Hai anos xa que sucedeu. A 'primeira pedra' ante electoral do tramo da A-8 que Atravesa a N-634 á altura do alto dos pinos. Cerimonia informativa no que sería o propio cruce entre ambas estruturas, obviando que habería retraso no comezo en si. E logo, nada, no que respecta ó espazo empregado para a cerimonia. Unhas fotiños de onde como se atopa e como se atopa na actualidade:
A foto inclúe varias referenzas para posicionalo: na parte inferior esquerda, a zona do centro comercial Eroski, na inferior esquerda, o camping Ribadeo. Cara á esquerda na parte superior, o aeródromo de Vilaframil. Na autovía do Cantábrico A-8/E-70, destaca a sinalización en amarelo da saída a Ribadeo, km 508.
A primeira das fotos, un cobertizo abandoado. Non se crea que foi onde se celebraron os 'pinchos', pois había unha carpiña para celebración.
Á súa beira hai un espazo abondo amplo (uns 2000 m2), totalmente inutilizado. O que se ve na imaxe anterior é unha parte pequena, coa N-634 ó fondo. A pequena plataforma de cemento á beira da construción é a que recolle a foto seguinte, e un pouco máis aló hai amontoados uns sacos coa inscrición Sovitec Echostar, que deberan corresponder a pintura para estradas.
O fito da celebración, o fito-fonte co km 620 da Autovía, vemos que quedou arrumbado pola realidade, no que se podería interpretar como unha mostra da falta de cálculo da autovía enteira: o fito ven coincidindo na actualidade preto da saída a Ribadeo, a única dende Galicia, no km 508. 12 km de diferenza con testemuña documental, algo así como un erro só do 2,4%, menor que outros erros mantidos, como a data da súa finalización.
O estado actual dun dos montóns de sacos de pintura, totalmente solidificada unha volta ida a superficie do saco.
E un sorriso: o adorno dun fito do Camiño Norte como dato curioso, pintoresco nun lugar no que, xa daquela, o trazado do Camiño Norte estaba establecido por lugares a unha distancia duns 2 km no punto máis próximo.
Por certo, ó lugar, en parte valado, pero separado da autovía por outro valado, pódese acceder tranquilamente por baixo da ponte da autovía sobre a N634, pois en parte está totalmente aberto e a nivel.
20140220
20140219
Un adianto á residencia de Ribadeo
Iso, un adianto, foi o anunciado polo alcalde de Ribadeo en relación á residencia: comezarase o trámite para a licitación aínda sen asinar a aportación de 500 000 € por parte da Xunta. Para elo, unha manobra: o concello poñerá esa cantidade de ser necesario adiantala porque a aportación se retrase (esa é a proposta de cara ó próximo pleno, que sairá adiante porque ten os votos necesarios).
Entendo que é ó tempo unha boa cousa (evita retrasos que poderían facer perder a subvención xa asegurada, ganando un tempo fundamental) e unha manobra que deixa, de novo, á Xunta en pública exposición en Ribadeo como non colaboradora. Manobra que o goberno xunteiro ten ganada a pulso despois de ser unha rémora ó proxecto durante longo tempo. Agora segue a selo, pero xa non ten a posibilidade de paralo por medios 'normais', polo que é de esperar que a manobra do alcalde surta efecto pronto e se materialice a promesa.
Por iso, aínda que como teño dito fixo que a residencia dará aínda abondo que falar cos seus avatares antes da finalización, xa está en marcha un pequeno resume da historia da consecución. Un resume que estimo é de manual, guía para actuacións futuras de interese comunitario, sobre unha petición que aproveitou as posibilidades que da o poder dos veciños. Como din ó anunciar unha película nunha sala, 'pronto aquí'.

Etiquetas:
política,
residencia,
sociedade
20140218
Ceuta, como exemplo
Estamos vendo nas novas sobre Ceuta e a inmigración un exemplo da pauta xeral que se mantén dede hai xa tempo por parte do estado para case calqueira cousa. Case nos podemos preguntar se é por convencemento, necesidade estimada ou sinxelamente costume.
A cousa é que 'a morte' (así, estimada polos medios como tal, descartando o asasinato, qe soa moi feo) de 15 inmigrantes é tratada, en síntese do seguinte xeito.
Primeiro, negación. Negación de todo. Ata que cada negación concreta non se pode manter porque chega algunha cantrastación a ter unha ampla difusión. Entón, pásase a outra negación diferente, rebaixando o nivel, retrasando, como murallas de contención que foran caendo. Esta estratexia necesita dun complemento necesario: apagón de información, tentar cerrar toda posibilidade de que a xente coñeza a verdade nin por aproximación.
Despois (a orde pode variar, ou mesmo sobremontarse actuacións), pásase a minimizar o ocorrido. O mesmo subordinado que daquela apiou os 'hilillos de plastilina' do Prestige agora tenta pasar que por ser foráneos o que lles poda pasar non ten tanta importancia.
É nesta segunda fase cando toma máis importancia a 'colaboración' dos medios, pois xa se ve a necesidade de crear opinión favorable ós responsables do sucedido, despois de caer as primeiras barreiras da mentira. E así, atopámonos co Informe Semanal da tele pública (por iso de que é de titularidade pública) da fin de semana dicindo que, a partir da testemuña de xente que o presenciou, se vai montar no propio programa unha reconstrución. A xente que o presenciou era un garda civil. E por suposto, limitouse a falar, e non houbo ningún tipo de escenificación. Ou ca presentación de resultados dunha enquisa onte mesmo pola COPE: 54% 'a favor da GC', 46% 'en contra da GC', e dous exemplos de intervencións na enquisa, os dous 'a favor da GC'...
A enquisa da COPE introdúcenos de cheo na que sería a seguinte fase: a de distracción. Distracción externa, tanxencial e interna. Externa, procurando outra nova que salte á palestra e que tape e relegue a que nos ocupa a un plano secundario, de 'déjà vu', extemporáneo, de tempo pasado... Ou tanxencial, levando á palestra os dereitos dos inmigrantes ben tratados noutros casos (mira ti, en Melilla pasaron centos esta mesma semana e agora temos un problema, o alcalde pide axuda), ou botando balóns fóra: a culpa tena a UE (non era o estado español cando a 'traxedia' de Lampedusa o ano pasado o que dicía que algo así non podía pasar en España?), ou contrapoñendo a suposta groria da GC a quen lle quere achacar un fallo para atacala (no mellor dos casos destsa versión, quen non lembra aquelo da velocidade e o touciño?) Ou mesmo interna, a máis difícil, pois implica dalgún xeito, botarlle a culpa a alguén secundario ou que conveña no momento, abrindo unha brecha nas propias filas que sempre leva asociado un custe que haberá que asumir.
Por suposto, sempre haberá quen de esta mesma explicación moito mellor, con exemplos más apropiados, con moito máis detalle... e tamén esa interpretación será usada para dicir que non é valida por ter faltas, o mesmo que ocorrirá con calquera outra máis completa, que nunca será perfecta.

20140217
Arándanos en Ribadeo: unha pequena reportaxe fotográfica
Por unha casualidade, vou poder corrixir a posición que asignei como posible á finca alugada á Cooperativa os Irmandiños polo concello de Ribadeo para a plantación de froitos silvestres, auspiciada pola Asociación 'Puente de los Santos'. Coido que queda claro na foto, atravesada pola N634: na parte superior, a rotonda que liga a N634 coa A8 á altura da praia das Catedrais. Na esquerda, a liña de separación do concello de Ribadeo e o de Barreiros. Vese tamén o complexo dos Irmandiños no centro-dereita, e o 'Campamento da Devesa' no superior esquerda. A finca está sinalada en negro.
Ben, ata aí a posición. A lembrar que xa non hai cartos. A lembrar o dito na última asamblea: íase plantar. Ben, embaixo está o cartel da 'plantación': parece que non arándanos, senón framboesas, amoras e grosellas.
E embaixo, o estado actual da 'plantación' ribadense. Vese que se construiu o cercado 'ex novo'. Non sae na foto, pero tamén se levou alí a electricidade dende a estrada pola linde do camiño que sae case fronte á entrada do campamento de A Devesa. Os contedores (son 2) están vacíos, e vese o que debera valer para obrar, pero sen obrar (algo si, a ver xusto o bloque a pé de foto nou o valado)
E tamén se ve o medradas que están as plantacións. Embaixo. Vai que si?
