20240520

Sobre a reparación e a obsolescencia


Sobre a reparación e a obsolescencia

    Reparar. Unha palabra á que se lle anexan significados en diferentes contextos, e ó tempo, é clara: a primeira acepción no dicionario da RAG é 'Devolver ao bo estado [algo que estaba deteriorado ou avariado]'. E logo, 'Realizar unha acción tal que diminúa ou faga desaparecer os efectos daniños, negativos ou prexudiciais de [outra]'. E aínda, 'Restablecer [a forza, o ánimo etc.]'. É dicir, tres significados que están relacionados.

    Aínda así, aclaro: non me refiro aquí a cousas como reparar danos de guerra (moito se podería falar sobre iso nestes tempos), senón á simple reparación de útiles e aparellos. Unha ollada sobre algo no que a UE, mediatizada por intereses diversos, só hai un mes (23 de abril) que chegou a un ditame descafeinado e difícil de que del resulte o impacto que debera. Cabe dicir algo como ‘Non é para menos, a situación é abondo complicada’...

    En tempos, desparafusador, chave inglesa, lima, e pouco máis, a máis de paciencia e interese, permitían amañar un coche a alguén cun pouco de coñecemento e mans. Hoxe, mesmo con coñecementos amplos é difícil amañar máis aló de algunha pequena cousa, sen ter o permiso, vía compra de máquina diagnosticadora e outros ferregachos subministrables pola empresa construtora. Empresa que así ten suxeitos e controlados ós talleres, convertidos á súa volta en imprescindibles para os usuarios finais.

    E, quen di coches, di, a diferentes escalas de posibilidades, case calquera aparello, de móbiles -xa feitos para que non se podan nin abrir- a lavadoras -que case pode dicirse que levan data de caducidade- ou impresoras -fabricadas mesmo para pararse a partir dun certo número de copias-. Aparellos todos os citados que nos levan, xunto con outros como as lámpadas que nos iluminan ou as medias, a outro concepto xurdido no século XX, a obsolescencia programada. É dicir, o facer obxectos a posta para que non duren moito para que haxa que comprar outros novos (e polo tanto, seguir dando cartos ó fabricante). Algo que é contraproducente non só polo que significa de necesitar recursos para a fabricación que de algures teñen que saír, co impacto medioambiental correspondente, senón tamén por primar ás empresas que o practican fronte ás que non o fan (cun pernicioso efecto económico de primar o mal feito). Se en tempos Philips facía rasuradoras 'eternas', unha vez vendida unha a un home, este non tiña que comprar outra ata moito tempo despois. Así, se outra marca 'X' as facía cunha duración estimada poñamos, a cuarta parte, no mesmo tempo abríaselle tres veces máis oportunidades de futuras compras, e polo tanto, de ingresos e ganancias. Ese é o resume, aínda que o comercio sexa máis complexo, tendo que considerar outras cousas como o custe de materiais e man de obra (menor no caso de 'X') e que o lapso de tempo de uso sexa abondo para que non sexa tan evidente para o cliente que a inversión nunha máquina de 'X' non pode competir en custo en relación ó servizo prestado.

    Volvendo á reparación, hai tempo que os reloxos de pulseira tradicionais pasaron a ser irreparables máis aló do cambio das pilas en caso de que esa sexa a fonte de enerxía (imposible abrilos sen ferragachos especializados) ou do remprazo do conxunto da maquinaria. É dicir, tirando dunha necesidade extra de recursos, eliminando capacidades técnicas da poboación (e polo tanto tamén posibilidades de desenvolvemento) e manténdoa cativa de novas compras. Algo ben diferente do que se trataría en cambio, ó facer a reparación en troques de cambiar o aparello na súa totalidade. E, mentres, seguimos dependentes, sen liberdade para usar o que ‘é noso’ como se fora noso.

    A proposta da UE (a ‘Directiva’, termo legal que emprega a UE) para procurar que as cousas se podan reparar, dá un número importante de pasos (incluíndo a prohibición por contrato de prácticas empresariais que impidan a reparación ou o facilitar o acceso a documentación e repostos). Mais non é doado, e falla en poñer coto ás restricións pola chamada propiedade intelectual e o dereito de copia, o que usado como arma pode anular todo o resto de melloras.


20240519

A paz, na concentración de Ribadeo 20240519

Vista parcial ó final da concentración 20240519

    Hoxe, domingo 19 de maio, houbo unha nova edición das concentracións semanais que a favor da paz se están a facer diante da casa do concello de Ribadeo ás 12:30 da mañá.

    Unhas corenta persoas xuntámonos e escoitamos unha petición pola paz (Lida por Jesús Irigoyen), un poema de Luísa Villalta de 2003 (lido por min) e aprobamos o dirixir, en nome da Plataforma pola paz da Mariña e o Occidente Asturiano, un escrito ós centros educativos da zona para promover a reflexión pola paz, que será enviado esta semana que comeza (lido por Elvira Posada).

    Deixo a continuación o audio e os textos lidos, a excepción do comunicado ós centros educativos, que será merecedor doutra entrada, ou no seu caso, anexo ó comentario da próxima semana.

 


Unha lembranza para Daniel Cortezón e Suso Peña

     O sábado 6 de abril houbo unha pequena serie de actos dos que non deixei constancia ata o de agora pero dos que, aínda que non lle dea moita difusión, si quero que conste.


    Es día un pequeno grupo de amigos reunímonos para lembrar a Suso Peña e a Daniel Cortezón. Houbo unha ofrenda floral a Daniel no cemiterio e igualmente na placa da Illa Pancha, a Suso. E logo, unha comida no Voar.

20240518

¿QUOUSQUE TANDEM? José María Rodríguez Díaz (2010)

    Aquí sae algún tema co que non estaba de acordo con José María, que metido a fondo no razonamento do superfluo gasto municipal non fai distincións que coido debera, e que non sei se chegou a sorprenderse anos máis tarde polo relativo equilibrio de contas que acadou o concello anos máis tarde, a pesar da política aquí denunciada. Débeda por certo que entendo que nestes momentos está aumentar e que non serviu, ó contrario do que esperaba José María, para derribar a maioría absoluta do alcalde nas eleccións seguintes.

Viernes, 10 de septiembre de 2010

QUOUSQUE TANDEM?

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 20:21

¿Quousque tandem, alcalde, abutere patiencia nostra? ¿Hasta cuándo, alcalde, vas a abusar de nuestra paciencia? Parafraseando a Cicerón me dirijo al alcalde de Ribadeo para preguntarse a dónde va con su loca política de constante incremento de la plantilla del concejo que él, en nombre de los vecinos, gobierna. ¿No se da cuenta de que, con su política de constante ampliación del personal municipal, está conduciendo al concejo a un callejón sin salida, al mismo tiempo que con esa política de crecimiento artificial lo está empobreciendo cada vez más? ¿No se da cuenta de que ha entrado en un círculo vicioso en el que cuanto más personal contrata, más actividades a desarrollar se inventa para tenerlo ocupado, y cuantas más actividades se inventa, más personal necesita para atenderlas? ¿Con qué recursos seguros cuenta, que no sean los impuestos de los vecinos, para hacer frente a este gasto en el incierto futuro?

Primero fue la dotación económica a los grupos políticos con cargo al concejo. Luego vino la contratación de personal para su particular asesoramiento. Más tarde fue el gabinete de prensa con el único fin de trasladar a los vecinos la imagen del trabajo desarrollado en la alcaldía. Gastos que nunca antes en este concejo se habían hecho, lo que demuestra su carácter superfluo. Luego siguieron otras contrataciones para hacer frente a nuevas actividades, más propias de otros entes, como Sanidad, Deportes o Educación, que de la labor del concejo. Contrataciones sin reparar, a veces, en el número de trabajadores necesarios para las labores municipales, como se hizo con la contratación de cinco peones para la limpieza de la playa de Augas Santas. Últimamente, otro arquitecto más y un administrativo de apoyo para aliviar el agobio del personal de oficinas del concejo. Y por si eso no fuera bastante y sin tratar de agotar el tema, la reciente contratación con carácter fijo de una abogada para el Centro de información a la Mujer con cargo al organigrama del Ayuntamiento. ¿Y a quién se dirigen los hombres en busca de consejo en sus problemas con sus cónyuges?

El gobierno que Vd. representa, en contradicción con sus propias palabras, reflejadas en el periódico 'La Voz de Galicia' del día 29 de agosto del año actual, en las que afirma que 'acabouse o de presupuestar, recaudar oito e gastar doce, porque a crise dos concellos vai ser endémica', continúa con su política de actuaciones superfluas y de lujo que, ni se corresponden con el nivel del concejo que tenemos, ni con los tiempos que corren. Y aunque sus afirmaciones no se corresponden con la realidad de un concejo endeudado en mil millones de pesetas, en una cosa sí tiene, desgraciadamente, razón: en que la ruina del concejo será endémica. Y esto gracias a Vd. y a otros gobiernos como el suyo.

Cuando la oposición política le echa en cara sus errores se justifica diciendo que Vd se dedica a trabajar. Y seguramente tiene razón, aunque no lo considero ningún mérito para quien cobra por ello. Pero el buen gobierno no consiste sólo en trabajar, que también, sino sobre todo en administrar bien y con sensatez los recursos. Porque dedicarse a hacer muchas cosas, superfluas para los tiempos que corren, puede implicar 'traballar arreo', como Vd. dice, pero eso no significa administrar bien. Administrar bien es hacer lo que es oportuno en estos momentos, sin pensar en los votos. Sigue el camino diseñado por los anteriores gobiernos que, parafraseando a un eminente personaje de esta villa, mantenían el principio, expresado en latín macarrónico, de que 'dum gobernatur, nec laboratur, nec administratur, neque honestitas servatur'[gobernando, pero non traballando, nin administrando, nin tampouco servindo honestamente].

Agobiado como está el concejo con una deuda de mil millones de pesetas, según noticia no desmentida, no creo que sea el momento de seguir aplicando esta política suicida que impedirá que el concejo pueda algún día recuperar alguna posibilidad de ahorro para poder hacer frente a las graves necesidades que actualmente tiene y que en el futuro se van a presentar para la sociedad ribadense.

Con su política de gasto y endeudamiento, una cosa sí ha conseguido. Poner en bandeja a sus competidores en la próxima campaña electoral unos elementos de primer orden de acoso y derribo. ¿Me equivoco?

¿Y en dónde está, mientras tanto, la oposición que no trata de poner freno a esta deriva? Aunque no sé cómo podrán hacerlo quienes hicieron lo mismo cuando les tocó gobernar.

Y termino como empecé. ¿Hasta cuándo? ¿Hasta cuándo vamos a tener que soportar esta sucesión de gobiernos que, uno tras otro, llevaron a nuestro concejo hasta su total ruina económica, sin ninguna posibilidad de poder hacer frente a las perentorias necesidades que tiene y que surgirán en el futuro? ¿Hay alguna esperanza de cambio de sentido en la administración de nuestro concejo de cara al futuro con las próximas elecciones? No lo parece, pues el futuro parece que pinta muy negro para Ribadeo.

José Mª Rodríguez


 

Outros Artigos de José María.

20240517

Un 17 de maio, o galego non quita o saio

Xela Arias e Luísa Villalta, en imaxes collidas de Wikimedia Commons, lic. CC BY SA 3.0 e 4.0 respectivamente, realizadas por Santos Díez e Eduardo Castro Bal, e Dende

    Parafraseando o de 'ate o corenta de maio non quites o saio', non está o galego para, a 17 de maio de 2024, quitarse o saio. Por moito que unha nova poeta (nova por ser a nova homenaxeada, pero tamén por ter pasado aínda nova), Luísa Villalta, apareza como un incremento de valor da lingua, por moito que en Ribadeo se lembre neste día o pasamento de Hernán Naval, por moito que en Pontedeume se faga un roteiro celebrando a escritores relacionados coa vila, por moito que se celebren diversas feiras do libro (en teoría, do libro galego'), por moito máis, a debilidade relativa da nosa lingua vai facéndose máis e máis patente a medida que pasa o tempo. E aínda que hai culpables, si, nun día de celebración, coido que o momento de mirar adiante, organizármonos, traballar, producir e vivir en galego, e facer que a nosa lingua siga tendo pegada, tendo futuro, tendo 'mil primaveras máis'.

    E abaixo, para remarcar o día, deixo unha gravación feita por unha amiga para o día das Letras Galegas commemorativo de Xela Arias:

Poemas Xela Arias 2 from lingualiza on Vimeo.

20240516

Antonte, 20240514, pleno

    Martes 14 de maio de 2024, 20:00 horas e uns minutos: comeza o pleno do que xa puxen a convocatoria. Do conxunto dos concelleiros, falta un concelleiro por enfermidade, Vicente Castro (BNG) e outro intervén por videocomunicación, Marcos Villamil (BNG). Ate pasar o punto correspondente á modificación po PXOM polo centro de saúde, unha representación de Modepen estivo presente logo de ter presentado hai meses un estudo, despois dunha xuntanza co alcalde.

    Ningunha discusión para a aprobación de actas, ningunha tampouco para o primeiro punto a discutir (sobre bandeira e escudo de Ribadeo), ambas votacións con aprobación por unanimidade. Unha nota: o escudo, non estando previsto en principio o seu tratamento, trátase porque está a usarse pero sen aprobar oficialmente. A min cóstame crer que non se aprobara en algún momento do século pasado, a máis de estar normalizado polo uso, pero...

     No punto seguinte, sobre a variación do PXOM para un novo centro de saúde, foi aprobado por unanimidade, anulada a votación para discutilo e volto a votar con unanimidade. Logo, aínda que non aparecía de xeito aparente na convocatoria, tamén se aprobou a realización de aparcamento diante das farmacias para poder coller medicamentos, entre outras cousas. Deixo en baixo a convocatoria, o audio ata a baixada dunha representación de concelleiros para facer o sorteo de mesas para as próximas eleccións, e a nota de prensa sobre o pleno emitida polo concello.



    Nota do concello sobre o pleno:

"

O pleno da corporación de Ribadeo celebrado onte, martes, aprobou por unanimidade a regularización das taxas da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD).

A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, explica que “cando se incorporou a especialidade de danza á oferta da Escola Municipal de Música fíxose como unha experiencia piloto, cun prezo reducido para ver a demanda que había. Pasado un tempo prudencial, por petición do profesorado da escola, agora equipáranse os prezos de todas as disciplinas, para evitar unha discriminación do resto do alumnado da escola. É xusto que a danza teña a mesma categoría que calquera instrumento. Esta regularización aprobouse por unanimidade no pleno de onte”.

Begoña Sanjurjo anunciou tamén que “o calendario da EMMeD de Ribadeo do curso vindeiro coincidirá co calendario escolar, comezando o 11 de setembro deste ano e rematando o 20 de xuño do 2025. Esta equiparación cos centros escolares beneficia á conciliación das familias”.

"




    

Letras no Campo 2024

    En baixo deixo a información sobre a nova edición da feira do libro de Ribadeo, Letras no campo 2024 (X edición): Cartel e díptico coas actividades (incluída presentación de 'A temperie ribadense no século XXI', o venres 24 ás 7 da tarde)





20240515

Xuntanza pola paz. A que vén, e a que foi

    Deixo a convocatoria da xuntanza pola paz deste domingo próximo en Ribadeo, xunto cunha referencia ás verbs ditas o domingo pasado.

    Guerras hai moitas, e semana tras semana lémbranse o Sahara ou Ucraína, mais o cartel está centrado en Palestina, onde hai tempo que a guerra ten dexenerado en xenocidio.

    A lembrar tamén que están a producirse diversas outras concentracións semellantes, como a que ten habido o día 6 en Foz e deixo o cartel ó final, de perioricidade nese caso, quincenal:

    Sobre a que foi domingo pasado, deixo unha foto previa do fondo e unha parte do dito na xuntanza, na que participamos 40 persoas:


    A gravación. Comeza coas verbas de Suso Fernández.

E o cartel da pasada xuntanza de Foz: