20161014

Novos Foros de Debate no Voar

Téñome referido algunha vez no blog, de pasada, ós Foros de debate do Voar dos anos 90 (aquí ou aquí). Agora a nova é que volta a realizarse unha edición.
Dende hai 20 anos, en Ribadeo téñense realizados diversos foros, como os sectoriais de APAGA sobre automoción ou os máis xeralistas da AVV O Tesón sobre diversos temas. En calquera caso, a difusión mediática que tiveron e (ou) o impacto social foron abondo máis reducidos: nos foros do Voar era a tónica o encher de bote en bote unha sala ampla, con xente dunha bisbarra asemade ampla, para escoitar a unha persoa en calquera caso célebre a nivel estatal a través de diversos medios, falando dun tema de actualidade.
Iso, o conxunto que fai o ambiente, preténdese repetir coa temática de a actualidade europea, patrocinado polo grupo Voar e Sargadelos.
E antes de saber ponentes ou datas, xa está a nova na rúa, chamándose a unha historia que foi tamén historia de Ribadeo a finais do século pasado.
O Voar, ó norte da rotonda.

Ningún comentario: