Copio a nota do concello sobre a xestión de residuos nos domicilios, despois de que, según se di, haxa xa algún caso en Ribadeo:
"O MINISTERIO DE SANIDADE DICTOU UNHA ORDE A ESTE RESPETO
Covid-19: xestión de residuos
23/03/2020
O alcalde, Fernando Suárez, ven de asinar un Bando con instrucións sobre a xestión de residuos na situación da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.
No mesmo indica que "no que aos residuos domésticos se refire, de competencia municipal, no anexo desta orde especifícanse as seguintes recomendacións en canto ao manexo de residuos nos fogares:
-Fogares con positivos ou en corentena por COVID-19:
Os residuos do doente, incluído o material desbotable utilizado pola persoa enferma (luvas, panos, máscaras), débense eliminar nunha bolsa de plástico (bolsa 1) nun cubo de lixo disposto na habitación, preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha separación para a reciclaxe.
A bolsa de plástico (bolsa 1) debe pecharse adecuadamente e introducirse nunha segunda bolsa de lixo (bolsa 2), á beira da saída da habitación, onde ademais depositaranse as luvas e máscara utilizados polo coidador, e pecharase adecuadamente antes de saír da habitación.
A bolsa 2, cos residuos anteriores, depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa de lixo (bolsa 3) correspondente ao cubo de fracción resto.
Inmediatamente despois realizarase unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, polo menos 40-60 segundos.
A bolsa 3 pechada adecuadamente depositarase exclusivamente no contedor de fracción resto.
-Fogares sen positivos ou corentena:
A separación dos residuos realizarase como se ven facendo habitualmente, tratando de maximizar a devandita separación ao obxecto de reducir a fracción resto xerada. As fraccións separadas só se depositarán nos contedores correspondentes.
As luvas de látex ou nitrilo empregadas para outros usos non deben depositarse no contedor de envases lixeiros (amarelo), senón no de resto".
O BOE de onte, 22 de marzo de 2020, publicaba a Orde SND/271/2020 do Ministerio de Sanidade establecendo instrucións sobre a xestión de residuos na situación de crise sanitaria ocasionada polo Covid-19."
20200324
20200322
¡Que facer en tal situación! Por Pablo Mosquera
Non perder a serenidade. Explicábanos Vallejo Nájera naquela Complutense dos anos 60. Intelixencia é saber adaptarse aos cambios imprevistos. A angustia é o medo ó descoñecido, que traduce dous comportamentos patolóxicos: a síndrome do Camaleón -parálise- e a tempestade de movementos.
Poñer en orde pensamentos, condutas, contorna. Esta sociedade con présas obríganos a esquecer ou deixar pendentes cantidade de cuestións. Os que seguimos "enganchados" á filosofía podemos ser tanto ou máis útis que eses matemáticos que calculan probabilidades. De paso, e como me dicía Carlos Novo Cal, tempo para ordenar arquivos.
Volver á música e lecturas, deixando no esquecemento esa televisión que, agora máis ca nunca descubrimos, non educa, non informa, non entretén. Manipúlanos. Convértenos en adictos amaestrados. Imponnos silencios cando o máis terapéutico segue sendo a conversación. Ler o papel impreso. Escoitar temas como "O canto dos escravos" de Nabucco. Ou eses poetas musicalizados que axudaron a popularizar a Benedetti, Neruda e desde logo ós nosos: Cunqueiro, Rosalía, Curros, Celso Emilio...
Repasar os álbumes que nos transportan ao pasado, nos conectan con persoas, momentos, instantes que case esqueceramos, e que son a ilustración de cada historia vital, onde como bos galegos, os ausentes sempre deben estar presentes, sen esperar datas Celtas cristianizadas ou comercializadas.
Xa sei que a convivencia é o segredo mellor gardado para a humanidade. Pero podemos recuperar esa ciencia ou arte no espazo do fogar. Si, ¡volvemos a descubrir que existe o fogar!. Con todo o que nos está pasando hai tres feitos que deberiamos aprender.
Relativizar o que temos ante a posibilidade de perdelo. Facernos á idea que como tantas outras veces na historia, teremos que retroceder, renunciar, reciclar as nosas vidas, ante as carencias que de seguro nos agardan. Cambiar para sobre vivir, o que nos achegará máis cara a ese terceiro mundo que desprezamos ou tan só tratamos con certas condutas temporalmente xenerosas a inventario de cubrir as aparencias solidarias.
Non me cansarei de repetilo. Desde as nosas parroquias, nesta nai Galicia, fagamos o que debemos, pensando en como podemos ser útis ao país, sen esperar aos profetas ou mandarines que son meros charlatanes. Demostremos que ser galegos supón unha fórmula moi sabia de estar no mundo
Etiquetas:
coronavirus,
Pablo Mosquera
Dos sons en illamento
Din que escribir pode ser relaxante. Tamén, que é unha válvula de escape. Ou sexa, que en situaciós como a actual pode ser moi convinte para gardar un equilibrio entre sentementos e expresión, un suavizante para o transcurso da vida nunha situación diferente á que estamos afeitos.
E ler. Nese caso, ademais, como substituto dese poder pasar os límites das paredes impostas, ou mesmo tamén substituto da conversa que se ten volto máis difícil nestes tempos: remedios telemáticos fan abondo ben a substitución do cara a cara físico da charla, pero fáltalles un algo a pesar de que xa levamos tempo co seu uso, e como tal, estamos afeitos e sacámoslles partido.
E, mentres escribo, oio os galos co seu quiquiriquí que a min paréceme máis ben un son parello ó cocoricó dos franceses (do que din as persoas, que os galos non falan francés que eu saiba), e tamén o son das gaivotas que pensan en parellas no seu niño e se comunican para coordinar a súa construción, e tamén outros paxariños piadores, que diría Rosalía.
A esta primeira hora da mañá, un can lonxe ladra, a saber a que, e a máquina varredora completa o fodo sonoro cun agora lonxano susurro. O mar ten que estar en calma, senón oiríase. E a autovía, despexada: o tráfico que se escoita é interno ó pobo, e tranquilo, dende a Guardia Civil na súa ronda destes días a algún coche solto que sempre me pregunto que fai (quen conduce, non o coche). Un son máis irrumpe en escea. Difícil de escoitar días atrás, pero prístino na súa máis lonxana posición, un avión que -aínda- surca o ceo dentro das nubes de algodón fino que hoxe tapan a caixa do Ribadeo que vexo.
Estou escribindo só de sons -e da súa falta- un domingo pola mañá... Ah! Un momento. Noto outro, esta volta, gorgoteo de pombas mentres o galo canta máis forte. Debe ser outro. Este si se parece máis a quiquiriquí o que di. Presto atención: baixiño, chegan varios tipos de chíos doutros paxaros, pero o meu coñecemento das aves polo son non chega a máis.
Pero, repito, chámame a atención que ma chamen os sons, só. E pregúntome eu mesmo se moitos outros domingos, a estas horas, non era parello. E si, e non. Si, a calma dos domingos pouco despois do mencer parécese. Pero aínda así, había máis movemento, sen contar o fondo aminorado da autovía. Parece como se os animais, ó sentilo, estiveran máis confiados e emitiran unha variedade maior de sons para deixarse sentir. Pode tamén que os aprecie eu máis, pero coido que non é iso, que os teño sentido de madrugada apreciándoos despois de noites ruidosas. E aí, a máis da calma, parte da diferencia. Entre son, ruído, impacto, calma, música, palabra...

sociedade
20200321
No medio doutra crise
O Covid 19 colleunos en medio doutra crise. Cabería mellor dicir doutras, pero imos simplificar, centrándonos nunha soa. Así pois, no medio doutra crise.
Podemos escoller crise. Así pois, collo a crise climática, pode que a que se vai percibindo como máis acuciante no tempo. Cólloa porque remata de chegar á miña vista un artigo, "Estas son as 76 solucións climáticas que necesitamos escalar xa para ter unha oportunidade" que concreta algunhas cousas que máis ou menos xa coñecía. Basicamente, esas concrecións poden resumirse nestos puntos:
1.A humanidade ten a tecnoloxía para lograr parar o cambio climático.
2.O custe do cambio sempre será menor, aínda a medio prazo, que a inactividade.
3.Calquera cambio efectivo pasa polo apoio e a concienciación da humanidade.
Os tres puntos anteriores envolven ao menos unha mala e unha boa noticias. A mala, que a humanidade ten que actuar, implicarse como sociedade. E a boa, tamén que a humanidade ten que actuar, implicarse como sociedade.
É boa e mala ó tempo. Boa, porque implica que dependemos de nós, de todos, e só de nós. E mala porque sabemos como estamos a responder noutras ocasións e as dificultades que entrana iso.
No medio da 'outra' crise, a do coronavirus, atopamos xente que quere escapar, sinxelamente como tomándose unhas vacacións. Xente insolidaria, que fai como se a cousa non fora con ela por algún motivo. Xente á que non lle importa infectar a outros, porque ó fin, ela está 'en bó estado'. Xente que se sacrifica polos demais despois de estar puteada. Xente que ...
Cada persoa é un mundo, dise, e non só porque o número de células de cada un de nós sexa máis grande que o número de persoas na Terra, senón porque as posibilidades de actuacion ante un feito calquera tamén teñen unha variedade inmensa.
Polo que parece, aprendemos máis rápido algunha cousa concreta que a empatía social. Pode que en parte sexa tamén porque practicamos máis esas 'cousas concretas', sexa conducir ou sumar, que a empatía social, que por outra parte é máis necesaria.
O que nos leva a outra crise solapada: a crise que consiste en vivir. Nese desequilibrio contínuo que é nacer, medrar e morrer. Desequilibrio que por unha beira, se transmite á sociedade en conxunto, e por outra, tentamos amañar do mellor xeito, de reequilibrar, para facer a vida máis duradeira e mellor.
Sempre se vive en crise, e sempre debemos tentar mellorar a situación. Agora tamén. Entre todos.
--
Versión posterior enviada ós medios:

No
medio doutra crise
O Covid 19 colleunos en medio doutra crise. Cabería mellor dicir
doutras, pero imos simplificar, podemos escoller crise, centrándonos
nunha soa. Así pois, no medio doutra crise.
Collo a crise climática, pode que a que se vai percibindo como máis
acuciante no tempo, a máis vívida, aumentando pouco a pouco. Cólloa
tamén porque remata de chegar á miña vista un artigo, "Estas
son as 76 solucións climáticas que necesitamos escalar xa para ter
unha oportunidade" que concreta algunhas cousas que ou facemos
ou viviremos menos (teremos máis mortandade) e mentres, peor (aínda
que algunha xente vai notalo menos e alguén se vai aproveitar un
tempo). Basicamente, o artigo pode resumirse nestes puntos:
1.A humanidade ten a tecnoloxía para lograr parar o cambio
climático, para estabilizar o clima.
2.O custe do cambio para a sociedade en conxunto sempre será menor,
aínda a medio prazo, que a inactividade.
3.Calquera cambio efectivo pasa polo apoio e a concienciación da
humanidade como conxunto.
Os tres envolven ao menos unha mala e unha boa noticias. A mala, que
a humanidade ten que actuar, implicarse como sociedade. E a boa,
tamén que a humanidade ten que actuar, implicarse como sociedade. É
boa e mala ó tempo. Boa, porque implica que dependemos de nós, de
todos, e só de nós. E mala porque sabemos como estamos a responder
noutras ocasións -vexamos algunhas respostas individuais crise do
Covid 19- e as dificultades que entrana iso.
No medio da crise do coronavirus, atopamos xente que quere escapar,
sinxelamente como tomándose unhas vacacións. Xente insolidaria, que
fai como se a cousa non fora con ela por algún motivo. Xente á que
non lle importa infectar a outros, porque ó fin, ela está 'en bó
estado'. Á beira, xente que se sacrifica polos demais despois de
estar puteada. Xente que ...
Cada persoa é un mundo, dise, e non só porque o número de células
de cada un de nós sexa máis grande que o número de persoas na
Terra, senón sobre todo porque as posibilidades de actuacion ante un
feito calquera tamén teñen unha variedade inmensa. E polo que
parece, ás veces aprendemos máis rápido algunha cousa concreta que
a empatía social. Pode que en parte sexa tamén porque -ás veces-
practicamos máis esas 'cousas concretas', sexa conducir ou sumar,
que a empatía social, que por outra parte é máis necesaria aínda
nun estado no que as institucións debéranse encargar de moitas
cousas.
O que nos leva a outra crise solapada: a crise que consiste en vivir.
Vivir é un desequilibrio contínuo: nacer, medrar e morrer.
Desequilibrio que por unha beira, se transmite á sociedade en
conxunto, e por outra, tentamos amañar cada quen do mellor xeito, de
reequilibrar, para facer a vida máis duradeira e mellor.
Sempre se vive en crise, e sempre debemos tentar mellorar a
situación. Agora tamén. E cada vez máis, entre todos.
Etiquetas:
coronavirus,
filosofía,
Medio,
sanidade,
sociedade
Orde de medidas para Residencias e Centros Socio-sanitarios ante o COVI-19
Adxunto o texto do BOE en relación a medidas nas Residencias e centros socio-sanitarios por mor do COVID-19. En .jpg, e máis abaixo, dúas ligazóns na web:
Ligazón no BOE.
Ligazón cargada por min en Issuu.
Ligazón no BOE.
Ligazón cargada por min en Issuu.
Etiquetas:
coronavirus,
residencia
20200320
Lembrando 'Publicado en Ribadeo'
Hai tempo que 'Publicado en Ribadeo', lugar que mantiña en wikispaces, con documentación diversa sobre Ribadeo, desapareceu: tamén desapareceu wikispaces.
Mais, a máis do que se foi publicando en Ribadeando ou outros lugares, e do que se publicará, queda unha testemuña na rede para quen quera consultalo, na memoria de internet, Internet Archive, que se pode consultar: https://web.archive.org/web/20170318231240/http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/
Unha sección separada de Publicado en Ribadeo, 'Ecos de la Parroquia' tamén pode atoparse en Internet Archive: https://web.archive.org/web/20090904151321/http://ecosdelaparroquia.wikispaces.com/Semana+Santa+2009
20200319
Un antes e un despois. Por Pablo Mosquera
Malia ter "antenas epidemiológicas" que nos avisan para a chegada de novas-vellas epidemias cíclicas, estamos ante unha crise con tres alicerces: Pandemia-Pánico-Crack económico. Supoño que a estas alturas se coñece perfectamente a cadea epidemiolóxica do fenómeno. Desde o "presunto" reservorio, a estrutura do axente causal, os mecanismos de transmisión, os suxeitos sans susceptibles de infectarse ou padecelo, o cadro clínico dos enfermos coas súaus complicacións, as previsións no tempo, e o máis importante: como se adquire a inmunidade fronte ao virus.
Debemos obedecer e confiar no sistema de asistencia sanitaria social integrado e
integral. Son quenes deben patronear o buque ante a tormenta perfecta que estamos sufrindo. Disto as xentes de mar, saben moito.
Da Pandemia sairemos. Do batacazo económico e laboral, xa veremos. Sobre todo
se os países como Alemania non axudan. Sobre todo se a UE e as súas "terroríficas" FMI-BCE-Consello, non cambian de modelo. E é que algo nos di que o sistema esgotouse. Que a Europa dos mercadores e do euro, terá que "facerllo mirar". Sen liquidez, sen ingresos extraordinarios, sen tecido laboral baseado en pequenas e medianas empresas, podemos caer na pandemia da pobreza.
Galicia sabe de illamentos. As nosas xentes foron por necesidade supervivintes.
Aquela autoxestión económica das familias. Desde o fogar, valéronse da terra,
a pesca, a masa forestal, a gandeiría e os animais de pequenas granxas. A
soberbia industrial case remata co sector primario. Agora para despois, haberá que declaralo estratéxico. Estimulalo e protexelo, sen intromisións de tratados que xa non serven. A nosa autoprodución volverá dar vida a as parroquias. Sucedeu durante as guerras. Serviu para paliar as necesidades alimentarias naqueles anos nos que o sistema viuse abaixo.
Teremos que darlle máis importancia a un médico ou a unha enfermeira, que a
un futbolista. Haberá que protexer antes os hospitais ou centros de saúde, que
espectáculos, concertos, reunións masivas. Valoraremos as aldeas. Cambiaremos
as nosas formas de vida. Retrocederemos para avanzar, repudiando a eses mercados globais. Daremos prioridade ao coidado das nosas xentes, antes que recortar os orzamentos que garanten a ciencia. Regresaremos ao humanismo. En tal debe consistir o novo Renacemento.
As pequenas empresas serán o noso tecido de abastecementos - aquelas que desprezamos- E como dicía o meu amigo Cándido Rei Camba. "Sempre nos quedará o mar"

20200316
Anticípate á recuperación
A última persoa que vin na rúa o sábado pola mañá cedo, antes de non volver saír pola corentena, foi un mendigo. A confusión de sentementos que experimentei é difícil de transmitir.
Comezo a escribir isto no día en que se ten proclamado o “estado ‘de alarma’” en España, despois de tres días de pandemia oficial ou da alarma anterior de moita xente e antes de que remate a irresponsabilidade de outra. Nestes momentos, España xa é o cuarto país en mortes, e escala rapidamente para selo tamén en afectados. Os países que cadran por riba na táboa teñen todos máis poboación. E tiveron menos tempo para prepararse.
Pasou a noite. Mentres, xa teño visto vídeos dalgunhas zonas coa xente nas terrazas ateigadas despois de que se promulgara a alarma e antes de que comezara actuar a policía. E, en Ribadeo, unha recén chegada do sur dicindo cousas como ‘Onte fíxenme o recorrido dende Sevilla e non vin Guardia civil ningunha. E alí non hai este temor...’ E, despois, teño pensado que actuei mal: debera terlle dito á tal señora algo para tentar concienciala. Lograría algo? Pode que só contribuíra. Así, só logrei que a dependenta tivera que aguantala a continuación.
Que España é o país onde agora mesmo a curva de medre da pandemia é máis inclinada? Pois si, porque de momento, España somos todos. Os que quedamos na casa, quenes teñen que saír traballar con máis ou menos exposición, e os irresponsables.
Pasou o día. Oigo limpar as rúas, e mentres, chéganme novas de multas por saír correr. Parece un pouco de improvisación, con perruquerías que abririrían, pero logo, non. E penso que isto se podería ter levado moito mellor. Pero tamén que a mesma improvisación e adaptación que estamos a ter e sufrir cada un de nós reprodúcese a outros niveis e escalas. Que non debera? ... pois sempre hai algúns que o levamos mellor (iso penso), e outros, peor, pero todos cometemos fallos. Algúns, ‘para darnos de tortas nós mesmos’, pero soemos ser máis indulxentes connosco que con outros, sobre todo que con aqueles que sabemos que nos caen máis desmán, máis ‘lonxe’ ou máis impotentes.
Hai xa tres semanas que publiquei ‘coronavirus en eleccións’. Sigo a pensar o mesmo, aínda que a gravidade da situación é maior do que esperaba por estas datas. E mentres, a vida transcorre e de aquí ata que remate a corentena seguro que para todos van cambiar cousas. Para algúns, moitas, ata a morte. Para outros, menos. Seguiremos a ver inxusticias na recuperación, pero de aquí aló imos ter algo de tempo para cavilar sobre a nosa vida, as bondades de ter unha sociedade forte ou un sistema comunitario de servizos e máis, incluídos os chanchullos na Casa Real. Con calma.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)