Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Básaro. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Básaro. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20211205

Primeiro sábado de mes? Concentración pro pensións en Ribadeo

    Un mes máis, 40 persoas concentráronse no Cantón de Ribadeo por un mundo máis xusto e polas pensións dentro dese mundo. As concentracións non amainan, e pouco a pouco achégase outra xente. Deixo abaixo algún material: a convocatoria, fotos de Suso Fernández, o lido por Básaro López...




Lido na concentración:

Temos que empezar decindo que estamos nun momento moi importante con respeto ao tema polo que levamos saíndo a rúa desde fai unhos anos, AS PENSIÓNS. Esta nova reforma que se pretende facer ahora, (a terceira en 10 anos) ao ditado da banca e do poder financeiro, vai traducirse, se non somos capaces de evitalo, en recortes das futuras xubilacións, e nun plan de privatización do Sistema Público de Pensións. Ademais, e entre outras cousas, tampouco garante a capacidade adquisitiva das pensións a partir do 2022, ao establecer un sistema de cálculo do IPC que non permite revisar os recortes ata pasados os 5 anos.

A pregunta é, porqué hai que esperar 5 anos para revisar o IPC?, porque non se pode facer ano a ano?, que intereses ocultan? 

Antes da reforma do 2011 o goberno subía as pensións según o IPC previsible, e logo a final de ano regularizabase según o IPC real, non había mais cálculos nin mais historias. Ahora din que van a facer a media interanual, e decir van a inventar unha fórmula para seguir baixando as Pensións con respeto ao IPC real, e poño un exemplo fácil para que se entenda:

Imaxinarvos que no primeiro mes do ano sobe o prezo da cesta da compra un 5%, e nós separamos todos os meses 100 € para este gasto. Ben, pois coa subida do 5% tería que separar 105€ para comprar as mesmas cousas. Agora imaxinarvos que durante o resto do ano non volve subir a carestía da vida, pero nós seguimos achegando todos os meses os 105€ para comprar. O que nos supón que ao final de ano supúxonos un gasto extra de 5€ cada mes por 12 meses, 60€.

Pois o Sr. ministro di que se vai facer unha media interanual para axustar o IPC ás Pensións e os e as pensionistas non sigan perdendo poder adquisitivo. Mentira, mente loxicamente a propósito porque parvo non é, co consentimento de todos os parlamentarios (non escoitei a ningún manifestarse en contra, se alguén sabe dalgún retractome de inmediato), e o beneplácito tamén dos sindicatos maioritarios. 

Porque mente?, pois veredes, con esta media que quere facer a conta sáelle redonda, faise da seguinte maneira: o primeiro mes sobe un 5% e logo non sobe máis en todos o ano, pois sería ese 5% dividido entre os 12 meses do ano sae a 40 céntimos ao mes. O iluminado Sr. Escrivá e todo o coro de lamecús van subir 40 ctmos. cando en realidade estamos a gastar 5€ máis ao mes.

Ao cabo dos 5 anos, canto perdemos?, como se van revisar despós?. De eso, naide dí nada. 

Tanto os distintos grupos parlamentarios, como os sindicatos maioritarios saben que nos están engañando, son unhos trileros, son unhos vendidos.


Unha vez máis, reclamamos que:
▪ as pensións mínimas deben elevarse ata equipararse ao Salario Mínimo Interprofesional e este situarse no 60% do salario medio, segundo recomenda a Carta Social Europea;
▪ se derroguen tanto as reformas de pensións do 2011 e do 2013 como as reformas laborais de 2010 e 2012 que recortan as pensións e reducen salarios e cotizacións sociais;
▪ sexa eliminado o “Factor de Sustentabilidade”, sen ser substituído por ningún outro coeficiente redutor como o “Mecanismo de Equidade Interxeracional”;
▪ a xubilación debe volver aos 65 anos para crear emprego, mitigar a pobreza e a brecha de xénero;

▪ os coeficientes redutores da xubilación anticipada con 40 anos cotizados deben ser eliminados;
▪ hai que establecer medidas efectivas para acabar coa brecha de xénero en salarios e pensións;
▪ a capacidade adquisitiva das pensións debe garantirse a través de revisións anuais, que recollan como mínimo o incremento do custo da vida.
▪ en caso de ser necesario, e como establece a lexislación actual, o pago das pensións públicas debe garantirse a través dos Orzamentos Xerais do Estado, sen que se converta en débeda da Seguridade Social.
Temos unha necesidade imperiosa de saír á rúa e gritar que xa está ben, que deixen de amolarnos, que dunha vez por todas se blínden as pensións, que deixen de dicir cada día unha cousa. E a nós a todos e todas, que nos poñamos as pilas, porque senón vannos a afundir na miseria. 

GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIÓNS E OS SERVIZOS PÚBLICOS DEFÉNDENSE


Valoración de urxencia da nova Lei de pensións que vai ser votada no Congreso de Deputadas e Deputados

No ano 2022 as pensións perderán máis de 3 puntos de poder adquisitivo.

O Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos chama as persoas pensionistas a se mobilizaren en defensa do poder adquisitivo das súas pensións!

Previsibelmente, esta semana votarase o texto definitivo da Lei de garantía de poder adquisitivo das pensións e doutras medidas de reforzo da sustentabilidade financeira e social do sistema público de pensións. Coñecidas as emendas aceptadas polo Goberno, facemos unha valoración de urxencia.

Aspectos positivos

A mobilización social sostida desde 2018 conseguiu converter en lei algunhas das demandas do movemento en defensa do carácter público do sistema de pensións.

1ª. Artigo 1.13. Os chamados gastos impropios da Seguridade Social serán asumidos polos Orzamentos Xerais do Estado. En adiante as cotizacións sociais destinaranse ao financiamento das pensións contributivas.

2ª. Nova disposición adicional quinta. Realizarase unha auditoría de ingresos e gastos do sistema desde 1967 a 2020, o que permitirá demostrar que a SS asumiu durante décadas gastos que non lle correspondían, o que facilitou que os partidarios da privatización argumentasen a existencia dunha débeda ficticia.

3ª. Nova disposición adicional 3ª. Faise referencia a que se debe asegurar o actual nivel das prestacións públicas medida pola taxa de substitución da pensión inicial en relación co salario, o que dificultará os intentos futuros de reducir as pensións iniciais.

4ª. Artigo 1.19 bis. Recoñecese o dereito ás pensións de viuvez das parellas de feito, acabando así cunha discriminación que prexudicaba centos milleiros de persoas.

5ª. Disposición adicional primeira. Ábrese a porta a un complemento ás pensións das persoas con longas carreiras de cotización, se ben a redacción final limita moito o número de persoas beneficiadas e a contía dos complementos.

6ª. Disposición final quinta bis. Por primeira vez se relaciona o importe das pensións co SMI, aínda que unha redacción voluntariamente vaga fará moi difícil que teña un impacto real no importe das pensións mínimas.



Aspectos negativos

A pesar destes aspectos positivos, consideramos que a nova lei nin garante o mantemento do poder adquisitivo das pensións actuais nin unhas pensións futuras dignas e suficientes.

1º. Artigo 1.1. A nova redacción do artigo 58 da Lei Xeral da Seguridade Social (LXSS),“as pensións da Seguridade Social, na súa modalidade contributiva ... revalorizaranse ao inicio de cada ano na porcentaxe equivalente ao valor medio das taxas de variación interanual expresadas en tanto por cento do Índice de Prezos ao Consumo dos doce meses previos a decembro do ano anterior” fará que a suba anual das pensións sexa sempre inferior á inflación acumulada.

O INE avanza unha inflación acumulada para final de novembro do 5,6%. Porén, a aplicación da nova fórmula de revalorización fará que as pensións se incrementen un 2,5%, cunha perda de poder adquisitivo do 3,1%.Incluso as pensións mínimas e non contributivas, que subirán un 3%, sufrirán unha leve perda de poder adquisitivo.

Até 2011, a fórmula utilizada garantía o mantemento do poder adquisitivo das pensións segundo o IPC real: 1) a principio de ano, as pensións subían tanto como o IPC previsto polo goberno, 2) a final de ano, se o IPC real superaba esa previsión, realizábase unha segunda actualización, 3) ao tempo as persoas pensionistas recibían unha paga compensatoria.As reformas de 2011 e 2013 acabaron coa garantía do mantemento do poder adquisitivo e provocaron grandes mobilizacións que culminaron nas manifestacións masivas contra o 0,25% de Fátima Báñez e conseguiron que nos últimos anos as pensións volvesen revalorizarse de acordo co IPC.

A redacción incluída na nova lei supón un paso atrás. Polo tanto, a defensa do valor adquisitivo das pensións volve ser un obxectivo central do movemento social en defensa do sistema público de pensións.

2ª. Mantense a idade legal de xubilación aos 67 anos. Unha medida inaceptábel tendo en conta que o normal no mercado de traballo español é a existencia de máis de 3 millóns de persoas paradas, un 40% de paro xuvenil e unha taxa de actividade feminina inferior nun 10% á masculina. Reclamamos a derrogación da reforma das pensións de 2011 e a recuperación da idade de xubilación aos 65 anos.

3ª. Continuará a haber pensionistas pobres. En Galiza, o 46% das pensións están por debaixo do limiar de pobreza, 688€ mensuais en 14 pagas. A nova lei non soluciona a insuficiencia de millóns de pensións en todo o Estado.

4ª. Resulta moi preocupante a referencia ás previsións dos informes Ageing Report publicados periodicamente pola Comisión Europea (CE), que deixa aberta a porta a recortes futuros das pensións. A asunción dos criterios da CE conecta esta lei coa segunda parte da reforma das pensións que lidera o ministro Escrivá, o home das finanzas na Seguridade Social, que busca abrir a porta aos plans privados de capitalización de empresa. O seu obxectivo é reducir a taxa de substitución das pensións públicas iniciais, e obrigar as traballadoras e traballadores a subscribir plans privados para converter unha parte das súa cotizacións sociais en produtos financeiros dos que bancos, compañías aseguradoras e fondos de investimento obteñan suculentas comisións, en total un 0,6% das cantidades achegadas.

20211107

Un mes máis, os pensionistas seguen concienciando e presionando

A concentración, tomada dunha foto de Suso Fernández

   Onte, primeiro sábado de mes, como xa é tradicional, houbo unha nova concentración de pensionistas en Ribadeo. Como tódolos meses, a parte esencial foi a lectura do manifesto, que se fixo, como é de xeito habitual, por Básaro López. Deixo o manifesto en varios formatos (3) a continuación:

  "O pasado 16 de outubro tivemos unha manifestación en Madrid en Defensa das Pensións Públicas onde se lle entregou a Presidenta do Congreso un escrito coas nosas reivindicacións. A pesar de que os medios non se fixeron eco desta noticia, teño que decir que foi un éxito, tanto en participación como en comportamento. Sabedes que é moi fácil que con tanta xente sempre apareza algún exaltado, mais non foi así, todo pasou con alegría e manifestando en alto as nosas reivindicacións.
   Non sei se pode falar de rotundo éxito, porque faltaban moitos xubilados, moitos pensionistas e moita xuventude, porque a xuventude aínda non se deu conta de que este problema e mais deles que noso.
   É certo que había moita, moita xente, pero tamén e certo que faltaba moitísima mais, pero aínda así sigo pensando que foi un éxito, porque os que tamos metidos nesto, sabemos o difícil que é motivar a xente para movilizarse e moito mais para desplazarse tan lonxe.
   (Esto vai para todos aqueles que todavía dudan de que si hai cartos para as pensións), É certo que nos están engañando coma chinos. Hai unhos días lín un artigo dónde un alto responsable europeo, falando do gasto público, e dirixindose o Goberno de España dicía: “…sabemos que eso supone mayor paro y más pobreza, pero teneis que hacer un mayor esfuerzo en reducir el gasto público en España.
   E dicir, o obxetivo non é combater o paro nin a pobreza, senón reducir o gasto público. Fixádevos ben, reducir gasto público, xa nos están decindo que menos inversións para pensións, educación, sanidade, etc. etc. e lóxicamente se non invertimos no público, pois vamos pouco a pouco pasándolo ao privado, e así chegamos hasta aquí, máis o que nos queda senon espabilamos.
   EIto ten solución?, Si, si que a tén, pero temos que estar todos unidos e defendendo o noso, isto só o levanta un movemento social forte e convencido de que se pode levar adiante, onde todos temos cabida, porque todos vamos a pasar por estos problemas, votemos a quen votemos, non libra nin dios.
   As administracións non nos van a resolver os problemas, temos que ser nós dende a calle, reivindicando o que se conseguiu ao longo de tempo a base de moito traballo e esforzo, temos que seguir mantendo viva esa ilusión, e convencer a xuventude de que ten que arrimar o hombro, pois senón teñen un porvir moi crudo.
   Outra noticia que me chamou moito a atención, resulta que as normas europeas impiden que o BCE financie aos gobernos da Comunidad, pero sen embargo, si pode financiar aos intermediarios financieiros. Cal é o resultado de isto?, pois ben o BCE financia aos bancos ao 1 ou 1 e pico %, en cambio os gobernos teñen que acudir aos mercados financieiros donde este xogo se sitúa no 6, 8 ou 10 % dos tipos de interés. Ese diferencial de tipo de interés é o paraíso dos especuladores, que se están enchendo a gañar cartos, os bancos viven de puta madre coa especulación, si a cousa sae fulera rescátanse con cartos de Juan Pueblo e todo amañado.
   Hai cartos? preguntan, carallo si hai cartos, pero van todos cara o mesmo sitio, donde xa hai cartos.
   Repito esto témolo que cambiar, solo nós o podemos cambiar, ahí están as eleccións, temos que saír por un momento da tolura da información (mais ben desinformación) dos medios, non deixemos que nos coman a cabeza, de feito gustaríame que cuestionárades tamén o que se dice aquí, pensade coa cabeza fría, usemos a razón sin plegarnos á dirección de naide, se non o facemos así somos culpables porque aceptamos esa dependencia voluntariamente.
   Cando vaiamos votar, vamos a votar o que queremos nós, non nos deixemos por pereza, ou quedarnos na casa, ou como xa me deron esta papeleta dentro do sobre, pois esta vai. Non pode ser, o día das eleccións pereza fóra e non utilicemos o que nos ven dado, senón o que realmente nos queremos.
   Se non imos a votar, imos a permitir que outros pensen por nós, non teremos dereito a protestar, porque non podemos esixirlles nada, xa que nós nada fixemos.
   Joder, parece que estou reñendo, non é así, solo que me gustaría que non deixásemos de ir votar porque xa o fixemos, volveremos a facelo, e con sentidiño.
   E para darvos outra puñalada trapera, dicir que desde 2008, o salario dos do IBEX 35 subiu un 11,3%, mentras que os salarios dos demais mortais baixou un 4,2%.
   Así que de quedarse na casa sin votar nada de nada. O luns 16 de decembro temos outra manifestación en Santiago que rematará diante do Parlamento, farase en todas as autonomías ao mismo tempo, en toda España. Estivemos en Madrid, e estivo moi ben, pero xa pasou, a loita continua, agora toca Santiago que sería continuación da de Madrid, simplemente optamos por outro espazo de mobilización, que sepan que estamos vivos, e todos xuntos vamos afacer fronte a esa nova crise que se están inventando, para apretar outra vez a tuerca, e acabar de decirnos que xa non hai esperanza, que temos que claudicar.
   Pero a cruda realidade é que cada vez hai ricos mais ricos e pobres mais pobres, dándonos a razón cando decimos que as políticas que fan son para favorecer o capital.
   Nas nosas mans está, si queremos cambiar as cousas ou non.
   Iremos informando sobre esta manifestación, era bó que enchéramos un
autobús desde a Mariña, a ver se o logramos.

GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIÓNS DEFÉNDENSE"

 

 





E o cartel anunciando a concentración:




20220205

Manifesto da concentración pensionista de Ribadeo, sábado 20220205

    Case 50 persoas  xuntámonos nunha nova concentración a favor do público, das pensións, dos servizos. Unha vez máis, xunto con avisos diversos (como o da manifestación do próximo sábado 12) deuse lectura a un manifesto por boca de Básaro López:

Antes da concentración.

Hoxe vai ser un manifesto distinto, porque a súa principal función é tratar de convencer ás máximas persoas posibles de que acudan á manifestación do próximo sábado día 12.

Será unha manifestación a nivel nacional, que aquí, en Galicia farase en dous lugares distintos en lugar de centralizala en Santiago. Unha será en Cangas e a outra en aquí, en Ribadeo.

Penso que non debería ser moi complicado convencer a ninguén, xa que os motivos polos que estamos na rúa son coñecidos por todas e todos, neste caso concreto porque cremos que xa está ben de tomarnos o pelo co tema da subida das pensións con respecto ao IPC real, pero motivos sobran.

Para animarvos a acudir o sábado que ven e quentar un pouco o ambiente imos lembrar algunhas cousas que nos foden moito, pero que nin os medios nin os políticos teñen moito interese en abordar, e o que é peor, a xente non quere ver.

Creo que fixo dous anos xa, tivemos en Ribadeo un gran conferenciante experto no tema da Constitución Española, un veciño de Vegadeo, Miguel Presno. Despois de escoitar o que dixo sobre as Pensions, recollido na Constitución, fixo que me informase sobre o tema, aínda que hai que recoñecer que é un auténtico coñazo.

Imos ver alguns dos artigos da Constitución que se incumpren sen que case ninguén se alarme e que nos afectan moi directamente.

Nas case catro décadas que a Carta Magna leva en vigor, debateuse máis sobre o cumprimento do que di das institucións que do que dispón para os cidadáns.

Di o artigo 1: "España constitúese nun Estado social e democrático de Dereito, que propugna como valores superiores do seu ordenamento xurídico a liberdade, a xustiza, a igualdade e o pluralismo político".

A Comislón Europea, hai non moito tempo, anunciou que España é hoxe un dos países da UE con maior desigualdade de renda. A OCDE, fai tamén uns meses, certificou que España é o sétimo pais dos 33 da organización onde mais creceu a desigualdade.

Di o artigo 14: "0s españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social". E sin embargo din multitude de indicadores que, a día de hoxe, a muller segue claramente discriminada respecto ao home e en multitude de campos.

Cun artigo, o 57, da propia Constitución: na sucesión ao trono, é preferido "o home á muller".

Di o artigo 16: ”Garántese a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos (...) Ningunha confesión terá carácter estatal. Este mesmo Estado aconfesional, achega á Igrexa uns 11 000 millóns de euros ao ano.

Di o artigo 20 que "se recoñecen e protexen as dereitos" á liberdade de expresión ou á creación literaria e artística, entre outros. Pero din os informes de diversas entidades independentes e institucións internacionais, que eses dereitos e liberdades están en retroceso e en perigo en España por normativas como a Lei de Protección de Seguridade Cidadá (a chamada lei mordaza) ou as recentes reformas do Código penal ou da Lei de Enxuizamento Criminal.

Di o artigo 31: ”Todos contribuirán ao sostemento dos gastos públicos de acordo coa súa capacidade económica mediante un sistema tributario xusto inspirado nos principios da igualdade e progresividade que, en ningún caso, terá alcance confiscatorio”.

Incúmprese de modo sistemático: as Grandes empresas pagan porcentualmente moitos menos impostos que as medianas ou pequenas, e os ricos e as grandes fortunas moitísimos menos que as clases medias ou baixas.

Di o artigo 35: ”Todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ao traballo, á libre elección de profesión ou oficio, á promoción a través do traballo e a unha remuneración sufIciente para satisfacer as súas necesidades e as da súa familia....

Pero miles de fogares teñen todos os seus membros en paro, miles de persoas están inscritas como paradas nos Servizos Públicos de Emprego (e moitísimas, non cobran ningunha prestación); e a crise trouxo un fenómeno novo: traballadores con emprego, pero cunha remuneración tan insuficiente para satisfacer as súas necesidades que xa son considerados tecnicamente “pobres".

Di o artigo 47: ’Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación”.

Moitas persoas están atrapadas en hipotecas que valen máis que as súas casas. Desfiuzamentos por centos, especulación en calquera esquina, non mais comentarios.

Di o artigo 48: "Os poderes públicos promoverán as condicións para a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social. económico e cultural”. As estatísticas din, con todo, que os mozos son un dos grandes perdedores da crise: a renda mediana dos españois de 18 a 24 anos caeu un 20 %; a taxa de paro entre os mozos de ata 20 anos é do 50,5 %

Imos polo artigo 50 da Constitución Española a ver o que di: "0s poderes públicos garantirán mediante pensións adecuadas e periódicamente actualizadas a suficiencia económica aos cidadáns durante a terceira idade; así mesmo e con independencia das obrigas familiares promoverán o seu benestar mediante un sistema de servlcios sociais que atenderá aos seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e de ocio.”

Pero as leis de Zapatero no 2011 e Rajoy no 2013, pegáronlle un repaso ao art. 50, que o deixaron tremendo.

Collemos este artigo 50 e levámolo da man ata o 149 que é o que fala das competencias , ¿Que poderes públicos son os competentes para garantir as pensións? 0 ESTADO.

Que quere dicir isto? Que entón as pensións non as garanten nin os cotizantes nin as garante o salario diferido que están cada mes aportando os traballadoras e traballadores. As pensións as garanta o Estado.

Logo podemos pensar sin temor a equivocarnos que o recorte das pensións non é nada distinto dos recortes en sanidade ou en educación; é un problema de distribución, e o capital corre presto alí onde hai negocio. E dende logo, nas pensións hai máis negocio que en ningún sitio. Polo tanto os que están traballando hoxe e a mocidade en xeraI teñen que convencerse de que as pensións van a ser de miseria, e van esixirlles ir aforrando todo o que poidan para ir metendo os cartos en plans de pensións privados. Aí esta o negocio e esa é a estratexia.

O problema das pensións non é un problema de cotizantes. Nin o da sanidade, nin o da educación. É un problema de reparto da riqueza, é un problema de PIB, e de como se reparte.

Para o reparto da riqueza hai tres instrumentos fundamentais. Un é o traballo, outro son os impostos i outro é a seguridade social. Entón teñen que meterlle man a todo iso porque son elementos confiscatorios a prol do capital. Dende os últimos trinta anos veñen cambiando as relacions de poder a prol do capital. A renda do traballo sempre era máis alta que a do capital, e xa levamos anos que non, que a renda do capital e máis alta que a do traballo e segue aumentando, co que segue aumentando a desigualdade. E o problema de novo é a xa tan nomeada distribución da riqueza.

O capital, como os voitres, aparecen alí onde poden rapiñar e ademais axudados con todo este aparato de propaganda co que nos bombardean por todos lados prensa, televisión, Banco Central Europeo, Banco de España, Presidente da CEOE... e tamén axudaron e moito os grandes sindicatos nacionais.

Só temos un xeito de contrarrestar esta situación. E é saíndo á rúa, manifestando un dia si e outro tamén que deixen de defender os intereses do capital, e atendan ao pobo que os votou.

Que pensen os votantes do PP ou do PSOE ou do BNG ou de Podemos ou de Marea ou de calquera outro partido, que non se deixen levar polo fanatismo, que pensen no peto, que nos están fodendo, que votemos a quen votemos temos que ser críticos e non funcionar como borregos.

É necesario, moi necesario, que o vindeiro sábado poidamos encher as rúas de Ribadeo para manifestar a nosa repulsa ante o recorte do poder adquisitivo das pensións, e lembrade que GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIONS E OS SERVIZOS PUBLICOS DEFÉNDENSE.

20230402

Concentración pensionista en Ribadeo, 20230401

Foto de Suso da concentración do 20230401

    Un novo primeiro sábado de mes, concentración pensionista en Ribadeo. 52 persoas contadas no Cantón, á beira do Pazo de Ibáñez coas bandeiras a media pao por mor do accidente de tráfico de poucas horas atrás con catro mortos, que tamén foi lembrado na concentración cun minuto de silencio. Falaron Evaristo Lombardero, José Ángel Salvatierra, Básaro López e Antonio Gregorio

Texto (aproximado) lido por Evaristo Lombvardero:

Sábado 1 de Abril de 2023 (minuto de silencio polos xoves falecidos en accidente de tráfico)  

 

Bo día compañeiras e compañeiros, agardemos que non nos colla a choiva e menos ainda os incendios que están asulagando tanto en Asturias como en Galicia miles de hectáreas de monte.  

 

Quixera comentar hoxe dous temas da máxima actualidade de gran interese para os xubilados e xubiladas e para os que o van ser nos próximos anos. Pero antes quixera facervos un chamamento para que haxa mais intervencións e opinións porque todas son necesarias para que esto non se convirta nun monólogo aburrido e repetitivo.  

 

De estes dous temas vou tratar primeiro o de Francia, que se ben xa o coñecemos todos polos medios de comunicación, anque estes tratan de manterlo o mais caladiño posible hai algún aspectos que quero suliñar. Como xa sabemos as movilizacións en Francia comezaron por un grupo de estudantes e posteriormente foron apoiadas por todos os sindicatos, incluido o mais próximo ao goberno, que pretende a xa aprobou por decreto a subida da edade de xubilación de 62 a 64 anos. O que quero suliñar é que as movilizacións en Francia tiveron unha importante repercusión nas esixencias da Unión Europea á hora de negociar co goberno español o texto do último decreto lei que logo comentaremos, tal como recoñeceron diferentes medios nos días pasados, beneficiando así as reivindicacións dos pensionistas españoles. Pero non so eso, senón que en unha crónica publicada onte por axencia aparece o relato de que o goberno inglés acaba de conxelar a decisión tomada xa en 2017 de subir a edade de xubilación dos 66 aos 67 anos entre 2026 e 2028, pero agora este goberno conservador, absolutamente sumiso as ordes do Banco Mundial e dos líderes do neoliberalismo aplaza a execución de ese proxecto para despois das eleccións xerais de 2024, tomando nota as movilizacións francesas que están sendo as maiores dos últimos 40 anos e por medo a que se reproduzan as movilizacións en Gran Bretaña, ou sexa entroulles o medo no corpo como se soe decir. Naturalmente que non imos descubrir agora que as movilizacións das clases traballadoras son a principal ferramenta que temos para presionar aos gobernos de calquer color e conseguir melloras sociais ou laborais e este é un exemplo actual que demostra unha vez mais a lei da gravedade e como unha actuación en un país repercute en outro porque os problemas son moi similares e están determinados polas políticas mundiais do FMI, a UE, a banca e as multinacionais. Como sabedes hai poucos días celebrouse un encontro no Pais Vasco de plataformas de pensionistas do estado español e alí estiveron catro compañeiros e compañeiras de Modepen e tiveron conversas e debates con compañeiros franceses e de outros países europeos de maneira que se está xestando unha coordinación interestatal europea que traguerá avances nas loitas por unas pensións dignas e uns dereitos sociais que nos foron arrebatadas nos últimos anos na estratexia neoliberal de derrubar o chamado estado de benestar. Non me extendo mais neste tema que xa coñeces pero que debe servir para convencer a moita xente que ainda sigue pasiva e desmovilizada, agardando o maná, da importancia de participar e sair da casa e xenerar grandes ou pequeñas movilizacións en todos os pobos e ciudades.  

 

O segundo tema que quero comentar hoxe é o asunto do último decreto lei sobre pensións publicado no BOE o 17 de marzo que leva por pomposo título “ Medidas urxentes para a ampliación dos dereitos dos pensionistas, a reducción da brecha de xénero  e o establecimento dun novo marco de sostibilidade do sistema público de pensións”. Sobre este decreto xa tedes coñecemento pola prensa e polas notas que publicaron as plataformas de pensionsitas agrupadas na Unidade de Acción e que foi convalidado  antonte polo Congreso dos Deputados con 179 votos a favor do PSOE, Unidas Podemos, Más País, Compromís, PNV, ERC, EH Bildu y PDeCAT e outros e 104 votos en contra,  PP  Ciudadanos a CUP e o BNG e ca abstención Vox, se ben hai que suliñar que os votos en contra da CUP e o BNG foron por motivos radicalmente diferentes dos argumentos do trifachito. Sen entrar en moitos detalles os argumentos do BNG e da CUP están moito mais cercanos aos das plataformas de pensionistas de pensionistas que esixen reformas de mais calado, mentras que os do trifachito rexeitan ata as pequenas melloras de este último decreto lei.  

        Imos pasar revista brevemente aos contidos que nos benefician e os que nos perxudican desta nova norma legal, pero antes hai que suliñar mais unha vez que o escenario político e parlamentar que nos atopamos sería impensable sen a existencia das plataformas de pensionistas e das movilizacións sustentadas ao longo de estes anos. A UXT e CCOO, que tamen aprobaron o decreto e  mesmo os partidos a esquerda do PSOE e o mesmo goberno nunca presionarían polas pequenas reformas conqueridas se non estivésemos nos na rua semana tras semana en todas as CCAA do estado español.  

   Tomando como referencia un informe de Xabier Pérez Davila, o comunicado das Plataformas do estado español e  outros comentarios podemos decir que o decreto aumenta os ingresos do sistema público de pensións por varias vías sen poñer o inzo nos recortes como pretenden os grupos de dereitas e como pretendia o 0.25 de Rajoy e este é un aspecto positivo . Ou sexa no momento actual o goberno e os seus aliados non cuestionan a viabilidade económica do sistema público de pensións o cal conceptualmente é un avance anque despois dependerá de como se executen as medidas concretas ao longo dos anos. Sin embargo non podemos ser tan parvos de non lembrar que está sen realizar a auditoria de contas da Seguridade Social, que o Tribunal de Contas xa ten recoñecida unha débeda do estado ca Caixa de Pensións de 103 690 millon de euros e que dacordo ca propia lei de 2021 aprobada por este goberno a auditoría  xa debera estar rematada a 30 xunio de 2022.  Querse dicer que buscar vías de financiaciacón do sistema público de pensións como prevé o decreto lei incrementando as cotizacións dos salarios mais altos que actualmente están limitadas aos 45 000 euros ao ano, ou sexa que un salario de 90.000 euros ao ano so cotiza polos primeiros 45 000 e por esa via vanse aumentar sensiblemente as cotizacions como tamén polo incremento do porcentaxe do PIB dedicado as pensións que pode acadar o 15 % así como outras medidas, pero que en última instancia hai que saber con exactitude cal é o estado dos fondos da Caixa de Pensións e iso non se vai saber mentras non se faga a auditoria que dará datos concretos sobre os millons de euros que foron desviados ao longo de mais de trinta anos da caixa de pensións a outras actividades económicas como o xa citado repetidamente dos 64 000 millons de euros desviados por ´Rajoy aos bancos en 2008 e dos que non se devolveron mais de 6000. Naturalmente as dereitas e os seus ideólogos seguen negando a viabilidade económica das pensións públicas pero hai que lembrarlles duas noticias frescas, unha a crise bancaria suiza das semanas pasadas que supuxo a caída do xigante Credit Suizse e tivo que ser rescatado con fondos públicos con unhas perdas multimillonarias e un impacto extensivo a numerosos países e economías que chegou a xenerar un gran temor a que se extendese a todo o sistema bancario mundial como sucedeu en 2008 ca crise de Lehman Brothers, a maior creba da historia en Estados Unidos con un poderosísimo efecto dominó en todo o mundo e tamén desexo lembrar porque afecta en certo modo a Ribadeo da fuxida de Ferrovial a Holanda da man do fillo de Rafael del Pino que como sabedes o pai construiu unha mansión en Riocainzos en Vilaframil con unha enorme propiedade e casou con unha irmá de Leopoldo Calvo Sotelo. Pois ben este grupo que naceu en 1952 grazas as vantaxes e enchufes que lles deu a victoria na guerra fascista, agora para evadir centos de millons de euros en impostos vaise aos Países Baixos despois de zugar miles de millons en subvencions do estado español e dase a circunstancia de un membrode este grupo económico é un dos ideológos mais activos do neoliberalismo español e dos que mais escriben en contra das pensións públicas e da sua viabilidade, pero cando chega este momento económico de crises bancaria e de fuxida do irman maior Rafel del Pino Calvo Sotelo que ten a maioria das accions de Ferrovial para eso non teñen nada que analizar sobre a viablidade de eses emporios de capital e poder que son os verdadeiros causantes das crisis económicas, do paro, da suba de prezos e da falta de recursos, se os houbera, para os servizos públicos. Este é o contexto económico e social no que nos movemos, estos son osverdadeiros poderes económicos e nos podemos esquecelo nin por un segundo anque critiquemos e comentemos as políticas deste goberno de esquerdas.          

    O decreto tamén  introduce algunhas melloras para reducir a fenda de xénero, por exemplo incrementando os anos dedicados aos coidados que se considerarán cotizados e o aumento dun 10% do complemento por fenda de xénero, medidas que non serán suficientes para acabar con esta fenda, mais si a reducirán. Asemade aumenta as pensións mínimas, se ben queda moi lonxe da reivindicación dunha pensión mínima de 1080€/mes. E tamén foi rexeitada a proposta inical de aumentar de 25 a 30 anos o período de cálculo da base reguladora das novas pensións iniciais deixando a opción durante un tempo de elexir entre o calculo dos últimos 25 anos ou  dos últimos 29 suprimindo os dous mais desfavorables, elección que será optativa para as persoas pendentes de xubilarse. Pero a esto temos que respostar que o periodo de calculo da base reguladora ampliouse dos 15 aos 25 anos no 2011, tamén co respaldo de CCOO e UXT e que aquela norma non foi derrogada como vimos esixindo as plataformas de pensionistas. Ou sexa que quedarnos nos 25 anos e menos malo que chegar aos 30 pero non é recuperar os 15 como entende calquer parvo.  E moi ben sabemos que na situación de precariedade laboral na que nos atopamos moitos traballadores e traballadoras non van ter uns 25 anos cotizados a niveis dignos cando lles chegue a edade de xubilación. Polo tanto o decreto neste ponto tampouco é para botar foguetes.  Como tampouco derroga a lexislación de 2022 que introuciu mais facilidades para a privatización das pensións a través de facilitar a xestión dos fondos públicos por bancos e entidades privadas e dos convenios de empresa.  

En resumen o novo decreto non reproduce os pronósticos mais negativos que se esperaban da política e da cultura filobancaria do Sr. Escriva,  pero está moi lonxe de satisfacer a demandas mais urxentes das plataformas, a suba das pensións mais baixas, a fenda de xenero e a garantía definitiva da sustentabilidde do sistema público de pensións a través dos presupostos xerais do estado.  

        Para rematar vou ler a lista de reivindicacións mais urxentes que ten prantexada na actualidade a coordinadora de platafomas Unidade de Acción non sen antes insistir en que a única ferramenta útil para defender os intereses dos pensionistas e en xeral das clases traballadoras e a movilización na rua, o debate, a transmisión de información veraz nun mundo absolutamente manipulado polos medios de desinformación e por tantos e tantas profisionais e políticos dedicados en corpo e alma as 24 horas do día a engañar ás clases trabaladoras a meternos na cabeza bulos e fantasías propias do sistema neoliberal e a dividir e enfrontar aos distintos sectores da sociedade traballadora creando a impresión de uns quitamos o traballo a outros ou as persoas que veñen de outros países non a xogar aofutbol senon a traballar son os reponsabeis das dificultades económicas dos mais necesitados.  

Esta lista é a seguinte:  

  1. Pensión mínima de 1080 euros.  

 2. Eliminación efectiva da fenda de xénero.  

 3. Período de cómputo para o cálculo das pensions, dos mellores quince años de cotización de cada persoa.  

 4. Auditoría xa, das contas da Seguridade Social, en cumplimento da Ley.  

 5. Xubilación aos 65 anos, no camiño cara aos 60.  

 6. Actualización de pensions e salarios según o IPC real e anual, e recuperar a paga compensatoria anual pola pérda do poder adquisitivo das pensions.  

 7. Derrogación das reformas de 2011 e 2013 e as seguintes de 2021, 2022 e 2023.

 8. Non aos  plans de pensions privados de empresa, nen á xestión privada das pensions públicas.  

 9. Xubilación anticipada sen penalización a partir dos 40 anos cotizados.  

 10. Non á descapitalización da Seguridade Social, nen á  liquidación do seu patrimonio inmobiliario. ¡¡¡ GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIONS E SERVIZOS PUBLICOS DEFENDENSE   ¡¡¡¡

20210405

Pensionistas en abril. Ribadeo 2021

   O sábado 3 de abril houbo unha nova concentración de pensionistas en Ribadeo. Ata corenta persoas concentrámonos no Cantón uns minutos mentras Básaro lía o que queda abaixo e se difundían un par de iniciativas en relación á xesión dos cartos polos bancos e o que nos custa. Isto último, algo que se prevé que continúe organizando en Facebook, se queremos loitar dun xeito coordinado contra os abusos das comisións e a obriga de ter unha conta (pola que e sacan un ril) para poder dispoñer da xubilación.

Esperando o momento da concentración



 

20210704

O que te perdiches da concentración das pensións en Ribadeo 20210703

    Máis de 60 participantes e o esprito e convicción de estar no camiño de concienciar e ganar para todos. Coido que podería ser un resume para quen quera saber algo do tema. 

   Mais tamén penso que querer saber non é participar. Se por algunha razón non puideches facelo, ou te entran remorsos por non telo feito, aquí tes algo que non susbtitúe a participación na concentración das pensións (que non de pensionistas), pero achégate a ela. Deixo fotos de Suso, unha gravación de case todo o que se dixo para todos e o texto lido (que é a parte principal da gravación). Si, a estrutura das concentracións en Ribadeo é parella en xeral: cando a xente está concentrada, ás 12 do primeiro sábado de mes, lese un comunicado que trata dun ou varios temas relacionados dun xeito ou outro coas pensións. En xeral, é Básaro López quen os escribe e le, como neste caso, pero tamén hai outras colaboracións. Logo hai outras intervencións, sinalando outros puntos ou anunciando/lembrando outras actividades. Por último, a asemblea dilúese, formándose grupos que seguen a charlar e prolongan a convivencia fóra do Cantón.

   Unha última nota: gardouse un minuto de silencio polo falecemento de Carlos de Mon.

O manifesto:





Algunha foto de Suso Fernández: