20210817

LA NIÑA QUE CONTABA OLAS. Ángel Alda

LA NIÑA QUE CONTABA OLAS


Antes casi de saber hablar la niña contaba olas con piedras de la playa. Una ola pequeña equivalía a una piedra pequeña. Si la ola llegaba fuerte la piedra que correspondía era grande. Con el mar en calma le costaba mantener la atención pero había inventado el recurso de coger un puñado de arena e ir formando montoncitos.


Aquel trabajo infantil que tanto evocaba el de San Agustín en las playas africanas de su infancia no era extraño para su familia. Una vieja tradición invitaba a la niña a tomarse la labor con madura responsabilidad. Aquel había sido el primer juego que le enseñó su madre en aquellas playas inmensas de la bajamar del norte. Y su madre al enseñarle el juego no hacía más que repetir la historia que había marcado su propia infancia.


Su madre al final de la estancia en la playa le daba el resumen aritmético de la jornada. Veinte piedras grandes, cincuenta y dos pequeñas y el montón de arena debe equivaler a una media hora de calma. Su madre apuntaba en un cuaderno los datos. Al final de las vacaciones hacía el resumen. El cuaderno de este año vendría a sumarse al baúl de los cuadernos que atesoraba desde niña y antes que ella su madre. Ni un solo año había dejado de cumplir las órdenes del sueño que aquella había tenido de niña en el largo verano del 36.


El sueño de contar olas hasta el final de los tiempos.

Cada ribadense subvencionará con 15 € esta edición de Panchas


Cada ribadense subvencionará con 15 € esta edición de panchas

    Segundo a nota de prensa que se pode ver na web do concello, cada ribadense subvencionará con 15 € esta edición de Panchas, a máis da parte de inversión que necesitan as súas promoción e xestión (operativa e organización), segundo di a mesma nota. Os 15 € é a cantidade que resulta de dividir os 150 000 € de subvención a esta edición de panchas entres os 10 000 ribadenses. O retorno inmediato correspondente para o comercio local e hostalería será a ganancia deses eses 15 € unha vez gastados, mentres os propios 15 € son a ‘ganancia’ que vai a mans dos mercadores de panchas, que por suposto, tamén podemos ser os mesmos ribadenses. Naturalmente, se hai máis movemento económico a causa da existencia das panchas, tamén será unha ganancia para o pobo en conxunto, pero habería que amosar que as panchas representan un motor dun maior movemento. As subvencións non teño claro se diminúen ó non ser empregadas (se non son mercadas) todas as panchas, ou se non son executadas compras coa totalidade de panchas mercadas. En calquera cso, estimo que a diferencia sería marxinal pois as panchas esgótanse (esa é a experiencia de anos pasados) e quen as ten no peto quere usalas para beneficiarse da subvención correspondente, quedando máis como un elemento para xulgar o seu desenvolvemento que como algo de relevancia práctica nunha edición concreta.

    Non coñezo ningún estudo dos resultados de anos anteriores, máis aló de que as panchas se consumiran, o que ven a ser algo así como estimar o éxito da chamada ’moeda ribadense’ pola cantidade de cartos que ten que aportar cada ribadense. Así medido, o éxito aumenta de edición en edición. A repercusión na economía local do emprego das panchas pola multiplicación en cascada ó ser aplicadas as ganancias noutras compras sucesivas ou o efecto doutros gastos colaterais no pobo de xente que veña ‘gastar as panchas’, queda en meras especulacións por plausibles que semellen, e como tales, son dificilmente discutibles.

    O que si teño claro é que nesta edición, o ‘Panchapeto’ dixital supón unha innovación cualitativa que pode potenciar o seu uso. Mesmo podería potenciar, de estar o comercio ribadense preparado, o desenvolvemento do negocio dixital, algo que por falta de preparación non vexo posible polo momento. Por ser a primeira vez pode que teña un impacto limitado debido á aprendizaxe necesaria do seu uso, rendibilizándose ese saber usar en futuras edicións, que ninguén dubida que haberá con ou sen estudo de rendemento para Ribadeo da ‘moeda local’.

    As moedas locais teñen amosado nalgunhas circunstancias de desenvolvemento ser fonte de dinamización da economía, ao menos xa dende a experiencia en Wörgl (Austria) antes da segunda guerra mundial. Pero hai que poñer fincapé nas circunstancias, pois as características, aplicación ou xestión dunhas moedas non teñen nada que ver cos doutras, e a pancha non sei se chega a poder chamarse con propiedade ‘moeda local’.

   Así pois, aquí, cales son esas circunstancias?

Coronavirus en Ribadeo, martes 20210817

   Descenso mínimo: 42 casos, incidencia de 420 cada 100 000 habitantes ós 14 días.

   Anteriores da serie.

Coronavirus en Vilalba, martes 20210817


    Descenso mínimo: 42 casos. Incidencia de 298 por cada 100 000 habitantes a 14 días.

   Anteriores da serie.

20210816

Coronavirus en Vilalba, luns 20210816. Sen variación


   O mesmo que onte, 43 casos e incidencia de 305 cada 100 000 habitantes a 14 días.

   Anteriores da serie.

Coronavirus en Ribadeo, luns 20210816: 49


 

   49 afectados. Cinco menos ca onte, nun baile abaixo arriba que esperemos que remate xa e continúe baixando. Incidencia de 490 por cada 100 000 habitantes ós 14 días.

   Anteriore da serie.

20210815

Coronavirus en Vilalba, domingo 20210815: tres menos ca onte



   43 casos, tres menos ca ontes, cunha incidencia a 14 días de 305 casos por cada 100 000 habitantes. Na boa dirección, pero lento.

   Anteriores da serie.

Coronavirus en Ribadeo, domingo 20210815. Tres máis ca onte



   54. Metade de agosto. seguimos subindo. Onte saia na Comarca unha nota de prensa coa mellora de datos sobre a Covid 19 en Ribadeo. Dende que se xerou esa nota de prensa todos os días os datos marcaron números máis grandes. Hoxe, 54, 3 máis ca onte.
   Anterores da serie.