20051217

Ribadeo, a Escola Municipal de Música no Nadal



Hoxe é día de música. Non só porque sexa o comezo dunha fin de semana que é a previa ó Nadal, e polo tanto pode considerarse 'reforzada', senón tamén pola actuación da EMMR, a cargo de Lourenço Cruz e do seu equipo de profesionais nas mans dos que está a música ribadense nesta escola fundada por Hernán Naval. Velaí as fotos de dous momentos das actuacións: a do coro de alumnos de 3º a 6º, cantando 'os rapaces do coro' e a da banda infantil, tocando Noite de Paz logo de facer o propio con My way. Teño gravada a música (algunha parte), pero este blog non admite música nin vídeo (que tamén teño, aínda que de mala calidade), polo que quédaste sen escoitar aquí unhas actuacións que non só encheron o auditorio senón tamén o encheron de aplausos merecidos. Presentación de Suso López, dirección de varios profesores, incluído Lourenço, e vitalidade a ollos vista dunha escola que tira para arriba.
Unha chata: demasiado longo, dende 20:30 a 23:10, pero xa advertiu o Director (si, con maiúscula) que a xente quería actuar, e que pasaron polo esceario 200 alumnos... como proba, listo ós alumnos participantes, acollendo en parte a curiosa maneira na que se decidiron a presentalos no díptico preparado para o concerto, sen apelidos os alumnos:
elia.olalla,david,marta,fátima,máximo,elena,laura,sergio,ignacio,beatriz,carmela,marlene,manuel,inés,david,javier,daniel,marta,vanesa,adrián,lucia,jairo,laura,pablo,
brais,sandra,luis,alberte,funchi,daniel,irene,jorge,bruno,antonio,rubén,alba,moirón,gayoso,carreira,pablo,suso,brais,alberte,diego,adri'cou,deaño,ramón,álvaro,sara,
david.laura.rubén,adrián,mariña,lucia,laura,guzmán,alba,francisco,francisco,elena,mario,noel,iris,oscar,franco,candela,paula,mateo,javier,maría,carlos,carmen,guille,
alicia,raquel,lucía,antia,paula,andrea.raquel,irene,antía.enma,cristina,majose,paula,ines,sofía,ana,yolanda,mercedes,eva,alba,ayelén,lucía,ana,carla,nadia,iria,fátima,
oscar,david,fernando,isabel,davia,mainés,pedroluis,pedro,javier,adrián,mario,rubén,raúl,maeugenia,elena,miguel,victor,bruno,juan,carmen,rosana,mercedes,irene,
guillermo,eric,sergio,david,elena,andres,martín,rubén,rocio,lorena,hector,uxío,iago,guzmán,patricia,raquel,lgnacio,andrés,bruno,rarnón,lara,oscar,lara,marta,samantha,
mario,iris,mercedes,laura,fátima,llorián,sara,ana,alba,carmen,carlos,germán,diego,jairo,jose,olalla,adrian,alba,rubén,laura,marta,álvaro,candela,carlos,maria.manuel,
sandra,adrián,lucía,alberte,marina,brais,javier,jorge,daniel,manuel,diego,beatriz.pedro.david,paula,sara,andrea,beatriz,luisa,mateo,rita,inés,tomas,laura,carolina,noel,
alicia,ana,miguel.saul,carlos,ana,nazaret.angel,jan,uxía,alicia,gabriela,guillermo,iñigo,ines,paula,sofia,raúl,anxo,paula,diego,santiago,uxía,arabela,carolina,mauro,
cristina,alejandro,borja,irene,sofía,miguel,hugo,maria,marta,sergio,ana,majose,manuel,mateo,manuel,amalia,raquel,carmen,maría.marta,carmela,ramón,miguel,
cristina,claudia,celso,irene,teresa,martin,carmen,santiago,inés,sara,jesus,pablo,brais,sandra,joseluis,alberte,fernando,diego,daniel,joseluis,irene,jorge,adrián,jorge.

Coido que tiña novas para poñer, pero tras a música quedaron esquecidas. Pode que dentro dun cacho...

Ningún comentario: