Este artigo comeceino a escribir hai tempo (en decembro de 2016) por iso algunha cousa pode soar rara lida meses despois. E iso, aínda que as súas raíces están abondo máis aló, por exemplo no 2009...)
Aínda non rematou o ano, pero xa se están a botar contas de movemento, por exemplo, do porto de Ribadeo. Ármome de paciencia e comezo a procurar datos non só do 2016, senón de anos anteriores. Redondeando, despois de revisar o blog, prensa e calquera dato que puiden atopar, as saídas de carga do porto de Ribadeo (en toneladas métricas) foron no
2000, 327 000
2004, 400 000
2005, 419 000
2009, 205 000
2010, 430 000
2011, 495 000
2012, 489 000
2013, 534 000
2014, 568 000
2016, 438 000 (ata decembro; proxectando, unhas 470 000 no conxunto do ano). Non digo que non se poda atopar máis información, pero eu, agora, cheguei ata aquí.
Atópome faltas de diversos anos, e sobre todo, con irregularidades, non me cadran os números. Nalgúns casos só podo dicir algo como 'o máis probable é que a cantidade se achegue a'... e con iso non se pode facer moito. Nin se pode fiscalizar mínimamente a actividade portuaria, nin saber cantos cartos entran, o seu balance económico, avaliar as súas necesidades de servizos, ampliación, impacto de dragado, ... Pero é que os datos non son públicos!
Si, é 'o noso porto'. Si, a administración corresponde á Xunta. Pero resulta que non, a Xunta delega nun organismo 'semiautónomo' (=autónomo cando convén á tranquilidade, dependente para poñer a dedo a xente que gana a pasta e que debe decidir) Portos de Galicia. Por algo a este tipo de entidades, que ten proliferado moito, lle chaman 'chiringuitos'.
E voltemos a Ribadeo, hoxe. Levo nestes momentos máis de mes e medio tentando conseguir unha información que considero de elemental coñecemento a disposición dos cidadáns, noso. Intenteino de varios xeitos, máis aló dos papeis en internet ou hemerotecas, sen froito polo momento. Agora non me poñerei a facer un relatorio, seguirei aínda un tempo a procura. E logo, xa veremos.
Sei que non son o único que anda detrás dunha información semellante, con resultados asemade semellantes. E o de portos é só un caso entre moitos; aí está tamén Puertos, con nula información sobre a illa Pancha, como outro exemplo entre unha morea máis.
Cos datos anteriores, os que puxen ó comezo, pódese construír unha bonita gráfica... inexacta:
O dito, seguiremos intentándoo...
20170211
20170210
O comezo da historia de Ribadeo en internet
O outro día pedíronme o correo electrónico para unha xestión. A outra persoa quedou sorprendida porque no correo que lle din aparece o 2001. Non lle expliquei que antes desa data xa tivera outras contas de correo, pero quedeime pensando sobre a chegada de internet a Ribadeo.
Hai unha parte, anterior á web, que polo momento, considero perdida. Houbo algún intento de conexión, pero non teño datos nin sei se se poderán conseguir datos precisos. Mais, a partir da existencia do protocolo hipertexto (html) e da worlwide web (as célebres www), a cousa cambia coa recollida de datos por parte do 'internet archive'. Aí pódense ver diversas páxinas recollidas, copiadas e almacenadas, podendo recobrar algunha versión e tendo apuntado datas de recollida das páxinas por IA. E aí poden atoparse datos sobre a historia das páxinas web de Ribadeo. Sobre todo, se por ter participado nela, se sabe por onde comezar.
Pensaba que o primeiro sitio tiña sido un sitio familiar feito por min, que chegou a ter unhas 100 páxinas con información sobre Ribadeo, a banda, literatura en galego... e que chegou a ser reseñado (en 1997? 1998? non estou fixo, tería que poñerme a procurar) no El País precisamente por iso, pola referencia á lectura. E, certamente, algunha das súas páxinas son as primeiras recollidas no arquivo, no que aparecen no muestreo de 2 de decembro de 1998. Así pasa por exemplo coa páxina que lle pedín ó alcalde de aquela como presentación para cando se presentou en Ribadeo un autobús da Xunta para presentar/ensinar no pobo o que era internet. Ó non haber páxina, e estar avisado de que viría, quixen facer unha presentación do pobo nas miñas páxinas, que rematou chegándome a traverso de Paco Rivas o día anterior. Esa páxina en concreto está recollida por internet archive o 2 de decembro de 1998 (é dicir, o que se pode ver almacenado corresponde á versión dese momento), pero fedellando no seu código pódese ver que aparece a data de 18 de xuño de 1996 como a de creación da páxina. A páxina tiña a dirección http://personal.redestb.es/agremon/j_carlos.htm (o sitio non existe xa dende hai anos, pero esa é historia para outra vez) e pódese ver en internet archive en http://web.archive.org/web/19981202065913/http://personal.redestb.es/agremon/j_carlos.htm.
Outras moitas páxinas do mesmo sitio aparecen tamén referenciadas nos seus datos internos en xuño de 1996, aínda que recollidas por internet archive por primeira vez a finais do 1998 ou xa no 1999. Así, a páxina xeral adicada a Ribadeo, que aparece en http://web.archive.org/web/19981205201602/http://personal.redestb.es/agremon/ribadeo.htm, foi recolida o 5 de decembro de 1998, mais foi creada o mesmo día que a xa citada.

O sitio avisaba na súa páxina principal, cun banner móbil, 'ten conta que é unha páxina personal...'
algúns outros exemplos das súas páxinas son:
Recuncho da lectura, http://web.archive.org/web/19981207004343/http://personal.redestb.es/agremon/index_m.htm, recollida o 7 dec 1998
Banda, http://web.archive.org/web/19981205130820/http://personal.redestb.es/agremon/bmr1.htm, 5 dec 1998
... con fotos: http://web.archive.org/web/19990129022721/http://personal.redestb.es/agremon/bmr_f.htm, 29 de xaneiro de 1999
Feira de ciencia... http://web.archive.org/web/19990129040004/http://personal.redestb.es/agremon/feira.htm
De calquera xeito, pensaba. Porque ó ir ó outro sitio do que sabía a súa existencia por aquela época, atópome que a súa páxina máis antiga aparece no medio do html como algo anterior, do 2 de abril de 1996, aínda que recollida por primeira vez por IA o 11 de maio de 2000 e accesible no arquivo de internet acrchive a partir de 4 de decembro de 2000. A páxina é esta: http://web.archive.org/web/20001204150500/http://www.ribadeo.com/
A ela chégase por unha redirección dende eonet (http://web.archive.org/web/20010618044007/http://www.disbumad.es/empresas/eonet) redirección de retardo 2 s, ambas páxinas de Antonio Andina:
Posto en contacto con el, temos clara a orixe, antes da chegada do célebre autobús, e que ambos comezamos ó tempo. Non cadra unha diferenza de más dun mes entre que unha e outra páxina foran colgadas.
Ese foi o comezo. A partir de aí, virían moitas cousas máis. Como, anos despois, o primeiro anuncio pagado en Google dende Ribadeo ou multitude de páxinas e blog, moitos deles efémeros.

Etiquetas:
blog,
historia,
sociedade,
tecnoloxía
20170209
Tres momentos dunha porta que cerca un ben común
1.Ata novembro 2016. Xa estaba a illa cercada, mais aínda quecaba a ilusión de que era de todos:
2.Co comezo da privatización... Rompendo a porta, rompendo a illa (novembro 2016):
... é que non podía pasar o camión para facer a obra no faro, e nas pequenas cousas (ou nas grandes) debe primar o 'progreso' sobre a historia, a natureza ou a sociedade.
3.Martes, 7 de febreiro de 2017. Reconstrución? Non, 'adaptación':
Pequenas cousas que se van acumulando, consolidando o cercamento e a privatización dun ben común. O territorio forma parte fundamental da identidade das persoas. Estamos a perder territorio, o noso territorio, e con el tamén estamos sendo cercados nós, perdendo un pouco da nosa identidade.
--
Outros artigos sobre a privatización de Ribadeo.

Illa Pancha
Asemblea de O Tesón 20170204
Corto e pego o borrador da acta da última asemblea de O Tesón:
Asemblea Xeral ordinaria
da Asociación de Veciños O Tesón
Salón de Actos Casa do
Mar, 20170204, 20:00, con asistencia de 6 socios.
Ó
estar a asociación nunha situación previa á súa disolución, a
orde do día consta de un único punto:
1.Futuro
da Asociación.
Pola
presente, convócase a tódolos socios de O Tesón á asemblea xeral
ordinaria que terá lugar no salón
de actos da Casa do Mar
o día 4
de febreiro
de 2017,
sábado, ás 20:00
horas en segunda convocatoria (ás 19:30 en primeira convocatoria,
que previsiblemente non se fará por falta de quorum)
Está
previsto un punto único na orde do día:
1.Futuro
da Asociación.
Como
comentario ó único punto, despois de ter pasado un ano de prazo
como foi previsto na última asamblea, e ante o feito de que non hai
candidaturas á directiva, pero si nos teñen manifestado moitos
socios (e mesmo non socios) un apoio para a continuidade, estanse
estudando diversas posibilidades, como continuar a situación actual
de xeito indefinido, editar un novo libro de tema ribadense, etc,
algo que queremos consultar a quen teña a ben asistir.
En
Ribadeo, a 15 de xaneiro de 2017
O
Presidente,
Francisco
J. Campos
Desenvólvese
a sesión estando todos as asistentes de acordo en procurar unha
fórmula para evitar a disloución.
Arturo
Linares reitera que el non quere seguir en ningún posto de
responsabilidade, autoexclíndose de calquera directiva que se poda
formar.
Rocío
Botana indica que se é posible, ela tamén prefire non formar parte
dunha nova directiva.
Incorporaríase
á directiva José Ángel Salvatierra Rico.
Acórdase
non pasar cotas polo momento, ao menos ata ir normalizando a
situación.
Acórdase
reconstituír a directiva para seguir funcionando, se ben con
actividade reducida, empregando a estrutura da asociación cos mesmos
obxectivos que ata o momento constan nos estatutos, para o que é
necesario unha redistribución de cargos e revisar as sinaturas da
conta bancaria.
Asemade
tamén se acorda a publicación en canto esteña preparada a edición,
dunha obra de José Mª Rodríguez, a repartir entre os socios.
Ás 20:40 dase por concluída a Asemblea.
Etiquetas:
O Tesón
20170204
Borrow en A Mariña. Artigo de Pablo Mosquera lembrando unha vella viaxe
Cuenta George Borrow que tras estar en Corcubión, pasando por Compostela, emprende el camino desde Galicia hacia Asturias. A pesar de marearse, descubre la magia de cruzar rías con embarcaciones a remo, mientras la tripulación canta en gallego; y así hasta llegar a Ferrol. Le duele la ruina de aquella ciudad- tras el desastre de Trafalgar- que supo de carpinteros de ribera constructores de las fragatas para la Marina de España. "Soy la viuda de un valeroso oficial que llegó a ser Almirante". Toda una foto del momento...Mientras, queda asombrado por la grandiosidad de los astilleros, que señala como muy superiores a los de Rusia e Inglaterra, dando fe de un glorioso pasado naval.
Entre las lluvias del otoño norteño y propio de nuestro Cantábrico, acompañado por su fiel Antonio da Traba, Llegan a la ciudad de Viveiro, con la luna mostrando sus murallas. Siguen su viaje, bordeando la costa, y se detienen en Foz, camino de Ribadeo. Ensalza la categoría portuaria comercial de la ciudad en la desembocadura del Eo. Cruza en barcaza la ría, acompañado de Martín, un gallego alegre, al que avergüenza la actitud de pillabanes a la caza del viajero. Llega hasta Castropol, entre canciones marineras. Y, como no puede ser de otra manera, surge la leyenda-conto: Los duendes de dos frailes franciscanos mendigantes, que llegaron a matarse en una discusión sobre cuál de los dos había logrado mejor limosna. Sus almas, vagan en pena por los caminos del antiguo reino de Galicia, que llega hasta el Navia.
Cualquier disculpa, incluso la de vender Biblias en lugares recónditos, es una buena iniciativa para quien tiene alma inquieta y espíritu de aventurero, que prefiere al pueblo llano, antes que a decadentes patricios. Y así emerge una imagen. La que nosotros mismos, los de aquí, no vemos, o no nos dejan ver, mientras los de fuera, son capaces de apreciarlo- la estricta realidad y el valor de los hechos- Don Jorgito el Inglés, con una juventud bohemia, casi vagabunda, admira al pueblo gitano, sabe idiomas, trabaja para la Sociedad Bíblica Británica que le hace viajar a Rusia, Portugal, España, dónde llega a ponerse al frente de una librería en la calle del Príncipe en Madrid, mientras vive por los alrededores de la Puerta del Sol.
Hace unos días, en un mesón-cantina del puerto del Vicedo: Carlos Nuevo Cal, Vicente Miguez, Andrés Díaz, David, Tino y yo mismo, dedicamos la tertulia a su viaje en 1842.

Pablo Mosquera
Por boca do alcalde. Por nuestro faro
Grazas, sr. alcalde, por facilitarnos o traballo. A alcaldía fixo pública o pasado día 23 unha nota de prensa que asumimos plenamente e lle pedimos que lea como se fora dirixida por nós para vde. Para facilitarlle o traballo, fixemos algúns comentarios:
“Eu quero falar das inxustizas e do desamparo ao que moitas veces os cidadáns (...) nos vemos abocados pola incomprensión ou polo inxusto desleixo que outras administración ou outras institucións fan sobre nós”. Verbas dun representante do grupo ‘Por Nuestro Faro’ sobre como se está a levar todo o relacionado coa Illa Pancha desde as institucións (concello incluído)? Si, claro. Mais a súa orixe é outra. Son verbas postas en boca do alcalde na nota de prensa do día 23 de xaneiro sobre como é tratado o tema do alumeado na Ponte dos Santos. Inxusto desleixo. Si, totalmente de acordo.
"Pero que non se confundan todas elas porque nós somos pequenos, pero cando a razón nos asiste non nos cala a boca ninguén, nin o Rei nin o Defensor del Pueblo, que é a quen me estou referindo". Non, co Rei non tratamos, pero xa se sabe, unha licenza poética… De novo, subscribimos o pé da letra e podemos intercambiar as nosas palabras coas súas, que retratan moi ben o que está a suceder coa Illa Pancha, pero esta vez o alcalde de Ribadeo está á outra beira.
"Hai un tempo lle enviamos un escrito da inxustiza que tíñamos (...) por quen ten que ser o titular desa infraestrutura, que é o Ministerio de Fomento". Si, o Ministerio de Fomento, a traverso de Puertos del Estado, exerce a titularidade sobre o faro da Illa Pancha, poder que agora quere delegar nunha empresa privada. Tamén este parágrafo retrata a situación da illa Pancha. E tamén son verbas do alcalde por un tratamento inxusto, queixas ó Defensor del Pueblo para denunciar ese tratamento. E tamén, neste parágrafo, poderiamos meter ó concello de Ribadeo da beira escura.
"O Defensor del Pueblo, con sede en Madrid, contestounos literalmente por boca do que lle dixo o Ministerio de Fomento, sendo neste caso unha mera correa de transmisión e non un órgano autónomo, independente e sobre todo xusto, que é para o que foi creado". Aquí non podemos facer totalmente nosas as palabras: o Defensor pediu datos, pero aínda non nos deu unha contestación definitiva, e non sabemos se o fará por boca do Ministerio de Fomento ou por boca da alcaldía. Levamos desavantaxe.
"Me queda unha reflexión, ¿quen nos defende do Defensor?. En todo caso que saiban todos, as administracións que están involucradas nesta infamia, que faremos o posible e que, antes que despois, obrigarémolos a que cumpran as súas obrigas”. Aplausos.
Salvo por algún detalle, cando fala de cousas concretas da Ponte dos Santos, a nota de prensa podería estar redactada polo grupo ‘Por Nuestro Faro’ e contra Fomento e o Concello, en troques de estar feita polo alcalde de Ribadeo contra Fomento e o Defensor del Pueblo. Tal parece como se o subsconciente tivera fallado neste caso
As citas están tomadas da nova do concello de 23/1/2017 sobre o alumeado da Ponte dos Santos.

20170202
Concentrados á beira da ría de Ribadeo
Si, concentrados. De 'campo de concentración'. En Arnao.
Cheguei polas redes sociais hai uns días a unha vella publicación de 'La Nueva España', "Arnao, el campo de concentración donde se conocieron los padres de Javier Fernández", accesible de xeito doado en internet. Coido que salvo polo consciente e reiterado cambio de nome á ría, marchamo de lne, a idea das circunstancias que impregnaban o día a día no campo de concentración de Arnao está ben ilustrado para memoria de quenes non chegamos a coñecelo.
A un clic da procura en internet temos unha historia que hoxe por hoxe a maioría da xente de Ribadeo (ou doutro lugar do entorno da ría) descoñece. Algo que tamén é memoria histórica, e sobre oque, o pouco que se fixo para lembralo, unha pedra chantada no lugar, foi reitaradamente saboteada, de tal xeito que agora só é iso, unha pedra chantada á beira. En pouco tempo cumpriranse 80 anos da súa creación. Farase algo? A única lembranza anterior, a da pedra, foi a cargo dos socialistas de Castropol. E agora, tomará alguén a iniciativa?
Etiquetas:
historia
20170201
Unha nova nota de prensa. Esta vez, sobre os cortes de luz
Aínda non amenceu. Agora hai luz na casa. Un milagre da tecnoloxía do século XIX que ás veces se interrompe no Ribadeo do século XXI. A rede eléctrica necesita un mantemento. Entre outras cousas, e postos en plan capitalista, non de servicio público, por el nos cargan cun termo fixo na factura da luz.
Tres cortes de luz (que non se poden chamar microcortes como tantas outras veces) tiveron lugar en Ribadeo luns. A resposta dende a alcaldía fo esta:
" VARIOS VECIÑOS DIRIXÍRONSE AO CONCELLO PARA QUEIXARSE
Cortes de luz
30/01/2017
O alcalde, Fernando Suárez, critica os cortes rexistrados esta mañá no subministro eléctrico. E sinala que "o prezo da luz segue a subir neste país, pero o servizo que se presta é moi deficitario".
O rexedor conta que "foron varios os veciños que se puxeron en contacto con este Concello para advertirnos desta situación. Houbo unha parte de Ribadeo na que se produciron dous ou tres cortes no subministro eléctrico esta mañá".
Para Fernando Suárez "é inadmisible que se produzan estas anomalías cando temos un pouco de vento ou incluso cando non se move unha folla. A diario recibimos queixas de veciños, de comerciantes, de hosteleiros… de micro cortes de luz e das consecuencias que iso leva aparelladas, como aparatos eléctricos que se estragan continuamente".
O alcalde ribadense agarda que "estas incidencias deixen de producirse e que poidamos contar cun servizo acorde co século no que nos atopamos. O prezo da luz segue a subir neste país, pero o servizo que se ofrece é moi deficitario". "
Os veciños quéixanse e o alcalde... tamén se queixa.
O agardar que estas incidencias deixen de producirse lembra ó tan visto de Rajoy a semana pasada: a luz vai baixar de prezo porque vai chover.
Mentras, #cortesdeluzRibadeo segue funcionando e paseniñamente imos tendo unha pequena base de datos para usar. Si, para usar para que as queixas estean documentadas, para que teñan un efecto contra as grandes compañías ás que do servizo non lles importa máis que facer efectivo o cobro.
Aínda que coido que no seu momento debeu estar enterado da iniciativa, volvereilla lembrar.

#cortesdeluzRibadeo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)