Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta plataforma pola defensa da ría. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta plataforma pola defensa da ría. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20210526

NOTA DE ANTIGOS MEMBROS DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA DE RIBADEO

 

NOTA DE ANTIGOS MEMBROS DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA DE RIBADEO  

 

    Como saben os veciños o dia 27 de Novembro de 2019 o Parlamento Asturiano aprobou por unanimidade unha “Proposición No de Ley” do grupo Parlamentario Popular na que instaba ao goberno autonómico a recoller toda a información histórica para acreditar o uso da fórmula “Ría del Eo” e solicitar ao Instituto Geográfico Nacional a sua equiparación á denominación oficial e tradicional “Ría de Ribadeo”. Asemade en abril de 2021 a D.G. de Política Llingüística do Principado de Asturias informou de que tiña rematado o informe de antecedentes históricos requerido polo Parlamento Asturiano e viña de remitirllo ao Instituto Geográfico Nacional. Deseguido o Instituto Geográfico Nacional abriu un período de consultas e alegacións para que as partes interesadas puidesen aportar os  informes que considerasen oportunos.  

    Neste contexto un grupo de antigos membros da Plataforma pola Defensa da Ría tomamos o acordo de dirixirnos ó Instituto Geográfico Nacional solicitando ser admitidos como parte interesada neste expediente promovido pola Dirección General de Política Llingüística do Principado de Asturias e onte recibimos a resposta afirmativa e máis a documentación que inclúe o informe da devandita D.G. de Política Llingüística.  

    Con esta nota só pretendemos informar aos veciños e veciñas de Ribadeo e demais lectores e lectoras e ofrecer a información que precisen ademais de recoller as suxerencias ou opinións que estimen oportunas. Ao mesmo tempo temos que notificar que presentaremos un informe ca documentación dispoñible nos nosos arquivos.  

    As persoas que promovimos esta iniciativa somos @s seguintes:  

 

Dña. María Luisa Mon Bellón  

D. Roberto Rodríguez Rodríguez  

D. Miguel Angel Gutiérrez Sampedro  

Dña. Rocío Martínez García  

D. José María Lombardero Rico (Secretario)  

D. Evaristo Lombardero Rico (Presidente)  

         

Pd.: Temos que pedir disculpas a outr@s membr@s da Plataforma pola Defensa da ría por non ter contactado con el@s pero estamos moi acoutados de tempo. Grazas.

--

O documento de 'certificación' do nome da ría en 2008.

20160119

Un aviso: XUNTANZA DE ASOCIACIONS ECOLOXISTAS DA RESERVA DA BIOSFERA

XUNTANZA DE ASOCIACIONS ECOLOXISTAS DA RESERVA DA BIOSFERA
O Diario Oficial de Galicia do xoves, 14 de xaneiro de 2016 publica a convocatoria dunha xuntanza que se celebrará na Casa da Cultura da Pontenova o proxímo día 27 ás 19, 00 h para elexir a dous representantes de Asociacións Protectoras do Ambiente que formarán parte do Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera do Rio Eo, Oscos e Terras de Burón.
Temos particular interés por informar ás asociacions ecoloxistas e similares que teñan interés por estes asuntos para que participen nesta elección e se chegue a constituir un grupo de traballo o mais amplo posible cara a conquerir melloras no eido medioambiental tanto na conca do Eo como na Ría de Ribadeo que a fin de contas é a receptora final de tódalas emisións.
Dase a coincidencia de que nestes días estivemos falando con varias persoas interesadas en revitalizar a Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo e proximamente anunciaremos unha xuntanza pública a celebrar a semana que ven con esta finalidade.
Evaristo Lombardero Rico
Ribadeo, 15 de xaneiro de 2016
Coido que é unha oportunidade para poñer en marcha unha figura de protección que leva anos de retraso en relación ó que debera ser legalmente, e máis tempo aínda en relación á súa necesidade. Verase a operatividade da figura, rectora dun espazo definido o 19 de setembro de 2007 e do que se definiu a súa rectoría o 11 de decembro de 2013, sen consecuencias ata o momento.
Como preparación, terá lugar unha xuntanza no Cantón o venres 22 ás 20:30 de persoas relacionadas interesadas no tema:
O próximo venres, 22 de xaneiro, celebrarase no Cantón Bar de Ribadeo a anunciada xuntanza de refundación da Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo. Terá lugar ás 20,30 horas do serán e están invitadas todalas persoas que desexen participar. A Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo foi un colectivo que iniciou as suas actividades no ano 1.992 prantexando temas de protección da ría e outros relacionados co medioambiente ou de tipo sociocultural. Agora non se trata de repetir o vello modelo modelo organizativo senón de organizar a sensibilidade social pola protección da ria acarón doutros métodos como son as redes sociais e formas de participación adaptadas aos costumes e medios actuais. A idea sería aproveitar as bases administrativas da antiga plataforma para comezar a traballar e incorporar novas persoas e no prazo de seis-doce meses constituir unha nova organización con persoas, métodos e prantexamentos renovados según as decisións que se dopten colectivamente. A curto prazo prantexase a participación no Foro Social da Reserva da Biosfera que se constitue nunha xuntanza a celebrar na Pontenova o próximo dia 27 de xaneiro. Contacto Evaristo Lombardero Rico
--
Entrada na Galipedia da Reserva da Biosfera
Ficha da reserva da biosferan da UNESCO
Web asturiana sobre a reserva
Previo á Reserva da Biosfera.
Un resume do que é.

20221019

A NACIÓN DORMIDA. Pancho Campos Dorado

A NACIÓN DORMIDA

Pancho Campos Dorado

Recibimos o pasado venres 14 de outubro, na Plataforma de Mariños de Ribadeo, un escrito [sete follas] do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agencia Urbana, onde nos remiten un outro informe da Comisión Especializada de Nombres Geográficos (CENG) sobre a denominación da Ría formada na desembocadura do río Eo, en cumprimento da resolución do 25 de maio de 2022. Pola mesma nos informan que segundo artigo 82 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común de Administracións Públicas, ábrese trámite de audiencia para presentar documentos e xustificacións que se estimen pertinentes nun prazo de 10 días. Esta primeira folla está firmada dixitalmente polo Director Xeneral D. Lorenzo García Asensio.

[2ª folla] INFORME da CENG sobre a denominación da ría formada na desembocadura do Eo, na que se fai un resumo dos antecedentes previos, en cuxo punto terceiro, cítase que, con data de 6 outubro de 2021, a presidenta da CENG remitiu informe da votación realizada entre os membros da CENG e o seu Grupo de Traballo na que “se decidiu por maioría manter a denominación Ría de Ribadeo como identificador xeográfico e ademais considerar o topónimo Ria del Eo con carácter alternativo, e dicir, oficial ao mesmo nivel que o identificador xeográfico”.

Punto cuarto, con data do 29 de outubro 2021, a DGIGN, resolveu o procedemento polo que se establecían estas denominacións oficiais da ría.

Punto quinto, fronte á citada Resolución presentaron recursos de alzada a Deputación Provincial de Lugo, a Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo, A Xunta de Galiza, o Concello de Ribadeo e a Plataforma de Mariños de Ribadeo.

Punto sexto, con data de 25 maio 2022, a Subsecretaría de Transportes, Movilidade e Axencia Urbana, resolveu: “ESTIMAR PARCIALMENTE os recursos interpostos polas entidades relacionadas no encabezamento da presente resolución [as anteriormente citadas] contra a resolución do 29 outubro 2021, a Dirección General do Instituto Geográfico Nacional (DGIGN) solicita de novo á CENG, informe preceptivo establecido no artigo 24.3 do R.D. 1545/2007, de 23 novembro, polo que se regula o Sistema Cartográfico Nacional.

Por todo o exposto, esta Comisión Especializada emite o seguinte:

[3ª folla] INFORME. Recibida por esta Comisión Especializada...[todo o anterior].

As posíbeis solucións existentes para establecer a denominación oficial da ría son: 1) manter un único identificador xeográfico; 2) incluír, ademais, un nome alternativo [a aquel] co mesmo nivel de oficialidade e uso que o identificador xeográfico: 3) a inclusión ademais dun nome variante [de uso menor e restrinxido no espazo]. Por outra parte, tamén é fundamental establecer a orde en que deben rotularse as denominacións Ría de Ribadeo e Ría do Eo, unha vez determinada a denominación oficial adoptada para o topónimo.

Do estudo da documentación aportada... QUEDA CLARA A MAIOR ANTIGÜIDADE E PREVALENCIA DA DENOMINACIÓN DE RÍA DE RIBADEO SOBRE CALQUERA OUTRA, POLO QUE SEN DÚBIDA, ÉSTA DEBE PERMANECER COMO IDENTIFICADOR XEOGRÁFICO DA RÍA. Pero, ademais, “existen diversos documentos que recogen la existencia de la denominación Ría del Eo desde hace 150 años, así como testimonios que demuestran el uso extendido de este topónimo entre la población de la margen oriental de la ría”.

Iso último non é verdade, simplemente porque a xente erudita da marxe dereita ou oriental da Ría de Ribadeo, son testemuña de que os seus maiores, sempre lle chamaron Ría de Ribadeo, pois é a forma historicamente correcta. Poden verse varios artigos neste semanario La Comarca del Eo de D. Alberto Mediavilla da década dos oitenta do século XX e de outros autores, como D. Gonzalo Anes (ABC, e na sección Tribuna de La Nueva España, 20 agosto 2002) ou mesmamente os anuncios de Asteleiros Gondán do que mostramos un de 1948.

Continúa dicindo o informe. No ano 2008, esta Comisión Especializada aprobou engadir o topónimo Ría do Eo como nome variante de uso restrinxido, dentro do nomenclátor Geográfico Conciso de España, único existente naquel momento, e no que non existía a opción técnica de incluír un nome alternativo.

Isto é mentira. O 13 de marzo de 2008, asinaba Dª. Margarita Azcárate Luxán, Secretaria General da Comisión Especializada de Nombres Geográficos o seguinte informe: “La Real Sociedad Geográfica sostiene con contundencia que el único nombre que debe otorgarse a la citada ría es el de Ría de Ribadeo”...Por tanto, considerando que la denominación Ría de Ribadeo está generalizada en toda la cartografía hidrográfica, topográfica, atlas y publicaciones geográficas de carácter científico, a nivel mundial, no hay ninguna razón para que se cambie esa denominación por la Ría del Eo que, como queda demostrado, es un topónimo creado recientemente y erróneo...”.

