20120711

Ó que se obriga España (é dicir, nós por petición do goberno) ...

O documento do rescate, en borrador, di que España pediu o rescate , e, no punto 31:
"31 Regarding structural reforms, the Spanish authorities are committed to implement the country-specific recommendations in the context of the European Semester.
These reforms aim at correcting macroeconomic imbalances, as identified in their-depth review under the Macroeconomic Imbalance Procedure (MIP). In particular, these recommendations invite Spain to: 1) introduce a taxation system consistent with the fiscal consolidation efforts and more supportive to growth, 2) ensure less tax-induced bias towards indebtedness and home-ownership, 3) implement the labour market reforms, 4) take additional measures to increase the effectiveness of active labour market policies, 5) take additional measures to open up professional services, reduce delays in obtaining business licences, and eliminate barriers to doing business, 6) complete the electricity and gas interconnections with neighbouring countries, and address the electricity tariff deficit in a comprehensive way."
É dicir, algo así como
"31 En relación ás reformas estruturais, as autoridades españolas son impelidas a aplicar as recomendacións específicas de cada país no marco do Semestre Europeo.
Estas reformas pretenden corrixir os desequilibrios macroeconómicos, segundo son identificados na sçua profunda revisión en virtude do Procedemento de desequilibrio macroeconómico (MIP). En particular, estas recomendacións invitan a España a: 1) introducir un sistema de tributación coherente cos esforzos de consolidación fiscal e máis favorables ao crecemento, 2) garantir menos impostos fiscais inducidos ao endebedamento e propiedade de inmobles, 3) aplicar as reformas do mercado de traballo, 4 ) tomar medidas adicionais para aumentar a eficacia das políticas activas do mercado de traballo, 5) tomar medidas adicionais para abrir os servizos profesionais, reducir os atrasos na obtención de licenzas comerciais, e eliminar as barreiras para facer negocios, 6) completar as interconexións elétricicas e gasistas cos países veciños, e resolver o déficit tarifario de electricidade de forma ampla."
O punto anterior está tomada de http://www.eldiario.es/zonacritica/2012/07/10/documento-asi-sera-rescatada-la-banca-espanola/ o que liga a http://www.scribd.com/doc/99718045/El-Memorandum-de-Entendimiento-asociado-al-rescate-del-sistema-financiero-espanol
Coido que aínda quedan moitas condicións por poñer na letra pequena ...

20120710

Calendario de actividades culturais do concello para o trimestre xullo-setembro 2012

Pódese descargar en publicado en Ribadeo, ou diretamente do mesmo sitio.

Hoxe, martes 10 de xullo haberá pleno

Anímaste a ir ó pleno? Normalmente é os luns, pero iste retrasouse ó prever a falta de varios conselleiros. Teño que dicir que non puxen antes o documento porque non o din atopado, o que fixen en contacto electrónico cun concelleiro, e, ó que parece, alomenos parte da culpa, senón a totalidade, de non telo atopado, foi miña. Algo do que me aledo, porque significa que o concello vai avanzando nalgúns temas de información/transparencia/participación.Deixo a continuación a orde do día, tomada da páxina web do concello:
"DECRETO: 
En uso das atribucións que lle confire o art. 21.1 c) da Lei 7/85 esta Alcaldía 
RESOLVE convoca-lo Pleno do Concello para celebración de sesión para o día e hora que de seguido se expresa, sendo os asuntos comprendidos na Orde do día os que se indican: 
PLENO ORDINARIO 
LUGAR: Casa do Concello. 
DATA: 10 de xullo de 2012. 
HORA: 20,00 h 
ORDE DO DIA 
1.-Aprobación se procede da acta da sesión anterior, ordinaria de data 14 de maio de 2012. 
2.-Expediente para extinción título de ocupación e desafiuzamento da vivenda número 13 da rúa Paco Lanza (Grupo de Vivendas de Profesores núm. 6242 B) 
3.Expediente para dar nomes a diversas rúas na Vila de Ribadeo. 
4.-Modificacións na RPT deste Concello. 
5.- Control dos órganos da Corporación (art. 46.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local). Dacion de conta de decretos da Alcaldía. Mocións. Rogos e Preguntas. 
Mocións: 
1.- Moción do BNG sobre fumigacións. 
2.- Moción do PSG-PSOE sobre fumigacións. 
3.- Moción do PP sobre petición de dimisión do Presidente e Vicepresidente da Deputación de Lugo. 
4.- Moción do BNG sobre supresión da oficina liquidadora. 
5.- Moción do PSOE sobre a Axencia Tributaria de Galicia. 
6.- Moción do BNG polo futuro da comarca da Mariña. 
Mandao e asinao o Sr.Alcalde, en Ribadeo a 6 de xullo de 2012, do que eu, Secretario dou fe."

20120709

Esto non é fútbol: en Europa ganamos ou perdemos todos xuntos

O título? corresponde a unha cita de Wolfgang Schäuble, Ministro alemán de Facenda, e apareceu onte no El País... Fai falta que lembre o estado actual da prima de risco, a negativa a prestar ós bancos españois diretamente, sen garantías do estado español, os novos 'venres negros' de Rajoy, ... e claro, a victoria na eurocopa de fútbol e o posterior anuncio e desmentido de que un xogador ía donar a prima da victoria?

20120707

Ecos do Finisterre

A traverso de Ángel Alda chego a unha entrada noutro blog sobre Martín Sarmiento e o pensamento de usar Finisterre como orixe de lonxitudes terrestres. Interesante tema na historia da ciencia en relación coas nosas posibilidades materiais, que me leva a ligalo tanto co empeño de hai algún tempo de variar a hora legal en Galicia como co tema do fin e da substancia do camiño xacobeo. Dous temas dos que teño falado longo outras veces, e que coido encaixan. O primeiro, o da hora legal, leva un camiño parecido ó da referencia de Finisterre como lonxitude 0º que preconizaba frei Martín, e por razóns que intúo parellas: o pouco peso político-económico-social-administrativo do noroeste peninsular no conxunto da península dende hai moito tempo. O segundo, relacionado coa desestruturación da terra, os mitos, o aproveitamento particular e a falta de interese xeral, fai que miremos ó longo do tempo como o camiño xacobeo constrúese en función dun mito, aproveítase para vertebrar unha idea política e relixiosa, muta de diversos xeitos ata a idea económica co verniz tamen de construcción europea e esquece ó tempo o que sería a súa continuación natural en todos os sentidos anteriores ata Finisterre, o lugar onde a terra se apaga coa luz de occidente.
O dito, daría para moito máis que para unha entrada sinxela dun blog sinxelo.

Recoñecemento

Hai días deixaba nota da petición de O Tesón dun recoñecemento a Gilberto Suárez, que se viría a unir a outros recoñecementos pendentes en Ribadeo. Parece que o Concello recolleu o guante e aparece na súa web un longo listado (impreciso polo momento) de recoñecementos que se farán no próximo pleno de Ribadeo, aínda que non aparece diretamente o nome de Gilberto.

20120706

Variedade en Ribadeo

A variedade abre posibilidades, oportunidades, e desfrute. Dende a anécdota de que o coche podía ser de calquera cor, sempre que fóra negra dos comezos da Ford ata a camisa Mao do uniforme chino, a uniformidade sempres se usou, mesmo se impuxo, pero como paso mentras non se daba resposta á diversidade ou como imposición para evitala en función de determinados intereses. Parecería pois que a diversidade é en si boa, o que ven acompañado, por exemplo, das bondades da diversidade na ecoloxía. Así pois, con limitacións polas circunstancias de aplicación, viva a diversidade! Mais, queda a coletilla das circunstancias de aplicación: diversidade pódese considerar se catro condutores que se turnan a conducir nun mesmo coche queren ir a lugares diferentes ... e se cambian de ruta cada vez que hai un cambio de turno?
Voltando a Ribadeo, está a haber un montón de iniciativas que en principio enriquecen o panorama de posibilidades vitais en Ribadeo. Arte, cultura, deporte, ... Está xa un ano máis instalada fronte ó cantón a pequena pista de futbol 3, onte chegoume a nova de Ribadeo Eventos, unha web que pode ser moi interesante, ó pouco de publicar sobre a exposición de maquetas de barcos no forte, e competindo con outras dúas iniciativas que mencionei hai pouco tempo, o 'xornal dixital porta norte', co que colisiona en parte, e outra idea sen nome e á que lle perdín a pista últimamente. Aí está o festival de música clásica de Ribadeo, ou o 'son de mulleres' para o día 13, ó tempo que semana si, semana tamén, o Rockuncho ofrece música variada en vivo e potencia o son local, e mañá mesmo o Tren de Moebius ofrecerá nas illas piano, poesía e danza, anunciados por Sonda Norte., e pasado, domingo, tras as pegadas de 'La Barraca', representación dunha obra de Lope de Vega por un grupo de teatro universitario sevillano. Sonda Norte que parece hiperactiva instrumentalizando posibilidades en Ribadeo dun xeito creativo, como no tema das tapas ou na actual exposición de ilustración, cómic e banda deseñada. Aquí chegou o verán co abano de posibilidades para os pícaros (que seguen sen desfrutar dun local da xuventude agora dinamizado pero para máis maiores), ou a iniciativa da pasada semana 'Ribadeo aberto', cousas que se suman a outras como as potenciadas dende a Casa das Letras, coas súas diversas actividades, ou os diversos clubes deportivos e asociacións, como as maratóns de fútbol, as charlas e cineforum de O Tesón, a presentación dun novo episodio da memoria de Ribadeo pora Atalaia, etc. Non pretendo ser exhaustivo porque de seguro que me esquecería dalgunha iniciativa.
Todas as actividades potencian a ecoloxía cultural e vital de Ribadeo, pero coido que habería que ter coidado con que nalgún caso se faga uso da difusión sen nada (ou moi pouco) detrás, esperando que despois do anuncio, a iniciativa se desenvolte por si soa, haxa unha competencia entre iniciativas que afogue a tódalas que compiten por un espazo como o de Ribadeo, cun volume de atención posible abondo reducido en xeral, ou polo contrario, que se tente vigorizar unha determinada corrente con recursos en detrimento doutras posibilidades en troques de consideración de actividade a actividade. Falaba Darwin da supervivencia das especies e da mellora da mesma nun medio diversificado, pero tamén da competencia polos recursos que pode levar á extinción ás menos adaptadas nun momento dado, e que é doado variar ás veces coa variación artificial dos recursos do medio.