20230117

COMO EN SAN ANTONIO DE LOUREDO. José María Rodríguez Díaz (2008)

    Unha nota previa, necesaria para os 2023 no que republico esta entrada do blog de José María: a serie 'Padre Casares', emitida pola TVG, acadou grande popularidade en Galicia, replicándose mesmo noutros lugares o argumentario, recreándose ó gusto local de cada lugar. A serie incidía non só en temas eclesiásticos, senón en todo tipo de temas socioculturais, imbricados a partir, iso si, da vida dun cura de pobo novo e outro maior.

    Polo demais, a lección que leva consigo esta entrada, coido que quedou aprendida, pero non está de máis o repasala.

Viernes, 03 de octubre de 2008

COMO EN SAN ANTONIO DE LOUREDO

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 20:30

Una cómica situación, sino fuera por la tomadura de pelo que representa para los vecinos y por el mensaje que nos transmite sobre la frivolidad con la que actúan algunos de nuestros ediles. Me refiero a la comedia que se montaron los concejales de Ribadeo por la colocación de unos bancos en el eucaliptal de O Cargadoiro.

Una actuación que me recuerda el humorístico comportamiento de D. Horacio y D. Crisanto, en la serie de la TV de Galicia, “Padre Casares”. Dos curas que andan siempre a la greña; y cuando el uno dice que sí, el otro dice que no. Así pasa, también, con nuestros ediles: se enzarzan a diario en disputas, sobretodo en los plenos que se celebran en el consistorio. Unas veces son los miembros de la oposición contra el gobierno y otras los miembros de la oposición contra ellos mismos. Lo que no les impide ponerse luego a todos de acuerdo para compartir la tortilla en la misma mesa, al igual que lo hacen D. Crisanto y D. Horacio en la serie citada.

Permítaseme resumir brevemente los hechos para quienes no los conozcan. Sucedió en un pleno municipal hace ya días. El equipo de gobierno municipal, siempre atento a humanizar la vida de los ribadenses, dio orden de colocar dos bancos en el pequeño eucaliptal que hay en el área recreativa de O Cargadoiro, en las proximidades del Castillo San Damián, para disfrute y descanso de los muchos transeúntes que frecuentan esa área recreativa. Pero sucedió que, en el pleno siguiente a dicha actuación, el portavoz del PSOE, el Sr. Pérez Vacas, formuló una pregunta al alcalde sobre la colocación de esos bancos en un terreno de propiedad privada. Sorprendido el alcalde por esta pregunta y ante la gravedad que supone esa acusación y sin otra comprobación ordenó a sus huestes la retirada inmediata de dichos bancos. Pasado ya tiempo, cuando todo parecía estar ya olvidado, alguien dio a conocer al público que el mencionado eucaliptal era propiedad del concejo y no de carácter privado -como había afirmado el Sr. Pérez Vacas- y protestó por la retirada de los dos bancos. Sorprendido el alcalde y hechas las oportunas averiguaciones ordenó la reposición de los bancos en el mismo lugar en donde antes habían estado.

Esta cómica escena nos sugiere varias observaciones acerca del proceder de los concejales y de la frivolidad con la que tratan los asuntos municipales.

No se comprende que el portavoz del PSOE borrara tan fácilmente de su memoria la adquisición de ese terreno por parte del concejo en los tiempos en los que él era teniente de alcalde con el anterior gobierno del BNG, liderado por D. Eduardo Gutiérrez, hace ya años. Aunque la parte positiva de esta historia es que gracias a la amnesia del Sr. Pérez Vacas, persona más afín al mundo de las finanzas que al latín, se salvaron milagrosamente los eucaliptos. Pues si en los tiempos que ejerció como alcalde cayera en la cuenta de que eran propiedad del concejo, seguramente hoy no estarían ahí para cobijar con su sombra a los visitantes.

Ante esta inconcebible reclamación del portavoz del PSOE no se comprende el sorprendente silencio cómplice de los demás portavoces de los otros grupos de la oposición. Pues sabían sobradamente que el terreno era de propiedad municipal.

Lo sabía, por supuesto, el Sr. Rivas a quien, cuando se ocupaba de las tareas de la concejalía de Medio Ambiente con el gobierno del PP, yo mismo le insinué entonces, aprovechando el reciente carácter municipal de la parcela, la conveniencia de instalar bajo la sombra de esos eucaliptos unas mesas y bancos para solaz de los visitantes de esa área recreativa.

Lo tenía que saber también, como no, el portavoz del PP, ya que la firma de esa adquisición había tenido lugar, si la memoria no me falla, durante su mandato. ¿Por qué se callaron, pues, ante la maquiavélica intervención del Sr. Pérez Vacas?

Yo mismo, presente ese día entre el público asistente a dicho pleno, quedé sorprendido por el incomprensible silencio de los restantes ediles ante la desconcertante pregunta del Sr. Pérez Vacas.

En cuanto al titular del concejo, que tan fácilmente cayó en la trampa que le tendió la oposición, debe aprender la lección: no aceptar lo que otros le digan sin otras comprobaciones y aprender a no fiarse de las personas que basan su estrategia política de oposición en las clásicas zancadillas, en vez de colaborar en el gobierno desde una postura de oposición, crítica, pero leal.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.

Entrevistado en Radio Foz a conto da Illa Pancha

    Hoxe, Anxo Rivas, de Radio Foz, fíxome unha entrevista a conto da illa Pancha e a supresión da porta da ponte que lle dá acceso. Aquí queda en ivoox e ligazón a Ribadeando podcast:

https://www.podcasts.com/ribadeando-3a91407da/episode/entrevista-sobre-a-illa-pancha

A vitalidade musical de Manolo Choupín (1941-2023). Carlos Álvarez Lebredo

    Adxunto a nota de Carlos Álvarez Lebredo sobre Choupín aparecida na Comarca de sábado pasado, que aporta abondos máis datos e detalles que a publicada por min.


A vitalidade musical de Manolo Choupín (1941-2023)

Carlos Álvarez Lebredo

Coro Miserere. 2004. V. Manuel Sanjurjo está abaixo o 3º pola esquerda
 

    Co falecemento de Víctor Manuel Sanjurjo Láncara (Manolo Choupín) desaparece un importante actor da música en Ribadeo e unha especie de fío que axudou a compoñer e recompoñer diferentes agrupacións musicais ao longo de moitos anos. Para moita xente, como espectadores, Manolo Choupín foi sobre todo e durante moito tempo un bo tenor na Coral Polifónica de Ribadeo; pero o seu quefacer e o seu despregue musical atinxiu outras facetas pois durante a súa vida non parou de gabear por todo tipo de pentagramas.

    Apareceu Manolo Choupín a cantar en público con tan só 10 anos cando Carlos Álvarez Fernández-Cid recorreu a un grupiño de alumnos do colexio dos Hermanos Menesianos, ben ensaiados musicalmente polo hermano Juan Harán, para reforzar o seu veterano coro parroquial, que era tamén o que interpretaba o ‘Plorans’ de Pacheco nas procesións da Semana Santa. Estes nenos de boa voz (Pablo Cociña, José Carlos González Amado, José Duarte, Marcial Fernández) facían as voces brancas reforzando a parte feminina do coro. Por esa mesma época botou man destes nenos Emilio Carricoba, para interviren nalgunhas misas nas que tamén participaba a Banda de música que el dirixía.

    Poucos anos despois integrouse Manolo Choupín, con voz e laúd, xunto a varios amigos mozos coma el (Francisco Maseda, Lolo García Méndez ‘Castellano’, José Antonio Díaz ‘Pinche’, Alberto Pelegrín...), na divertida e veterana Rondalla que dirixía Fernández-Cid durante os veráns. Tamén por eses anos 1960-1961 esta seccción de mozos “independizábase” nalgunha ocasión dos veteranos (lóxico) e rondaban as mozas ribadenses e veraneantes convertidos en ‘Rondalla Gamberros Filharmónicos’. Por esa mesma época Manolo Choupín integrouse na Coral Polifónica de Ribadeo, nuns momentos en que se fixera moi necesaria a entrada de novas voces para compensar a saída de cantores que se viron obrigados a marchar de Ribadeo por razóns de estudos ou laborais.

    Tras uns anos de menor actividade da Polifónica a mediados dos anos setenta, a posibilidade real de contar con novas voces masculinas e femininas (moitas delas nenas con estudos regrados de música, alumnas de sor Pilar de León) fixo que Fernández-Cid se plantease en serio a reorganización da Coral para volver actuar máis alá de esporádicos certames, das liturxias de Semana Santa e das misas solemnes da Patroa de Ribadeo o día 8 de setembro. Das tarefas de toda a organización material encargouse con entusiasmo Manolo Choupín: informar do proxecto, animar os indecisos, xuntar de novo os veteranos, ir acoplando os debutantes e detallar os horarios de ensaios. Foi unha axuda imprescindible para que o director musical puidese poñer en pé de novo e ao completo toda a maquinaria coral, unhas sesenta voces. Na fotografía oficial do concerto inaugural desta 2ª época da Coral Polifónica de Ribadeo forma Manolo Choupín entre os tenores e tamén a súa esposa Inmaculada Río e a filla de ambos, Inmaculada Sanjurjo Río. Anos máis tarde (1992) Manolo Choupín coincidiría co seu fillo Manuel nas filas da reorganizada Banda de música de Ribadeo: o pai coa tuba e o fillo coa trompeta.

    Cando a partir de 1982 John Rutherford reorganiza a Rondalla de Ribadeo, Manolo Choupín participa das súas rondas durante anos. Igual que no caso da Polifónica, el representaba o elo intermedio en idade, entre os veteranos desas dúas formacións e os músicos novos que se ían incorporando. A súa experiencia nas rondallas serviulle a V. Manuel Sanjurjo para decidirse a organizar unha rondalla infantil baixo a súa dirección. Comezou en 1984 cos primeiros ensaios a nenos e nenas do colexio de EXB Gregorio Sanz de Ribadeo. Xuntáronse entre 30 e 40 pequenos instrumentistas de guitarras, mandolinas, bandurrias e pandeiretas e adoptaron o nome de Rondalla Infantil Chascorrandeira. Actuaron durante dous anos en moitas localidades entre Luarca e San Sadurniño. A rondalla desfíxose cando esa promoción de nenos rematou os seus estudos no colexio. Pero en 1992 Manolo Choupín repetiu a expriencia de rondalla infantil cuns 30 nenos do colexio La Paloma de Castropol e mesmo chegaron a editar unha casete coas súas cancións en 1995.

    De novo no aspecto coral, hai que destacar o empeño de Manolo Sanjurjo por rescatar un grupo de cantores para o tradicional ‘Miserere’ nas Semanas Santas de Ribadeo. E así creou e dirixiu o grupo que con ese mesmo nome, Miserere, acompaña as procesións ribadenses desde 1994. Tamén en 2003 relevou na dirección do coro Airiños de Ribadeo (do Centro Social) a Gonzalo Montero, que o fundara en 1990.

    Noutra orde de cousas, V. Manuel Sanjurjo Láncara puxo o seu entusiasmo musical dentro da comisión cidadá que ao longo de 1988 debateu e madurou a idea de reorganizar en Ribadeo unha Academia que formase musicalmente nenos e mozos e que, ao tempo, servise de canteira instrumental para unha futura Banda de música local, tras case trinta anos de inexistencia desta formación. Ao ano seguinte substanciouse esa idea, creouse a Asociación Amadores da Música e púxose en marcha a Academia de Música Carlos Álvarez Fernández-Cid, orixe da actual Escola Municipal de música e foro de aprendizaxe para os músicos da Banda de Ribadeo.

    Tamén en novembro de 1990 Manolo Choupín foi quen se encargou de organizar unha exposición fotográfica que baixo o título de “Laudate Ceciliam. Imaxes da música en Ribadeo”, ofreceu unha panorámica da música ribadense desde 1915, condensada en 105 fotografías e que estivo instalada na antiga Oficina de Turismo.

    Que descanse en paz Manolo Choupín, pero que nos deixe por aquí algo da súa enerxía e do seu entusiamo para que poidamos manter acesas as diferentes iniciativas musicais que tradicionalmente estiveron vivas en Ribadeo e que lle dan á localidade un carácter especial.

(Publicado en La Comarca del Eo, 14 de xaneiro de 2023, p. 4)

20230116

Cinco anos

    15 de xaneiro de 2018. Lémbraste que fixeches ese día? Era sábado. E en Ribadeo, algunha xente comezou unha andaina que aínda dura, porque non chegou ó destino. O destino: equidade cos maiores, equidade na atención pública, nos servizos.

    Como lembranza, Suso Fernández, integrante da plataforma asociada a MODEPEN en Ribadeo, colgou nas redes sociais:

    Hai xente en precario, maior, e tamén nova. Unha precariedade que non debera existir, que non debera permitirse. Pero que está aí. Aquí. Unha precariedade social: os maiores teñen -temos- conciencia de que non pode desaparecer a precariedade pensionista se ó tempo non desaparecen os soldos precarios da xente nova. A sociedade é complicada. E non pode variar de pronto, pero ten necesidade de variar, mellorar, afacerse ós tempos e ó que traen consigo do mellor xeito posible, e ser capaz de marcar os tempos e as circunstancias. Si, dentro do posible, un posible que hai que ir ampliando na mellora social.

    Mais estamos en tempos nos que parece que o mellor que se pode facer é non empeorar moito. Tempos curtos de miras que é necesario ampliar. Ampliar para que caibamos todos, para que as melloras non queden concentrados nuns poucos. Xa se sabe o da media: din que melloramos se un suma 100 máis do que sexa mentres os outros 99 perden cada un o 1 que tiña; en total, gañouse 1, pero 99 están peor que estaban. Por iso a necesidade de coidar o común, o comunitario, que na nosa sociedade en xeral está xestionado baixo o epígrafe de 'público', e moitas veces esas institucións públicas actúan con propiedade, como se fosen unha entidade máis, privada, ó servizo de alguén, particular, e non ó servizo de todos, común.

    Cinco anos. E os que fagan falta. A xente imos pasando, uns van, outros achéganse. E non son as pensións, somos nós.

20230114

Foros de debate de Sargadelos no Voar. Juan Carlos Monedero

J. C. Monedero no Voar

Foros de debate de Sargadelos no Voar. Juan Carlos Monedero

    Comezaron os Foros de Debate do Voar, organizados polo Grupo Sargadelos. O primeiro en ocupar a palestra, este venres, foi Juan Carlos Monedero. Ó tempo que se desenvolvía a charla e posterior turno de preguntas (en total, dúas horas case igual repartidas) en Ribadeo había outra actividade extraordinaria, esta musical, coa participación da Coral Polifónica acompañando á orquestra de Cámara de Galicia. E, aínda que son actos ben diferentes, a xente que se move en Ribadeo para asistir a actividades tampouco é tanta. A charla de Monedero deixou algunha cadeira baleira, aínda que non tantas, achegándose os asistentes ás duascentas persoas.

    Un público que puidemos escoitar unha charla sobre o que é a política hoxe, non só en España, que me pareceu unha especie de introdución a un curso universitario aínda que na rolda de preguntas houbo quen a cualificou de mitin. E é que nas preguntas houbo algún momento de relativa tensión pola natureza das intervencións, que foron contestadas dun xeito que en boca doutra xente, diríase 'campechanía'. Tratándose dunha persoa que se relaciona con Podemos, e despois da caza mediática de anos que ven acusando a (e á) formación, era previsible algún momento así, máis aínda cando quen dá a charla xa ten táboas abondo e sabe navegar ó filo na súa intervención e ten soltura para soltarse finamente de ameazas nas preguntas. De calquera xeito, a charla, que teño gravada, non tivo nada de revolucionaria, senón que se mantivo dentro da moderación académica, apoiada en datos que, obviamente, polo tempo asignado moitas veces non puido nin nomear.

20230113

Novo episodio na illa Pancha

    Deixo abaixo a nota de prensa de hoxe do concello sobre a retirada da porta da illa Pancha. Máis vale tarde que nunca, aínda que non entendo cal é a novidade para facer agora con forte impacto algo que dun xeito ou outro, tería que estar feito dende hai anos, como coido que acredita a historia (e podería estalo de xeito suave).

A XENTE QUÉIXASE DE NON PODER ACCEDER A ESA ZONA 

Acceso á Illa Pancha 

13/01/2023 

 O alcalde, Fernando Suárez, asegura que o acceso ao dominio público da Illa Pancha ten que estar aberto porque así o di lei e así o referendou a xustiza. Operarios municipais, acompañados pola Policía Local e polo propio rexedor, procederon esta mañá a retirar a cancela de entrada a ese espazo. 

O rexedor contou que "estes feitos non son puntuais senón que se levan dando en todo este tempo dun xeito ou doutro, ben con reclamacións que recibimos no Concello de persoas que queren entrar e non poden. E un letreiro que puxo a Autoridade Portuaria hai un tempo advertindo que o paso era libre para todo o mundo non existe a día de hoxe e a Policía Local hoxe constatoume que non se podía acceder nunha hora prudente, ás dez menos vinte da mañá". 

Suárez Barcia manifestou: "entón dicir que Ribadeo non pode ser tratado así. Son uns irresponsables e desde logo a paciencia ten un límite. Non se pode privar do dominio público polo capricho dun concesionario que non cumpre coas súas obrigas, nin pola Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, que é a titular da illa, porque non está cumprindo o pactado. Todo canto diálogo, canta educación levamos posto en todo este proceso con todas as sentenzas gañadas e ao final un faise a pregunta ¿pero isto qué é? ¿onde vivimos?".

Suárez Barcia insiste en que "o dominio público vai estar aberto porque o di a lei, non porque o diga o alcalde de Ribadeo, e porque o referendou a xustiza de maneira clara. Así que morto o can eliminouse a rabia, é dicir elimínase a porta e listo".

O alcalde lembrou que "intentei buscar composicións moderadas e consensuadas, pero isto non se pode permitir. Así que a partir de agora o concesionario poderá seguir cos seus quefaceres e o resto da cidadanía poderá seguir entrando como a lei manda e como a xustiza o referendou hai tempo".

Continuando na ría de Ribadeo

    A ría de Ribadeo, limitada por terras hoxe asturianas e galegas a leste e oeste, polo resto do Cantábrico ó que pertence e polos pobos da Veiga (chámeselle Vegadeo á ata hai un século Vega de Ribadeo) e Abres a norte e sur, está vendo variar o seu nome. Ata o momento, o último capítulo, é a resposta que acompaño e que chegou esta mesma semana a destinatarios despois dunha xa longa historia que vou documentando e que par algúns pode pasar como unha moderna interpretación do dereito de pernada:










20230110

CUANDO EL PUEBLO HABLA. José María Rodríguez Díaz (2008)

    Aínda a día de hoxe, quince anos despois, non sabería dicir exactamente por que o chiringuito administrativo de Portos de Galicia recuou nos plans de construción da 'macronave' en Mirasol, tema que José María trata nesta entrega, dende un punto de vista, coido, moi optimista.

Sábado, 27 de septiembre de 2008

CUANDO EL PUEBLO HABLA

• Publicado por jmrd_ribadeo a las 11:43

Pocos temas hubo en los últimos tiempos que levantaran tanto inquietud y tantas protestas entre la gente de esta comarca como lo hiciera la nave que Portos de Galicia pretendía levantar en el puerto de Mirasol en Ribadeo. Múltiples escritos y declaraciones se fueron vertiendo durante los meses pasados, sin olvidar las frecuentes tertulias y hasta asambleas informativas que este tema suscitó entre los ribereños de esta ría que, finalmente, convencidos de que movilizarse es una obligación moral y de supervivencia, acabaron expresando públicamente su rechazo frontal a esta iniciativa mediante una sonada manifestación.

La renuncia a la ejecución de este proyecto que acaba de hacer pública la Xunta de Galicia no representa sólo el triunfo del sentido común del pueblo sobre la especulación, el triunfo de la sensatez popular sobre los intereses mercantiles de ciertas administraciones sino, sobre todo, el triunfo de la voluntad popular sobre las pretensiones y manipulaciones de ciertos políticos, así como el acierto de las decisiones de los gobiernos locales cuando las toman en sintonía con el pueblo a quien representan.

La nueva solución hallada para el embarque de la celulosa de ENCE demuestra que la construcción de la nave de Mirasol no era la única alternativa posible para la solución de este problema. Lo que confirma que las razones que movían a Portos de Galicia para tratar de imponer la construcción de esa nave, a costa de hipotecar el futuro de Ribadeo y del ecosistema de su ría, se basaban en otros intereses ocultos.

Y aunque todos los políticos se esfuerzan en predicar que representan al pueblo y que trabajan en su beneficio, esta triste historia nos demuestra que no todas las decisiones que toman son las mejores posibles para los intereses del pueblo. Responden muchas veces a intenciones torcidas, intereses espurios e inconfesables alianzas en las que el pueblo suele ser ignorado y lleva siempre la peor parte.

Porque aún quedan en Ribadeo y en algún concejo vecino ciertos políticos, felizmente amortizados, que sostienen que es a ellos a quienes únicamente compete la toma de decisiones que afectan a los intereses del pueblo y tratan, en consecuencia, de ignorar sus clamores y sus protestas. Los que así piensan y actúan ignoran que el suyo es un poder delegado del que el verdadero titular es el pueblo. Y la experiencia nos dice que el mal uso que de esa representatividad hicieron algunos de ellos les impulsó a cometer verdaderas aberraciones.

Pero sobre todo esta historia nos ofrece una soberbia lección que el pueblo no debe olvidar: que cuando el pueblo, convencido de sus razones, alza su protesta contra las equivocadas decisiones de los políticos que nos gobiernan resulta difícil ignorar sus clamores y sus razones. Y eso fue lo que pasó en este caso con la nave de Mirasol. La voluntad manifestada por la mayoría de los vecinos triunfó sobre las caprichosas decisiones de unos políticos que sólo actuaban movidos por los pretendidos beneficios económicos que se derivaban de sus decisiones, ignorando la historia de nuestra villa, sin importarle su futuro y despreciando el ecosistema de nuestra ría. El pueblo no debe olvidar la lección que nos legaron estos acontecimientos: ante los abusos y los errores de gestión de los políticos y dirigentes que nos gobiernan, es al pueblo a quien corresponde el derecho de hacer oír su voz y enderezar con sus protestas las decisiones equivocadas. La movilización de los ciudadanos es, a veces, una obligación moral y hasta de supervivencia.

Pero, a pesar del aparente triunfo del sentido común sobre el capricho de ciertos políticos, no creamos que el futuro destino de la ría esté aún asegurado. La pretendida nave sobre sus aguas no fue otra cosa que un paso más en este largo proceso de destrucción de la ría. Se impone ahora establecer instrumentos permanentes de protección para que estos hechos no vuelvan a repetirse en el futuro. Es necesaria la creación de un Plan de Ordenación ínter autonómico de la ría capaz de defenderla de las posibles agresiones que le puedan sobrevenir para garantizar su futuro. Y ante la manifiesta pasividad de las autoridades autonómicas que sólo dedican su tiempo y nuestro dinero a costosas y espectaculares celebraciones sobre la ría, sin alcanzar objetivos concretos tangibles, como aconteció hasta ahora con las reuniones de los presidentes de ambas comunidades limítrofes, es necesario que el pueblo reclame y exija las oportunas garantías para el futuro de este bello ecosistema y evitar que siga siendo objeto de las especulaciones de gente sin escrúpulos, tanto de la esfera pública como privada.-

José Mª Rodríguez

Outros Artigos de José María.