Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Alfonso Carrasco. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Alfonso Carrasco. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20240324

Pregón da Semana Santa de Ribadeo 2024


     Onte foi o pregón da Semana Santa. O orador foi o bispo de Lugo, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, na imaxe de Celia Castro. En baixo deixo a presentación feita polo cura párroco de Santa María do Campo e a súa intervención, e o díptico da intervención posterior de Coral Polifónica de Ribadeo e Coro do Sgdo. Corazón, co cartel feito por Juan Estévez.






20110415

Venres ...

Hoxe a mediodía remata a XVII Feira da Ciencia de Ribadeo, inaugurada o martes, mentras comeza a extenderse a banda ancha polo rural da zona, que a estaba necesitando. E remata a serie de 'actos preparatorios' á semana santa ribadense, coa primeira procesión, a da Virxe das Dores, ás oito da tarde, tendo mañá o pregón da semana a cargo do Bispo de Lugo, Mons. D. Alfonso Carrasco Rouco. Espero que o fin da feira me deixe un pouco de tempo para poder colgar mañá o tríptico e o libro editados con ocasión da SS2011.
Pero hoxe a nove Ribadeo non está en Ribadeo, senón en Foz. Hai xa tempo que saiu no blog e O Tesón recolleu e apuntou ó concello que o pago á SGAE en Ribadeo parecía avultado. En Ribadeo, as respostas ás preguntas de O Tesón recolleron que podíase ir xudicialmente contra o pago á SGAE, pero sempre se perdía. Pois a cousa é que non sempre é así, nin moito menos, e en Foz remátase de demostrar unha vez máis, aínda que a postura de foz non é exactamente a que se reclamaba para Ribadeo. Seguirá pagando Ribadeo cantidades avultadas?
Sobre o tema da SGAE:
Resposta no pleno
Copando
Comentarios
Marcando pautas
Unha proposta para a tesourería do concello
A SGAE no orzamento
Protesta da alcaldía
Unha execución do pago
Un escrito de JL Sampedro
Unha petición do PP no pleno
Tamén UPRi
... e moitas máis

20071209

Contrastes (non moi grandes...)

Ou si. Non me poñerei hoxe filosófico por eso de que é domingo. Tampouco hoxe irán fotos, despois destes día poñer abondas e pensar en seguir.
Hai xa días lin nun periódico que os Gates se propoñían erradicar a polio (mielitis). E xurdíronme diversos pensamentos: Como non pensaron neso antes? como pode haber unha parella tan poderosa como pensar neso por si sós? É lóxico (xa non ético) que algúen poda acumular en parte da súa vida tantos cartos? ... e moitas máis.
Mentras, en Ribadeo pensábase (quen o pensaba?) nun 'Nadal mantible', se eso existe e cando parece que hai unha contradición interna entre pensamentos e actitudes.
Apúntome por eso a unha entrevista que trae hoxe a Voz á Mª Luisa, da Librería Santiago / Casa das Letras.
E tamén, nesta entrada de hoxe domingo, vou festexar a un amigo da xuventude, Alfonso Carrasco Rouco, ós fregueses de quen xa felicitei polo seu novo posto. Eso de ser bispo de Lugo coido que o vai facer ben: aínda que eu non sexa da súa diócese (equivalente a dicir que non coñezo a problemática nin me achego moito ós actos correspondentes), coñezo ó persoeiro e confío nel.

20230331

Semana Santa 2023 en Ribadeo

    Nota de última hora: suspéndese o pregón por mor do accidente con catro mortos de hoxe sábado.

    Abaixo deixo o cartel e o programa de Semana Santa en Ribadeo para o 2023. O cartel correu a cargo de D. J. Juan Estévez, e o pregón será mañá sábado, a cargo do Rvdmo. Bispo da Diócese de Lugo, Monseñor Alfonso Carrasco Rouco.




20110417

A Semana santa, o pregón e nova obra





Onte foi o pregón da Semana Santa. Deixo á beira os dous folletos (tríptico e cuadríptico) que dan nova dos actos da Semana deste ano en Ribadeo.
O pregón foi oficiado por Mons. Alfonso Carrasco, e espero telo subido hoxe ou mañá, polo que non comentarei máis del. A continuación do pregón houbo actuación, coa estrea dunha obra musicada por Eli Bouso, 'Dies Irae', que xa está colgada co seu permiso e que coido que gustará escoitar: