20110508

Ah, pero, comezaron as eleccións?

Non é que comezaran as eleccións pero estamos xa en campaña electoral. É posible que moita xente non se decate, porque hoxe o período electoral exténdese máis aló, moito más, do que a campaña permite. Nese sentido, as eleccións comezaron hai tempo, abondo, e o que se está a vivir agora é un período no que se loita por máis visibililade nun esforzo final, a modo dunha carreira de longa distancia que se pretende solucionar ó sprint.
E, do mesmo xeito que as carreiras de longa distancia non soen ganarse ó sprint, aquí parece que só o 15% dos votos se deciden nestes días. Non me queda claro polas novas dos xornais se ese 15% é sobre os votantes ou sobre os electores, que é abondo diferente. De calquera xeito, é cifra de importancia como para loitar por ela.
E con que armas se loita? Parece que aquí non vale ningunha 'convención de Xenebra', ó estilo das guerras, onde hai normas, pero os combatentes trata de saltalas para coller ventaxa. Continuará.

Ningún comentario: