego, senón algo alternativo). A representante do PP na defensa dixo que non facía falta a moción pero si un compromiso de impulso, por exemplo coa creación dunha mesa sectorial. Foi proposto o voto segregado de cada punto da moción, pero non aceptado (houbo unha rápida discusión sobre cuestións legais e antecedentes). Por contra,o alcalde comprometeuse a continuar co impulso pedido por Campo Braña. A moción foi rexeitada: 5 - 1 - 7
... E aquí foi onde se chegou ás 12 da noite e á discusión xa relatada sobre o truncamento do pleno, que foi cortado no longo punto de control e a falta de rogos e preguntas, motivo polo que o PP di que non se permitiu o control do goberno.

20120327

Convocatoria dun pleno extraordinario para mañá 28 de marzo de 2012

Sobre o plan de axuste do Concello, como xa estaba anunciado, e aparece notificado na web do concello, coa convocatoria íntegra en Cronica 3:

NOTIFICACIÓN DE CONVOCATORIA DE SESIÓN PLENARIA
O Sr.Alcalde-Presidente usando das atribucións que lle confire o art. 21.1 c) da Lei 7/85 por Decreto desta data resolveu convocar ao Pleno do Concello para celebración de sesión para o día e hora que de seguido se expresa, sendo os asuntos comprendidos na Orde do día os
que se indican:
PLENO EXTRAORDINARIO URXENTE
LUGAR: Casa do Concello.
DATA:
28 de marzo de 2012.
HORA: 20,15 horas.
O que notifico a Vé. de orde do referido Sr.Alcalde para que concurra á sesión e, no caso de non poder asistir, se excuse
xustificadamente coa anterioridade oportuna ante a Alcaldía, co fín de non incurrir nas sancións do art. 78 da Lei 7/1985, de 2 de abril. Espero
da súa atención se sirva devolverme o duplicado da presente co seu recibín, para constancia.
Ribadeo, 26 de marzo de 2012..
O SECRETARIO ACCTAL.
Asdo./ FIDEL MAAÑÓN LÓPEZ.
ORDE DO DIA
1.-Pronunciamento do Pleno sobre a urxencia da presente sesión que ven dada pola necesidade de aprobar antes do 31 de marzo de 2012 o Plan de axuste previsto no art. 7 do R.D. 4/2012, de 24 de febreiro, e a imposibilidade material de presentarlo con anterioridade.
2.-Plan de axuste previsto no art. 7 do R.D. 4/2012, de 24 de febreiro polo que e determinan obrigas de información e procedementos para establecer un mecanismo de financición para o pago aos proveedores das entidades locais

Preparando a folga

Onte comentei noutro lugar unha presentación gráfica sesgada sobre o resultado das eleccións non como algo político, senón como exemplo de algo para conseguir obxectivos.
Doutro xeito, conseguir obxectivos,é o que se pretende coa folga do 29M. Tanto por parte dos convocantes como dos adheridos como do goberno. Por suposto, a rede está que bota fume. Estánse a recoller datos, explicar que tes dereito a traballar, ...
E mesmo en Ribadeo está convocado un acto o 29 ás 12 diante do concello.
Trátase de extender a protesta, de xeito que inclúa a colectivos que se ven afectados pero que non teñen traballo remunerado e polo tanto non contan oficialmente.
Deixo abaixo o texto definitivo da convocatoria (en galego e castelán), e anuncio que este sitio únese o día 29 á folga, polo tanto non haberá publicación ese día:
-
Imos á folga?
As folgas xerais non se convocan por causas particulares dunha empresa, senón para amosar o rexeitamento do conxunto dos traballadores e a cidadanía ás políticas laborais ou económicas dun goberno. Por iso, cando desde a CEOE se di que a folga convocada para o vindeiro día 29 de marzo é unha folga política, desde a Asemblea da Mariña-Occidente estamos de acordo: é unha folga contra a política laboral do actual goberno.
O que sucede é que o movemento 15M non se asusta da verba “política”, dado que precisamente a nosa intención é a de non deixar a política nas mans dos profesionais da política. Levamos xa máis de dez meses pedindo aos políticos transparencia e aos cidadás participación, e nesta ocasión non vai ser diferente. Os nosos movementos non dependen de quén convoca ou quén asiste a un acto. Unha cidadanía maior de idade pode avaliar cada situación e posicionarse fronte a ela cun discurso propio, coincidindo ás veces con uns e outras con outros, sen tutelas nin coacións dos diferentes actores.
Hoxe nos enfrontamos á reforma laboral presentada polo goberno. A súa proposta baséase na filosofía de que facilitar a xestión das empresas polos seus propietarios á súa vontade facilitará a creación de emprego, non dubidando para iso en eliminar os dereitos dos traballadores, permitindo que se unha empresa gaña menos que antes (hoxe, todas) ou simplemente pensa que vai pasar, poida despedir barato aos seus traballadores, ou baixarlles o salario unilateralmente; cas empresas poidan mover á xente onde e cando queiran, poidindo despedir barato a quen non estea disposto, que se poidan contratar xoves por un ano con despido libre ou que os incrementos salariais acordados polos sindicatos e a patronal poidan en caso de necesidade deixar de aplicarse nunha empresa en dificultades. Unha tras outra, medidas que facilitan o despedimento e a rebaixa dos dereitos e favorecen ao empregador.
Din que con esta reforma trátase de crear emprego, pero despois din que este non vai crearse até que medre a economía. É dicir, que non vai crear emprego, que o emprego o xenera o crecemento, o mesmo que cando se creou emprego fai oito anos, coa anterior lexislación laboral.
Tamén din que se trata de que nunha futura crise non se despida aos traballadores, senón que se poidan repartir empregos e salarios dentro da empresa, pero iso foi precisamente o que acordaron en xaneiro empresarios e sindicatos, sen necesidade de abaratar o despedimento, antes de aproba-la reforma.
Os máis deles pensan ca reforma vai axudar aos empresarios a competir con produtos máis baratos no mercado internacional, pero non falan do que vai supoñer a baixada dos salarios para os pequenos comercios e empresas que venden os seus produtos e servizos no mercado local.
Desde a Asemblea Cidadá denunciamos que:
1. A reforma laboral vai supoñer unha baixada xeralizada dos salarios, e así unha merma da nosa capacidade adquisitiva, polo que as empresas que venden os seus produtos na nosa comarca verán baixar as vendas, o que vai reducir á súa carga de traballo e incrementa-lo noso desemprego.
2. A estratexia da rebaixa salarial para competir no mercado europeo (o noso mercado) non pode triunfar se vai ser a mesma en tódolos países da UE, indo quedar simplemente na destrución do sistema europeo de benestar.
3. En definitiva, apoiar esta reforma é optar por un sistema económico global no que os traballadores vivan cada vez peor, para que a riqueza siga a acumularse nas mans do 0,1% da poboación, dos banqueiros, dos executivos das grandes multinacionais e dos líderes dos grandes partidos políticos que lles serven de coartada.
Por iso desde aquí queremos chamar a tódolos cidadás á participar na folga, pero non quedándose na casa, senón deixándose ver nos diferentes actos que se propoñan o vindeiro xoves 29, para facer patente o noso desacordo coa reforma. Para que non digan que non fumos traballar porque os piquetes nolo impidiron. Chamamos tamén ás mulleres e homes que traballan na casa, cuxo
esforzo parece que non existe por non ter un salario, para que rexeiten unha reforma que vai a obrigalos a traballar tamén fóra da casa pola baixada dos salarios. Chamamos aos parados, para que levanten á súa voz contra unha reforma que vai condealos a traballar gratis para a adminisitración se non aceptan rotar en traballos precarios “se é preciso en Laponia”.
Chamamos a quen ten emprego e ao quen non o ten para que loiten xuntos, porque a unión fai a forza, e hai que parar esta estratexia de enfrontarnos uns cos outros que só pretende que non vaiamos na procura dos auténticos culpables nin das verdadeiras solucións.
Contra unha reforma política, unha folga política. Por suposto: os cidadás facendo política, de xeito transparente e sen intermediarios.
Porque as cousas importantes é mellor facelas un mesmo.
Invitamos a todo mundo a acudir o xoves 29 ás 12 da mañá diante do Concello de Ribadeo.
Asemblea Cidadá da Mariña-Occidente
-
¿VAMOS A LA HUELGA?

Las huelgas generales no se convocan por causas particulares de una empresa, sino para manifestar el rechazo del conjunto de los trabajadores y la ciudadanía a las políticas laborales o económicas de un gobierno. Por eso, cuando desde la CEOE se dice que la huelga convocada para el próximo 29 de marzo es una huelga política, desde la Asamblea del Occidente-Mariña estamos de acuerdo: es una huelga contra la política laboral del actual gobierno.
Lo que ocurre es que el movimiento 15M no se asusta de la palabra “política”, dado que precisamente nuestra intención es la de no dejar la política en manos de los profesionales de la política. Llevamos ya más de diez meses pidiendo a los políticos transparencia y a los ciudadanos participación, y en esta ocasión no va a ser diferente. Nuestros movimientos no dependen de quién convoca o quién asiste a un acto. Una ciudadanía mayor de edad puede respaldar cada situación y posicionarse frente a ella con un discurso propio, coincidiendo unas veces con unos y otras con otros, sin tutelas ni coacciones de los diferentes actores.
Hoy nos enfrentamos a la reforma laboral presentada por el gobierno. Su propuesta se basa en la filosofía de que facilitar la gestión de las empresas por sus propietarios a su voluntad facilitará la creación de empleo, no dudando para ello en eliminar los derechos de los trabajadores, permitiendo que si una empresa gana menos que antes (hoy, todas), o simplemente prevé que esto pueda ocurrir, pueda despedir barato a sus trabajadores, o bajarles el salario unilateralmente; que las empresas puedan mover a la gente donde y cuando quieran, pudiendo despedir barato a quien no está dispuesto, que se puedan contratar jóvenes por un año con despido libre o que los incrementos salariales acordados por los sindicatos y la patronal puedan en caso de necesidad dejar de aplicarse en una empresa en dificultades. Una tras otra, medidas que facilitan el despido y la pérdida de los derechos y favorecen al empresario.
Dicen que con esta reforma se trata de crear empleo, pero a la vez dicen que éste no va a crearse hasta que crezca la economía. Es decir, que no va a crear empleo, que el empleo lo genera el crecimiento, igual que cuando se creó empleo hace ocho años con la anterior legislación laboral.
También dicen que se trata de que en una futura crisis no se despida a los trabajadores, sino que se puedan repartir empleos y salarios dentro de la empresa, pero eso fue precisamente lo que acordaron en enero empresarios y sindicatos, sin necesidad de abaratar el despido antes de aprobar la reforma.
La mayoría piensan que la reforma va a ayudar a los empresarios a competir con productos más baratos en el mercado internacional, pero no hablan de lo que va a suponer la bajada de los salarios para los pequeños comercios y empresas que venden sus productos y servicios en el mercado local.
Así las cosas, desde la Asamblea ciudadana Occidente-Mariña denunciamos que:
1. La reforma laboral va a suponer una bajada generalizada de los salarios y una merma de nuestra capacidad adquisitiva, por lo que las empresas que venden sus productos en nuestra comarca verán disminuir sus ventas, lo que hará que se reduzca su carga de trabajo incrementando así nuestro desempleo.
2. La estrategia de la rebaja salarial para competir en el mercado europeo (nuestro mercado) no puede triunfar si va a ser la misma en todos los países de la UE, yendo simplemente a parar en la destrucción del sistema europeo de bienestar.
3. En definitiva, apoyar esta reforma es optar por un sistema económico global en que los trabajadores vivan cada vez peor, para que la riqueza siga acumulándose en las manos del 1% de la población, de los banqueros, de los ejecutivos de las grandes multinacionales y de los líderes de los grandes partidos políticos que les sirven de coartada.
Por eso desde aquí queremos hacer un llamamiento a todos los ciudadanos a participar en la huelga, pero no quedándose en casa, sino dejándose ver en los diferentes actos que se proponen el próximo jueves 29, para hacer patente nuestro desacuerdo con la reforma. Para que no digan que no fuimos a trabajar porque los piquetes nos lo impidieron. Hacemos un llamamiento también a las mujeres y los hombres que trabajan en su casa, cuyo esfuerzo parece que no existe por no tener un salario, para que rechacen una reforma que va a obligarlos a trabajar también fuera por la bajada de los salarios. También a los parados, para que levanten su voz contra una reforma que va a condenarlos a trabajar gratis para la administración si no aceptan la movilidad en trabajos precarios “si es preciso en Laponia”.
Hacemos este llamamiento a quien tiene empleo y a quien no lo tiene, para que luchen juntos, porque la unión hace la fuerza, y hay que parar esta estrategia de enfrentarnos a los unos con los otros que solo pretende que no busquemos a los auténticos culpables ni las verdaderas soluciones.
Contra una reforma política, una huelga política. Por supuesto: los ciudadanos haciendo política de forma transparente y sin intermediarios.
Porque las cosas importantes es mejor hacerlas uno mismo.
Invitamos a todo el mundo a acudir el jueves 29 a las 12:00 de la mañana frente al ayuntamiento de Ribadeo.

Asamblea Ciudadana del Occidente-Mariña.
-
Outras entradas no blog: Borrador do comunicado
Algunha viñeta propia

20120326

Comentarios externos ás eleccións

Posiblemente hoxe as noticias vaian da man dos votos de onte. Digo posiblemente porque limiteime a ver anoite os resultados, sen mirar esta mañá os comentarios. 50-47-12 PP/PSOE/IU en Andalucía, 16-13-10-5-1 PSOE/FAC/PP/IU/UPyD na veciña comunidade.
É dicir, o PP non chegou á maioría absoluta en Andalucía, que pode ter goberno de maioría PSOE-IU mentras en Asturias PSOE, IU e UPyD aumentan 1 a conta de Foro, que se queda con trece, pero que pode formar unha maioría ideolóxica co PP, que resiste en número de escanos. Para os grandes partidos, suba do PP, pero non a esperada, contradicción para o PSOE, esperada, aumento de IU, pero sen capitalizar todo o descontento social que podería. Tanto en Asturias como en Andalucía, rebaixas para os gobernantes, pero mentras que en Asturias as eleccións foron perdidas polo convocante, en Andalucía foron só perdidas a medias, en medio de casos de corrupción. As alternativas seguen a ser incógnitas, pois UPyD é, dende o comezo, un partido máis do sistema que non se da erixido en algo abondo consolidado. Por suposto, unha vez visto que o PP non nos saca da crise de xeito inmediato e contundente, os resultados electorais tamén comezan a virar, aínda que en conxunto siga subindo, e iso aínda tendo fronte a el en Andalucía a posibilidade de capitalizar a corrupción. Claro que esa palabra non é allea o que xa está sucedendo de novo na cúpula a nivel estatal ou sae nos xornais un día si e outro tamén a nivel autonomías.
Resultados definitivos a falta do voto emigrante
As abstencións, en máximos, creo que tamén indican algo (a táboa de enrriba está feita con datos dos partidos que obtiveron alomenos un 0,1% de votos emitidos). E é que por riba dos resultados en canto a escanos, contan os resultados en canto a votos. E isos indican en Andalucía as diferenzas PP-PSOE foron mínimas, e que os dous baixaron en votos, e en Asturias, que sorprendentemente Foro Asturias vése beneficiado pola distribución electoral, non sendo o partido máis votado. Tando UPyD como Equo acadan porcentaxes semellantes nas dúas votacións, pero a dispersión de voto en Asturias facilita que a xente de UPyD obteña un escano, mentras que Equo queda lonxe do mínimo en ambas comunidades.
Cambios? Algún si, pero non demasiados ...
Respecto a Ribadeo? Non vexo que lle vaia a efectar moitoa á ría, por exemplo, e como non sexa a posibilidade de volta ó goberno asturiano de Paco Rivas ...

20120325

Pleno Truncado (20120323) - II

Continuación de Pleno Truncado
Dicía na primeira parte que o pleno truncouse ás 12 da noite, debido ó dictaminado por imperativo legal polo artigo 87 do "Real Decreto 2568/1986, de 28 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento de organización, funcionamiento y régimen jurídico de las Entidades locales":
'Toda sesión, sea ordinaria o extraordinaria, habrá de respetar el principio de unidad de acto y se procurará que termine en el mismo día de su comienzo. Si éste terminare sin que se hubiesen debatido y resuelto todos los asuntos incluidos en el orden del día, el Presidente podrá levantar la sesión. En este caso los asuntos no debatidos habrán de incluirse en el orden del día de la siguiente sesión.'
En fin, que sexa ou non claro á hora de ler o anterior artigo, que se citou alí (pois refírese a conceptos xurídicos e fala de que o Presidentente poderá levantar a sesión, pero non de que deberá), o pleno suspendeuse e quedarán as preguntas para o novo pleno ordinario, a celebrar en maio. Mentras, o alcalde foi acusado de levar a culpa por a cantidade de cousas a tratar, e mesmo aconsellado, respondéndolle nunha das ocasións a un interlocutor que non era naide para dicirlle como tiña que actuar.
Non din chegado ó pleno ó comezo, polo que non podo referir a aprobación de acta, que se fai case indefectiblemente por unanimidade, nin do apartado de aprobación inicial do regulamento de creación de ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Ribadeo.
Despois, uniuse o debate dos tres convenios urbanísticos (puntos 3, 4 3 5) e do mesmo PXOM (punto 6º da orde do día). Os resultados, claros, son un auténtico resume:
Nº de punto/tema --------------------- A favor --- Abst. --- En contra
3 (convenio r/Pintor Fierros)............12........1.............0
4 (convenio r/Daniel Cortezón).........12........1.............0
5 (convenio r/Rosalía de Castro)......12........2.............0
PXOM................................................12........1.............0
Manténdose a abstención do representante do PSOE en tódolos casos, e incorporándose o representante de UPRi no punto 5.
A postura do PSOE mantiña unha perspectiva de aumento da edificabilidade, en contra do aumento de zonas verdes que se prevé, citando na súa defensa 'non nos imos a poñer a pastar cabras'. A de UPRi, que no caso do convenio cos Molineros (r/Rosalía de Castro), non tiña abonda información, aínda recoñecendo o consenso acadado na discusión dos temas de urbanismo e o querer sacar adiante o PXOM (cousas citadas tamén polo PP na súa intervención)
Respecto ó PXOM foi anunciado que esta volta habería un período de alegacións de dous meses, e houbo un pequeno debate sobre o anunciar ós antigos alegantes que xa estaba a disposición de novo, a súa posta en internet (prevista para a próxima semana), etc, con cousas que parece ser que xa se trataran en comisión, como o ser anunciado ós alegantes.
Das 15 persoas iniciais no público, algunha xa comezou a desfilar tras ver cal ía ser o resultado destas votacións, quedando ó final do pleno catro persoas.
Continúa na 3ª parte.

John Rutherford

Os días van pasando, e ante de que sexa esquecido, quero poñer unha reseña sobre John Rutherford, a conto do seu investimento como doctor Honoris Causa pola UDC. Quizáis non estaría de máis o consello de ler, alomenos para quen non o coñeza, a entrevista na Voz a conto do mesmo tema.
Coñecín a John hai xa tempo, e lembro que unha das primeiras cousas que falei con el foi para preguntarlle se era parente de Ernest Rutherford, o científico, o que me negou.
Nunca tivemos polo momento unha relación frecuente, pero si amistosa: a súa afabilidade facilítao. Abondo para recoñecerlle a John un saber estar e interese polos demáis, a parte da súa valía intelectual. Referenzas sobre a súa vida e milagres pódense atopar en moitos lugares, como na ligazón que deixo ó comezo, pois o seu traballo xunto á súa valía deron moito froito, pero os premios universitarios difícilmente poden recoller a humanidade. E tamén a ten acreditada.