Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta balsa de lodos. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes
Amosando mensaxes organizadas por data para a consulta balsa de lodos. Ordenar por relevancia Amosar todas as mensaxes

20241117

“Non mires á balsa de ALCOA”. Iván Rodríguez Lombardero

Unha curiosidade: a balsa, en Google Maps, aparece da mesma cor que a auga... (captura de Google Maps)

“Non mires á balsa de ALCOA

O pasado 11 de outubro a Xunta de Galicia publicou unha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable para o recrecemento da balsa de lodos vermellos de Alcoa. Unha DIA “singular”, como denuncian ADEGA, Ecoloxistas ou Petón do Lobo, que no seu primeiro apartado inclúe un texto literal que deixo ó seu xuízo:

“A avaliación non inclúe os aspectos de seguridade das instalacións, estabilidade xeotécnica, de seguridade e saúde no traballo, de minería, estradas e outros que posúan normativa reguladora e instrumentos específicos e se atopan fóra do alcance da avaliación ambiental, nin todo aquilo que se atopa fóra das cotas (100msnm-104msnm) nas que se pretende a execución do proxecto, nin das canteiras ou zonas de extracción de áridos e pedra, nin os que se deriven da caracterización dos barros a depositar nin dos plans de emerxencias interiores e exteriores”.

É dicir, que adiante. Non temos claro se caerá todo, se vai ser seguro para o persoal, se se vai restaurar ou non, se os viais van ser empregados de acordo coa norma, pero polo tema “ambiental”, adiante. Semella que as asinantes non queren a responsabilidade de aprobar por urxencias políticas un proxecto con tantos aspectos pendentes de aclaración. Un exemplo: durante o trámite ambiental o departamento de Saúde Pública caracterizou os lodos como irritantes e corrosivos, e polo tanto perigosos, o que podería modificar os informes previamente remitidos polos restantes departamentos consultados…

Pese a resolución favorable, abondan no texto as condicionais e as dúbidas, entre as cales a unha semana da catástrofe da DINA en Valencia debemos salientar este parágrafo sobre o informe da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior:

“Revisada a documentación en relación coa avaliación dos efectos derivados da vulnerabilidade do proxecto ante riscos de accidentes graves ou catástrofes que incidan no proxecto, se estima que son elevados, e polo tanto o promotor do proxecto ten que modificar o Plan de Emerxencia Interior para adaptarse ás novas características do depósito, que será o documento de referencia para a actualización e revisión do Plan de Emerxencia Exterior”.

Adiante, pese ó elevado risco. Cal é o risco dunha balsa de lodos? A licuefacción dos mesmos debido a fortes precipitacións, que poidan converter a terra en lama e provocar a caída dese depósito de 100 metros de altura (33 pisos!!). Agarrarémonos neste momento de crise climática -onde está a suceder seguido o nunca antes visto- ao “malo será que chova tanto, verdade”? Pois si, agarrámonos. Adiante.

Como xeólogo teño claro que se non se desmonta antes a balsa de lodos vermellos vai caer antes ou despois. Se non é por un evento catastrófico hoxe será pola falla de mantemento despois de pechar Alcoa ou -o máis frecuente- por unha mestura de ámbalas dúas cousas: un evento excepcional tras un mantemento deficiente. E aquí pasamos a outro interesante debate aberto neste caso pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, que informa:

“O proxecto non ten en conta no deseño un sistema que sexa independente dun mantemento activo sine die para garantir a ausencia de impactos unha vez clausurado e abandonada a actividade e o seguimento” e estima que “debe incorporar un deseño que garanta que os impactos, ordinarios ou accidentais, ao longo do tempo, non teñan posibilidade de acontecer, xerando un sistema que non sexa dependente de actuacións antrópicas de maneira indefinida para a súa viabilidade”.

O Rei Espido, finalmente! Recoñece que se dá vía libre a un proxecto que requirirá dun mantemento permanente durante séculos sen concretar quen vai asumilo (un custe que se cadra suporía a inviabilidade económica da factoría). Quen pagará esa factura sine die? Como garantir o seu cobro? Estamos a telo en conta cando falamos do beneficio de ter ALCOA na nosa comarca? Mais… ningún problema! A propia DIA resolve o asunto coa encarga de presentar un proxecto de clausura e restauración definitiva da balsa… (Pero hoxe non: mañá!)

“Fase de abandono da actividade: Remitirase ao órgano substantivo, no prazo de un (1) ano previa a finalización da vida útil das instalacións o proxecto de selado, clausura e rehabilitación das mesmas xunto co pertinente EsIA.”

En fin, que xa buscaremos a tixola cando rompamos os ovos. Adiante cun proxecto sen garantía de estabilidade nin seguridade nin plan de restauración nin plan de emerxencia. Unha decisión política da que o propio persoal técnico non semella querer responsabilizarse mentres todas cruzamos os dedos porque non pase nada. Seguimos sen querer mirar arriba, pero debéramos mirar cando menos a Valencia.

Análise elaborada por Iván Rodríguez Lombardero, coordenador do SLG en Lourenzá (A Mariña, Lugo). Xeólogo ambiental, doutor pola Universidad Politécnica de Madrid (E.T.S. de Enxeñeiros de Montes), especialista en avaliación ambiental de actividades e planificación física.

20241022

Continuemos a crear conciencia social. Pablo Mosquera

Continuemos a crear conciencia social

Un equipo do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) publicou dous novos estudos sobre a influencia da contaminación atmosférica e o efecto das ondas de calor na aparición e/ou agravamento de determinadas enfermidades e no aumento derivado de certos ingresos hospitalarios. As investigacións, lideradas dende a Unidade de Cambio Climático, Saúde e Medio Ambiente Urbano da Escuela Nacional de Sanidad (ENS) do ISCIII, que codirixen os investigadores Julio Díaz e Cristina Linares, publicáronse na revista Science of the Total Environment.
A contaminación, en especial a do aire, provoca cada ano non menos de 60 000 ingresos nos hospitais españois, en moitos casos de pacientes con patoloxías e cadros clínicos de gravidade. É a alerta que esta semana lanzou ós responsables sanitarios nacionais e autonómicos Julio Díaz, un dos maiores expertos españois e internacionais nos danos ocasionados á saúde polos tóxicos ambientais. Este científico usou unha das sesións do congreso que celebra a Sociedad Española de Calidade Asistencial (SECA) para avisar ós responsables políticos de que non lle están a prestar nin abonda atención nin os medios adecuados á enorme ameaza para a saúde que é a contaminación.
Dr. Cristóbal Belda Iniesta. Director do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII): 
"La biomonitorización humana (BMH) como herramienta para determinar la exposición a sustancias químicas y sus consecuencias sobre la salud, tanto en entornos experimentales como de vigilancia activa, es una prioridad científica del ISCIII, especialmente representada en términos experimentales y tecnológicos por el Centro Nacional de Sanidad Ambiental, que como centro de investigación del ISCIII, reúne las condiciones científicas y tecnológicas más adecuadas para determinar la exposición a sustancias químicas en el individuo, de forma integrada y, sobre todo, con una perspectiva estatal. Realización de estudios de vigilancia como instrumento clave para generar información sobre niveles de exposición y como herramienta para la toma de decisiones. La publicación de este estudio de exposición a sustancias químicas en población adulta española y agradecemos al ISCIII sus esfuerzos para ponerlo a disposición del público. El estudio constituye, sin duda, uno de los estudios más completos realizados en nuestro país de interpretación de concentración en la población española de sustancias químicas de extenso uso que se añaden a una amplia variedad de productos de consumo (plásticos, espumas, construcción, equipamientos electrónicos, ropa, muebles) y con presencia en alimentos. La integración de los condicionantes ambientales es clave en la definición de políticas públicas y en la toma de decisiones en diferentes sectores, destacando el de la Salud. Entendemos que la vigilancia en humanos de los impactos de la exposición a dichas sustancias constituye una herramienta necesaria para habilitar la adopción de medidas de gestión del riesgo de exposición de la población general a las sustancias químicas."
Participaron na nosa provincia de Lugo: Jesús Núñez Calvo, Gelasio Rodríguez Rodríguez, Ignacio José Cacharrón Prieto. Laboratorio: Laboratorios BIOMIG: Ester Varela e Miguel González.
A Xunta comproba se Alcoa amplou sen autorización a balsa de lodos. 
O Goberno autonómico fixo unha inspección e solicitou documentación á multinacional ó respeto.
Todo o que antecede é información actualizada relativa á relación de vertidos industriais de ALCOA e risco para a saúde na poboación da área sobre a que inflúe o proceso industrial contaminante da factoría aluminera.
Ate o de agora decanteime polo risco físico e químico que comporta a BALSA CON LODOS VERMELLOS e esa información que traduce que puidéronse ampliar as súas capacidades para dar acubillo a lodos sen permiso oficial da XUNTA DE GALICIA; a constante reivindicación para que se amplíe a antedita "bomba fisicoquímica", a clandestina e nouturna evacuación de lodos a outros vertedoiros. Sobre o particular o comité de empresa ni n está nin se lle espera, mesmo pode chegar a colisionar cos movementos ecoloxistas que sinalan o que está a pasar.
É verdade que o Instituto Carlos III realiza estudos sobre a contaminación atmosférica e dispón do mapa de tal estado por comunidades e vertidos como son FLÚOR e CADMIO, sen dúbida os máis perigosos no caso ALCOA.
É verdade que os últimos tempos, teño podido comprobar, o mesmo que outros compañeiros na zona de Morás-Lago, vertidos ás mareas, mesmo coa recén presenza de técnico na praia da Caosa, que representando á Xunta, tomaba mostras da augua mariña en pleno vertido.
É verdade que volvemos á típica situación laboral e sindical. Contencioso entre representantes dos traballadores que temen estar sendo enganados pola patronal e poderes públicos ós que resulta "gratuíto" opinar sobre las ventajas que ten calquera operación financieira que se faga con ALCOA e GARANTE A SÚA CONTINUIDADE. Por certo, moi ocurrentes, os que pediron unha xuntanza co Presidente do Goberno para tratar do problema... supoño que o ilustre patricio faralles caso e entre a súa axenda plena de envites xudiciais fará un espazo a esta cuestión sita nun lugar ó norte do norte que limita con Inglaterra mar por medio. Amén.
Como é preciso facer algo máis que protestar por este conduto, sigoa propor.
1. Instar á Valedora do Pobo de Galicia a visitarnos e sobre o terreo comprobar e escoitar o que pasa en materia de contaminación.
2. Crear foros para publicitar o que pasa e como se denuncia por parte das agrupacións ou asociacións ecoloxistas a vulneración do DEREITO CIDADÁN
3. Crear ambiente dende as comunidades educativas para que cada cidadán sexa un axente medio ambiental.
4. Pedir a presencia de expertos do Instituto Carlos III para que veñan a un foro de información e debate sobre a situación e riscos obxectivos na comarca.

 

20240629

ALCOA, UN PROBLEMA PARA A NOSA SAÚDE. Pablo Mosquera

ALCOA, UN PROBLEMA PARA A NOSA SAÚDE

Pablo Mosquera

A incertidume que vive a factoría de Alcoa afecta a todo o legado que deixa detrás súa, incluíndo a “balsa de barros vermellos”, un depósito onde teñen rematado durante cuatro décadas todos os residuos químicos e non químicos despois de limpar a bauxita para extraer alúmina. Esta alúmina introdúcese en cubas electrolíticas que a transforman en aluminio líquido que se leva ós fornos de fundición para crear aluminio primario.

O transporte destes lodos faise en camión por unha estrada local que acusa xa os anos de idas e vidas destes transportes e a súa carga. A zona está cuberta dunha capa de arxilla vermella que en días de vento soe expandirse por todo o lugar, contaminando as parcelas privadas a máis de ocasionar molestias nas mucosas. 

Agora, e en previsión dun aumento na produción, a idea é ampliar a balsa para aumentar o almacenamento. “Claro que hai auga nesa balsa de barros, pero é augua procedente da chuvia e de regatos que van a parar alí”. “Esa auga é bombeada a uns depósitos para ser tratada e enviada ó mar a través dun emisario”.

O comité de Alcoa San Cibrao ten informado de que a Consellería de Sanidade catalogou a balsa de barros vermellos (Depósito de barros rojos, DBR) dA Mariña como “residuo perigoso”, polo que agora urxe á compañía a facer inversións para su ampliación.

Nun comunicado, o comité insta a que, á espera do trámite medioambiental, Alcoa aprobe “de forma urxente” a inversión do proxecto de ampliación do DBR ate a cota de 104 metros, catro máis da actual. Esta solicitude do comité procura “comezar de inmediato coa contratación das empresas concesionarias da obra e o acopio de materiais e maquinaria”.

Asociación pola Defensa Ecoloxista de Galicia: “O complexo de San Cibrao é dos complexos químico-industriais máis contaminantes de Galiza e dos que maior pegada teñen sobre o clima polas emisións e os enormes consumos de enerxía que demanda. Consume máis de 3700 GWh/ano de electricidade, o que equivale aproximadamente ao 20% parte de todo o consumo eléctrico de Galiza, ao 65% do consumo eléctrico da provincia de Lugo, e ao total do consumo eléctrico das sete principais cidades galegas. Agora, perante a desaparición da súa principal fonte de enerxía, a central térmica das Pontes, e no marco da transición cara a unha economía descarbonizada, as necesidades enerxéticas de Alcoa terán que ser satisfeitas a partir de enerxías renovables, o cal volvería a condicionar por completo o deseño do futuro sistema enerxético galego e español. Cantos montes, chairas e vales máis teríamos que ocupar con parques eólicos e centrais hidroeléctricas para satisfacer o consumo inxente de enerxía de Alcoa?

No seu proceso de fabricación de alúmina e aluminio, emite compostos gasosos á atmosfera con efectos perniciosos sobre a saúde ambiental e humana, sendo unha das cinco industrias asentadas en Galiza que máis dióxido de carbono emite (1 098 000 tm CO2), entre outros contaminantes: CO 31 000 tm; SOx 3740 tm; NOx 165 tm; HF (fluoruros) 114 tm e 177 tm de partículas PM10, segundo o rexistro estatal PRTR1. Só na fabricación de aluminio emite á atmosfera: CO2 419000 tm; CO 20.600 tm, NOx 207 tm, SO2 3.630 tm, PFC 1,3 tm; Ni 130 kg; Flúor 111 tm , PM10 232 tm.

Non só os sindicatos deben loitar polos postos de traballo. Son ciudadanos residentes na área de influencia da contaminación industrial que verte Alcoa por tierra, mar e aire. Non teñen patente de corso para esixir présa no aumento das dimensións dunha balsa que ten ao menos dous graves problemas. Físico. A acumulación de barros que podan romper o continente e producir unha catástrofe non natural. Eu sempre poño como exemplo lembratorio o que pasou co camping de Biescas, que levaba tempo sendo un risco por esvaramento, anunciado sen o menor cambio para evitar o que sucedeu. Químico. Os compostos que verten ó medio ambiente a transformación da bauxita en alúmina e esta en aluminio.

Non logro aceptar que non se siga unha continuada vixiancia sobre o impacto do medio ambiente na saúde. A Asistencia Sanitaria é unha fonte inmensa de información epidemiolóxica. Pero a máis, os Departamentos que vixían a Saúde Pública dunha Comunidade e as súas comarcas, deben ter moi presente o efecto dos cambios medio ambientais nas enfermidades que se diagnostican e tamén nas causas de morte. Ese aumento do cancro de pulmón que por fin dará lugar a un programa de diagnóstico precoz, como se implantou ou de Próstata ou o de Colon. Aí está a resposta ás sospeitas sobre a relación entre enfermidades oncolóxicas e vertidos procedentes da factoría de ALCOA.

¿E que se pode facer desde a sociedade civil? Non só aqueles colectivos concienciados en defensa do dereito ó patrimonio ecolóxico. As asociacións cidadás deben instar ós Concellos a investigar e persoarse ante ALCOA e esixirlle una información continuada, pero tamén ante a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, tanto ou máis que ese comité de empresa formado por sindicalistas ós que só parece importarlles o seu emprego e salario mentres disfrutan de privilexios e esquecen os vertidos industriais que se poden ver ou percibir en canto se sae das nosas casas. ¡A súa conduta resulta egoísta!

Pablo Mosquera Mata

 

20240608

Do pasado ó presente e ante o futuro (final). Pablo Mosquera


Parte I

Parte II 

Parte III

Parte IV 

Parte V

Parte VI

 

Do pasado ó presente e ante o futuro (final)

Ás portas doutro verán nun país de camareiros. Colisión entre aboríxenes do territorio e turistas invasores dispostos a converter a liberdade en ruídos ou refugallos froito do consumo. Eleccións por onde se queira para cambiar o preciso e que así todo siga baixo control do cuarto poder. Iso si. Unha nube de señorías con carta de privilexios e polo menos catro anos de soldo estable e cotizacións para cando chegue o retiro. As campañas foron demoledoras. Insultos, novos improperios, especialistas en asesorar frases duras e á cella do contrario. Pero como de costume. E do noso...que ?

Non podo nin quero deixar de ilustrarme. O último que estou a ler: 14 informe 2024 sobre o estado da pobreza. Sobrecolledor. Debería caernos a cara de vergoña! " As novas Directrices mundiais da OMS sobre a calidade do aire teñen como obxectivo evitar millóns de mortes debidas á contaminación". Cantos aspirantes a pais do Sistema Democrático léron (ou prometen que o farán) tales documentos?. "Sindicalismo e medio ambiente, novos retos". Perdón... esquecía que as horas de libranza son para descansar e reflexionar sobre o dereito a salario, deporte, paseo e algunha reunión moi aparente, sen encolerizar á patronal que si "somos bos e amaestrados nunca, aínda con crise, ha faltarnos a axuda económica e de prestacións sociais que financien a xubilación ó estilo ALÚMINA-ALUMINIO". Acórdanse?. Pregunten canto lles ingresan cada 25 de mes aos ex sindicalistas.

Tres novidades desta primavera a piques de finalizar. No vertedoiro de Somozas, por terras de Ortigueira houbo vertedura de lodos vermellos que chegaron de noite pero non puideron evitar a escandalosa cor que producen. Medio Rural da Xunta ceró unha leira de froitas en Xove-Morás por detectar os froitos do invernadoiro co polvillo procedente da balsa de lodos e consecuente co vento que se levantou. Os donos da plantación fixeron denuncia ante a Garda Civil que enviou a SEPRONA que instalou o seguinte aviso: " Prohibida a entrada. Presenza de contaminantes". Os donos da plantación foron honestos: " A indemnización será a única forma de volver empezar pero isto que sucedeu non me afecta só a min, pois o po que sae da balsa polo vento cruza a malla fina da explotación e chega a calquera outro sitio".

Tiña razón. Eu que vivo no edificio Caosa púideno comprobar. A terraza que convive á beira da miña e tal como aparece na foto que acompaña este traballo apareceu totalmente impregnada polas verteduras vermellas.

Pablo Mosquera Mata

 

20240523

Guerra sanitaria para o tabaco e paz dos cemiterios coa contaminación. Pablo Mosquera

Balsa de lodos da factoría de Alcoa-S. Cibrán

Guerra sanitaria para o tabaco e paz dos cemiterios coa contaminación.

A exposición excesiva ao fluoruro pode provocar unha enfermidade ósea coñecida como fluorosis esquelética. Esta afección pode provocar dor e dano nos ósos e as articulacións durante moitos anos. Os ósos poden endurecerse e volverse menos elásticos, o que aumenta o risco de sufrir fracturas.

A exposición prolongada a certos niveis de cadmio no aire, os alimentos ou a auga produce acumulación de cadmio nos riles e posiblemente enfermidade renal. Outros efectos da exposición prolongada consisten en dano do pulmón e fraxilidade dos ósos.

A inxestión de hidróxido de sodio sólido ou líquido -sosa caústica- pode producir vómitos, dor do peito e do abdome e dificultade para tragar. A lesión corrosiva da boca, garganta, esófago e estómago ocorre moi rapidamente e pode causar perforación, hemorraxia e redución do diámetro do tracto gastrointestinal.

Respirar niveis altos de cromo pode producir irritación do revestimento interno do nariz, úlceras nasais, secreción nasal e problemas respiratorios talles como asma, tose, falta de alento ou xadeos.

Epidemiólogos e xeólogos españois atoparon asociacións entre o número de mortes por tumores de esófago e zonas onde abunda o chumbo, cancros de pulmón e terreos con máis cobre, tumor cerebral con arsénico, e de vexiga con cadmio. Estes vínculos estatísticos non indican unha relación causa-efecto, pero segundo os investigadores, deberíase analizar a influencia da composición dos solos na distribución xeográfica dos tumores.

De forma xeral, os científicos comprobaron como naquelas áreas tradicionalmente máis industriais, e por tanto con solos máis contaminados por chumbo, cadmio, cobre e outros metais pesados, hai, en xeral, maiores cifras de mortalidade en tumores como os de pulmón, vejiga, esófago ou estómago.

Medrar xunto a unha fábrica incrementa as posibilidades de padecer cancro de pulmón nun 50%, mentres que as opcións se duplican no caso das células pequenas dese órgano. Así o testemuña o estudo Capua, o de maior tamaño realizado sobre este tema en España. Os datos públicos dispoñibles apoian estas conclusións. As análises e entrevistas a máis de 1700 pacientes voluntarios do estudo Capua conclúen que "non inflúe a susceptibilidad xenética, senón a contaminación ambiental ou os factores de risco do individuo". Ou o mesmo lugar de traballo, xa que onde falta un servizo de prevención anual os riscos multiplícanse “por tres ou por catro”. Un cambio nos hábitos de vida e a redución da contaminación atmosférica rebaixaría o número de casos desta enfermidade.

"É como a peaxe que pagan para vivir", reflexiona o portavoz da Coordinadora Ecoloxista de Asturias sobre o alto prezo de convivir con industrias contaminantes. O silencio dos traballadores e veciños ten un beneficio: manter ás industrias. Así o entende tamén o doutor Laureano López. "Hai medo a dar argumentos para a deslocalización. É un xogo difícil atopar o equilibro entre investir en procesos menos contaminantes e manter esas industrias”, expón.

O Instituto de Saúde Carlos III elaborou unha serie de informes sobre o perigo de vivir xunto a focos contaminantes. As análises estadísticas suxiren que residir xunto a incineradoras e vertedoiros de materiais tóxicos podería incrementar a mortalidade de cancro de estómago nun 18% e nun 71% o de pleura, a membrana que cobre os pulmóns.

Recollido de diversas publicacións, o que antecede, constato que na nosa Comarca, afectada polas verteduras da multinacional aluminera ALCOA, xéranse verquidos por terra, mar e aire, que conteñen metais pesados, e por tanto con risco obxectivo para a saúde dos habitantes do territorio da Costa Cantábrica Galaica.

Como vello profesor de SAÚDE PUBLICA e habitante da costa ao norte do norte estou no meu dereito de preguntar á colega Ministra de Sanidade se a cruzada contra o tabaco ten relación cos seus efectos nocivos cuantificables en diversas enfermidades crónicas que inciden nos datos epidemiolóxicos de MORBILIDAD E MORTALIDADE que se recollen estatisticamente e obran para a posta en escena dos denominados PLANS DE SAÚDE. Seguro que estou de acordo coa Anestesista Hospitalaria, agora coxunturalmente dedicada a tarefas de alta xestión sanitaria, e activista para defender os dereitos da cidadanía a unha correcta e integral asistencia sanitaria.

Pero hai un paso máis. Sendo as verteduras continentes de sustancias moi perigosas para a saúde, e sendo o medio ambiente parte do patrimonio ecolóxico que constitúe un parámetro da terceira xeración dos Dereitos Humanos -Dereitos do Cidadán- cal é a razón pola que non se pon os mesmos métodos de prevención, educación para a saúde, vixilancia continuada, informes públicos estadísticos e peche dos focos contaminantes?

Comprendo a existencia da colisión entre dereitos fundamentais -intimidade e seguridade- pero angustiame ese comentario habitual nas parroquias desta antiga Provincia de Mondoñedo. "Prefiro morrer de cancro que morrer de fame". "Temos que evitar noticias que alteren o proceso de venda ou mantemento dos postos de traballo de ALCOA, AÍNDA QUE TEÑAMOS QUE MIRAR PARA OUTRA PARTE con relación ás verteduras de LODOS VERMELLOS". Colisión entre dúas perversas realidades.

E vén ao caso por dous feitos a investigar. Incrementaron, sen permisos, a altura do muro de contención na balsa dos lodos vermellos? Hai saída nocturna de camións trasladando lodos vermellos a vertedoiro situado en territorio do Concello de Ortigueira? Teñen datos as Confrarías de Pescadores na Mariña sobre desaparición de fauna e flora mariña nas proximidades da saída ó mar das verteduras procedentes do proceso Bauxita-Alúmina-Aluminio?

Pablo Mosquera Mata

 

20240511

Medio ambiente: patrimonio da humanidade. Pablo Mosquera

Imaxe do Sigpac centrada na balsa de lodos

Medio ambiente: patrimonio da humanidade

Cambio climático. Invasión de produtos a terra, mar e aire. A conciencia ecolóxica cargada de hipocrisía. Ausencia de asociacións civís ecoloxistas. Mercando conciencias con axuda económica e emprego. Ignorancia. Ocultamento. Verquidos que afectan á saúde. Podería seguir ata... Pero quedo con esa ausencia, entre os máis novos, do compromiso na loita contra a contaminación na nosa Comarca da Mariña. Ou a insolente pretensión de facer medrar un estanque de lodos vermellos para facilitar a venda dun “morto” a quen teña, se cabe, aínda menos escrúpulos medioambientais que ALCOA.
Imos cara atrás. Só hai que acceder ás hemerotecas daquel 1979. "Unhas dúas mil persoas manifestáronse contra a planta de San Cibrán". Queremos aire limpo e non morrer de flúor! Esta vez xa non se debeu á intención de construír unha central nuclear que achegase enerxía barata á factoría de Alúmina-Aluminio.
É recomendable lembrar e revisar. No ano 1975, coa instalación da factoría, empadroáronse na nosa Mariña ata 48 235 cidadáns. A poboación rexistrada como activa era de 18 762 persoas traballando, algo máis do 40% na agricultura, o 15% na pesca, o 9,4% na construción, o 16% na industria; o resto, algo máis do 19% en empresas e servizos. Porén, hai que sinalar que os que chegan á montaxe, moitos deles, non se empadroan nos concellos mariñáns. Son descoñecidos sen interese en vivir como galegos. Esta nova forma de vivir e traballar choca ós empregados na baleeira de Morás ou os lavados de caolín, Sargadelos, os talleres metalúrxicos de Chavín, as conserveiras, a flota pesqueira, as explotacións gandeiras, os inicios do turismo de escala e da construción. Son os tempos nos que se producen cambios socioculturais a mercede de tres parámetros, a venda de terreos, a esperanza de ser contratado na industria emerxente e os acentos que chegan doutras comarcas. Chega haber ata 6000 traballadores en nómina das construtoras da fábrica.
Pero volvamos ao prezo da contaminación. En setembro de 1979 mobilizáronse grupos ecoloxistas. "Verán negro". Os piñeirais, millo, froiteiras e hortalizas, así como o gando que se nega a comer, sofren as verteduras, con especial incidencia na parroquia de Lago, Concello de Xove. Foron convocados os alcaldes de Ribadeo, Xove, Cervo, Alfoz, Orol, Viveiro, Vilanova de Lourenzá, Barreiros, Valadouro. Piden obrigar ás empresas do INI a implantar de xeito urxente medidas anticontaminación, e á Xunta que investigue ata o peche a fábrica, se é o caso, entre outros motivos porque están a producir cunha licenza provisional que só xustifica a realización de probas.
A empresa deféndese cunha campaña publicitaria. "Galicia desenvólvese". "Aluminio para todos". Pero nin así. "No proceso de produción de alúmina, a partir de bauxita, expúlsanse grandes cantidades de dióxido de xofre ao aire. E eses lodos vermellos quedan nun estanque cunha capacidade finita. A produción dunha tonelada de aluminio deixa unhas tres toneladas de lodos vermellos.
O 4 de outubro de 2010, o colapso dun estanque de residuos mineiros procedentes da fabricación de alúmina en Hungría provocou a liberación accidental de case un millón de metros cúbicos de barro vermello altamente alcalino. No accidente morreron dez persoas, case 150 resultaron feridas e contaminou uns 40 quilómetros cadrados, entre eles catro sitios NATURA 2000.
A empresa produtora de aluminio MAL indicou nun comunicado que respectou todas as normas de seguridade e que comparte "a dor das familias afectadas pola traxedia". Segundo MAL, o accidente poderíase atribuír a un problema técnico. Outras fontes fan a hipótese de que o vento moi forte que soprau o luns provocou ondas que romperon a resistencia do depósito de barro vermello. En cambio, Zoltan Illés asegurou que o accidente podería deberse á "sobreprodución na fábrica, que por outra banda continuou traballando varias horas despois do accidente". Segundo Zoltan Illés, o MAL tería depositado un exceso de lodo vermello, provocando a rotura do depósito -a composición: sosa, ferro, aluminio, silicio, titanio, magnesio, cadmio, cobalto-.
A poboación tamén corre un gran risco, porque os lodos saturados de cadmio, arsénico, silicio, chumbo, ferro e outros metais pesados, ademais de ser altamente corrosivos, tamén son canceríxenos se se inhalan. Mesmo cando se seca pode contaminar o aire e estender o seu poder destrutivo cos ventos, advertiron os ecoloxistas. Zsolt Szegfalvi, presidente da oficina local de Greenpeace, explicou que "cando o barro seque, os ventos levantarán o po, o que pode causar problemas de saúde aos habitantes". Szegfalvi chamou a atención sobre o feito de que esta é "a maior catástrofe de Europa relacionada co chamado barro vermello", polo que ninguén ten experiencia sobre como afrontar a situación.
Esta cuestión está sendo abordada polo Parlamento Europeo, que anunciou que prevé adoptar unha resolución en outubro, ao entender que o accidente puxo de manifesto a mala aplicación e as lagoas da lexislación sobre residuos, as deficiencias nas inspeccións e que hai casos semellantes en varios Estados membros.
A resolución do Parlamento Europeo aborda as seguintes cuestións:
– A mala aplicación da lexislación europea e as súas lagoas, e as deficiencias nas inspeccións;
– A necesidade de facer maior énfase na prevención de catástrofes, na investigación e desenvolvemento na prevención e tratamento de residuos perigosos e nas inspeccións ambientais; e
– Maior énfase nos mecanismos financeiros destinados á recuperación do medio ambiente despois de catástrofes.
Os expertos advirten: "O lodo vermello de Alcoa é un perigo" "Este enorme pantano é un perigo público, acumúlase cada vez máis e ninguén pensa no futuro", A vertedura de barro vermello que causou catro mortos en Hungría... fai que Galicia mire cara ao norte á planta de fabricación de aluminio de Alcoa en San Cibrán, Lugo. A catástrofe húngara ten a súa orixe na vertedura de lodos xerados ao converter a bauxita en aluminio, o mesmo material que Alcoa leva trinta anos acumulando nun encoro da Mariña lucense, segundo informou onte Xornal. Os expertos consultados demandan á Administración que controle a acumulación continua destes residuos por parte da empresa para evitar accidentes no futuro. O problema é que os residuos acumúlanse máis e máis sen un plan de futuro que diga que facer nun encoro cada vez máis grande. O catedrático de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Ramón Varela sinala que a composición do lodo vermello de Alcoa é “moi semellante en todo o seu proceso” á que está a devastar Hungría. "Todos estes lodos vermellos teñen unha serie de metais pesados ​​e non poden estar en contacto coas persoas", explica o biólogo, que no pasado presidiu a Asociación Ecoloxista Galega (Adega).
A versión de que a lama atopada no estanque de Alcoa está "moi solidificada" polo que "en ningún caso" se poda producir o que agora acontece no país magiar, non convence ao profesor. “Por fóra hai unha codia sólida, pero por dentro, os lodos que se atopan no encoro son fluídos. A pesar dos procesos aplicados ó lodo, este nunca chegou a solidificarse; é máis, hai xa anos que comenzaron a darse filtracións no chan do lodo”, di. Deste xeito, o profesor afirma que "o risco está sempre presente".
A Administración galega debería facer un seguimento e inspeccións constantes”, advirte. Pola súa banda, o director do Instituto da Cerámica de Galicia e experto na reciclaxe destes residuos, o doutor en bioloxía Francisco Guitián Rivera, advirte de que tras algúns intentos non hai previsto tratar a arxila vermella e reutilizala, polo que no encoro de Alcoa “bótase lama cada vez máis alto, e chegará un momento no que o val desapareza”, sen que ninguén pense no futuro nin en posibles desbordamentos. É un residuo moi fino que se cae ao mar pode expandirse moi rapidamente e leva restos de reactivos”. (...) Este enorme pantano é un perigo público, con 30 ou 40 millóns de toneladas de lama acumuladas durante 30 anos.

Pablo Mosquera Mata

 

20240329

Do pasado ao presente e ante o futuro (IV). Pablo Mosquera Mata

Parte I

Parte II 

Parte III

Parte IV 

Parte V

Parte VI

 

Do pasado ao presente e ante o futuro
IV entrega


En xullo de 1961 unha galerna asolou a costeira do bonito no Cantábrico. Máis de oitenta mortos. Aqueles barcos de madeira mercados con motivo do plan de renovación que gozaban os arrantzais vascos que servían aos nosos patróns e mariñeiros da Galicia Cantábrica. Eran vellos pero capaces de emprender as costeiras do bonito e do bocarte, ata que o Goberno de España promulgou unha disposición que en decembro do mesmo ano foi impulso para renovar a flota.
Tales medidas tiveron tres derivadas: Traballo intenso e extenso para as carpinterías de ribeira, verdadeiros asteleiros artesáns; inversións de cartos para aumentar a flota pesqueira de altura; maior número de vocacións mariñas pois o reparto ao final das costeiras daba bos dividendos á mariñeiría, cuestión que se notaba tanto nos consumos dos establecementos industriais como na calidade das novas ou reformadas vivendas para a habitabilidade das parroquias. Por unha vez, a traxedia que se cobraba a mar tivo a virtude de mellorar as condicións de vida na costa da antiga provincia de Mondoñedo. Pero estamos en pleno século XXI e as noticias non son da pesca, prodúceas o complexo que fabrica aluminio entre os territorios de Cervo e Xove.
Medrar xunto a unha fábrica incrementa as posibilidades de padecer cancro de pulmón nun 50%, mentres que as opcións se duplican no caso das células pequenas dese órgano. Así o atestiguou o estudo Capua, o de maior tamaño realizado sobre este tema en España. O índice de mortes por tumor de pulmón é moi elevado en áreas industriais. A probabilidade de desenvolver esta enfermidade aumenta nun 50%, segundo un estudo que analiza a máis de 1700 pacientes
"Es como el peaje que pagan para vivir", reflexiona o portavoz da Coordinadora Ecoloxista de Asturias sobre o alto prezo de convivir con industrias contaminantes. O silencio dos traballadores e veciños ten un beneficio: manter as industrias. Así o entiende tamén o doutor Laureano López. "Hay miedo a dar argumentos para la deslocalización. Es un juego difícil encontrar el equilibrio entre invertir en procesos menos contaminantes y mantener esas industrias", expón Ovidio Zapico, diputado de Izquierda Unida no Parlamento asturiano. A ameaza de ver marchar as industrias segue presente.
A multinacional americana Alcoa, con seis centros de produción repartidos polo estado, puxo en venta as plantas de Galicia e Asturias que dan traballo a 2200 persoas.
Pasou máis desapercibida que a reactivación de Aluminio pero a renovación de tuberías de impulsión dos lodos vermellos e evacuación de efluentes da balsa de Alúmina avanzou. Dende o Alto de Lago en Xove apreciábanse tamén os sondeos para comprobar o estado dos diques do enorme depósito, que conta na base cunha zanxa de drenaxe para a decantación de augas. Alcoa solicitou subir outra cota máis na balsa e está pendente do visto bo de Sanidade da Xunta no que é un dos maiores encoros de residuos tóxicos industriais de España e ao que lle queren dar continuidade.
Á balsa de 87 hectáreas de lodos rojos en Morás aínda lle quedan anos de acoller residuos tóxicos. O seu dique de contención sobrepasou os 80 metros de altura e o quilómetro de lonxitude na coroación. Até alí chegan camións articulados cos sobrantes de lodos da refinación da bauxita. Superado o volume de 42 hectómetros cúbicos para o que foi proxectado, o anunciado recrecido permitiría prolongar a actividade de Alúmina durante esta década. A un ritmo máximo de produción podería acumular máis lodos durante tres anos pero, a dirección de Alcoa quere elevar o dique 4 metros ata a cota 104 e despois ata os 110 metros, dándolle capacidade ata 2035. A propia toxicidade das substancias e metais pesados que contén levan consigo riscos para a saúde -o lodo vermello é potencialmente carcinóxeno, con código de perigrosidade H350 pois nel poden atoparse óxidos de níquel (NiO) e de cromo (Cr2O3)-, e pode contaminar os chans, aire e augas.
Ademais de óxidos de ferro, aluminio e titanio, no lodo vermello queda silicio, calcio, fósforo, vanadio, manganeso, magnesio, estroncio, zinc, circonio, galio ou cromo e, sobre todo, moito sodio. Todo un concentrado alcalino e salgado cunha responsabilidade que haberá que atender e vixiar por moitos anos neste depósito se se quere evitar as escorrentías e contaminación subterránea. Como na mestura hai moitos restos de sosa cáustica (hidróxido de sodio), non toda ela se recupera no proceso de refino. Se o lodo se volve pó, pode ser irritante e en todo caso é corrosivo e produce queimaduras ó contacto. Trátase dun problema ambiental e social que necesitará resposta máis alá da inestabilidade industrial na produción actual do aluminio.
A dirección de Alcoa insiste en non financiar máis as pérdidas do seu negocio en España, ó que puxo tope nos case 200 millóns de dólares que quedan en caixa, segundo manifestou o CEO do grupo, Bill Oplinguer no marco da conferencia Global Metals, Mining Critical Minerals, mentres continúa o proceso de rearranque das cubas paradas durante os dous anos na planta de Aluminio de San Cibrao (Cervo).
Oplinguer asegurou que as conversacións sobre o futuro do complexo mariñan continúan con todas as partes implicadas, sindicatos e gobernos das administracións centrais e autonómicas.
O directivo advirte que deixou claro que "Alcoa non invertirá máis efectivo nesa factoría" e que explicará a todas as partes da situación da fábrica.
O comité de empresa de San Cibrao informou de que a Secretaría de Estado de Industria convocou ó fin a xuntanza de seguimento do acordo de viabilidade do complexo industrial para o próximo 4 de abril. Esa reunión, que se celebrará na sede do Ministerio de Industria en Madrid, será a número 17 desde que traballadores e multinacional asinaron o acordo para proceder á hibernación da fábrica de aluminio primario.
Finalmente, esa nova reunión de seguimento do acordo producirase despois da data fixada para o rearranque das 32 primeiras cubas da fábrica de aluminio primario –das 512 que hai na planta–, prevista para o día 1 de abril. A fábrica, de feito, volveu a producir aluminio a mediados de febreiro, despois de dous anos parada.
Alcoa informa de que "compartirá máis detalles sobre eses aspectos na próxima comisión de seguimento do acordo de viabilidade o 4 de abril, e está en contacto co Goberno de España sobre o apoio que pode ofrecer en todo o anterior.
1980. Asemblea de veciños na Escola de San Cibrao. Asisto por chamada do meu pai, médico xubilado ao que consultaron un brote de Gastro Enteritis. O Dr. Mosquera sinaloulles que debía tomar mostras da auga nas praias por se había contaminación orgánica. E así foi.
Cando Alúmina construíu o encoro fixo necesario un novo abastecemento de augas para San Cibrao; así que se consideraron dúas posibilidades: recoller a auga directamente do río ou ben do encoro. escolleurse o segundo sen ter en conta que soen quedar no fondo dun encoro restos de vexetación que entran en putrefacción. Ademais fixo unha desviación da rede de distribución cara á urbanización creada pola fábrica en Riocobo. Pero tamén era necesario que as augas residuais do poboamento non vertesen directamente nas augas mariñas próximas ás praias creando así unha contaminación orgánica causante dos brotes antes citados.
Até 1990 non se toma en consideración a necesidade de ampliar e dotar ao porto-peirao de San Cibrao, evitando que a flota pesquera teña que atracar para vender e abastecerse no porto de Burela. Dase o paradoxo de como aumentou o tráfico no porto da industria alumineira e diminuíu ata o esgotamento o do porto pesqueiro de San Cibrao.
O medre da poboación de San Cibrao prodúcese cara ó poboamento de A Veiga, esquecendo a construción de vivendas unifamiliares que nalgún momento estivo proxectado para os terreos entre O Mingarolo e Lieiro. San Cibrao deixaba de ser localidade mariñeira e pasaba a enclave industrial con vertidos a terra, mar e aire desde unha chimenea. 

Parte V

Pablo Mosquera Mata




 



20240316

Do pasado ao presente e ante o futuro II. Pablo Mosquera Mata

Parte I

Do pasado ao presente e ante o futuro II

En 1989 a factoría aluminera véndese á líder multinacional ALCOA. É a privatización dunha empresa nacional ao coloso americano. Máis que nunca se establece en todo o territorio da Mariña unha dependencia da "fábrica". Pero como toda industria, ten un tempo de viabilidade. Teñen pasado máis de corenta anos e chegou a hora de enfrontarse á realidade ao menos con tres parámetros: costo da enerxía; obsolescencia do proceso; pérdidas na conta de resultados.

Á marxe dos discursos oportunistas sobre o futuro de ALCOA, hai que prever o que sucederá ou como se debe responder ao desmantelamento da factoría alumineira. Dicho en termos de "román paladino", reequilibrar o territorio mediante o deseño de alternativas á contaminante ALCOA.

Decía Chelito Mosquera en 1972: "las cofradías cumplen una eficaz función". A de San Cibrao comezou en decembro de 1929 cunha petición razonada que emitiu ao Goberno Civil de Lugo, baseada na normativa de asociacións, o mestre titular Emilio Ceide Villar e o meu parente, industrial e concelleiro síndico varios anos, Darío Baltar Baltar. Así nace o Pósito Marítimo Pesqueiro. Dende entón tratan de cubrir as necesidades sociais e controlar o mercado para a venda de capturas que en definitiva serán causa obxectiva que mellorará a calidade de vida nas familias do porto e das parroquias. E é que convén deixar moi claro ós efectos historicistas de quen presume inxustificadamente da industria e o seu impacto económico e poboacional, que foi a pesca a que mellorou exponencialmente o nivel económico e social dos nosos portos pesqueiros, as nosas parroquias e a nosa forma de vida.

Hai outro fenómeno socioeconómico que impacta na década dos sesenta; son eses visitantes vacacionais que ocupan as casas dos mariñeiros en plena costera do bocarte e bonito, o hotel-hostal "Pablo", e dan bos dividendos á hostelería do porto. Co paso do tempo serán denominados turistas créase o CIT en 1968 cun presidente capaz de poñer San Cibrao na prensa luguesa. Ó dito antes súmaselle que un nativo de San Cibrao acada a condición de Procurador nas Cortes de España polo tercio sindical; trátas do abogado Don Modesto Rivera Franco, que dende os primeiros momentos da súa actuación dedica a súa actividade á defensa e mellora para o seu porto natal, cuestión que se lle agradece públicamente.

Como exemplo o artigo que lle dedica o viaxeiro -asturiano de Oviedo- José Manuel Gomez Tuñón ao porto onde pasa as súas vacacións estivais e que titula "San Ciprián, joya de la costa lucense". Fronte ó slogan de San Ciprián península de paz, tomo nota do que comparte o cabaleiro chegado desde o Cantábrico Oriental. "San Ciprián, navío eternamente anclado con la proa al norte. San Ciprián es una sirena, un juguete, una ilusión, es quietud, alivio y silencio".

Modesto Rivera Franco escribe ó rematar o veraneo de 1971 e quedo cun presaxio: "las fiestas, romerías y tradiciones deben ser protegidas, pues algunas están en trance de desaparecer". A mellor das noticias prodúcea a propia lonxa do porto que contabiliza case cento sesenta e cinco mil quilos de bonito -xullo- e cento vintetrés mil do mesmo en agosto.

No transcorrer do presente século XXI hai que recoñecer que A Mariña non sería igual sen o complexo industrial do alumino cunha historia que dispuxo 20 000 traballadores na montaxe, ate os 1500 que se contabilizarán os 25 años da posta en escea, e que chega aos 6000 por traballos inducidos dende a presencia fabril. Recordemos tamén que cando remate a construción da planta fabril cada propietario afectado polo asentamento percibe unha indemnización por término medio de máis dun millón daquelas pesetas, unha vivenda e quen se propoña, tamén un traballo fixo na planta aluminera. E un fenómeno esauecido. Mentres os traballadores da montaxe podían gañar ata 75 000 pesetas mensuais, os empregados da fábrica que traballan a turnos apenas perciben 32 000 pesetas mensuais. O 6 de outubro de 1980 produciuse a inauguración oficial. O 6 de febreiro de 1998 prodúcese a venda da factoría á multinacional ALCOA. No momento, a plantilla era de 1145 empregados, 825 especialistas e non cualificados, 320 técnicos e administrativos. Aporta o 33% do PIB lugués. O Concello de Cervo ingresa máis dun millón de euros ao ano, o de Xove máis de tres millóns.

As noticias son alarmantes para a poboación dependente da actividade de ALCOA. Todo parece presaxiar que a planta chegou ó seu final. É o momento de buscar alternativas que redunden en saídas para as xentes residentes e dependentes. Para dotar de enerxía renovable ao consumo enerxético da empresa farían falta corenta parques con muíños de vento. Unha utopía tan grande como a deses sindicalistas que pretenden sexa o Estado español quen se faga cargo de ALCOA, como se non huubera outras empresas pequenas ou grandes en crise e cos mesmos dereitos a ser rescatadas.

Apertura do porto de San Ciprián. O porto como elemento articulador do espazo de fluxo. Entrada e saída por mar para un punto intermodal. Conectado por ferrocarril e carretera. O porto é fronteira xeográfica, tecnolóxica e cultural, por iso é un punto de ruptura, pero, á vez, é lugar de encontro, é intersección de rutas comerciais e zona de confluencia de ideas, valores e tecnoloxías de orixe diversa. Sen embargo, é difícil atopar unha caracterización perenne dos portos e da súa relación co territorio. As características e funcións dos portos evolucionaron na medida na que se modifican as formacións económico-sociais e as regulacións interiores dos países.

O intermodalismo na súa definición máis xeral ten que ver coa integración dos diversos modos de transporte nunha soa rede de distribución física das mercadorías. Noutras palabras, os modos de transporte marítimo e terrestre (e en ocasións o aéreo) son coordinados e integrados nun só sistema ou rede que busca eliminar as rupturas de carga para que os produtos flúan entre lugares distantes no menor tempo posible e coa maior seguridade. No análisis espacial da vinculación do porto, o segmento de terra adentro dos fluxos debe ser analizado como unha porción dun fluxo continuo dentro dunha rede de produción-distribución que é articulada e procesada por nodos portuarios, máis que como un fluxo entre o porto e a súa zona de influencia natural ou cautiva.

Fronte a tal alternativa, a alerta sobre la situación que pode deixar Alcoa en Galicia deuna a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), unha asociación independente e científica adicada ó estudo, divulgación, conservación e defensa do medio natural. A entidade solicitou á Xunta os informes dos seus técnicos e inspectores ambientais e información sobre as fianzas e avales depositados por Alcoa ante un eventual derrumbe da balsa de lodos. A SGHN reclama que se adopten medidas legais para bloquear os bens e activos da multinacional, a fin de garantir a descontaminación integral das súas instalacións e a estabilización da balsa de lodos vermellos “coas mellores técnicas dispoñibles a nivel mundial”. Tamén solicita á Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, unha auditoría externa sobre a estabilidade do gran almacén, preferiblemente dun organismo público de prestixio como o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España.

El plan de emergencia exterior no existe hasta 2012. En él se recoñecía por primera vez el “riesgo de pérdida de vidas humanas”, en algunos de los supuestos de siniestro, entre ellos la rotura de la balsa. El plan considera tres situaciones capaces de provocar un accidente “grave: pola fractura do dique principal, pola quiebra do espigón de cola ou no seu extremo occidental. As lluvias torrenciais ou os terremotos son posibles causas que poderían desencadear o desastre.

Continuará...  

Parte I

Parte II 

Parte III

Parte IV 

Parte V

Parte VI

 

Pablo Mosquera Mata




20240309

Do pasado ao presente e ante o futuro. Pablo Mosquera Mata

Do pasado ao presente e ante o futuro

1ª entrega

A nosa Mariña, provincia de Mondoñedo do antigo reino de Galicia, Diócese Britoniense-Dumiense, é un Territorio con patrimonio histórico que viviu da agricultura, a minería e a pesca, así como daqueles teares para o liño, muíños de fariña, e fábricas de salgadura de sardiñas e arenques, sen esquecer os estaleiros que construían barcos para Sargadelos e posteriormente para as costeiras ao bonito, onde San Cibrao foi o segundo porto da provincia. É fundamental analizar, coñecer e recoñecer o que significou a caza da balea e a industria de Sargadelos coa súa flota de 22 buques, que transportan armamento, ferro forxado e porcelana, e xustifica a creación dunha aduana de cuarta categoría dependente da de Viveiro. A balea foi a primeira industria transformadora en obter do mamífero o saín que actuaba como aceite na Idade Media. A industria en Sargadelos foi unha actividade que supuxo os primeiros fornos de fundición da Península Ibérica, unha fábrica de armas, unha fábrica de cerámica, pero tamén sería básica para a normativa que serviu para organizar a primeira lei forestal do reino de España.

Pero voume centrar na actividade pesqueira. No ano 1973 son máis de 3000 as persoas dedicadas a esta actividade. A provincia de Lugo, que algúns descoñecen corresponde á Galicia Cantábrica, conta cunha frota pesqueira rexistrada de 369 embarcacións. Aínda que con dúas puntualizacións: os barcos son vellos e de madeira. Os portos non reúnen as condicións de calado ou servizos para equipar os buques e xestionar as capturas. A pesar diso, é a actividade económica máis importante da provincia de Lugo.

Segundo describiu o patrón maior da Confraría do porto de San Cibrao en 1972, Marcelino Mosquera "Chelito", no primeiro cuarto do século XX produciuse unha frenética actividade marítima que conformou veleiros para o transporte de mercadorías. Neses barcos que navegaban por todos os mares peninsulares forxábanse dende pequenos homes mariñeiros que comezaron sendo "chos-muchachos" e pasaron a recibir o título de patróns na Escola Oficial de Náutica.

Os costumes a bordo establecían tarefas para cada un dos tripulantes, ata que chegaba o momento de acender a "lantia" -luz de bitácora- na que a tripulación se dirixía á popa a rezar e descansar ata que soaba a voz do "rancho"! Cada garda duraba catro horas antes do cambio.

Dende A Vila Mariñeira de Foz, o seu cronista e gran amigo Suso Fernández publicaba en 1973: como hai unha formidable frota pesqueira e cinco estaleiros ademais da tradición da salgadura e da conserva ou a elaboración de artes de pesca onde aquelas mulleres do lugar eran as mellores artesás. A todo o dito hai que engadir a actividade nos portos de Celeiro, Ribadeo, Burela e Vicedo. Deixándolles ben claro aos actuais veciños da Mariña que moito antes da instalación da fábrica de Inespal -ALUMINA ALUMINIO- a costa máis setentrional de España contaba cunha actividade marítima pesqueira moi importante que daba emprego e riqueza á Galicia Cantábrica.

No ano 1974 tomáronse as medidas legais necesarias para instalar na Mariña un complexo industrial con dúas plantas, unha dedicada á alúmina e outra ao aluminio. Tal construción supón o desprazamento dunha impresionante cantidade de man de obra que ten un impacto humano brutal ata o punto de que algún autor a cualifica como un "claro símbolo da colonización". Pero tamén se xeran novas necesidades que transformarán o territorio; estrada para o transporte de mercadorías e traballadores así como o acceso directo á fábrica ou ao estanque onde se depositan os lodos vermellos. O antigo proxecto do século XIX da FEVE, que se concibiu nun principio para unir o cuartel de Ferrol coas fábricas de armas de Asturias, terá agora un importante destino, o traslado de mercadorías da planta de aluminio. De 1976 a 1980 realizouse unha das obras máis importantes no pasado, presente e futuro, que é o porto que desde Morás será asentamento de buques de gran calado, pero que non utilizará a dársena norte para tráfico xeral -a concesión rematou no seu primeiro tramo en 2022-.

Tres feitos requiren unha análise moi especial debido aos cambios que se producen no medio. A balsa de lodos vermellos -cunha capacidade de vinte e cinco millóns de metros cúbicos- e o encoro de Riocobo -cinco millóns de metros cúbicos de auga embargada do río Covo-. A central térmica situada nas Pontes de García Rodríguez está considerada unha das máis contaminantes de España e foi unha alternativa necesaria cando a central nuclear da Roncadoira de Xove non prosperou por problemas sísmicos.

Tamén cabe lembrar e non esquecer a gran cantidade que supuxo para algúns a compra de 3709 inmobles, adquiridos pagando sesenta pesetas por metro cadrado de terreo cando o seu valor era de cento oitenta pesetas.

A cambio da ocupación en lugares pertencentes a Cervo e Xove onde se levantan os poblados de Riocobo, Palmeiro e A Veiga, que tratan de asentar a poboación unha vez que remata a fase de montaxe, e dende 1980, inaugurase a factoría que transformará as cargas de bauxita arribadas por mar ó porto da factoría, en alúmina e logo en bloques de aluminio.

O proceso non só cambia a estética da paisaxe. Aumenta a poboación. Incide na cultura tradicional galega coa cultura dos traballadores do aluminio doutras rexións de España, especialmente dos asturianos, onde se está a vivir unha crise moi grave.

As descargas de fluor, CO2, cadmino, cloro, cromo, comezan pola terra, o mar e o aire. Sabemos que estas substancias ​​teñen efectos negativos sobre a saúde e, co paso do tempo, vaise estendendo a sospeita dun aumento da morbilidade e mortalidade por enfermidades oncolóxicas.

Desde 1975 indúcese unha transformación integral nunha comarca galega mariñá, na que prima a industria e desaparece un mar de cultura, sobre todo no Concello de Cervo e no histórico Porto de San Cibrao, que paradoxalmente conserva ese nome, pero só se refire ao peirao da fábrica de aluminio.

Para continuar...

Parte II

Parte III

Parte IV

Parte V

Parte VI

 

Pablo Mosquera Mata




20240126

O Sol de inverno tamén quenta

O Sol de inverno tamén quenta

 

     O Sol de inverno tamén quenta, dando un paseo mentres se desfruta da paisaxe, sentado nun banco en conversa ou nunha terraza tomando algo... Nótase máis así que traballando, aínda que nese caso, o contraste coa chuvia ou vento desatados no frío é maior.

    Nunha negociación seguro que pasa algo semellante. Refírome a que cando un está dentro, os contrastes son máis evidentes, pero desfrútanse de xeito máis contido, mesmo acadando un acordo 'definitivo' que, con remorsos anteriores, nunca se está seguro de que se chegue a cumprir.

    Como exemplo destes días, deste outono-inverno, o futuro da fábrica de Alcoa en San Cibrao. Dende hai tempo o comité máis ou menos viña demonizando a quen poñía as cousas claras, os puntos sobre os i, ó indicar o desleixo do tratamento de temas como a contaminación producida ou a balsa de lodos ou a vampirización das axudas. Non é porque foran temas alleos ó comité, que podía escudarse en que non eran de incidencia directa no traballo/emprego, e deixalos a unha beira. Non, tratábase/interpretábase como un ataque contra a empresa, coa que facían piña en defensa dos seus propios intereses; logo, contra eles. Mais, co paso do tempo, imposibilidades diversas son esgrimidas pola corporación como motivos de incumprimento de pacto, tratando, unha vez máis, de muxir a vaca común para exportar o leite ós USA mentres poda que se permita que algúns queden de muxidores recibindo couces de paso que se levan algo do leite xa desnatado.

    Hai tempo que non sigo polo miúdo os avatares da negociación-enfrontamento de traballadores e empresa. Empresa, que non xefes ou empresarios. E traballadores -directos-, que non xente, sociedade afectada.

    Aledaríame unha solución. Unha solución que contribuíra ó emprego e á riqueza da zona. Pero non só en cartos, que illados son un xeito de pobreza, senón tamén riqueza ambiental, nun benestar que permita unha diversificación que asegure o futuro no sentido económico pero tamén no de mantemento da nosa Terra.

    Nestes tempos convulsos, xa estremos, as solucións non son doadas de atopar, e mesmo pode que non se presenten como solución directa, ou non guste: ó fín, variar o que a xente está afeita sempre trae problemas de adaptación.

    Aínda que nos anos bos se fixeran cousas malas, o Sol de inverno tamén pode quentar...

20240118

Comunicado da plataforma 'Eólicos, así non'

    Adxunto o comunicado que recibín onte sobre a actualidade dos eólicos na provincia de Lugo e algunha relación que se pode observar. Os destaques no texto son meus: 

Solpor nun parque eólico en Abadín. Collido de Commons, feito por iamato, lic. CC BY 2.0

Eólicos, Alcoa e Rock and Roll

    Os pasados días 7, 8, e 9 de decembro publicáronse no BOE as resolución do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (MITECO) nas que se formula a declaración de impacto ambiental dos Polígonos Eólicos “Ventisca”, “Boura”, Monzón”, “Borrasca” e “Levante” e as súas infraestruturas de evacuación. Estos Polígonos Industriais Eólicos, afectarán aos seguintes municipios da provincia de Lugo: As Nogáis, Becerreá, Triacastela, Baralla, Baleira, Pol, Ribeira de Piquín, Meira, A Pastoriza, Abadín, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Alfoz, Cervo e Xove. Todos eles foron promovidos por sociedades unipersoais do Grupo GREENALIA

    Esta avaliación ambiental do MITECO é positiva aínda que esixe cambios na maioría dos muíños no caso do polígono “Borrasca”. Sorprende que, nas propias resolucións do MITECO, se indique, que a avaliación de impacto ambiental está realizada sobre a documentación presentada polo promotor. Esta documentación non aporta ningún traballo de campo detallado senón que se limita a fórmulas estereotipadas. Sorprende tamén a desidia de moitos concellos afectados polos proxectos que ao seren consultados, nen sequera se molestaron en dar unha contestación, foron máis da metade nalgúns dos casos.

    Trátase duns polígonos eólicos que están fora do plan sectorial eólico de Galicia, é dicir, en áreas nas que non está permitida a construción destas infraestruturas. Este é o motivo polo que a empresa promotora paralizou en xullo do 2022 os trámites xa iniciados á espera de que a Xunta de Galicia lle concedera a excepcionalidade “por tratarse de proxectos con clara incidencia territorial pola súa entidade económica e social, e por ter unha función vertebradora do territorio”. Esta excepcionalidade baséase ao parecer nuns supostos contratos para abastecer de enerxía barata á fábrica de Alcoa de San Cibrao.

    Desde as Plataformas asinantes queremos destacar que: Os estudos de impacto ambiental son claramente insuficientes e sesgados, xa que están realizados pola propia empresa promotora e avaliados posteriormente polo MITECO sen tempo nin persoal suficiente.

    Estanse valorando como catro (cinco con”Levante”) polígonos eólicos distintos o que claramente é un único polígono eólico coa súa vía única de evacuación, dándose así unha fragmentación artificial e ilegal dos mesmos.

    Os prazos e os procesos son cada vez máis rápidos sen dar ningunha opción de participación ás persoas e comunidades afectadas, vítimas de decisións que teñen máis a ver cós intereses dos grandes grupos industriais que coa situación da xente que vive nas zonas afectadas.

    Estamos a falar dunha grande afectación a zonas rurais con grande potencial agrario e turístico (no caso da costa) que de feito, están a vivir un rexurdimento poboacional, que quedaría, senón truncado, seriamente danado coa instalación destes polígonos.

    Dado que o motivo de permitir estes polígonos en zonas fóra do plan sectorial é o abastecemento de enerxía a Alcoa, hai que dicir que Alcoa está incumprindo sistematicamente todas as promesas feitas tanto aos seus empregados como ás Administracións. A propia Alcoa comunicou en varias ocasións que non ten intención de cumprir cós compromisos de inversión pactados coas Administracións Públicas e cós traballadores, e non vai retomar a produción de aluminio ao ser inviable por carecer de clientes e ter unhas moi importantes perdas acumuladas que se acrecentarán nos próximos anos. Ao que hai que engadir que chegou ao final da súa vida útil a xigantesca balsa de lodos tóxicos que ocupa 90 hectáreas e que unha hipotética rotura do dique de contención podería provocar unha catástrofe medioambiental de dimensións inimaxinables. Somos moita a xente que estamos a pensar que Alcoa está xogando con nós, para atender en exclusiva os seus millonarios intereses.

    Por todos estes motivos e máis, as organizacións ambientais, asociacións, veciños afectados, a sociedade civil e os seus servizos xurídicos xa estamos traballando e mobilizándonos para tentar frear este despropósito que só busca o enriquecemento duns poucos, sen unha auténtica planificación do territorio que permita a coexistencia pacífica das enerxías renovables co respecto á biodiversidade, ao territorio e á poboación, e conte coa participación de todos os afectados.

    Gustaríanos propoñerlle un xogo a quen nos está lendo. Recorte e garde este artigo, e volva lelo pasados dous anos, ou catro como moito. Repase todas as novas dende hoxe ata entón en relación con estes “Parques” eólicos, e observe a quen beneficiaron e quen saíu danado, mire onde se atopan nese momento cada un dos protagonistas, e saque as súas sus propias conclusions.

    Plataformas asinantes;

Plataforma “ Eólicos na Mariña. Asi non”

Plataforma “Alto Miño. Eólica Así Non”

20231023

Ese maldito encoro de lodos vermellos. Pablo Mosquera

Ese maldito encoro de lodos vermellos

Os dous símbolos físicos de ALCOA, polo menos para algúns dos habitantes de San Cibrao-Cervo-Lugo, son: a cheminea e o encoro en crecemento que contén lodos vermellos. Este último con catorce veces máis residuos que o outro de Hungría (o desastre de Kolontar) que rompeu en 2010 e provocou unha catástrofe química. A raíz do anterior, Greenpeace respecto da perigosidade latente de encoros como o existente no territorio de Xove-Lugo:

"Unha tonelada de aluminio, no proceso de bauxita-alúmina-aluminio, dá lugar a tres toneladas de lodo vermello composto por metais e metaloides con efectos tóxicos para o ser humano. E cómpre lembrar, en especial á COMISIÓN DE TRABALLADORES QUE TAMÉN SON HABITANTES DA MARIÑA, que ALCOA bota a razón de 4500 toneladas diarias na “maldita balsa”. "A información de Alcoa lémbrame ao que nos deron antes do caos de Doñana". Non o di ingún indocumentado radical. Así o advirte Miguel Ferrer, presidente da Fundación Migres e investigador do CSIC, quen dirixiu a Estación Biolóxica de Doñana cando, en 1998, a rotura do estanque da mina de pirita de Aznalcóllar contaminou o corredor do río Guadiamar e chegou ás portas do Parque nacional.

• O “barro vermello”. "Composición  Material % aprox:

Fe2O3 (óxido de ferro) 40-45% Ferrihidrita. Dálle ao barro cor vermella 

Al2O3 (Óxido de aluminio) 10-15% Óxido de aluminio residual 

SiO2 (Óxido de silicio) 10-15% Presente como silicato de sodio ou silicato de aluminio de calcio 

CaO (Óxido de calcio) 6-10% 

TiO2 (Dióxido de titanio) -5% 

Na2O (óxido de sodio) 5-6% 

NaOH (hidróxido de sodio) 5-8% 

Sosa → alto valor de pH e queimaduras químicas."

Mentres, e tal e como fixo público a dirección da fábrica de aluminio de San Cibrao, preténdese aumentar en catro metros de altura e acadar así 104 metros no citado estanque.

O Plan de Emerxencia Exterior elaborouse para facer fronte á posible rotura que se poida producir nos diques do depósito de arxila vermella da empresa Alcoa Europe, situado na localidade lucense de Xove. É un instrumento técnico que establece a organización e os procedementos de actuación que constitúen o sistema e dispositivo de resposta ante a rotura de presas. ALCOA EUROPE está afectada polo D.R. 975/2009, do 12 de xuño, de xestión de residuos das industrias extractivas, protección e rehabilitación do espazo afectado polas actividades mineiras e pola “Instrución técnica complementaria 08.02.01 para a elaboración de plans de emerxencia para encoros mineiros”. 

1.1. Obxecto Son as funcións básicas do PEE: a) Prever a estrutura organizativa e os procedementos de actuación dos medios e recursos externos para dar resposta ás situacións de emerxencia derivadas da avaría das presas que pechan o depósito. b) Establecer sistemas de articulación cos organismos da administración municipal e definir os criterios para a elaboración dos seus plans de actuación municipal. c) Especificar os procedementos para informar á poboación sobre as medidas de seguridade que se deben adoptar e o comportamento a adoptar en caso de accidente. d) Catalogar os medios e recursos específicos dispoñibles para as actuacións previstas. e) Garantir a execución e mantemento do plan.

O plan ten dous aspectos. O requisito de comportamento protocolizado en caso de ruptura. A existencia de tal risco é coherente coa presa existente sobre a que se verten os residuos e que se pretende incrementar en altura e contido. Por certo. Ante este tipo de cuestións, que teñen que dicir os Concellos de Mariñanos, os membros do Comité Obreiro e Libre, e a poboación en xeral da Comarca Galaico-Cantábrica?

Pablo Mosquera

20230901

Pasando de todo?

Vista da Cheminea da central térmica de As Pontes. Foto de Banjo, no Dominio Público, liberada en https://commons.wikimedia.org

Pasando de todo?

    Vexo hoxe nun xornal a nova: a autovía Vilalba-Ferrol leva consigo un lastre de un millón de euros anuais para depuración de augas na procura de evitar que a auga do Eume (onde desauga) sexa demasiado ácida, despois de ser construída cunha avaliación ambiental que non consideraba a acidificación do chan na que foi zona da mina de As Pontes.

    Non será porque non se coñecera o tema antes da construción da vía: adiantándose ó peche total da mina e enchido da lagoa, xa había visitas didácticas organizadas a unha zona onde se fixera unha recuperación localizada, para o seu estudo. Algo que xa consideraba a acidificación como principal problema. Asistín no seu momento a unha desas visitas, dentro dun cursiño dado nas instalacións da central e no que nos ensinaron dende a zona xa comentada a unha torre de condensación, pasando pola zona de turbinas ou o pequeno parque en plan xardín zoolóxico á beira das instalacións. Había que vender a recuperación da maior mina de Galicia na súa reconversión no maior lago galego.

    Unha historia típica na que primeiro se esquilma dicindo que é para ben de todos mentres se retiran as ganancias importantes fóra e se esixen subvencións e avantaxes diversas. Logo véndese a marcha forzosa ou a fuxida interesada anunciando compensacións adecuadas e aclarando que o medio resultante será como unha devolución ó estado natural de algo que en realidade non ten volta a ese estado pasado, ao menos en moito tempo. E logo todos sufrimos as consecuencias desas malas praxes, aínda que máis e en particular a xente do entorno con máis relación co esquilme. Xente que xa foi convencida antes de que os que se opoñían á explotación ''tal cal' son malos, que teñen a culpa da marcha, que van contra corrente e sobre todo, contra os intereses e traballo dos traballadores do complexo de que se trate. Unha vez abandonada a zona, a historia vai esquecéndose... e xa se pode volver a pasar de todo -tanto 'os de arriba' como 'os de abaixo'-, aparentemente sen grandes consecuencias, pois os danos son ‘exportados’ a outras causas.

    Nas Pontes, despois de algunha reviravolta polo variable panorama enerxético dos últimos anos, está a cerrarse o proceso, de xeito que no titular da nova mencionada nin aparece a mina, causante primeria do proceso de acidificación. Na Mariña, aí temos agora Alcoa nesa evolución cunha balsa de lodos que pasará dos cen metros de altura como emblema de loita que a medio prazo seguirá a aumentar a súa capacidade e perigosidade, pero que non permitirá a extensión da explotación máis ca uns poucos anos máis, no caso de que á empresa lle siga interesando. E despois? Os empregos? Co mar como algo que xa non é alternativa, o campo sen evolucionar e un sistema socioeconómico que non permite outra saída, queda iso: un túnel sen saída.

20230725

Foi a pesca e non a industria . Pablo Mosquera Mata

Foi a pesca e non a industria 

Non vale facerse trampas no solitario.

Non paga a pena crer que unha industria é eterna.

Non vale volver as costas ao mar e mentres tolerar a contaminación por verteduras industriais, non vale escoitar a uns sindicalistas ignorantes e desprezar aos auténticos fillos da mar.

Non paga a pena manifestar preocupación coas alteracións climáticas relacionadas coa actividade industrial e os seus derivados, mentres se contempla como se destrúe o patrimonio ecolóxico marítimo.

Non vale tapar as vergonzas e o medo dunha comunidade que vive e morre polos efectos dunha factoría que verte produtos altamente tóxicos.

Non vale, cando se produza, mesarse os cabelos e procurar culpables, cando a balsa dos lodos vermellos por efecto de sobrecarga e choivas torrenciais se converta nesa catástrofe anunciada polas informes de Ecoloxistas sen Fronteiras. O norte de Galicia sempre mirou ao mar.

As súas actividades económicas sempre estiveron directa ou indirectamente relacionadas co mar.

O turismo que foi substituíndo ao veraneante veu buscando a mar, o seu clima e a súa contorna paisaxística.

A pesca deunos de comer e fíxonos mellorar a calidade de vida nas nosas tradicionais parroquias.

O mar achegounos a outros pobos e á súa cultura.

Desde o mundo antigo a mar foi despensa e autoestrada, nicho de riqueza e traballo, fonte de cultura e creatividade artística.

A nosa decadencia é directamente proporcional á substitución dun mar de cultura por esa pleitesía á industria da bauxita convertida en alumina e aluminio.

Os mariñeiros de Burela dedicáronlle a primeira costeira ao bonito no verán de 1924.

Os barcos boniteiros foran construídos nos portos veciños de San Cibrao e Foz.

Na pesca ao curricán ou cacea non se emprega ningún tipo de redes, senón que se recorre ao típico anzol, para esta modalidade os barcos dispoñen de viveiros (tanques) nos que conservan vivo o cebo empregado nas capturas, que é normalmente chicharrillo, parrocha, bocarte ou paparda, capturados á súa vez cunha rede de cerco.

O diñeiro que se gaña na actualidade un mariñeiro na costeira -de 8000 a 12 000 euros- é un estímulo, aínda que non se manexan as cifras de outrora, cando con dúas mareas un mariñeiro facía unha casa.

A campaña do bonito marcha a un bo ritmo nos portos vascos.

Esta madrugada chegaron unhas 625 toneladas de peixe.

Concretamente, descargáronse unhas 300 toneladas en Getaria, 250 en Hondarribia, 40 en Ondarroa e 35 en Bermeo.

En palabras dos pescadores, este ano hai moito bonito e está bastante preto da costa.

Polo tanto, a pesca foi boa para todos os barcos da cornixa cantábrica.

De feito, en Cantabria contabilizaron máis de 200 toneladas e en Asturias outras 100 toneladas.

Non obstante, a cantidade de produto adoita afectar ao prezo deste.

Hoxe o quilo de bonito pagouse en lonxa a unha media de 2,80 euros, un 30 % máis barato que o ano pasado. Así, en 1986, a lonxa de San Cibrao, facturou máis de 126 millóns de pesetas, dos que case 70 corresponderon ao bonito.

En 1987, foron máis de 57 millóns, dos que 57 corresponderon á costeira do bonito.

En 1988, foron case 178 os millóns, dos que 62, proporcionounos o bonito.

E este verán que vai pasar?

O que pasa dende hai anos.

Custa traballo acordarse que aínda existe un Pósito de pescadores en San Ciprián que dá asento a unha Confraría.

¿A que se dedican?

¿Algunha vez dixeron algo sobre a contaminación do mar polas verteduras que solta ALCOA?.

Pablo Mosquera Mata