Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Fernando Rodríguez Raño. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Fernando Rodríguez Raño. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20060128

Un artigo non publicado aínda. A 2ª entrada de hoxe.

Adxunto un artigo que tiña que ter saído hoxe, pero non o vin publicado. De que vai? Lee e xa o descubres ti mesmo. e despois, outra ración dun artigo sobre Hernán. Mañá, máis. Que? ... veralo.

Un tesón, unha ría, unha vida.

Remata de chegar ás miñas mans a proposta da Plataforma para a Defensa da Ría para o establecemento dun plan de protección. E preveo que sigan a chegar boas palabras e malos actos moito tempo máis. Nembargantes, como a situación ten que cambiar (ou cambiamos nós, que é outra posibilidade), paso a leelo e póñome en situación: a fin de mes está previsto un cumio galaico-astur e a Plataforma pretende entregar ás autoridades unha versión revisada da proposta que está a difundir agora. É dicir, o leelo e criticalo é parello a unha esmola para a ría. E quero a ría, ou sexa que de esmola, nada: contribución.

Pídese a declaración de espazo protexido, e unha comisión permanente e con participación cidadá para o seguemento e control da súa conservación. É dicir, leis, pero asegurando o seu cumprimento. Claro, do anterior se desprende que se debe renunciar a calquera recheo, e máis cando parece que a beira asturiana xa está farta de que sexa a parte galega quen faga recheo tras recheo.

Como as leis necesitan unha concreción despois de promulgadas, nas propostas inclúense medidas derivadas a curto e medio prazo. Por exempl, e fronte a presión urbanística que se deixa sentir na redacción do Plan xeral de ordanación urbana, propónse a ampliación ata 500m da prohibición de cosntruír, ou o saneamento de puntos concretos que lle fai falta, ou algunha medida para poñer en valor o propio que ten como espazo natural.

Son un total de 20 medidas para facer posible unha ría mantible no tempo como unha xoia que temos, sen emporcallar e sen facela desaparecer baixo recheos ou sinxelamente, sen facela desaparecer da vista.

É certo que o borrador presentado non fala moito dos tesóns, pero na actualidade e tras as derradeiras obras, a súa capacidade de recuperación é asombrosa, como se pode ver día tras día mesmo fronte a Mirasol, o que parece dicir que non corren perigo mentras a draga pase algunha tempada fóra da ría.

Vai sendo hora de que nos decatemos que a ría ten unha vida propia, que defende con tesón das agresións que sufre, pero que como calquera ser vivo pode enfermar debido a elas. Es eso está pasando. É hora de cuidar un espazo que polo momento sirvéunos a nós e non elixir o mal camiño de tentar de crecer económicamente a costa do medio ambiente, dun xeito desordenado e sen futuro. A ría é algo parello a unha galiña dos ovos de ouro: alguén se imaxina aunha galiña así estabulada nunha granxa con outras moitas semellantes?


--

Data: 2002

Fonte: do autor. Publicado en „La Comarca del Eo“

Título: Lacrimosa dies illa

Autor: Fernando Rodríguez Raño

Descrición: En lembranza de Hernán.

Comentarios:

LACRIMOSA DIES ILLA”

por Fuji

“Lacrimosa dies illa....si, foiche ben certo, tamén de dor, carraxe,sorpresa... traxedia implacábel e irreparábel...

Pois aínda me levou o seu tempo atinarlle co título, non, tranquilos; nen é un tratado sobre a gaita de fol en inglés nen a “pachanga” que soará nas orquestras o vindeiro vrao....

É un fragmento (“Lacrimosa”) do texto latino que se usaba nas misas de defuntos (“Réquiem”)... Mozart o inimitábel (Wolfang Amadeus, Salzburgo 1756 – Viena 1791) deixounos en herdanza, entre outras moitas cousas, o que coñecemos coma o seu Réquiem (Réquiem en re menor para solistas, coro e orquestra KV 626; pero solistas sen medo escénico por suposto) ; música estremecedora donde as haxa; escrita por encargo; e, que por ironías da historia ( ou da vida vaian vostés a saber), trocouse na banda sonora do seu propio funeral....

... Eu tiña un amigo (sempre foi alén da amizade: mentor, pai, profesor, guía, psicólogo, confesor, educador, músico, director, poeta, escritor....) co que compartía certa afeción polo compositor salzsburgués. Tamén compartía cervexas cando cadraba, nicotina case sempre, alguns gostos literarios, e ata coche en certas ocasions... pero iso eche outra historia...

