20110712

Primeiro pleno ordinario do novo mandato

Distribución no salón de plenos no mandato 2011/2015 (a falta de intervención)
Onte, luns 2º de mes ás oito, como habitualmente está establecido, celebrouse o primeiro pleno do novo mandato da corporación ribadense.
Significou unha variación sobre os plenos anteriores, ó poñer a análise dos decretos da alcaldía (pagos varios) ó final, xunto con Rogos e preguntas, formando un só bloque.
O punto primeiro foi, como sempre, a aprobación de actas, neste caso de 11 e 15 de xuño, os plenos de constitución da corporación.
O segundo punto foi o acordo entre Concello e Deputación por mor do selo de empregado público e o servizo de sede electrónica, a traverso do programa 'innóvate', que pasou con unanimidade.
O terceiro punto versou sobre a petición de baixa da asociación 'villas Marineras'. A dicir que, do falado no pleno, despréndese que Ribadeo leva 5 anos na asociación, que a cota é de preto de 8 000 €/ano e que debe 23 000 €, sen ter sacado un rendemento aceptable. A asociación é de promoción turística de vilas na costa norte española, e o concello pretende concentrar eses cartos en promoción directa, ó tempo que ten a débeda recoñecida e califica de 'custe inasumible' seguir mantendo ise débito anual cunha relación prezo/custe insatisfactoria. O representante do PSOE anuncia a abstención por descoñecemento do caso, e Francisco Rivas  anuncia tamén a abstención, pero preguntando se se fixo algún tipo de avaliación e que actividades se fixeron de promocón.
Azucena González axusta que son 17 concellos participantes, que se entrou por unanimidade e que para entrar Ribadeo modificáronse os estatutos da asociación, obtendo a resposta do alcalde no sentido de que xa saíron os concellos vascos, que foron os últimos en entrar.
A partires de aquí hai un cambio de rumbo nas argumentacións saíndo a relocer o aporte da Xunta á promoción turística da Mariña (ou máis ben a falta del, sendo integrado no conxunto de Galicia) e o feito de que a promoción turística ten resultados a longo prazo, así como que se espera que se faiga unha planificación para aproveitar os recursos de promoción, ou o aumento de recursos de persoal. A votación arroxou 7 a favor (BNG), 2 abst. (UPRi e PSOE) e 4 en conta (PP)
O punto 4º foi a resolución de alegación e aprobación do convenio con ACISA para o uso da casa do Viejo Pancho, na que a asociación mantén unha oficina con permiso en precario.
Alega o PP que está alterándose a concepción para a que se ideou a casa, un centro de estudos americanos, e UPRi que tódalas asociacións teñen dereito a locais, ó que respondeu Fernando Suárez afirmando a supremacía de ACISA dentro das asociacións, e que tódalas asociacións teñen xa un lugar de encontro no lavadorio [Nota propia: distinguir entre un lugar de encontro e un de recepción e atención social]
A votación arroxou 7 a fvor e 6 abstencións.
O punto 5º foi a aprobación de convenio urbanístico con Mª Isabel Arias López en relación co espazo que ocupa o taller 'Loureiro' na r/Pintor Fierros.
Abstense Eduardo Gutiérrez, estando o resto a favor. Aclara o alcalde que os criterios deste tipo de convenio foron cosensuados pro todos os grupos en período anterior, e difunde que mañá martes (hoxe) haberá comisión informativa sobre PXOM e Pepri, o que responde Eduardo G. que as cousas deben facerse do xeral ó particular, e non ó revés, construíndo o plan en base a pequenas cousas indepndentes.
No 6º, as medidas para establecer e compensar os danos por xabariles, deu lugar a diversas intervencións, sendo quizáis o punto máis discutido. Eduardo considerou a proposta máis propia de gruo parlamentario que de discusión no pleno, Francisco máis unha declaración de intencións que de medidas propias, anunciando a súa negativa, e Campo que debera coordinarse cos outros concellos afectados, lendo un longo documento sobre o tema e propoñendo a aprobación por apartados cun documento alternativo ó tempo que xustifica o retraso no cobro das indemnizacións por incumprimento dos gobernos anteriores da Xunta sobre as cantidades a disposición, menos das debidas., aclarando que os pagos solicitados multiplicáronse na vixencia da normativa. Sinala Fernando que as axudas non se cobran dende o 2009, e como non se pagan, non se denuncia, e iso fai que non existan administrativamente e que propicia os paos entre os cazadore e os agricultores. Fala asimesmo dunha xuntanza en Vilela, de onde saiu a iniciativa de presentar cada concello unha moción, de xeito independente, das que a que se está a tratar é a primeira por oportunidade temporal. Aclara o secretario que a disgregación e voto particular contravén a normativa, e que debera er presentado na comisión previa. Asemade, unha nova proposta de deixar o tema sobre a mesa para o seguinte pleno facer as cousas de xeito formal non é estimada acorde coa regulamentación. A votación resulta en 7 a favor, a abstención do PSOE e 5 en contra.

Neste punto disculpa a súa asistencia Vicente Castro, e pásase ó conxunto de decretos da alcaldía e rogos e preguntas.
Dentro das varias preguntas e rogos feitos, destacar só uns poucos:  Axusta o secretario que este punto é un punto único de fiscalización da labor municipal.
Pregunta Francisco R. sobre o funcionamento da depuradora, respondéndolle o alcalde que está en funcionamento dende máis ou menos un mes despois da súa inauguración, pero non ó 100%, e que polo momento non fixo como Frga en Palomares.
A unha pregunta sobre a reclamación de 200 000 e de mármores e granitos Eo, axusta o alcalde que corresponde a unha reclamación patrimonial pola anulación de licenza de actividade de corte de granito, tras un proceso xudicial debido a molestias e o ruído, tramitado arredor do ano 2000. Foi consultado co Consello Consultivo de Galicia, e informado negativamente.
Volve a haber reparos da interventora ás nóminas do concello, pero a súa ausencia fai pospoñer a resposta.
Unha pregunta sobre a necesidade de estar empadroados ou escolarizados para ter preferencia nas activiadades de verán da lugar a un pequeno escarceo sen consecuencias, a conto da admisión correspondente ó verán pasado e a unha presunta posibilidade de xudicialización por parte de Francisco R.
Pregunta Paco sobre se se realizou algunha xestión sobre a residencia da 3ª idade, respondendo o alcalde que se está a facer.
Saen a relocer asemade as 12 bicicletas cedidas por Koodza.
Campo trata o tema da subestación, desviando o alcalde o tema por non corresponder á xusrisdicción do concello, a excepción da emisión de informes (obrigada), senón á Xunta.
Ó final do pleno o alcalde disculpa ter perdido as preguntas de O Tesón, e emprázase para respondelas por escrito.
O pleno rematou camiño das 10 da noite.
[Nota: segundo a AVV de Santalla de Vilaosende habería unha pregunta deles.]

3 comentarios:

Iván Rodríguez Lombardero dixo...

Grazas polo teu esforzo, Antonio. Unha aperta.

agremon dixo...

De nada, Iván. Fáigoo porque espero que sirva.

agremon dixo...

A visión dende o concello