20180301

NOVA QUEIXA AO DEFENSOR DEL PUEBLO. Por Nuestro Faro

Vella imaxe de antes de ser construído o novo faro

O colectivo POR NUESTRO FARO ven de remitir unha nova queixa ao defensor del Pueblo con data do pasado día 6 de febreiro de 2018. Referímonos a un tema, aparentemente secundario, que xa temos exposto en diversas ocasións. Trátase do seguinte, a concesión do Faro e algúns terreos da Illa Pancha para explotación turística ten data do 30 de xuño de 2015. Nos documentos obrantes no expediente figura un informe da Autoridade Portuaria do día 22 de xuño, asinado polo Jefe del Area de Ayudas a la Navegación Marítima, D. Juan Francico Rebollo Lledó, no que se pode ler o seguinte: “Evaluación económico-financiera. El promotor de este proyecto ha presentado un resumen de su análisis de viabilidad económico-financiera, según el cual el beneficio bruto de la explotación sería positivo a partir del tercer año de explotación”. Asimismo na páxina 7 pode lerse a “Conclusión: Visto lo anterior, el Area de Ayudas a la Navegación Marítima informa favorablemente el proyecto para el uso como alojamiento turístico y cafetaría, a desarrollar en el edificio del antiguo faro y en los garajes y espacios colindantes, respectivamente, en los terrenos del faro de isla Pancha, adscrito a la Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
 Asemade no documento de concesión aparece citada a cafetería, polo menos en sete ocasións.
 E dado que a cafetería quedou fora do proxecto ao non ser autorizada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, en cumprimento do Plan de Ordenación do Litoral, entendemos que o devandito informe de viabilidade económica que esixe a Lei de Puertos para este tipo de concesións presenta un defecto grave, habida conta de que a cafetería sería unha importante fonte de ingresos no conxunto do proxecto.
 Deixando aparte a estraña tramitación dun expediente que da por feita unha cafetaría antes de que sexa autorizada pedimos ao defensor que estude a posible irregularidade da concesión pola carencia dun informe de viabilidade económica que esixe o artigo 84 1.d da norma devandita.
 Quédanos suliñar, máis unha vez, que non debera ser misión dun colectivo veciñal, descubrir as carencias na tramitación dos expedientes que en última instancia rematan en licencias municipais que acaban privatizando anacos de Ribadeo.
--
Ligazón ó debate, xa vello, suscitado noutra páxina: Faros de Galicia
 

Ningún comentario: