20181122

16 de novembro de 1934: unha curiosidade na Comarca

Coller unha Comarca vella non deixa de ser unha fonte de sorpresas (case coma hoxe, pero con matices diferentes). deixo abaixo unha foto tomada polo medio da comarca de 16 de novembro de 1934, é dicir, hai 84 anos, en tempos da Segunda República.O caso é que en se manas anteriores viña traendo o semanario referencia a dúas subscricións que se estaban a facer naquel momento. O feito de que forna dúas xa é indicativo dunha mentalidade algo diferente da de hoxe en día. Pero a cousa vai máis aló. Unha delas, , para a homenaxe á vellez do mariñeiro, levaba unhas cantas semanas máis que a outra, 'para a forza pública', que era a terceira semana que aparecía. En cambio, o montante desta última era seis veces superior naqueles momentos, e, na semana anterior, aparece que só o concello xa tiña depositado unha cantidade que superaba toda a subscrición para a homenaxe dos mariñeiros. Sen meterse en condicións do momento, parece que hai cousas que non cambian moito.

Ningún comentario: