Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta servizos públicos. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes
Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta servizos públicos. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes

20250222

Os 300 baixo a choiva

    Pouco menos de 300 persoas nos xuntamos baixo a choiva na convocatoria pola defensa dos servizos de sanidade pública en Ribadeo, diantre do Centro de Saúde. Como se pode ver no vídeo do comezo do acto (o na foto, en baixo), o tempo non acompañou, a xente, si, e máis aínda pensando que os principais afectados de seguro tiveron dificultades para moverse cara á concentración, polo que fixo que faltou xente que querería estar... As verbas lidas por Raquel Ferreira e Pablo Vizoso, ó final.

    Unha foto da concentración: 



    O cartel chamando á concentración:

    Un vídeo curto dos primeiros momentos:


    O texto lido:

    Mentres, podía lerse no xornal unha nota do PP dicindo que eles cumpren...

    - Posterior: nota do BNG:

https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2025/02/WhatsApp-Image-2025-02-22-at-13.04.37-1536x1152.jpeg

Ribadeo, 22 de febreiro, 2025. A pesar do mal tempo na mañá deste sábado, en torno a medio milleiro de persoas acudiron á convocatoria do Bloque Nacionalista Galego de Ribadeo para reclamar todos os servizos cos que o Centro de Saúde non conta.

Nesta concentración o BNG quixo facerse eco do deterioro da atención primaria que os e as ribadenses levan moitos meses padecendo. “Preocupa especialmente a ausencia prolongada do pediatra no noso Centro de Saúde, ao igual que a falta de matrona e as múltiples vacantes de medicina de familia que van producirse e que xa se están a padecer”.

Desde o BNG “temos claro que a situación actual da nosa sanidade débese a máis de 15 anos de recortes e deterioro por parte dos gobernos do Partido Popular”. Así o fixo saber o voceiro municipal Pablo Vizoso: “Temos un goberno do PP máis preocupado en criticar ao BNG por defender os dereitos dos e das ribadenses ca en garantir unha Atención Primaria digna. Un goberno do PP que ten a sanidade pública abandonada, cuns orzamentos ridículos para a Atención Primaria e co obxectivo claro de deteriorar os servizos públicos en beneficio da sanidade privada. De pouco serve levantar ladrillos novos, se non temos médicos e profesionais que nos atendan”.

Tras esta concentración cun grande éxito a concelleira Raquel Ferreira quixo agradecer a todos e todas as persoas asistentes que se concentraron nunha mañá chuviosa para defender os dereitos de todos e todas.

 

20250127

Perder o 99 % do que posees


Perder o 99 % do que posees

     Ou moito me equivoco ou ti, que esteas a ler, se perdes o 99 % do que posees, converteríaste nun pobre. O que se chamaba 'un pobre de solemnidade'. Iso pasa porque ti non es multimultimillonario.

    Unha nota aclaratoria no medio deste escrito: cando se fala de multimillonarios, soe pensarse boa parte das veces, mesmo sen aclaralo, que eses 'moitos millóns' son de dólares. Pero ó cambio actual, pouco máis dá considerar euros que dólares, e por iso non ven a conto especificar máis. No sucesivo, toma as cifras como dólares ou euros, como prefiras, dá o mesmo.

    Volvendo ó tema, se ti estiveras entre as dez persoas máis ricas do mundo e perderas o 99 % do que tes, aínda seguirías a ser milmillonario. Máis aínda, se ti foras un dos algo menos de tres milleiros de milmillonarios que no mundo hai, e perderas ese 99 %, aínda seguirías tendo abondo ben máis patrimonio que todo o que eu levo percibido como soldo (agora, pensión) na miña vida. Bota contas no teu caso particular: alguén que, tendo mil millóns perdera o 99 % do que ten quedaría aínda con 10 millóns.

    De aquí en diante, podería tomar varios camiños. Por exemplo, seguir as investigacións que apuntan a que a abondo máis da metade dos multimillonarios actuais parten de herdanzas ou algún tipo de corrupción e/ou conexión co poder político. Si, non só en España. Pero vou continuar por outra beira que me vai permitir rematar dun xeito breve, a partir dunha nova de hoxe hai un par de semanas nun xornal español, a conta do incendio de Los Ángeles. Resulta que unha boa parte dos servizos de extinción de incendios nos EUA son privados. Iso traduciuse en que xente con moitos cartos contratou grupos de bombeiros para salvarse eles e só eles. Nun contexto no que quen máis ten máis contamina e inflúe no cambio climático. E no que mantemento dos equipos públicos de extinción levan anos vendo como se contraen os fondos dos que dispoñen en medio dunha baixada de impostos que na práctica afecta a quen menos ten só para que teña que detraer máis cartos para coidados médicos ou educación. Por certo, que o do incendio é só unha das facetas que expón que non só é que sexan máis ricos, senón que por selo, teñen menos posibilidades de perder a súa riqueza.

    Coido que do anterior chégase rápido á importancia da comunidade e de coidar o común. Mesmo para os ricos e aínda que poidan ter esvaecidas as nocións de 'común' e 'comunidade'

    E sempre nos quedarán cousas como a amizade, que os cartos non poden comprar (os amigos non se poseen). Aínda que vista a corte coa que se arrodeou Trump na súa investidura, comprar non se poderá, pero axudar a que se estableza a amizade, ao menos unha interesada, parece indubidable...

20241125

Un 25N máis en Ribadeo

    Hoxe 25N foi a concentración anual pedindo parar a violencia machista. Nada máis que dicir. Deixo unhas poucas fotos, de Suso Fernández as do propio acto, e de Dores Abel da ambientación da praza do 8M onde se celebrou, e o texto lido, a versión galega dun texto a nivel internacional da Marcha Mundial das Mulleres:








25N | MANIFESTO 

No Día Internacional contra a violencia machista a Marcha Mundial das Mulleres quere colocar o foco na multitude de formas que toma a violencia machista e que ten como resultado máis terríbel o feminicidio. 

O feminismo organizado leva décadas denunciando os crimes machistas como máxima expresión da violencia machista, mais esta violencia toma numerosas formas que tecen unha rede de opresión sobre as mulleres, nomeadamente as de clase traballadora, que cómpre enfrontar en todas as súas dimensións para avanzar na transformación social e na construción dunha sociedade xusta e feminista. 

A maior parte das agresións non teñen lugar en espazos alleos ao cotiá senón nos entornos máis próximos: familia, lecer, traballo, ensino, espazos de participación social e política. E son estos espazos onde é máis difícil enfrontala e combatela. 

Fronte ao avance do movemento feminista colocando no debate público a centralidade do combate da violencia machista para a transformación social existe unha reacción da dereita e dos sectores máis reaccionarios da sociedade de negación da violencia machista. Esta posición avanza na destrución de conquistas como o consenso social sobre a necesidade dunha educación en igualdade nunha sociedade activa no combate da discriminación e a violencia machista. 

Desaparición das políticas públicas. 

Despóis dunha década de conquistas en materia de dereitos para as mulleres, a crise capitalista que enfrontamos co desmantelamento do público como ariete trae consigo o abandono das políticas públicas de prevención, detección, acompañamento e sensibilización fronte á violencia. Hai un número cada vez maior de institucións que recortan programas e iniciativas para loitar contra a violencia machista. 

Normalización da violencia 

Na última década o feminismo colocou nun espazo central da vida pública a denuncia dos feminicidios e das agresións machistas. Hoxe asistimos á normalización desta violencia extrema contra as mulleres onde a reacción social se limita a continuar o reconto de asasinatos sen mover nada da axenda pública. Malia que o feminismo convoca en ducias de localidades do país unha resposta contundente a cada crime a participación social é escasa e as institucións empregan a mobilización social para “cumplir” mentres desmantelan as súas políticas de igualdade. 

Agresións e debate social. 

Despóis da vaga mobilizadora que o feminismo reimpulsou en 2018 os debates sobre a violencia machista, especialmente a sexual, ocupan parte do debate público o que permite visibilizar que a violencia é sistemática e transversal. O avance no debate público permitiu colocar no foco non só as diferentes violencias machistas (sexuais, institucionais, xudiciais, sociais) senón a transversalidade de moitas delas a nivel social. Este 25 N estas son as nosas demandas inmediatas para o combate da violencia machista: 

• Fronte á violencia psicolóxica: educación en igualdade e medidas de autoprotección que nos permitan vivir sen medo, combater os estereotipos de feminidade e masculinidade que reforzan os roles de xénero e nos sitúan na subordinación e dependencia. • • Fronte á violencia sexual: acceso ao traballo remunerado, vivenda e apoio psicolóxico continuado ás mulleres vítimas, especialmente ás que viven situacións de trata e ás que queren abandonar a prostitución.

• Fronte á violencia xudicial: para evitar a revitimización reclamamos formación para o persoal funcionario e ampliación dos xulgados de xénero ao conxunto das cidades do país; garantías de protección para as vítimas e para as súas crianzas, nin custodia nin réxime de visitas para os pais denunciados por maltrato. Ante a privatización da xestión dos centros de atención ás vítimas por parte da Xunta, reclamamos que todos os medios que se poñan a disposición, así como a súa xestión, deben de ser públicos, única forma de que prime o interese de servizo fronte a intereses de lucro.

• Fronte á violencia na saúde: a saúde das mulleres debe terse en conta na ciencia médica e farmacolóxica, que historicamente só tiveron unha perspectiva androcéntrica. Demandamos servizos públicos de saúde que garantan o coidado do conxunto da poboación, con medios e prazos razoábeis, que eviten sobrecargar as mulleres cos coidados de doentes e dependentes. Precisamos que a educación sexual forme parte da saúde, que se garanta o dereito ao aborto na rede sanitaria pública máis cercana e que se poña fin a prácticas médicas que constitúen violencia obstétrica.

• Fronte á violencia no traballo: que se obrigue ás empresas a teren protocolos de acoso, se fagan públicos e se poñan en práctica; que se difundan todas as formas de violencia e se garanta que todas as persoas que conviven no traballo as identifiquen e coñezan os mecanismos para denuncialas e, sobre todo, que as vítimas conten sempre con todas as medidas de protección.

• Fronte á incomprensíbel separación das competencias de igualdade e de violencia de xénero en dúas Direccións Xerais e á supresión da Secretaría Xeral de Igualdade no goberno da Xunta, reclamamos que as políticas de igualdade deben ser centrais na organización dun goberno que pretenda acabar coa violencia de xénero. 

E engadimos que a persoa que asuma o papel de rexer ou coordenar as políticas contra as violencias de xénero debería ter formación en igualdade e coñecer as alternativas feministas para o combate de todas as formas de discriminación das mulleres, entre as que se encontran as violencias contras as mulleres. 

A violencia machista ten moitas formas: combatámolas todas!

20241102

Hoxe en Ribadeo. Pensionistas. En lembranza

    Pásame Enrique Fernández Rivas tres fotos do encontro mantido hoxe no Cantón de Ribadeo, como primeiro sábado de mes, polos pensionistas, achegados amigos ou sinxelamente, xente que sinte que se está a defender algo xusto. Hoxe de novo, agrupados en MODEPEN a Mariña ou non, voltaron (desta non podo dicir 'voltamos') a concentrarse en demanda de unhas pensions e servizos públicos dignos e universais.

 




20240606

Sobre a xuntanza pensionista de sábado 1 de xuño


    O pasado sábado foi a última, polo momento, xuntanza mensual (primeiros sábados de mes) de pensionistas en Ribadeo. Nela leuse un comunicado de Modepen e logo, tamén por Evaristo Lombardero, un pequeno informe relativo á última xuntanza a nivel Galicia. Aquí quedan ambos:

Primeiro, o comunicado a nivel europeo.

Resumo do manifesto acordado no Encontro de Plataformas de Pensionistas e Sindicatos de Europa

As plataformas e movementos de pensionistas e as organizacións sindicais que subscriben este comunicado, pertencentes a diferentes pobos da UE, valoramos positivamente o Encontro realizado en Bilbao e facemos pública a nosa determinación de facer fronte común ás reformas dos sistemas de pensións que se están a impoñer tanto dende as directivas e recomendacións da Comisión Europea como dende os Estados.

Aínda que a situación dos sistemas de pensións nos diferentes pobos europeos non é homoxénea, coincidimos en que as reformas que se están impulsando en relación coas pensións e os sistemas públicos de repartición caracterízanse por:

a) Redución progresiva das prestacións dos sistemas públicos de pensións (SPP), consecuencia tanto da perda de poder adquisitivo dos salarios e o aumento da precarización do emprego, como das reformas lexislativas que afectan negativamente ás persoas pensionistas.

b) Establecemento de pensións mínimas moi insuficientes, cada vez máis desvinculadas dos salarios mínimos en vigor en cada Estado.

c) Perpetuación da fenda de xénero, que se sitúa entre o 30% e o 40%, debido á escasa envergadura das medidas adoptadas para eliminala.

d) Redución da taxa de remprazo das pensións e aumento das vantaxes fiscais e de cotizacións sociais para promover as pensións privadas.

e) Cada vez maior número de pensionistas en Europa ven como as súas condicións de vida empeoran e vense obrigados/as a complementar a súa pensión prolongando a súa vida laboral en precariedade.

f) En definitiva, a voracidade neoliberal para incrementar os beneficios empresariais acentúa o desigual reparto da riqueza producida polos traballadores/as, base do chamado estado do benestar, incrementando os prezos das mercadorías e os servizos, reducindo salarios e pensións e utilizando recursos públicos para mellorar a súa conta de resultados.

Tralos debates mantidos no Encontro, demandamos:

1. Derrogar os aspectos regresivos das reformas que recortan os nosos dereitos e pensións.

2. Garantir o SPP de reparto e ingresos suficientes en cada un dos pobos europeos que permitan ás persoas pensionistas acceder a unhas condicións de vida digna.

3. Aumentar as taxas de remprazo entre salario e pensión, especialmente dos salarios máis baixos.

4. Medidas efectivas para eliminar a fenda de xénero en salarios e pensións.

5. Incorporar na Carta dos Dereitos Fundamentais da UE o dereito a pensións públicas decentes e aos SPP de repartición.

6. Incorporar na Carta Social Europea o dereito a unha pensión pública mínima, concretada polo menos no 60% do salario medio.

7. Reforzar a obrigatoriedade dos Estados a manter unha Seguridade Social satisfactoria e a protexer socialmente ás persoas de idade avanzada.

8. Derrogación da norma europea que regula os plans de pensións individuais privadas.

9. Plans concretos para impulsar a repartición equitativa da riqueza, a creación de emprego de calidade e pensións decentes nos diferentes pobos europeos.

10. Acceso a pensións dignas ás persoas que, malia traballar en Europa, non teñen recoñecida a nacionalidade europea, así como a súa regulación inmediata.

Por todas estas razóns, facemos un chamamento a realizar unha mobilización compartida no conxunto de pobos da UE, que se concretará nos próximos meses.

Estas demandas serán presentadas ao Parlamento Europeo, á Comisión e aos distintos Parlamentos dos Estados membros para o seu cumprimento efectivo.

Como se ten demostrado, a mobilización consegue resultados e é a mellor garantía para conseguir os nosos obxectivos.

Este comunicado está aberto á adhesión de cantas organizacións de pensionistas e sindicatos europeos o queiran subscribir.

Os nosos dereitos non caducan coa idade!

Esta batalla ímola gañar!

Bilbao, 24 de maio de 2024.

E o informe dos últimos movementos nos que tomaron parte xentes de Ribadeo, a nivel Galicia:

O luns seis de maio participamos na concentración de Modepén de A Coruña, fomos 15 e tamén houbo unha concentración en Vigo, formando parte das concentracions en todo o estado español promovidas pola Unidade de Acción e nas que se leu un comunicado cas reivindicacións que vimos defendendo nos últimos anos e que se concretaban nos puntos tratados.

Tamén o pasado domingo fomos á manifestación de Palas de Rei contra o proxecto da macropranta de celulosa que a empresa protuguesa Altri pretende instalar nese concello, como sabedes de chegar a realizarse tería unha extensión de 366 has, tomaría 46 millóns de litros de auga diariamente do embalse de Portodemouros e devolvería uns 30 millons de auga tratada e contaminante, ademais das emisións de gases cargados de partículas e productos químicos por unha chiminea de 70 metros de altura. O caso é que fumos un autobús de 55 persoas de toda a Mariña e alí xuntámonos con compañeiros e compañeiras de Vigo, Ferrol e outros de MODEPEN que levaban unha pancarta do noso grupo. Anque non é un tema específico das pensións, MODEPEN quixo estar presente e poñer o seu graíño de area neste movemento galego tan importante. Foi unha gran xornada de loita con mais de 20 000 persoas de toda Galicia.

Temos que comentar que para o día 14 de Xunio estaba prevista a Asamblea anual de Modepen en Valdoviño, perto de Ferrol, creo que non o comentamos na concentración do catro de maio porque estaba sen fixar a data, pero resultou que os compañeiros e compañeiras de Ferrol que se encargaron de organizar a xornada atoparonse con nun nproblema de última hora co restaurante que se comprometera e agora ten facer unhas obras e vaise aplazar a asemblea; de momento non se sabe o día definitivo, que se saberá o martes nun concello nacional que se vai celebrar ese día, pero estase barallando o 21, que aínda non é definitivo, xa o comunicarei no grupo de whatsapp. Pero se alguén se quere apuntar, que saiba que será por esas datas. Eu se é o 21 non vou poder ir por consulta médica en Oviedo e non a quero cambiar porque xa levo tempo agardando.

Outro tema que temos pendente é o do centro de saúde. Como recordaredes o 21 de decembro tivemos unha entrevista varios dos que estamos aquí co Sr alcalde e outras representantes do concello e nela expuxémoslle as nosas críticas ao proxecto do novio centro de saúde, sobre todo a localización onde o queren poñer que está a un km do casco urbano o do cenbtro quen é moito mais accesible para o uso dos v eciños. Eles deron unha serie de explicacions e promesas que non nos convenceron e quedamos que veria un técnico da consellería de sanidade para ter unha nova entrevista pero vilñeros as eleccions autonómicas e non se cedlebrou a devandita entrevista á que se comprometerá o alcalde e finalmente no pleno municipal do 14 demaio aprobouse seguir cos trámites para recalificar os terreos enfronte da estación de servizo e seguir adiante co proxecto demencial e descabelado de levar o centro de saude á esa zona enfronte da estación de servizo. Neste tempo tamén fixemos dous traballos: un foi facer unha enquisa a primeira hora da mañan ás persoas que viña nao dentro de saúde e preguntarles se viñan a pe ou en coche, e mais do 75 % veñlen a pé. A esta enquisa respostaron 260 persoas maiormente de idades avanzadas e outra cousa que fixemos foi poñernos diante da estación de servizo en distintas horas da mañá e contar os coches que pasan e puidemos comprobar que circulan unha media de 10 a 14 coches por minuto por esa zona en días de semana. Fumos seis veces, ou sexa que a proba e bastante representativa. Agora hai que pensar no que significa engadirlle 300 ou 400 coches diarios a ese punto, das persoas que accedan ao centro de saúde. Outra cousa que nos decatamos é que proxectan suprimir o servicio de radioloxía. Agora lanzan a mensaxe de que xa está todo feito e non se pode cambiar, pero esta é a eterna disculpa. Pola nosa banda segueremos loitando para que se desbote este proxecto e se valore restaurar o antigo centro ou construir o novo perto do casco urbano.

GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIONS E SERVIZOS PUBLICOS DEFENDENSE

20240408

Da xuntanza de pensionistas de 20240406 en Ribadeo

Da xuntanza de pensionistas de 20240406 en Ribadeo

    Sábado 6 de abril tivo lugar a concentración pensionista que se mantén dende hai tempo os primeiros sábados de mes en Ribadeo, nas escaleiras da Casa do Concello. 35 persoas, un día máis, en común.

    Deixo dous audios (podcast) coas verbas de Evaristo Lombardero, que, na primeira parte reflectiu o comunicado que adxunto máis abaixo, e na segunda pasou a outras reseñas.

Comunicado da Unidade de Acción pensionista estatal ante a prórroga dos Orzamentos Xerais do Estado

25 de marzo 2024

A UAE pensionista rexistrou con data de decembro e febreiro dos anos 2023/2024 no Congreso as demandas urxentes que o colectivo consideraba necesario introducir na tramitación parlamentaria dos PXE.

Por mor do rexistro das nosas reivindicacións no Congreso dos Deputados, por parte das organizacións de pensionistas de Unidade de Acción Estatal fóronse celebrando diversas reunións cos grupos parlamentarios de BNG, SUMAR, EH Bildu, ERC e PODEMOS (o PSOE de momento non nos contestou), con diverso grao de compromiso respecto ao apoio das nosas reivindicacións, para levalas ao debate (que parecía inminente) dos Orzamentos Xerais do Estado.

Despois de celebradas esas reunións o calendario político cambiou, ese debate non se dará. Pero sexa cal for a situación, as organizacións que subscribimos este comunicado manifestamos a nosa vontade decidida e unitaria de esixir, ao goberno e aos paridos que lle apoian, os obxectivos da nosa táboa reivindicativa e os compromisos adquiridos. Os PXE prorróganse, pero as necesidades das persoas pensionistas son improrrogables. Se hai vontade de atendelas, seguro que son posibles, e desde as rúas e as prazas así o esixiremos.

Ao colectivo pensionista esta situación atrasa a posibilidade de que o goberno poña en marcha unha serie de medidas económicas, sociais e políticas que vimos esixindo. A non aprobación dos orzamentos pode poñer en cuestión algunhas das subidas previstas e vai seguir perpetuando a enorme brecha de xénero en pensións (máis do 30%) que afecta as mulleres, e ás pensións mínimas cuxa subida do 6,9% é insuficiente e seguen sendo pensións de miseria.

Así mesmo a prórroga orzamentaria consolida a desigual distribución da riqueza. As rendas do capital seguen aumentando. Este ano as empresas do IBEX tiveron un récord de beneficios, os bancos máis de 26.000 millóns, mentres que os salarios crecen por baixo da inflación, é dicir, redúcense en termos reais ao mesmo tempo. En todo o Estado 12,6 millóns de persoas (o 26% da poboación) atópanse no limiar da pobreza ou na exclusión social.

Observamos con preocupación que a actuación dos grupos parlamentarios, salvo algunha excepción, cada vez afástase máis dos intereses xerais da cidadanía. Hai unha crecente percepción, de que as nosas institucións e representantes non dan solución ás necesidades máis claras e concretas da xente: sanidade, educación, pensións públicas, condicións decentes de traballo, protección do dereito á vivenda etc.

Desde todas as institucións, desde a xudicatura ao Parlamento, erosiónanse cada vez con máis enerxía os dereitos de manifestación e expresión. Os movementos sociais vémonos baixo ameazas de todo tipo cando denunciamos inxustizas evidentes: desde a morte nas residencias, ao bloqueo do acceso á administración por medios telemáticos, os desafiuzamentos a persoas desamparadas, os abusos laborais, os incumprimentos de contratos, a corrupción ou as estafas estruturais aos consumidores por parte de grandes empresas. O Movemento Pensionista está a sufrir a aplicación da Lei Mordaza, desprazándonos de forma arbitraria da Praza do Congreso, do mesmo xeito que outros colectivos e movementos, e abriuse proceso sancionador a dous compañer@s de Alcalá de Henares. Esta perda de liberdades sociais non a imos a permitir.

As persoas pensionistas e calquera traballador@ están ameazadas pola perda ou a privatización do salario diferido que son as pensións públicas. Por iso, imos seguir expondo sexa cal for a situación institucional do país, as nosas reivindicacións:

- Pensións públicas mínimas equiparadas co SMI e ambas equivalentes ao 60% do salario medio segundo a carta social Europea. Plantexamos 1080 € xa!

- Habilitar partidas económicas para pechar a vergoñosa brecha de xénero. O complemento asignado e non consolidado de 33 € non resolve ningún problema.

- Aumentar a base reguladora da pensión de viuvez que permita unha pensión digna.

- Esiximos o cumprimento da lei 21/2021, segundo a cal se realizaría unha auditoría das contas da Seguridade Social (S.S.) que garanta a compensación derivada do desvío de cotizacións a fins alleos ao sistema público de pensións e da Seguridade Social.

- Rexeitamos os PPEs (Plans de Pensións de Emprego) que detraen diñeiro público á Seguridade Social, e só benefician ás empresas mediante exencións fiscais e deducións do 10% do Imposto de Sociedades.

- Esiximos eliminar os coeficientes redutores en longas carreiras de xubilación. A acción e a mobilización diante das institucións e nas rúas é o camiño!

Goberne quen goberne, as pensións públicas e os dereitos deféndense!

ASJUBI40 (Asociación Jubilación Anticipada sin Penalizar)

COESPE (Coordinadora Estatal por la Defensa del Sistema Público de Pensiones)

EHPM (Movimiento de Pensionistas de Euskal Herria)

MADPP (Movimiento Andaluz por la Defensa de las Pensiones Públicas)

MODEPEN (Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos)

UNIDAD COESPE (Coordinadora Estatal de Pensionistas)

PLATAFORMAS DE PENSIONISTAS de Badaxoz, Móstoles…

20240302

Concentración pensionista de 2 de marzo en Ribadeo

    Como outro sábado primeiro de mes, hoxe tivo lugar unha nova concentración pensionista en Ribadeo. Por mor da intensa chuvia, celebrouse nos soportais do Cantón, no extremo da zona nova dos mesmos. Deixo en baixo a máis do cartel, algunha foto de Suso (e un vídeo no que se ve tamén o a temperie que facía) e o audio de Evaristo, acompañando ó texto relacionado con el para servirlle de base. Por certo, texto abondo ilustrativo.


Bo dia compañeiras e compañeiros

Vou comezar comentando un traballo realizado por Xavier Pérez Davila, como sabedes economista de Vigo e compañeiro de MODEPEN que analizou o VII convenio estatal do sector da construcción. Este convenio foi asinado o día 3 de Xullo de 2023 polos sindicatos CC.OO. e UGT e mais a Confederación Nacional da Construción ou sexa a patronal do sector e foi publicado no BOE de 23 de setembro. O acordó inclue un Plan de Pensións de emprego (PPE) que afectará a 1 millón 800 mil traballadoras e traballadores. Este convenio é moi importante porque nel acórdase o primeiro Plan de Pensións xestionado por unha empresa privada que se pretende extender aos 18 millóns de traballadores e traballadoras do estado español ao aplicar a lei Lei 12/2022 de regulación para o impulso dos plans de pensións de emprego (LRIPPE), unha das catro leis da reforma Escrivá do sistema de pensións.

O convenio entrou en vigor o 1 de febreiro de 2024 e agora xa hai datos dabondos para analizar os seus resultados e comprobar con números na man como vai repecutir nos salarios, nas pensións, nos beneficios das empresas, nos beneficios das xestoras, nos fondos da caixa de pensións e nos impostos que recada o estado.

O traballo de Xavier Pérez Davila é moi extenso e está cheo de cadros e cifras e non o vou ler aquí naturalmente porque levaría mais de unha hora. Está colgado na páxina de MODEPEN e calquera pode lelo e ver que os argumentos de Xavier están apoiados por cálculos serios e se en algún punto no se está de acordo pódese rebatir e discutir o que faga falta, ou sexa que tamén é un exercicio de transparencia para que se vexa que as nosas reivindicacións non se basan de díxome díxome senon en estudos serios que tamén son unha aportación a todas as plataformas do estado español dende Galicia.

Eu so vou comentar algún dos datos que me pareceron mais relevantes pero repito que esta en aberto na páxina de MODEPEN para todo aquel que o queira consultar.

Vaia por diante o que temos dito tantas veces: Os plans Privados de Pensións que defenden as grandes empresas, a banca, as xestoras privadas que se lucran da sua xestión e os grupos de dereitas ademais de un sector do goberno de Sanchez ca disculpa de que o sistema público de pensións non é sostible económicamente é unha falacia absolutamente falsa, en realidade o sistema público de pensións con esta lei vai servir non so para a financiación das futuras pensións senón para manter os beneficios de cinco xestoras dependentes de bancos e multinacionais para lucro dos seus directiovos e grandes capitais. O obxectivo de MODEPEN e das plataformas de pensionistas do estado español é a derogación de esta lei e a supresión definitiva da lexislación española de ningúnha norma que permita o afogamento do sistema público de pensións.

Indo xa a algún dos resultados concretos que analiza Xavier Perez Davila temos os seguintes datos:

1º. Impacto do plan aprobado no sobre o salario d@s traballador@s.

Con plan de pensións o traballador cobrará 560 euros menos, poderá deducir 220,12 € na base impoñíbel do IRPF e constituirá dereitos a un fondo de pensións de capitalización por esa mesma cantidade. Sen plan de pensións, o traballador percibirá 560 euros máis de salario.

3º. Desvío de ingresos públicos á empresa financeira xestora do plan. As empresas que desenvolvan plans de pensións de emprego beneficianse de deducións no Imposto de Sociedades (IS) e na cotización á Seguridade Social. Véxamos o que esto supón no ponto seguinte.

5º. Cálculo da perda de ingresos públicos derivados da aplicación do VII CCEC

A perda de ingresos da SS será superior aos 90 millóns de euros.

A perda de ingresos das administracións públicas pola dedución do 10 % no Imposto de Sociedades é superior a 38 millóns de euros. Perda total de ingresos públicos, sumando os resultados, de 128 930 218 € que son os cartos que se perden para as arcas públicas pola aplicación de este convenio e pola posta en marcha no sector da construcción, 1 millón 800 mil traballadores dos Plan de Pensión privadas aprobadas polos sindicatos CC OO e UXT a patronal e o Goberno de Sanchez no periodo anterior.

Como diexen esto so son alguns datos do estudo do economista que comentamos e que pode consultarse na páxina de MODEPEN, pero se insisto neles é porque se esta política se extende progresivamente a todos os sectores como agora pasou ca construcción o futuro da caixa de pensións e do sistema público de pensións vaise ver estrangulado e reducido para beneficio dos directivos e das empresas xestoras de estes plans privados de pensions e en perxuicio dos traballadores en activo e dos pensionistas porque aquí era onde quería chegar. Pode haber pensionistas que pensen que pensen que estas reformas a nos non nos van coller porque son os convenios actuais que afectan aos traballadores que agora están en activo. Pero moito ollo, que se se adelgazan máis os fondos da caixa de pensións e se siguen extendendo os gobernos de dereitas en Europa, no mundo e no estado español, cas facilidades ademais que lles estamos dando podémonos atopar a volta de catro ou cinco anos con un recorte das pensións actuais ca disculpa de que non hai fondos e que as empresas non poden soportar unha suba de impostos e temos que tragarnos, se chegamos, ou os que cheguen un recorte das pensións actuais ou das subas polo menos con IPC que é un dos nosos logros recentes e que xa nos quixeron arrebatar hai pouco os gobernos do PP. Debemos ter moi craro e convencer aos nosos compañeiros e veciños xubilados de que aquí non hai nada seguro e que as pensións sempre van estar no aire se gobernan as dereitas e tampouco están garantidas según cal sexa o sector das esquerdas que goberne e que a única defensa somos nos, a movilización das clases traballadoras cuns claros obxectivos de pensións dignas e públicas para todos os sectores.

Outro informe, que tamén se pode consultar na páxina de MODEPEN, trata sobre un un manifesto que apareceu e foi moi difundido en redes sociais pedindo que as pensións estean excluídas do IRPF. MODEPEN e o conxunto de organizacións que participan na Unidade de Acción Estatal non estamos de acordo con esa proposta.

O mesmo que o anterior, o informe de MODEPEN e moi extenso e faise moi longo para leelo agora, ademais co día que está, pero recomendo moito que se lea con calma porque demostra como a extrema dereita, a banca e as empresas xestoras, de forma sibilina vai intentandoi meter os seus argumentos dando a sensación de que defenden algún intereses dos traballadores cando no fondo so pretenden dinamitar o sistema público de pensións e dividir as clases traballadoras con proxectos e ideas competitivas e antisolidarias e mesmo con mentiras manifestas. De xeito moi resumido so comentarei que este manifesto afirma por exemplo que as pensions xa tributaron polo IRPF mentras se traballaba, e iso non é certo porque os que xa tributaron foron os salarios percibidos durante a vida laboral activa unha vez deducidas as cotizacións á seguridade social. Outra falacia que difunden é que Ao estar as pensións sometidas ao IRPF prodúcese dobre imposición. Non, o salario e a pensión son rendas distintas que se perciben en períodos diferentes: unha durante a vida laboral activa e outra no tempo da xubilación. Ademais, proceden de fontes diferentes: da empresa, a primeira; e do Estado, a segunda.

4ª. A pensión sería o rendemento dun capital que a persoa xubilada foi acumulando ao longo da vida laboral. Rotundamente falso. A persoa ou persoas que redactaron o Whatsapp padecen de ignorancia ou practican a mentira. O sistema público de pensións non é un sistema de capitalización, as persoas traballadoras non acumulan capital ningún. Coas súas cotizacións e impostos financian as pensións das persoas xubiladas. As persoas traballadoras hoxe activas, cando se xubilen percibirán a súa pensión das cotizacións e impostos d@s entón activ@s. Por iso se chama sistema de repartición ou solidariedade entre xeracións.

5ª. Aos cargos políticos do goberno, parlamento, senado non se lles aplica a retención do IRPF. Falso de toda falsidade. As retribucións dos representantes políticos están suxeitas ao IRPF como todas as rendas. Esta afirmación repetida innumerábeis veces fai parte da campaña anti-política que só beneficia á dereita e á extrema dereita. Cando alguén afirma “todos os políticos son iguais”, en 9 de cada 10 veces a persoa que o proclama é votante do PP ou de Vox.

Que hai detrás deste texto?

Un ataque contra a necesidade dun sistema impositivo poderoso que obteña recursos suficientes para financiar os servizos públicos e a intervención pública na economía cada vez máis necesaria. Son as estratexias politicas da dereita e da extrema dereita, son os Trump, Milei, que os arxentinos xa estan empezando a saber quen e, os Abascal, Ayuso, Feijoo, etc.

Outros temas a lembrar: O centro de saúde de Ribadeo [Nota: lembrouse que se está a espera dunha xuntanza que o alclde prometeu facer]

A concentración pola paz [Nota: que será mañá, domingo, como vesn sendo tódolos domingos, diante da casa do concello de Ribadeo, ás 12:30]

GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIONS E SERVIZOS PUBLICOS DEFENDENSE





20230901

2 de setembro, sábado: falemos de pensionistas

     Un novo primeiro sábado de mes, unha nova concentración pensionista en Ribadeo. A lembrar que a convocatoria é aberta, e que non se fala só de pensións aquí e agora, senón de cara ó futuro, en todo o estado, e de servizos públicos, compromiso social...



20230804

Primeiro sábado de agosto, concentración pensionista

     Como os primeiros sábados dende hai anos, este que vén, mañá cinco de agosto, hai concentración pensionista en Ribadeo, no Cantón, ás doce da mañá. Libre, aberta e cada vez máis concienciada non só das pensións públicas, senón dos servizos públicos sanitarios ou os educativos. Conciencia de que existe roubo do que é de todos, de que hai desigualdade, de que as fakes/mentiras medran e non cambian a cor de cara de quen as di...


20230717

Manifesto dos pensionistas da Mariña

 Fágome eco do seguinte manifesto:

NÓS OS PENSIONISTAS DA MARIÑA

Imos expoñer aquí­ o que supuxo a suba do 8,5% das pensións nos concellos de Foz e Ribadeo que teñen aproximadamente 10 000 hab.

Se temos en conta que tanto en Foz como en Ribadeo hai unhas 3000 persoas pensionistas aproximadamente e que a pensión media é duns 1000 euros en 14 pagas, será doado calcular que tanto en Foz como en Ribadeo a suba do 8,5 supuxo unha inxección de capital de 3 570 000 (tres millóns cincocentos setentamil) euros no ano 2023. Aínda mais, debe terse en conta que estes cartos están repartidos entre as persoas máis necesitadas e que van directamente ás familias e ao consumo do día a dí­a.

Agora calculemos se a suba fose de un 0,25 % como defendí­a o PP que se opuxo, o mesmo que VOX, ao 8,5 % dicindo que era económicamente inviable, e veremos que os ingresos por este concepto entre os pensionistas de Foz e Ribadeo serí­an de 105 000 euros, ou sexa 34 veces mais pequeno.

Se o Ribadeo Indiano estímase que deixa uns beneficios de tres millóns de euros, o cal está moi ben para a hostalarí­a e o comercio, non vos parece que tres millóns e medio están moito mas repartidos?

DENDE MODEPEN A MARIÑA INVITAMOS A VOTAR AOS PARTIDOS POLÃÍTICOS QUE DEFENDEN O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS E OS SERVIZOS PÚBLICOS COMO A SANIDADE, O ENSINO E OS SERVIZOS SOCIAIS

20230703

Da concentración de pensionistas do sábado 1 de xullo en Ribadeo

Da concentración de pensionistas do sábado 1 de xullo en Ribadeo

    Contei ata 40 persoas na concentración da que deixo unhas fotos de Suso de varios momentos e unha miña previa ó inicio e a captación das verbas que se dixeron (Evaristo, Antonio, e Salvatierra, e coa excepción das de Suso, que falou cunha certa separación das outras ditas). Asemade, o texto da proposta de MODEPEN. A dicir que comeza coa lembranza dun compaéiro que xa non está.



MODEPEN Sábado, 1 de Xunio.

Bo día compañeiros e compañeiras, saúdos a todas e a todos, aquí seguimos cas nosas concentracións dos primeiros sábados de cada mes.

Vou comentar as novas mais destacadas dos últimos tempos dos movementos de pensionistas de Galicia, do estado español, e de Europa, comezando por suliñar que o día tres de Xunio celebrouse a Asemblea anual de MODEPEN en Porriño, á que non puidemos asistir polas circustancias que xa coñecedes os que non o sabedes por problema de coche pero anque ainda non temos os documentos que se aprobaron sabemos que foi moi concurrida, con moito debate e que se aprobaron os proxectos que se presentaban con algunhas correccions pero en liñas xerais cas ideas de defensa do sistema publico de pensións e dos servizos públicos propios do estado de benestar.

Tamén se celebrou o pasado mércores un pleno do Consello Nacional de MODEPEN no que se trataron dous temas que quero transmitirvos. En primer lugar os días 2 e 21 de xullo vanse celebrar no Pais Vasco Unhas Xornadas de reflexión sobre os Movementos de Pensionistas en Europa das que se agarda que saia un grupo de traballo para comezar a redacción de documentos comuns para dar pasos cara a establecer unha estructura organizativa de pensionistas a nivel europeo. Ata agora non existe nengún organismno estable que permita coordinarse, discutir programas e finalmente ir a movilizacións conxuntas. Xa comentamos que no Pais Vasco houbo un primeiro contacto con pensionistas franceses hai uns dous meses, cando estaban en Francia en plena movilización pero agora trátase de unha xuntanza ampla na que xa están contactados pensionistas de Portugal, Francia, Austria, Inglaterra e Alemania e outros. Naturalmente as circunstancias son diferentes en moitos aspectos pero hai tamén moitos pontos en común e sobre todo a clara conciencia de que nos enfrontamos a un mesmo enemigo que ten unas estratexias mundiais comuns, como e o adelgazamento das pensións públicas, a privatización da xestion dos fondos de pensións para lucro privada da banca e das multinacionais da especulación de capitais, a prolongación dos curriculums laborais e o retraso da edade de xubilación, en fin o que xa coñecemos como as estratexias do Fondo Monetario Internacional dende a década dos oitenta do século pasado. Dende logo é un motivo de satisfacción que esteñamos en primeira fila dos debates e dos pasos para constituir unha organización europea de pensonistas e que representantes galegos esteñan participando directamente nestes movementos ca experiencia, coñecemento e contactos que nos abre para o futuro.

O outro tema que se tratou nesta xuntanza do Consello Nacional de Modepen do pasado mércores, foi un proxecto de comunicado presentado por Xabier Pérez Davila sobre as eleccións do vintetres de xullo para propoñer as plataformas de pensionistas do estado a través da Unidade de Acción e que se aprobou con alguns retoques de redacción. Ese comunicado xa está nas redes sociais e eu vouno ler agora pero se me permitides vou facer algúns comentarios previos.