A cuestión é que coñecín a este amigo moitísimo antes que ó señor W.Amadeus.... e a este último coñecíno gracias ó meu amigo. Coma tamén coñecín o gosto pola literatura (musical e da outra) pola historia (musical e da outra); o gosto pola música (das verbas e da outra: facéndoa, escoitándoa ou sinxelamente léndoa); pola vida e intención dos compositores ( non botan vostés de menos os textos nos programas de man da Banda?); polo cine; os cafés cos amigos (e amigas),...E por moitas outras cousas a través do seu esforzo impagábel na educación de xeracións de músicos (algúns debémoslle o noso pasado, presente e futuro); de moi variado público de tódalas idades (miña nai non soubo quenes eran Sibelius e Shostakovich ata que apareceron nos atrís da Banda, eu tampouco); dos mesmos pais e compañeiros de músicos (non sempre estudar música tivo o recoñecemento social dos últimos seis meses ).....

Sí, educación no senso mais amplo desta verba. No senso da formación global do individuo reflectida coma suma dos pequenos detalles diarios, nos que poñía toda a súa intención e coidado. Ó mesmo tempo que era plenamente conscente da súa influenza no desenrolo de cada músico, non só coma músico senón (o que é mais importante) coma persoa...

Evolucionar, medrar e aprender; iso foi o que fixemos coa nosa Banda músicos, público e director até o 17 de Maio...E cometer erros por suposto, o longo de case dez anos, pero iso é a maneira mais importante de aprender cousas importantes. Todo isto a través da música; en ocasións da súa música; en ocasións da dos grandes mestres; en ocasións da mais comercial e coñecida.(como era aquilo do heterodoxo quefacer dos seus músicos...?). E, case sempre, con mais imaxinación que medios. Contra vento e marea, ou se se quere ser menos retórico: contra institucións e sectores da opinión pública se era necesario.

Mozart estivo presente varias veces nos atrís da Banda. Os mais veteranos lembrarán a súa expresiva “Música Fúnebre Masónica”, ou o “Ave verum Corpus”, até a Banda desfilou (de vez en cando non nos queda mais remedio) ó ritmo dunha marcha que pertence a “Frauta Máxica” do compositor. Máxicas tamén as nosas frautas na primeira obra do disco, póstumo coma o Réquiem, da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo que fai pouco saiu a rúa.

Aínda que o “Réquiem” lle pertenza en espírito e concepción ó mestre Amadeus non chegou a reflectilo na partitura por enteiro.. A morte sorprendeuno con nocturnidade e mala intención, detendo a súa pluma nos primeiros compases da “Lacrimosa”... Foi un aluno seu, (Franz Xavier Süsmayer) quen rematou a obra do seu mestre, atinadamente en opinión da crítica, aínda que os nostálxicos pensemos que Mozart só hai un. Escoiten, escoiten a Lacrimosa, ese salouco desgarrador que nace case inaudíbel e remata nun berro de profunda dor....

O feito de que non rematara a súa obra alimenta a lenda do Réquiem. Hai un romanticismo profundo nesa idea do discípulo tomando o relevo do mestre (establezan a comparación que lles pete). Pero a realidade histórica érquese aquí en asasina sen piedade dese romanticismo implícito na idea. Xusto no intre no que descubrimos os motivos que levaron a Süsmayer a tomalo relevo... Estes foron somentes económicos. O Réquiem constituiu un encargo, dun conde apenado pola morte da súa dona, feito no seu momento a Mozart...(viva o materialismo histérico!, perdón, histórico)...

...O que se nos asemella certo e inevitable, é que xamáis chegaremos a coñecer a opinión do xove Mozart sobre a súa própria obra mestra...

...Fernando Rodríguez Raño foi trombón primeiro e solista da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo baixo a batuta de Hernán Naval, trombón terceiro con Mariano Rivas e actualmente toca o que pode ou lle deixan...

20070520

dúas lembranzas de Hernán



Saen na Comarca de onte. Deberan ter saído o 17, pero xa se sabe, non hai edición máis que os sábados. Son os artigos 'Aprendendo a ensinar' de Fernando Rodríguez Raño e 'Bótote de menos hoxe... exactamente igual que onte', de Viki Rivas Fernández.
Lembro que premendo co rato sobre as imaxes poden verse a parte e maiores.

20080131

Nashville, Tennessee

Nashville é unha cidade norteamericana de medio millón de habitantes que non creo que visitaran moitos ribadenses. O seu alcume de 'capital da música' ten que ver con que pronto vaia ser visitada por un par máis. Fuji (alcume de Fernando Rodríguez Raño), e 'Pera', Javier Fernández Fernández, aqueles rapaces que comezaron a ilusionarse coa música con Hernán Naval, músicos da banda, profesores na escola de música, integrantes de Moondogs Blues Party, acaban de verse clasificados con esta última formación como 'semi-finalist in the 2007 International Songwriting Competition (ISC) for the song "Childhood Soul," in the Blues category'.
Mentras, en Ribadeo hai outra noticia en certo xeito oposta á anterior. Gaspar, o golfiño que anda percorrendo as rías galegas e recala estes últimos polas de Foz e Ribadeo foi nova porque membros do grupo el farero viron como axentes do Seprona (Guardia Civil) lles levantaban dúas denuncias, por bañarse no peirao deportivo e por molestar ó animal. Hai xa unha certa controversia, pois mesmo na radio eclesiástica parece que suxeriron a intervención do alcalde para solucionar o tema. O certo é que mesmo na prensa de onte saía nha foto de xente xogando con el en Foz, pero tamén o é que se comeza todo o mundo a facelo, o animal non o vai pasar ben. O obxectivo era facer un vídeo, e co material recollido faráse.
E de sancións segue, pois onte púxose outra na zona de Augas Santas a un vendedor ambulante que non tiña a tarxeta de manipulador de alimentos.
Remato cunha foto que máis parece de fin de antroido que de comezo: o cartel da comisión colgado do cine teatro despois de ser pechado o pasado domingo (despois da sesión de filloas para recadar cartos).

20110716

Mesa redonda sobre Hernán nas xornadas de historia local

Un momento da presentación, en recorte dunha foto de Chenchu (tomada do fb)
Venres tivo lugar no marco das xornadas de Historia Local da agrupación cultural Francisco Lanza a mesa redonda sobre Hernán. Participamos, por orde de intervención, Dores Fernández Abel (moderadora), Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, Hugo García Presno, Aurora López Rodil e máis eu.
Os estilos das intervencións foron abondo diferentes, dende o máis documental de Francisco ou técnico de Hugo ata o máis vivencial de Aurora ou meu.
Deixo os audios das intervencións e a parte escrita da miña intervención. Quedaría por poñer a presentación con fotos e música de Hernán, montada por Hugo, e a parte correspondente ás preguntas finais.
Intervención de Francisco Rodríguez (e presentación xeral de Dores)

Intervención de Hugo:

Intervención de Aurora:

A miña intervención:

--
As facetas dunha persoa son inabarcables. E máis se é da talla de Hernán.
Despois da primeira consideración, reunidos para falar de Hernán en público, ocórreseme que non deberíamos falar quenes o apreciamos. Hai a tendencia, sempre, ó 'non digas mal del' ... aínda que, como toda persoa, tiña as súas beiras, e sempre as hai que se poden considerar boas ou malas segundo a referencia que se elixa ou que se teña para mirar. Mais, como ignorado ata o momento por un estudo estruturado e en profundidade, só quedamos quenes o coñecimos para deixar esa testemuña da nosa apreciación, que aínda que pretendamos obxectiva, non podemos separar do noso aprecio.
Coido que o anterior leva a falar, o primeiro, do factor humano: quería á súa xente, e nós sabíamolo. Aínda que eso non nos libraba de broncas, algunhas discutibles, en particular se eramos nós os abroncados.
Hernán chegou a Ribadeo con entusiasmo: presentóuselle a oportunidade de levar a cabo unha labor definida por el mesmo nun contexto que lle impoñían pero que lle viña case como anel ó dedo, e ó pouco, percibiu que tiña un respaldo. Ó longo do tempo, o entusiasmo variou en punto de mira, ó ir axustando o proxecto, incardinouse nas relacións coa xente, pero non mermou en cantidade. E ise entusiasmo levouno a dar todo de si. Hernán fixo entrar a banda pola porta grande á vida musical, cunha visión ampla, e así a mantivo. Era a súa banda, coa que compartía a música.
Coido que pode dicirse que o traballo era para el un desfrute, e desfrutaba moito, porque traballaba moito. Traballo e esforzo, a máis de condicións naturais, claro, fundamentaron pola súa parte unha obra que non foi só musical, senón, e coido que sobre todo, social, nun entronque da súa adicación vital á música con ideas políticas e de filosofía de vida que configuraron a súa vida en conxunto con aquela. Entre os que o tratamos na época ribadense, perdura o ritmo musical a carón do marcado polas verbas compartidas e os artigos no semanario e nos xornais, con mistura de ideas de acción e ideoloxía con sátira, historia ou pedagoxía.
Como Hernán era unha soa persoa, o desenvolvemento en diferentes campos e o uso de coñecemento duns como útis noutro, fai que ás veces pareza que non sabía distinguir entre diferentes facetas, como a música e a política, pero máis que que non soubera distinguir é que empregaba o que mellor coñecía como dato ou como apoio para outra faceta da súa actividade, que é ben diferente. E que facía a distinción está claro en detalles como o que xa teño comentado sobre o himno galego, a diferencia de importancia entre o que é emblema e o aspecto musical.
Despois do anterior, dubido que ninguén esteña tentado a distinguir a Hernán pola Banda de xeito exclusivo, por unha predominancia de temas musicais. Sería un erro tremendo: por suposto que a banda tivo moita importancia para el, pero entenderase a cousa se lembro que mentras que a banda trata de música, a música non trata da banda, e é evidente que Hernán controlaba esta distinción moito mellor que eu.
Así, deixando a referencia da faceta máis musical, teño escoitado que a relación cos cartos define ás persoas: a parte dalgunha anécdota máis persoal no mesmo sentido, coido que todos os que tiñamos relación con el a traverso de Amadores sabemos que os consideraba un medio, e por iso estaba sempre pedindo, pero non para si: pedía medios para realizar unha labor na que cría. Mesmo poñéndoos do seu peto.
Falando de Amadores, as relacións coa directiva. Tamén era quen suplía ou complementaba moitas veces o traballo da directiva da Amadores. Como en calquera relación, ás veces había instrumentación: a directiva como instrumento de Hernán, pero tamén viceversa, Hernán como instrumento da directiva. Que non se entenda mal: éramolo con moito gusto, porque sabiamos que estabamos en boas mans e nos transmitía entusiasmo. E, cando tocaba, Hernán facía de instrumento, facendo que ó final, esa diferenza entre directiva e director ás veces se diluíra no entusiasmo e no traballo. Estatutariamente, a directiva non ten moito que ver co director, pero se hai boa comunicación, mesmo simbiose, o resultado nótase. E notábase.
O mellor que fixo a xestora da Asociación Amadores da Música no seu momento foi poñer a banda nas súas mans. E, daquí, enfatizo a palabra familia: fixo da banda unha familia e unha institución que rendía resultados. Pero primeiro, unha familia. Hai que lembrar que como en calquera familia, tamén había broncas, pero como en toda familia que se leva ben, pesaban máis os bós momentos. E iso tradúxose en que a banda fómola todos, e, ó tempo, con cariño, orgullo mutuo e recoñecemento da primacía da súa labor.
Todos, cun apoio no contraste das características persoais que recoñecía a boa vontade e o traballo mutuo. Respecto a isto último, Hernán era esixente. Vía a esixencia como unha necesidade. E daba exemplo ó tempo que podía disculpar os erros, pero non a falta de esforzo. Os que estabamos dirixidos pola súa batuta sabíamos desa necesidade e do seu criterio. Aprendímolo no medrar dunha banda que tivo que comezar con pouco máis que lembranzas de música popular doutros tempos, daquela vistos como gloriosos.
Dende o punto de vista da música, co seu fío condutor, tamén poden verse outras cousas. Por exemplo, o galeguismo de Hernán era patente. Pero hai que distinguir entre un galeguismo pacato, da Galicia-aldea, do que praticaba Hernán, tentando a coller a Galicia por separado para mellor integrala (e que poidera contribuír tamén mellor) no conxunto de pobos do mundo. É dicir, un apoio na propia identidade para non perderse na universalidade. E isto víase a traverso da música, das obras que escollía, da dignificación por riba da tradición, da apertura a outros ritmos e tamén outras ideas, da sensibilización, ...
A conta dalgunha polémica ténselle achacado afán de protagonismo. Coido que unha cousa é procurar o protagonismo e outra o non poder escapar del de xeito doado ou sinxelamente non precuparse del. E cando alguén é activo, con sentido e con esforzo, cando logra acadar metas para ben de todos, consígueo a base de esforzo, de loitar polo que cree e de defendelo. Así, só poderá despreocuparse do protagonismo ou tentar escapar del, moitas veces sen conseguilo, pero é protagonista. E Hernán érao. Sen afán, por méritos.
Para rematar, coido que mentras Hernán non sexa obxecto dun estudo en profundidade, seguirá a sentirse a necesidade de lembranzas pequenas, aquí e aló, noutrora e agora, tentando non esquecer o seu facer, a súa necesidade, pero sen quedar en paz un pobo que sabe que lle falta ese espaldarazo de recoñecemento a pesares do punto da orde do día do pleno de 20060710 no que se da o nome de Hernán Naval Parapar ó auditorio municipal, o Especial Cadernos Ribadenses (maio 2002), a Recompilación de artigos de Fernando Rodríguez Raño ou a plétora de páxinas a medio facer en internet.

20051217

Escritos e prensa de Hernán (Hernán Fernando Naval Parapar)

Fai máis de dous anos que corrixín un documento feito por Fernando Rodríguez Raño, hoxe profesor de trombón da Escola Municipal de Música de Ribadeo Hernán Naval (non é o nome oficial, só un desexo). Como o intentar cargalo no blog dunha soa vez saltou o probe do blog, vai (espero) aínda que dun xeito un pouco 'desordenado'.