Qué se pode esperar dunha “Comisión Especializada” que amaña os informes que emite? Seguimos coas falcatruadas emitidas.

A continuación explícannos como foi que chegou a ridícula e vulgar denominación da Ría do Eo ao nomenclátor. No ano 2013, coa publicación do Nomenclátor Xeográfico Básico de España, modificouse o modelo de datos para dar cabida a todas as realidades xeográficas e topónimos do Estado plurilingüe que é España. Así, a un obxecto xeográfico se lle permite desde entonces estar recollido no nomenclátor con máis dunha denominación e en máis dun idioma. “Es en este nuevo contexto en el que se ha producido la iniciación del procedimiento administrativo para la determinación del nombre oficial de la ría en la que desemboca el río Eo”.

Ou sexa que, porque cambiaron o software das publicacións do nomenclátor no ano 2013, se saltaron a resolución do 13 de marzo de 2008, e fixeron o que lles veu en gana. Guapos, si señor! E non pasa nada, a administración da Galiza está durmindo!

Continúan dicindo que, como resultado do estudo da documentación aportada e o cambio “en el modelo de datos” esta Comisión Especializada considera as posibles fórmulas a utilizar para a denominación que forma la ría en la desembocadura del río Eo, e enumera catro: 

A.) Identificador xeográfico e nome alternativo: Ría de Ribadeo // Ría del Eo. 

B.) Identificador xeográfico e nome alternativo: Ría del Eo // Ría de Ribadeo. Neste punto xa vemos outra das tantas falcatruadas deste informe, pois pon como identificador xeográfico a Ría do Eo, cando nun paragrafo anterior, dicíase explicitamente “QUEDA CLARA A MAIOR ANTIGÜIDADE E PREVALENCIA DA DENOMINACIÓN DE RÍA DE RIBADEO SOBRE CALQUERA OUTRA, POLO QUE SEN DÚBIDA, ÉSTA DEBE PERMANECER COMO IDENTIFICADOR XEOGRÁFICO DA RÍA”.

C.) Identificador xeográfico e nome variante: Ría de Ribadeo // Ría del Eo

D.) Identificador xeográfico e nome variante: Ría del Eo // Ría de Ribadeo

E.) Único identificador xeográfico: Ría de Ribadeo

F.) Único identificador xeográfico: Ría del Eo

Ou sexa, escollas o que escollas, excepto na opción (E) en tódalas fórmulas, entra a formar parte do nomenclátor oficial español a denominación Ría do Eo. Hai que ter trágalas para aceptar a esta comisión de “expertos”, cando se contradín eles mesmos unha e outra vez, posto “que sen dúbida, Ría de Ribadeo, pola maior antigüidade debe permanecer como Identificador Xeográfico da Ría”.

[4ª folla] Din que, “Estudiada la documentación reunida en el procedimiento y teniendo en cuenta lo seguinte”: 1) El topónimo Ría de Ribadeo es anterior en el tiempo y tiene una mayor difusión a nivel suprarregional e internacional”.

Por suposto, e a Plataforma en Defensa da Ría de Ribadeo, presentou unha enorme cantidade de documentación literaria e de mapas xeográficos coas denominacións propias de terras e mares, que comezan no século XVI coa obra do 1550 “Descripción del Reyno de Galizia y de las cosas notables del”, do Licenciado Molina, canónigo da Catedral de Mondoñedo, e outros, nada menos que 11 515 documentos máis, que chegan até os nosos días. O Goberno do Principado presentou un documento de “lindes de terras” dun notario de Castropol de 1871. Así de “igual cantidade de documentación” foi presentada ao estudio pola “comisión de expertos”!

2) “El topónimo Ría del Eo está recogido en documentos oficiales desde, al menos, 1871”. “Documentos de 1871”?. Este apartado é outra das terxiversacións que fai a “Comisión de Expertos” da denominación da Ría, posto que, Ría do Eo, non é un topónimo xeográfico. Na [5ª folla] D. Ayar Rodríguez de Castro, vocal desta CENG, explícao exhaustivamente, “no ha lugar al cambio de denominación considerando que una ría constituye una entidad geográfica resultado de una elevación del mar con respecto a la tierra debida al “cambio eustático del nivel del mar” (Real Sociedad Geográfica, RSG 2007) y que en ningún caso está vinculada, en su origen, a la red hidrográfica terrestre. De este modo, se entiende que una ría no puede estar adscrita, en ningún caso, a un río que desemboque en ella. En este sentido, desde un punto de vista semántico, no resulta geograficamente apropiado denominar a una ría con la referencia de un río que desemboque en ella (de hecho, en cualquier ría puede desembocar más de un río, lo cual sucede con frecuencia). Lo habitual en una abrumadora mayoría de casos es que la ría se denomine con el nombre de un núcleo de población referencial asentado en sus márgenes (Ría de Navia, no del Navia, Ría de Arosa, no del Tambre, etc.). Bajo esta consideración, “Ría del Eo” no es un topónimo semántica y geograficamente adecuado, de modo que, atendiendo a la larga tradición histórica de un topónimo geograficamente pertinente como sería “Ría de Ribadeo” (...)

Ou sexa, a denominación Ría do Eo, na Linguaxe, na Xeografía e en román paladino é unha gilipollez.

Pero, aquí vemos tamén a parcialidade deste comisionado pois, di que “atendendo a unha solución de consenso e as consideracións reflectidas na proposta do informe recibido (que informe recibeu?), entendemos tamén razoable a posibilidade de considerar Ría do Eo como “nome variante”... de cara a ter en conta as “sensibilidades” en torno a este caso concreto. Ou sexa, non ten razón de ser tal denominación pero por non ferir “sensibilidades” avalan a causa do Principado aínda que non teña ningunha razón... Estamos apañados; pero vostedes que tipo de Comisión de Expertos son, si teñen que resolver un problema técnico e se basean na “sensibilidade” e non pola técnica documental? Menuda cuadrilla.

3) “Se ha constatado la utilización de ambas formas con predominio de una u otra según el lado de la Ría en que se encuentre la población. Si, certo, uns sabendo o que din e outros dicindo o que lles ven en gana.

4) “Naciones Unidas, aún reconociendo que lo ideal es la asignación de un único topónimo normalizado a cada entidad geográfica considera que, en algunos casos donde resulte dificil asignar un único topónimo, especialmente en zonas multilingües, se pueden escoger como topónimos oficiales con el mismo rango dos o más nombres”.

A “Comisión de Expertos” interpreta esta disposición da ONU de xeito interesado, sen lugar a dúbidas, e din a continuación dunha parrafada sobre a resolución IX/4 da Novena Conferencia da ONU que, “En este sentido, al topónimo Ría del Eo se le debe reconocer un carácter oficial al nivel que le corresponde sin menoscabar por ello el uso de la forma Ría de Ribadeo como la más antigua y extendida”. Por todo lo expuesto, esta Comisión Especializada de Nombres Geográficos ha ACORDADO recomendar por mayoría la opción A de las enumeradas anteriormente, es decir: *Que se mantenga la denominación Ría de Ribadeo como identificador geográfico. **Que se considere el topónimo Ría del Eo con caracter alternativo, es decir, oficial al msmo nivel que el nombre preferente”.

Aquí vemos unha vez máis, a mala fé desta resolución. A interpretación da norma da ONU é interesada e partidista por parte da “Comisión de Expertos”, pois a norma di que se traducirá o topónimo as distintas linguas limítrofes, neste caso ao galego da Galiza, Ría de Ribadeo, e o galego occidental de Asturias, Ría de Ribadeu, como Oviedo e Ovieu, a norma non di nada sobre cambiar radicalmente o topónimo. Iso solo ocorre nos mapas ingleses coas illas Malvinas, Falkland Islands, ou co Canal da Mancha, English Chanel, produto da antiga rivalidade entre dous imperios.

Para non alargarme máis nesta falcatruada administrativa, deixemos constancia dos membros do Grupo de Traballo da “Comisión de Expertos”: Alberto González Monsalve e José Miguel Maestre García, en representación da Xunta de Castela e León (terras onde hai “incontables” rías); Alicia Padilla Gómez, en representación do Instituto Nacional de Estadística (que relación ten isto co tema a tratar); Asunción González Torrado, en representación da Xunta de Estremadura (si levantara a cabeza Hernán Cortés, íalle contar quen puxo o nome as rías e os accidentes costeiros); Angélica Castaño Suárez, en representación del Instituto Geográfico Nacional (señora, como a involucraron a firmar isto?) e María Teresa Mollá Villaplana, en representación da Academia Valenciana da Llengua (interesante o dialecto valencíá do idioma catalán).

Como xa dixemos, D. Ayar Rodríguez de Castro, non asinou o mamotreto e emitiu Voto Particular, coas notas antes relatadas. No caso de Vicente Feijoo Ares, fai observacións particulares, entre elas que Ría del Eo é un criterio que non vale para Galicia (pois sería en todo caso Ría do Eo) mentres que Ría de Ribadeo vale para todos (no comment). Mirari Alberti Aguirre, fai observacións particulares en representación do Goberno Vasco indicando que é partidaria da opción “C”, identificador xeográfico e nome variante: Ría de Ribadeo/ Ría del Eo... e a continuación di que “entiendo la reivindicación de la denominación Ría do Eo por parte do Principado de Asturias, pero sinceramente, considero que el argumento de la “tradición en absoluto reciente” y el “caracter tradicional” que ha adquirido el nombre no está suficientemente claro”. Grazas pola súa achega, pero gustaríanos saber que é o que entende Dª Mirari desta “reivindicación” do Goberno do Principado? O verbo reivindicar significa, “pedir por dereito algo do que foi un desposuído”. Desde cando se pode desposuír a alguén de algo que nunca, nunca tivo?

Por último, Mikel Gorrotxategui, membro do grupo de traballo da CENG da academia da Lingua Vasca/ Euskaltzaindia, reafirma tamén o voto pola opción “C” alegando que “es obvio que el propio nombre de Ribadeo hace referencia al Eo, pero no creo que la documentación aportada pueda equiparar ambos nombres”. Menos mal, algo e algo!

Asínase o documento en Valladolid por parte da presidenta da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos, Maria Pardo Álvarez.

Resumindo, a opción “E” único identificador xeográfico: Ría de Ribadeo, como dicía “contundentemente” o Informe de 2008, nono optou ninguén destes “expertos”. Quizais este tipo de continuas zarapalladas de “comisións de expertos españois” sexan un bo xermolo para espertar á Nación Galega durmida, e que os galegos empecemos a loitar como patriotas dunha puñeteira vez polos nosos dereitos e deixemos o maldito camiño da emigración, que tantas veces usamos como vía de escape para non ver tanta ignominia miserable na que está sumida a Nosa Terra, e logo éntranos a morriña, qué vos parece?

Espero que os nosos Historiadores Galegos (con maiúscula) nos sigan deleitando coas súas obras e artigos de investigación documental sobre o antiquísimo Reino de Galiza e nos metan de novo o orgullo de ser galegos, e tiren por terra tanta historia inventada para empoleirar a individuos totalmente ineptos para os cargos, pero que teñen un bo “estómago de sacrificio”. Pero iso é outra historia.

20211105

NOTA DE PRENSA DE UN GRUPO DE ANTIGOS MEMBROS DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA DE RIBADEO

 

NOTA DE PRENSA DE UN GRUPO DE ANTIGOS MEMBROS DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA DE RIBADEO
    
    No día de onte, xoves, 4 de novembro, unha axencia de noticias ten difundido unha información sobre un suposto acordo do Instituto Geográfico Nacional sobre a denominación oficial da Ría de Ribadeo. Pola nosa banda, ao marxe de calquer polémica só queremos transmitir a seguinte información: O día 28 de Outubro, o noso  grupo de antigos membros da Plataforma Pola Defensa da Ría de Ribadeo remitimos ao Instituto Geográfico Nacional un informe de 22 páxinas con alegacións ao documento presentado no seu día pola Dirección General de Política Llinguística del Principado de Asturias.  O noso informe, que está colgado no Blog Ribadeando de Antonio Gregorio, aporta 134 mapas ou cartas mariñas onde aparece a denominación "Ría de Ribadeo" e un mapa onde figura o doble toponímico Ría de Ribadeo e Ría del Eo. Ainda máis aportábamos centos de documentos dos séculos XVI e XVII onde figura o toponímico Ria de Ribadeo, unha análise do informe do Principado de Asturias e unhas conclusións. O prazo que nos comunicou o IGN para a presentación de alegacións finalizaba o 4 de Novembro, ou sexa onte xoves. A nota de prensa aludida afirma que a resolución do IGN é do 29 de outubro. Segundo as nosas informacións a Comisión Especializada de Nombres Geográficos do IGN compóñena 9 persoas, catedráticos, xeógrafos e expertos de toda España. Resulta incomprensible que esta comisión tomase un acordo cinco días antes de rematar o prazo de alegacións, ao día seguinte do noso escrito de 22 páxinas. Pola outra banda a nota das axencias  difúndea a administración asturiana. Ate hoxe (5 de novembro)  o IGN non nos ten comunicado nada como alegantes. A ver en que queda a noticia.
 
   E é que, por se non o sabes, segundo os xornais, o IGN deu onte por válida a denominación de ría del Eo como alternativa á ría de Ribadeo, citando fontes asturianas. A falta de coñecer a resolución en si, é o que hai.
Vista sobre a ría de Ribadeo.

Nota de prensa do Concello e valoración: Ría de Ribadeo

   A máis da xa publicada nota da plataforma pola defensa da ría, adxunto a nota de prensa e a valoración do concello sobre o -de momento, aparente, por falta de documentos de primeira man- cambio de criterio en relación ó nome da ría de Ribadeo.


-

AGARDAN QUE SE MANTEÑA O CRITERIO HISTÓRICO E XURÍDICO

Ría de Ribadeo

04/11/2021

O Concello recorrerá a resolución do Instituto Geográfico Nacional sobre o topónimo da Ría de Ribadeo.

Así o anunciou hoxe, xoves, o alcalde, Fernando Suárez quen explica: "sorprende que na resolución do Instituto Geográfico Nacional non se analizan as nosas alegacións (entre outras varias que temos constancia de que se presentaron, como as da Deputación de Lugo). Nestas alegacións mostramos irrefutables argumentos na defensa do topónimo de Ría de Ribadeo como único oficial posible, mais con esta resolución dá a sensación de que non foron sequera tidos en conta".

O rexedor municipal ribadense engade que "estas alegacións acreditan, entre outros aspectos, o uso histórico do topónimo de Ría de Ribadeo e a realidade de que o topónimo de Ría do Eo é recente e propio de rexistros que non lle poden outorgar oficialidade. Por outra banda podemos afirmar que a nomenclatura das restantes rías galegas e asturianas vai en contra desta resolución, do mesmo xeito que tampouco se respectan as recomendacións da ONU de utilizar un único nome para os accidentes xeográficos e de evitar cambios innecesarios de nomes. Ademais, nestas alegacións tamén analizamos o informe do Principado de Asturias (que reabriu este debate e deu inicio ao expediente) no que, ao noso xuízo, non queda acreditado un uso histórico do termo de Ría do Eo nin un uso máis recente que poida oficializar o seu uso, atopando ademais serias inconsistencias nos argumentos presentados.Por todo isto, en canto teñamos a comunicación oficial da proposta de resolución, iniciaremos os trámites dos recursos que procedan, por entender que dita resolución non está motivada nin se axusta á razón, nin á historia, nin aos criterios de denominación das rías galegas e asturianas en particular, e do Cantábrico en xeral".

E Fernando Suárez agarda que "a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia vaiamos da man para manter o criterio científico, histórico e xurídico avalado por todas as institucións a nivel galego e estatal, que de xeito contundente e con argumentos absolutamente obxectivos defenderon a oficialidade do nome da Ría de Ribadeo".

-

VALORACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL DE RIBADEO DA RESOLUCIÓN DO INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL SOBRE O TOPÓNIMO DA RÍA DE RIBADEO

Sorprende que na resolución do Instituto Geográfico Nacional non se analizan as nosas alegacións (entre outras varias que temos constancia que se presentaron, como as da Deputación de Lugo, etc.). Nestas alegacións mostramos irrefutables argumentos na defensa do topónimo de Ría de Ribadeo como único oficial posible mais con esta resolución dá a sensación de que non foron sequera tidos en conta.

Estas alegacións acreditan, entre outros aspectos, o uso histórico do topónimo de Ría de Ribadeo e a realidade de que o topónimo de Ría do Eo é recente e propio de rexistros que non lle poden outorgar oficialidade. Por outra banda, podemos afirmar que a nomenclatura das restantes rías galegas e asturianas vai en contra desta resolución, do mesmo xeito que tampouco se respectan as recomendacións da ONU de utilizar un único nome para os accidentes xeográficos e de evitar cambios innecesarios de nomes. Ademais, nestas alegacións tamén analizamos o informe do Principado de Asturias (que reabriu este debate e deu inicio ao expediente) no que, ao noso xuízo, non queda acreditado un uso histórico do termo de Ría do Eo nin un uso máis recente que poida oficializar o seu uso, atopando ademais serias inconsistencias nos argumentos presentados.

Por todo isto, en canto teñamos a comunicación oficial da proposta de resolución, iniciaremos os trámites dos recursos que procedan, por entender que dita resolución non está motivada nin se axusta á razón, nin á historia, nin aos criterios de denominación das rías galegas e asturianas en particular, e do Cantábrico en xeral.

Agardamos así mesmo que a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia vaiamos da man para manter o criterio científico, histórico e xurídico avalado por todas as institucións a nivel galego e estatal que de xeito contundente, e con argumentos absolutamente obxectivos, defenderon a oficialidade do nome da Ría de Ribadeo.

20080627

Que mala sorte!

Enténdaseme, non é que queira que perda a selección nacional (de fútbol, claro; ó 3-0 fóille rendido homenaxe aínda nas emisións francesas, por exemplo, sinal de que xogaron ben e o resultado foi merecido), pero non creo que fora en absoluto mala cousa. Dicían os romanos aquelo de 'panem et circenses', é dicir, 'comida e diversión', ou 'mantemento dun mínimo de supervivencia e distracción dos problemas reais'. E iso coido que é o que está a pasar. Pode que seguira a pasar aínda que perdera a selección contra Rusia, pero menos. Así o goberno ten uns días máis nos que as actuacións contra a crise, por exemplo, pasan a un segundo plano. E lembro que o de panem et circenses non foi popular en Roma ata que se chegou ó imperio e comezou o declive, comezando polo social. Ó pouco, continuaron o declive económico, político e de forza, chegou a inseguridade nos camiños e a desintegración social. Aí está a historia. España hai tempo que perdeu o seu imperio e que pasou por unha historia en certo xeito parella á mentada de Roma, polo que xa deberamos coñecer o tema e atallalo. Pero non. E non me refiro só a un resultado nun partido de fútbol concreto, aínda que sexa o que trouxo o tema a colación. Un titular de hoxe: 'Aburrimiento en verano, nunca', refírese non a que non sexa posible o aburremento, senón a que hai organizada diversión contínua. Aínda que despois haxa xente que diga que aborremento, intercambiando as verbas 'fastío' e 'aborremento'.
Pero voltemos a Ribadeo. Despois das dúas notas de prensa sobre a ría de Ribadeo e as actuacións para defendela, e sobre os cortes de luz que voltan a repetirse, coido que hai movemento abondo para contrarestar o de panem et circenses que dicía antes. Haberíao, pero 'queda aprazado o movemento ata despois de luns' a pesares das novas de prensa facéndose eco. A destacar o artigo de La Voz de Galicia sobre os cortes, con foto, impactante para quenes os coñecíamos, dos centenarios árbores da Pedro Murias tumbados a instancias de BeGaSA.
Poño a continuación o escrito do panfleto a repartir sobre as accións respecto da ría:
"
NON SE AMA O QUE NON SE COÑECE

EN DE DECEMBRO DE 1992 PUBLICAMOS UN ARTIGO DE PROTESTA POLO RECHEO DE 22.000 m2 DA ESCOLLEIRA RIBADENSE. ÍA ENCABEZADO POR UNHA VIÑETA DO MALOGRADO E ENTRAÑABLE AMIGO SUSO PEÑA QUE IRONIZABA SOBRE UNHA FUTURA RÍA DESECADA. HOXE, O RECHEO É POUCO MÁIS QUE UN SIMPLE APARCAMENTO.

NO MENCIONADO ARTIGO APARECÍAN ENTRECOMIÑADAS UNHAS VERBAS DO PROFESOR ISIDORO ASENSIO AMOR, DE QUEN RECORDAMOS EN BREVE CONVERSA AS SEGUINTES PALABRAS: "CREÍA QUE LOS RIBADENSES AMABAN LA RÍA".

DEZASEIS ANOS MÁIS TARDE E DESPOIS DE MÚLTIPLES RECHEOS E OBRAS, PORTOS DE GALICIA PRETENDE MONTAR EN FIGUEIRÚA UNHA GALPÓN QUE OCUPARÍA UNS 5000m2 CUNHA ALTURA EQUIVALENTE A MÁIS DE 8 PISOS. ESTA NAVE COBERTIZO PRECISA DE CIMENTACIÓN NA AUGA, NO MEDIO E MEDIO DO CANAL. E SE A ISTO LLE ENGADIMOS A PROLIFERACIÓN DE PROXECTOS DEGRADANTES NA BANDA DE ASTURIAS, COMO A NAVE QUE SE PRETENDE MONTAR NO CONCELLO DE CASTROPOL, NO "MUELLE NOVO" DA VEIGA, PODREMOS COMPROBAR QUE A RÍA SEGUE EN PERIGO E DESPROTEXIDA.

A CUESTIÓN E SE NOS ESTAMOS DISPOSTOS OU NON A CALAR E A DEIXAR QUE, HOXE CON ESTA OBRA, MAÑÁ OUTRA, DE FORMA LENTA, PERO IMPARABLE, REMATEN COA NOSA RÍA, COA RÍA DE TODOS, PORQUE A RÍA É SOBRE TODO UN BEN PÚBLICO, QUE CONSTITÚE E CONSTITUIRÁ UNHA ENORME FONTE DE RIQUEZA PARA O FUTURO. E ISTO SO SE CONSEGUIRÁ SE RACHAMOS COA ESPECULACIÓN E COA EXPLOTACIÓN EGOÍSTA DUNHAS POUCAS EMPRESAS QUE, ADEMÁIS, CONTAN COA COMPÍCÍDADE DE POLÍTICOS SEN CRITERIO NIN PERSONALIDADE QUE DESPOIS DUNHA CHAMADA TELEFÓNICA "ONDE DICÍAN DIGO, ESTÁN DISPOSTOS A DICIR DIEGO".

PRETENDEMOS MOBILIZAR Á OPINIÓN PÚBLICA DOS CONCELLOS RIBEIRÁNS DA RÍA E DO RÍO, PORQUE HOXE NINGUÉN PODE DISCUTIR QUE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E CONSERVACIÓN DA NATUREZA SON TOTALMENTE COMPATIBLES. O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO NA MARINA LUGUESA E NO OCCIDENTE DE ASTURIAS NON REQUIRE O SACRIFICIO DA RÍA, NIN DA NOSA COSTA. A RÍA É O NOSO GRAN PATRIMONIO COMÚN.

PARA PARAR A SÚA LENTA DESTRUCCIÓN PRECISAMOS UN PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS NATURAIS DA RÍA, QUE, COMO NORMA SUPERIOR INTERCOMUNITARIA, A PROTEXA DE CALQUERA ACTUACIÓN PERXUDICIAL. ESTE PLAN DEBE SER PROMOVIDO POLOS ALCALDES DOS CATRO CONCELLOS.

A NOSA RÍA HAI QUE RECUPERALA, CONSERVALA, DISFRUTALA E DEIXÁRLLELA, COMO LEGADO, OS NOSOS FÍLLOS E NETOS.

ALGUÉN DIXO NUNHA OCASIÓN: " NON SE AMA O QUE NON SE COÑECE ". ANIMÁMOSTE A QUE COÑEZAS A RÍA, QUE CONTEMPLES OS CAMBIOS NAS SÚAS CORES, QUE DISFRUTES DA BELEZA DE CASTROPOL, Das FIGUEIRAS, DESDE ALGÚNS DOS MIRADOIROS QUE A CONTORNEAN. QUE VISITES OS MEANDROS DO RÍO ARRIBA E OS HUMEDAIS QUE SON MARABILLOSOS ECOSISTEMAS NOS QUE SE DESENVOLVE UNHA RIQUÍSIMA VEXETACIÓN, FLORA E FAUNA.

NON VIVAS DE COSTAS Á RÍA. OS MARIÑEIROS, QUE SON OS QUE MELLOR A COÑECEN, PODERANCHE CONTAR, SE NON O SABES, QUE NON HAI MOITO TEMPO COLLÍANSE LONGUEIRÓNS, SULLAS, LINGUADOS, AGUILLOLOS-BERBERECHOS, CANGREXOS... UNHA RÍA ONDE SAÍR DE "ZALEA" ERA, E SEGUE A SER, UNHA GOZADA. A RÍA SEMPRE FOI PUNTO DE ENCONTRO DE GALECOS E ASTURIANOS, SEMPRE FOI O NEXO DE CONCORDIA ENTRE XENTES DE RIBADEO, CASTROPOL, FIGUEIRAS E A VEIGA, OS QUE ADEMÁIS TIÑAN COMO NORMA DE CONDUTA A ÉTICA DA SOLIDARIEDADE."

O VINDEIRO DÍA 4 DE XULLO, ÁS 8 DA TARDE, E PARA FALAR DISTO, TEREMOS UNHA MESA INFORMATIVA NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DO MAR DE RIBADEO. CONTAMOS CONTIGO.



¡A DEFENSA DA RÍA ESIXE UN COMPROMISO CIDADAN!
PLAN DE PROTECCIÓN DE RECURSOS NATURAIS DA RÍA, XA!

VERÁN 2008
PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “O TESÓN”
"

20221102

INFORME DA COMISION EPECIALIZADA DE NOMBRES GEOGRAFICOS (CENG) SOBRE A RIA DE RIBADEO. Evaristo Lombardero Rico

 

INFORME DA COMISION EPECIALIZADA DE NOMBRES GEOGRAFICOS (CENG) SOBRE A RIA DE RIBADEO 

 

    A mediados de outubro o Instituto Geográfico Nacional remitiunos o último informe da CENG sobre este asunto. En La Comarca del Eo do día 22 (Ribadeando 19 de outubro) publícase un extenso artigo de Pancho Campos ao que non temos nada que engadir dende o punto de vista informativo. Debe suliñarse que o informe da CENG non é unha resolución administrativa. A CENG é unha comisión asesora do IGN e os seus informes son preceptivos, pero as resolucións definitivas son competencia exclusiva da D.G. do IGN. A D.G. do IGN deixou en suspenso a sua anterior resolución o día 25.5.22 diante dos recursos de alzada presentados pola Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo, a Plataforma de Mariños de Ribadeo e outros e solicitou un novo informe motivado da CENG previo á nova resolución administrativa que deberá ditar cando proceda. En síntese, a decisión do IGN aínda está no aire e, como veremos mais adiante, é moi importante ter claro o procedemento administrativo para  entender o papel que xogan (xogamos) os distintos actores de este proceso. Na fase actual os recurrentes fomos convocados a presentar “documentos y justificaciones” fronte ao informe da CENG, cousa que fixemos dentro do prazo legal de 10 días. O noso escrito  está colgado  na páxina web de Antonio Gregorio “Ribadeando”.  

    Aquí ímonos referir a dous aspectos concretos do informe da CENG que poden dar unha visión mais completa de por onde van os tiros. 

    No parágrafo cuarto da segunda páxina pode lerse o seguinte: 

“… el hecho de que el topónimo “Ría del Eo” aparezca registrado en documentos de carácter oficial, al menos desde 1871, constata un uso extendido de este nombre ya en el siglo XIX, lo cual es muestra de una tradición en absoluto reciente.” 

    Deixando claro que non se trata de “documentos” senón dun único documento, a nosa opinión é que este achádego só demostra que unha persoa o escribiu no seu día pero de aí non se desprende que tivese un “uso estendido” nen moito menos. Calquera pode entender que se existen outros materiais historiográficos que acrediten o suposto “uso estendido” que presume a CENG debería citalos ou dar algunha referencia orientativa que permita contrastalos, pero afirmar que polo arte de birlibirlo  un só documento “constata un uso extendido de ese nombre” non deixa de ser unha afirmación gratuíta incomprensibel. Na nosa percura de mapas e documentos que xa publicamos, atopamos cinco escritos do século XIX onde aparece a denominación “ría del Eo”. En ningún deles figura con carácter nominativo. En catro aparece en primeiro lugar a denominación “Ría de Ribadeo” sempre mais resaltada. En un deles, encabezado pola “Ría de Ribadeo”  figura un texto descritivo onde pode lerse “ría de Castropol” e “ría del Eo” e so atopamos un documento onde aparece exclusivamente a denominación “ría del Eo” (Recuerdos y Bellezas de España. Parcerisa. 1855) onde di  “Castropol, villa asentada en la ancha ría del Eo”. Engadir que non atopamos ningún  mapa ou carta mariña do século XIX nin anteriores onde figure a “Ría del Eo”. Todos estes datos foron remitidos ao IGN nos nosos informes e recursos e están publicados en La Comarca del Eo e no blog Ribadeando.  

    En resume, a CENG atopou un documento oficial de 1871 onde aparece a denominación “Ría del Eo” e de ahí saca a conclusión de que ese topónimo estaba estendido naquel tempo.  

    O segundo punto que desexamos comentar atópase na segunda páxina, párrafo 5º do informe da CENG onde di: “el topónimo “Ría del Eo”ha adquirido un carácter tradicional y un uso incluso mayoritario en la margen asturiana de la Ría”. 

    O que queremos discutir desta afirmación non é a opinión, sempre respectable no plano persoal, que cadaquén poida ter desta cuestión, senón o feito de que en un informe con pretensións de rigor científico, non se pode – on no se debe - verquer opinións personais que non están contrastadas con estudos sociolóxicos rigorosos, so pena de poñer en ridículo á institución que se representa. 

    Para explicar de onde ven o mantra do uso maioritario da denominación “Ría del Eo” na bisbarra oriental de Asturias temos que remontarnos ao ano 2006. No mes de marzo de ese ano o goberno do Principado de Asturias comezou a dar os pasos para “poñer en valor” político o tópico da Ría del Eo. Así pois o día 6 de Abril acudiu a Vegadeo D. Carlos Madera, Director Xeral de Cultura, para anunciar a creación de unha comisión de “expertos” que estudiarían cal era o nome correcto da ría, si “del Eo” o “de Ribadeo”. Ao mesmo tempo xa se decantaba sen ambaxes, e declaraba que o nome correcto era “del Eo”; ou sexa a sentenza xa estaba ditada antes de comezar o xuizo (para escépticos están as hemerotecas). Constituída a comisión de “expertos” os seus traballos foron publicados pola Consellería de Cultura en maio de 2007 nun folleto de 57 páxinas que leva por título “Ría del Eo. Informe y conclusiois” (en galego de Asturias). Nese folleto aparecen tres artigos con pretensión de enquisas que non son senón 87 entrevistas persoais a veciños de algúns concellos da bisbarra galaica asturiana (0,11 % de 70 000 hab) das que se tira a conclusión de que a denominación “Ría del Eo” é maioritaria no occidente de Asturias. De aí nace este mantra que agora recolle a CENG sen contrastar a súa procedencia, nin aportar ningún dato obxectivo que o acredite. En realidade as supostas enquisas no son tales, nin a poboación foi estratificada, nin se fixeron unas preguntas concretas e sinxelas por escrito, nin se garantiu o dereito á intimidade, en fin calquera semellanza con unha metodoloxía de enquisa obxectiva foi pura casualidade. As supostas enquisas só foron entrevistas a persoas elixidas arbitrariamente polos entrevistadores que non son representativas e que nin tan sequera tiñan a opción  “non sabe non contesta”. As conclusións publicáronse nas correspondentes xornadas culturais e nos medios quedou a mensaxe de que tras un estudo de un grupo de “expertos” estaba demostrado que no occidente de Asturias etc. etc. En realidade unha lectura polo miúdo dos tres artigos devanditos demostra que nin tan sequera con este método tan peregrino se acadaron as conclusións que se pretendía, porque a maioría dos entrevistados respostan todo tipo de variantes e transmiten tantas dúbidas que non hai posibilidade real de sacar ningun resultado. Pero o Sr. Director Xeral de Cultura xa sabía un ano antes cal era o nome “correcto” da ría. Folga suliñar que estes antecedentes foron explicados nos nosos informes á CENG e ao IGN. 

    En resume, non hai ningún estudo sociolóxico medianamente serio que acredite a declaración da CENG de que o uso da denominación “Ría del Eo” é maioritario na poboación do occidente de Asturias.  

    Por dicilo en poucas palabras, entendemos que o informe da CENG carece da motivación requirida pola Dirección Xeral do Instituto Geográfico Nacional e, como se pode comprobar, estas afirmacións que serven de base á sua proposta de legalizar a denominación “Ría del Eo” non teñen ningún soporte documental. 

 

Evaristo Lombardero Rico 

 

Ribadeo 2 de Novembro de 2022

 

20080730

Unha nota de prensa sobre a manifestación para impedir a nave


Coido que ten relevancia abondo como para publicala por separado. Acompaño unha foto do recheo de comezos dos 90: é aparcamento un pista de derrapes? A resposta: as dúas cousas.

Nota de prensa AVV O Tesón + Plataforma Pola Defensa da Ría
Ribadeo, 29/07/2008

O próximo 10 de agosto de 2008, ás 12:00, con saída dende a pza. San Roque (Ribadeo), terá lugar unha manifestación a favor da ría co lema 'Ria si, nave non', convocada pola AVV O Tesón e a Plataforma pola Defensa da Ría.
A orixe da manifestación está na pretensión de Portos de Galicia de facilitar a construcción dunha nave de grandes dimensións no porto de Ribadeo, con preto de 6000m2 de superficie, más de 2000m2 sobre a auga, unha ringleira doble de pilastras apoiadas na ría, uns 30m de altura, etc. Dita nave cremos que perxudica gravemente non só a estética da ría, senón tamén o medio acuático, as correntes, etc, impactando moi negativamente nas figuras de protección ambiental recoñecidas na ría de Ribadeo. Por contra, non ven a aportar características positivas de impacto económico para o porto de Ribadeo e a súa comunidade, perxudicando en troques outros aspectos turísticos e económicos.
Antes da manifestación continuaranse a recoller sinaturas en contra do proxecto da nave.
As asociacións convocantes invitan a participar a toda a cidadanía e asociacións da zona.
Con posterioridade sairá máis información sobre o tema.

20080406

Unha interpretación da xuntanza da mesa de asociacións

A nota que poño básicamente foi redactada por Soledad Rodríguez, (aquí, a versión 'orixinal')
Ás 20 horas do 5 de abril, foi convocada pola AVV O Tesón unha xuntanza da Mesa de Asociacións no Parador de Turismo de Ribadeo.
Estaban presentes O Teson, a Plataforma pola Defensa da Ría, a AVV de Vilaselán, a AVV de Ove, a AVV de Rinlo e a AVV Atalaia.
Actualizáronse os dados de contacto dos distintos representantes.
Comezou o representante de O Tesón explicando os motivos polos que se convocaba agora a Mesa e explicando un pouco da súa historia recente.
Un dos motivos da convocatoria foi o corte de luz que sufriu Ribadeo fai uns días, o que motivou unha queixa do Alcalde a BEGASA.
Despois de barallar varias posibilidades, da recollida de firmas, a unha manifestación, quédase en que un dos representantes da Plataforma pola Defensa da Ría redactará unha carta de protesta que asinaremos as Asociacións presentes e intentarase que sexa asinada por outras, que estando convocadas non se presentaron. A carta dirixirase ao Concello, ao Instituto Galego de Consumo, á Consellería de Industria, ó Ministerio e daráse a coñecer á prensa.
Pola Atalaia pídese que á próxima reunión sexa convocada a Asociación Mariña-COGAMI.
Pola Atalaia pídese tratar o tema da accesibilidade. Que se están reconstruíndo varias rúas e que entendemos estase facendo con subvención por este motivo. Que se construirá un ascensor para permitir a diversofuncionales un acceso que agora lles é negado ás oficinas sitas na casa Consistorial . Que as recentes obras fronte ao Concello han eliminado zona de aparcamentos reservada a persoas con minusvalía e as ramplas que permitian pasar ao Centro de Servizos Sociais, é dicir eliminouse a accesibilidade da zona. Como se pretende chegar ao ascensor cando se constrúa? Como chegar á oficina da Mariña-COGAMI? AO Centro de Servizos Sociais? Urxe buscar solución inmediata.
Quédase en pedir cita ao Alcalde para Mesa de Asociacións. Encargarase dese tema O Tesón
Xa que acaba de comezar o período de exposición pública do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ribadeo, trátase deste instrumento de vital importancia para o futuro da vila, sendo citado que o Concello informa en vez de deliberar.
O Tesón sacará escritos sobre o tema e que non se tiveron en conta as súas alegacións ao Plan.
Estase de acordo en organizar unha Mesa Redonda para debater o tema e definir o Ribadeo que queremos. Na Mesa Redonda participarian un construtor, un arquitecto, un representante do Concello, un das Asociacións e un moderador, podendo facelo tamén un quinto compoñente máis, a determinar.
Tamén se fala de crear un grupo de traballo que se reunirá por vez primeira o próximo mércores as 8 da tarde en Ove. Atalaia, en principio, declina asistir.
Pola Atalaia sácase o tema da limpeza dos contedores. Que consideramos que nos que se adoita botar lixo orgánica deberían ser adxudicados directamente aos veciños implicados: bares, restaurantes, supermercados, concesionarios praza abastos e que se encargasen da súa limpeza directa xa que son fonte de malos cheiros.
Contéstase que non é posible facelo asi xa que a limpeza corresponde ao Concello, outra cousa son as sancións que se poidan impoñer.
Un dos representantes de Atalaia encargarase de facer un resumo do tratado e de envialo aos demais participantes.
Péchase a reunión ás 21:30 horas da tarde.

20160426

Secuencia de encendido na illa Pancha

'Secuencia de encendido': Distinta significación en distintos contextos.
Nun, o do vídeo a continuación, está claro, pero, por se acaso, unha pequena explicación dun vídeo que xa ten máis de cinco anos. Nel vense os tres primeiros faros de entrada na ría de Ribadeo: o da punta da Cruz, vermello, á dereita, o da illa Pancha, amarelo, no centro da imaxe, e o das Carrallas, verde, cara á esquerda da imaxe, tomados con tempo abondo para ver a súa cadencia.
Outro, en sentido menos literal, o encendido ou apagado dun hotel na illa, resulta máis difuso e moito menos claro. Para ilustrar isto, dous correos electrónicos enviados ó concello e un documento. O primeiro, onte mesmo:
"(...)
Me dirijo de nuevo a usted, en nombre de la plataforma "Por nuestro faro".
En primer lugar quisiera agradecerle las informaciones recibidas. No obstante, me pongo en contacto con usted para obtener ciertas precisiones. Aunque el otorgamiento de la concesión no sea competencia del Concello, éste debe tramitar el permiso de obras, y dichas obras deben tener como base el contrato de concesión.
Nosotros consideramos que la suspensión del expediente anterior conlleva la tramitación de un nuevo expediente, es decir, que el solicitante debe reiniciar los trámites de una nueva concesión al presentar dos nuevos proyectos de obra, puesto que éstos non encajarían en las condiciones del expediente inicial.
Entendemos que no se trata de dos proyectos de los cuales uno ya estaría aprobado, ya que el efecto sumatorio de ambos tiene un impacto muy superior al del proyecto inicial y debe ser tenido en cuenta como un nuevo proyecto que serviría de base a una nueva concesión. De no hacerse así, en un espacio tan reducido como es la isla podrían ir sumándose nuevos proyectos que tendría un impacto multiplicador sobre los efectos iniciales.
En consecuencia, ¿podría aclararnos si el Concello ha solicitado a Puertos nuevos informes sobre un nuevo contrato de concesión?
Por otro lado, quisiéramos saber cuáles son las pautas a seguir para acceder al expediente que se encuentra en el Concello de Ribadeo, en el departamento correspondiente : si disponemos de tiempo ilimitado para su consulta, si el acceso puede efectuarse de manera reiterada, y si existe un lugar en concreto para consultarlo. También quisiéramos saber a quién debemos dirigirnos para ello.
(...)"
E, para entrar máis en contexto, o anterior:"(...)
Le escribo como miembro del grupo "Por nuestro faro" para solicitar cierta información con respecto a la evolución del proceso de petición de licencia de obras por parte del concesionario, y que nos aclarase ciertas dudas. En efecto, en el contrato de concesión, redactado el 30 de junio de 2015, se estipula que "las obras se iniciarán en un plazo máximo de dos meses y se finalizarán en un plazo máximo de seis meses, ambos a contar desde el día siguiente a la fecha de notificación de la resolución de otorgamiento". Es decir, que han pasado más de 8 meses después de la fecha de otorgamiento, y a día de hoy el concesionario aún no dispone de licencia de obras. 
Por otro lado, la prensa ha informado, durante el mes de marzo, que el concesionario había retirado la solicitud de licencia de obra original en el Ayuntamiento de Ribadeo y presentado dos independientes con dos proyectos (uno de hotel y otro de bar-terraza). Sin embargo, en un correo que hemos recibido de Puertos de Ferrol-San Cibrao se cita textualmente : "las obras deberán llevarse a cabo conforme al proyecto básico presentado y que sirvió de base al otorgamiento y al proyecto constructivo que lo desarrolle en el detalle necesario para su ejecución" 
Por todo ello, y en vista de la falta de información oficial hecha pública, acogiéndonos a la Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno, quisiéramos saber : 
 - si, dado que el plazo para el inicio de las obras estipulado por contrato ha sido ampliamente superado, el concesionario debe retomar los trámites desde el principio, es decir, si necesitaría un nuevo contrato de concesión, y, si es así, en qué etapa del proceso se encuentra. 
- sabiendo que las obras deben llevarse a cabo basándose en el proyecto constructivo previo al otorgamiento de la concesión, cómo sería posible que según la prensa el concesionario haya solicitado del Concello de Ribadeo dos licencias de obra para dos proyectos independientes.
(...)"
E o documento, de onte tamén:
"
Documento que presenta a PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RIA DE RIBADEO ao Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera OSCOS EO E TERRAS DE BURON para o seu debate urxente dado o risco inminente de deterioro dun dos espazos mais significativas da Ria de Ribadeo e da propia RESERVA.
Trátase do proxecto de construír un minihotel de dúas habitacións no edificio do antigo faro, máis unha cafetería fóra do mesmo, aparcadoiro para automóbiles, carteis de publicidade e de aviso de riscos, ampliación de pasamáns e estruturas de protección , sinalización, bandeiras, alumeado, etc. ó abeiro da proposta do Ministerio de Fomento, Jefatura de Puertos e Concello de Ribadeo.
Desde a plataforma Pola Defensa da Ría pensamos que a instalación dun minihotel e cafetería na Illa Pancha, mais os elementos de promoción e as condicions de seguridade previstas pola Autoridade Portuaria supoñen un impacto negativo moi considerable para o conxunto Illa-Faro que contradí algunhas de directrices e criterios do Plan de Xestión para o Desenvolvemento Sostible da Reserva, como imos resumir deseguido:
1.- No que atinxe ás estratexias transversais consideramos que a transformación que supón o proxecto é contraria á proposta de “Creación dunha marca de calidade…” que tería como primeiro obxectivo a conservación de espazos tan singulares como o afectado.
2.- Tamén choca abertamente ca redacción dun “Inventario e catalogación de elementos de interés natural e cultural”.
3.- No punto referente ao “Desenvolvemento dun turismo sostible” suliñamos os párrafos seguintes: Uno de los efectos esperados tras la designación de un lugar como Reserva de la Biosfera es la mejora de su imagen, a través de una mayor proyección exterior y difusión de sus valores. Esto tiene frecuentemente un efecto positivo en la afluencia de visitantes al lugar y en el desarrollo turístico del área. Esta circunstancia debe hacerse compatible con los objetivos de conservación de la Reserva, a la vez que el uso público y el turismo constituyen un potente elemento dinamizador de la misma.
Ordenación del uso público que dirija las actividades de recreo hacia zonas menos sensibles, a través de un plan de excelencia turística del territorio de la Reserva.
Mejora y desarrollo de la oferta turística, haciendo especial hincapié en el apoyo a las modalidades de turismo rural, la mejora de la calidad y la sostenibilidad de los alojamientos, y la potenciación del turismo cultural, gastronómico y de naturaleza.
Promoción de programas destinados a la desestacionalización de la actividad y a la creación de nuevas actividades de ocio, prestando especial atención a mercados de visitantes extra-regionales.
Faise patente que o proxecto que discutimos está inspirado nunha concepción utilitaria, depredadora, dificillmente sostible, marcadamente estacional, que afectará negativamente a imaxen exterior da reserva e á atracción de visitantes e é radicalmente contraria ao espíritu conservacionista e sostible dos párrafos anteriores.
Pola outra banda a zona afectada por este proxecto está incluida na Zona ZEPA da Ría de Ribadeo, Convenio Internacional de RAMSAR, Rede Natura 2000, con especial implicación na normativa galega asi como na lexislación e Catálago de paisaxes da Xunta de Galicia, actualmente en fase de tramitación.
Por todos este motivos que consideramos perfectamente fundamentados e tendo en conta que este proxecto está actualmente en fase de tramitación e no caso de comezar as obras o impacto sería dificilmente reversible propoñemos ao Foro de Participación Social da Reserva da Biosfera que tome un acordo preventivo sobre este tema propoñendo ás autoridades implicadas (Ministerio de Fomento, Xefatura de Portos e Concello de Ribadeo) que suspendan definitivamente este proxecto por contravenir directamente varias das directrices desta reserva e particularmente por xenerar un impacto exterior altamente negativo para tódolos concellos e sectores implicados contribuindo a desvirtuar, degradar e empobrecer os obxectivos, esforzos e investimentos actuais e futuros para conquerir os beneficios previsiblemente derivados das actividades dos grupos de traballo da reserva.

Ado.: Evaristo Lombardero Rico
Presidente da Plataforma Pola Defensa da Ria de Ribadeo
Ribadeo (Lugo), 25 de Abril de 2016
"
Este último documento foi remitido onte ao Director General de Recursos Naturales de Asturias (convoxcante do Foro para xoves desta semana). Hai xa novas de que o incluirán no orde do dia da xuntanza do xoves, en rogos e preguntas
Como vemos, neste caso o encendido é máis dubidoso, aínda que xa haxa abonda información dispoñible (e máis que sairá á luz) sinaturas...

20211109

RÍA DE RIBADEO, POR ENÉSIMA. Pancho Campos Dorado

RÍA DE RIBADEO, POR ENÉSIMA

Pancho Campos Dorado

Erguémonos o venres, 5 de novembro, cun titular de prensa “Asturias gana la batalla del topónimo y ría del Eo se equipara a Ría de Ribadeo” (La Voz de Galicia). “O Estado admite como cooficial o topónimo Ría do Eo” (Nós). Unha resolución tomada polo chamado “Instituto Geográfico Nacional” (IGN) que accede a pretensión do Principado.

Este instituto debería chamarse “Instituto Geográfico Terrestre Nacional” (IGTN) pois ese cadro de asalariados parece entender pouco ou nada de hidronimia, nin de talasonimia, nin de Usos e Costumes do Mar. Particularmente, non hai un só exemplo tal, en toda a costa galega, na cantábrica, e en todo o litoral da Península Ibérica, pois tanto as rías como as badías noméanse polo nome do porto comercial co que se trafica. Exactamente igual que en todo mundo, badías e estuarios levan o nome da cidade que ten o porto comercial máis importante, de aí que todas, absolutamente todas as cartas de navegación dos Institutos Hidrográficos do mundo enteiro teñan as rías nome de cidades e pobos, nunca levan o nome dun río que desemboca nelas. Nin hai badía do Orinoco, nin do Amazonas, nin do Hudson, nin do Nilo. Menuda barrabasada.

Pero ben, ao personal actual do IGN iso parece importarlle pouco, pois trátase dun problema entre Asturias e Galiza, quen sempre tivo a fatalidade de ser gobernada por políticos de terceira rexional.

Non entendemos nada. Asturias presenta un “Informe da Oficina de Política Lingüística do Principado de Asturias” sobre o nome da Ría de Ribadeo, escrito en un rebuscado galego oriental por un tal Antón García Fernández “Director General de Política Lingüística”, un chiringuito creado polo Principado, a quen acompañan na redacción uns cantos adláteres tan mal intencionados coma el. Das esperpénticas reviravoltas deste informe fixo un exhaustivo estudo D. Evaristo Lombardero (en Ribadeando o 29-10-2021 e La Comarca del Eo 22-maio-2021) polo que non vou a entrar a repetir aqueles argumentos. Este informe, sen máis, foi aceptado por IGN. Por que? Fixo o tal organismo oficial algunha enquisa semellante no entorno de Ría de Ribadeo, na zona galega ou asturiana, para contrastar o que di tal informa? Non. Non fixo nada.

Por outra banda, mencionan uns informes “oficiales” de 1871 para apoiar a súa sentencia, os cales, sabemos que son unhas escrituras de propiedade, onde un notario de turno, fai de “grafitero documental” pois cambia o nome oficial da Ría de Ribadeo pola denominación do Eo, cando xa había oficialmente cartas de navegación da Ría de Ribadeo, feitas por membros da Armada Española e do Ministerio de Mariña, das cales podemos aportar os datos:

1ª) Ano: 1776 Plano de la Ría de Rivadeo. Escala en varas casteláns 2000 varas = 18 cm. Autor: Luis Videgaray. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-7

2ª) Ano 1787 mes de Abril. Plano de la Ría de Rivadeo. Autor: Tomas Ramery. Escala en varas de Burgos 1000 varas = 10 cm Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-21.

3ª) Ano 1787 Plano de la Ría de Rivadeo, del Barquero, Bares, Cedeira y Vivero. Autor: Vicente Tofiño de San Miguel. Escala gráfica de una milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-5

4ª) Ano 1788 mes de Marzo. Autor: Miguel de la Fuente. Escala en varas de Burgos. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-3

5ª) Ano 1788 mes de Mayo. Autor: Tomás Ramery. Escala en varas de Burgos. Orixinal en Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-7.

6ª) Ano 1835 mes de Agosto. Autores: Miguel Antonio Blanco Ortigueira e José Antonio Villamil Saavedra. Escala de 1 milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-8

7ª) Ano 1835 mes de Agosto. Autores: Miguel Antonio Blanco Ortigueira e José Antonio Villamil Saavedra. Escala de 1 milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-1

8ª) Ano 1835. Plano del Puerto de Ribadeo en Galicia. Escala 1 milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-30

9ª) Ano 1852. Carta Náutica plana del puerto de Ribadeo. Escala 1 milla marítima. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-37-2

10ª) Ano 1856. Carta Náutica de la Ría de Ribadeo. Autores: Antonio Miguel Blanco y Juan Tomás Cucullu. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-2

11ª) Ano 1860. Plano da Ría de Ribadeo. Autor: Juan Tomás Cucullu. Orixinal Museo Naval de Madrid, Cartografía E-23-1

Toda esta documentación da época pasou por alto aquel prototipo de notario “poeta”, dentro da clasificación que lles fai a este tipo de individuos Dª Victoria Armesto: “Lenin desconfiaba de la música, el Padre Sarmiento de la poesía y muchos padres [das familias fidalgas] parecen coincidir con estos recelos y antes de ver a sus hijos como poetas o músicos, prefieren verlos como notarios o registradores de la propiedad” (Galicia Feudal II, Ed. Galaxia 1969, p.353).

Penso que si a Administración Marítima seguira estando en mans da Armada Española, saberían que Pedro Teixeira (1569-1603) nos seus tratados de Xeografía xa ten biografía sobre a Ría de Ribadeo, e desde logo que non se pasaría por alto o valor histórico das CARTAS NÁUTICAS DA RIA DE RIVADEO, tanto do Instituto Hidrográfico Español como as do Almirantazgo Británico.

Pola nosa parte, non aceptamos para nada esta sentencia arbitraria e a todas luces partidista, dunha administración de parásitos que se reúnen de cando en vez para dicir si a facer dano. Esta sentencia é unha grande ignominia contra todo o sentido da Historia do Porto e Ría de Ribadeo, que levamos defendendo desde fai máis de 35 anos. Sempre estivemos atentos as falcatruadas que se estaban a facer por parte do Principado. Incluso desde a Asociación de Veciños de Ribadeo “O Tesón” denunciamos ante a Garda Civil o xoves 13 de maio de 2010, ao diario “La Nueva España” ese pasquín de Asturias que “despois de longos anos de ter usado dito diario de xeito constante o topónimo de “ría del Eo” en troques do legal “ría de Ribadeo”, agora xa non se conforma coa dita teima e dá unha puntada máis en contra do noso patrimonio, dicindo “que diversas instancias galegas queren impor o topónimo legal de xeito insidioso”. O artigo “Galicia quiere los cañones del Eo”, do día 5 do presente mes, entre outras cousas relativas ó nome da ría e ó patrimonio, aparece o texto “para las dos orillas de la ría del Eo, cuya denominación los nacionalistas gallegos querían cambiar por el de ría de Ribadeo” (La Comarca del Eo, 29 maio 2010). Falsidades constantes e cínicas expresións onde as houbera. Hoxe vemos que tíñamos razón. De aquelas ensidias estes resultados.

Continuabamos a explicar que este “xornal” (La Nueva España), “xa non só se conformaba coa difamación da nosa toponimia histórica senón que con un cinismo inusual, no artigo de mércores 5 de Mayo de 2010, menciona que os restos que hai no fondo do “estuario” son de pertenza “asturiana” e retrata aos raqueros do pecio histórico de “El Galgo de Andalucía” como se de heroes e patriotas se tratara”.

Este periódico falsea torticeiramente a información histórica, pois non teñen ningunha rigorosidade nas noticias que atinxen ao Reino de Galiza, as cales foron relatadas por D. Eduardo Lence Santar y Guitián [Xosé Isidro Fernández Villalba, Mondoñedo Regreso al Pasado V, cap.35 p. 117 a 127] como sigue: En 1719 torna a ter un importante comercio [Ribadeo] e era un gran porto estratéxico para a guerra no mar, por cuxo motivo o 27 de setembro deste ano sufría a invasión dos piratas ingleses -en número de seiscentos- que arribaron en tres fragatas de guerra e o “pretenden colonizar” ou máis ben saquear se non se aceptan os pagos de 2000 doblóns en metálico, trinta bois e vinte carneiros. As fragatas San Francisco e o Galgo de Andalucía que estaban aquí apostadas, antes de deixalas caer en mans inglesas os propios capitáns D. Lorenzo de Tablada e D. Sebastián Villaseñor respectivamente, préndenlles lume, e cuxos pecios aínda se deben atopar no fondo da Ría de Ribadeo. O Alcalde Maior de Ribadeo D. Juan Antonio del Llano y Osorio e unha pequena comitiva van falar para reunir os cartos co Alcalde Maior D. Francisco Antonio de Luaces y Somoza de Mondoñedo -capital da provincia-. Os ingleses saquean e queiman a vila durante tres largos días, e por fin reciben 2400 pesos que os ribadenses chegaron a reunir (600 doblóns), e con este botín en metálico retíranse o primeiro de outubro e levan áncoras de novo” (tamén no meu libro “Escudos de Armas do Concello de Ribadeo”, p.30-31).

No ano 2011, alertabamos do que estaban a facer no Principado ao poñer un nome a Reserva da Biosfera- Oscos-Río Eo e Terras de Burón co programa LEADER, no cal non se mencionaba para nada a Ribadeo, cando máis das tres cuartas partes do territorio son das Terras de Ribadeo e Miranda. Naqueles artigos, escritos neste mesmo semanario de La Comarca del Eo, Buronlandia (ligazón a Ribadeando; La Comarca del Eo, 1-outubro-2011), explicábamos en como, “no ano 1414, foi creado por Juan I de Castela o Principado de Asturias, e desde aquela foron apropiándose das Terras de Reboredo ou Terras de Ribadeo desde o río Navia o Eo (escritura de 1551 en Medina del Campo); a primeiros do século XX cambiaron o nome da Veiga de Ribadeo, este século XXI tócalle a Ría de Ribadeo e van, sen dúbida, polo Concello de Ribadeo completo, pois as terras xa son, polo que parece, as de Burónlandia, para o século XXII será Barreiros, a Espiñeira, Villaronte... no século XXIII Foz... e non sei cando chegarán a Catedral de Santiago...”.

En Buronlandia II, a un Juan sen Nome (Ribadeando, 14-setembro-2017 e La Comarca del Eo, 12-novembro-2011), falabamos da neglixencia que se cometía por parte da alcaldía de Ribadeo cando se permitían, sen levantar unha sola protesta, as denominacións da Casa da Ría, obviando de Ribadeo, a Casa da Ría del Encuentro, obviando de novo o de Ribadeo. Naquel mesmo artigo, tamén diciamos que tiveron “a “fachenda” de pasar por derriba da historia, sobre a resolución do Marquesado da Ría de Ribadeo” [BOE, Nº151. Real Decreto 591/2002, de 24 de Junio] e do informe do Ministerio de Fomento, sobre a resolución da nome da Ría de Ribadeo [Ministerio de Fomento, 13-Marzo de 2008]

De nada valeu. Falabamos, dos referentes que manipularon os datos “da Diadema de Ribadeo, descuberta fai máis de 200 anos, no Castro das Grovas, non sei como se pode ter tal desfachatez “académica”, como para dicir, que fai uns vinte anos, “reconocidos arqueólogos e historiadores” (innombrables pola miña parte) avalan a súa procedencia astur. ¿Qué pasou agora? ¿acaso encontraron seus “insignes adláteres”, dentro das vitrinas do Louvre, terra dos Oscos-Rio Eo e Terras de Burón, pegada na filigrana da Diadema de Ribadeo?”. Non pode crerse que lograron con todo tipo de falsidades arqueolóxicas que o Ministerio Arqueolóxico Nacional rexistrase a Diadema de Ribadeo como Diadema de Moñes. Pois sí, iso ocorreu, e está vixente. Continuaban falando tamén de que o “pecio da “Galga Andaluza” estaba en augas xurisdicionales asturianas e que “la Dirección General de Patrimonio del Principado la ha registrado en pleno derecho y obligación conservadora” ¿co dereito de qué? Agora que se van facer catas arqueolóxicas na Ría de Ribadeo ¿quen vai ser o Controlador de Patrimonio? ¿A Xunta ou o Principado? ¡Ribadeo perderá patrimonio de seu, como sempre!. Así mesmo ocorreu e está ocorrendo.

Diciamos en La Comarca del Eo (29-agosto-2009 e en Ribadeando) “o topónimo histórico lles importa mui pouco! ¡estáselles vendo o plumero a estes “marchantes de historia”! O que realmente importa é que a Ría de Ribadeo perda tal denominación porque así con ela perde a identidade galega. Para o meu ver, esta é a verdadeira razón. Así o espolio arqueolóxico da Ría de Ribadeo, empezarao o Principado en breve”... fai solo uns días se falaba na prensa de bucear e espoliar o pecio do “San Francisco” ou o do “Galgo de Andalucía”, como si fora derrelicto asturiano. ¡Ay amigo... cuestión de barbarísmos...! ¡e un pimento! ¡cuestión de moitos millos de euros en subencións europeas para seguir co espólio sitemático das terras e historia de Galicia! ¡xa fixeron o mesmo coa Diadema de Ribadeo agora “de los Oscos”...! ¡manda truco! ¡E a Ribadeo, tócalle por rebote... por ser a poboación fronteiriza...! ¡Si seguimos así, logo será fronteira Vilaframil, Dompiñor, A Devesa, etc.”... ¿Qué fai a Xunta de Galicia ó respecto? Qué sepamos, nada. Algúns, estábamos queimados co presidente Touriño, ó que Balbino Pérez (alcalde de Ribadeo) tivo que increpar pola súa mala “vocalización” do topónimo, ante Areces. E de este goberno da Xunta tampouco esperamos nada, posto que xa empezou a súa andadura de manifesta subordinación a intereses estraños a Galiza, poñendo en solfa a lingua, base esencial da nosa cultura galega”.

Pois ben. Todo isto que estaba pasando co topónimo da Ría de Ribadeo, foi denunciado por nós ata a saciedade. Diciamos en 2009, “Mentras houbo ribadenses na administración estatal e local, da talla e categoría de D. Leopoldo Calvo Sotelo (Marqués da Ría de Ribadeo, ¡menudo desplante lles pegou ós tartufos!) de D. Pancho Maseda ou de D. Eduardo Gutierrez, todos eles alcaldes de Ribadeo que menearon Roma con Santiago con cartas constantes de protesta as Institucións Españolas, Asturianas e Gallegas pola inquina manifesta, que se estaba a producir con dito topónimo, da Ría de Ribadeo, especialmente desde 1985 (época da apertura da maldita Ponte dos Santos) ou aproveitando calquera evento (como a creación das autonomías) para tratar de morder outro bocado máis do territorio ou da propia historia do Reino de Galicia (léase o Bierzo tamén). Das autoridades locales actuales, esperamos que continúen pola misma liña que os seus antecesores, sen perder unha coma... sen dar trégua a ignominia... pero segundo se están a desenrolar as cousas... ¡xa veremos si están a altura...! Agora, seguro que no Principado aproveitaran, polo que estamos vendo, a coronación do Principe de Asturias como rei (¡espero que viva D. Juan Carlos outros cincuenta anos al menos e de tempo a espallar as miñas cinzas na Ría de Ribadeo!). Non é broma. Xa vimos fai dous anos o Principe Felipe dicir en Castropol, Ria do Eo, polo que xa están concienciando o futuro rei para tal evento. Ademais, están preparando o terreo no parlamento de Asturias para que haxa “constancia previa de trámite” apoiada pola maioría dos seus partidos políticos, PP, PSOE e IU (léase artigo de Evaristo en La Comarca del Eo 14-agosto-2009)”

Despois dos alcaldes Eduardo e Balbino, non volvemos a ver unha nota de prensa, nin unha carta de protesta desde o Concello de Ribadeo. É máis, cando se lle dixo o alcalde que algo había que facer cos libros para escolares da Ría de Ribadeo e Ría do Eo, dixo que el estaba canso da polémica e que non ía protestar contra o alcalde de Castropol. Sr. D. Fernando Suárez Barcia, sinto moitísimo dicirllo, créame, pero non fixo ningún seguimento de todas estas falcatruadas. Son militante do BNG desde fai moitos anos, un galeguista ata a médula, pero vostede non volverá para a alcaldía de Ribadeo, co meu voto. Non é digno de sentarse na cadeira do Marqués de Sargadelos, un armador notable que mandou facer as cartas da Ría de Rivadeo, para meter aos seus 79 barcos mercantes no Porto de Ribadeo. Non se pode “pasar de todo” como fai e fixo a Deputación de Lugo, ou a Xunta de Galicia, o que da a entender de que os galegos temos o que merecemos. Isto que ocorre co nome da Ría de Ribadeo, é problema de tódolos galegos, pois queirámolo ou non, somos un pobo fronteira do Reino da Galiza e os representantes do Principado, están cambiándolle os “marcos” do territorio década tras década.

Non era difícil de predicir sabendo da “mamandurria” histórica da Administración españolista (que non española), que como diciamos, esperarían a que o Príncipe Felipe de Borbón chegara a reinar, e aínda por derriba, teñen a carambola de que se namora de Dª. Leticia, que sería a primeira raíña consorte asturiana. Non había máis que esperar que houbera un individuo apropiado na alcaldía de Ribadeo e outro Instituto Geográfico Nacional, para que se dobregara todo as pretensións do Principado de Asturias, e mira por onde tócalles un murciano, un conveciño da xuíza que lle dita a famosa sentencia a unha galega da “Galicia Profunda”. Que máis queremos, somos uns cenizos.

-- 
Algunha entrada anterior:

 

20220601

MÁIS QUE FARTOS. Pancho Campos Dorado

Imaxe collida de https://gl.wikipedia.org/wiki/Reino_de_Galicia, licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0

 

 MÁIS QUE FARTOS

Pancho Campos Dorado

Fartos, máis que fartos, fastíos estamos en Ribadeo e na Galiza de soportar artigos de excitada arenga, espaventados e de patrioteros asturianos que vemos publicados no panfleto idioloxizante asturiano (LNE 29-05-22) como o da señora Ana M. Serrano, que non entende como a denominación xenuína e histórica da práctica marítima da Ría de Ribadeo, non se pode equiparar a un vulgarismo local que algúns asturianos empregan en termos do río Eo.

E non, non é igual unha postura que a outra, unha é unha identidade toponímica histórica e a outra un vulgarismo fluvial espurio á práctica marítima. Si, vulgarismo, que catro patrioteros tratan de impoñer a toda costa aos que tratamos de facer unha historia Galaica Astúrica conxunta, recoñecida incluso pola opinión dos estudosos asturianos cultos, como queda reflectida na portada da Revista Asturgalaica de Cultura, Campo del Tablado Nº1, Castropol 2004, que na ilustración da tapa aparece un mapa de Pedro Teixeira da “Ría de Ribadeo”, que foi publicado grazas á cortesía da Österreichische Nationalbibliothek de Viena. Ou sexa os asturianos cultos desmárcanse de tanto patrioterismo teimudo e tóxico, propio de espaventados que incluso chegan a actos vandálicos propios de hoolligans.

Mención dese citado mapa, feito entre os anos 1622-1630, e de outros centos máis mostrando a denominación histórica da Ría de Ribadeo, incluída parte da biografía deste cartógrafo portugués don Pedro de Teixeira Albérnaz, fíxoa don Evaristo Lombardero no informe elevado o IGN en nome da “Plataforma pola defensa da Ría de Ribadeo” (24 de Octubre de 2021, p.4 de 22).

Pero todo isto non lle importa os patrioteros. Incluso ó alcalde de Vegadeo (a histórica Veiga de Ribadeo) permítese o luxo, segundo expresa o artigo de dona Ana, de dicir por qué non pode chamarse Ría de Castropol. Naturalmente, vostedes poden chamarlle como lles veña en gana, pero non se pode elevar unha arbitrariedade localista e historicamente falsa, a un rango oficial ou cooficial. Esas cousas poderá facelas alguén para a propia parroquia na barra dun bar, pero non son exportables para engadir nos libros de texto, e neste caso, na cartografía marítima. Supoño que os alcaldes de Vegadeo e de Castropol poden poñer o que lles pete nos seus panfletos de Feiras e Mercados, ou en pasquíns de Busca e Captura, incluso inducir ou subvencionar esa mala práctica en asociacións xuvenís ou do Imserso, deportivas ou de calquera elenco que lles dean votos, para iso son políticos a soldo. Poden tomar (mal) exemplo de como se gastan os fondos públicos nas normas Tonicantonianas empregadas pola señora Ayuso.

Gustaríame saber que pensaría o Almirantazgo Británico de tal discusión, para mandarlle a opinión ao señor Lorenzo García Asensio, director xeneral do IGN (Instituto Geográfico Nacional), así como aos parlamentarios do Principado, comandados pola señora Mallada, cuxo apelido galaico provén do participio pasivo do verbo galego “mallar” (acepción 8: insistir en algo de forma teimuda). Como é posible que uns señores queiran cambiar as denominacións mariñeiras das cartas de navegación, cando a grandeza da Gran Bretaña e das Españas, sempre estivo relacionada coa lexislación e normativa da Administración Marítima debido ó poder das súas respectivas Armadas no mar?

Pero a indignación que parece ter a señora Serrano, está multiplicada á enésima potencia en todo o Reino da Galiza, que desde fai séculos nos levan arrebatando a nosa historia. Pode dicirme a señora Serrano en que documento atopa a denominación de Reino de Asturias antes do século XVIII-XIX-XX? En ningún. Sabe ate que ano se denominou Antigo Reino da Galiza á continuación da Gallaecia? Ate a reforma do ano 1833. Pero isto, á tropa españolista non lle interesa sabelo. A Universidade de A Coruña parece empezar a entendelo.

A denominación da Ría de Ribadeo, é a gota que reborda o vaso da ignominia a que se ven sometendo a Galiza. “Historiadores” como Sánchez-Albornoz, cuxo apelido composto, cristián -musulmán, significa “fillo de Sancho con capucha”, e considerado un medievalista “insigne”, tanto que tivo a ousadía de enfrontarse a Castelao cando escribiu “Sempre en Galiza”, tratándoo de galeguista, pois ía en contra dos seus “estudos históricos” sobre a España por el concibida. Outro tan “ilustre” como o anterior foi Menéndez Pidal, entre outros. Vaia cuadrilla de comisionistas, diríamos hoxe.

Esta historia ficción española inventárona no século XIX, unha vez perdidas as colonias alén do mar (Cuba 1898, Filipinas 1899) e crearon unha Historia de España falsa, baseada en mitos inventados. Nunca existiu a batalla de Clavijo, nin a de Covadonga, nunca houbo unha Reconquista no norte da península, pois nunca foi conquistada polos árabes, aínda que houbera razzias esporádicas ou porque os árabes foron chamados como mercenarios para batallas particulares entre señores, tal e como ocorreu con Mauregato, que tivo logo que pagarlle o califa de Córdoba o Tributo das Cen Doncelas.

Nunca houbo rigorosidade histórica nos relatos, había que crear mitos para darlle un carácter heroico a personaxes que moitas das veces eran simples crápulas. Non hai historia cinguida a feitos correctamente documentados, todo está falseado e inventado, palabrería, estes “historiadores” non se refiren a documentos que se poidan contrastar, e en algúns casos traducen documentos ou os falsifican como lles ven en gana. Hai decenas de documentos supostamente históricos que non son capaces de soportar un exame paleográfico superficial.

Tal e como xeneraliza a señora Ana, cando se refire a contra-denominación da Ría de Ribadeo que teñen informes “feitos por especialistas” que acreditan a denominación Ría do Eo... Qué especialistas?? En qué son especialistas, en tirar esterco nas terras de patacas? Ou fala vostede de chiringuitos “ad hoc” creados polo Principado?

A historia medieval española, está tan viciada que da noxo. Foi feita tan a lixeira, ate fai uns poucos anos, que é como querer elevar a Madrid a categoría de Reino de Madrid, porque alí residen os reis, están as cortes e moitos reis e raíñas están enterrados no Escorial. Quizais deberíamos darlle ideas a señora Ayuso por aquelo da afinidade de que Madrid “es España”, é o demais terra conquistada??

Os galeguistas teremos que seguir na loita ante tanta falcatruada, e a Ría de Ribadeo converteuse desde a década dos oitenta en algo máis que un termo toponímico. É ese punto reivindicativo que ten que impedir que siga ese avance desmesurado da desgaleguización territorial e lingüística, para que non nos sigan pisando. O Marquesado da Ría de Ribadeo con Grandeza de España, título concedido pola Casa Real a don Leopoldo Calvo-Sotelo e Bustelo (BOE 151, Martes 25 xuño 2002) foi ese espaldarazo de nobreza ás xustas exixencias galegas, como así o quixo deixar patente don Leopoldo o pedirlle ó rei dito título, o cal pode tamén interpretarse como ese principio do fío de Ariadna capaz de guiarnos por este labirinto de malas intencións patrioteras.

Érguete Galiza!!