Albiz. 1000 Tm. Iso é o que se pretende descargar a partir de
domingo se seguen a fallar as manobras de desenvaramento na ría. Baixar de 3500
Tm de carga a 2500 (a carga máxima do buque está en 3900 Tm). Mentres
os Sertosa 19 e Sertosa 30, seguirán a intentar que o buque non siga varado
cando as condicións de marea sexan boas. O Punta viñas é o do práctico e
o Alaska I que pode verse tamén nestes momentos na ría se se accede a https://www.vesselfinder.com/ é a draga. En baixo quedan un par de fotos de Suso coa situación o venres 15 á noite, cando se produciu un desprazamento do buque, quedando finalmente varado noutro lugar máis próximo ó punto de atraque en Mirasol. Finalmente, o barco quedou liberado o sábado á mañá.
20240315
Máis sobre o Albiz
Manobra e varado de buque na ría de Ribadeo
Deixo en baixo o vídeo dunha manobra na ría previa ó atraque no peirao de Mirasol dun buque que chega baleiro a cargar (o Antje K). E fotos de un par de días despois (onte xoves) de outro, o Albiz, 100 m de eslora, 16 de manga e 3500 Tm de carga, que quedou varado ó facer a mesma manobra vindo para descargar de madeira.
En canto ó varamento, as fotos están tomadas dende un par de lugares de Castropol. Hai unha pequena variación de marea entre as fotos, abondo alta en todas, e diferentes perspectivas mentres os remolcadores tentan sacalo do tesón. Tamén, en algunhas pódese aprezar o remover da area, variando a cor da agua, e a corrente polo mesmo efecto.
Sobre o Albiz: propiedade da Naviera Murueta. Construido en 2008 en Guernica. Viña de Huelva cargado con madeira para Ence Navia. Quedou encallado xa preto da pleamar. Para soltalo, cousa que ainda non se produciu, polo que pode verse na ria, haberá que descargar parte da carga do mercante de ata 3999 Tm.
Outro varamento: o Beza (2007). O anterior varamento tivo lugar o ano pasado, 2023.
Sobre o Antje K:








