20120522

Pullas a Merkel

Onte, horas despois da entrada no blog, percateime da foto que aparecía na terceira da Voz, acompañada cun pequeno artigo titulado 'Pullas á Canciller'. 'Entrañable' foto de grupo de amigos vendo xogar ó fútbol e ganar a un equipo inglés fronte a outro alemán, coa consecuencia de que Merkel tivo que soportar algunha pulla deportiva.
Está ben que os dirixentes se solacen e descarguen tensións, pero a foto (que non atopei en internet) ten un algo de teatro para consumo de masas, de querer amosar 'somos iguais ca vós', que desprende populismo e evita participación (para que, se son iguais ca nós?). Tamén, unha imaxe de relax fronte a un mundo vapuleado e uns cidadáns vapuleados con el. Unha imaxe de 'todo vai ben, estamos tranquilos' ou de 'deixádenos en paz, que o estamos a pasar ben'. Unha imaxe que pode dar lugar a moitos equívocos. Igual que os nosos dirixentes.

Ningún comentario: