20210717

Coronavirus en Vilalba 20120717

  De novo 19 casos (onte, 12), incidencia de 135 casos por cada 100 000 habitantes a 14 días (onte, 85). Sen vacina, unha subida así xa voltaba a poñer a Vilalba no disparadeiro. Así, vai ser menos, pero segue a faltar o sentidiño, polo que parece.


   Anteriores desta serie.

20210716

Novos casos do coronavirus en Ribadeo (XX)

    Dende febreiro non había tantos casos en Ribadeo. De onte a hoxe, a incidencia rexistrada polo Sergas saltou de 12 a 20 casos, é dicir, de 120 a 200 por cada 100 000 habitantes. Dise que o brote está asociado ó visionado do campionato de futbol en conxunto nun local, algo que non puiden comprobar. En calquera caso, o aumento rápido de onte a hoxe fai prever que seguirá a aumentar nos próximos días.

    De novo, xentidiño!: a vacinación vai avanzando, pero aínda queda moito, e as vacinas non son efectivas 100 %. Todos temos fallos...

Nota: as tempadas sen datos, en xeral o número de casos mantívose por baixo de 10.

Toma de pantalla da web do Sergas, a media mañá de hoxe.
Anteriores desta serie


20210714

Corrupción Municipal. José Mª Rodríguez Díaz (2006)

   Artigo publicado por José Mª Rodríguez Díaz no seu blog O Cargadoiro o 3 de novembro de 2006. 

Viernes, 03 de noviembre de 2006

Corrupción MUNICIPAL

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 22:59

Constantemente están saliendo en la prensa numerosos casos de corrupción municipal, a lo largo y ancho de toda España. Los medios, orales y escritos, informan diariamente de la proliferación de casos de corrupción, desde Marbella a Ciempozuelos. Y hasta tal punto que la gente empieza a identificar gestión municipal con corrupción.

Se trata de municipios en los que han aterrizado individuos que, de una u otra forma, se dedican a la especulación inmobiliaria, al pelotazo y a la corrupción. Se constata la frecuente existencia de actitudes de cohecho, malversación, favoritismo y percepción de comisiones. Las competencias que en urbanismo tienen hoy los concejos son atractivos demasiado fuertes para despertar las bajas pasiones de los que dedican su vida a la gestión de lo público en esos palacios de oro que son los ayuntamientos. Y ello, independientemente del partido que se esconde detrás. Cabría pensar, no obstante, que no son los políticos los únicos responsables de lo que pasa. El pueblo que lo permite mediante su voto y que después de depositar la papeleta se lava las manos, ¿no tiene nada que ver?

Es un fenómeno nuevo que se agrava y multiplica cada vez más, según van avanzando los años, desde que se instauró la democracia. En tiempos pasados, solía darse algún caso de dudosas operaciones destinadas a financiar a partidos políticos. Casos aislados que saltaban a la prensa, de vez en cuando, con el consiguiente escándalo de los ciudadanos y a los que los políticos parecían inmunes.

Pero hoy la corrupción está avanzando, cada vez más, hasta llegar a niveles alarmantes, alcanzando a muchas personas particulares que, convertidos en verdaderos expertos inmobiliarios, buscan el rápido enriquecimiento: de pocero se pasa a promotor, de carpintero a constructor o de banquero a especulador. Y hasta se sospecha que hay muchos alcaldes que están dando permisos, de dudosa legalidad, a cambio de la generosidad de los dona ferentes. Y, a través de estas maniobras oscuras, pasan directamente de pobres a ricos, ante las propias narices del pueblo. Y es que el urbanismo tiene la virtud que tenía el rey Midas, de convertir en oro todo lo que tocaba.

En el último cuarto de siglo los ayuntamientos han ido adquiriendo una creciente autonomía en la gestión de sus recursos. Pero al mismo tiempo, la función municipal se está viciando, cada vez más, con actitudes de abuso como el clientelismo, el amiguismo, el nepotismo y el abuso de poder. Las causas que generan la corrupción pueden ser muchas. A veces, son los propios empresarios los que actúan de corruptores -los dona ferentes de siempre- deslumbrando con sus dineros a unos concejales no habituados a los brillos de la fortuna. Es, otras veces, la mediocridad de los alcaldes y concejales, que se convierten en gestores fácilmente manipulables. Sin olvidar que hay muchos que buscan en la política un medio de vida cómodo y bien remunerado. Y, entre todas las causas, el factor desencadenante de la corrupción, suele ser casi siempre el urbanismo, en el que priva la permisividad por encima de todo. Y mientras el urbanismo dependa de la decisión de unos poderes con muy escaso control, como son los municipios, será imposible frenar la corrupción.

Es hora de que se plantee el Estado la necesidad de impedir que se pueda seguir avanzando por este camino. Porque la corrupción urbanística produce sus víctimas: los pueblos, el paisaje, el territorio, el medio ambiente y los ciudadanos y sus hijos que sufrirán las consecuencias en el futuro.

¿Es trasladable esta alarma a Ribadeo? La inocencia es una presunción obligada que ha de estar siempre por encima de la sospecha. Pero ante el boom urbanístico que se avecina en la mariña y el famoso 'si-si' del alcalde a las pretensiones de las constructoras, ese 'si-si' con el que salieron adelante los convenios salariales de los funcionarios, los urbanísticos de las promotoras y ciertos edificios en nuestra villa, se impone tratar de evitar, por todos los medios, que se siga desarrollando 'un urbanismo desaforado en connivencia destructiva entre promotores y municipio', como dice Víctor Moro en un artículo suyo, en el que se lamenta del retroceso que sufre su Ribadeo natal. Porque, como dijo el emperador Vespasiano contestando a su hijo Tito, cuando éste le reprochaba un impuesto sobre letrinas: pecunia non olet, 'el dinero no huele'.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

20210713

Xornadas de historia local. 50 anos da AC Francisco lanza


    A AC Francisco Lanza cumpre 50 anos ó paso polas XIX Xornadas de historia local. Un novo número de cadernos ribadenses e actividades varias.

Socialismo en Europa


   Este xoves 15 de xullo terá lugar a presentación do libro 'Socialismo en Europa' de Xabier Pérez Dávila, no Cine Teatro de Ribadeo, ás oito da tarde.

 

20210712

Colaboracións público-privado fronte a público-comunitario

   Madrid e a súa vacinación no Corte Inglés volve a presentarme unha vez máis a chamada 'colaboración público-privada', vista ó noso arredor, en hospitais, autoestradas... e en calquera outro lugar onde se poda sacar lucro con servizos, lucro privado a conta do público, da xestión do comunitario. Coido que esa é a cuestión dunha expresión que considero un eufemismo: o lucro. Se non fose polo lucro, as 'colaboracións público-privadas' respondería a outra idea, darían outra visión, tería outro desenvolvemento, como colaboración. Ou sexa, non habería tal 'colaboración' entrecomiñada e como substitución de contrato mercantil ou semellante, senón sinxelamente colaboración, sen comiñas, e por moito que o Corte Inglés pareza un ánima caritativa poñendo vacinas. Despois de ter preferencia na vacinación do seu persoal, servindo de propaganda gratuíta e ademais atraendo xente ó lugar do negocio. E despois de torpedear a sanidade como servizo público dende dentro. E todo, propiciado pola política ao mando e presentando a desfeita como algo que debemos agradecer á empresa privada nun acordo como din os americanos win-win, entre vencedores, no que todo o mundo gana: a xente pode vacinarse antes e os dependentes da empresa, aínda antes: Que pode estar mal?.

   Por outra banda, non se fala máis que raramente dunha colaboración sen a que a estrutura pública veríase fortemente afectada, colaboración que ademais leva tempo sendo repelida de diversos xeitos por moitas institucións que ven a xestión comunitaria como un 'coto privado' das institucións chamadas públicas por depender da estrutura política, é dicir, que substitúen a idea de xestión co común por xestión das autochamadas institucións públicas. Tal parece ás veces que o comunitario fose un anatema fóra da propaganda que se poda facer á súa costa, e o público algo que non é de ninguén e do que hai que fuxir unha vez trasladadas as súas funcións ó ámbito privado, da sanidade ó exército, da educación á burocracia. A través de chiringuitos esperando o día de poder allear mesmo ese poder incontrolado e opaco e facer máis privada a sociedade. Non unha sociedade calquera, non, senón A Sociedade. Esa sociedade que deixou o comunitario, bens e servizos, en mans de xestores, confiando neles para unha xestión que agora deciden subcontratar, quedándose e aumentando os beneficios do seu posto e diminuíndo o poder e a riqueza da comunidade en conxunto, nun traspaso do que é de todos ó que é só dun puñado. É dicir, para privar a sociedade da súa esencia para conseguir o obxectivo de privatizala.

   Metaforicamente pódese falar de que se se chega ate a pechar con chave legal mesmo o Sol. Así se poden interpretar as trabas a dispor de enerxía solar de xeito autónomo nas casas: quérese o tellado como lugar de produción para o exterior a custe cero para a rede, mentres os prezos da electricidade subministradas por ela medran sen moito control, comezando dende o pago sinxelamente por dispor de electricidade, independentemente de canto se consuma, a máis do propio consumo. E non só en España. Aínda hoxe remato de ler un titular que apunta á preferencia de Biden de aumentar o número e potencia das liñas eléctricas 'para transportar electricidade dende as granxas solares e parques de aeroxeradores', primando iso, as compañías privadas de xeración, sobre a posibilidade de aproveitamento do Sol de xeito directo por parte da comunidade.

   Por certo, que é a escravitude se non o alleamento de posesións e actos, pasando a ser privativos da persoa ou entidade escravista? Nese proceso de alleamento anda a nosa sociedade...


20210711

Viaxeiro que ves de lonxe. Pablo Mosquera

 

S. Cibrao

Viaxeiro que ves de lonxe

Así comeza un tema musical que canta o meu colega médico Luís Emilio Batallán e que recolle un poema de Celso Emilio Ferreiro. Moi propio para este tempo estival con Xacobeo e vacacións que como mellor poden investirse é viaxando. Algo así como as causas que puxeron ao Pai Sarmiento con máis de cincuenta anos entre as paredes de bibliotecas monacales ata que decide chegado o momento de ver e pasear por eses lugares que foron unha realidade virtual digna de patear, sendo testemuña directa da paisaxe e o paisanaje. Tres viaxes pola Galicia do século XVIII, describindo Compostela pero tamén as Rías Altas.

Durante boa parte dos séculos XIX e XX, viaxar por Galicia era unha aventura pragada de obstáculos -transporte e orografía- Sen dúbida hai que agradecer a Ruth Matilda Anderson, esas fermosas instantáneas que contribuíron, desde o primeiro terzo do século XX, a difundir imaxes fotográficas cargadas con ese máxico halo galaico que tanto atrae ao viaxeiro con alma sensible á procura de escenas nunca dadas no medio urbano europeo. E é que, mirada e narración, son fórmulas para espertar inquietude e en moitos casos para distinguir o mundo Galaico do resto peninsular, ou para ilustrarse coa peculiaridade histórica, patrimonial e real da nosa Galicia, sempre mal descrita por presuntos eruditos madrileños, cataláns e vascos, sinalándonos como a esquina verde de España -celtomanía segundo Cal en 1998.

Hei ter estes días a oportunidade de mostrar este norte Cantábrico Galaico a dous arxentinos -os meus primos irmáns con orixe xudía como eu- Son viaxeiros mundanos que foxen do inverno e cargan as súas almas, metade galegas. Non coñecían a costa ao norte do norte. Quedaron hipnotizados coa desembocadura do Sor formando a ría do Barqueiro, vista desde a terraza do Semáforo, degustando esa marabillosa cervexa Estrela de Galicia en versión "colorada". Para logo degustar a excelsa gastronomía da mar, no porto de Vicedo, onde o arroz con bogavante ou a ventresca da actual costera, traen todos os sabores da nosa nai a mar e o noso pai ou vento mareiro.

Mentres brindabamos polos ausentes, sempre presentes, como bos discípulos de Prisciliano, falamos dese cruzamento máxico na Estaca de Bares, onde almas de pecios e mareantes do Atlántico crúzanse coas do Cantábrico, ou o misterio desas noites de plenilunio en que as almas de Cabaleiros Templarios procedentes da Coelleira, son Santa Compaña para celebrar vésperas na Igresia Vella da Concha nas proximidades do porto Fenicio en Bares.

Os tres Sargadelos -arqueológico, museístico da loza, legado de Isaac e Luís Seoane- A caza da ballena ilustrada desde a Atalaya e o Museo do Mar en Illas San Cyprianus, cunha exquisita degustación de erizos a estilo Cuca e Carmenchu en Buenavista. O románico de San Martiño cos seus antecedentes Britonienses-Dumienses. O concerto da Paula e Róldaa cun caldo en cunca de cantina Mindoniense, mentres lles mostraba a capital rica en augas, pan e latín. Para finalizar entre as rúas gremiales dá Vila do Landro e a visión balsámica por a ría de Ribadeo con esas embarcacións a vela latina,

Á mar puxemos de testemuña para regresar mellor pronto que tarde.

Pablo Mosquera

Presentación do libro Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo

    Deixo a ligazón ó audio da presentación do libro Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo xunto con algunhas fotos do acto entre as tomadas por Ánxela e Sabela Fernández.

   O acto, que tivo lugar onte, 10 de abril de 2021 na Casa do Viejo Pancho de Ribadeo, inaugurando esa función do edificio que, entre outras cousas, alberga a biblioteca de Daniel Cortezón, contou coa presenza de Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo, que falou en primeiro lugar, pasando despois a min, Antonio Gregorio Montes, como secretario de O Tesón, a Pancho Campos Dorado, Presidente da mesma asociación, e ó autor do libro, Xosé Isidro Fernández Villalba.

   Ó audio fáltanlle os primeiros momentos. Asemade, é posible que tarde un tempo en comezar a executarse ou que sexa necesario descargalo para escoitalo (segundo configuración do equipo)

   -Nota posterior: incorporo ó final a foto da entrevista que lle fixeron a Xosé Isidro Fernández con anterioridade á presentación, e publicada dous días despoisd dela.

Explicación do autor, nun momento da quenda de preguntas

O autor, nun momento da charla

Compoñentes da Mesa. De dereita a  esquerda segundo se mira, Pancho Campos, Fernando Suárez, Xosé Isidro Fernández e Antonio Gregorio