20191228
María Vieites, novo Premio á mellor traxectoria profesional científica xove
Onte tivo lugar a X Reunión Galega de Xóvenes Investigadores no Extranxeiro. Nela foille entregado a María Vieites Díaz, investigadora no CERN e profesora na Universidade de Lausana, e ribadense, o Premio á Mellor Traxectoria Profesional Científica Xove.
O premio, para menores de 30 anos, foi concedido por AMIT Gal, a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia. A xuntanza desenvolveuse na Domus de A Coruña a instancias do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC)
María estudou no IES Porta da Auga, de onde pasou á Universidade de Santiago de Compostela, graduándose en CC. Físicas e facendo logo un Master en Física de partículas de altas enerxías, e a tese de doutoramento [Study of the B0 →ρ(770)0 K*(892)0 decay with an amplitude analysis of B0 →(π + π − )(K + π − ) decays] xa a cabalo entre Suiza e Galicia. Na actualidade imparte clase na École Polytechnique Fédérale de Lausanne, o que comparte coa investigación no CERN como Postdoctoral Researcher no grupo LHCb da Politécnica. Moi lonxe quedan xa os traballos para as feiras de ciencia de Ribadeo como os publicados nas 'actas de actividades' no IES Porta da Auga, como se pode ver no seu currículo.
--
Publicado tamén en https://fqribadeo.blogspot.com/2019/12/maria-vieites-novo-premio-mellor.html
Publicado por
agremon
ás
12/28/2019 03:18:00 p.m.
Enviar por correo electrónicoBlogThis!Compartir en TwitterCompartir en FacebookCompartir en Pinterest
Etiquetas:
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario