20140616

Cambiar de lectura

Luns. A ver que dirección colle a nova semana. De pronto, a finais da anterior, o que da ganas é de cambiar a dirección ou o enderezo. Cambiar a dirección de España ou cambiar o enderezo a fóra de España. A última? Coido que xa non se pode dicir en singular ningún ou cáseque ningún día.
O día amanece claro, con promesas de continuar bo ó longo das horas. Estará xa en liberdade para velo o último indultado? A viñeta de Vergara carga as tintas no PP, pero na época socialista pasaba algo parello. Copio un parágrafo de 'hechos probados':
"Supuestamente es una medida de gracia excepcional pero hay tantos indultos como días tiene el año. El Gobierno de Mariano Rajoy lleva aprobados 806 en esta legislatura. Por comparar, el Reino Unido solo aprobó uno el año pasado y fue un indulto póstumo al matemático Alan Turing, que lleva muerto 60 años y fue condenado injustamente por ser homosexual."
As medidas de graza son graciosas: son discrecionais e por iso fan sorrir...
Visto así, o do sorriso, quizáis haxa que considerar outra alternativa á de cambio de direcciónou de enderezo: o cambio de letura, o pasar a ver fútbol (se non te gusta 'a roxa', cambias ó campeón de liga ou copa), pensar en beber e botarse uns risos (privados, iso si; os demáis, se queren rir, que rían, e se non, que se jodan) facer a vida sin preocuparse (do de todos, do público) máis que en acumular (un mesmo), e máis cousas que se te vaian ocorrendo. E ata podes ir a votar de cando en vez despois de botar un 'pito, pito, gorgorito' para elixir o partido que non te considerará para nada despois de alonxarte da urna.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Estamos en un país de pandereta. Pro temos a obriga de colaborar nun país de futuro. Podemos non é a solución para un bo país, pro é a solución para botar fora ao bipartidismo corrupto. 815

agremon dixo...

Para min, de pronto, Podemos o que fixo foi introducir a ilusión de que se pode.