20071206

Día da Constitución sen celebración (2ª de hoxe)




Non entendo moi ben que para celebrar algo se constitúa un día festivo no que non se lembra a xente do que se celebra. En Ribadeo, hoxe é o día do Mercado do Nadal. Sobre o da Constitución. E aínda, coas actividades do Mercado quese poden ver no díptico, polo menos en visitas tivo tanta xente un posto fóra da carpa, no que se agasallaba con cans (non sei se quedarán aínda, pero os dous cachorros eran moi bonitos e cariñosos). Agasallo que era máis ben unha petición de socorro para eles, ante a perspectiva de non poderlles prestar atención.
Volveremos sobre o mercado.

De enfermidades e para esquecer

Comecemos pola parte negativa: achégase eso dea lingua azul nas vacas. As últimas, en Castropol, concello que tamén foi expedientado por medio ambiente por verquido de residuos industriais sen depurar.
A nivel social tamén hai unha certa doenza, como se manifesta en que os alcaldes de Burela, Ribadeo e Viveiro descarten a capitalidade mariñán única: Os dous últimos xa teñen capitalidades sub-marriñáns e correrían risco de perdelas; o de Burela non a ten legalmente, pero si de facto, e sabe que tería en contra ó resto da Mariña de plantexar unha capitalidade única... mentras, a Mariña, dividida, irase separando cada vez máis dun xeito lóxico nos tres trozos xa coñecidos.
Mentras, para esquecer, esta ponte é o pistoletazo de saída para as celebracións do Nadal. En Ribadeo, o Mercado de Nadal inaugurarase dentro de hora e pouco a pesar de non ser aínda Nadal, e os altofalantes de Nadal xa comezaron a funcionar (por sorte, este ano parece que cunha intensidade de son que ten en consideración a veciños, tendeiros e mesmo visitantes) Parece logo que sexa cousa de dicir: Bo Nadal!

20071205

Fotos prometidas






O prometido é débeda. Aquí van fotos de Ribadeo (se ben en principio tiña pensado meter abondas máis de obras e demáis, que irán saíndo). Están tomadas o luns 3 de decembro, con fortes contrastes de luz (que non aminorei) e unha bruma na costa que era moi curiosa.

Nos xornais hoxe: a flota de baixura achaca ás piscifactorías a desaparición de algas autóctonas

Pois si. Agora xa temos outra versión da ancestral confrontación entre recolectores e cultivadores en troques de ambientalistas e cultivadores...
Mentras, en Ribadeo, deuse onte a primeira comisión informativa sobre PXOM, da que parece que todos saíron contentos. Seguirán outras e xa veremos cando chegue ó público.
Hoxe haberá fotos no blog, pero non agora... Bo día!

20071204

A mariña capital



Andan discutindo en Viveiro, máis en concreto no Casino, sobre a capitalidade da Mariña. Despois de levar anos a existencia das tres comarcas, algo que xurdiu por cuestión política e que denunciei (non lembro que ninguén máis o fixera, aínda que non me extranaría), pregúntome a que ven iso... Quen protestou cando se fixo a distribución? Pois agora xa é algo tarde para falar de capitalidade, por moito que queira Viveiro e os viveirenses.
Mentras comeza este mirar o sexo dos anxos, denúnciase que as factorías de acuicultura (en concreto en San Cibrao) contaminan moito e crean poucos postos de traballo. É dicir, máis do mesmo, mentras as correspondentes a Ribadeo parece que se van alonxando (non só do mar, senón da súa posibilidade de existir)
Por contra o cultivo de ostras na ría de Ribadeo segue a súa actividade tradicional e espérase vender un ano máis en Francia a meirande parte das 300 toneladas. A veces pregúntome como pode continuar ese cultivo co tráfico que ten agora a ría, pero parece que polo momento non importa moito (aínda que se reduxo algo a producción, non é significativo)
Os dípticos que aparecen son das xornadas de arqueoloxía (outra cousa máis na que a Mariña debera estar unida, en troques de ser 'as tres mariñas' que denunciei no seu momento), que non se celebran en Ribadeo e que xa están próximas.

20071203

Imitando a Ribadeo, imitando a Lugo.

Hoxe haberá un pleno no concello de Lugo. O tema principal, A participación cidadá. Levamos xa algún tempo con esto en Ribadeo, e ó que parece, polo momento temos algún avantaxe (aínda que nono teño claro, pois en Lugo xa hai algo escrito sobre o tema e aquí só o das preguntas ó final dos plenos). Pero pouco e por pouco tempo: o pleno é para o desenvolvemento da normativa de participación. De calquera xeito, lembróuseme aquelo de 'cando vexas as barbas do teu viciño cortar...'

20071202

Comentario a partir dunha entrevista.

A Guardia Civil de Ribadeo mantivo estes días un cursió para a súa actualización en primeiros auxilios. Isto deu pé a unha entrevista do responsable que sae hoxe na prensa. Coméntoo aquí porque da unha impresión rara no que nela se pode ler (ó menos, a min)
comeza dicindo que a educación vial debe ensinarse dende a infancia. Lémbrome cando un dentista, ó saber que eu era docente, me deu unha clase particular sobre como ensinar a limpar os dentes ós cativiños pequenos. Non importaba que non tivera esa franxa de idade: os dentes eran o importante. aquelo fíxome reflexionar sobre o que se quere meter no que se chama 'ensino regrado'. A resposta é: 'todo'. E a consecuencia é que ó final, tende a non saberse nada, trivializando o ensino e igualándoo a unha especie de televisión antediluviana para manter a xente fóra de circulación ata certa idade na que xa terían capacidade de producción. Coido que a estas alturas xa podería escribir un tratado sobre o tema, pero de pronto que quede así.
A pregutna enteira, referida ó botellón en relación co tráfico, o entrevistador propón unha alternativa, 'reducindo horarios de apertura ou venda' como piden algúns colectivos. A resposta recollida polo xornal escapa da pregunta sen máis. Non fala nin do establecemento subvencionado de rutas para acudir (posiblemente se metera nun xaleo). E moito menos de actuar sobre a causa, como poden ser os horarios. É entón cando pasa a ocuparse da proposta do ensino dende a infancia.
O ensino como solución de tódolos males. E entendido como un caixón de xastre onde cabe todo e 'polo tanto', onde pode estar a culpa de todo... é posible que por eso se lle teña ás veces tan pouca consideración.

20071130

Xa temos (o comezo) dun xeriátrico público

Despois de ter habido os seus máis e os seus menos co asilo, deuse o primeiro paso escrito para un xeriátrico público en Ribadeo, na casa parroquial de Obe, coa sinatura dunha cesión do bispado á Xunta. É unha boa nova que esperemos que siga (non sei se houbo papeis asinados dende hai moito tempo para facer o polígono industrial, pero non me extranaría...)