Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta aplausos. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta aplausos. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20200501

Aplausos e primeiro de maio

Forza nun primeiro de maio pandémico

   Chegamos ó primeiro día de maio, e seguimos aplaudindo. Parece evidente que a situación dos aplausos cambiará xa a partir de mañá, pois ás oito da tarde poderase saír a pasear. Mañá, 2 de maio, día asociado na historiografía española a un levantamento popular. Mentres, hoxe, 1 de maio, é o día do traballo. Segundo a fonte que se mire, 'día internacional do traballo', 'día internacional dos traballadores', ou sinxelamente, 'festividade do 1º de maio'. Un día para aplaudir con máis forza aínda ó conxunto de traballadores e traballadoras que nos manteñen vivos, formemos ou non partre 'deles'. Non só en época de pandemia, senón calquera día, pois calquera día a sociedade humana necesita funcionar para que cada un de nós podamos movernos como humanos.
   Coido que é así como se debe ver o tema dos aplausos. Aplausos que xurdiron como apoio ó persoal sanitario visto nun primeiro momento como aquelas persoas das que dependíamos. E aplausos que eles mesmos viron dende ese primeiro momento como algo que non debera ser substitutivo do apoio económico á infrastrutura sanitaria que leva vistos demasiados recortes xa, nin tampouco dunhas condicións de traballo dignas, que deben incluír o non ser despedidos e contratados case -ou sen case- por horas mesmo en tempo de pandemia. E aplausos que logo foron reclamados por outros colectivos de traballadores, con máis ou menos acerto ou/e intensidade, e incluídos ou non por cada un dos aplaudintes no seu corazón e na súa cabeza.
   En canto á tanda de aplausos, cando comezou apunteime, pero tamén comecei a pensar cal sería a traxectoria previsible: ir medrando, pasar por un máximo e caer. E como se iría transformando a mentalidade da xente en relación ós aplausos: apoio furibundo pro supervivencia, e logo, matices varios, pouso calmado e evento social, a modo dunha misa pandémica. Ou mesmo como variaría a intensidade, duración ou acompañamento con música, que variou abondo co tempo. E aínda, a posibilidade de asociar o tempo de aplauso a unha ximnasia de brazos ou a facer un ritmo musical: ó fin, 500 aplausos que contei dunha tanda, dan para moito. O tempo foi contrastando os meus pensamentos. Aínda que a zona non ten moitas vivendas habitadas esta tempada, e polo tanto non fai fe a nivel xeral, vin medrar primeiro e logo caer tamén lixeiramente a participación. E notei como se convertía nunha cuestión social de veciñanza. 
   O que non prevín foi algo externo, o ataque directo ós aplausos que algún grupo ten pedido nas redes sociais e que nas grandes vilas parece que causou problemas ó contrarestar algúns aplausos con ruidosas, aínda que minoritarias, caceroladas. Nin tampouco se me pasou pola cabeza o contraste entre aplausos e rexeitamento dentro dalgunha comunidade de veciños (moi poucas, pero moi visibilizadas por efecto viral) a persoal sanitario ou de supermercado por ser posible vector de contaxio, presumindo a infección e inxección vírica no entorno. Algo nun sentido imaxinario e como mínimo éticamente dubidoso, asociado quizais de xeito lonxano nalgunha mente a "todos producimos merda, pero ninguén quere o vertedoiro á beira da súa casa".
   Houbo outra cousa que tamén pensei: que o apoio centrado no persoal sanitario non tiña moitos visos de convertirse de xeito rápido nun apoio 'contante e soante' ó servizo público da sanidade, nin tampouco á xente que o leva adiante. Outra cousa é que vaia quedando un pouso que facilite a recuperación da sanidade pública e a dignificación práctica de quen a traballa. Algo a confirmar.
   Ben, ó fin, van ter a apariencia de ganar queres queren que desaparezan os aplausos. Pero que quede claro que non é por eles, senón porque volve a normalidade. Unha certa nova normalidade ou anormalidade continuada, xa iremos xulgando. Como tamén veremos se os aplausos contribuíron a facer unha normalidade mellor.
   Mentres, lembrar que aplaudimos por e para algo, e que o primeiro de maio devolve ós nosos pensamentos algo non seguro, senón a conseguir todos os días. Con iso, festa dobre: imos saíndo da pandemia e seguimos loitando por un mundo mellor.

20110421

Actuación da BMMR no cine teatro con motivo da Seman Santa

Onte actuou a Banda de Música Municipal de Ribadeo con motivo da Semana Santa.
Sorprende que sexa no cine e non na igrexa, cun concerto con obras que tiran a relixiosas, pero parece que a igrexa leva vetada á banda unha boa tempada (a lembrar que aínda houbo unha actuación musical co pregón)
A asistencia, sobre a metade, en competencia cun Madrid-Barcelona que batiu marcas de espectadores.
Deixo as verbas do director e un conxunto de aplausos, xunto coas gravacións ben feitas das obras da segunda parte colgadas en youtube, interpretadas por bandas diversas, e as tomadas cun móbil onte.
As verbas:

Os aplausos:

E ...
Hosanna



Xerusalém


La Madrugá


O Cristo do perdón

20101128

Concerto Sta. Cilla 2010 da BMR


Deixo a carón o folleto de información do concerto de Sta. Cilla de onte (pódese ampliar a imaxe premendo co rato), e abaixo dous fragmentos de son.
O concerto, no auditorio Hernán Naval, compensou o non chegar a media entrada coa calidade, que o público recompensou en xeito de aplausos.












Churumbelerías, de Emilio. Cebrián Ruiz, pola banda, hoxe (atención, hai anuncio antes e a música comeza no segundo 9 despois deles):Enlace

E como non, os aplausos do público ó final:

20070526

Encontro 1+1 'versus' 1+1 en Ribadeo: reflexión para un día antes das eleccións.


Adiantei un resume sobre o debate de anoite a catro bandas entre os candidatos á alcaldía. Na realidade, de ben disposto que estaba para evitar enfrontamentos (que coido que se evitaron por pouco noutro sitio anterior na Mariña), o reparto de tempos fixo que houbera moita exposición e non tanto debate, co que os ánimos non se chegaron a alporizar e foi moi calmado, como previra con anterioridade. Varios turnos de 4 ou 3 minutos, ben contados pola moderadora, comezando polo urbanismo e con turnos de réplica no medio. A Policía Local estaba fóra preparda, por se acaso.
Algo máis de 400 persoas no 'punto álxido' poideron escoitar ó principio algún escarceo de loita que quedou despois en nada. Díxose alguna cousa que coido é mentira, ou se non, que a lembra moito. Falouse por exemplo da participación nos plenos dos veciños como un logro do alcalde, e claro, como os vecios non poidemos preguntar e/ou responder, non poidemos aclarar que o mesmo pasaba nos plenos, e que por certo, as respostas a que nos deron lugar son fóra dos plenos, e que a consecuencia deso, as preguntas quedan sen contestar a base de cortinas de fume, dicir que non se entenden ou sinxelamente, non responder. Lembro que entre todas as preguntas que fixo O Tesón (e fixo desde que puido 2 por pleno ordinario con só dúas excepcións, unha delas o último pleno como protesta polo tratamento ó longo do mandato), contestouse de xeito completo e satisfactorio a 1.
Ben, un Rivas algo descentrado nos temas e co programa de promesas por estandarte foi o claro perdedor, a pesares dalgunha intervención que chamou a aatención. Entre os outros tres, eu diría que o primeiro posto levouno Fenando Suárez, seguido de cerca por Andina e por Balbino, pero alomenos un grupo de xente nova viu as cousas doutro xeito, encabezando Andina seguido de Fernando (en xeral, coido que non eran votantes de Andina). De novo para eles Paco Rivas foi o claro perdedor da noite.
Fernando dixo nalgún momento que aspiraba a liderar o pŕoximo goberno municipal, en solitario, a ser posible, o que deu pé a unha reacción de Andina: E os demais, claro...
Os aplausos ían en particular para o PP, que pode que fóra quen tiña máis xente na sala ,pero cunha curiosidade: a xente que aplaudia a Rivas tamén o facía con Andina (co que habería que dividir).
Rivas sacou contas e achacou a Balbino que cada euro invertido nel (enténdese de soldo), Balbino conseguira 75, mentras que no mandato anterior, cada euro invertido no mesmo Rivas resultara en 178€. O certo é que non entendín moi ben o tema, pois Rivas non tiña soldo que eu lembre.
Pode que fora Fernando o único que non manexou cifras ó seu antollo. Rivas de novo achacou un cumprimento do programa do PSOE e do BNG o 10%, algo parello a Andina, quen non sacou tanta conta no tema.
Foi curioso non só o tema de agrupamento de aplausos, senón os comentarios por exemplo entre Balbino e Andina cando non estaban falando, o tipo de vestimenta de cada quen, a lingua na que falaban ... a disposición estaba fixada, tanto en orde de actuación como en orde de sentada polos votos: JC Andina, Balbino, Fernando e o novo, P.Rivas.
Como promesa nova, a de Fernando Sárez: rendemento anual de contas. Como dato para o final, Balbino desprezou agotar o tempo de 'resume' que foi a intervención final, despois de dicir que vía a Ribadeo como vila de servizos... e antes, como vila industrial. O que me lembra que Andina non dixo nin o programa ('levamos o mesmo porque o goberno non fixo nada') en contraste dos 101 puntos de Rivas, machacados en forma de debate.
Facendo un novo resume neste día de novo chuvioso a cántaros, o máis 'prometedor' (o que fixo máis promesas), Rivas. Os máis 'numerarios' (aportando cifras ó seu favor do feito por eles ou prometido para o mandato seguinte), Andina e Balbino. E o máis equilibrado e calmado, con palabras creíbles e pés na terra, para min como dixen ó comezo, foi Fernando, a quen Andina lle achacou o ter moito 'modelo' pero non aportar cousas concretas.
En fin, non chove a gusto para todos.

20200506

Artigos en Crónica3, ata o momento

   -Inclúense todas as publicación relacionadas comigo, como aparece na procura en Crónica3; algunhas son notas de prensa que só fixen enviar, outras son redactadas en nome dun colectivo.-

“Aplausos e primeiro de maio”, por Antonio Gregorio Montes

05-05-20
Chegamos ó primeiro día de maio, e seguimos aplaudindo. Parece evidente que a situación dos aplausos cambiará xa a partir de mañá, pois ás oito da tarde poderase saír a pasear. Mañá, 2 de maio, día asociado na historiografía española a un levantamento popular. Mentres, hoxe, 1 de maio, é o día do traballo. Segundo […]


“Signos. Signos de querer o poder e non o traballo que leva consigo”, por Antonio Gregorio Montes

29-04-20
Tentar informarse de xeito diversificado nestos tempos é unha carreira de fondo na que se remata extenuado. A procura de información -da que hai inflación- vese torpedeada pola necesidade de testar a súa validez -da que hai dúbidas crecentes-. A realidade sempre foi unha fábrica de información para as persoas. A fábrica. Con máis ou […]


“Carlos Álvarez Fernández-Cid, músico”, por Antonio Gregorio Montes

21-04-20
Por fin cheguei no meu tempo a unha lectura ribadense que me estaba a esperar. Aproveitando uns poucos raios de Sol pola fiestra remato o libro e non podo menos que deixar constancia: “Carlos Álvarez Fernández-Cid, músico” é polifónico e temperado. Monotemático e variado: corenta colaboradores en harmonía dan unha visión variada e conxunta ó […]


“O mercado de Ribadeo”, por Antonio Gregorio Montes

14-04-20
Leva moito tempo desenvolver a confianza, a máis de construír a estrutura que se monta (fixa ou periódica), afianzar a costume… dun mercado como o de Ribadeo. Sexa ‘a praza’, no seu edificio, de apertura diaria, etc, ou sexa o mercado dos mércores ou dos domingos. En moitos sentidos, o anterior é extensible a todo […]


“Canto mide Ribadeo?”, por Antonio Gregorio Montes

07-04-20
Tárdame volver a recorrer as túas rúas, Ribadeo. Recorrelas con tranquilidade, entre xente, parando a saudar e vendo ós demais mover a boca tamén con tranquilidade ó falar. Sen medir os pasos, pero sentindo no corpo que están dados. Coñecendo que hai quilómetros e quilómetros para recorrer. Que os catro quilómetros de rodeo ó pobo […]


“Sobrepasamos a China”, por Antonio Gregorio Montes

30-03-20
Remato de velo. Hoxe, 30 de marzo, sobrepasamos a China en número total de infectados despois de tela duplicado xa onte en número de mortos. A este paso, é posible que cheguemos a adiantar a Italia en contaxiados en cousa dunha semana, pero a cousa non está clara, pois tamén aquí está comezando a diminuír […]


“No medio doutra crise”, por Antonio Gregorio Montes

25-03-20
O Covid 19 colleunos en medio doutra crise. Cabería mellor dicir doutras, pero imos simplificar, podemos escoller crise, centrándonos nunha soa. Así pois, no medio doutra crise. Collo a crise climática, pode que a que se vai percibindo como máis acuciante no tempo, a máis vívida, aumentando pouco a pouco. Cólloa tamén porque remata de […]


“Anticípate á recuperación”, por Antonio Gregorio Montes

16-03-20
A última persoa que vin na rúa o sábado pola mañá cedo, antes de non volver saír pola corentena, foi un mendigo. A confusión de sentementos que experimentei é difícil de transmitir. Comezo a escribir isto no día en que se ten proclamado o “estado ‘de alarma’” en España, despois de tres días de pandemia […]


“Loita contra a España baleirada”, por Antonio Gregorio Montes

11-03-20
Literalmente, ese era o título dunha nova do 28 de febreiro nun xornal. Como soe ocorrer outras moitas veces, o texto en letra máis pequena detallaba abondo mellor a nova. O título só pretende ser máis impactante, nin explicación concentrada nin a nova encapsulada nunha pílula. O caso é que estimo que é o título […]


“Unha necesidade cotiá”, por Antonio Gregorio Montes

14-02-20
Hai máis de dous anos que os pensionistas veñen organizando actividades mensuais para lembrar que existen e que deben ser tratados con dignidade. Actividades de lembranza de feitos e situacións, así como lúdicas, de xuntanza e entrelazamento de amizade, entremistúrnse con outras reivindicativas duns dereitos que son seus. Que son nosos, de todos, como sociedade. […]

“Fitur comeza en Ribadeo”, por Antonio Gregorio Montes

30-01-20
Si, si, xa sei: FITUR celébrase en Madrid, non en Ribadeo. Oficialmente. Pero o que en Madrid vai amosarse na feira internacional do turismo é cociñado antes nos respectivos lugares de orixe, sexan empresas ou localidades. E non só iso, senón que ten un impacto posterior noutros lugares diferentes da orixe -para iso se fai- […]


“Fágase a luz”, por Antonio Gregorio Montes

23-01-20
O pasado sábado Luz Pozo Garza foi declarada filla predilecta de Ribadeo. Non puiden asistir; como compensación engadín algunha cousa á súa xa longa entrada na Galipedia. En casos semellantes soe haber propaganda de diverso tipo, maiormente institucional, que anima a outra xente máis ou menos próxima a unirse á corrente, resaltando a bondade do […]


“Sostibilidade, unha palabra”, por Antonio Gregorio Montes

16-01-20
Hai palabras de moda. Na actualidade unha desas é ‘sostible’ (e as súas derivadas, como Sostibilidade). Moitas veces, o malo destas modas é que facendo ver e resaltando o que indica a palabra, banalízase o significado. As verbas trivialízanse, asumindo unha precisión imprecisa. Precisión de significado fixado; imprecisión de interpretación e cumprimento. Sostible. “Que se […]


“Viaxar ás capitais… dende Ribadeo?”, por Antonio Gregorio Montes

10-01-20
Hai unhas semanas aparecía na primeira dun xornal: ‘Viaxar a capitais galegas en transporte público dende Lugo é unha odisea’. Coido que quen puxo o título non atoparía outro para poñer sobre o mesmo tema dende Ribadeo… a non ser que usara a palabra ‘imposible’. No interior do xornal, o título era ‘Unha vila (case) […]


“Que non nos enganen: dúas novas económicas que afectan a Galicia”, por Antonio Gregorio Montes

23-12-19
Temporal. Unha cancelación dunha actividade que me afecta polo Fabien. O tempo está tolo. E coa economía quérennos tolear. Pode parecer que non teñen relación, pero as dúas novas de onte (20/12) que remato de ler e que afectan a Galicia coido que si teñen relación co clima. Unha ía de que as contas do […]


“Aquí como en Viena 2019”, por Antonio Gregorio Montes

22-12-19
Ribadeo, 28 de decembro de 2019. Non é unha inocentada. É o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo, da banda de moitos ribadenses. En diversos graos, de naturais, afincados ou visitantes. Músicos, exmúsicos, público, todos en familia. Concerto con algunha inocentada polo medio, si, como cando a presentadora iniciou a súa efémera función […]


“Polas pensións”, por Antonio Gregorio Montes

19-12-19
O autobús vai enchéndose: Ribadeo, Barreiros, Vilanova, Mondoñedo… aínda non son as sete e media e as prazas están todas ocupadas. Esta xente madruga. Ó traballo? En certo xeito si: ó traballo de defender os seus dereitos despois dunha vida laboral que xa ten rematado. Vellos coñecidos a través dos anos, de toda unha vida, […]


“A ilusión da arte”, por Antonio Gregorio Montes

14-12-19
Constrúe. Vive. Interpreta. Sinte: unha arte, arte. Hai xa medio século que un libro, ‘Against interpretation’ (Contra a interpretación, de Susan Sontag) rematou de dar un novo sentido á arte, precisamente destilándoa como esencia de sentementos vividos polos sentidos (que nos tempos e significados actuais non é unha reiteración) despois de atoparse estes cunha obra. […]


“A Constitución como nai adoptada”, por Antonio Gregorio Montes

10-12-19
Soe ser normal que quen teña o control nunha relación nai-fillos sexa a nai sobre os fillos e non viceversa. De aí parto cando comezo a escoitar aquelo de ‘os pais da Constitucion’, como se alguén poidera ser orfo de nai ou houbera unha especie de ‘Espírito Santa’ feminina para a Constitución. Ou, en versión […]


“Botando unha ollada ó veciño: participación”, por Antonio Gregorio Montes

21-11-19
Un amigo fíxomo notar: o regulamento orgánico municipal xa pasou o período de alegacións. O de Barreiros. Como nos papeis non saiu nada de que tivera alegacións, se é así, debera entrar en vigor de xeito automático. Coido que é bó comparalo con outros, como co que se pretendía aprobar en Ribadeo hai case unha […]


“300 € por 8,70. Historia dunha viaxe en FEVE”, por Antonio Gregorio Montes

19-11-19
Xoves 14 de novembro de 2019. Mal tempo, unha viaxe de Ribadeo a Viveiro e unha decisión: vou en tren. Na estación, pido billete e comunícanme que o conseguirei no tren. Quedo pensando por que se desaproveita a oficina da estación e o persoal destinado alí, pero tamén que non entendo do tema e pode […]


“Se non sodes iguais, amosade que sodes diferentes”, por Antonio Gregorio Montes

11-11-19
Noraboa, lográchedelo. Porque iso era o que íades procurando, o medre das posturas máis extremas, as diferentes ás nominais ata o de agora, non? Tentando igualar a corrupción por arriba, tomando unhas decisións mentres que se manifestan outras, con loitas internas solucionadas cun liderazgo non forte, senón baseado na eliminación do contrario, con esquecemento das […]


“Elección non rima con bon”, por Antonio Gregorio Montes

01-11-19
‘Eran os mellores tempos, eran os peores tempos’. Así comeza a ‘Historia de dúas cidades’ de Dickens. E así podería comezar a nosa historia actual camiño dunhas novas (e)leccións o 10 de novembro. E é que hai xente para quen ‘as cousas’ marchan ben. E para a que non, nin moito menos e diríase que […]


“En época preelectoral, coidado co xornal!”, por Antonio Gregorio Montes

23-10-19
Soa ben como tema, pero o certo é que se queda moi curto: hoxe por hoxe, calquera día e non só en período electoral o ler entre liñas o xornal (ou ver entre imaxes no caso da tele) é tanta necesidade como o non despistarse coas novas (reais ou supostas) nas redes sociais. Un tema […]


“Os deslumbrados non poden ver o ceo”, por Antonio Gregorio Montes

23-10-19
25 de outubro, nota de prensa. Resultado: Ribadeo terá máis luces de Nadal por persoa que Vigo. Os xornais destacaron a competición con Vigo, pero aínda así, non chegaron a ese dato: en Vigo, ao parecer, instalaranse unhas 10 000 000 de luces, ou sexa, sobre 25 por persoa. En Ribadeo, 800 000, iso é, […]


“Fake news, fake economía, fake política… “, por Antonio Gregorio Montes

16-10-19
A propagación da mentira como moda. Coido que esa frase pode ser o resume dun dos fenómenos máis perigosos que está a vivir a sociedade nos tempos que corren. A invasión das fake news, as falsas novas, é un feito. Sempre as houbo, pero a a posibilidade que ofrece a tecnoloxía actual permite a súa […]


“Clientelismo, caciquismo ou outra cousa?”, por Antonio Gregorio Montes

06-10-19
Definicións do dicionario da Real Academia Galega: Clientelismo: Práctica social e política en que se establecen relacións de dependencia entre persoas ou organizacións poderosas e os seus partidarios ou colaboradores, os cales esperan obter a cambio determinados favores ou beneficios persoais. Caciquismo: Fenómeno social e político que se caracteriza polo poder excesivo dos caciques e […]


“O clima? Que clima? Nós!”, por Antonio Gregorio Montes

02-10-19
O pasado 27 de setembro tivo lugar fronte ó concello de Ribadeo, ás 20 horas, unha concentración polo clima. Tempo ten pasado dende que a unha relixión se lle ocorreu meter nun libro, o da Xénese, aquelo de ‘esparcídevos e dominade a Terra’. Aínda faltaba para que Darwin explicara a supervivencia das especies ou para […]


“Atacando á Terra. Unha chamada (máis) de atención”, por Antonio Gregorio Montes

18-09-19
Remato de ver unha gráfica por enésima vez. Por primeira vez decateime dun detalle dun dato que representa. A gráfica, as partes por millón de dióxido de carbono na atmosfera, recollidas nun observatorio limpo de alta montaña nunha illa no medio do Pacífico: Mauna Loa, nas illas Hawaii. A recollida dese dato faise dende o […]


“Das oito da mañá á democracia”, por Antonio Gregorio Montes

04-09-19
Informe positivo do concello de Ribadeo. Enterámonos que foi dado cando a propaganda de ACISA Ribadeo nolo comunica pola prensa para lamentar que non se amplíe o horario de apertura de establecementos nouturnos durante todas as festas ata as 8 da mañá. Coido que unha pregunta que cabe facerse é: a quen ou que consultou […]


“Salvados pola xeografía (e a gravitación universal)”, por Antonio Gregorio Montes

27-08-19
Polo que parece, varias centeas de miles de litros de zorra foron liberados ó río Ouria en Guiar, parroquia dA Veiga, Asturias. Resulta que o río Ouria desemboca no Eo, casualmente, un pouco máis abaixo da captación de augas de Ribadeo, co que en principio libramos dunha contaminación que tería deixado a Ribadeo e Trabada […]


“Despois da loita pola construción da residencia de maiores de Ribadeo”, por Antonio Gregorio Montes

13-08-19
Residencia de maiores en Ribadeo: unha vez rematada e presentada á sociedade ribadense, tras pasar as eleccións fíxose un acto de acollida ós primeiros residentes. E comezou o postparto. Coido que é unha imaxe adecuada: lograr un embarazo pode ser doado ou non, pode ser festivo, pero en calquera caso, necesita dun querer, dunha vontade […]


“Sobre a contaminación no mar”, por Antonio Gregorio Montes

29-07-19
-A conta da mesa redonda sobre “A contaminación no mar” que terá lugar en San Cibrao o 2 de agosto, no marco da primeira feira do libro sobre o mar e a súa cultura, deixo algunhas reflexións sobre o tema.- Nun lugar con seres vivos, que están interaccionando co seu arredor, o medio adecuado para […]


“O libro como ferramenta: asociacionismo e cultura”, por Antonio Gregorio Montes

08-07-19
Co fondo da mesa redonda mantida dentro das actividades da feira do libro de Ribadeo, ‘Letras no Campo’, edición de 2019, deixo algunha reflexión propia misturada con a experiencia de edición da AVV O Tesón (Ribadeo no tempo, a través das imaxes -outro Ribadeo foi posible-, Sobre os castros de Ribadeo, Ría de Ribadeo -cartas-, […]


“Resistente galego”, por Antonio Gregorio Montes

19-06-19
Despois de ver as novas destes días sobre o presunto terrorismo galego, venme á cabeza a pregunta de se se me podería considerar de Resistencia Galega, máis aló de se existe, que parece que non. O que si coido que se me pode considerar, como a moita outra xente, é un resistente galego. Resistente por […]


“Eu si votei”, por Antonio Gregorio Montes

05-06-19
Un sinxelo movemento, dar o sobre á urna, marca unha diferencia de sentir: exercín ou non o poder. Efémero a máis de diminuto entre unha poboación como a Ribadeo ou moito máis aínda, entre unha poboación como a de España, pero aínda así, nalgunha circunstancia, decisivo. En calquera caso, manifestación do desexo de participación activa […]


“Eu non votei”, por Antonio Gregorio Montes

27-05-19
En España, votar ou noné liberdade persoal. Non hai obriga, senón vontade. Iso permite a abstención. Abstención que chega a sobrepasar moito a maioría da poboación nalgunhas mesas electorais, e que fóra de España, nas Eleccións Europeas, tense achegado ó 80% no conxunto dalgún país. Por que non votar? Está amosado que as zonas de […]


“Comparación entre o galego e o vasco en relación a unha celebración”, por Antonio Gregorio Montes

08-05-19
Ribadeo, 7 de maio. Preparando o día das letras galegas, atopamos a unha rapazada marchando pola lingua galega. É o Correlingua, que este ano, na zona de A Mariña, celébrase na vila de Ribadeo. O seu obxecto, a dignificación da cultura galega. A súa organización está baseada nunha distribución zonal, na que intervén a Mesa […]


“Pensando no traballo no seu día: balsa de lodos de Alcoa”, por Antonio Gregorio Montes

24-04-19
Hai un par de días, un amigo guioume polas beiras de Alcoa S. Cibrao a descubrir algúns lugares senlleiros. O máis significativo para min foi a balsa de lodos. Por varias razóns. A primeira, por tomar conciencia presencial de que, ‘iso’ son residuos industriais tóxicos, en cantidades case inimaxinables. A segunda, por confrontar que se […]


“As Catedrais, de xeito periódico: esquizofrenia catedralicia” por Antonio Gregorio Montes

19-04-19
Co valor ambiental e económico, e o movemento ligado ó ciclo anual, xa temos de novo nos medios a ración asegurada de Catedrais. A máis, nesta primavera, hai novidades. Despois da morte dunha visitante por impacto ó desprenderse unha rocha do teito dunha cova, a prohibición de recorrer o alto do cantil, o alucinante dos […]


“Ribadeo: explosión de ciencia”, por Antonio Gregorio Montes

06-04-19
Ben. A conto do título, un apunte: non se trata dunha explosión destrutiva, nin moito menos, senón unha explosión no mesmo sentido que a explosión de flores nos campos na primavera. Da vida que medra, se organiza e aprende a vivir. Chegan estas datas, e un evento esperado ano tras ano polos estudantes de medias […]


“Grande América, pequena Terra”, por Antonio Gregorio Montes

03-04-19
Non, aínda non nos enteramos: o que fai alguén neste pequeno planeta, repercute no resto. Algo lóxico, pero, por estar o efecto de cada acto difuminado entre todo o resto de actos e persoas, algo ó que non se lle presta moita atención. E algo que inclúe dende cousas moi pequenas, individuais, a outras moi […]


“Sexamos supersticiosos”, por Antonio Gregorio Montes

18-03-19
21 de marzo, equinoccio. A partir de agora, ata finais de setembro, os días teñen máis tempo de luz que de noite. Vese máis vida. Tempo de esperanza, a primavera. Este ano, eleccións. Por partida dobre. En plena primavera, tempo no que medra a esperanza do futuro, está programado o acto de elixir o futuro […]


“Que parte de ‘caciquismo’ non entendiches?”, por Antonio Gregorio Montes

18-03-19
Vénseme á cabeza o Ron Cacique, coa etiqueta caracterizada cun indio con plumaxe. O nome de cacique ven do que se lle daba ós xefes locais das comunidades taínas de América, e foi importado na idea de que eses xefeciños facían o que lles petaba nas súas comunidades, pola inexistencia de leis escritas e por […]


“A World Wide Web e nós”, por Antonio Gregorio Montes

06-03-19
Lembroume onte o meu amigo Antonio Andina que hoxe, 13 de marzo, a web cumpre anos. E rescatei un vello artigo meu publicado na rede, ‘O comezo da historia de Ribadeo en internet’, onde queda dito que ámbolos dous puxemos o noso gran de area nesa historia dixital de Ribadeo. O que se celebra hoxe, […]


“Mazás”, por Antonio Gregorio Montes

06-03-19
Lembro coller mazás das árbores. Lembro ver como as mulleres viñan en coche de liña ó mercado a traer os seus produtos, entre eles, mazás. E logo, velas nas tendas… ata hoxe. Hoxe fixeime nun posto tradicional dun mercado tradicional nas mazás. Cinco variedades, todas lozanas, brilantes, todas iguais. Todas, cunha etiquetiña pegada, cun número, […]


Artigo do grupo “Por nuestro faro”

06-02-17
Por boca do alcalde Grazas, sr. alcalde, por facilitarnos o traballo. A alcaldía fixo pública o pasado día 23 unha nota de prensa que asumimos plenamente e lle pedimos que lea como se fora dirixida por nós para vde. Para facilitarlle o traballo, fixemos algúns comentarios: “Eu quero falar das inxustizas e do desamparo ao […]


Na procura de información

25-11-15
Hai xa máis de tres semanas que deixei, en nome de O Tesón como entidade pero en función do acordado no grupo de defensa da illa Pancha, o seguinte escrito no concello: “(…) Expón Que en contestación do escrito enviado o 13 de xullo ó sr. Alcalde (entrada 2015-E-RC-8223) recibiu a pasada semana un escrito […]


Refuxiados? Non! Volkswagen!

