Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Caxigueiro. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes
Amosando publicacións ordenadas por relevancia para a consulta Caxigueiro. Ordenar por data Amosar todas as mensaxes

20191218

A ilusión da arte

Imaxe do tríptico 'A métrica do ilusionismo'

Constrúe. Vive. Interpreta. Sinte: unha arte, arte.
Hai xa medio século que un libro, ‘Against interpretation’ (Contra a interpretación, de Susan Sontag) rematou de dar un novo sentido á arte, precisamente destilándoa como esencia de sentementos vividos polos sentidos (que nos tempos e significados actuais non é unha reiteración) despois de atoparse estes cunha obra. Así, a arte é basicamente humana, entrelazando técnica e sentemento de quen obra a creación artística co sentemento de quen a desfruta, pasando de interpretación razoada a sentida.
Ven isto a conto da exposición que dende estes días ata finais de febreiro presenta o Museo Provincial, A métrica do ilusionismo, obra de Caxigueiro.
Non fai falta ser experto en arte -existen, pero non son expertos en como ves ti a arte- para ter seguido a traxectoria de Caxigueiro. O seu compromiso sensible coa terra e as formas que transforma fano achegado, e polo tanto, sentido, pola xente de aquí, ó tempo que é a base da súa globalización sentimental. Dito así, sentimental, parece relatar cunha ambigüidade do sentimentalismo tal como se entende na expresión diaria de xeito moitas veces pexorativo: “Dado a deixarse levar por impulsos de afecto ou de emoción”. Mais non, hai que coller o primeiro significado que lle asigna o dicionario da Real Academia Galega, “Relativo ou pertencente á vida afectiva (...)”, mellor aínda que a terceira acepción, “Que trata de sentimentos ou que procura causar emocións” para entender que o efecto da obra é global, que afecta ós sentementos do público en xeral, aquí e na China.
A Métrica do ilusionismo, proposta que revisa series representativas de Caxigueiro en máis dun decenio, dende a escultura á poesía ou á fotografía, non esquece a liña anterior. Aprovéitaa e proxecta dun xeito ilusionante en sentementos a traverso de novas tendencias, mesmo solucións controvertidas, a narrativa, seriación temporal e universo social que forman o fío condutor da súa obra.
Será iso o que sintas cando a experimentes? Pois ‘O meu traballo non remata ata que non o amoso’ (L. Vila)

20240611

Chiando no verán

    Remata de saír o novo número da revista Chío, o especial de verán. A súa web, https://www.chío.com leva unha til, cousa que polo momento non é moi común... como non o é a propia revista. Unha revista, neste número, adicada a Palestina, e onde aparece, xa en portada, unha obra de Caxigueiro como introdución a unha reportaxe sobre o artista. Asemade, cunha nova canle de Whatsapp: "Facerse seguidor/a da nosa canle é sinxelo: segue a ligazón que incluimos arriba, ou ben, abre a túa aplicación e entra en “novedades” (situada abaixo, xunto a pestana “chats”), na lupa busca Revista Chío e preme o botón “seguir” para non perderte ningunha das nosas publicacións."

    Adxunto a portada do número de xuño e a miña contribución:









20111030

Crónica curta dunha viaxe aproveitada de O Tesón

É unha crónica social, que, de ter tempo. convertería en cultural:
O sábado 29 de outubro a asociación de veciños O Tesón realizou unha viaxe social a San Martiño de Mondoñedo. A primeira parada do recorrido foi a visita da basílica, guiada por D. José Mª Rodríguez, que despois de centrar históricamente a S. Martiño, desgranou a historia das tres etapas da súa construcción e demáis características.
A continuación, o grupo pasou polo estudo do escultor e artista multidisciplinar Caxigueiro, onde recibiu explicación sobre o proceso seguido por varias das súas creacións.
O seguinte lugar visitado foi a Frouxeira, onde novamente José Mª Rodríguez trazou a historia coñecida do castro.
Despois de comer, o grupo visitou a zona de Sto. Estevo do Ermo antes da súa volta a Ribadeo.
diante de S Martiño

subindo á Frouxeira