20150402

Listo para Semana Santa?

Segundo a nota de prensa que onte apareceu na web do concello, si. Polo que parece, non. Un exemplo, preto das Catedrais anunciadas na nota de prensa, o camiño costeiro que serviu para potenciar as catedrais mediante unha media marathon hai pouco máis de medio ano. As dúas foto embaixo da fe dunha das abondas anomalías que levan á vista un par de meses menos que a media marathon, e que aínda hai pouco saíron a relocer nas redes sociais. Un pouco máis abaixo, a lembranza do parque infantil en obras, cun chisco de contradición: ofértanse actividades para cativos mentres non poden usar o parque, pero anúncianse como algo extra... Ou as obras varias preelectorais (véxase a r/Ramón González, III fase), que comezaron hai pouco e non estarán rematadas ata días antes das eleccións.
Nun pobo estase a vivir, e polo tanto, sempre hai cousas destas que non están preparadas. Máis aínda cando se comezan obras varias. É pois desculpable. Pero é difícil de entender que se anuncie que "estamos con todo preparado desde o Concello de Ribadeo esperando a visita ao noso municipio".


Hai oito anos (8/4/07): Comeza a historia de Ribadeo

Hai oito anos, en 'Ribadeo historia', un blog no que hai tempo deixei de publicar, abría a publicación co seguinte comentario:

A historia de Ribadeo xa é vella. Pero non tivo aínda un blog adicado. Este pretende ser algo parello a esa adicación. Non se trata de comentarios, senón de documentos. De ir colgando en internet, ós poucos, documentos do concello, partidos políticos, institucións, ... relacionados con Ribadeo. A oportunidade coa que nace son as próximas eleccións municipais, e para ir collendo corpo, está preparada unha primeira tandada de documentos: os programas e folletos que usaron os partidos nas eleccións pasadas, á espera de que saquen os programas destas novas. Son os documentos máis doados de obter, pero non serán os únicos: pouco a pouco, irase enchendo con documentos variados, para os que espero a colaboración de todos. É dicir, preténdese un docublog.
Poderán deixarse comentarios, pero estarán moderados e só se admitirán para aportar máis datos.


Hoxe, para lembranza, republiquei xa outros artigos daquela época, en total, todos os publicados en abril de 2007:
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/04/triptico-bng-para-anuncio-do-programa.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/04/triptico-psoe-para-anuncio-do-programa.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/04/programa-resume-do-bng-para-as.html
http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/04/triptico-pp-para-anuncio-do-programa.html
Espero republicar máis artigos deste blog xa extinto, pero con memoria na rede.

Tríptico BNG para anuncio do programa das municipais 2003

Artigo copiado de http://ribadeo-historia.blogspot.com.es/2007/04/trptico-bng-para-anuncio-do-programa.html
--


Está numerado por razóns de análise. Non se amosa parte do folleto: as fotos dos candidatos e a portada.
Para ampliar e ver ben o folleto, premer no botón esquerdo do rato sobre a imaxe.

Tríptico PSOE para anuncio do programa das municipais 2003

Copia de http://ribadeo-historia.blogspot.com.es/2007/04/trptico-psoe-para-anuncio-do-programa.html
--

Está numerado por razóns de análise. Non se amosa a outra beira: as fotos dos candidatos e unha carta en galego e castelán animando ó voto.
Para ampliar e ver ben o folleto, premer no botón esquerdo do rato sobre a imaxe.

Programa-resume do BNG para as municipais 2003

Nota: esta entrada publicouse primeiro en http://ribadeo-historia.blogspot.com.es/2007/04/programa-resume-do-bng-para-as.html
--

O formato de folla grande fai máis dificultosa unha presentación adecuada, pero aquí está o 'xornal' co programa do BNG para as municipais 2003. Máis adiante, con máis tempo, espero facer unha presentación máis axeitada.
como sempre, premer co botón esquerdo do rato sobre calquera das catro imaxes elixida para ampliala.







































20150401

Tríptico PP para anuncio do programa das municipais 2003

Nota: esta entrada publicouse primeiro en http://ribadeo-historia.blogspot.com.es/2007/04/trptico-pp-para-anuncio-do-programa-das.html
--


Non se amosan as fotos dos candidatos e unha carta en galego e castelán animando ó voto.
Para ampliar e ver ben o folleto, premer no botón esquerdo do rato sobre a imaxe.