27-09-15
As cousas, no seu sitio. Unha crise humanitaria (e polo tanto, tamén social e económica) a nivel continental (ou mesmo intercontinental, segundo como se conten os continentes) non pode facer fronte a unha fraude do fabricante de automóbiles maior (hoxe xa se fala de segundo, ou menos) de automóbiles do mundo. A fraude non é […]


A AVV O Tesón organiza actividades para a observación da eclipse de Sol en Ribadeo

14-03-15
O próximo mércores 18 de marzo a AVV O Tesón ten previsto usar o salón de presentacións da Casa das Letras para realizar unha charla sobre a observación da Eclipse de Sol do 20 de marzo. A charla será a partir das 20.00 horas. Falarase do que é unha eclipse, as características da eclipse en […]


Manifesto da plataforma Ribadeo en Común

03-10-14
Un grupo de veciños e veciñas de Ribadeo plantexámonos -como fan tamén noutros lugares de Galicia e de España- a necesidade de que a cidadanía participe e controle de xeito real a xestión dos asuntos públicos. A nosa iniciativa non vai dirixida contra ninguén, non responde ao interese de ningún partido ou grupo político político […]


Beben y beben y vuelven a beber

07-01-14
Beben y beben y vuelven a beber, los peces en el río … a razón dunhas cantas veces ó día durante un par de semanas (alomenos) os últimos -moitos xa- anos, iso é o que dicía unha e outra volta a panxoliña. Os peixes deben estar xa afogados. Ó comezo deste último conxunto de sesións […]


Santo e mártir

24-12-12
Santo e mártir Parece que en Ribadeo, dende a semana pasada, temos un santo e mártir, ó estilo do santoral clásico. Para compensar, tamén habería un fanático actuando de mala fe en contra do probe do santo. A cousa é que Balbino Pérez foi absolto pola Audiencia Provincial despois de non ter feito caso de […]


Que pasa coa herdanza dos Moreno?

05-01-12
Que pasa coa herdanza dos Moreno? Cen anos despois de que os Moreno comezaran a contribuír a Ribadeo con diversas obras, parece como se foran xa cousa do pasado e Ribadeo non tivera moito interese polo seu futuro. O futuro da herdanza viva dos Moreno e o futuro de Ribadeo. O último episodio, ata o […]


Alumnos do IES Porta da Auga interviron no congreso da Asocación de Ensinantes de Ciencias de Galiza

19-11-11
Nota de prensa: No día de hoxe, sábado 19 de novembro, unha representación de tres alumnos e un profesor do IES Porta da Auga tivo unha intervención no congreso da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia que tivo lugar estes tres días na Fonsagrada. Os tres alumnos, Andrea Vilar Álvarez, Pablo Ramos Muras e […]


16 000 €? Máis ben 160 000 €! (e pico)

11-10-11
16 000 €? Máis ben 160 000 €! (e pico) A AVV O Tesón xa dispuxo as participacións da lotería do Nadal. Cada participación do nº 70 566 vese ilustrada por tres fotos correspondentes a detalles de como quedaron as vidrieiras do cemiterio despois da agresión sufrida hai xa case un ano: a vidrieira mellor […]


A Casa da Ría de Ribadeo acollerá dúas observacións astronómicas os días 10 e 11 de agosto

08-08-11
Nota de prensa A CASA DA RÍA ACOLLERÁ DÚAS OBSERVACIÓNS ASTRONÓMICAS OS DÍAS 10 E 11 DE AGOSTO, SEGUNDO ANUNCIABA ESTA MAÑÁ O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE. Ribadeo, 8 de agosto de 2011. A Casa da Ría acollerá dúas observacións astronómicas os días 10 e 11 de agosto, segundo anunciaba esta mañá o concelleiro de […]


Participando (e IV)

09-03-11
Participando (e IV) ‘Todas as enfermidades da democracia poden curarse con máis democracia’ (Alfred E. Smith, foi Gobernador de Nova York) Despois dunha introducción ‘histórica’ e unha pequena análise ó Regulamento Orgánico de Participación Cidadá de Ribadeo aprobado no pleno de xaneiro de xeito inicial, queda o remate da serie: as disposicións ó final do […]


Participando (III)

28-02-11
Participando (III) Se estás a ler isto despois das entregas anteriores (Participa, coño! 1 e 2), é que tes interese no tema. E un mínimo de información. Polo tanto, xa non se trata de chamar a atención cun titular malsoante, nin de facer ver que a pretendida participación pode ser unha imposición ou comenencia. Trátase […]


Participa, coño! (II)

22-02-11
Participa, coño! (II) Coido que antes de comezar a expoñer algúns cambios desexables no regulamento de participación cidadá aprobado inicialmente no pleno de xaneiro (non todos, senón isto sería demasiado longo), é cousa de ter unha visión xeral do documento. Saltemos cuestións menores, como os diversos formatos do texto, indicativos dun ‘corta e pega’ sen […]


Participa, coño!

14-02-11
Participa, coño! Coido que pode verse claro que o título leva en si unha contradicción. Dende a historia do regulamento de participación cidadá en Ribadeo ata as alegacións que deberan terse en conta, tentarei esbozar en varias entregas algo do que significa unha normativa que é, para a cidadanía, mesmo máis fundamental que o estado […]


Os 10 anos da Wikipedia e O Tesón

06-01-11
O próximo 15 de xaneiro a Wikipedia, proxecto distribuído de coñecemento libre, que se plasma nun conxunto de enciclopedias en internet, cumprirá 10 anos. Entre as enciclopedias ás que deu lugar está a Galipedia, (http://gl.wikipedia.org), consituída xa en referente para asuntos galegos, con máis de 66 000 artigos para consulta e medrando coa colaboración dunha […]


E esta noite os reis traerán …

05-01-11
E esta noite os reis traerán … (Escrito na mañá do 5 de xaneiro) Que che fai falla? Unha residencia da terceira idade? Un pxom? A aclaración do caso das vidrieiras da capela do cemiterio? A ver, … ti que pediches? – xa sabes que para que traian cousas os reis, hai que pedilas con […]


…Non había/haberá unhas vidrieiras…? Ideas para a recuperación

14-12-10
Despois da saír á palestra a denuncia de O Tesón da desfeita das vidrieiras do cemiterio, tal parece que o tema quixérase que pasara desapercibido: un único artigo na Comarca, de Pancho Campos (1), tras o da fin de semana no que saía nos medios a nota de O Tesón (2) e o artigo en […]


Ribadeo ten necesidades adultas

06-09-10
1992: Ribadeo perde a rama sanitaria de FP… un feito, como outros moitos de perdas que leva Ribadeo. Eficiencia na xestión, alégase unhas veces. Aforro de cartos, outras. Non hai xente abonda (conxunto das dúas anteriores, dando un rodeo), aínda outras. Mentres, segue a derrama. Agora tocoulle o turno ó ‘Bacepa’, nome abondo malsoante que […]


Os Cocos, pasado e proxección de futuro

30-08-10
O 16 de agosto de 2010 non foi un día calquera en Ribadeo. Houbo festa e saíron os Cocos, pero a festa sentiuse tamén doutro xeito máis profundo, nun lugar menos festeiro que San Roque, na oficina de turismo. Foi o día de presentación do libro ‘Os Cocos de Ribadeo’, festa esperada con motivo da […]


Ir de xira

16-08-10
Pasou a Xira 2010 en Ribadeo. Xira en portugués aplícaselles ás rapazas bonitas, pero aquí o significado é moi outro: a Xira de Santa Cruz ten o seu nacemento nunha romaría ad-hoc, na que a música de gaita galega, impulsada pola sociedade Amigos da Gaita, tiña a súa pedra angular. É dicir, a diferenza doutras […]


Medio Ambiente de Ribadeo oferta actividades astronómicas e unha ruta de sendeirismo

05-08-10
RIBADEO (FNC) .- A Concellaría de Medio Ambiente preparou diversas actividades astronómicas para a vindeira semana e tamén unha ruta de sendeirismo. Horacio Cupeiro anunciou que “o día 10 de agosto ás dez da noite na Casa da Ría haberá unha xuntanza para contemplar o ceo de estrelas de agosto. A actividade estará dirixida por […]


Os cativos resisten

28-07-10
Ribadeo segue puxante no turismo. A praia de Augas Santas, a célebre ‘as catedrais’, é unha referencia e parece que a costa de tempo e de visitantes, ata se comenten menos erros nas diversas informacións sobre a súa pertenza a Ribadeo. A oficina de turismo está chea día tras día, e nun momento calquera pode […]


Puro teatro

14-06-10
“Os españois teñen perdido a súa confianza nos políticos, o gran problema é a ausencia de ideas”. As verbas, que corresponden a Luis de Guindos, ex Secretario de Estado de Economía, puidéronse ver este fin de semana en varios xornais. Non estou de acordo. Mellor dito, si o estou na primeira parte, en que temos […]


Cabodano sen pena nin groria dalgo que tamén ten afectado a Ribadeo

02-06-10
Ribadeo dista algo máis de 150 km do de A Coruña. Dentro de Galicia, quitado zonas de Ourense, é dos puntos máis alonxados desa cidade. No que vai de século, cada curso académico, polo menos tres dos catro centros de educación xeral de Ribadeo teñen feito unha viaxe didáctica á Casa das Ciencias. Difícil será […]


Preto de 10.000 rapaces de 96 colexios de Lugo conmemorarán os Días da Árbore e da Auga coas actividades da Deputación

13-03-13
A Deputación de Lugo conmemora un ano máis os Días Internacionais da Árbore e da Auga, tras o éxito acadado coa convocatoria do pasado ano. Case 10.000 rapaces de 96 centros escolares lucenses participarán en diversas actividades que se desenvolverán de xeito simultáneo en toda a provincia os días 21 e 22 de marzo. A […]

20160731

Un resume do festival de bandas

Onte foi o festival de bandas 2016 (XXII edición). Un resume? máis de dous minutos de aplausos despois da actuación da banda de Ribadeo non serviron para prolongar a actuación.
 Polo demais, comentarios, que ó final non foi no parque senón no auditorio, como se pode ver na foto...


20161009

Vilar non se escribe con b de bicicleta. Un comentario

Venres 7 de outubro, 19:30: 25 persoas unímonos un primeiro venres de mes máis no paseo manifestación pro bici en Ribadeo. Non chegamos ata o Vilar, esa zona comercial e de servizos que segue a medrar entre Ribadeo e o polígono industrial que non remata de arrincar. Non estaba previsto chegar ata o Vilar, mais se estivera, teriamos que lidiar con que os accesos dende Ribadeo, se non se fan en coche, están dificultados. Tanto pola inexistencia de paso na estación, o peche de paso pola vía a nivel do cuartel (hai desnivel para facer un paso por baixo, pero non hai tal, e sempre pode facerse por derriba) e a falta de paso de peóns ou de bici pola estrada xa cedida ó concello.
Estaba pedido o facilitar o acceso (no bog saiu varias veces), pero os cartos entregados coa cesión da travesía foron a outras cousas como a poñer a barca na rotonda do instituto. E mentres cada novo local no Vilar é recibido con aplausos e fotos, o centro sofre máis competencia (e máis xente para os bares, desprazados en coche) e a xestión da mobilidade urbana en Ribadeo prima os motores, con máis aparcamentos  ('provisionais') e menos facilidade para as bicicletas.

20130906

De tempos e ratios: un médico para Ribadeo

Hai preto dun ano comezou a rumorearse. Ninguén fixo caso. A cousa foi en aumento, a Plataforma Sanitaria da Mariña advertiu ... chega este setembro e parece que chegou o momento de estoupar como nova: Ribadeo, se non o remediamos, quedará sen un médico dos que tiña.
No medio, no que parece unha estratexia ben deseñada e coido que é só un xeito de ir tentando poñer parches ante unha realidade imposta dende fóra do Centro de Saúde: a xente foise derivando a outros médicos, as cartillas comezaron a cambiar de titular pouco a pouco, e por último, de xeito definitivo, vaciando de 'contido de pacientes' a cartilla do médico non substituído.
Por parte da resposta pública, a Plataforma sanitaria da Mariña clama de novo no deserto: a sociedade ou ben non se entera ou ben pasa, ou ben tilda de alarmista a quen advirte, retrucando máis ou menos que 'hai que esperar a ver o que pasa', ou ben se resigna porque 'os tempos son malos' (e hai que salvar a banca con preferenza, pero iso dise menos).
O poder político, que se saiba, reacciona en plena volta despois das vacacións e cun retraso considerable. Polo momento, cunhas declaracións e co anuncio de que será tratada unha moción no próximo pleno (eso que existe, é público e non se publicita para que se entere a cidadanía a menos que se queran aplausos, e menos se lle permite unha participación efectiva), quedando no aire a pregunta de se a moción será secundada unánimemente ou se será un motivo máis de trifulca política (aínda que poda haber voto unánime!)
Mentras, o servizo de saúde deteriórase pouco a pouco, obviando Ribadeo, en Burela, ou Lugo, ou ...
E a xustificación pretende cáseque así haberá mellor servizo, que se fai para ben dos cidadáns, como non! Na realidade, esta volta, a xustificación atópase en que Ribadeo está moi por baixo do límite da ratio de 1500 cartillas ou habitantes por facultativo (os xornais recollen unha ou outra opción). Na anterior supresión na Mariña, creo lembrar que se falaba (que a Consellería falaba) cun argumento semellante, pero cun número diferente: 1200. Ó final é o mesmo, porque a ratio establécea a Consellería e ó que se ve, de xeito arbitrario, co que sempre poderá usar iste argumento de igual xeito, aínda que non signifique nada. Por certo, e voltando ó tema dos números e Ribadeo, os 10000 habitantes de Ribadeo entre 1500 significan 6 + un resto, é dicir, sete médicos. Se o criterio é de 1200, entón temos 8 + un resto, o que fai unha diferenza de dous médicos.
O tempo, 'en diferido', como nos teñen afeitos dende o goberno. A ratio, axustable ás necesidades de xustificación. A resposta, ... que resposta?

20110829

Sobre o pregón destas festas patronais Ribadeo 2011

Verbas iniciais do Presidente da comisión, José Gutiérrez:

Verbas do alcalde ...

Entrega de premios...

Primeira actuación de Amigos da gaita:

Segunda:

Pregón de Javier García de Paredes y Moro:
Vista do cine teatro unha volta rematado o pregón, nos aplausos. Na mesa, presidente da Comisión, alcalde e pregoeiro (á nosa dereita)
Terceira actuación (só primeira parte):

... en fin, non é todo, pero case.

20200328

Diario de un confinado en la plaza de Olavide. VIDA SOCIAL EN TIEMPOS DE PANDEMIA. Ángel Alda

"Lunes, 23 de marzo de 2020
Esta mañana algo ha quebrado el silencio catedralicio de la plaza. Una empleada de la limpieza, la primera que aparece en el cerrado recinto de la plaza, hablaba por teléfono y su voz amplificada por la acústica especial de Olavide llegaba a mi balcón como un heraldo del bullicio futuro.
Llegarán los niños a llenar las zonas infantiles y los terracistas las mesas de los bares. Y con ellos el ruido de fondo.
Hoy los únicos ruidos son los aplausos graves y rítmicos de las ocho de la noche y los agudos de las cacerolas de las nueve. Los primeros unánimes y expresivos del agradecimiento a los sanitarios. Y los segundos ceremonias particulares de estos o de los otros. Unas veces en reproche monárquico y otras gubernamental. Nada raro para una sociedad dividida políticamente y a la que resulta imposible cambiarle el paso. Siempre he creído que por encima de las ideas políticas se cuela el carácter de las personas. Irascibles, justicieros, apocados, dialogantes, bárbaros, pacíficos… Todos tenemos asiento en el parlamento de la calle. Pero todos, también, tenemos hijos, padres, abuelos, hermanos y perrito que nos ladre. Espero, no, estoy seguro, que esa condición nos permitirá salir adelante y conquistar de nuevo ya que no la paz total, si, el deseado ruido de la convivencia pacífica.
La cuarentena se extiende por el mundo y los parientes y amigos de EEUU, México, Argentina y Francia vuelven su cara a los españoles veteranos en estas aventuras. Tienen la excitación y el miedo ante lo nuevo. Las aplicaciones de vídeollamada llenan la memoria de los teléfonos y computadoras y todos asistimos a horas fijas a ese batiburrillo de conversaciones cruzadas y a la aparición constante en las pantallas de nuestros primos. Asombroso mundo.
Mientras, no se como idear un método para que el pequeño y cercano universo de los vecinos de la plaza seamos capaces de juntarnos un día a cantar la eterna canción del maestro Lara: Madrid, Madrid, Madrid.
Mañana seguiremos. Cuídense.
Ángel"

20070729

O concerto de onte da banda municipal de Ribadeo, a de Vilalba e a de Salcedo




Parece que non puxen ata agora o díptico do festival de bandas de onte, na praza da música de Ribadeo. A praza, chea. A música, boa. A da banda de Ribadeo, a mellor. A presentación, mixta, entre Daniel Rodríguez algunhas veces e Suso López outras. O peor, un aspecto non musical: o díptico que reproduzo, con máis erros dos debidos.
A foto, xa anoitecido, a banda municipal de Ribadeo en pé para recibir os aplausos do público.

20150731

Algún comentario a un par de notas do concello de Ribadeo

Onte a web do concello engadiu un par de notas ó seu haber. Unha, de defensa de críticas por non ter representación na 'presentación' da concesión de patrimonio da humanidade ó Camiño Norte, e outra, de protección ante a falta de protección do novo parque infantil que manifesta un estudo encargado polo PSOE. Coido que o tratamento de ambas debe ser abondo diverxente.
En ambos casos, as novas son máis en relación coa defensa de actuacións do equipo de goberno que de información ós cidadáns sobre o goberno, e moito menos aínda, de implicación ou participación dos cidadáns nese goberno que é noso, algo que non é a primeira vez que sae no blog.
No primeiro caso estimo que se o alcalde non quere ir a un acto protocolario montado para aplaudir determinada acción que aínda que implica a Ribadeo ten pouco que ver relativamente ós actos do concello, pois ben. De calquera xeito, sei que hai persoas que ao protocolo (a determinados actos, en particular) danlle unha relevancia diferente. Iso mesmo sábeo tamén o alcalde, e entón comeza a xustificar o que (estimo) non tería necesidade. E faino co ironía, sabendo a debilidade do tratamento do goberno da Xunta con Ribadeo en aspectos relacionados co camiño e tamén con outros que non teñen nada que ver, pero que son populares e sabidos no pobo, como o medio millón de euros non recibidos da xunta para a residencia de anciáns. razoamentos lóxicos, pero que por innecesarios ou alonxados do feito concreto que se estaba a tratar, a non asistencia ós aplausos a Feijóo, poden ser xulgados de diferente maneira e ser inefectivos.
Captura da cabeceira dunha nova do Concello

No segundo caso, a nota é completamente diferente, sen ironía ante algo que faría posible que se volvera na súa contra. O informe encargado polo 'POSE' (aparece en diversos lugares como cliente con esa denominación) a Strowpi (a ligazón leva á única presenza na rede, unha única páxina-pantalla) está dispoñible na web do PSOE ribadense e é convinte darlle unha ollada. A ollada leva a considerar como se fan as cousas (pequenos detalles a criticar sempre hai, pero o informe ten boa pinta...) e a base da crítica do PSOE. Precisamente o que chama a atención na nota de prensa do concello é que a documentación non contrapoña documentación: a nota da alcaldía (é do concello, pero coido que se pode dicir tranquilamente 'da alcaldía') di que se fixeron xa intervencións antes de que o PSOE o dixera, pero non ofrece para elo máis que a palabra do alcalde. Tenta dicilo ademais no contexto de que a obra foi recibida e as observacións fixéronse posteriormente, o que en tal caso deixa a pregunta de por que se deu por recibida a obra e se puxo en funcionamento o parque infantil (outro día, haberá que deixar unha reportaxe gráfica do avance das obras). Asemade, tenta diminuír a importancia das correccióna a facer, nomeando "moitas das normas sobre as que se basean non son de obrigado cumprimento, son recomendacións, en todo caso nós queremos, que  sempre que sexan algo positivo que redunde na calidade do servizo, telas en conta". Unha técnica que esquece precisamente a parte máis importante do informe, as de obrigado cumprimento, defectos que se non contei mal, sobrepasan ás leves, segundo as indicacións do propio informe: hai máis non conformidades, "No Conformidad (NC); aquellas deficiencias cuya subsanación es imprescindible para la concesión  de  la  Declaración  de  Conformidad  por  representar  un  riesgo  evidente  para  los  usuarios" que "Desviaciones  (DESV.); aspectos  que,  aun  no  entrañando  riesgo  grave  para  el  menor,  deben  ser  corregidos". Así, aínda pasando por alto a condescendencia final para apuntarse un tanto coas palmadiñas ó contrincante, a lectura da nota debe ser fortemente matizada, e deixar en evidencia, de novo, unha falta de disposición de información cara ós administrados, aínda en cousas tan pequenas como a visualización documental desas accións previas á intervención do PSOE que di que existiron.

20101117

20101115, Pleno longo (II)

... tanto que as preguntas do final non se contestaron: eran xa perto das 12 e os señores concelleiros pensaron que non había ninguén atendéndoas, polo que pediron que se pasara delas. Estaban equivocados (non quedaba ninguén 'visible' de O Tesón, pero si alguén esperándoas). Claro que, despois dun pleno de perto de 4 horas, compréndese que a xente estivera cansada. O que non se comprende é por que se alongou o pleno. En fin, é de supoñer que, ó non ser contestadas oralmente diante de todos, seráno por escrito en breve.
Voltando ó comezo, o pleno comezou por resolucións da alcaldía referentes a pagos diversos, co rosario de petición de explicacións e respostas, algo totalmente evitable nun pleno e recomendable antes do mesmo.
Pasouse ós dous puntos sobre a ORA, o regulamento e as taxas, que foron englobados nun só en cuestión de debate. Foi exposto que quedan 99 prazas despois da inclusión na ordeación do mercado tamén da r/José Vicente Pérez Martínez. UPRi sacou da manga que serán recaudados uns 60 000-70 000€ ano, o que foi en certo xeito desdeñado e no que estou abondo de acordo [ante o cariz do debate, fixen un cantos números: tendo a coupación máxima 100 prazas 8 horas día 365 días, ó prezo proposto de 1h cada 2 horas, saen perto de 150 000€. Hai que descontar 1/3 dos días por festivos, co que o que calculou UPRi limítase a supoñer 2/3 de ocupación media, o que non está fóra do que pasa agora, senón máis ben queda por baixo]
Dísoxe que ACISA foi consultada e está de acordo, UPRi tildou de novo imposto a taxa, momentos nos que un banco do público, entre sorrisos, plaudiu e foi chamado a atención polo alcalde. O PSOE anunciou o seu voto a favor e o PP pediu que fora gratuíto para residentes, e dixo que o calculado poa UPRi sería con multas a parte. Esgrimiu ademáis unha serie de cuestións técnicas: quen controla? quen inmobiliza os coches infractores? quen traslada para sacalos de alí? onde van parar os ingresos? hai un contrato de instalación? momento en que houbo outro conato de aplausos de xente que posteriormente non chegou á metade dos puntos do pleno; esta vez non foi chamada á orde polo alcalde. A contestación foi que se se pon barra libre para residentes, ocupan as prazas e que é unha aprobación inicial. De calquera xeito, na resposta da alcaldía, co pase xa asegurado polo apoio do PSOE, amosou unha certa complacencia co sistema actual, o que foi aproveitado para un 'se estaba ben, por que se cambia?'. Quedou claro ademáis que non o vai a xestionar empresa algunha e que non hai estimación de gastos nin entradas. Díxose tamén que se situaría os parquímetros en lugares opostos da praza, algo que entendo non está demasiado ben por razóns de menor distancia posible a tódolos puntos da mesma, razón esgrimida.
Como fora anunciado, foi aprobada por 7 a favor contra 6, o mesmo que sucedeu coa aprobación de taxas correspondente.
Vese que non se tocaron no debate cuestións de fondo, sobre a ordeación de aparcamento, o tráfico ou as alternativas.

20200508

Dous cafés (de cafetería)


   Pequenas cousas que lle dan un punto á vida. Nimiedades, mesmo cousas superfluas que se ven como normais, son botadas de menos en situacións como a actual.
   Este mañá coincidiume pasar por diante da cafetería La Lira mentres tiña a porta aberta -pero cunha cadeira no medio para evitar o paso- preparando no interior a prevista apertura para luns, terraza expandida incluída. Unhas cousas levaron a outras e rematei cun agasallo de dous cafés de cafetería que me levei para facer unha parada caseira, remedo virtual dunha visita física ó interior do local. Un significado moi concreto: fin de dous meses sen un pracer sinxelo. Algo superfluo, pero asimilado como cotiá, prestoso, indicando unha posibilidade de normalidade nunha situación que non o é. Algo saboreado, disfrutado, pracenteiro.
   Cafés que nun momento de asueto dan para reflexionar sobre o entorno particular e sobre o xeral. Uns vasos de porexpan que máis cedo que tarde haberá -temos que- deixar de usar, pero que hoxe fan un servizo aprezado. O transporte ata a casa pola rúa semideserta, enmascarillado, dalgo gardado como un pequeno tesouro. Un rato diferente dentro duns días xa de por si tamén diferentes ó que consideraba normal. O entronque destas pequenas cousas, cambios, coa charla de pasada co tendeiro que prepara a apertura -esta vez, para martes- da tenda con mamparas, cantidades inxentes de produtos de limpeza e sobre todo esperanza resignada...
   Grazas polos cafés. Non, nin médica, nin caixeiro, senón unha persoa máis que ocupa o seu posto na sociedade, e que cando non está, notas a súa falta. 
   E é que, de xeito parello a 'mellor contribuír á preparación que dar condolencias' non fan falta aplausos (aínda que non estean de máis), senón consideración. Sinxelo, verdade?

20230417

Post pandemia. A nova normalidade

Post pandemia. A nova normalidade 


    As novas deixaron xa hai algún tempo de falar de xeito regular de pandemia. Por suposto, o virus segue a circular polo mundo adiante, aínda que en versións menos perigosas e en menor cantidade, contando xa dende hai tempo cunhas vacinas feitas ás présas pero que serviron, aínda que dos efectos secundarios pouco transcendera.

    Así pois, o mundo leva volvendo á normalidade un tempo que se mide xa por ciclos anuais.

    O certo é que hai moita xente que dubidamos da volta á normalidade. Non porque non se vexa un abandono das excepcionalidades tomadas ou forzadas pola pandemia, senón porque a normalidade anterior non estaba definida. Non o estaba no sentido de que cada quen -persoas e sociedades- tiña a súa. En xeral, seguro que pouco tiña que ver a que consideraras ti, que estás a ler, da dunha neoiorquina no Bronx ou dun saharaui nun campo no deserto alxeriano. E, se consideras que ambos están moi lonxe para unha comparación, mira a 'normalidade' dalgún dos teus veciños e veciñas e de seguro que ves diferencias evidentes xunto coas semellanzas esperadas.

    Pero a consideración anterior é só un aspecto a considerar nesa volta ó normal. En plena pandemia, houbo quen dixo que íamos saír mellores. Pero non vimos que as guerras remataran, nin que o matonismo dos países ou na nosa sociedade desaparecera, que a discriminación por diversas causas se evaporara ou que a corrupción sexa auga pasada. Por suposto que hobo cambios: os aplausos ó persoal médico desapareceron para deixar paso ó aumento de queixas dos servizos de saúde, cada vez máis escasos de persoal e cartos. Agora ben, pódese dicir que cambiamos, ou que a normalidade xa non é a mesma?

    Hai uns días tomei unha foto á mañanciña sobre a fermosa ría de Ribadeo. Pódense contar nela as estelas de ao menos 13 avións. En pandemia, o cómputo era abondo máis doado. Non era necesario saber contar. Ou sexa, pasou a pandemia, e retornaron algunhas cousas de antes, da 'normalidade' anterior, fora o que fora. E, ó tempo, o mundo mudou. Os que temos certa idade temos visto moitos cambios, á vez que sentimos a sensación de que os novos cambios cada vez sucédense con máis rapidez, algo contrastado e estudado nalgúns aspectos, como a evolución empresarial. Ou sexa, despois de tres anos dende o inicio da pandemia, era lóxico percibir cambios. Pero máis aínda se hai que retornar dende as normativas impostas ou adoptadas por propia vontade e interiorizadas nos períodos de illamento, ofrecendo un contraste e perspectivas novas, que non había antes, ó tempo que hábitos que tampouco había. E así, é 'normal' que a 'nova normalidade' se pareza a antiga, pero ó tempo, que teña as súas peculiaridades. É dicir, que sexa 'outra' normalidade. E aínda máis, se temos en conta que o tempo de pandemia serviu tamén de catalizador para interiorizar e comezar a ver de xeito diferente fenómenos como o cambio climático e os seus derivados -de seca a vagas frías extemporáneas- ou a falta de recursos naturais, a contaminación, a perda de biodiversidade, aínda que coste moito máis traballo decatarse dunha das principais variables, da imbecilidade humana, con mostras incontables como as que provocaron eses fenómenos ou impiden mesmo a posibilidade de arranxo.

    Todo normal. Iso si, normalidade nova, como ven sendo normal.

20200328

Diario de un confinado en la plaza de Olavide. CONFINADOS Y MOVILIZADOS. Ángel Alda

"Miércoles 18 de marzo

Supongo que la excitación de estos días de las gentes que estamos sometidas a cuarentena irá reduciéndose. Esto es un sinvivir. Cocinar, leer, películas, visitas virtuales a museos, clases de yoga, sostenimiento emocional de los familia, de los vecinos, de los amigos. Ya te digo. Imposible. Supongo que muchos nos abandonaremos a la molicie. No tenemos que comer sano todos los días. A los vecinos que les den. Eso de salir a la terraza o al patio a dar la murga puede estar bien para unos días pero esto, la cosa, se va a alargar como ya nos están preparando. Mucho más a los llamados población de riesgo que somos algo así como quince millones de españoles. Los ingleses ya saben a quien les va a quedarse en casa y a quién en el pub. Y si usted prefiere pub y tiene una edad olvídese. Ahora que tanto se habla de distopías aquí tiene la próxima. Dos mundos separados, jóvenes y viejos. La familia a tomar por culo. Son las ideas del tal Boris. Cómo vemos hay populistas a los que les sobra hasta su mamá.

Hablando de mamás. Ayer mi sobrina llevaba junto a su marido el carrito de la más reciente niña de nuestra familia camino del centro de salud para ponerse las vacunas del cuarto mes. Pues les paró la poli y les hicieron escoger acompañante para la niña. O el padre o la madre. El decreto de alarma es lo que tiene. Muy duro. Salomónico.

Pero menos duro que poner cara a nuevos amenazados por el Covid de tu entorno. Ya son varios, alguno muy cercano. Casi da miedo saber quién será el próximo del que te informen. Mientras que sepamos que lo superan en casa con paracetamol con un canto en los dientes nos damos aunque los testimonios que llegan de personas que han superado la enfermedad en Italia tienen una carga dramática impresionante. El miedo a lo desconocido es siempre aterrador.

Seguiremos con nuestra vídeocopa con los amigos después de la ceremonia de los aplausos en la plaza que va a más.

Prometí hablar del gobierno pero no tengo ganas. Sólo decir que el plan que ha presentado de alivio económico me parece un buen principio. Creo que el rey nos va a hablar esta noche del corona. Del virus que nos afecta a todos. Del que le afecta a él no creo. O si.

Cuídese y cuide a los suyos, no hace falta que salve a la sociedad. Tómese las cosas con calma.

Hasta mañana si Dios quiere.

Ángel"