20190131

Segunda reclamación á Valedora do Pobo. Por Nuestro Faro


Lembremos que o día sete de setembro de 2018 o colectivo «Por nuestro faro» presentou un escrito no concello con alegacións ao proxecto de legalización dunha fosa séptica. No escrito pedíamos que o propio concello estudase o proxecto, presentase as suas alegacións, e solicitábamos diversas informacións sobre o criterio do Concello de Ribadeo para acordar licencias nese contexto. Ao non recibir resposta, o día 10 de outubro presentamos un novo escrito acolléndonos á lei de transparencia. Tres meses despóis, o día nove de xaneiro de 2019 remitimos unha reclamación á Valedora do Povo Galego tralo incumplimento polo concello do prazo de resposta que esixe a devandita lei . Ao mesmo tempo demos unha nota de prensa.
 Pois ben, o 16 de xaneiro, -con un mes de retraso dacordo ca norma devandita pero ao día seguinte de sair a nosa nota de prensa (!)-, recibimos un correo que non podemos calificar de resposta por parte do Concello. Certo, o Sr. Alcalde non resposta a nada do que se lle preguntou e maiormente sobre dous puntos clave : ¿Cómo é posible que en agosto de 2018 se presente un proxecto de legalización dunha fosa séptica construída dende abril de 2017?. e ¿cómo se explica que se conceda e non se revise unha licencia de actividade nestas condicións?
Desde o punto de vista da responsabilidade do Concello, a situación é ainda máis grave agora, xa que no seu escrito o alcalde recoñece non saber se a fosa conta con todolos permisos. Por outra banda, despois dunha denuncia do noso colectivo ao Seprona, descubriuse que a ubicación da famosa fosa séptica foi cambiada de sitio sen proxecto nen autorización de nengún tipo, e iso é algo do que alcalde está perfectamente informado.
Non repetiremos aquí as numerosas contradiccións do proxecto, que por outra banda poden atoparse nos escritos e documentos publicados na nosa páxina de facebook, aberta ao publico, e nos medios de comunicación, sinxelamente lembraremos o desprezo total das normas de protección da Rede Natura 2000 (esixidas catro veces polo Defensor del Pueblo) e a mención no texto do proxecto dunha norma de Impacto Ambiental de 1986, que hoxe conta polo menos con 5 modificacións posteriores (a última do ano 2013, xa reformada varias veces).
Pero así están as cousas e o Sr. Alcalde non quere nin contestar nin indagar. E chegados a este punto, cabe preguntarse ¿qué estranos misterios ou segredos se esconden neste longo asunto da illa Pancha? ¿Por qué se nos remiten informes técnicos que non pedimos nin discutimos e non se nos dan respostas concretas a preguntas sinxelas que calquer goberno democrático debera ter como unha obriga indiscutible?.
Pola nosa banda remitiremos hoxe mesmo esta información á Valedora do Pobo, como procede nos casos nos que non se respeta a Ley de Transparencia, para que se tomen as medidas axeitadas e que o noso colectivo obteña a información requerida no exercicio dos nosos dereitos garantidos pola devantita lei e incumplidos reiteradamente polo Concello de Ribadeo.

Ningún comentario: