Amosando publicacións coa etiqueta eleccións parlamento europeo 2024. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta eleccións parlamento europeo 2024. Amosar todas as publicacións

20240612

As eleccións ao Parlamento Europeo. Resume para webs

    Aínda sen rematar de facer a serie adicada ás eleccións ao Parlamento Europeo, deixo en dous formatos dous resumes lixeiramente diferentes que fixen para diversos medios, a máis das entrdas xa publicadas e das que actúan a modo de resume:

Con gráficas 


Sen gráficas


20240611

As eleccións ao Parlamento Europeo, por aquí e por aló

    Unha comparativa que raramente se ve en relación ás eleccións, neste caso, as eleccións europeas 2024, é a que relaciona as votacións na nosa vila cos resultados a nivel provincial, galego e estatal, incluíndo a ese nivel non só os votos, senón tamén os escanos correspondentes. Velaeiquí a táboa e a gráfica correspondente, tendo en conta śo os partidos que obtiveron escanos (facelo de todas as 34 agrupacións pode ser un caos para interprtalo), expresados os datos en porcentaxes, excepto no caso de parlamentarios, que é expresado en número de parlamentarios ou parlamentarias na táboa, e en porcentaxe na gráfica:


 

    A ollo nu vense algunhas curiosidades. Entre elas,a menor incidencia de votos ao PP a nivel estatal que a nivel local, sobre todo en Vilalba, provincial ou galego. Polo contrario, os votos residuais son maior porcentaxe a nivel estatal (outros). En consecuencia disto último, a porcentaxe de parlamentarios dos partidos que sacaron escano, naturalmente, son superiores ás porcentaxes de voto obtidos. Por certo, os votos están contabilizados sobre o total de votos, non sobre o total de electores, que nestas eleccións, arredondando, foi nunha relación de 1 a 2.

    Por un efecto óptico de acumulación, parece que o PSOE obtivo relativamente máis escanos que os outros partidos en relación ós votos obtidos, pero se se mide ben, verase que na práctica só é un efecto óptico, debido á acumulación do tramo de liña do PSOE despois do tramo de liña do PP, xunto a un pequeno efecto de arredondeo de votos a número de escanos, que tamén favoréceo lixeiramente.

    Por outra banda, a maior porcentaxe de votos de BNG/Agora Repúblicas en Galicia ven dado porque esta coalición presentaba o conxunto de formacións de tres territorios, tendo moi escasos votos fóra deles. É esta formación a que podemos ver que a nivel local, provincial ou galego quedou en terceira posición, moi por diante da que obtivo ese posto a nivel estatal.

20240610

As eleccións ó Parlamento Europeo 2024 por Vilalba

    Rematan de pasar as eleccións ó Parlamento Europeo. O que segue é un resume de resultados en Vilalba, tomado a parte de consideracións a nivel estatal, galego ou mesmo provincial.

    A primeira imaxe corresponde ós votos obtidos polos partidos que desta volta obtiveron algún, e a súa comparación cos resultados de 2019. Nos casos nos que aparece un nome entre paréntese, é o que usaba o partido ou coaligamento no 2019:

    De xeito complementario, a táboa de votos (e porcentaxe de voto) a partidos e abstención, dentro dos votos a partidos, os válidos, identificando os votos a candidaturas e en branco, e por último, o número de electores nas dúas edicións. Chama a atención que o número de electores baixou en 500, o que pode distortar a comparación de votos e/ou porcentaxes. E así, facendo contas, o partido que máis votos sacou no 2019 tivo un porcentaxe de votantes de só un 24 %, mentres que desta volta, o mesmo partido, con só un puñado de votos máis fíxose co 26 % dos electores. Por outra parte, o segundo partido desta volta, que perdeu case o 62 % de votos, pasou dun 25 % do electorado a un 10 %, é dicir, unha caída relativamente menor en porcentaxe que en votos:
    Na primeira gráfica chama a atención o xa comentado, pero a nivel xeral: a porcentaxe de abstención foi moito maior nestas eleccións 2024 que nas de 2019, pois de menos de 1/3 pasou a máis da metade (ángulo en vermello moito maior).
    A segunda gráfica corresponde exactamente á primeira das táboas, e é un pouco liosa ó poñer moitos partidos e coaligamentos (todos os que obtiveron ao menos un voto). Aínda así, vese nos primeiros postos o lixeiro aumento do PP e a caída a menos da metade de número de votos de PSOE, aumentando asemade BNG e Vox. De calquera xeito, para ver máis claro os resultados principais, paso á última das gráficas por hoxe.
    Esta gráfica colle só os datos dos catro partidos maís votados nestas eleccións en Vilalba, amosando de xeito máis claro o xa comentado arriba, ó que se lle pode sumar que entre os carto partidos, nas eleccións pasadas, acumulan o 98 % dos votos a partidos, pero non chegan ó 45 % dos electores.

 

As eleccións ao Parlamento Europeo, por aquí (II)

    Como segunda entrega destas eleccións, Eleccións ó Parlamento Europeo 2024, os resultados, collido por xente dun dos partidos e que de seguro teñen algún fallo (que tentarei corrixir máis adiante con datos oficiais detallados), a máis de tomar datos de só seis dos 34 partidos presentados. Iso si, os que sacaron máis número de votos en Ribadeo.

    Deixo cinco imaxes. A primeira, dúas táboas de datos aglutinando votos e onde se obtiveron. A primeira das táboas, en detalle, e a segunda, separando só vila e parroquias.

    As restantes, son gráficas. A primeira gráfica representa o voto a cada partido, distinguindo en onde o obtivo:

    A segunda, a quen votou cada sección censal:
    O terceiro, a distinción para cada partido entre os votos obtidos na vila e no campo:
    E a cuarta, a quen votou a vila e a quen o campo:
    Quedan porcentaxes e outras relacións nestas eleccións, e a comparación con eleccións anteriores para outras entradas.

20240609

As eleccións ao Parlamento Europeo, por aquí.


    Comezo (de xeito distendido) unha serie sobre as eleccións, Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024, que están a celebrarse hoxe. Continuará noutros días, mais agora, coido que é interesante coñecer -sinxelamente iso, coñecer- as papeletas dos diferentes partidos e Coaligamentos que se presentan. Só son 34... Van por orde alfabética do seu título, teñan ou non que ver moito con Galicia, que nunhas eleccións con distrito único coma estas, pódense ver cousas moi raras.

    En Galicia, algunha papeleta pode presentar un aspecto diferente á que ten a mesma Coalición noutra autonomía. Véxase o caso de 'Agora República', coaligamento de BNG e outros partidos doutras comunidades, que, se se mira a papeleta, distínguese claramente do que poñerá a estas alturas, poñamos, en Bilbo/Bilbao.

    Ah! tamén, a ligazón á páxina adicada na Galipedia a estas eleccións, que tamén pouco a pouco irá actualizándose.