Hoxe, sábado, fun á xuntanza anual de Amadores. Menos do 4% dos socios estabamos alí. Mágoa. xa o dixo tamén o director da banda, Lourenço: asómbrase da pouca participación. Como quen oe chover. Daniel, o presi de Amadores, desgranou o ano e despois, con outros criterios, tamén o director. Antes, o tesoureiro, Marcos, deu conta das contas. Parece que en xeral foi un ano complicado pero deuse saído del. As relacións co concello, con altibaixos: Daniel intentando suavizar e Lourenço dicindo eso, con altibaixos, con atrancos en calquera pequena cousa, e colaboración dependendo de quen. Supoño que pasado mañá sairá algo na prensa. Xa veremos. Eu fixen unha pregunta sobre a páxina web que se proxectara anos atrás. Polo que parece, existe a intención, pero polo momento nada máis. a da Escola Municipal de Música de Ribadeo parece que sairá pronto, da man de Lourenço e Suso López. Ofrecinlles o que xa está en http://personal.redestb.es/agremon/. xa está desfasado, e irase cargando aquí, como teño dito outras veces, pero coido que para ambos proxectos de páxina pode servir.A foto, da 'Pena do encanto' en Santiso de Abres, un pouco de auga fresca agradable veciño de Ribadeo. Un paseo interesante entre a natureza.
Novas? Un 'espectáculo de maxia' que ía abrir os agasallos ós cativos por parte de Acisa non puido ter lugar por un accidente. O PP di algo así como que queren acosar á xerente da comarca da Mariña Oriental, Azucena Glez. E a aduana, que andaba algo movida en canto ó servizo de vixianza, parece que se queda tal como está e que a falla no verán debeuse a moivos circunstanciais; vamos, que polo momento non nos quedamos sen outro servizo máis despois do xulgado.
Un sábado tranquilo en Ribadeo. O resto do mundo? hoxe pasamos del. Se podo, dentro de un pouco cargo algo máis de Hernán (hoxe foi nova de música)
Ningún comentario:
Publicar un comentario