Claro que tamén queda por aproveitar as lindes, abondo amplas no fondo, que se ve menos, lugar tamén elixido para amontoar as pedras de limpeza do campo, que iso si, quedou limpo polo momento como se pode ver na foto anterior.
A lembrar asemade os problemas na plantación asturiana...
Por certo, de canto era a inversión? (mirar ligazóns):
Unha ponte á nada
Asamblea 2012
Un artigo de E. Lombardero

20140216
Artigo de E. Lombardero sobre o cancro de mama: unha mirada desinteresada
A MAMOGRAFIA COMO METODO DE CRIBADO PARA O CANCRO DE MAMA
British Medical Journal é unha revista médica das mais prestixiosas e leídas por todolos médicos do mundo. No último número (11.Feb.14) ven de publicar un traballo realizado en Canadá ao longo de 25 anos que cuestiona a eficacia do cribado con mamografía para o diagnóstico precoz do Cancro de Mama.
Nos próximos días o tema vai estar nos titulares de toda a prensa e a polémica está servida. Dsgraciadamente, engadimos, porque estes temas deberan tratarse con acougo, argumentos sólidos e bibliografía contrastada, preferentemente independente de intereses particulares, cousa que non é doada de atopar nos tempos que corren e fora dos circuitos demagoxicos nin a favor nin en contra.
O editor de Br Med Jour e o consello de redacción saben perfectamente o impacto do tema que agora publicitan. Centos de millóns de mulleres do mundo desenvolvido están recibindo mamografias co gallo da prevención precoz do Cancro de Mama. A cousa sería moi distinta se afectara a centos de millóns de mulleres do terceiro mundo. Daquela tería un pequeño oco en páxinas interiores.
O debate nos medios científicos non é precisamente da semana pasada. A fundación COCHRANE (www.cochrane.dk) xa ven publicando informes, polo menos dende 2004, con serias dúbidas sobre o binomio vantaxes/inconvintes do cribado masivo con mamografía periódica. A última edición é de 2012 e nela manifestase abertamente contraria a esta práctica.
Mesmo no 2013 vense de publicar o libro “Sano y Salvo (y libre de intervenciones médicas innecesarias”) (Los libros del Lince, Barcelona 2013;pax 255-268). Os autores son a parella de médicos Juan Gérvas e Mercedes Pérez que aportan abondosa información sobre este asunto.
Basicamente o que se está a prantexar é que todalas actuacións médicas, mesmo as denominadas “preventivas” poden ter algúns efectos saudabeis e outros prexudiciais, malia as boas intencións e a literatura que as xustifica; que os programas que postulan estas actividades deben ser sometidos a unha avaliación periódica e rigorosa e que as persoas que van recibir estas intervencións deben ser informadas polo miudo dos pros e contras de todalas actividades e do conxunto do programa dende o comezo.
Resulta obvio que o paso do tempo e a análise das experiencias engade coñecementos que non existían previamente e o caso dos cribados para a detección precoz de Cancro de Mama non se libra desta circunstancia. De feito o informe Cochrane de 2004 é mais “neutral” e o de 2012 xa se manifesta abertamente en contra destes programas.
Non nos imos extender en aportar “probas” nun senso ou noutro, pero hai cousas que están fora de toda discusión. Por exemplo os efectos acumulativos das radiacións emitidas na mamografía deben ser avaliados e as mulleres deben ser informadas dos efectos prexudiciais e non pasar do tema como soen facer os programas “preventivos”. Mesmo a incidencia global da mortalidade e mais importante que a incidencia específica por unha causa concreta, neste caso o Cancro de Mama. ¿De que vale reducir a mortalidade por Cancro de Mama nunha edade determinada se non se reduce a mortalidade global? Ou dito doutro xeito: se eu teño unha probabilidade X de falecer nos próximos 10 anos ¿importa moito cal sexa a causa concreta?.
Despois están os danos “colaterais”. ¿Cantas mulleres van recibir unha amputación dunha mama que non era necesaria, por exemplo por un erro diagnóstico ou por ter un tumor pouco agresivo que podería reverter espontáneamente? ¿Cantas biopsias, puncions, análises, consultas, gastos etc. se van facer sen ser necesarios?. ¿Cantas mulleres e as suas familias van percorrer o longo camiño dunha enfermedade inexistente?.
En resumen despois de coarenta anos dos primeiros programas de cribado do Cancro de Mama por mamografía persisten serias dúbidas de que o balance entre beneficios e prexuicios sexa claramente favorable aos primeiros. As autoridades sanitarias e as sociedades científicas, que dispoñen dos medios e xestionan a información epidemiolóxica están obligadas a facilitar informes e avaliacions periódicas e informar ás usuarias das eventuais vantaxes e inconvintes destas actividades.
En última instancia debe ser unha decisión persoal de cada muller, debidamente informada, se elixe someterse ao cribado periódico con mamografía ou prefire non prescindir dos eventuais riscos destas prácticas “preventivas”.
Evaristo Lombardero Rico
Etiquetas:
ciencia,
Evaristo Lombardero,
sociedade
20140214
Suso Peña
Dun amigo chégame unha ligazón que non me resisto a poñer en común. Trátase dun vídeo curto sobre Suso Peña, e quizáis deba dicir que non aporta moito novo a quen o coñecera, pero non por iso deixa de ser un documento a conservar e ollar:
Que o desfrutedes!
Que o desfrutedes!
20140213
Un paseo pola costa de Ribadeo
Está a poñerse en marcha a rota da costa. Ben, a rota xa estaba feita con sendeiros, que logo se foron ampliando en xeral a camiño, e logo aínda, sinalados como rota. Agora estase a facer un paso máis, acondicionar e meter grixo.
O outro día recorrín un bo treito, parte del en obras, e xa me atopei algunha xente de paseo. As meteduras (digo meteduras porque retorna varias veces a ela) dende a estrada das praias comezan pouco despois da estación depuradora de augas residuais (EDAR), que por certo, segue a ter unha cañería de aliviadeiro á vista dende o camiño que vai á antiga praia de Vilaselán.
Embaixo queda a sinalización dunha das entradas, a medida que nos imos alonxando de Ribadeo: a que está próxima á área recreativa de Piñeira (ó que queda dela), sinalada en vermello, e máis próxima aínda a un chalet. A volta que fai a estrada parece propiciada polo campo de aterraxe (sinalado en azul). A dirección de Rinlo está referida por unha frecha amarela. O camiño está visible na foto do sigpac, próximo á liña de costa.
As variacións sobre o terreo pónas cada persoa; ten saídas abondas como para poder escoller máis ou menos camiño, unha zona ou outra.
A sinalización é para quen se alonxa de Ribadeo, o que entendo que cando menos, é algo incompleto, pois se ben o camiño pode comezarse en Ribadeo, tamén podería finalizarse, traendo xente cara ó pobo en troques de alonxala del. Por certo, este detalle ocorre tamén na rota que vai polo cordal ata Remourelle, deseñada para alonxarse do pobo, non para achegarse.
Xa digo, está inacabado. Pero había xa xente desfrutando del, o mesmo que a houbo na rota das aceas ben antes de que se rematara.
Adxunto algún vídeo que tomei facendo a rota:

Medio
20140212
Terremoto (din)
Anteonte, dez de febreiro, houbo un terremoto. Así quedou rexistrado. Alguén o sentiu? Os datos poden recabarse na páxina http://www.ign.es/ign/layoutIn/sismoDetalleTerremotos.do?evid=1257566&zona=1 segundo a seguinte captura de pantalla:
Collendo os datos, sitúase a preto de 60 km ó NNO da vila de Ribadeo. A súa magnitude e distancia, así como a súa profundidade, (9 km) fan que en Ribadeo non se sentira na práctica. Instálase, como se ve no mapa, na plataforma continental, xusto antes de caer a profundidade mariña ás chairas abisais, nunha zona onde non hai grande cantidade de movementos de terra. Con esa magnitude, tampouco hai perigo algún de maremoto/tsunami ou cousa polo estilo.
O lugar onde se produxo, máis en detalle, sinalado pola frecha:

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)