Actualización a media mañá: a segunda foto compleméntase con que por fin a obra pendente no CIFP Porta da Auga vai ser reprendida, e o edificio deixará de ser un cadáver despois de xa abondos anos para irse parecendo máis e máis a un edificio público. Están metendo barracóns de obra da empresa que vai levar o remate de obra.
1,4 L/m
2 nos últimos 20 minutos (perto das 8 da mañá), segundo a Pedro Murias.
Unha segunda entrada pequena (despois da
nota do envío de 2225 sinaturas para impulsar a residencia de maiores) para deixar a imaxe de que non só está a chover a cántaros hoxe en Ribadeo, senón que tamén as obras, grandes e pequenas, sucédense na vila 'a cántaros'. Iso si, todas dun xeito ou outro, públicas.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjtOB3HNPMkmEHTvqV0Vk8r0zkpQ2LRPiKTv3ricLgfJVfk4DfS5BNL9jlvZeS7SlnXJIYMhZuC2hzXDVA_GZVkUHJMUikDhkMDTJMl-9AdX2cvDIvO8es47gBXLJmY9-nnMom3yw/s640/20110527+rotonda+nova.jpg) |
Na rotonda do xardin, o Juanín xa ten mastro. |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjaeFNvQUzKAg8s_MhZzgHS622vZ0ZrGODBTyMTnx8OqZOep1uLr54mTGb05KpazVraR2orA1w9OrlKUWxLxr3vrrbe7EtWioa7OAJFLhaNJq3ztIx85dM8NRMMbWc8l4xybFQSbw/s640/20110527+obras+ies+novo.jpg) |
O novo edifico mai medrando e achega a unificación dos IES, pero aínda falta. |
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjY9v4DfBCWsOm3dkLqAtBbnyfPzvCcgGzJOn7Y2NDIBSjvIq4ATCplpTT-l6mETIAbgHLa9Dv1s3TM-UuI0ere0W9x77rv_sOuawMQV4kTJGnd9f7wf3iTlNgR9wHAN1xmR_kELw/s640/20110527+conmemoracion+Calvo+Sotelo+en+obras.jpg) |
Hai pouco que se fixo, pero necsita coidar o seu entorno, e hai que protexer a lápida de Calvo Sotelo. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario