É un pracer comunicarlle que o concello xa ten dispoñible na súa web propaganda sobre o pleno de hoxe.
Non crea vostede que é cuestión de pouco, cando se fixo xa vox pópuli polo boca a boca a realización do pleno debido quizáis a que é plantexada a aprobación definitiva do RTP, a relación de postos de traballo da institución, que pasa por ser a maior empregadora do ámbeto local.
Podía vostede estar equivocado (ou equivocada) sobre a intención de poñer en coñecemento do pobo o que se trata na casa de Ibáñez. Non, os asuntos públicos rematan sendo públicos (máis ou menos), aínda que sexa a destempo, e para dar información do pleno debe haber algún papeliño na maraña branca que hai colgada na entrada á casa de Ibáñez. Así, neste caso, xunto co tema da relación de postos do concello, tratarase tamén do pavillón deportivo parado. Quizáis o que esteña parado, cun concurso empresarial por medio, e sen visos de finalización en breve a pesares de que estivera prevista xa para xullo teña que ver con que agora se trate o tema. É posible tamén que ninguen se decatara ata o momento porque é a entidade provincial quen o financia, cun equipo de goberno participado polo partido que ata agora ocupa nominalmente tamén o goberno local, onde non afectaron as divisións partidarias que algúns teñen vivido a nivel Galicia hai uns meses.
E, estimado lector, saiba vostede que hai outro terceiro punto incluído nos temas a tratar no pleno, pero como non debe ser tan importante ou lustroso, non aparece na nota e polo tanto, para que poñelo aqui?
Saiba tamén vostede que o pleno celebrarase ás 20 horas deste venres, hoxe, coincidindo con algunha outra actividade como o co cine forum de O Tesón. Si, notouno vostede: eu tamén fago propaganda aquí dalgunha cousa na que estou involucrado ou pola que teño simpatía. Pero ben, hai que disimular: aí está tamén a inauguración dun novo local de accesorios musicais á mesma hora. E como venres que é, en Ribadeo, case seguro que hai aínda algunha outra
actividade. Mais, vaia ó pleno se nunca foi: aprenderá xeitos transparentes como a luz das estrelas a traverso dos vidros do pazo de Ibáñez, seguramente terá longas horas para deleitarse coas idas e voltas de intereses partidarios inmediatos cun verniz de puntillosas miras ribadenses. Poderá ver o magnífico salón de plenos cun marmurio de fondo que guiará o esprito a cotas máis elevadas de participación social. Só procure outra alternativa no caso de que quera enterarse de posibles xeitos de manipulación a traverso da imaxe, ou que sexa dos que queren poñer en valor os harmónicos sons musicais.
Estimado lector, vostede decide. Por certo, e do goberno? Do goberno, falaremos outro día.
20121130
20121128
Sobre a venda de leite, valor ... en perspectiva diferente
A conto dunha gráfica sobre o prezo do leito en Galicia estes últimos anos, que traía onte La Voz de Galicia, e outra da mesma fonte sobre explotacións gandeiras, collín os datos, procurei o ipc galego na web do INE, e construin un par de táboas diferentes, con datos que non se soen amosar así...
A primeira imaxe amosa os prezos medios de recollida do litro de leite ós gandeiros galegos dende xaneiro de 2005 ata setembro deste ano (en azul), e en vermello, o prezo a valor actualizado segundo o ipc galego. Así, aínda que o prezo de venda en xaneiro de 2005 era parello ó actual, só lixeiramente superior, en realidade, unha volta aplicado o ipc, estaría preto dos 40 c€/L, o que representa que na actualidade o prezo real do leite pagado ós gandeiros anda polo 80% de hai sete anos.
En canto á segunda gráfica, é a representación da variación do número de explotacións gandeiras en Galicia dende o 94 á actualidade, en % de descenso sobre o número correspondente ó ano anterior (redondeados os picos por iso de ser datos anuais), onde se ven que as taxas negativas se manteñen ano tras ano, co ano máis negro en 2002, que case chegou a diminuír o número de explotacións en 1 de cada 5 en relación ó ano anterior. Cabería dicir que, ó ir diminuíndo o número, as porcentaxes de descenso iríanse reducindo, pero vese que cun pequeno descanso en 2008-2010, a cousa non é así, por desgraza. En canto ó 1994, con 0, non é referencia, por ser o ano inicial, e non debera estar na gráfica, sendo conservado só como indicación da variación nula, ó ser todos os datos negativos.

Etiquetas:
economía
A plataforma “ORO NO” fai público o informe da Confederación Hidrográfica do Norte que sinala “GRAVES DEFICIENCIAS” do estudo de impacto ambiental considerándoo “INSUFICIENTE”
A mina de ouro de Tapia vai adiante nun novo acto político/administrativo fortemente contestado.
Mentras, os gandeiros están en folga de entrega de leite, o máis semellante que poden facer ó 'parar as máquinas no sector industrial, dado que unha vaca 'non se para' e se 'volve a conectar' cando se quere ... A gandeiría segue a perder forza no país, cunha concentración que reduxo o número de explotacións lácteas de case 68k en 1993 a pouco máis de 11k, isto é, a unha sexta parte en menos de 20 anos, aínda que segue a representar preto do 50% da producción española. E iso nótase no prezo do leite, que anda nos niveis de hai sete anos, cando o ipc subiu máis dun 20% e o prezo dos cereais, abondo máis. Así as cousas, estiman que a producción dun litro de leite anda por uns 35 céntimos de euro, prezo que non se acadou en Galicia dende o 2008, estando na actualidade o prezo medio por baixo dos 30 c€. É dicir, están producindo con perdas superiores ó 10%: canta máis producción, máis perdas ...
Así vai o mundo.

20121127
Concerto da Banda Municipal de Ribadeo por Santa Cilla (20121124)
![]() |
| Cartel do concerto. Autor: Chenchu |
Sábado foi o concerto de Santa Cilla 2012 da BMR. A continuación, o concerto completo (1ª e segunda parte; tentou ser un remake do concerto inaugural, a falta dun par de obras), incluída a parte sonora do vídeo conmemorativo do 20 aniversario da banda.
Parte 1:
Parte 2:
... e a banda sonora do video sobre o 20 aniversario da banda, promovido por Suso López e realizado polo Farero:
Etiquetas:
Hernán Naval,
Música
20121126
Do 'Acorazado Potemkin' a 'Un mundo feliz'
Copio e pego abaixo a entrada no blog de O Tesón, non sen facer un par de comentarios relacionado coas dúas películas que trata a nota d eprensa:
-Non deixa de ser curioso que o nome do acorazado do que se revela a marinería sexa precisamente Potemkin, amante e valido da zarina a que, segundo parece, ten enganado nalgunha viaxe polos seus territorios construíndo auténticos decorados visibles ó paso da viaxe da comitiva real mentras o pobo morría de fame e vivía en condicións infrahumanas.
-Un mundo feliz presenta as imperfeccións dun mundo perfecto, sen contradicción. Que é a perfección? Como se xulga? con que criterios? é evidente que non existe unha perfección humana total, e engana quen di que imos a construír unha sociedade perfecta esquecendo poñer en primeiro lugar á humanidade....

AVV O Tesón
Nota de
prensa
Ribadeo, 20121125
A
AVV O Tesón comezou o 9 de novembro de 2012, e continuou os pasados
venres 16 e 23 un novo ciclo de catro actividades de cine forum co
nome xenérico de 'Novelando a presión social'.
O
ciclo pretende achegarse á actualidade da presión que sofre (e
tamén exerce) a sociedade a traverso da expresión no sétimo arte.
Este venres foi proxectada a película 'Acorazado Potemkin', un dos
films considerados mellores de tódolos tempos. A narración da
rebelión no Potemkin da lugar a un estudo do que pode ser unha
revolución, as súas causas, a súa xénese, o seu desenvolvemento,
ata os seus esfectos. Se ben cabe lembrar que a súa realización foi
en clave de propaganda, o impactante das imaxes e do desenrolo fan
posible unha letura moito máis aló do que se ve nas imaxes,
ancladas na Rusia pre-soviética. E diso tratou o foro, que tamén
xurdiron diferentes ideas sobre outros temas, como mili vs exército
profesional.
A
próxima, o venres 30 de novembro, 'Un mundo feliz', estaba pensada
para ser proxectada antes de 'Acorazado Potemkin', pero foinos
imposble ofrecela nesa orde. A película, versionada da novela
homónima de Aldous Huxley, presenta un mundo de humanos
deshumanizados que se creen perfectos, fronte á humanidade da vida
corrente que se sabe imperfecta, e modelando ás persoas no primeiro
caso, a sociedade, moi diferente daquela outra na que as persoas
seguen a modelala.
É a
última película do ciclo, que, en cada unha das catro semanas, está
a ter o mesmo esquema de actuación: repártese unha pequena
introducción escrita e coméntase de xeito breve antes do inicio do
pase da película, e despois da mesma, ábrese o foro de comentario
de ideas e sentementos en relación co film e a evolución social.
O
desenvolvemento é no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, á
mesma hora os catro venres, as 20:00. A actividade é de
participación libre e gratuíta.
Ribadeo,
25 de novembro de 2012.
Etiquetas:
O Tesón
Mirándonos no espello das eleccións catalanas
Pero, poden servir as eleccións catalanas en Galicia de espello, comparación ou 'algo'? Certamente, non se diría polos resultados, a participación ou mesmo a fase de crise (din) na que se atopa cada comunidade. Non, as eleccións catalanas non son un espello onde mirarnos sen distorsión. E máis hai un factor que podería facelo posible: a emigración. Que votou o importante continxente de galegos que atopou en Cataluña o seu fogar? Que votaría no caso de facelo en Galicia? Que visión teñen de independentismo, separatismo, federalismo nunha e outra autonomía? E, por outra banda, en que inflúen na vida en Galicia?
Está claro que os cataláns de moitas xeracións vense acompañados nunha zona que recibiu xente de aluvión dende hai tempo dun tecido social de inmigrantes de segunda xeración e de primeira, ou de vairas xeracións que xa non lembran as súas raíces fóra de cataluña. Que todos foron chamados a votar. E que entre todos construiron o resultado electoral de onte, cunha textura de partidos diferente ó resto de España polo nome e a súa relación co conxunto hispano, pero non tanto pola ideoloxía que tradicionalmente se asigna co criterio 'esquerda e dereita'.
Non creo que haxa estudos para contestar ás preguntas que prantexo dun xeito fidedigno: o mesmo concepto de emigración que prantexo sinxelamente establece un gradiente contínuo de catalanidade na emigración que nalgures hai que cortar. Nalgures non definido por unha soa variable como o tempo que leva a familia en Cataluña...
Mais, entón, non poderían servir as eleccións catalanas máis que para o típico 'ganamos nós' que invocan por diversas causas unha serie de partidos despois dunhas eleccións?

política
20121123
O cambio climático modifica os prazos das colleitas en Galicia
... o que xa é perceptible dende hai moito.
Aínda así, o artigo na 'Voz de Galicia' de 22 de novembro de 2012 ten un gráfico interesante, que recollo:
E engade:
O castiñeiro florece 17 días antes que en 1970
A anduriña adianta a chegada 15 días e dilata a súa partida 19
...

Meteoroloxía
20121120
¿Qué hubiera ocurrido si no hubiéramos tomado las medidas? 1 ano de marcas.
Verbas, segundo os medios, de Rajoy. E se resulta que o punto no que estamos precisamente é porque se tomaron isas medias?
Poderiase acadar maior desconfianza da xente despois de negar en menos de 12 meses todo o que afirmaba antes?
Lévanse doce meses batindo marcas de insolidaridade co pobo, obscurantismo, entrega do común a quen xa tiña poder antes, trabas á xustiza, á sanidade, ó ensino, corrupción, ... e propaganda. Así se logra que todas esas marcas non pasen unha factura electoral devastadora.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)