Mirade cecais algunhas persoas poden acusarnos de tomar agora unha postura política por motivos ideolóxicos, ou sexa que imos pedir o voto para uns partidos políticos porque temos unas ideas afins a eses partidos políticos, cando nos sempre declaramos que os movementos de pensionistas deben moverse nun abano moi amplo de ideas onde collan todas as persoas que defendan os intereses dos pensionistas e as melloras nos servizos sociais públicos alén das suas ideas relixiosas, ou s suas preferencias por un partido ou outro ou por unha tendencia ou outra. Eu vou presentar brevemente algunhas declaracións públicas dos dirixentes do PP e de VOX nos últimos meses, xa non me vou ir ao cerovintecinco de Rajoy para que non me digan que eso é auga pasada. Refírome exclusivamente ao que calquera pode sacar das hemerotecas na última lexislatura. En primeiro lugar podemos atopar ducias de declaración dos dirixentes de estes dous partidos e dos seus ideólogos, eu atopei trece declaracións porque non busquei mais, nas que cuestionan a viabilidade do sistema público de pensións sempre repetindo o mesmo mantra, machacando ca mesma mentira: Que a caixa de pensións non ten viabilidade, que está en bancarrota, que se vai ao tacho en poucos anos pero sempre esquecendo o que temos dito tantas veces e está publicado en ducias de informes, que o sistema público de pensións é perfectamente viable no estado español, que os bancos debenlle á caixa de pensións mais de 60 mil millons de euros, que Escriva ten recoñecida unha débeda de centocoarentamil millóns so dende o ano milnovecentosnoventaenove, que está sen facer a auditoría de contas obligatoria por lei entre milnovecentos setenta e seis e dousmil dazanove e que moitos economistas estiman en perto de oitocentosmil millons os fondos que se levan retirado da caixa de pensións para outras actividades do estado. Os dirixentes de estes partidos e os seus ideólogos non recoñecen esta realidade tan evidente, negan esa débeda e inventan e repiten que o sistema non é viable, obviamente para dar facilidades e preparar o terreo para a sua privatización se chegan ao goberno. En segundo lugar temos as declaracions da semana pasada do Sr. Feijoo decindo que había que ir ao sistema da mochila austriaca, ou sexa unha sistema privatizado, e a declaración da Sra. Cuca Gamarra á revista Yo Dona: “No pasaría nada por jubilarse a los setenta años si la expectativa de vida sigue creciendo”. Ou sexa que se non morremos antes temos que traballar mais. Esta é a proposta, sen ambaxes, da voceira do PP no congreso dos deputados nunha entrevista de outubro de dousmilvintedous. Non é unha concelleira descoñecida de Penas Agudas, é a voceira number one no Congreso dos Deputados a un ano das eleccións xerais, cando no se contaba que se ian adiantar, ou sexa unha declaración programática estudada e pensada e lanzada aos medios a ver como caía, pero un proxecto concreto das intencións da dirección do PP, alogar a edade de xubilacíon ata os setenta anos. Que non digan que é unha posición ideolóxica a nosa, é unha proposta concreta de unha dirixente das mai cualificadas do PP e as suas declaración forman parte de un abano de proxectos discutidos nos órganos de dirección de este partido baixo a supervisións dos seus asesores mediaticos, nada de improvisación ne saida de tono, realidade pura e dura, xubilación aos setenta anos é o proxecto programático do PP. E convén decirlle esto aos nosos familiares, veciños e amigos, sen alporizarnos, sen levantar a voz, citando datos concretos, Cuca Gamarra, voceira do PP no parlamento español, revista Yo Dona outubro dousmilvintedous, xubilación aos setenta anos con todo o que eso significa, non se trata de retrucar agora aqueles bulos de que te van quitar a pensión ou de repartir a vaquiña para o vecin, non é eso, é unha proposta concreta para exercitar se chegan a gobernar os partidos de dereitas.As propostas recollidas en varias intervencions de dirixentes de VOX e concretamente a intervención de Pablo Saez, deputado de VOX por Valladolid e voceiro de este partido na comisión de seguimento dos acordos do Pacto de Toledo vai pola mesma liña de privatización da xestión das pensións, custionar a sostibilidade do sistema público sen aportar nengún dato que apoie a sua teoría e sen ter en conta o que antes dixemos da débeda histórica da caixa de pensións, recortar as prestacións e invocar unha reducción do paro que eles conseguirían polo ate de bilbirloque porque tampouco aporta nengunha alternativa como non sexa a reducción de impostos as rentas mais altas. Eso sen ter en conta as propostas anteriores de Santiago Abascal de adelgazar o sistema sanitario público para reducir os servizos ao mínimo urxente e vital e abrirle todas as canchas ao sector privado. Naturalmente non se pode descartar que nos próximos días maticen as suas declaración anteriores e veñan decindo que si pero non, que non querían dicir eso e que non van tocar o sistema público de pensións, de aquí ao vintetres veredes como escoitamos que van daros pesos a catro pesetas se gañan.

En resumen as propostas de estes grupos políticos VOX e PP van directamente sen disimulalo en absoluto a minimizar o sistema público de pensións en beneficio da banca e das financieras e polo tanto en perxuicio das clases traballadoras, dos pensionistas actuais e futuros, os nosos fillos e netos, e mesmo a privatizar a asistencia sanitaria e favorecer a escola privada. Polo tanto é lóxico e non supón nengún prexuicio ideolóxico que os movementos de pensionistas nos posicionemos e movilicemos neste intre e diante de estas eleccións do vintetres de xullo en contra de estas propostas e a favor dos grupos políticos que se ben non cumpriron na pasada lexislatura todas as nosas propostas, polo menos aprobaron algunas tan importantes como a suba dacordo co PIB, recoñeceron a sustentabilidade do sistema público e foron deixando esquecidos os proxecto iniciais mais negativos do Sr. Escriva como consecuencia fundamentalmente das nosas movilizacións e tamén da presión, todo hai que decilo, do outro sector do goberno, Unidas Podemos e outros grupos como ERC, Bildu, etc. Nosoutros non podemos ser neutrales nen quedarnos a velas vir porque nestas eleccións xogámonos moito e sería suicida non tomar partido despois de analizar con datos, programas e declaracións concretas o que nos poder vir enriba se o PP e VOX chegan a formar goberno despois do vintetres. Pero tamén hai que decir para que non quede nengunha dúbida que o movemento das plataformas de pensionistas vai seguir e redoblar a sua actividade e a sua movilización a prol de unhas pensións públicas xustas e uns servizos sociais e sanitarios públicos sexa cal sexa o resultado

Vou ler agora anque me repita un pouco o comunicado que propón MODEPEN á UNIDADE DE ACCION das plataformas de pensionistas.




20230604

Sábado 3 de xuño, concentración pensionista

    Emprego un recorte dunha foto de Suso Fernández para deixar constancia gráfica dunha nova concentración pensionista en Ribadeo este primeiro sábado de mes, onte 3 de xuño, e engado o texto lido por Enrique.

 

Bos Días

Fai mas de cinco anos nos xuntamos nas escaleiras do Concello un grupo para protestar pola suba do 0,25%,Cinco anos despois sinto una gran decepción, sintome enganado polo meo pobo, cinco anos perdidos.

Subíronnos as pensións un 8,5%, revalorizaronlas segundo o IPC, subiron o salario mínimo a 1080 € e nós votamos a quén quere facer o contrario, ás Municipais tiñan que ser iso, Municipais, ós azuis son os que trocaron as regras de xogo, pois dicirvos que o seu xogo e privatizar as pensións, baixar a suba outra vez o 0,25%, poñer o salario base a niveis dos 700 €, e nós damoslles a razón. Entón, que coño pintamos aquí?

Estiven con COVID, Podo dicir que o xoves da semana pasada fun ben atendido por parte de todos,. Médico de cabeceira, persoal de ambulancia e persoal de urxencias no hospital da costa, pPara comigo foi moi bo e paciente. Deume tan forte que estaba desorientado completamente, pois esa asistencia non me custou un peso. Parece que a moitos sóbranlles os cartos e queren pagala, pero moitos de nós non temos cartos e sería imposible de asumir. Queixámonos que sube a gasolina, e una leituga; esperade o que isto representará, empeñados de por vida por una operación.

Por iso penso que pensións, sanidade, educación, impórtanos un carallo a todos. Facemos como no fútbol, xogar a cabalo gañador sen importarnos ás consecuencias. Non digo que este Goberno o fixera ben, pero tivo grandes retos: PANDEMIA, FILOMENA, ERUPCIÓN VOLCANICA NA PALMA, A DANA, A GOTA FRÍA, INUNDACIÓNS.

Os azuis dedicáronse a dicir non e non, a todo. E con todo, tivemos aumento en gasto social. E nós miramos para outro lado. Xa non se lembran do YAK-42, van 20 anos diso. 75 mortos, sen imputados. Nin da ruina do Prestixe, 21 anos xa. Nin dos mortos da hepatite C, 8 anos, 4000 mortos e sen responsables. Nin os recentes mortos nas residencias, 34 500 e nin unha condea de todo iesto. Para eles non é endebedamento que nos baleiraran as arcas da Seguridade Social, nin os cartos destinados á igrexa, nin manter á familia real. Ti si podes morrer de fame e enfermidade por non ter coidados, pero estes parásitos non. E moitos de nós entramos no seu xogo, á vista dos resultados.

Se non temos que comer, prendemola tele e vemos que esa xente está ben, e xa comemos con iso. Vivimos do aire que outra xente respira, “eche o que hai”, é o que nos acostumaron, conque coma un, chega; os outros miramos.

Temos o que nos merecemos, a nosa ferramenta son ás rúas, que están para protestar. Ese é o noso recurso, é o que nos deixan, mentres non apliquen a lei mordaza, e nos importa un carallo quen goberne, simplemente que non nos tomen o pelo. Non digo que estes o fixeran ben nen moito menos, porque mentiría. Puideron facer moito máis por nós, e sobre todo ternos a nós un pouco mais en conta, recibirnos e escoitar as nosas propostas. A fénda de xénero é unha lacra que temos enriba porque non fai falla irnos a África para ver a miseria, témola a volta da esquina, por non dicir na porta do lado ou dentro das nosas casas, e falamos de familias tanto nacionais como estranxeiras.

Estiven un pouco documentándome e comparando publicacións da situación real sobre a pobreza en España: case a metade dos españois, o 44,9 %, chega con dificultade a fin de mes. É dicir, moitos viven moi preto do límite das súas posibilidades, e 1 de cada 5, (o 21 % mais ou menos), xa está instalado nesa situación. Datos dos anos comprendidos entre 2019 e 2022, fogares que acaban o mes con moita dificultade.

No ano 2021, había un total de 13,1 millóns de persoas é dicir, o 27,8 % da poboación española, que estaban en risco de pobreza e/ou exclusión social. En España, case 2,2 millóns de nenos viven na pobreza relativa. Somos lideres en Europa. Por primeira vez na historia deste país, os nenos convertéronse no colectivo máis afectado pola crise económica, Estremadura, Andalucía e Ceuta, están á cabeza. En Galicia temos un 25,2 %. O 30% das familias só teñen para gastos esenciais: "antes mercaban chuleta ibérica e agora pito". O 20% das familias está ao límite, e non poden recortar máis. A demanda de produtos frescos, como pescado e carne, caeu un 7% con respecto ao ano pasado, tiramos de marcas brancas cada vez mais. Grazas a que ás grandes economistas témolas na casa. E fan milagres.

O umbral da pobreza no ano 2023 sitúase nos 841€ ao mes. Algúns dos que estámos aquí estamos nese limite. Para mais foder, unha nova de última hora di que os traballadores poderán cobrar un 20% máis de pensión se demoran 10 anos a súa xubilación. Resulta que os nosos xóvenes entran no mercado laboral entre os 25 e 30 anos, e que se a iso se lle suma que tes que ter cotizado 39 anos para xubilarte, ás probabilidades son poucas. Por iso teñan a moral polos pés. Non me sstrana que pensen que xamais se xubilarán, non deixan moito marxe para un paro. A nosa xuventude non nos apoia é nós non podemos facer moito máis sen o apoio da nosa xuventude. E mentres o corpo nos aguante, seguiremos nas nosas reivindicacións porque queremos deixarlles un bo futuro:

1. pensión mínima de 1.080 euros.

2. eliminación da fenda de xénero.

3. restablecer o cómputo de 15 anos para o cálculo das pensións.

4. auditoría das contas da seguridade social.

5. voltar a xubilación aos 65 anos.

6. actualización de pensións e salarios segundo o ipc real, e unha paga compensatoria pola perda do poder adquisitivo das pensións a fin de ano.

7. derrogación das reformas de 2011, 2013 e 2023.

8. non aos plans de pensións privados de empresa, e non á xestión privada das pensións públicas.

9. xubilación anticipada sen penalización a partir dos 40 anos cotizados.

10. non as privatizacións, queremos seguir sendo do sistema público.

11. derogacion da lei mordaza.

¡¡¡ Goberne quen goberne as pensións e servizos públicos deféndense!!!

20230602

3 de xuño, concentración pensionista en Ribadeo

    Un mes mais, goberne quen goberne, haxa eleccións ou non, os pensionistas seguen pensando no futuro de todos. Concentración este sábado en Ribadeo polas pensións, pola equidade, polo traballo xusto, pola igualdade, polos servizos públicos....


20230402

Concentración pensionista en Ribadeo, 20230401

Foto de Suso da concentración do 20230401

    Un novo primeiro sábado de mes, concentración pensionista en Ribadeo. 52 persoas contadas no Cantón, á beira do Pazo de Ibáñez coas bandeiras a media pao por mor do accidente de tráfico de poucas horas atrás con catro mortos, que tamén foi lembrado na concentración cun minuto de silencio. Falaron Evaristo Lombardero, José Ángel Salvatierra, Básaro López e Antonio Gregorio

Texto (aproximado) lido por Evaristo Lombvardero:

Sábado 1 de Abril de 2023 (minuto de silencio polos xoves falecidos en accidente de tráfico)  

 

Bo día compañeiras e compañeiros, agardemos que non nos colla a choiva e menos ainda os incendios que están asulagando tanto en Asturias como en Galicia miles de hectáreas de monte.  

 

Quixera comentar hoxe dous temas da máxima actualidade de gran interese para os xubilados e xubiladas e para os que o van ser nos próximos anos. Pero antes quixera facervos un chamamento para que haxa mais intervencións e opinións porque todas son necesarias para que esto non se convirta nun monólogo aburrido e repetitivo.  

 

De estes dous temas vou tratar primeiro o de Francia, que se ben xa o coñecemos todos polos medios de comunicación, anque estes tratan de manterlo o mais caladiño posible hai algún aspectos que quero suliñar. Como xa sabemos as movilizacións en Francia comezaron por un grupo de estudantes e posteriormente foron apoiadas por todos os sindicatos, incluido o mais próximo ao goberno, que pretende a xa aprobou por decreto a subida da edade de xubilación de 62 a 64 anos. O que quero suliñar é que as movilizacións en Francia tiveron unha importante repercusión nas esixencias da Unión Europea á hora de negociar co goberno español o texto do último decreto lei que logo comentaremos, tal como recoñeceron diferentes medios nos días pasados, beneficiando así as reivindicacións dos pensionistas españoles. Pero non so eso, senón que en unha crónica publicada onte por axencia aparece o relato de que o goberno inglés acaba de conxelar a decisión tomada xa en 2017 de subir a edade de xubilación dos 66 aos 67 anos entre 2026 e 2028, pero agora este goberno conservador, absolutamente sumiso as ordes do Banco Mundial e dos líderes do neoliberalismo aplaza a execución de ese proxecto para despois das eleccións xerais de 2024, tomando nota as movilizacións francesas que están sendo as maiores dos últimos 40 anos e por medo a que se reproduzan as movilizacións en Gran Bretaña, ou sexa entroulles o medo no corpo como se soe decir. Naturalmente que non imos descubrir agora que as movilizacións das clases traballadoras son a principal ferramenta que temos para presionar aos gobernos de calquer color e conseguir melloras sociais ou laborais e este é un exemplo actual que demostra unha vez mais a lei da gravedade e como unha actuación en un país repercute en outro porque os problemas son moi similares e están determinados polas políticas mundiais do FMI, a UE, a banca e as multinacionais. Como sabedes hai poucos días celebrouse un encontro no Pais Vasco de plataformas de pensionistas do estado español e alí estiveron catro compañeiros e compañeiras de Modepen e tiveron conversas e debates con compañeiros franceses e de outros países europeos de maneira que se está xestando unha coordinación interestatal europea que traguerá avances nas loitas por unas pensións dignas e uns dereitos sociais que nos foron arrebatadas nos últimos anos na estratexia neoliberal de derrubar o chamado estado de benestar. Non me extendo mais neste tema que xa coñeces pero que debe servir para convencer a moita xente que ainda sigue pasiva e desmovilizada, agardando o maná, da importancia de participar e sair da casa e xenerar grandes ou pequeñas movilizacións en todos os pobos e ciudades.  

 

O segundo tema que quero comentar hoxe é o asunto do último decreto lei sobre pensións publicado no BOE o 17 de marzo que leva por pomposo título “ Medidas urxentes para a ampliación dos dereitos dos pensionistas, a reducción da brecha de xénero  e o establecimento dun novo marco de sostibilidade do sistema público de pensións”. Sobre este decreto xa tedes coñecemento pola prensa e polas notas que publicaron as plataformas de pensionsitas agrupadas na Unidade de Acción e que foi convalidado  antonte polo Congreso dos Deputados con 179 votos a favor do PSOE, Unidas Podemos, Más País, Compromís, PNV, ERC, EH Bildu y PDeCAT e outros e 104 votos en contra,  PP  Ciudadanos a CUP e o BNG e ca abstención Vox, se ben hai que suliñar que os votos en contra da CUP e o BNG foron por motivos radicalmente diferentes dos argumentos do trifachito. Sen entrar en moitos detalles os argumentos do BNG e da CUP están moito mais cercanos aos das plataformas de pensionistas de pensionistas que esixen reformas de mais calado, mentras que os do trifachito rexeitan ata as pequenas melloras de este último decreto lei.  

        Imos pasar revista brevemente aos contidos que nos benefician e os que nos perxudican desta nova norma legal, pero antes hai que suliñar mais unha vez que o escenario político e parlamentar que nos atopamos sería impensable sen a existencia das plataformas de pensionistas e das movilizacións sustentadas ao longo de estes anos. A UXT e CCOO, que tamen aprobaron o decreto e  mesmo os partidos a esquerda do PSOE e o mesmo goberno nunca presionarían polas pequenas reformas conqueridas se non estivésemos nos na rua semana tras semana en todas as CCAA do estado español.  

   Tomando como referencia un informe de Xabier Pérez Davila, o comunicado das Plataformas do estado español e  outros comentarios podemos decir que o decreto aumenta os ingresos do sistema público de pensións por varias vías sen poñer o inzo nos recortes como pretenden os grupos de dereitas e como pretendia o 0.25 de Rajoy e este é un aspecto positivo . Ou sexa no momento actual o goberno e os seus aliados non cuestionan a viabilidade económica do sistema público de pensións o cal conceptualmente é un avance anque despois dependerá de como se executen as medidas concretas ao longo dos anos. Sin embargo non podemos ser tan parvos de non lembrar que está sen realizar a auditoria de contas da Seguridade Social, que o Tribunal de Contas xa ten recoñecida unha débeda do estado ca Caixa de Pensións de 103 690 millon de euros e que dacordo ca propia lei de 2021 aprobada por este goberno a auditoría  xa debera estar rematada a 30 xunio de 2022.  Querse dicer que buscar vías de financiaciacón do sistema público de pensións como prevé o decreto lei incrementando as cotizacións dos salarios mais altos que actualmente están limitadas aos 45 000 euros ao ano, ou sexa que un salario de 90.000 euros ao ano so cotiza polos primeiros 45 000 e por esa via vanse aumentar sensiblemente as cotizacions como tamén polo incremento do porcentaxe do PIB dedicado as pensións que pode acadar o 15 % así como outras medidas, pero que en última instancia hai que saber con exactitude cal é o estado dos fondos da Caixa de Pensións e iso non se vai saber mentras non se faga a auditoria que dará datos concretos sobre os millons de euros que foron desviados ao longo de mais de trinta anos da caixa de pensións a outras actividades económicas como o xa citado repetidamente dos 64 000 millons de euros desviados por ´Rajoy aos bancos en 2008 e dos que non se devolveron mais de 6000. Naturalmente as dereitas e os seus ideólogos seguen negando a viabilidade económica das pensións públicas pero hai que lembrarlles duas noticias frescas, unha a crise bancaria suiza das semanas pasadas que supuxo a caída do xigante Credit Suizse e tivo que ser rescatado con fondos públicos con unhas perdas multimillonarias e un impacto extensivo a numerosos países e economías que chegou a xenerar un gran temor a que se extendese a todo o sistema bancario mundial como sucedeu en 2008 ca crise de Lehman Brothers, a maior creba da historia en Estados Unidos con un poderosísimo efecto dominó en todo o mundo e tamén desexo lembrar porque afecta en certo modo a Ribadeo da fuxida de Ferrovial a Holanda da man do fillo de Rafael del Pino que como sabedes o pai construiu unha mansión en Riocainzos en Vilaframil con unha enorme propiedade e casou con unha irmá de Leopoldo Calvo Sotelo. Pois ben este grupo que naceu en 1952 grazas as vantaxes e enchufes que lles deu a victoria na guerra fascista, agora para evadir centos de millons de euros en impostos vaise aos Países Baixos despois de zugar miles de millons en subvencions do estado español e dase a circunstancia de un membrode este grupo económico é un dos ideológos mais activos do neoliberalismo español e dos que mais escriben en contra das pensións públicas e da sua viabilidade, pero cando chega este momento económico de crises bancaria e de fuxida do irman maior Rafel del Pino Calvo Sotelo que ten a maioria das accions de Ferrovial para eso non teñen nada que analizar sobre a viablidade de eses emporios de capital e poder que son os verdadeiros causantes das crisis económicas, do paro, da suba de prezos e da falta de recursos, se os houbera, para os servizos públicos. Este é o contexto económico e social no que nos movemos, estos son osverdadeiros poderes económicos e nos podemos esquecelo nin por un segundo anque critiquemos e comentemos as políticas deste goberno de esquerdas.          

    O decreto tamén  introduce algunhas melloras para reducir a fenda de xénero, por exemplo incrementando os anos dedicados aos coidados que se considerarán cotizados e o aumento dun 10% do complemento por fenda de xénero, medidas que non serán suficientes para acabar con esta fenda, mais si a reducirán. Asemade aumenta as pensións mínimas, se ben queda moi lonxe da reivindicación dunha pensión mínima de 1080€/mes. E tamén foi rexeitada a proposta inical de aumentar de 25 a 30 anos o período de cálculo da base reguladora das novas pensións iniciais deixando a opción durante un tempo de elexir entre o calculo dos últimos 25 anos ou  dos últimos 29 suprimindo os dous mais desfavorables, elección que será optativa para as persoas pendentes de xubilarse. Pero a esto temos que respostar que o periodo de calculo da base reguladora ampliouse dos 15 aos 25 anos no 2011, tamén co respaldo de CCOO e UXT e que aquela norma non foi derrogada como vimos esixindo as plataformas de pensionistas. Ou sexa que quedarnos nos 25 anos e menos malo que chegar aos 30 pero non é recuperar os 15 como entende calquer parvo.  E moi ben sabemos que na situación de precariedade laboral na que nos atopamos moitos traballadores e traballadoras non van ter uns 25 anos cotizados a niveis dignos cando lles chegue a edade de xubilación. Polo tanto o decreto neste ponto tampouco é para botar foguetes.  Como tampouco derroga a lexislación de 2022 que introuciu mais facilidades para a privatización das pensións a través de facilitar a xestión dos fondos públicos por bancos e entidades privadas e dos convenios de empresa.  

En resumen o novo decreto non reproduce os pronósticos mais negativos que se esperaban da política e da cultura filobancaria do Sr. Escriva,  pero está moi lonxe de satisfacer a demandas mais urxentes das plataformas, a suba das pensións mais baixas, a fenda de xenero e a garantía definitiva da sustentabilidde do sistema público de pensións a través dos presupostos xerais do estado.  

        Para rematar vou ler a lista de reivindicacións mais urxentes que ten prantexada na actualidade a coordinadora de platafomas Unidade de Acción non sen antes insistir en que a única ferramenta útil para defender os intereses dos pensionistas e en xeral das clases traballadoras e a movilización na rua, o debate, a transmisión de información veraz nun mundo absolutamente manipulado polos medios de desinformación e por tantos e tantas profisionais e políticos dedicados en corpo e alma as 24 horas do día a engañar ás clases trabaladoras a meternos na cabeza bulos e fantasías propias do sistema neoliberal e a dividir e enfrontar aos distintos sectores da sociedade traballadora creando a impresión de uns quitamos o traballo a outros ou as persoas que veñen de outros países non a xogar aofutbol senon a traballar son os reponsabeis das dificultades económicas dos mais necesitados.  

Esta lista é a seguinte:  

  1. Pensión mínima de 1080 euros.  

 2. Eliminación efectiva da fenda de xénero.  

 3. Período de cómputo para o cálculo das pensions, dos mellores quince años de cotización de cada persoa.  

 4. Auditoría xa, das contas da Seguridade Social, en cumplimento da Ley.  

 5. Xubilación aos 65 anos, no camiño cara aos 60.  

 6. Actualización de pensions e salarios según o IPC real e anual, e recuperar a paga compensatoria anual pola pérda do poder adquisitivo das pensions.  

 7. Derrogación das reformas de 2011 e 2013 e as seguintes de 2021, 2022 e 2023.

 8. Non aos  plans de pensions privados de empresa, nen á xestión privada das pensions públicas.  

 9. Xubilación anticipada sen penalización a partir dos 40 anos cotizados.  

 10. Non á descapitalización da Seguridade Social, nen á  liquidación do seu patrimonio inmobiliario. ¡¡¡ GOBERNE QUEN GOBERNE AS PENSIONS E SERVIZOS PUBLICOS DEFENDENSE   ¡¡¡¡