20120516

Semipleno ata as 23:59 (II)

(Ven de Semipleno ata as 23:59)
Voltemos a cando cheguei ó pleno: A ordenanza relacionada coas débedas foi aprobada por 6 si, 2 abstencións e 4 non. É dicir, cos votos do BNG e a oposición do PP. Os xornais de hoxe destacan que foi relevante, pero que a gresca estivo noutro lugar.
Pasouse logo á dación de contas, que puido resultar informativa, pero sen resaltes, e logo, ó apartado de mocións, antes dos rogos e preguntas.
A lembrar que do maratoniano pasado pleno ordinario, de hai dous meses, quedaran decretos pendentes, que foron tratados neste.
Antes de comezar, un pequeno gran rifirrafe. Pqueno porque non durou moito e o motivo era formal, grande porque aínda armou alboroto e obrigou a poñer orde ó alcalde, o que non logrou inmediatamente. Comezou ó dicir o representante socialista (E. Gutiérrez) que se van ser cen rogos e preguntas, que non se quedaría, sendo respondido por Azucena (PP) que se podía ir cando quixera. Resposta nova de Lalo indicando que non se senta alí (indicando o lugar do alcalde), e polo tanto, que non emule á canciller alemá. A cousa continuou por breve tempo, pero coido que coa orixe xa  chega.
Así pois, sete mocións:
Polo BNG. Sobre banca e preferentes. Resultado, aprobada: 8-0-4. Rebatida por Campo Braña dende o PP indicando que o bipartito tamén ten culpa no tema.
BNG. Contra a reforma laboral. 7-1-4. Falou Tino (UPRi) no sentido de que que os políticos e asesores de Madrid terían idea do que facían, e que non vía normal adicar o 70% do tempo a cousas que non son do pobo. As argumentacións contrarias pasaron a culpa ó PSOE indicando que son medidas 'que perxudican a todos pero que son necesarias', así como que 'frea a destrucción de emprego' e salientando as ventaxas para os empresarios. O alcalde defendeu a moción dicindo que só había que ver a defensa dos postos de traballo comparando as listas de paro de hai seis meses e de agora a nivel estatal, ou dos ultimos anos a nivel Galicia, e referiuse ó nivel de paro en alemaña cando Hitler chegou ó poder.
PSOE. Sobre a emerxencia da seca. 8-0-4. Foi resaltada a pésima política forestal e o tema da queima das Fragas do Eume, e rebatida por Campo Braña dicindo que non falaba para nada dos incendios forestais e do plan forestal, que xa está aprobado apra núcleos de máis de 50 000 habitantes, así como da extemporaneidade dado que o mes de abril foi moi chuvioso.
PSOE. Sobre a praia das Catedrais. 8-0-4. Indicou Lalo que (evidentemente) non é unha moción tipo, e a insistencia da mellora do tema dos aparcamentos na zona e da instalación dalgún tipo de información capaz de aproveitar as visitas  para desvialas cara a Ribadeo. Saiu a relocer que dalgún xeito, todo o mundo o levaba no programa, o que facía presumir se non unha unanimidade, alomenos non oposición, pero ... Neste pundo saiu a relocer o tratamento das Catedrais no PXOM ou a falta de depuradora por conflito entre administracións. A suxerencia do alcalde de sumar á moción a implicaicón de Xunta e estado moitvou unha reclamación de Azucena González por defecto de forma, pedindo a constancia en acta, pois alegou que en ocasións anteriores enmendas semellantes non se permitiron, o que constitúe unha adecuación ad hoc das leis. A cousa chegou a unha certa calma despois de indicar Lalo Gutiérrez que modificaba o texto el mesmo e os servizos xurídicos que tiña validez o que se estaba a facer independemente do que se fixera noutromomento.
PP. Sobre Alcoa e a tarifa eléctrica. 12-0-0. Siu a relocer o déficit tarifario e o emprego da comarca, pero non a situación na que manteñen as compañías ós clientes particulares, por exemplo.
PSOE. Para pedir a retirada do decreto de gastos sanitarios. 7-1-4. O PP posicionouse en contra indicando Azucena González que o facían por ser unha praga de mentiras o seu contido.
Queda a última moción e os rogos e preguntas para outra entrada ...
Continúa.

Ningún comentario: