20110723

Na ponte dos Santos

1-5-M eran os tres carteis principais que había esta tarde na ponte. Despois da concentración dende mediodía na zona das Figueiras, xuntámonos ata unhas 200-250 persoas, cubrindo a parte central da ponte. A estas horas seguirá a música na asamblea na zona de ocio das Figueiras... A tarde, magnífica, invitaba á praia, e os barcos pola ría ofrecían unha paisaxe que non desentoaba co ambiente nin coa vista da ría de Ribadeo a media marea nunha tarde crara.
A próxima concentración, que de seguro a haberá, medrará a xente.
Fotos? A ver se alguén dos barcos colga algunha, pois Miguel marchou cando aínda estaba a comezar a cousa (un avión que andivo dando voltas despois non sei se era o del)
E en Madrid, a chegada de indignados? iso é en Madrid.
[Nota: contei algo menos de 200, pero logo incorporáronse máis.]

3 comentarios:

Im-Pulso dixo...

Noraboa.

Ángel de Olavide dixo...

¿cuantos años tardó en hacerse el Puente de los Santos? Pues eso...Hay que intentarlo mas veces. La fuerza simbólica de ese acto es incalculable..Además hubo bastante gente. Lo único que faltó fue poner a alguien con una cámara de fotos con un buen zoom para obtener fotos algo mejores que la que ha publicado hoy La Voz, que desmerecen mucho lo que realmente pasó. O sea que adelante.

agremon dixo...

Apostillando a Ángel, en referencia a http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2011/07/24/0003_201107X24C8995.htm, a foto sinxelamente non corresponde máis que cunha fracción do que pasou ó comezo, cando estaba a montarse a cadea.