20191222
Una noticia sobre o ensino en Ribadeo e no mundo
Continúa por este medio unha internacionalización á que contribuín no seu día cos primeiros proxectos, baixo a dirección de Álvaro Doural no IES Porta da Auga. O primeiro deles, que no centro versou sobre as festas populares no entorno ribadense, daría lugar a un libro (que pódese atopar aquí -As Festas populares no entorno ribadense-, aquí -segunda parte-, e aquí -terceira- con outra parte tratando doutras festas do entorno. Tamén o segundo proxecto, liderado xa polo centro, versando neste caso para tódolos participantes sobre as feiras de ciencia,a máis de contribuír internacionalizar a feira de ciencia ribadense, daría lugar a outro libro sobre a realización de proxectos, Science Fairs Throughout Europe (ou aquí, en partes en pdf: SFTE 1, SFTE 2, SFTE 3, SFTE 4).
A eles, proxectos Erasmus Comenius, seguirían outros, proxectos Leonardo, accións de mobilidade, etc, diversificando asemade os promotores (tanto APAGA, con Álvaro Doural, como sucesor directo, como O IES Dionisio Gamallo Fierros, e logo o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, ou o CIFP Porta da Auga. Estes deron lugar asemade a diversas publicacións, como "DALLA DIDATTICA ALLA E-DIDACTICS" en italiano, ou en versión en inglés "FROM DIDACTICS TO E-DIDACTICS", con dous capítulos con orixe en Ribadeo (non dispoñible na rede, mais subministrable a petición), vídeos, CD formativos, ponencias en congresos, etc, a máis de sobrepasar varios centeares de mobilidades de persoas en formación ó largo de Europa. Unha historia que está dispoñible a retazos e que é de esperar que se vaia completando.
21 de decembro, Galicia
Onte, 21 de decembro de 2019, ás 10:02 UTC foi o solsticio de inverno. E onte tamén foi o 39 cumpreanos do referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia (que podes atopar aquí ou aquí, entre outros moitos lugares) vixente na actualidade, pois hai que lembrar que no ano 1936 houbo outro estatuto de autonomía de Galicia que foi aprobado en referendo, non chegando a entrar en vigor.
Hai outras cousas a lembrar en Galicia o 21 de decembro, como que Dona Urraca entrega un día tal a Xelmírez as Torres de Oeste, que gardan o fondo da ría de Arousa. (1121) Pero para iso, dun xeito máis amplo, está a entrada do día na Galipedia.
20191221
Que non nos enganen: dúas novas económicas que afectan a Galicia
- Hai algunha previsión de alternativas?
- Hai algunha visión de enxuague social conxunto dunha entrada de ingresos como a que representa Alcoa? (non me estou referindo a subvencións ou ós cartos do paro, senón algo máis profundo)
- Algunha consideración do problema de funcionamento dunha fábrica así no seu conxunto e non só no binomio enerxía-cartos? (co que se pon xa de comezo a vida ds persoas en función dos cartos, e non ó revés)
20191218
Polas pensións
Actores ribadenses
Fernando Suárez is an actor, known for Los muertos van deprisa (2009)
Balbino Pérez-Vacas is an actor, known for Los muertos van deprisa (2009).
Luis Rodil is an actor, known for Los muertos van deprisa (2009).
José Torviso Fernández is an actor, known for Los muertos van deprisa (2009).
Juan Gegunde Vecino is an actor, known for Los muertos van deprisa (2009).
Joselo Gegunde is an actor, known for Los muertos van deprisa (2009).
A ilusión da arte
![]() |
| Imaxe do tríptico 'A métrica do ilusionismo' |
Constrúe. Vive. Interpreta. Sinte: unha arte, arte.
Hai xa medio século que un libro, ‘Against interpretation’ (Contra a interpretación, de Susan Sontag) rematou de dar un novo sentido á arte, precisamente destilándoa como esencia de sentementos vividos polos sentidos (que nos tempos e significados actuais non é unha reiteración) despois de atoparse estes cunha obra. Así, a arte é basicamente humana, entrelazando técnica e sentemento de quen obra a creación artística co sentemento de quen a desfruta, pasando de interpretación razoada a sentida.
Ven isto a conto da exposición que dende estes días ata finais de febreiro presenta o Museo Provincial, A métrica do ilusionismo, obra de Caxigueiro.
Non fai falta ser experto en arte -existen, pero non son expertos en como ves ti a arte- para ter seguido a traxectoria de Caxigueiro. O seu compromiso sensible coa terra e as formas que transforma fano achegado, e polo tanto, sentido, pola xente de aquí, ó tempo que é a base da súa globalización sentimental. Dito así, sentimental, parece relatar cunha ambigüidade do sentimentalismo tal como se entende na expresión diaria de xeito moitas veces pexorativo: “Dado a deixarse levar por impulsos de afecto ou de emoción”. Mais non, hai que coller o primeiro significado que lle asigna o dicionario da Real Academia Galega, “Relativo ou pertencente á vida afectiva (...)”, mellor aínda que a terceira acepción, “Que trata de sentimentos ou que procura causar emocións” para entender que o efecto da obra é global, que afecta ós sentementos do público en xeral, aquí e na China.
A Métrica do ilusionismo, proposta que revisa series representativas de Caxigueiro en máis dun decenio, dende a escultura á poesía ou á fotografía, non esquece a liña anterior. Aprovéitaa e proxecta dun xeito ilusionante en sentementos a traverso de novas tendencias, mesmo solucións controvertidas, a narrativa, seriación temporal e universo social que forman o fío condutor da súa obra.
Será iso o que sintas cando a experimentes? Pois ‘O meu traballo non remata ata que non o amoso’ (L. Vila)
20191215
A idade dos alcaldes de Ribadeo: Alcaldía de Ribadeo e idade
Os dez alcaldes de Ribadeo na época democrática están ordeados por data de acceso ó cargo, aínda que os hai que estiveron só uns poucos días (a maioría dos tos sen cubrir).
O gráfico é indicativo: a xente, evidente, aumenta de idade co tempo, pero polo que parece, a idade media dos alcaldes españois non cesa de aumentar dende o advenimento da etapa democrática. E en Ribadeo, despois de ter o alcalde máis novo no 2007, vaise incorporando á tendencia xeral.
A ter en conta que houbo un tempo -a primeira tempada- no que a
alcaldía foi abondo menos continuísta que na actualidade; de feito, o actual mandato completará 16 anos co mesmo alcalde en Ribadeo, máis dun tercio do período dende os tempos da
ditadura.
Unha
nota: os anos están calculados restando ó ano da táboa o ano de
nacemento, polo que pode haber nalgún momento un ano de variación, o
mesmo que pasa cando dicimos que alguén ten, poñamos por caso, 45 anos,
cando lle falta un día para cumprir os 46.
E unha lista ata a actualidade:
1979 - Mario Meira, substituído uns meses por M. Fojo, de Cubelas, e rematando o mandato Antonio Martínez
1983
- Jaime Vidaurrázaga uns meses mentras non se resolveu unha disputa de
votos impugnados en Vilaframil. Logo, José Ramón Cociña, que tivo que
deixalo por incompatibilidade coa Deputación Provincial, rematando o mandato José Luis Trashorras Méndez.
1987 e 1991 - Eduardo Gutiérrez Fernández
1995 e 1999 - José Carlos Rodríguez Andina
2003 - Balbino Eugenio Pérez Vacas.
2007, 2011, 2015, 2019 - Fernando Suárez Barcia
--


















