20090813

Unha interesante entrada de im-pulso

Coido que debe ser máis extendida que sinxelamente ó PP, pero teño que recoñecer que neste momento é quen máis a tiro se quere poñer...

Exposición na casa das letras de labores de Gloria Lorenzo

Na Casa das letras, na primeira quincena de agosto... xa chega unpouco tarde. Desas cousas que se soen ver como traballos doutros tempos, pero que non o son. Poderíase usar como propaganda 'chaman a atención a tódalas idades', algo que se pode ver se se sube pola planta superior da casa.
Máis comentarios? Ignoro todo sobre isa técnica. Mellor, velo.






Portos de Galicia

    Entérome hoxe pola prensa algo que non sabía e dame a impresión de que a maioría de Ribadeo, tampouco. Coa renovación do Consello de Administración de Portos de Galicia, (entidade que se presentaba como paladín da macro-nave no porto) xa realizada no mes de xullo, saen a relocer os antigos e novos integrantes. Un deles, antigo e novo, pois renovóuselle o mandato, é de Ribadeo, Antonio Pertejo Castaño, como representante da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo. Pertejo S.L. é unha coñecida empresa de Ribadeo, que aínda este ano ampliou instalacións no porto e parece que vai a seguir facéndoo, a parte doutros servizos como a grúa móbil que estes días está na obra do 'ascensor da Atalaia'. A súa web ofrece información diversa, cun aviso legal sobre o seu uso. Aparecía no seu momento como impulsora da macronave do porto a carón de Galigrain e co respaldo de Portos.

Aleluia! - Aleluia?

Onte foron presentadas as contas do 2008 no concello. Por primeira vez en abondos anos, o resultado é positivo: gastouse menos do que se ingresou. É dicir, reverquiuse algo a débeda, nunha situación que coloca ó concello entre os máis endebedados relativamente de Galicia. É dicir, felicidades, pero para indicar que o traballo só fixo que comezar. Algo que non se lle escapou ó concelleiro de facenda ó presentar as contas, poñendo no horizonte do mandato actual do BNG a reducción á metade dos prazos de cobro dos proveedores. Algo que, visto dende fóra, podería mesmo abaratar as obras que se fan, cargadas cun plus a sabendas que non se van cobrar ata calquera sabe cando. Pero iso aínda queda no futuro.
Por certo, o orzamento deste ano é 8,5M€. As débedas, 2,3M€. O que avanzaron as contas o pasado ano foron 0,163M€. Botando contas, a iste paso quedarían uns 15 anos para quedar a pre, sen préstamos. Pero representan preto dun 2% de mellora sobre o monto total do orzamento de 2008, 9M€.

20090812

Desinformación. Pascual Serrano. Península. Madrid 2009

No verán hai xente qaue ten máis tempo e pode empregalo en pensar. á vez, hai menos sucesos que referir cunha 'auténtica' importancia. Deixo pois un parágrafo dun libro e a súa referencia, por se pode ser útil:
Desinformación. Pascual Serrano. Península. Madrid 2009 (http://www.pascualserrano.net/mis_libros/desinformacion-como-los-medios-ocultan-el-mundo)
(adaptación ó galego dun parágrafo)
“Non sexades tontos, aprendede a informarvos; non vos deixedes enganar, lede rápidamente este libro e poñede en prática a súa recomendación principal: desconfiar das 'verdades indiscutibles', contrastar toda a información, buscar información alternativa á dos grandes medios e ser 'conscientes de que a complexidade do que pasa no mundo nunca poderá simplificarse mediante mensaxes periodísticos sometidos a demasiados e perigosos intereses'”
No lateral hai outros blog, e todoscoñecedes outros medios de novas e comentarios, de información, na rede. Por se acaso, algún máis:
http://galiza.indymedia.org/
http://www.indymedia.org/es/
http://www.rebelion.org/

Curso de reloxios de Sol


Luns 10 e martes 11 de agosto tivo lugar un cursiño de reloxios de Sol. 4 horas e media entre a Casa da ría e o reloxio do Cargadoiro, por Javier Bao Cebeiro (ligado ó observatorio Ramón María Aller da USC). Nel se espuxeron diversos conceptos e se ensinou a manexar o programa shadows (para windows, parcialmente pode executarse con wine en linux; antes recoméndase pasar pola páxina http://www.galeon.com/casanchi/ast/sol1.htm) para facer o 'debuxo' (ver abaixo o escaneado do reloxio horizontal para Ribadeo, e aquí unha explicación da construcción dun modelo diferente).
Tamén se falaron doutras cousas de astronomía, e foi unha mágoa que non se extendera para a observación das Perseidas (que ó final, onte non se puideron ver).
Asemade, quedou 'visto para sentenza' o reloxio de Sol do cargadoiro, que ademáis necesitaría un novo amaño despois de que fora reposta a punta do estilete (a barra máis fina do marcador) e volta a torcer por calquera sabe quen.


Bica, da a man, di hola...

   Levo uns cantos días esperando a reacción á campaña do colexio de Médicos de Madrid, "No beses, no des la mano, di hola". Polo que parece, non hai reacción. A cousa está na prevención da gripe mexicana, e chamoume a atención dende o principio e cada vez máis. Unha cousa é unha profilaxe fronte á enfermidade, e outra un alento de deshumanización. A campaña, segundo eu entendo, incide máis no segundo que no primeiro. Polo momento a gripe é contaxiosa, quizáis algo por riba da media, pero non é especialmente incisiva despois do contaxio. Mortes? Si, cando hai complicacións, de xeito semellante a outras epidemias de gripe. Mediatizada? Moito, pode que para escapar das novas contínuas sobre a depresión económica / capitalista mundial. De aí a que haxa unha psicose sobre o tema, unha vez mediatizada, hai un pequeno salto. Salto que nalgún momento xa se deu.
   Que os médicos esteñan recomendando profilaxe non é cousa nova, é lóxico e é o seu traballo. Que a profilaxe, ante unha enfermidade como ista que eles mesmos están a dicir que non é epecialmente grave nin diferente dunha gripe 'normal' salvo pola desestacionalidade, sexa de transcendencia afectiva, xa non me parece tan lóxico. Coido que é algo así como o de 'peor o remedio que a enfermidade'. E, mentras, bica, da a man, di hola...con precaución.

Contrarestando as perseidas

A noite pasada (e ista) son as ideais para ver as Perseidas. A pasada polo menos non se puideron ver pola nubosidade á noite. E non se pode compensar o non ver unha noite de estrelas. Pero pódese tentar diminuír o efecto, suplilo. Varias novas subidas de temas en Publicado en Ribadeo, entre as que está a publicación das "Bodas de plata de Amigos da Gaita" poden servir de lixeiro paliativo.