Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Aurora Sampedro. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Aurora Sampedro. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20240930

Verbas na entrega dos Bíteres de Honra

     Conforme quedei na entrada 'Primeiros bíteres de honra', adxunto os textos que se escoitaron na entrega, por parte de Marta Macho, e o esquema (artellado como redacción por min) correspondente ás verbas de Manuel Rivero para o peche do acto:

-- 





    Verbas de Marta Macho-Stadler:

Moitas grazas, dende o fondo do meu corazón. Grazas por facerme parte da familia de Aurora Sampedro.

Imagino a Aurora fuerte, segura de sí misma, decidida, con las ideas y las metas claras. Supongo que viviría más de un momento de rechazo en esos ambientes tan masculinizados en los que le tocó estudiar y trabajar. Aunque también supongo que nunca lo contó, por orgullo, o por reivindicar sus capacidades y su espacio, o quizás para que el paternalismo de sus cercanos no la frenaran.

La imagino disfrutando con su trabajo, seria, minuciosa, ambiciosa, brillante.

La historiadora Gerda Lerner afirmaba que "La ignorancia de su propia historia de luchas y logros ha sido una de las principales formas de mantener a las mujeres subordinadas". Por ello, la historia de Aurora es nuestra historia, es mi historia. Mujeres como Aurora han abierto camino a las que sin tantas dificultades hemos conseguido estudiar y trabajar en aquello que nos gustaba.

Grazas ao esforzo de Manuel Rivero, Aurora nunca será esquecida. Moitas grazas.

--

    Resume das verbas de Manuel Rivero:

ENTREGA BÍTERES DE HONRA 2024

(Cerre do acto)

Hoxe é un día GRANDE. Cheo de gozo. De inmensa alegría. E motivo de múltiples agradecementos.

Temos tres palabras na nosa lingua, que cumpren esa función: Grazas, obrigado e BEIZÓN, agradecemento tan emotivo e tan emocional que brota do fondo da alma.

Así pois, BEIZÓN para todos vostedes, sempre acoden a chamada de Aurora.

Que privilexio e que orgullo:

Vostedes son os motores que nos dan esa forza, ese salario emocional, ese impulso e ilusión que nos ten en continuo movemento, buscando, innovando e creando.

Son os fan que emprendamos METAS, que semellan imposibles.

Os que proporcionan o impulso polo que somos capaces de converter os MEDOS en RETOS.

Os que fan que optimicemos os recursos e potenciemos o talento

Que creemos sinerxías e FLUAMOS, como corredores de fondo que superamos adversidades e chegamos ás metas en tempo en modo e en forma.

BEIZÓN a directiva do Canteiro, por esta acollida tan entrañable, que se repite en cada acto, traballo silencioso e agradecido. Toda a intendencia está a punto. Pepe e o seu equipo son dos imprescindibles do Universo Aurora. Grazas ao seu traballo desinteresado, o Universo Aurora medra, fortalécese e avanza.

BEIZÓN A Xunta de Galicia: co seu apoio económico, publicamos a primeira e a segunda edición do libro Universo Aurora Sampedro. E sempre fumos acompañados nos actos de Aurora. Beizón Valentín, beizón Manuel.

BEIZÓN a Ana Hermida, alcaldesa de Barreiros por acompañarnos neste acto.

BEIZÓN ás demais autoridades que nos acompañan hoxe

BEIZÓN asemade aos tres Centros Educativos de E. Medias de Ribadeo: Porta da Auga, onde demos unha conferencia o 8 de Abril; IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, con conferencia o 19 abril, e o Colexio Sagrado Corazón, onde a conferencia foi o 10 de xuño. Ás súas profesoras. Eva, Ana, Susi e Begoña: Grazas a elas achegamos a figura da nosa científica, aos alumnos/as desta parte tan importante da Mariña.

BEIZÓN aos concellos de Ribadeo, Lobios, Muíños, Bande, Verea, Celanova, A Merca e do San Cibrao, por interesarse por obra da nosa científica, a que demos a coñecer nas conferencias e presentacións á que fomos invitados no segundo semestre do ano pasado.

BEIZÓN Á UNED. Universidade a que tanto quero e a que tanto lle debo. Alí impartín unha conferencia en directo e pola súa canle de internet o día 23 de febreiro.

BEIZÓN a Agrupación Albéniz da Coruña, que con tanto cariño nos acolleu nas súas instalacións en xullo. Que ben combina a música co legado de Aurora!

BEIZÓN ao coro Airiños do Mar. As agradables voces da mariña, a rima, o ritmo e son mariñeiro engadiron brillo e harmonía a este acto tan significativo e entrañable para a nosa terra e a nosa xente.

Todos eles xa forman parte do Universo Aurora

BEIZÓN a Marta, Marcos, Bernardo e Anxo Xosé, por agraciarnos coa súa presenza e recoller con tanta dignidade e grandeza os primeiros “BÍTERES DE HONRA AURORA SAMPEDRO”.

Os méritos dos premiados e premiadas, van incrementar o legado de Aurora, da súa historia de vida, da entrega a investigación e a ciencia. Grazas ao seu traballo, constancia, rigor, base científica e disciplina investigadora, marcaron un fito moi importante no campo das ciencias de materiais.

BEIZÓN, benquerida Aurora. Desde arriba, co sorriso pícaro, ledo e agradecido vas voando libre, segura e alegre para gozar do teu espazo, que por méritos te corresponde no escenario máxico do mundo da ciencia.

Nós desde abaixo en voz alta dicimos: Aurora, por ser como fuches, sempre terás a nosa admiración, gratitude e cariño.

BEIZÓN tamén á periodista María Cuadrado, que coa súa profesionalidade e mestría, conduciu o desenvolvemento do evento.

CUMPRIMOS UN SONO

Desanden comigo o tempo: visualicen os abarrotes do Canteiro. Primeiro, aquel acto inicial do 28 DE OUTUBRO DO 2023.

Deseguida veu o segundo o 12 de Xaneiro do 2024. A presentación da primeira edición do libro UNIVERSO: AURORA SAMPEDRO. Nin o mal tempo nin o partido de Fútbol Real Madrid-Barcelona, restaron asistencia.

O universo Aurora non ten límites, xa TEMOS A NOSA AURORA, nos medios e blogs especializados The Conversation y Mujeres con ciencia; isto grazas a Marta Macho-Stadler, con quen hoxe temos a fortuna de contar. Marta xa forma parte do Universo Aurora Sampedro

Aurora tamén ten o seu espazo, ben merecido, na prensa dixital. Nese mundo sen fronteiras, son tantos..., que xa non controlo. E na prensa en papel: La Voz de Galicia, El Progeso, La Región... En Bibliotecas, Universidades, Centros de investigación... Ata está presente en Bremen, na súa universidade e no Instituto Cervantes.

MIRANDO AO FUTURO

Así, o universo que estemaos desvelando, máis que futuro, é un presente continuo. Esemplos:

NO DÍA DA CIENCIA EN GALICIA

A primeiros do mes que ven, outubro, coñeceremos ao afortunado ou afortunada titular do próximo ano da Ciencia en Galicia. Agardamos ese nomeamento, con sosego e esperanza. Temos moitas posibilidades que sexa unha muller. A lembrar que o 23 de abril de 2008, a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) instituíu o día da científica e do científico galegos. Recoñecemento que se concede anualmente. Dos dezasete premiados, quince son homes e dúas son mulleres. A proporción: 89 % homes, 11 % mulleres. O desequilibrio é alto. Hai mulleres científicas, que debemos de dar a coñecer, que a pesar dos avances e da concienciación, seguen aí silenciadas. Nesa situación estaba Aurora Sampedro Piñero. muller de ciencia, adiantada ao seu tempo, Grazas ás últimas investigacións, Aurora está ocupando o espazo que lle corresponde nos diferentes escenarios científicos.

A historiadora da ciencia Gerda Lerner dixo:

"La ignorancia de su misma historia ha sido una de las principales formas de mantener a las mujeres subordinadas" ¡Cambiemos la historia!

Ese é un traballo de todos, a nosa misión é a de facer certa a expresión “talento e ingenio no tienen género”

A TERCEIRA EDICIÓN DO LIBRO UNIVERSO AURORA

Con nova información engadida, agardamos de novo a axuda da Xunta de Galicia e telo na rúa para o Natal. Haberá mellor agasallo que un novo libro do Universo Aurora?

A PRIMEIRA EDICIÓN DO LIBRO EN CASTELLANO

Está sendo moi demandada, e esperamos ter axuda da fundación Renfe.

A BIBLIOTECA PUBLICA DE BARREIROS

Imos propor o seu nome para a biblioteca. Teremos unha biblioteca personalizada co nome dunha grande entre as grandes, “Aurora Sampedro Piñeiro”. Gran honor para a terra, a ciencia e a nosa xente. 

O Centro Socio-Cultral leva o nome de Manuel Díaz Sampedro, alcalde gratamente lembrado. “Manolín foi o alcalde de todos, especialmente dos pobres, desfavorecidos e necesitados”. A súa tía Aurora é merecente, de tan digna distinción e de compartir ese espazo común.

E máis:

Estamos en contacto coa Universidade de Oviedo. Estamos en contacto. Aurora estivo moi vinculada ás terras asturianas: licenciatura e impartición de aulas. Hai esperanza de que se integre no Universo Aurora. 

En León, o tema vai máis avanzado, haberá boas noticias, tanto do Instituto Leonés de Cultura como do concello de Luyego de Somoza, co seu nomeamento de filla predilecta.

E vaian pensando nos Bíteres de Honra 2025, e facendo propostas.

Como di a escritora Marion Carré: “por cada científica que esquecemos, hai centenares que non nacen”.

QUE MEDRE O TALENTO E SE RECUPERE A MEMORIA DAS NOSAS CIENTÍFICAS!!!

20231029

Lembrando a Aurora Sampedro Piñeiro

    Onte tivo lugar a homenaxe a Aurora Sampedro Piñeiro en O Canteiro (Benquerencia, Barreiros). Por mor do mal tempo, tamén se fixo alí a ofrenda floral. Asemade, anunciouse a petición á Real Academia Galega da Ciencia do seu recoñecemento o próximo ano e a creación do premio Bítere de honra Aurora Sampedro Piñeiro, así como a próxima edición dun libro adicado á súa persoa Deixo algunha foto e o audio coas verbas de Manuel Rivero que me fixeron chegar.






20240912

Bíteres de honra

    O 'Universo Aurora Sampedro' segue adiante. Para o día 27 está convocada a entrega dos Bíteres de Honra, os primeiros que se conceden.

    A nota de prensa: 


O próximo día 27, vernes, ás 17h temos a entrega dos Bíteres de Honra Aurora Sampedro. 

As premiadas son:

Marta Macho-Stadler, Catedrática de Matemáticas da Universidade do País Vasco, autora do Blog "Mujeres Con Ciencia", que estará connosco ese día.

In memoriam: Maria Antonia González Abraído, funcionaria de extensión agraria. Desenvolveu o seu traballo nas comunidades de Guitiriz e Begonte nos anos 70-80 do século XX.

Institución: IES LUCUS AUGUSTI.

Os actos comezan ás 17 h no camposanto de San Pedro de Benquerencia, coa ofrenda floral a Aurora e Maritoni, as dúas enterradas nese cimeterio. Haberá lecturas de textos e de poesía. Está invitada canta persoa quera ir. En particular, a participación nas lecturas de alumnas e alumnos dos centros educativos.

Despois continuaremos coas actividades, coma sempre, no Canteiro.

Será un acto sobrio, entrañable e cálido. 

20240127

Da presentación de 'Universo Aurora Sampedro Piñeiro'

    Onte (20240126) tivo lugar en Ribadeo a presentación do libro Universo Aurora Sampedro Piñeiro. Deixo xunto a estas verbas unha foto cedida por Eoditorial, a gravación sonora do acto (a falta de un minuto inicial) e o texto lido por min.


    Sobre o audio: Casa do Viejo Pancho, 26 de xaneiro de 2024. Na mesa, por orde de intervención, Begoña Sanjurjo (Concelleira de cultura), Antonio Gregorio, Antonio Andina (Eoditorial), Manuel Rivero (autor)

    A obra presentarase en diversos lugares de Galicia, esperando a súa tradución ó castelán. Asemade, proximamente, será transmitida unha presentación a nivel estatal  mediante a canle da UNED.

20240125

Presentación do libro Universo Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo

    Mañá, venres 26 de xaneiro de 2024, na casa do Viejo Pancho, en Ribadeo, terá lugar a presentación do libro "Universo Aurora Sampedro Piñeiro", de Manuel Rivero. Será ás 20:00 h. Adxúntase o cartel.

20240111

Dúas alternativas para mañá venres na veciñanza de Ribadeo

    Hai quen di que en Ribado non se organizan cousas, non hai actividade. Quen siga o blog verá que esa opinión é difícil de manter. E iso que nas entradas só aparecen unha mínima parte das que hai, aquelas das que me chega información e por algunha razón acudo ou me interesan aínda que non poda ir, e publico algo sobre elas. De calquera xeito, tamén nos arredores se organizan cousas que poden interesar. Deixo aquí dúas para mañá, organizadas en concellos veciños.

 

    A primeira actividade, na Veiga, ás 7 da tarde, un encontro sobre o decrecemento do que me pasan o seguinte: 

    "(...) O vindeiro venres día 12 celebramos o día polo Decrecemento. Unha festa na que compatiremos ideas, experiencias (e medos, por que non?), en xuntanzas simultáneas por toda esta biorrexión do Noroeste peninsular (ver cartaz) 

    Decidimos descentralizar a convocatoria para reducir viaxes e empregar a data en proveito do proceso necesario de construción de comunidades locais resilientes, achegarnos a máis persoas e difundir máis eficazmente o Congreso Internacional que terá lugar en Pontevedra este verán. 

    Trátase dunha convocatoria aberta a todas as persoas que sentimos que o Sistema non camiña cara a mellor, que se vén unha transformación inevitable que convén planificar, e que suspeitamos que eses enormes titanics que son as administracións non van ser quen de modificar a tempo a súa deriva cara o iceberg, polo que cómpre e urxe ir reconstruíndo as comunidades locais.

    A xuntanza da Mariña - Occidente Astur será na Veiga, no Local de Asociacións, a partir das 19h. Ás 20:30 faremos unha conexión con todas as outras xuntanzas para compartir as conclusións e a enerxía."

    A segunda actividade cadra da outra beira de Ribadeo. Será en Benquerencia, Barreiros, ás 19 horas, sobre un tema que non é a primeira vez que sae no blog: a presentación do libro de Manuel Rivero sobre Aurora Sampedro.



20240929

Primeiros bíteres de honra

    O venres 27 no Canteiro tivo lugar a entrega da primeira edición dos bíteres de honra, instituídos na estela do recoñecemento de Aurora Sampedro na que tanto leva traballado Manuel Rivero. Un acto ó que asistiron unhas cen persoas, enchendo o local e quedando xente fóra, conducido por María Cuadrado e no que, participando autoridades (pódese ver xa na primeira foto á alcaldesa de Barreiros e un representante da Xunta) foi diverso e emotivo, dende o discurso de Marta Macho (que espero conseguir) á fraternal entrega ó sucesor de Mª Antonia González Abraído, pasando pola recollida institucional do bítere asignado ó IES Lucus Augusti.

    Algunha das fotos tomadas por José Manuel Gómez Puente:








 

20240301

Un novo Chío en marzo: Máscara

    Comeza un mes, e con el un novo Chío que deixo no seu medio de paso que o collo ó vo e volo transmito por se vos tamén o queredes coller.

    E, como nos últimos números, unha colaboración:

O chío das mulleres mariñás: 8M na Mariña 

    Marzo non é o mes das flores, tampouco na Mariña. Mais é o tempo no que, tamén na Mariña, se prepara a vexetación para ese maio florido que din os versos para aplicar en todo o hemisferio norte da Terra.

    En marzo, dende hai un tempo, tenta florecer o día oito. Séculos e séculos de traballo tentan verse asemade condensados nese día, destilados da vida das mulleres. Mulleres. Cantadas tamén moitas veces como repouso dos guerreiros e silenciadas aínda máis como guerreiras elas mesmas, traballadoras acompañando ó mar ou o campo ó tempo que ós fillos e ó home.

    Estou afeito, na Mariña, a ter presente a terra e a xente, engarzadas. Coido que é algo natural, aquí e en calquera parte. Mais hai momentos que obrigan -ao menos, que me obrigan- a escudriñar algo máis, a separar de xeito máis fino. Unha celebración, por exemplo, obriga a mirar máis cara a cara ó que se celebra. Neste caso, o 8M. Un día que leva cambiado a súa presentación dende hai tempo: día da muller traballadora, día da muller, ‘a secas’. Sexa como sexa o título, o referente feminino é claro na Mariña. A súa pegada é a que permite á nosa sociedade manterse como tal. E exemplos de mulleres recoñecidas non faltan, como non sobran tampouco exemplos de mulleres non recoñecidas na súa valía e nos seus feitos.

    Collamos algunha das primeiras, só recorrendo as rúas de Ribadeo, ou as que saian a bote pronto. -Por certo, pásame pola cabeza, de cantas das que vou nomear oíches falar?- E, outra cousa a lembrar, as mulleres mariñás, aquí citadas ou non, forman parte dun conxunto moito máis amplo dentro da humanidade enteira... Para comezar. Por estar involucrado no proceso, lembro que estes días está a presentarse un libro sobre Aurora Sampedro Piñeiro, barreirense pioneira investigadora no campo dos oligoelementos ou das aliaxes, entre outras facetas da súa vida.

    As Meniñas de Saudade, que co seu grupo déronlle un pulo á tradición cultural galega que con elas suxeriu un rexurdimento. Unha por unha, todas colleron a testemuña que o conxunto cultivou, obtendo a sociedade un rédito coral e non só cultural.

    Que dicir das 34 mulleres represaliadas que pasaron polo cárcere en Ribadeo tras a toma da vila polos sublevados, e que Pancho Campos detalla en ‘As milicianas de Ribadeo’? Entre elas, Rosalía Alonso Lastra, sinxelamente, ‘asasinada’, como consta nunha das ‘pedras da memoria’ que lembran ós represaliados na vila. 

 

    Corona Gonzalez Santos, muller de Ramón González, unha desas mulleres que fan grandes ós homes que son os que aparecen como mascarón de proa dos actos que elas impulsan, idean, viven. Non naceu na Mariña, pero por aquí pasou, e deixou a súa pegada xunto coa das mulleres de aquí.

    Luz Pozo Garza, poeta, cun monólito de homenaxe na nomeada súa rúa, xunto á ribadense capela da Virxe do Camiño. Virxe, por certo, representada ó longo da Mariña unha e outra vez, sexa como Carmen, Inmaculada, Dores ou outra denominación. 

 

    Manuela Barreiro Pico, farmacéutica pioneira moito antes do tempo de hoxe no que está normalizada a presenza de mulleres nas farmacias, pasando mesmo a ser maioría. Pioneira non só detrás do mostrador, senón nos estudos para os que tivo que pedir permiso por tratarse dunha muller... 


    E para rematar esta escolma mínima -e por tanto, parcial-, a memoria non me deixa esquecer que son fillo, marido, pai, avó, e tamén irmán de mulleres que saben, todas, do meu recoñecemento, amén do que representa esa palabra ás veces caixón de xastre que é amor. Recoñecemento, si. E soporte. Como sería eu, que faría, sen esa outra faz miña, a modo de ‘cara b’, a muller da que son marido?