Asemade, espero ir cargando e/ou ligando algunha das publicacións, aínda que algunhas veces non se atoparán na parte superior da entrada:

ESCRITOS E PRENSA

DATA PUBLICACIÓN
FONTE
TITULAR/TITULO/ASUNTO
AUTOR/ES
DESCRIPCIÓN
FOTO
OBSERVACIÓNS/NOTAS/EXTRACTOS

LA VOZ DE GALICIA?
LA O.S.G. ACTÚA HOY EN RIBADEO
RIBADEO A.Q. REDACCIÓN
RESEÑA PRENSA
Sí


KM 0 REVISTA DO INSTITUTO DE BACHARELATO DE RIBADEO
SINAL DE MODERNIDADE
HERNÁN NAVAL
ARTIGO
Sí
CURSO 91/92 ACABABA DE SAIR A BANDA E HERNÁN COLABOROU NA REVISTA DO INSTITUTO CUN ARTIGO TAMÉN VIÑERA NUNHA EDICIÓN DA SEMANA CULTURAL DESTE MESMO INSTITUTO A DAR UNHA CONFERENCIA SOBRE MOZART PERO DE MEMORIA NON LEMBRO O ANO DESTA CONFERENCIA

LA VOZ DE GALICIA
AMADORES DA MÚSICA NO ACEPTÓ LA DIMISIÓN DE ANTONIO GREGORIO
RIBADEO REDACCIÓN
RESEÑA PRENSA
Non
ANO 96

LA COMARCA DEL EO
O NOME DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
EDUARDO GUTIERREZ
ARTIGO
Sí
...levase o nome de quen tanto traballou para acadá-la e logo a dirixiu. Xamais pensei que chegaria o momento de dicir isto, pero moito menos imaxinei que o pozo da envexa, dos ciumes, do orgullo desmedido e da xenreira acadase as cotas que acadou...

LA VOZ DE GALICIA?
XA É UN HÁBITO RIBADENSE
HERNÁN NAVAL
ARTIGO
Non
...Non é necesario entender unha obra se se é capaz de sentila...son xa moitos quenes en Ribadeo son capaces de comprender unha obra de difícil sintaxe...ademais de sentila...compracenos estar contribuindo a iso dende a academia e a Banda...


MOMENTO MUSICAL
JUAN SOTO
ARTIGO
Non
VERANO DE 1992

EL PROGRESO
INCERTIDUMBRE
JUAN SOTO
ARTIGO
Non
...pero unos más imprescindibles que otros...solo alguien con la tenacidad, la dedicación y la fe musical...podía hacer una gran banda sinfónica...les esperan tiempos difíciles...ojalá que no sean tiempos de silencio...

EL PROGRESO?
SON NOVO E BÓ
INÉS GUTIÉRREZ
ARTIGO
Non
...fixo falta traballo desinteresado non só como aplicación personal senón para o disfrute dos outros, gratuitamente. Traballo forte dende cero...solfeo...comprando instrumentos paseniñamente...

EL PROGRESO/VOZ?
RIBADEO YA TIENE BANDA DE MÚSICA
VIVEIRO REDACCIÓN
NOTA INFORMATIVA+ENTREVISTA
Sí
..."nun país ó que lle falta cultura musical e normalización en canto a orquestras que poidan ofrecer música clásica en estado orixinal...as bandas suplen ás orquestras e interpretan transcripcións para bandas de pezas sinfónicas"...
13/01/89
LA COMARCA DEL EO
ACADEMIA DE MÚSICA-BANDA DE MÚSICA
COMISIÓN XESTORA
NOTA INFORMATIVA
Non

05/03/89
LA COMARCA DEL EO
COMISIÓN XESTORA DA ACADEMIA DE MÚSICA
COMISIÓN XESTORA
NOTA INFORMATIVA
Non

16/07/89
LA COMARCA DEL EO
ACADEMIA DE MÚSICA-BANDA DE MÚSICA
COMISIÓN XESTORA
NOTA INFORMATIVA
Non

10/09/89
LA COMARCA DEL EO
AMADORES DA MÚSICA
P.N.
ARTIGO
Non

17/09/89
LA COMARCA DEL EO
ACADEMIA DE MÚSICA "Carlos Álvarez Fdez-Cid"
COMISIÓN XESTORA
NOTA INFORMATIVA
Non

06/01/90
LA COMARCA DEL EO
A ACADEMIA DE MÚSICA "CARLOS ÁLVAREZ FERNÁNDEZ CID" CONTA XA CON CEN ALUMNOS
AMADORES DA MÚSICA
NOTA INFORMATIVA
Non

25/08/90
LA COMARCA DEL EO
CLAUSURA DO CURSO ACADÉMICO 89/90 NA ACADEMIA DE MÚSICA "CARLOS CID"
AMADORES DA MÚSICA
NOTA INFORMATIVA
Non
...unha meia regular de 85 alumnos seguiron as clases de Solfeo
11/09/90
EL PROGRESO/VOZ?
LOS FUTUROS MIEMBROS DE LA BANDA DE MÚSICA DE RIBADEO INICIARON LOS ENSAYOS
RIBADEO REDACCIÓN
RESEÑA PRENSA
Non
...o feito de máis destacable...o número de instrumentistas rebasa os 50...referido o número de socios segue a aumentar estando a carón de 500...
17/11/90
LA COMARCA DEL EO
A LÚA
HERNÁN NAVAL
ARTIGO
Non
...e coma no proverbio chinés o idiota olla o dedo...
01/12/90
LA COMARCA DEL EO
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SOBRE A MÚSICA EN RIBADEO
LA COMARCA DEL EO
NOTA INFORMATIVA
Non

26/01/91
LA COMARCA DEL EO
LETRAS DE BOLERO
HERNÁN NAVAL
ARTIGO
Non

23/02/91
LA COMARCA DEL EO
MOZART, CAMIÑO DE RIBADEO
HERNÁN NAVAL
ARTIGO
Sí
...Quenes sempre porfiamos nun Mozart social... Milos Forman...aínda que o paseara pola noite vienesa en camisón e borracho...esa sona de "sopladores" que os músicos case nunca temos procurado....
30/03/91
LA COMARCA DEL EO
DIFÍCIL AFÁN
HERNÁN NAVAL
ARTIGO
Non
..."a practica de calquer arte ten certos requisitos xerais...Se aspiramos a obter resultados rápidos, nunca aprenderemos un arte...non se comeza a aprender un arte directamente senon de maneira indirecta... Erich Fromm. O arte de amar
27/04/91
LA COMARCA DEL EO
AZÚCAR
HERNÁN NAVAL
ARTIGO
Non
...!Azúcar!...No hay cama pa tanta gente...Non hai non Trece escanos municipais para cinco candidaturas sonche unha cama ben estreita...
15/06/91
LA COMARCA DEL EO
UN XOGO DE TIMBAIS PARA A BANDA DE MÚSICA
LA COMARCA DEL EO
NOTA INFORMATIVA
Non
...pola súa desinteresada participación no programa da televisión autonómica "Man con Man" co propósito de recadar fondos...
07/07/91
PROGRESO/VOZ?
EL MARTES SE PRESENTARÁ EN RIBADEO EL PROYECTO DE LA FUTURA BANDA DE MÚSICA
VIVEIRO REDACCIÓN
RESEÑA PRENSA
Non

08/09/91
PROGRESO/VOZ?
LOS RIBADENSES ESTRENARAN BANDA DE MÚSICA EN NAVIDAD
RIBADEO (POR S. CORRAL)
RESEÑA PRENSA
Non

19/10/91
LA COMARCA DEL EO
A BANDA DE MÚSICA DE RIBADEO PARTICIPARÁ NA ORGANIZACIÓN DO 150 ANIVERSARIO DE PASCUAL VEIGA
LA COMARCA DEL EO
NOTA INFORMATIVA
Non

25/01/92
LA COMARCA DEL EO
CONCIERTO DE PRESENTACIÓN DE LA NUEVA BANDA DE MÚSICA DE RIBADEO
DIONISIO FRANCO
RESEÑA PRENSA
Sí

26/01/92
EL PROGRESO
UNA BANDA MUY ESPERADA
RIBADEO ALFONSO RODIL
RESEÑA DE PRENSA
Sí

26/01/92
EL PROGRESO
TRES DÉCADAS
PROGRESO
PORTADA
Sí
..hace tres años la sociedad Amadores da Música creó la Academia de Música Carlos Fernández Cid tuvo un merecido premio con aplausos... DITA ACADEMIA TAMÉN SEMPRE DEPENDEU DUNHA ENTIDADE PRIVADA: A ASOCIACIÓN "AMADORES DA MÚSICA"
26/01/92
EL PROGRESO
BUENOS CIMIENTOS
RIBADEO A.R.
ARTIGO
Non
Los músicos son propietarios de sus instrumentos y la sociedad sufraga los uniformes y los honorarios del director...A BANDA E A SÚA ACADEMIA (CARLOS ALVAREZ-CID) SEMPRE DEPENDEU ESTATUTARIAMENTE DA ASOCIACIÓN "AMADORES DA MÚSICA"
01/02/92
LA COMARCA DEL EO
LA NUEVA BANDA DE MÚSICA INICIÓ SU ANDADURA CON GRAN ÉXITO
DIONISIO FRANCO
RESEÑA PRENSA
Sí
...en principio son 40 los integrantes de la nueva Banda de Ribadeo que serán ampliados a 60 a medida que vayan cumpliendo su periplo formativo
01/02/92
LA COMARCA DEL EO
PRELUDIO SINFÓNICO
EDUARDO GUTIÉRREZ
ARTIGO
Non
..."hoxe os santos non o cren" comentou alguén a nosa beira. E tiña razón...
15/02/92
LA COMARCA DEL EO
HOXE ACTUACIÓN DA BANDA DE MÚSICA DE RIBADEO EN VIVEIRO

NOTA INFORMATIVA
Non

22/02/92
LA COMARCA DEL EO
ÉXITO DE LA BANDA DE MÚSICA DE RIBADEO EN VIVERO

NOTA INFORMATIVA
Non

29/02/92
LA COMARCA DEL EO
MANIOBRAS ORQUESTAIS
AMADOR
CARTAS O DIRECTOR
Non
LOGO DE SAIR A BANDA HERNAN E ELA CONVERTERONSE NO CENTRO DE ANÓNIMOS POLO FEITO DE TER VIDA POLÍTICA Ó MARXE DO SEU TRABALLO E TER IDEAS PROPIAS
07/03/92
LA COMARCA DEL EO
MÚSICA PARA OS REAIS FOGOS DE ARTIFICIO
HERNÁN NAVAL
ARTIGO
Non
NON SOLIA CALAR CANDO SE TRATABA DE DEFENDER A SÚA BANDA OU CANDO MESMAMENTE O ASISTÍA A RAZÓN E O TRABALLO DE 40 MÚSICOS QUE NON COBRABAN UN PESO
14/03/92
LA COMARCA DEL EO
DE MÚSICA E MÚSICOS
AMADOR
CARTAS O DIRECTOR
Non

14/03/92
LA COMARCA DEL EO
A BANDA
SOCIO Nº 3/S
CARTAS O DIRECTOR
Non
O SOCIO É ANTONIO GREGORIO MONTES
21/03/92
LA COMARCA DEL EO
CITAS
JUAN CRISTÓBAL KRAFT
CARTAS O DIRECTOR
Non

04/04/92
LA COMARCA DEL EO
BANDA DE MÚSICA E CONCELLO DE RIBADEO ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN

NOTA INFORMATIVA
Non
...en breve será asinado o protocolo de colaboración con o Concello...EFECTIVAMENTE A BANDA PASARÍA A CHAMARSE MUNICIPAL PERO A CAMBIO DISO O CONCELLO PAGARIA O SOLDO DO DIRECTOR AINDA QUE A BANDA CONSERVABA A SÚA DEPENDENCIA DE "AMADORES DA MÚSICA"
18/04/92
LA COMARCA DEL EO
"A LA SOMBRA DE UNA SOMBRILLA..."
AMADOR
CARTAS O DIRECTOR
Non
MÁIS DO MESMO
02/05/92
LA COMARCA DEL EO
MAÑA CONCERTO EN MONDOÑEDO

NOTA INFORMATIVA
Non

16/05/92
LA COMARCA DEL EO
VEÑEN OS RUSOS
HERNÁN NAVAL
ARTIGO
Non
...así que saudemos a próxima presencia en Ribadeo da Orquestra Sinfónica de Galiza, primeiro e dun dúo de solistas dos Virtuosos de Moscú...
17/05/92
LA COMARCA DEL EO
NOMBRES PROPIOS
VIVEIRO REDACCIÓN
ENTREVISTA
Sí
..y academia han publicado el número cero de un boletín informato de carácter cultural...
30/05/92
LA COMARCA DEL EO
BRILLANTE CONCIERTO DE LA CORAL POLIFÓNICA Y LA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO
DIONISIO FRANCO
RESEÑA PRENSA
Sí

06/06/92
LA COMARCA DEL EO
TODAVIA SUENAN LOS ECOS DEL GRAN EVENTO CORAL POLIFÓNICA-BANDA DE MÚSICA
DIONISIO FRANCO
RESEÑA PRENSA
Sí

04/07/92
LA COMARCA DEL EO
RIBADEO SINFÓNICO E EXEMPLAR
HERNÁN NAVAL
ARTIGO
Sí
...A igrexa..chea unha ver máis...pésie a que os meios de comunicación escritos, agás esta Comarca...non aplicaron un criterio informativo ecuanime en relación ao evento nos dias previos...con menor detalle que por exemplo un concerto en Viveiro...
25/07/92
LA COMARCA DEL EO
CONCERTO SOLISTAS DS VIRTUOSOS E DA BANDA MUNICIPL

NOTA INFORMATIVA
Non

25/07/92
LA COMARCA DEL EO
RESONANTES ÉXITOS DE LA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO
DIONISIO FRANCO
RESEÑA PRENSA
Non

05/09/92
EL PROGRESO
ACOGIDA APOTEÓSICA
MARITA NEGRELOS
ENTREVISTA
Sí

17/10/92
LA COMARCA DEL EO
OS SÓTANOS DO VATICANO
HERNÁN NAVAL
ARTIGO
Non
...A guerra, santa; a cadeira, eléctrica...Pinochet podería aspirar a canonización...Amar sen procriar é pecado. De maior entidade que beber máis da conta...pecado leve este...
21/10/92
LA COMARCA DEL EO
RIBADEO CONMEMORARÁ LA FIESTA DE SANTA CECILIA
DIONISIO FRANCO
RESEÑA PRENSA
Non

21/11/92
LA COMARCA DEL EO
PROVA D`ORCHESTRA
HERNÁN NAVAL
ARTIGO
Non

28/11/92
LA VOZ DE GALICIA
LA BANDA MUNICIPAL Y EL CORO AIRIÑOS INICIAN EL CICLO DE INVIERNO RIBADENSE
VIVEIRO REDACCIÓN
RESEÑA PRENSA
Non

28/11/92
LA COMARCA DEL EO
A BANDA MUNICIPAL E O CORO "AIRIÑOS DE RIBADEO" ACTÚAN HOXE NA IGREXA

NOTA INFORMATIVA
Non

28/11/92
LA COMARCA DEL EO
HOY COMIENZA EN RIBADEO EL "CICLO CULTURAL DE INVIERNO"
DIONISIO FRANCO
RESEÑA PRENSA
Sí

05/12/92
LA COMARCA DEL EO
ACTUACIÓN CONJUNTA DE LA BANDA MUNICIPAL Y EL CORO "AIRIÑOS DE RIBADEO"
DIONISIO FRANCO
RESEÑA PRENSA
Sí

05/12/92
LA COMARCA DEL EO
CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA (CICLO DE INVERNO)
CONCELLO DE RIBADEO
CARTEL DO CONCERTO
Non

12/12/92
LA COMARCA DEL EO
MAÑANA, CONCIERTO DE MÚSICA RELIGIOSA AMERICANA EN RIBADEO
DIONISIO FRANCO
RESEÑA PRENSA
Sí
ANUNCIO DUN CONCERTO QUE FOI CONTROVERTIDO POLA VESTIMENTA DOS MÚSICOS
12/12/92
LA COMARCA DEL EO
LA BANDA DE MÚSICA DE RIBADEO OFRECIÓ UN CONCIERTO EN A DEVESA

NOTA INFORMATIVA
Non

19/12/92
LA COMARCA DEL EO
EXTRAORDINARIO CONCIERTO DEL GRUPO "THE FAIRFIELD FOUR"
DIONISIO FRANCO
RESEÑA PRENSA
Non
O POBO NON ERA EXACTAMENTE DA OPINIÓN DO ARTIGO
19/12/92
LA COMARCA DEL EO
CONCIERTO PARA PIANO Y VIOLÍN A CARGO DE ANNA Y RIPSIME AIRAPETIANTS
DIONISIO FRANCO
RESEÑA PRENSA
Non

23/01/93
LA VOZ DE GALICIA
LAS SECCIONES DE LA SINFÓNICA DE GALICIA ACTUARÁN EN RIBADEO
VIVEIRO REDACCIÓN
RESEÑA PRENSA
Sí

23/01/93
EL PROGRESO
LA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA ACTUARÁ CADA MEDIO AÑO EN LA VILLA
RIBADEO ALFONSO RODIL
RESEÑA PRENSA
Sí
CONVENIO QUE SE VEU ABAIXO CO CAMBIO MUNICIPAL
30/01/93
LA COMARCA DEL EO
LA SINFÓNICA DE GALICIA Y LOS VIRTUOSOS DE MOSCÚ PARTICIPARÁN EN EL CICLO CULTURAL DE PRIMAVERA
DIONISIO FRANCO
RESEÑA PRENSA
Non

06/02/93
LA COMARCA DEL EO
UN ANO DE BANDA

NOTA INFORMATIVA
Non

06/02/93
LA VOZ DE GALICIA?
UN AÑO DE LA BANDA DE RIBADEO
VIVEIRO REDACCIÓN
RESEÑA PRENSA
Sí
...a banda de ribadeo naceu cunha vocación de modernidade, e de ir cos tempos que non é moeda común no mundo do bandismo en Galicia, do que algún pensamos que segue ancorado nuns esquemas demasiado tradicionais...