20110531

En crise e a media luz...

... seguindo a canción, 'de noche y a media luz'. Agora trátase de algo diferente: o canon eléctrico e a normativa das liñas eléctricas.
Digamos que un afecta ós ribadenses e outro, a Ribadeo...
O canon eléctrico é unha taxa que se pide ás empresas pola producción de enerxía nun determinado lugar, contraprestación que debera cobrer, por exemplo, o efecto de manter unha terra anegada decenios para unha central, incomunicando as beiras, e un longo etc. En principio, digo, sería algo que a empresa aboaría a poderes públicos que administran a zona como compensación. Agora, cunha reforma en marcha, parece pretenderse que o canon sexa pagado... tachín! polos consumidores locais que serían os que terían que recibir os efectos de seren outros quenes se aproveiten do que se produce no seu entorno. Rizando o rizo: burros e apaleados. A parte, claro, de discriminados e indignados. Pagando máis pola electricidade que se consome beira da casa. Teño que haber entendido mal, non pode ser... pero quen mire os xornais de onte, xa me dirá: Galicia tería recibos máis caros por ter implantado o canon eólico.
Sobre as liñas eléctricas: agora os concellos terán que submeterse a unha nova normativa na que, máis ou menos, por ser as liñas supramunicipais, terán preferencia (máis da que tiñan ata o momento) para o tendido, quedando os concellos 'a velas vir', nunca mellor dito. Pero resulta que en Ribadeo temos xa varios anos de tratos (non coñecidos pola cidadanía, pero teñen que estar aí, segundo as novas de prensa que periódicamente deixan ver algunha novidade ó respecto) en relación a unha nova liña e unha nova subestación transformadora. Algo que está a facer falta, polo que parece, para que o polígono marche como debe. Por certo, que chama a atención agora que se di que España non necesitará novas centrais eléctricas ata máis aló do 2020, que para algo se leva anos tentando que a xente empregue a nerxía de xeito máis eficiente e eficaz.

Lugo pide un cambio

Por obra de Ángel Alda entérome deste vídeo que da unha idea da concentración 15-M de Lugo. É xa de antes das eleccións, pero como documento coido que abonda para manifestar a petición do cambio de sistema que se extendeu or toda España e xa prendeu nalgún lugares no extranxeiro. E que non se interprete mal: trátase dun cambio xeral, non en quen goberna ou deixa de gobernar a provincia dende a Deputación.

Lugo pide un cambio from Adrián González on Vimeo.

20110530

O tema do ruído, noutro lugar

Neste caso, en A Guarda.

Chove a cántaros. Obras, tamén choven

Actualización a media mañá: a segunda foto compleméntase con que por fin a obra pendente no CIFP Porta da Auga vai ser reprendida, e o edificio deixará de ser un cadáver despois de xa abondos anos para irse parecendo máis e máis a un edificio público. Están metendo barracóns de obra da empresa que vai levar o remate de obra.
1,4 L/m2 nos últimos 20 minutos (perto das 8 da mañá), segundo a Pedro Murias.
Unha segunda entrada pequena (despois da nota do envío de 2225 sinaturas para impulsar a residencia de maiores) para deixar a imaxe de que non só está a chover a cántaros hoxe en Ribadeo, senón que tamén as obras, grandes e pequenas, sucédense na vila 'a cántaros'. Iso si, todas dun xeito ou outro, públicas.
Na rotonda do xardin, o Juanín xa ten mastro.

O novo edifico mai medrando e achega a unificación dos IES, pero aínda falta.

Hai pouco que se fixo, pero necsita coidar o seu entorno, e hai que protexer a lápida de Calvo Sotelo.

Nota de prensa da Plataforma pro residencia de persoas maiores de Ribadeo

NOTA DE PRENSA

El portavoz de la Comisión nombrada por la Plataforma pro Residencia de Mayores, de Ribadeo, y con el ruego de su publicación en los medios de su dirección, le adjunta copia del escrito remitido a la Consellería de Traballo e Benestar, el día 30 de mayo, acompañada de 2.225 firmas de vecinos de este concejo de Ribadeo, solicitando la adjudicación y construcción de una nueva Residencia para Mayores en Ribadeo, para dar respuesta a la demanda de este servicio, tanto en el concejo de Ribadeo como en esta comarca limítrofe.
Se informa, asimismo, de los objetivos y próximas actuaciones a seguir acordadas por la mencionada Plataforma en la reunión que tuvo el día 29 de mayo en los locales de la Casa da Xuventude en Ribadeo. Con la asistencia de unas diez asociaciones locales el portavoz de la Plataforma hizo un balance de las actuaciones llevadas a cabo desde su creación hasta la fecha. Sometió, asimismo, a la consideración y aprobación de la asamblea la ruta de actuaciones a desarrollar en los próximos días por la Comisión de la mencionada Plataforma. Cabe destacar, entre otras, las siguientes:
1º.- Remisión de las 2.225 firmas a la Consellería de Traballo e Benestar al día 31 de mayo, solicitando una nueva Residencia para Mayores en Ribadeo.
2º.- Comunicación informativa de este hecho a la presidencia de la Diputación Provincial, al Parlamento de la Xunta de Galicia, al Alcalde y a los portavoces de los distintos Grupos Políticos de Ribadeo.
3º.- Mantener en breves días, una vez constituida la nueva Corporación Municipal, una reunión con el Alcalde de Ribadeo.
4º.- Mantener, también, una reunión con cada uno de los portavoces de los partidos políticos de la oposición.
5º.- Solicitar una entrevista con la Sra. Conselleira de Traballo e Benestar en Compostela.
Y después del correspondiente cambio de impresiones y sugerencia sobre los objetivos de la Plataforma, se cerró la sesión.


Carta remitida a Conselleira:
SEÑORA CONSELLEIRA:


Os abaixo asinantes, membros da Comisión nomeada pola Plataforma pro Residencia de Mayores, con domicilio social a efectos de notificacións en LG Cargadoiro, nº 5, 27710-RIBADEO (Lugo), surxida no Concello de Ribadeo en data 18 de febreiro do presente ano de 2011, e en representación da mesma, por este escrito diríxense a Vde., como Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, para expoñerlle

1º.- Que o Concello de Ribadeo, con unha poboación de 10.000 habitantes, aproximadamente, goza de unha residencia para maiores, o nomeado antigo Hospital Asilo de esta vila, cunha capacidade de 47 plazas, que resultan totalmente insuficientes para dar resposta as necesidades de acollida da poboación necesitada deste concello.

2º.- Que, debido a esta carencia de capacidade, son moitas as persoas que se atopan en situación de demanda de praza. E outras moitas, unhas 30 neste intre, que se atopan desprazadas noutras residencias foráneas, moi alonxadas do seu entorno habitual, co conseguinte trastorno para o mantemento da sua relación familiar e mesmo vital.

3º.- Que, do anteriormente exposto resulta evidente que a construcción dun novo xeriátrico para Ribadeo e a sua comarca, para cubrir as necesidades presentes e futuras deste servicio, é unha necesidade imperiosa que demanda con urxencia unha resposta adecuada por parte da Administración.

Por todo o arriba exposto, esta Plataforma, e os membros da sua Comisión abaixo asinantes no seu nome, préganlle a Vde. que tome en consideración esta demanda, avalada por las 2.225 sinaturas adxuntas de veciños deste concello, que así expresan a sua vontade de acadar este servicio; e acorde a construcción urxente dun novo xeriátrico en Ribadeo para dar cobertura ao novo mapa de infraestruturas sociais desta comarca.

Ribadeo, a 30 de maio do 2011



SRA. CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR DA XUNTA DE GALICIA.- COMPLEXO ADMINISTRATIVO SAN LÁZARO, S/N.- SANTIAGO DE COMPOSTELA.

20110529

Sabes o que é 'Españistán'?

Un país de ficción nun vídeo ... unha explicación de ficción para tomala en serio ou de coña.

Unha idea de O Tesón. Comunicado

AVV O Tesón
Nota de prensa
Ribadeo, 20110528

Unha semana despois das eleccións municipais, a situación política en Ribadeo comprende dous partidos cun só representante. Nun dos casos xa se propuxo publicamente dende o primeiro momento a renuncia á súa acta da persoa electa, e no outro, ó longa da semana, xurdiron na prensa e no pobo diversas informacións que fan pensar nunha variación total de propostas respecto a antes das eleccións.
Nesta situación, a directiva da AVV O Tesón quere aportar unha idea que non é nova, pero que polo momento non se aplicou en Ribadeo. Noutros lugares, algunha formación declarou antes e despois das eleccións que a súa misión principal no consistorio sería observar e transmitir á cidadanía o transcorrer diario do que alí ocorre, facendo transparente a política municipal. Para poder facelo dun xeito ecuánime, terían que complementalo co aporte da súa opinión máis que con tratar de tomar a iniciativa nos plenos ou a outros niveis políticos no respectivo concello.
De igual xeito, en Ribadeo na actualidade, e antes de que coñezamos como se clarifica a situación final destes dous partidos, consideramos que sería bo que algunha persoa, allea ó goberno e sen exercer tampouco como oposición belixerante, tomara unha iniciativa semellante: o manter á cidadanía informada do que se coce no interior do Pazo de Ibáñez, á espera dun regulamento de participación cidadá que permita realmente á cidadanía isa participación que se está a pedir cada vez máis ó longo do estado. Evidentemente, o exercer unha misión así, implica unha obxectividade que presupón á renuncia dalgunhas propostas previas que se soen asumir implícitamente nos partidos. É dicir, unha xenerosidade de cara ó pobo de Ribadeo que pedimos a ditos partidos que teñan en conta.
Ribadeo, a 28 de maio de 2011.
No blog de O Tesón

20110528

6 euriños, por favor... son para salvar a Telefónica ....

Dádeme 6 euriños cada un para salvar a Telefónica ... necesita un ERE urxente para sobrevivir ... tede piedade dunha sociedade que o ano pasado só gañou 220 € por cada un de nós ... apiadádevos, 6 euriños máis ...
Que és emigrante? apiádate igual, Telefónica é internacional.
Que és menor de idade? Telefónica pode comunicarte cando sexas maior.
Non é para viño, os cartos son para un ERE e para pagar a directivos ...
Piedade!

- Nota: segundo as informacións de diversos xornais, Telefónica tivo un beneficio de máis de 10 000 M€  pasado ano, máis de 220 por cada persoa de calquera idade, sexo ou condición contabilizada en España. O ERE que pretende para desfacerse de 8 000 empregados pasa por unha 'axuda' que corresponde a uns 6 € por persoa. Os pluses dos directivos son unha cifra superior. -