Candidatura completa do PP para Ribadeo, ordeada e con algún comentario

Foi desvelada onte 31 de marzo no Hotel O Cabazo.

1.Jesús López Penabad (sabido dende hai tempo)
2.María Rosina Tosar López (anunciada previamente)
3.José Juan Estévez Fernández
4.José María Suárez García
Catro é o número de concelleiros que ten na actualidade o PP, pero co aumento a 17 edís nestas eleccións, para conservar a porcentaxe debera obter outro concelleiro máis.
5.Ana María Castelao
6.Daniel Vega Pérez
7.Abelardo Cuadrado López
8.Baldomero Castro Prieto
A partir de aquí, sería maioría absoluta
9.Alba Rodil García
10.Ana María Docobo Fernández
11.Inocencio Rodríguez González
12.Diana María Fernández ramos
13.Francisco José Pulpeiro
14.Rosa María García Presno Alonso
15.Hernán José Valle álvarez
16.María Concepción Vilabrille
17.Juan Carlos Fanego Díaz
suplentes:
18.María Dolores Tojo García
19.Joaquín SanJulián Díaz
20.Marta Sordo Rocha
21.Pedro José Muruais Fernández
... non se mantén ningún dos concelleiros actuais.
Pode compararse coa lista do 2011.
Candidatura completa do BNG para Ribadeo, ordeada e con algún comentario
Sobre as pasadas eleccións municipais de Ribadeo 2011
E máis sobre eleccións

Unha curiosidade: propaganda institucional en Ribadeo

Fai moita propaganda institucional o concello de Ribadeo? Aprovéitaa o equipo de goberno para facer propaganda partidista?
Son algunhas das preguntas que teñen relación coa propaganda institucional e ás que se ten dado resposta dende diversos puntos partidistas, tendo en conta que o servizo de xestión de novas foi contratado hai non tantos mandatos, e que a web do concello, onde agora tamén se publican, comezou aínda despois.
De cara ás próximas municipais, dun xeito ou outro, máis tenue ou máis claro, ha voltar saír o tema da propaganda institucional. Certo que os temas tratados nas novas do concello son do máis diverso, dende os de interese informativo ata os que se poderían clasificar de só propagandísticos, pero dende a intrusión dos estados nas comunicacións é algo popularmente coñecido que cada dato pode ser importante, pero que o conxunto de información xeral sobre os datos é tan importante como os mesmos datos. E unha das informacións sobre as novas, neste caso, pode ser o número de novas que se producen en cada momento. Tamén é certo que non só se producen novas do concello cando libera unha nota de prensa, pero o certo é que parece que hai unha correlación abondo boa entre ambas cousas, as notas do concello e o número de veces que sae unha nova relacionada co concello nun día determinado, ou mesmo coa frecuencia que sae a foto do alcalde.
Dende o 1 de abril de 2014 ó 31 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos, o concello liberou 253 novas, ou sexa, 0,69 novas diarias, ou 1 nova cada 1,44 días. Boa parte dos días non houbo novas, pero outros houba ata catro.
Pero máis que a media, coido importante a distribución. E vese que antes das europeas hai un pequeno repunte, sendo o seguinte repunte a comezos do verán. E os descansos, xusto despois das europeas un anaco planiño, e outros dous antes das vacacións e despois das patronais. Por meses, xaneiro/febreiro son os de menor intensidade de novas.
O que pasará agora, de cara ás municipais, saberémolo pouco a pouco e só significará incrementar as gráficas un par de meses máis, aínda que poden dar indicacións máis valiosas.
Deixo embaixo as gráficas. A primeira, o número acumulado de novas de de o 1 de abril do ano pasado ata onte mesmo. As outras dúas, as novas que foro datándose día a día en dous formatos diferentes, para poder facerse mellor á idea entre tanto dato.