A nova residencia, obxetivo cumprido
Logrado o financiamento suficiente para facer realidade a construción 
dun xeriátrico para Ribadeo e a súa bisbarra e recibida en data de hoxe a
 preceptiva autorización para a súa construción, parece chegado o 
momento de facer unhas breves reflexións sobre o longo percorrido 
realizado, tres anos, ata acadar o logro deste obxectivo.
Dende a posta en marcha desta demanda cidadá en febreiro do ano 2011 
foise percorrendo un longo camiño ata ver cumprida a estratexia deseñada
 para acadar o obxectivo final. Un longo percorrido adicado a espertar 
as conciencias dos ribadenses sobre a sangrante realidade do abandono 
dos nosos maiores, acadar un consenso total das forzas políticas do noso
 concello para apoiar este obxectivo, e finalmente lograr que o alcalde 
convertese esta demanda veciñal no obxectivo prioritario da súa xestión 
municipal. E toda esta campaña e esforzo dirixido a estimular e 
mobilizar as vontades das Administracións Públicas con competencia e 
capacidade nesta materia para poder converter este obxectivo nunha 
realidade.
Os veciños do concello de Ribadeo, representados por un pequeno grupo
 de persoas previamente elixidas por eles, percorreron un arduo e longo 
camiño de persuasión e animación para facer pública a súa demanda nunha 
inxente manifestación. Os voceiros dos catro grupos políticos con 
representación municipal, BNG, PP, PSOE Y UPRI, comprometeron a súa 
colaboración e apoio total a esta demanda, empeño que mantiveron ata o 
final, aparcando todo intento de rivalidade partidaria sobre este tema. O
 alcalde, superadas as dúbidas iniciais sobre a posibilidade de acometer
 esta demanda, non tardou en asumir esta grave necesidade e o mesmo 
alcance da demanda vecinal, facendo súa a vontade irrenunciable do pobo 
de loitar ata a consecución deste obxectivo. Apoiado polos demais 
voceiros dos grupos políticos e pola Plataforma de Veciños púxose mans á
 obra de seguido, esgotando todos os medios e recursos nunha actuación 
modélica e nun alarde de cintura política para tratar de concienciar e 
convencer ás Administracións, tanto á Xunta de Galicia en canto 
responsable destas competencias, como á mesma Deputación Provincial, na 
súa condición de ente
Escritos diversos e entrevistas persoais varias sucedéronse durante 
este longo tempo, tanto coa Conselleira de Traballo da Xunta coma cos 
órganos directivos da Deputación, especialmente coa Vicepresidencia na 
persoa de D. Antonio Veiga, quen sempre manifestou o seu total apoio ás 
nosas demandas, e que finalmente se concretou nunha substancial achega 
económica. Moitas e arduas reunións que produciron o seu froito, óptimo 
coa Deputación e non tan xeneroso como cabía agardar coa Consellería de 
Benestar da Xunta, e que fixeron posible que, por fin, os ribadenses 
poidamos contar cos recursos económicos necesarios para a construción da
 Residencia.
Cabe, pois, felicitarse entre todos polo éxito acadado do noso 
obxectivo e agradecer moi cordialmente a sacrificada colaboración de 
todos cantos contribuíron a alcanzar este logro. Aos veciños, que 
estiveron prestos a mobilizarse para demandar a cobertura desta grave 
necesidade. Aos membros da Plataforma, que sacrificaron o seu tempo para
 organizar o percorrido que nos conduciu ata aquí. Aos voceiros dos 
grupos políticos municipais, que dende o primeiro momento apoiaron con 
todas as súas forzas este obxectivo esquivando anteponer a éste calquera
 prioridade partidista. Aos mesmos medios informativos que souberon 
esmerarse en transmitir fielmente e apoiar o desenrolo dos 
acontecementos desta longa loita. E finalmente o noso máis profundo 
agradecemento á persoa do alcalde, Fernando Suárez, que con tesón, 
prudencia e paciencia, soubo guiarnos e manter unha loita constante con 
todos os elementos adversos e vencer con paciencia cantas dificultades 
se interpuxeron no noso camiño, que non foron poucas.
E agora fagamos votos para que a sorte acompañe estes esforzos para 
ver pronto convertido esta utopía en realidade e poder incorporar á nova
 residencia o máis pronto posible a todos os anciáns ribadenses que 
están a sufrir en residencias afastadas un amargo e involuntario 
desterro lonxe da súa terra e dos seus familiares e amigos.
José María Rodríguez
 
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario