20050926

Imaxe típica

Hoxe é o día seguinte á vitoria de Fernando Alonso no mundial, que ten revolucionada á xente. Fai moito máis tempo que tivo lugar a decisión que da lugar á imaxe de árbores pelados no Xardín de Sela: a decisión de cortar as árbores porque tiñan demasiado desenvolvemento. O resultado é que houbo case unha vintena que non deu tirado despois para arriba. E que levan xa anos ben pelados, sen cortiza ou ben con hedra... Pero non é só eso: na imaxe aparece o aparcamento ata na mesma esquina (esta vez, respectando o paso roxiblanco), o lixo xusto na cabeceira do xardín, carteis algo anárquicos, sinais de tráfico provisionais impedindo o paso a unha rúa despois de estar cortado ou semicortado un ano (non lembrades que a paralela a ela leva cortada todo ese tempo, e que o fronte do edificio botou abaixo a rúa?), ... é dicir, moi 'tipical Ribadeo' desta tempada, correspondente coa protesta que se levou a cabo onte coa marcha costeira en contra da factoría de Rinlo-Meirengos. Esperemos que a tempada pase.
No mundo, Polonia veu o día de dereitas tras as eleccións de onte e o Katrina, unha vez desfeito, da un respiro a Bush, que se ve cada vez máis respondido pola xente que se opón á guerra de Iraq, como no seu tempo pasou con Vietnam. Pero o día de hoxe pasará como o do anuncio da deposición total de armas por parte do IRA Irlandés. Será desta?

3 comentarios:

marinho68 dixo...

Diooos, que milagro mais grande, non tés ningún Spamm.
Espero tan só que nunca fagan destrozos, estilo-piscifactoría no voso concello. Para destrozos os do meu exconcello, Barreiros. Despois que se queixen que xa será tarde.

Agremon dixo...

...Espero non telos, polo menos alleos. :-)
Dos propios xa non digo nada. Se esto se convertira nun superventas, ó mellor pagaba a pena o ter un deses que pagan por pulsación...

Un Galego Calquera dixo...

Pero ainda non entendedes que "el progreso es asin", e que se leva irse a vivir a unha desas miles de mini vivendas amontoadas na zona vip de Barreiros El San Bartolo en calquera dos Cutre Mole Edificios Cantábricos, Indicos, Oceánicos, 1, 2, 3, 4 ..... ata non sei cantos, bueno si que o sei, ata que non haxa suelo nin herba. ¡Puag! vaia merda de organización urbanística. O que máis me indigna de todo isto é que as estradas da praia siguen sendo a misma bula de vaca de hai dez ou quince anos, pero pola contra cada vez hai máis coches, máis quads, máis xente cruzando sen mirar, menos auga, máis direccións prohibidas.......... eu que sei.

E xa non falemos da famosa Piscifactoría de Meirengos-Rinlo, na que o alcalde de Ribadeo parece que perde o cu.

Non sei, non sei, cada vez me sorprende menos todo...