20220715

Nota de prensa do concello: Dimisión de Mariluz Álvarez II

    Complemento da entrada anterior, sobre a dimisión de Mariluz Álvarez, coa nova nota do concello con motivo do pleno de onte, xoves, comezado no salón de plenos ó tempo da concentración pola paz celebrada ó pé do concello.

SUÁREZ BARCIA DESTACOU A LABOR REALIZADA POLA EDIL

Pleno ordinario de xullo

15/07/2022

No pleno ordinario celebrado onte no Concello de Ribadeo deuse conta da renuncia á acta de concelleira de Mariluz Álvarez Lastra, despois de 23 anos de traballo ininterrompidos. Na sesión foron aprobadas bonificacións fiscais en varios impostos para aquelas empresas que decidan instalarse en Ribadeo, foron fixados os festivos locais do 2023 (16 de agosto e 8 de setembro) e foi aprobada unha moción sobre o servizo de saúde mental.

O alcalde, Fernando Suárez, dixo que "é importante o paso que dá o Concello ao propoñer bonificacións fiscais nos impostos municipais do IBI, do IAE e no ICIO para todas aquelas empresas que se instalen no noso concello ou xa instaladas fagan unha aposta polo emprego á hora de contrataren xente. Durante tres anos terán bonificacións que partirán dun mínimo do 50% chegando a un máximo do 95% en función do número de persoas contratadas. Confiamos que esta proposta non só orientada ao polígono industrial senón a todo o municipio poida seguir atraendo actividades económicas a Ribadeo".

O rexedor seguiu a relatar que "no pleno fixáronse tamén os festivos locais para o vindeiro ano que quedarán no día de San Roque, 16 de agosto, e 8 de setembro, o día da Patroa. Tamén fixemos axustes orzamentarios en gastos de inversión que queremos ir desenvolvendo ao longo deste ano e que tratamos de ir adaptándonos ás situacións cambiantes da escalada de prezos nos materiais que todos, incluído os Concellos, tamén estamos a sufrir. E igualmente, aprobamos unha moción sobre o servizo de saúde mental da Mariña que nos presentou a plataforma na defensa da sanidade Pública".

Suárez Barcia contou que "tamén no pleno demos conta da renuncia á acta de concelleira que presentou a nosa compañeira Mari Luz Álvarez Lastra, logo de 23 anos ininterrompidos de representar baixo as siglas do BNG á cidadanía deste nobre Concello. A súa marcha, tal e como ela manifesta, faise por motivos estritamente persoais e que non lle permiten xa por máis tempo compatibilizar todos os roles na súa vida".

O alcalde ribadense subliñou: "comprendémola, apoiámola, e con tristura a despedimos, pero con recoñecemento e coa nosa total admiración por todo o traballo que ela levou adiante en todo este tempo, na oposición nos primeiros anos e nos gobernos despois até o día de hoxe. Sabemos que todos somos necesarios e que ninguén é imprescindible e que a todos nos tocará máis cedo ou máis tarde, deixar estas representacións públicas. Pero o que non teño dúbida é que a todos e todas nos gustaría facelo como ela o fai: con tranquilidade, con xenerosidade e co compromiso de seguir apoiando a esta xente que aquí seguimos e aos novos que virán. Desexámoslle o mellor nas súas responsabilidades laborais e nos seus compromisos familiares".

20220713

Un xoves máis, unha concentración máis. Constrúe a paz.

    A paz necesita lembranza. A guerra lémbrase por si soa. Unha lembranza para mañá xoves 14 de xullo:


A Gaceta Ribadense 2022

    Adxunto deixo a 'Gaceta' para quen non puido botarlle unha ollada en papel. Ver todas as edicións en Faro Norte.

20220712

Nota de prensa do concello: Dimisión de Mariluz Álvarez

    Acompaño a nota de prensa do concello que dá conta da dimisión, así como ligazón ás mencións a Mariluz no blog e unha nota final.

MANTIVO UN ENCONTRO CXS COMPAÑEIRXS DO EQUIPO DE GOBERNO

Dimisión de Mariluz Álvarez

11/07/2022

A concelleira de Igualdade, Ensino e Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, presentou hoxe a súa dimisión tras máis de 20 anos dedicada á política municipal.

A edil nacionalista abandona por motivos familiares: "neste momento non podo compatibilizar a miña vida persoal e laboral coa política. A min gústame estar ao 100% e agora mesmo iso é imposible. Entón entendín que toca dicir ata aquí cheguei".

Álvarez Lastra tivo palabras de agradecemento "para todo o persoal das Concellarías de Igualdade, Ensino e Mocidade polo esforzo que estiveron realizando desde o pasado mes de marzo para que todo o traballo que programamos saíse adiante". 

Da renuncia de Mariluz Álvarez Lastra darase conta no pleno ordinario da Corporación Municipal de Ribadeo previsto para este xoves, 14 de xullo.

A concelleira ribadense mantivo esta tarde unha xuntanza coas súas compañeiras e compañeiros de goberno municipal na Praza 8 de marzo.

Nota final:  Non podo deixar de lembrar que foi a que propiciou que o meu 'Ribadeando' fose presentado no salón de plenos do concello.

20220711

O pai de Migueliño e os divertimentos acuáticos

O pai de Migueliño e os divertimentos acuáticos

    Tempo ten pasado dende que Castelao escribira a narración curta 'O pai de Migueliño', encadrado no volume II de 'Cousas' e que fai referencia ó retorno dun emigrante das Américas. A un emigrante que volve fraco, desmellorado, que se dá cun canto nos dentes por poder abrazar de novo á súa familia. A un 'indiano'? Non. Segundo o dicionario da RAG (tamén segundo o Diccionario de la lengua española), indiano é o emigrante a América que volve rico; o pai de Migueliño non era indiano...

    A historia, artellada por Castelao, é reflexo de tantas que con seguridade houbo, e mesmo historia que se quedou curta en moitos, moitos casos de xente que aló morreu ou que sinxelamente, non volveu por diversas causas. É máis, boa parte dos indianos volveron de visita ou vacacións, quedando así reducido o continxente que se asentou de volta despois de ter feito cartos en América.

    Veume á cabeza o pai de Migueliño co motivo da festa dos indianos en Ribadeo. Unha festa que rexurde despois da pandemia con tanto pulo como xa tiña antes dela, e a pesar do curto recorrido dende a súa instauración. A lembrar que toda festa tivo algún comezo, aínda que algunhas, como esta, que botou a rodar en 2014, sexa moi recente.

    Tentei dar algunha pincelada sobre a orixe e actualidade das festas no noso entorno aló polo 2001 como introdución a un traballo realizado por alumnado do IES Porta da Auga, impreso co título 'As festas populares no entorno ribadense'. Alí escribía cousas como 'buscando definir as festas na nosa terra, poderiamos cualificalas de microfestas enraizadas nun corazón popular que busca abrirse ó mundo externo gardando a súa propia identidade.' Ou 'Dende unha mirada desligada da terra, un anacronismo que se resiste a desaparecer.' Naturalmente, o libro trataba de festas do pobo, da aldea, da parroquia... e comparábaas e contrapoñíaas a outras que coñecemos daquela en Europa como 'Le Roi de l'Oiseau', en Le Puy en Vélay (Francia), de carácter medieval/renacentista pero con orixe en 1986, a 'Ducasse' de Mons (Bélxica), de orixe medieval, ou os Xigantes de Ath (tamén en Bélxica), xa con longa tradición pero cunha aparición ben posterior á Ducasse. Festas as anteriores que tamén poderían servir de encadre para a consideración da festa dos indianos, unha festa que, usando o dicionario, non cabería chamala festa ‘popular' no sentido de ter saído do pobo, pois foi instaurada institucionalmente sen actividade previa semellante, aínda que poidera selo no sentido de ter sido ben acollida polo pobo. O que non quita que fora instaurada como unha proposta de diversión para contribución ó lucro, algo ben diferente das festas tratadas no libro mencionado. Nin tampouco que entre na definición de ‘festa’ que se poda atopar en calquera dicionario.

     Nesta festa dos indianos, un dos expoñentes principais son os traxes. O luxo de vestimenta que se ostenta deslígase da súa beleza: traxes sinxelos poden resultar moito máis atractivos, bonitos ou vistosos que outros abondo máis onerosos. E, diría, o nivel está alto.

    Retomando o comezo, na festa todo o mundo é indiano (mesmo con mucamas negras), e tenta divertirse a nivel do retorno de xente con diñeiro. Desaparecen así cousas como a volta dos ‘pais de Migueliños’, os sufrimentos na emigración ou mesmo diversas características de época. A festa queda desligada do que se fai desaparecer. A iso ven o título: co motivo da festa neste 2022, encargouse un mural no que aparece como título ‘Ribadeo dende As Figueiras, 1926’ que inclúe un fondo de Ribadeo de época, unha improbable pose de xente máis ou menos ataviada en correspondencia, e, no medio, separando ambas escenas, a ría, cunha moto acuática tirando dun inchable como se poderá ver máis dunha vez este verán. Pode tomarse como unha alegoría: os divertimentos sobrepóñense e a festa pasa a ser un motivo en troques de ter un motivo.

20220706

Se queres a paz...

    Este xoves irán 19 concentracións, coa guerra en marcha e perdendo titulares... Se queres a paz, prepáraa, constrúea, participa.



20220703

Unha vía verde

Unha vía verde

    Un proxecto como o ferrocarril mineiro Ribadeo - Vilaoudriz significou, coa súa construción primeiro, pero sobre todo coa súa posta en marcha, un revulsivo para toda a comarca. Vía de case 35 km, desenvolta en só tres anos, a comezos do século XX nunha zona daquela con pésimas comunicacións, foi eixo de transportes e desenvolvemento. A súa luz chega ata hoxe tras unir o baixo Eo con Ribadeo, e de alí co mundo enteiro saíndo da ría de Ribadeo.

    Agora ('agora' neste caso é o mesmo que dicir dende hai ben máis dunha década) pretende recuperarse o seu trazado para o lecer, como 'vía verde', acadando outro tipo de dinamización comarcal e social. Non creando da nada, senón aproveitando unha estrutura dos nosos bisavós. Quizais máis modesta, pero non desprezable.

    Claro que o 'agora' é moi discontinuo. De feito, remátase de volver usar un proxecto de 2010 como base para a nova arremetida de peticións dende a comarca ó ministerio en Madrid. No medio, pode que o máis salientable sexa o impulso que decidiu dar un grupo de xente, encadrada nun taller de emprego, a modo de práctica de participación e construción dunha empresa. Corría o outono de 2016 cando se puxo en marcha unha exposición en Ribadeo, repetida despois en Abres, ou se organizou un recorrido do tramo de algo máis de 12 km recuperado no cambio de século entre Santiso de Abres e A Pontenova. Un impulso puntual ó que se sumaron daquela os concellos, que sen abandoar a idea non remataban de darlle adiante.

    Dá gusto recorrer o tramo recuperado. Un paseo á beira do Eo no que van incluídos seis túneles e unha ponte. Camiño que despois do abandono do tráfico ferroviario viña exercendo de vía principal ou auxiliar a lugares dispersos, incluída unha central hidroeléctrica que se debe pechar por orde xudicial.

    A historia da liña Ribadeo – Vilaoudriz é accesible en moitos lugares, de libros e documentos en bibliotecas á Galipedia, pasando por diversas notas de prensa. E o novo camiño, a Ruta da antiga vía do ferrocarril Vilaoudriz – Ribadeo ten xa tamén a súa historia, de anos que leva en xestación. Abondos máis dos que levou a construción da vía orixinal. Pero iso é o pasado. E o futuro? Visto o presente e o seu transcurso, costa traballo ver o final da recuperación da vía como vía verde a pesar da beleza do tramo xa en uso -sen estar exenta de deficiencias- ou do recorrido de tramos practicables hoxe por hoxe, aínda sen a recuperación.

20220701

EL CASTRO DE FORNELO. José María Rodríguez Díaz (2008)

    Un apunte histórico que sería recollido e ampliado despois no libro 'Sobre os Castros de Ribadeo'.

Domingo, 20 de abril de 2008

EL CASTRO DE FORNELO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 10:48

Continuando con el prometido recorrido por los castros catalogados por Patrimonio en el concejo de Ribadeo, y que si son inteligentemente tratados pueden llegar a constituir uno de los mejores fondos culturales y turísticos de este concejo, me voy a referir en este comentario al castro de Fornelo.

Se encuentra situado este castro en la orilla del mar, en las proximidades del núcleo de Río, en la parroquia de Piñeira. Dos kilómetros de distancia lo separan del castro de As Grobas de Vilaselán, lo que nos habla de la interrelación y convivencia que debió de haber entre ambas poblaciones en los tiempos de su ocupación. Actualmente se comunican entre sí siguiendo la nueva carretera que recorre el litoral de las parroquias de Vilaselán y Piñeira.

Tiene en común este castro con el de As Grobas, a parte de su proximidad, la circunstancia de pertenecer los dos a los llamados castros costeros que, a diferencia de los castros del interior, albergaron comunidades humanas de similares costumbres y formas de vida, que vivían en las proximidades del mar y que extraían de él los recursos habituales para su subsistencia.

La forma del castro de Fornelo se adapta a la de la península en la que está ubicado y de la que en aquellos tiempos pasados formaba parte, también, la isla que lo limita por el norte, conocida con el nombre de Insua de Fornelo. La superficie del castro es de 1,75 Ha. por lo que se puede catalogar como perteneciente a los clasificados como de tamaño medio. Su antigüedad es la misma de todos los castros de esta comarca, es decir, pertenece a la Edad de hierro y romana. La propiedad de este castro, al contrario de lo que consta en la ficha de Patrimonio, es de carácter público, gracias a la sagacidad de los técnicos de Concentración Parcelaria que tuvieron el acierto de dejarlo como superficie de masa común. Para mayor abundamiento cuenta, además, con la protección de estar afectado por Costas como zona de reserva del litoral. El itinerario a seguir para visitarlo es dirigirse al núcleo de Río, en Piñeira, y tomar una pista asfaltada que conduce hasta él. Actualmente está dedicado a pastizal. Su conservación es buena, aunque falta una muralla en su lado sur, que en tiempos pasados fue derrumbada, seguramente para hacer pastizal. Sus defensas están formadas por tres líneas de murallas y dos fosos en su parte nordeste y suroeste, denominados aún actualmente con el nombre de Cárcovas debido a los fosos que lo rodean. Al igual que el de As Grobas, la parte restante no defendida por fosos está defendida por el acantilado y el mar. En las proximidades del castro, por su lado suroeste corre un regato, conocido con el nombre de Río do Couto, o de Espadanal según la ficha de Patrimonio, que hoy sirve de deslinde entre las parroquias de Piñeira y Vilaframil, y del que los habitantes del castro se abastecían de agua. Cabe añadir como curiosidad a estudiar por los técnicos arqueólogs que en las cercanías del castro por su parte oeste existe una fosa labrada en roca conocida popularmente como “maseira dos mouros”. La existencia de una mámoa en el mismo castro es también presumible porque hay constancia de la existencia una gran lastra que no hace mucho fue sustraída de allí.

La zona de protección del entorno de este castro quedó fijada en el PXOM en una extensión de 8400 m2.

Alguna de las personas mayores de la vecindad que tenían parcelas de labor en el castro recuerda haber escuchado ciertos comentarios sobre algunos hallazgos encontrados en él, como un torques y que ellos identificaron como una “asa de ouro”.

Descubrir el origen de su étimo no reviste especial dificultad. Fornelo es un nombre que se deriva de su correspondiente latino Fornus ‘horno’, en gallego ‘forno’. A esta palabra latina se le añadió el diminutivo despectivo -ullus, en gallego -elo, que finalmente formaban Fornullus en latín y Fornelo en gallego, para referirse con esta palabra a un horno pequeño y sin importancia. ¿Recibió este nombre por haberse, quizás, conservado allí desde la antigüedad algún horno dedicado a la fundición de metales o al cocimiento de harinas perteneciente a la primitiva comunidad del castro? Tal vez pudiera ser esa la explicación del topónimo con el que hoy se le conoce.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.