20110317
A crise chega a porto
Unha nova de hoxe da Voz indica que 24 usuarios de Porcillán e Mirasol deben a Portos máis de 7 000 €, máis do 60% das débedas que quere cobrar o organismo público na provincia. A crise chega a porto mentras (por exemplo e por entrar só nun sector concreto) se nos di de xeito tranquilizador que o recibo da luz non subirá en abril tras deixar unha suba a comezos de ano que aínda está coleando, ou do desastre de armonización de recibo mensual que tamén está a colear dun ano antes, ou aínda máis, mentras as eléctricas ganan abondo (ó mellor hai quen non considera abondo 8 000 M€) e parece que hai un 'déficit de tarifas' permanente. Na realidade, quen ten un déficit inducido na súa propia balanza financiera somos nós.
Etiquetas:
economía
20110316
Unha curiosidade

Un niño de anduriñas e unha protección (unha bandexa vella de forno ou semellante, algo que non destaca sobre o fondo tamén branco) para que as súas cagadas non vaian nin ó resalte de adorno nin á beirarúa.
Etiquetas:
Fotos Ribadeo
Dous anos de diferencia, dúas veces o mesmo anuncio
Hai dous anos o tema do hospital da costa estaba abondo máis movido. Dous anos serven tamén para temperar. E para ver o grao de cumprimento. Hai dous anos, no 2009 (se ben máis avanzado que o que vai deste 2011, na festa da faba de Lourenzá), o Presidente Feijóo dixo: «Hai o compromiso de incrementar os servizos do hospital de Burela, un dos que temos que reforzar». Agora volve repetilo, sen telo feito antes nin ter indicios de que se comece polo momento: «tamén está na axenda do Goberno a reforma e renovación do Complexo Hospitalario de Ourense, do Hospital da Costa e do Hospital do Salnés».
Hai diferenzas? Si, máis dunha: agora xa non é a primeira vez que o afirma (que indicaría que máis probabilidades de que se cumprira a afirmación ...), vai pasado medio mandato (co que certamente lle queda menos tempo e é menos crible), está senón desactivada a plataforma, si ao menos con menor creto, participación e visibilidade, e agora a afirmación vai diluída entre outros traballos, en troques da afirmación en destaque de hai dous anos. Melloramos? Coido que non.
E, polo demáis, está mellor o hospital que daquela? Coma sempre, hai contradiccións, pero máis ben arredor de se empeoraron as cousas ou non...
Sobre o tema, entre outros:
Un artigo sobre sanidade
Para dicir non ó ambulatorio de Burela
O prometido é débeda
Xuntanzas sobre a área sanitaria da Mariña
Nota de prensa da plataforma sanitaria
De enfermidade
Por vía dos feitos, hospital desfeito
Nota de prensa de O Tesón
Primeiro o alonxamento, despois o retraso (cando o problema era quedarse sen representación no hospital en favor de Lugo en troques de directamente sen hospital)
O 2% da poboación, á manifestación
Hai diferenzas? Si, máis dunha: agora xa non é a primeira vez que o afirma (que indicaría que máis probabilidades de que se cumprira a afirmación ...), vai pasado medio mandato (co que certamente lle queda menos tempo e é menos crible), está senón desactivada a plataforma, si ao menos con menor creto, participación e visibilidade, e agora a afirmación vai diluída entre outros traballos, en troques da afirmación en destaque de hai dous anos. Melloramos? Coido que non.
E, polo demáis, está mellor o hospital que daquela? Coma sempre, hai contradiccións, pero máis ben arredor de se empeoraron as cousas ou non...
Sobre o tema, entre outros:
Un artigo sobre sanidade
Para dicir non ó ambulatorio de Burela
O prometido é débeda
Xuntanzas sobre a área sanitaria da Mariña
Nota de prensa da plataforma sanitaria
De enfermidade
Por vía dos feitos, hospital desfeito
Nota de prensa de O Tesón
Primeiro o alonxamento, despois o retraso (cando o problema era quedarse sen representación no hospital en favor de Lugo en troques de directamente sen hospital)
O 2% da poboación, á manifestación
20110315
A voltas cos Terremotos
A conta do terremoto no Xapón (9 na Escala Ritcher), déuselle importancia un pequeno terremoto en Santigo (3,2 na mesma escala).Sendo a escala usada logarítmica, iso significa que o terremoto xaponés liberou preto duns 1000 millóns de veces máis enerxía que o de Santiago.
Aínda así, do desastre que aló hai, o terremoto só ten culpa directa dunha parte pequena. A producción dun maremoto a conta de que o epicentro estaba no mar foi a causa da grande maioría de desperfectos. E de mortes.
O número de terremotos que se producen é maior canto menor é a intensidade. Collo datos do IGN (Instituto Xeográfico Nacional) para amosar os terremotos maiores de 1,5 na escala Ritcher nos últimos 10 días na zona da península e Canarias. Da a casualidade de que en Canarias só se produxo un, e pequena magnitude, pero máis recente, polo que aparece pulsante e na imaxe parece como se fora de máis magnitude. Observando os do mapa da península, vese que son dunha enerxía liberada abondo menor que os que ocorreron nese tempo no Atlántico ou en Arxelia. O listado dos terremotos nese día abonda nuns cantos en toda a península.
Voltando ó de Santiago, o número de evento que lle asigna o IGN, 1 050187, da unha idea do número de terremotos producido. A profundidade, 6 km, É unha referencia de que a pesares da pouca potencia relativa, calquera terremoto libera unha enerxía considerable.De calquera xeito, agora no Xapón, despois da destrucción do tsunami, o que se teme é o perigo nuclear. E se o terremoto e o maremoto non poden evitarse, aínda que poden variarse as súas consecuencias cunha preparación adecuada (abonda comparar os danos por terremoto no Xapón e en Haití o pasado ano, cun terremoto abondo máis débil), no terreo nuclear a cousa xa é máis humana. A enerxía nulcear vese na controversia dende os seus inicios e o emprego como bomba en troques de como fonte enerxética. O certo é que as centrais nucleares xaponesas están moi preparadas para eventos límites (coido que en xeral máis que as españolas, aínda que non se digapor parte dos expertos), pero, naturalmente, non para calquera evento, e os efectos neste caso foron graves. Aínda está pro solucionar o tema, e polo tanto nn se sabe se a gravidade pode aumentar, aínda que deberái tender a solucionarse en non demasiado tempo. As fugas foron relativamente pequenas, pero non por iso pouco menos preocupantes: a mostra está na poboación desprazada. Sobre o nuclear voltaremos falar. Máis que un anuncio para o blog, un lema ou ou pronóstico que deixa patente a necesidade de diálogo, prevención e supervisión arredor dunha enerxía que polo momento se nos prantexa como necesaria de non diminuír abondo o consumo - o que vai contra 'o mercado'.
Entradas relacionadas:
Terremoto en China
Terremoto en Triacastela
Terremoto en Haití
Terremoto en Ribadeo
20110314
Máis pregóns da xira en publicado en Ribadeo
Días pasados rematei de cargas os pregóns da xira en 'publicado en Ribadeo', procurados por Daniel Rodríguez Saavedra . Asemade, últimamente carguei tamén o anaco de pleno no que se da o nome do auditorio a Hernán Naval (2006).
Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de 'publicado en Ribadeo'. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo
Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de 'publicado en Ribadeo'. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo
Etiquetas:
cultura,
publicado en Ribadeo,
Xira
Un libro sobre Daniel Cortezón
Comeza a semana. Ó final dela, o 19 ás 19, terá lugar a presentación dun libro homenaxe a Daniel Cortezón.
O lugar, o Salón de Plenos da Casa do Concello, como corresponde a un ribadense con ficha na BVG e na AELG, a parte de levar o seu nome a mostra anual de teatro afeizoado que ten lugar en Ribadeo.
Na obra participaron 65 amigos e estudosos da obra de Daniel. Xente de Ribadeo como Luz Pozo, Carlos Alvarez Lebredo ou Santiago Sanjurjo. Tamén de amigos de Madrid (Jerónimo López Mozo, Julio Diamante, Delfin Mariño, ...) e de Vigo (Xose Luis Franco Grande, Manuel F. Vietes, Fernando Barros...), así como xente do teatro galego (Gustavo Pernas Cora, Xulio Lago, Roberto Casteleiro, ...), e colaboracións varias máis difíciles de encasillar nos grupos anteriores como Gonzalo Moure ou Francisco Mariño. Por suposto, tamén ten colaboración gráfica, de fotografos como Fernando Represa, Jaime F. Pola ou Fernando F. Paez, de debuxantes como Eduardo Baamonde, ou Juan López Rico, e mesmo un retrato feito por Mª Pilar Alonso Martínez-Crespo (Paly).
Inclúese tamén a participación de amigos desaparecidos: Dionisio Gamallo Fierros e Cándido Sanjurjo teñen artigos na obra, e Suso Peña colabora coas súas fotos.
Da maquetación e o deseño do libro, que ve a luz a iniciativa de Manolo F. López, de Gráficas Lar de Viveiro, e Manuel Valín, encargouse Beatriz Mohedano, quen usou para portada unha fotografía de Diego Casado.
A obra do amplo abano de colaboradores será presentado por xente das institucións e da cultura de Ribadeo nun acto ó que se prevé numerosa asistencia.
Etiquetas:
cultura,
Santiago Sanjurjo
20110313
Un novo paseo

As da beira son algunhas fotos das que remato de cargar en Flickr sobre o Paseo das Aceas que se está a facer dende os bloques (poden verse a partir de aquí).Comeza nos bloques, onde se están a facer varias reformas: novos edificios en troques dos vellos, saneamento da antiga rraseira de edificios, eliminación da rampla con escaleiras e adecuación da vella para coches, recheo da zona comida polo mar, remodelación do paseo, retoque da escolleira, ... Segue logo pola beira da Vila Vella, onde de carreiro pasa a paseo.

Na propia zona de asteleiro da Vila Vella fíxose paseo e adecouse, pasando as naves do asteleiro a ser eliminadas e dispoñendo unha nova construcción. De alí á fábrica de alxinatos, paseo. A fábrica está a sofrer unha remodelación completa, dende o edificio principal ó que foi durante moito tempo cobertizos, ou patio, ou depósitos. De aló o paseo cruza o rego e ascende á beira da estrada, deixando á beira ó camiño de baixada á punta do Costal, que segue a ter polo momento diversos tipos lixo, comezando por un pecio en dúas partes.
Esta é a zona que vai máis retrasada, non tendo feito aínda o camiño en varios lugares, antes e despois da baixada á ría na punta do Costal. Seguindo atópase de novo o camiño xa feito (nalgures aínda sen rematar) e baixa a mediltura para seguir entre eucaliptus e agún resto de flota autóctna ata a entrada da Enseada das Aceas, onde est unha das partes principais da obra, a barra e os muíños, a conducción de auga do rego e os pasos de auga mareal.
Tiña idea de que ían deixar un muíño acristalado para ver o interior, pero parece que non vai a ser así, como se pode ver nas fotos.O paseo presta. A composición a partir das imaxes do Sigpac que deixo ó comezo da unha idea do camiño (os Bloques, na parte superior da imaxe, as Aceas, na inferior) ó longo dos aproximadamente dous km de percorrido (algo máis se se colle como tal a barra das Aceas)
Etiquetas:
Fotos ría de Ribadeo,
sociedade
20110312
Pois queimouse
Un vídeo dunha parte dos fogos...
Etiquetas:
sociedade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)